16
Ponte Ourense e Cidade As Burgas comezan a liga cunha vitoria e un empate páx. 8-9 ATLETISMO FÚTBOL SALA Número: 41- Ano: III - 23 de setembro de 2011 - Depósito Legal: OU 185-2009 - Periódico quincenal de distribución gratuíta - www.barriosdeportivo.com BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 7 de outubro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190. Comeza a liga internacional de clubes trofeo “Cidade de Ourense” páx.2 O domingo, 2 de outubro, I carreira de montaña e andaina Chandrexa Trail páx. 12 JUDO O Ourense cede os dous primeiros puntos en liga e cae na Copa [páx. 10] Defendendo as nosas cores: Patxi Salinas páx. 14

23 Setembro 2011 - BD Nº41

Embed Size (px)

DESCRIPTION

No número 41 do Barrios Deportivo damos conta de como se van desenrolando as competición deportivas que pouco a pouco van aparecendo nas fins de semana nas sedes deportivas. O Ourense, o primeiro en saír a escea cedeu os primeiros dous puntos da tempada ademais de quedar apeado na copa Federación. As xogadoras de Carmelitas e Pabellón Ourense xa están en marcha e acaban de comezar a pretempada para afinarse de cara a unha tempada que se presume máis equilibrada que en anteriores anos.

Citation preview

Page 1: 23 Setembro 2011 - BD Nº41

Ponte Ourense e Cidade As Burgas comezan a liga cunha vitoria e un empate páx. 8-9

ATLETISMOFÚTBOL SALA

Número: 41- Ano: III - 23 de setembro de 2011 - Depósito Legal: OU 185-2009 - Periódico quincenal de distribución gratuíta - www.barriosdeportivo.com BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 7 de outubro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190.

Comeza a liga internacional de clubes trofeo “Cidade de Ourense” páx.2

O domingo, 2 de outubro, I carreira de montaña e andaina Chandrexa Trail páx. 12

JUDO

O Ourense cede os dous primeiros puntos en liga e cae na Copa

[páx. 10]

Defendendo as nosas cores:Patxi Salinas

páx. 14

Page 2: 23 Setembro 2011 - BD Nº41

� BARRIOS DEPORTIVO�3 de setembro de �011

ACTUALIDADE - AXENDA

4 Axenda deportivaFútbol- Día �5 de setembro. Celanova. Sporting Celanova - Verín.- Día �5 de setembro. Estadio dos Carrís. UD Barbadás - Marín.- Día � de outubro. Estadio do Couto. CD Ourense - CD Lalín.- Día � de outubro. Ourense. CD Ourense B - CD Bar-co.- Día � de outubro. Verín (Xosé Arjiz). Verín - Tomiño.- Día � de outubro. Estadio Miguel Anxo (Pavillón dos Remedios). Pabellón xuvenil - TSK Roces.

Fútbol sala- Día �4 de setembro. Pavillón dos Remedios -17.00 ho-ras. Cidade As Burgas - Valladolid.- Día 1 de outubro. Pavillón dos Remedios -17.00 ho-ras-. Ponte Ourense - Zaragoza.

Atletismo- Día � de outubro. Ourense -09.00 horas-. V Maratón do Miño. - Día � de outubro. Chandrexa -09.00 horas-. Carreira de montaña “Trail Chandrexa”.

Andaina- Día �4 de setembro. San Cibrao das Viñas -09.00 ho-ras-. V Andaina popular “Rutas de sendeirismo”.- Día 1 de outubro. Xunqueira de Espadanedo. -09.00 horas-. I Andainda solidaria “Xuncos en marcha”.- Día � de outubro. Chandrexa -09.05 horas-. Andaina “Trail Chandrexa”.- Día � de outubro. Ourense -09.00 horas-. V Andaina Maratón do Miño.

Baloncesto- Día �4 de setembro. Luíntra -17.00 horas-. Codigalco Carmelitas - Ensino Lugo.- Día �5 de setembro. Paco Paz -19.30 horas-. COB - Porto. Partido presentación do Club Ourense Balonces-to e homenaxe a Pepe Perla.- Día �7 de setembro. Pavillón dos Remedios. -19.30 horas-.Pabellón Ourense - Codigalco Carmelitas.

Judo- Día �4 de setembro. Pavillón de Oira. IV Liga interna-cional de judo trofeo “Cidade de Ourense”.

Hoquei herba- Día �4 de setembro. Mariñamansa -16.00 horas-. Pa-bellón - Cidade de Ourense- Día �4 de setembro. Mariñamansa -18.00 horas-. Ba-rrocás-Albor.

Saúdo dos compoñentes do Marbel nunha anterior edición.

R.T.

O sábado, �4 de setembro comeza no pavillón de Oira a novena edición da liga in-ternacional de clubs trofeo “Cidade de Ourense”, que este ano conta cun récord

Os mellores judokas cítanse en Ourense4 Na liga internacional de clubes trofeo “Ci-dade de Ourense”.

de participación ao estar inscritos �3 equipos mas-culinos -entre eles o Marbel de Ourense- e 10 femini-nos, sendo unha das com-peticións máis atractivas do panorama peninsular. A liga que se extenderá du-

rante catro xornadas conta-rá cos mellores equipos de Galicia, Asturias, Castela e León e Portugal.

