Upload
others
View
3
Download
0
Embed Size (px)
Citation preview
21 DE MARZO, DÍA DA POESÍA
Entre o día da poesía ( 21 de marzo) e o día en que se conmemora o 80 aniversario do fin da guerra que sufriu o Estado Español entre 1936 e 1939 (1 de abril) só hai un intervalo de 10 días. Tendo en conta esta circunstancia, ao equipo de biblioteca do noso IES pareceulle oportuno unir as dúas efemérides mediante unha homenaxe aos poetas que foron asasinados, morreron ou sufriron o exilio a consecuencia do golpe de estado perpetrado polos militares en xullo de 1936.
BIBLIOTECA IES LOSADA DIÉGUEZ
RAMÓN OTERO PEDRAYO A Lúa, na carballeira ,
bota a deitar leopardos
e faise espello nos teitos
pra que se miren os gatos.
Proxeneta, baquiana,
disponlles a modo o leito
e, limpándose as fazulas,
chosca um ollo por adentro.
E no retórico mentir
o mentir dos poetas:
nunca na vida a lúa
vomitou unha estrela.
Nemigas dende a orixe,
a lúa, boca famenta,
anda tola a perseguilas
e polo medo escorréntaas
No verán de 1937, durante a guerra, foi deposto da
súa cátedra e salvou a vida grazas ás boas relacións
que mantiña coa cúpula da igrexa ourensá.
En novembro de 1948, xa con 60 anos, foi reposto na
docencia no instituto de Ourense, e en abril
de 1950 acadou a cátedra de Xeografía na
Universidade de Santiago
CELSO EMILIO FERREIRO
Nado en Celanova o 4 de xaneiro de 1912 e finado en Vigo o 31 de agosto de 1979. No 1937 é detido por facer un comentario político. Péchano nunha cela do mosteiro da súa vila natal, toda de pedra, durante tres días. A mediación de parentes e amigos evita a súa execución. Este suceso inspiraría, 25 anos despois, a súa obra .
ROMANCE DE CEGO EN MEMORIA DE FEDERICO GARCÍA LORCA
Longo túnel de silencio atravesou a cidá. Granada pediu a ialba, pro a ialba nunca virá. Murallas de pedra e sombra coutaron a libertá. O pobo reclama a ialba, pro a ialba nunca virá. Sangue de estrada e cuneta, pro a ialba nunca virá. Berros de anguria e carraxe, pro a ialba nunca virá. ¿A ialba nunca virá? Meu Federico García capitán de poesía morto de noite en Viznar, dime que ialba virá, dime …..que ……..vira.
O dazanove de agosto chegou a morte a Viznar. Entróu vestida de ialba, pro a ialba nunca virá. A noite envolta en farrapos comenzou a disparar relampos diante da ialba, pro a ialba nunca virá. Levaron a Federico camiño do máis alá. Os galos ventan a ialba, pro a ialba nunca virá. Cerrollos de aceiro frío brilaron na escuridá. Mentiron luces de ialba, pro a ialba nunca virá.
O teito é de pedra.
De pedra son os muros
i as tebras.
De pedra o chan
i as reixas.
As portas,
as cadeas,
o aire,
as fenestras,
as olladas,
son de pedra.
Os corazós dos homes
que ao lonxe espreitan,
feitos están
tamén
de pedra.
I eu, morrendo
nesta longa noite
de pedra.
Hei de chorar sen bágoas duro pranto
polas pombas de luz aferrolladas,
polo esprito vencido baixo a noite
da libertá prostituída.
As espadas penduran silandeiras
coma unha chuvia fría diante os ollos
e teño que chorar na sombra fuxidía
diste pútrido vento
que arromba a lealtá e pon cadeas
no corazón dos homes xenerosos.
Pois que somente os ollos me deixaron
para chorar por iles longos ríos,
hei navegar periplos, descubertas
por tempos que han de vir cheos de escumas,
por onde o día nasce,
alí onde xermola o mundo novo.
Pois que o que chora vive, iremos indo;
indo, chorando, andando,
salvaxe voz que ha de trocarse en ira,
en coitelo de berros e alboradas
para rubir ao cumio das aldraxes.
E pois que cada tempo ten seu tempo,
iste é o tempo de chorar
LUÍS SEOANE
Nado en Bos Aires o 1 de xuño de 1910 e finado na Coruña o 5 de abril de 1979, foi editor, escritor, xornalista, gravador e pintor. Exiliouse en Arxentina. Regresou a Galicia en 1960
AS RATAS Na Galiza, ise vello pobo,
carballo carcomido de raios e bestigos,
loita, dende fai séculos,
o home cas ratas.
Coma nos castelos abandoados,
onde xa caíron traves e brasós,
escóitanse queixumes de gonzos ferruxentos.
Dende fai séculos loitan en Galiza
os homes cas ratas.
Vencendo sempre as ratas.
Ate que toda ela fique,
coma ises castelos roiñentos
e os mosteiros sin altares
nin lembranzas de ritos,
sendo soio rondada de morcegos
e pantasmas.