A competición está for-mada por unha fase regular de tres xornadas que terán lugar en Ourense os días �4

de setembro e o 15 e o �� de outubro para elexir aos catro mellores equipos que pasarán á final que diluci-rá ao mellor club do trofeo “Cidade de Ourense” do ano �011. A cita será o �6 de novembro.

Marbel OurenseO equipo ourensán do

Marbel tentará superar a décima posición lograda o pasado ano, con seis vito-rias, un empate e oito de-rrotas. O equipo ourensán cambiará debido ás baixas de Isols Mayáns, Zeus Herrero e Miguel Balde-mar, polo que en vindeiras datas o club comunicará os novos reforzos.

Na primeira xornada, o Marbel enfrontarase ao Lourdes Tuvasa de Valla-dolid, J.C. Lugo, Famu Vigo C, Famu Vigo A, Shiai A da Coruña, Jiu Jit-su Coruña e ao Barcelos de Portugal.

Revalidar títuloO equipo masculino do

Arteixo en categoría mas-culina e o coruñés Shiai en feminina tentarán re-validar o título acadado o ano pasado nesta mesma competición.

Redacción

Co fin de que os novos e os non tan novos coñezan máis de preto e totalmente de balde o mundo do bi-llar, para que o vexan como unha actividade máis na que poden participar persoas de

O billar achégase ao público ourensán4 O Club de Billar Ourense rea-lizará o 24 de setembro unha xornada de portas abertas.

todas as idades e sexos, o Club de Billar Ourense (sito na rúa Progreso, 39) levará a cabo o próximo sábado �4 de setembro, de 11.30 a 14 horas, a súa primeira xorna-da de portas abertas.

Ao longo desta xornada os asistentes recibirán unha

explicación das normas básicas do billar segundo cheguen ao club; poderán gozar dunha exhibición do xogador ourensán Francis-co Movilla (campión de Es-paña Sénior en �010); prac-ticar durante un rato este deporte e asistir á presenta-ción das probas da vindeira tempada. Para completar o día realizarase un sorteo entre os visitantes dun cur-so de billar gratuito e todos eles recibirán un obsequio de recordo.

Cartel da xornada de por-tas abertas.

A xornada será o sábado 24

Page 3: 23 Setembro 2011 - BD Nº41

BARRIOS DEPORTIVO�3 de setembro de �011

3HOQUEI - RUGBI

Redacción

Na súa sexta edición o Open Internacional de Veterán de Hockei de Ourense, baixo o nome de “Octopus Hockei Festival”, congregou en Mariñamansa a 6 equipos masculinos e 3 femininos procedentes de España, Portugal, Irlanda do Norte e Holanda.

No torneo feminino rei-nou a igualdade de princi-pio a fin e tivo que resolver-se o título no gol average a favor do holandés Maatjes. Pola contra, no masculino, o Atheltic Terrassa abriu o torneo con autoridade, facendo gala da súa con-dición de favorito e da súa experiencia nesta competi-

Terrassa e Maatjes, vencedores do “Octopus Hockei Festival” 4 No VI Open Internacional de Veteráns participaron conxun-tos procedentes de España, Portugal, Irlanda e Holanda.

ción (logo de participar en catro ocasións na mesma e facerse con dúas vitorias).

Pero se de alguén se agradaba máis era dos pro-pios anfitrións, o CD Open Ourense, que estiveron moi lonxe dos seus rexistros habituais. Así, os Irlande-ses do Bangor (Belfast) acadaron con comodidade a segunda praza por detrás do campión Terrassa. Ter-ceiro foi o Sport (de Porto), seguido do conxunto local nunha decepcionante cuarta praza, ao que acompañaron os seus homónimos do CD Open Vigo en quinta posi-ción. De pechacancelas re-matou o Vilanovense que, a pesar da súa tradición no torneo con seis participa-

cións, tan só conseguiu un punto.

Pequeno sustoO susto desta cita depor-

tiva protagonizouno unha xogadora holandesa ao sufrir un forte golpe na fa-ciana e ter que ser atendida polos servizos médicos da

organización en primeira instancia e evacuada nun-ha ambulancia ao hospital local ao determinar que sufría unha fractura nasal leve. Afortunadamente, unhas horas despois a xo-gadora reincorporouse ao torneo.

Trofeos e autoridadesNa entrega dos trofeos

participaron o vicepre-sidente da Deputación, Rosendo Fernandez, o concelleiro popular Odilo Masid, e o xerente de Ford Tomovil (entidade patroci-nadora do trofeo), Andrés Doval, así como Xoaquín Fernández e Antonio Fra-ga, dous veteráns do ho-quei ourensán que contan ás súas costas cunha ampla experiencia como xogado-res e directivos.Foto de familia do Open de hoquei de veteráns. /OPEN VETERÁN

Andrés Doval, xerente de Ford Tomovil, entregando o tro-feo a un dos participantes. /OPEN VETERÁN

Redacción

O Campus Ourense Rugbi vén de desputar os primeiros encontros da pretempada, nos que re-matou co mesmo o sabor, o da derrota.

O primeiro deles tivo lugar fai dúas semanas fronte ao CRAT-A Coruña, onde precisamente os co-ruñeses despregaron todas as súas artes como locais e xa nos primeiros minutos dominaron o choque, que deixaba xa un 14-0 no ca-silleiro desfavorable para os ourensáns. No segundo período as cousas muda-ron e o equipo de Ernesto Barboza contou con varias ocasións de anotar, que non chegaron a finalizarse por falta de definición nos últimos metros. A poucos minutos do remate o CRAT aproveitouse dun erro de-fensivo dos visitantes para pousar o balón novamente

O Campus Ourense Rugbi comezou o curso co pé esquerdo4 A pesar das dúas derrotas os ourensáns ofreceron boa imaxe.

na liña de marca cun ensaio que deixaba o resultado final en 19-0.

Segundo verdugo, Os Ingleses

A segunda cita da pre-tempada do Campus Ouren-se Rugbi enfrontounos ao conxunto arousán dos Ingle-ses ante o que, de novo, re-matou perdendo. Nesta oca-sión por 17-19, que reflexa o axustado encontro vivido. Pero nun dos últimos ata-ques dos visitantes un erro defensivo do Ourense incli-nou a balanza da vitoria cara o lado dos Ingleses.

Dúas derrotas que, aínda que se compensaron polas boas actuacións realizadas, deixan un sabor agridoce para este comezo de cur-so. Unha mala racha á que tentarán pór fin este mesm-so sábado, cando ás 16.30 horas se enfronte, de novo como visitante, contra o Pontevedra R.C.

O banco do Campus Ourense Rugbi desta tempada.

Page 4: 23 Setembro 2011 - BD Nº41

4 BARRIOS DEPORTIVO�3 de setembro de �011

MOTOR

Redacción

O SEAT Eivissa E-Eco-motive 1.� Style TSi, en mans do equipo formado por Marcos Fernández e Isabel Rodríguez, resultou o vencedor o “I Rali Ecoló-xico de Galicia” celebrado a pasada fin de semana na Ribeira Sacra.

A proba deu comezo o sábado 17 de setembro ás 11:30 horas na céntri-ca rúa do Paseo da cidade das Burgas para realizar os tramos de regularidade da Peroxa, Os Peares e Luintra facendo parada na devan-dita localidade para gozar dun menú tan ecolóxico como esta competición. A continuación daba comezo unha longa tarde na que a clasificación foi mudan-do radicalmente. Así, logo de comezar o “control de consumo” na Estación de Servizo de Castadón, o ra-lli de vehículos ecolóxicos tomaría rumbo de novo á Ribeira Sacra cos tramos do Canón do Miño, O Savi-

Ramsés Torres

Os vindeiros 7 e 8 de outubro os mellores pilo-tos de rali de toda Galicia teñen unha cita ineludible no VIII Rali Ourense-Baixa Limia, que com-puta para o Campionato Galego de Ralis e no que, como consecuencia, este ano se estima que se aca-den os 1�0 inscritos.

Entre eles, tal e como adiantou o presidente do Comité Organizador, Án-gel Saa “Lito”, “ademais dos pilotos galegos, ha-berá sete coches que par-ticiparon no Volante Racc de Valencia, o que é toda unha honra xa que se trata dun campionato de refe-rencia a nivel nacional”.

Pero esta non é a única novidade. A edición �011

O SEAT de Marcos Fernández e Isabel Rodríguez fíxose co “I Rali Ecolóxico de Galicia”4 O ourensán José Luis Abadín foi o mellor no test de condución eficiente.

ñao e Abeleda, que levaría aos participantes desde Os Peares ata Castro Caldelas pasando por Castro, Chan-tada, Escairón, Ferreira de Pantón e Monforte de Le-mos ata acadar a Estación de Montaña de Manzane-da. Alí, e tras a anulación do control de chegada (do que varios participantes se beneficiaron), o liderato pasaba a mans do equipo de SEAT formado polo pi-loto de Formula � José Luís Abadín e o de ralis “Chelís” Gómez que cun total de �3 puntos partirían na mañá do domingo coa esperanza de conservar a primeira praza.

Pero antes, Abadín íase a descansar coa sensación de ter, ata aquel intre, os deberes feitos, xa que ade-mais do liderato fíxose esa mesma noite co mellor re-sultado do test de “Condu-ción Eficiente”, que correu a cargo da Escola de Con-dución PTC.

Emoción ata o remateNa mañá do domingo

chegou o turno de que os pilotos se enfrontasen ao último tramo de regulari-dade, sito na zona do Vi-ñao, Amoeiro, Castro de Beiro e Trasalba, para fi-nalizar na Adega Pazo Ca-sanova onde, logo de repor forzas, tivo lugar a entrega de premios e trofeos desta primeira edición do Rali Ecolóxico de Galicia, que contou co Seat Eivissa de Marcos e Isabel como fla-mante vencedor. Tras eles, o equipo de Ford España de Miguel Anxo Romeu e Sonia Pérez (cun Ford Fo-cus TDCi) foi o segundo clasificado e en terceira posición rematou esta pio-neira proba o Renault Clio Expression DCi de Anxo Mon e Angel Rei.