Coberta de edra, de Iabel.
Morándoa soio as ratas.
Somente as ratas
LORENZO VARELA
Nado na Habana, Cuba, o 10 de agosto de 1916 e finado en Madrid o 25 de novembro de 1978, foi un combatente republicano, escritor e poeta que viviu a meirande parte da súa vida no exilio.Trala Guerra civil española exíliase a Francia, a onde pasa en febreiro de 1939. Alí intérnano no campo de concentración de Saint Cyprien. De Francia vai a América e alí vive en varios países ( México, Arxentina, Uruguay...)
POEMA A MANUELA SÁNCHEZ
Pomba, ponla, mai, señora,
guía, vara, mai de nós:
Hoxe non quero saber como te chamas
nin perguntar qué foi da túa mocidade.
Hoxe non quero máis que te lembrar de novo
no cume mais antergo das mámoas proteitoras,
ergueita, xurdia, forte, lanzal coma ninguén.
E fose coma fose, ti chamaraste ponla,
a mais verde do verde carballo que se vira.
Aguia mortal na guerra, na paz señora pomba,
mai e guía de nós, da nosa vida enteira.
Ti chamaraste ponla, ti chamaraste a vara
mais outa do pombal.
Non chegan a ti as balas dende que pomba és,
verde no zumo verde da figueira e da vide,
verde ponla,
pros labregos de Lugo e pros granxeiros
dos verdes cómaros do mundo.
Pomba branca e máis branca
pros brancos mariñeiros de Vigo sempre branco
ou pros dourados mariñeiros de Siam.
Pomba, ponla, mai, señora,
guía, vara, mai de nós.
COMPAÑEIROS DA MIÑA XERACIÓN MORTOS OU ASASINADOS
Tan doce era a xuntanza miña e vosa,
de todos nós co mundo!
Facíamos un feixe de campos e de estrelas,
e ó pisar ise chao que latexaba
sentíamos subir pola sangue o misterio.
O noso corpo era o camiño da maxia,
a escada pola que viña a lúa,
o zume de tódolos segredos,
a canzón da herba que resucitóu.
E o mismo verme era unha folla leda,
un mensaxeiro do sagrado alén.
Morréchedes, matáronvos, deixáronme.
Quedei eiquí, lonxe das vosas sombras.
E gardo, coma un morto,
no centro do silenzo, da sede, da agonía,
o día que vos poda levar á sepultura
unha cesta de pombas e mazás.
¡Tan doce era a xuntanza miña e vosa,
de todos nós co mundo!
FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN
Nado en Vilamartín de Valdeorras o 27
de agosto de 1903 e finado en
California o 14 de maio de 1987. Viviu
a maior parte da súa vida exiliado en
México.
COUSAS DE VALDEORRAS (NO VERÁN)
As vidras,
ledas mozas churrusqueiras
maquilladas de sulfato,
sorrinlle ao vento coquetas.
O vento,
baril mociño das festas,
mercou, na tenda do souto,
seu perfume de candeas.
A fonte,
que chouta por entre as penas,
vén, coa súa cara lavada,
a ensaiar a muiñeira.
...........................
ERNESTO GUERRA DA CAL
Nado en Ferrol o 19 de decembro de 1911 e
finado en Lisboa o 28 de xullo de 1994. Cando
comezou a Guerra Ernesto foi combater do
lado republicano formando parte das Milicias
Galegas. En 1939 exiliouse en EEUU
A Galiza
é para mim
um mito pessoal
maternal e nutrício
com longa teimosia elaborado
de louco amor filial
de degredado
(E de facto é também
—porquê não confessá-lo—
um execrável vício
Sublimado)
A Galiza
foi sempre para mim
um refúgio mental
um jardim de lembranças
sossegadoum ninho de frouxel acolhedor
para onde fugir
do duro batalhar e do estridor
da Vida
e do acre ressaibo do Pecado .....
.........................................
Guerra da Cal con Lorca en Madrid en 1934
RICARDO CARVALHO CALERO
F…
020
Nado en Ferrol o 30 de outubro de 1910 e finado en Santiago de Compostela o 25 de marzo de 1990 Participou na guerra no bando republicano. Caeu preso no fin da guerra e foi condenado a 12 anos de prisión. En 1941 saíu en liberdade, pero imposibilitado para exercer de funcionario público.
CRUZANDO A RÍA
Cruzando a ria pola ponte das Pias, se os obreiros de Astano nom cortarom o tráfico, entrarei em Ferrol, a minha terra. Se o cortarom, daquela, hei tomar o caminho antergo, e passar por Narom, pé do mosteiro de Sam Martinho, polos eidos de Esquio. De um jeito ou outro, hei de entrar no meu povo, para ver se tropeço nunha rua qualquer de Ferrol Velho - será a de Sam Francisco, a do Socorro?- com o neno que fum e que foi outro; aquel que fum e que nom fum entom, quando eu nom era o velho que hoje som