A categoría de regula-ridade sería para Miguel Anxo Romeu e o seu Fo-cus; a de contaminación para o gañador, Marcos Fernández e o seu Eivis-sa; e a de consumo para Óscar Ramos e Alexia López.

O Rali Ourense-Baixa Limia mellora ano a ano 4 Na súa oitava edición recupera o tramo de Lobios, incorpora o da Erdadiña e realizará o de Bande en dirección inversa.

está repleta de cambios que poñen en evidencia o gran-de nivel tanto da súa orga-nización como da propia proba. Así, este oitavo Rali Ourense Baixa Limia recu-pera o seu clásico tramo de Lobios, incorpora un novo (o da Erdadiña) e modifi-ca o de Bande para que os pilotos o realicen en direc-ción contraria á dos anos anteriores. Ademais, esta importante cita acollerá, por primeira vez, a Copa de Galicia de Clásicos Depor-tivos, “o que fan en Melilla a nivel nacional, farémolo nós acá, seguindo as nume-rosas peticións que recibi-mos”, explicaba Lito.

Rali e tramos decisivos Catro son os tramos (Lo-

bios, Erdadiña, Muiños e Bande) dos que consta esta

edición do Rali Ourense-Baixa Limia, os cales será percorridos polos partici-pantes en dúas ocasións. Pola mañá será o turno dos dous primeiros e pola tarde dos restantes. Un total de 318 quilómetros (87 deles cronometrados) nos que os pilotos galegos se xogarán o campionato autonómi-co, xa que logo da proba ourensá (e tras suspenderse o Rali do Albariño e, con probabilidade, o do Botafu-meiro) o de Serra da Groba clausurará a competición por este ano. “Non hai aín-da nada decidido, os pilotos xóganse todo nestas dúas probas, por iso a grande ca-lidade dos mesmos, xunto ao propio percorriod, fan do Ourense-Baixa Limia un rali complicado e competi-tivo”, aseguraba Saa.

O fin de festaLogo de completar o de-

rradeiro tramo, o de Bande, os pilotos trasladaranse á Cidade das Burgas, a iso das �0.30 horas, para asistir ás 11 da noite á entrega de trofeos e premios, que terá lugar no Salón Noble do Li-ceo ourensán.

Lito Saa é o presidente do comité organizador do Rali Ourense-Baixa Limia./RAMSÉS

Este ano o Rali Ourense-Baixa Limia supera as fronteiras de Galicia, xa que sete dos pilotos participantes proceden do Volante RACC de Valencia.

Un dos SEAT´s participantes. A marca vencedora do Rali Ecolóxico de Galicia.

Page 5: 23 Setembro 2011 - BD Nº41

BARRIOS DEPORTIVO�3 de setembro de �011

5MOTOR - BTT

R. Torres

José Luis Abadín, piloto de Fórmula � está buscan-do nestas datas patrocina-dores para poder participar nas dúas últimas probas do campionato deste ano. As

Carreira de fondo para José Luis Abadín4 O piloto ourensán de F2 está tentando con-seguir os cartos que lle permitan participar nas dúas últimas probas do campionato.

probas que restan por cele-brar son as de Monza o 1 e � de outubro, e a de Mont-meló os días �9 e 30 de ou-tubro. “Non podo asegurar aínda con rotundidade que estarei presente nesas dúas citas, pero se seguimos

traballando como ata o de agora estou convencido de que así será”, afirmaba o ourensán, que chegou á F� esta tempada coas ideas moi claras: “é un novo de-safío, pero será o mellor adestramento para acadar a

F1 preparado”. Abadín ten previsto empregar o resto deste curso en coñecer en profundidade o seu coche e a vindeira tempada com-petir ao máximo nivel para facerse co número un e si-tuarse entre os aspirantes á máxima categoría desta práctica automobilística.

Racing for GaliciaO piloto ourensán vén,

ademais, de pór en mar-cha unha iniciativa que lle axude a convertirse no primeiro piloto galego que acceda á F1. Trátase de “Racing for Galicia”, un proxecto de patrocinio so-cial que ten como obxec-tivo xuntar pequenos apoios económicos pro-porcionados pola xente da rúa para que Abadín poida participar con seguridade nas carreiras que restan de tempada, así como loitar polo título da mesma en �01�, o mellor trampolín para a gran F1.

Abadín coa maqueta do seu monopraza no barrio do Couto. /RAMSÉS

Redacción

O ciclista do club Aca-demia Postal-Actyon-Maceda, Xosé Ramón Villanueva, vén de reali-zar unha gran carreira no Campionato Galego de BTT Maratón, na que se proclamou campión gale-go Sub-�3 e rematou no segundo posto da clasifi-cación xeral.

A proba, que foi com-pletada por un total de 7� participantes a pesar da súa dureza, celebrouse na localidade pontevedresa da Estrada o pasado 11 de setembro, e Villanueva

Villanueva, campión galego Sub-23 do BTT Maratón4 Posto que o levou á segun-da praza da xeral.

realizouna en 3 horas e �9 minutos, tan só �9 segun-dos máis que o gañador ab-soluto, Daniel Rodríguez.

Unha medalla de prata que lle depara a Xosé Ra-món o seu primeiro maillot de campión galego, o cal se suma aos grandes resul-tados logrados polo acadé-mico nos últimos meses, entre os que se atopa a súa proclamación como sub-campión galego na modali-dade de rali e vencedor da xeral do Open Galego de BTT, así como a prata lo-grada polo seu conxunto no Campionato de España por equipos.

Page 6: 23 Setembro 2011 - BD Nº41

6 BARRIOS DEPORTIVO�3 de setembro de �011

BALONCESTO

Redacción

Para Codigalco Carme-litas e Pabellón Ourense que a liga regular non comece ata outubro non significa seguir de vaca-cións. Adestramentos e partidos de pretempada

Carmelitas e Pabellón presentaron oficialmente as súas plantillas4 O dous conxuntos de LF2 veranse as caras o vindeiro 27 de setembro na Copa Galicia.

ocupan xa tanto ás xoga-doras de ambos equipos como aos seus respecti-vos corpos técnicos, pero para facelo máis oficial ambos conxuntos veñen de presentar en sociedade aos seus bancos, con moi-tas caras novas.

O novo PabellónO primeiro en facelo

foi o Pabellón Ourense, que o 9 de setembro deu a coñecer o que ata ese mo-mento era o seu segredo mellor gardado, a única renovación que realizou (a de Julia Tornberg) e

as súas novas incorpo-racións. Baixo as ordes de Lisardo Rodríguez, únense a Tornberg nesta tempada Begoña Pallardó (procedente do Burgos), Noelia Cacheiro (ex xo-gadora da NCAA), María Álvarez e Míriam Bolívar (ata agora xogadoras do Carmelitas), Stephanie Geeham (do Forward Center), Nuria Mª Rami-ro (procedente do Arxil), María José Bolonio (do Cáceres), Brittney Scott (do Cougars) e a xogado-ra pavillonista júnior Be-lén Sabucedo.

Todas elas xogarán xuntas antes da liga para ir perfeccionando o Pabe-llón �011-�01� durante os cinco ou seis partidos que o seu técnico ten previsto realizar en pretempada.

E o novo Carmelitas Pola súa banda, o Co-

digalco Carmelitas fixo a presentación oficial do seu conxunto para este ano o pasado 16 de se-tembro. Xogadoras coñe-cidas e descoñecidas que compoñen o ambicioso proxecto que preparou a directiva colexial para esta nova tempada.

Entre as vellas coñeci-das están Mar Ahijado (a nova capitana), Zuleira

Atíes, Beata Gullberg e Noelia Oliva, das que o Codigalco non quixo prescindir logo de tan bos resultados acadados durante a segunda meta-de do curso pasado.

A elas súmanselle agora Necolia Simmons (procedente do Cáce-res), Maaike Klein (na-cional coa Selección de Holanda), Fany Fernán-dez (ata agora xogadora colexial na categoría jú-nior), Verónica Blanco (ex do Carmelitas), Lau-ra Gil e Lucía Méndez (procedentes do Pabe-llón Ourense), e Laura Fernández (do conxunto júnior do RC Celta).

No seu caso, o Codi-galco tamén ten previs-to un completo calenda-rio de pretempada. Estas once xogadoras estrea-ranse como equipo e na Copa Galicia o próximo �4 de setembro; será no pavillón de Luintra con-tra o Ensino lugués. O martes seguinte será o turno do primeiro der-bi ourensán, xa que a competición autonómi-ca congregará nos Re-medios aos nosos dous conxuntos de Liga Fe-minina �.

Pola súa banda, as co-lexialas xogarán tamén amigables contra o Bem-bibre (o 1 de outubro) e o Arxil (o 15). Este últi-mo será, ademais, o seu debut no Vedruna.

Arriba a plantilla do Pabellón e abaixo a do Carmelitas 2011-2012./RAMSÉS

O COB, ninguneado polo Básket CoruñaRedacción

Logo de deixar un bo sabor de boca co papel realizado na Copa Ga-licia, a pesar de non acadar finalmente o título, o Club Ourense Baloncesto fixo augas o pasado �1 de setembro fronte ao Básket Coru-ña, que foi tan superior como evidencia un re-sultado con �4 puntos de diferencia (57-81).

Vencendo ao Breogán en semifinais e perden-do a final ante o Obra-doiro por tan só dous puntos (7�-70), non houbo ningún reproche que facerlle aos rapa-ces de Rubén Domín-guez á súa volta dende Noia logo de desputar a Copa Galicia. Pero facer fronte a dous xi-gantes deste calibre, re-matou pasando factura ao COB, que recibía no Paco Paz fai uns días ao Basket Coruña nun encontro moi pouco afortunado para os ourensáns.

Totalmente desacer-tado e sen forzas, qui-zais debido ás ausen-cias de Fran Cárdenas e Jorge Fernández. Esta foi a imaxe que trans-mitiu un Club Ourense Baloncesto que, de re-petir este espectáculo máis dunha vez durante a liga regular, ten bas-tante difícil a loita polo ascenso.

O Carmelitas renovou a ca-tro xogadoras, mentras o Pabellón só a unha

Page 7: 23 Setembro 2011 - BD Nº41

BARRIOS DEPORTIVO�3 de setembro de �011

7XIMNASIA / XADREZ

Redacción

O Club Ximnasia Pavi-llón Ourense tivo un verán movido. Integrantes do club participaron nas com-peticións de Albacete e no Algarve (Portugal).

En Albacete, Carlos Tri-go, sorprendeu a propios

O Club Ximnasia Pavillón Ourense, de ruta4 Participou en probas en Albacete e O Algarve.

e estranos no campionato internacional, acadando o pase á final na modalidade de trampolín. O ximnasta ourensán foi o único repre-sentante nacional que se colou en dita final, ademais de lograr o primeiro posto co equipo nacional júnior na competición desta mo-

dalidade.

AlgarveAta o país veciño, Por-

tugal, desprazáronse seis ximnastas do club ouren-sán para participar na sexta edición da Loulé Cup, na cidade de Loulé, no Algar-ve portugués, logrando os

Carlos Trigo realizando un salto. /C.X. PAVILLÓN

Redacción

Os xadrecistas ourensáns veñen de realizar unha bri-llante actuación no V Tor-neo de Vilanova de Arousa dentro do Circuíto Escolar Galego de Xadrez.

Na categoría Sub-8, a vi-toria foi para o xogador do Club Casa da Xuventude, Xurxo Gerpe, por diante doutro ourensán, Martín Gómez, do Carmelitas Vedruna. César Pérez, do Xadrez Ourense, rematou en cuarto lugar, mentres que a mellor das mozas foi Pilar Ruíz, que acabou na sétima posición.

En Sub-10, acadouse un sexto posto, de Martín Fer-nández Carballal, e a nove-na posición de Xosé Carlos González (ambos do club Casa da Xuventude).

Na Sub-1�, os xogado-res do Casa da Xuventude, Miguel Puga, Alberto Igre-xas, Anxo Domínguez e Brais Gerpe foron os catro

Ourense dominou en Vilanova de Arousa

primeiros clasificados, por esta orde. E Anxo García foi sexto.

Pola súa banda, Adrián Gómez (do Xadrez Ouren-se) foi subcampión en Sub-14, por detrás do xogador de Vilagarcía, Lucas Abal. O outro ourensán da categoría era Sergio Ruíz, que foi 13º.

Esta perfecta fin de se-mana culminárona David Vázquez e David Gómez, do Xadrez Ourense, que ob-tiveron, respectivamente, a prata e o bronce na categoría Sub-16.

Alberto Iglesias.

resultados máis destaca-dos, Carlos Trigo, cun-ha sexta praza en dobre minitramp e a novena e decimo primeira prazas que acadaron Eduardo Novelle e Iago Sousa na competición preliminar, tamén en dobre mini-tramp.

Campionato do mun-do

Neste campionato dé-ronse citas grandes xim-nastas que participarán, no mes de novembro, no campionato do mun-do que se celebrará en Birmingham (Gran Bre-taña); entre eles estará o ximnasta ourensán Carlos Trigo.

O ximnasta ourensán Carlos Trigo participará en novembro no Campionato do Mundo de Bir-mingham (Gran Bretaña)

Page 8: 23 Setembro 2011 - BD Nº41

8 BARRIOS DEPORTIVO�3 de setembro de �011

FÚTBOL SALA

Sábado 24, a partir das 17.00 horas nos Remedios, Cidade As Burgas Vs Valladolid

A gardamallas do Orvina tenta despexar unha falta lanzada por unha xogadora do Cidade. /RAMSÉS

4 Xornada 3 - 24 de setembroLacturale Orvina - Diamante LogroñoCidade As Burgas - ValladolidFutsi Navalcarnero - RubíFemesala Elche - U. de AlacanteGironella - MóstolesZaragoza - Soto del RealBurela - Ponte OurenseMajadahonda - Deportivo Córdoba

4 Xornada 4 - 1 de outubroDiamante Logroño - MajadahondaValladolid - Lacturale OrvinaRubí - Cidade As BurgasU. de Alacante - Futsi NavalcarneroMóstoles - Femesala ElcheSoto del Real- GironellaPonte Ourense - ZaragozaDeportivo Córdoba - Burela

Sonia lanza o balón cara a portería rival no partido dispu-tado nos Remedios contra o Orvina. /RAMSÉS

Catro puntos en dous partidos para o Cidade As Burgas4 O equipo ourensán comeza a súa segunda campaña na Pri-meira División do fútbol sala feminino -anteriormente División de Honra- cun empate na casa e unha vitoria en Logroño.R. Torres

O Cidade As Burgas de fútbol sala feminino que milita na Primeira Divisón -en campañas anteriores División de Honra- comeza a tempa-da co obxectivo claro da permanencia, o mesmo que a campaña pasada. O primeiro encontro de liga era nos Remedios ante a súa afección e rematou con empate a tres goles logo de irse adiantando no marcador por un gol de diferenza cada vez que se desfacía a igualdde (1-0, �-1 e 3-�). Os goles de Laura, Sonia e María

Arias non foron suficien-tes para conseguir os tres primeiros puntos da tem-pada. A ourensá Andrea firmou o empate final para o Cidade a falta de algo máis dun minuto.

Vitoria en LogroñoNa segunda xornada de

liga chegaría a primeira vitoria das de Codeso. A pesar de que estiveron mellor no terreo de xogo as rioxás, o acerto estivo de cara para as ourensás. Peque (por partida do-bre), Alicia e Ana, polas ourensás, e Bárbara polo cadro local foron as go-leadoras dun encontro

que rematou cun 1-4 e tres puntos máis para o Cidade, tan necesarios para a súa loita pola per-manencia.

Cidade - ValladolidO Valladolid aterriza

este sábado, �4 de se-tembro con cero puntos no seu casilleiro, se ben é certo que nas dúas pri-meiras xornadas tívose que enfrontar a equipos que estarán na loita polo título. Na primeira xor-nada visitaba Córdoba onde saíu goleado (8-1), na segunda xornada recibía a visita do Futsi Navalcarnero e non pui-

do sacar nada positivo ao perder por un gol a tres. As baixas deste ano po-den lastrar a un equipo que estivo a piques de disputar a Copa de Espa-ña o ano pasado. Pola súa banda, o Cidade As Bur-gas contará para este en-contro con todas as súas xogadoras. De acadar a vitoria distanciaríase en 7 puntos coas pucelás.

Page 9: 23 Setembro 2011 - BD Nº41

BARRIOS DEPORTIVO�3 de setembro de �011

9FÚTBOL SALA

Primeira División FSF 2ª xornadaPosto Equipo Puntos1º Móstoles - 6�º Navalcarnero - 63º Femesala Elche - 64º Gironella - 65º Ponte Ourense - 46º Córdoba - 47º Orvina - 48º Cidade As Burgas - 49º U. Alacante - 310º Burela -3 11º Rubí - 01�º Valladolid - 013º Logroño - 014º Soto del Real -015º Majadahonda - 016º Zaragoza - 0

Primeiro tropezo do Ponte Ourense nesta tempada4 Empatou ante o Cajasur Córdoba nos Remedios.

R. Torres

Se o ano pasado o Pon-te Ourense só cedera un empate en toda a liga, este ano as táboas che-garon na segunda xorna-da. Os Remedios acollía o encontro da segunda xornada entre o Ponte Ourense e o Cajasur Cór-doba. O Ponte Ourense adiantábase por dous goles a cero nun só mi-nuto (o tres de encontro). O que parecía que ía ser un día apacible para o cadro pontino enseguida viuse que sufrirían máis da conta; o equipo anda-luz lonxe de amilanarse esperou con paciencia as súas oportunidade e así chegaría o primeiro gol antes do descanso. Na reanudación, máis do mesmo, o Ponte con-trolando o esférico e as

cordobesas agardaban os roubos de balón para saír en contragolpe, unha de-sas contras rematou con falta ao borde do área de Eva e as visitantes non desaproveitaron a oca-sión de igualar a conten-da. Desde aí ata o final, o Ponte tentouno de todas as maneiras, incluso xo-gando con Drica de por-teira xogadora, pero un Cajasur ben posicionado fixo que o marcador non se movera, ademais de ter a súa posibilidade ao rematar a porteira desde a súa área a porta baleira pero que se desviuo por moi pouco. Ao final tá-boas nun encontro no que mereceron máis as lo-cais. Por parte das ouren-sás, Fátima (en propia porta) e Souza foron as goleadores, mentres que por parte das cordobesas, Noe e Fátima (resarcín-dose do erro anterior) puxeron o empate no marcador. Primeiro tras-pés na era de Vivián que fai que baixen á quinta posición.

Laura FernándezÓscar Vivián non pui-

do contar coa participa-ción de Laura Fernández por mor dunha lesión nun xeonllo. Onte confir-mouse que a lesión que sufre a peche é unha ro-tura de menisco externo do xeonllo esquerdo.

Debut contra Maja-dahonda

No debut nesta liga, Ponte Ourense o tivo moi fácil. Venceu sen atrancos ao recén as-cendido, Majadahonda. Nun partido sen historia as goleadoras ourensás foron: Ampi, con cinco goles, Sarita con dous, Cris, Anita, Drica e Sou-za; mentras que Elena marcou o gol da honra para as madrileñas.

Burela - PonteA terceira xornada de-

parará para as de Vivián un novo enfrontamento contra un equipo candi-dato ao título, nesta oca-sión será o equipo lucen-

se do Burela. O primeiro derbi gale-

go da tempada enfronta a dous conxuntos que non arrancaron da mellor ma-neira posible, as burelás contan cunha vitoria e unha derrota (tres pun-tos).

O perigo do Burela pasa, ademais de polas veterás -Claudia, Dolo e compañía-, polas dúas xogadoras que prove-ñen do Rioja Diamante -Maite e Peque-, equipo co que foron subcampio-as da Copa de España do ano pasado. Enfronte terán á súa excompañei-ra Drica que milita ago-ra nas filas pontinas. O encontro será unha boa

A pontina Ampi tenta levarse en carreira un balón ante a presenza de Dany, do Cajasur Córdoba. /RAMSÉS

ocasión para medir as forzas de dúas escuadras que están chamadas para estar arriba da clasifica-ción ao final de tempada. É posible que Bea Sei-jas xogue este partido co Ponte, como xa fixera na anterior xornada, pola le-sión de Laura Fernández.

O encontro entre Burela e Ponte Ourense será retrasmitido en diferido pola TVG2 o sábado 24, a partir das 20.00 horas

Sara Moreno controla un balón ante unha contraria do Córdoba. /RAMSÉS

Page 10: 23 Setembro 2011 - BD Nº41

10 BARRIOS DEPORTIVO�3 de setembro de �011 FÚTBOL

Eder falla un penalti con 1-1 no marcador, antes marrara diante do porteiro visitante nun un contra unO domingo 25 en Pasaron: Pontevedra - CD Ourense, ás 17.00 horasSalinas e Yebra reuníronse durante 45 minutos

R. Torres

O CD Ourense vén de perder os seus dous pri-meiros puntos da tempa-da ante o equipo coruñés do Dorneda no estadio do Couto. Foi na cuarta xor-nada de liga e o conxun-to ‘rojillo’ non soubo aproveitar as súas claras ocasións. Nos primei-ros intres de encontro, o Dorneda parecía un equi-po que quería demostrar que ía ser difícil dobre-garlles pero o Ourense de seguido colleu o ma-nubrio do partido con al-gunha que outra ocasión; ata que no minuto 38, o goleador Eder adiantaba aos de Patxi Salinas no marcador.

Xa na segunda par-te, no primeiro minuto, Eder queda só diante do porteiro rival e falla a oportunidade do dous a

4 O Coruxo tamén o eliminou da Copa Federación.

Primeiro esvarón de CD Ourense en liga

Portela corta un balón caendo ao chan diante dun dianteiro do Dorneda. /RAMSÉS

cero. Sete minutos máis tarde chegaría o gol do Dorneda tras roubo de balón e rápida contra (1-1). O encontro mudou e o Dorneda atopábase máis cómodo no campo, aín-da así os locais tiveron a súa última clara ocasión de desnivelar o encontro pero, un penalti tirado por Eder por enriba do trave-seiro alonxou as posibi-lidades de lograr os tres puntos en disputa. Ao fi-nal reparto de puntos que deixaba aos de Oleiros satisfeitos e ao ourensáns cun sabor amargo.

En rolda de prensa, Brizolas alabou a CD Ourense e mostrábase satisfeito de ler ben o partido e lograr arañar un punto ante un equipo que loitará polo ascenso. “Os meus xogadores están mortos do gran esforzo que fixeron durante todo

o partido”, remataba o adestrador do Dorneda.

Pola súa banda, Patxi Salinas lamentouse das ocasións falladas e cría que tiñan “merecido ga-ñar” a pesar de que o par-tido “foi espeso”. Para rematar, Salinas deixou un recado a algúns dos seus xogadores “algúns teñen que dar máis do que están dando”, sen dar nomes.

Pontevedra - OurenseEste domingo, CD

Ourense visita o cam-po de Pasarón para xo-gar contra o Pontevedra no que será o partido da xornada. O encontro dará comezo a partir das 17.00 horas.

Reunión Salinas - Ye-bra

Dous días despois do partido de liga ante Dor-neda, Salinas e Yebra ti-veron unha reunión des-pois do adestramento no vestiario visitante, que se

prolongou par máis de 40 minutos. Ao saír da mesma, Yebra comen-tou que falaron “da vida e da crise” sen profun-dizar no que realmente falaron no vestiario; Salinas asegurou que lle gusta ter este tipo de reunións cos seus xoga-dores e que Yebra é “un mozo co que se pode falar”.

Redacción

O partido de volta da Copa Federación presentábase con gran-des alicientes: chegar á final da zona galega, ver sobre o céspede ao galés Crowe, deixar eliminado a un equipo de categoría superior... pero todo esmoreceuse por varios factores. Na primeira metade, cando o Ourense dominaba, a expulsión de Noguerol fixo que os locais xoga-rán con 10 durante unha hora de encontro. A pe-sar deste contratempo os de Salinas lograron o empate a cero que faría que a tanda de penal-tis decidira que equipo superaba a ronda. Aquí comezou o lío. Cando Eder se dispuña a a lan-zar a cuarta pena máxi-ma para o Ourense, o presidente do Coruxo

Os penaltis apean o Ourense da Copa Federación

invadiu o terreo de xogo para reclamar que non se tiñan que lanzar os penal-tis sen antes xogar a pró-rroga; isto encrespou os nervios de Patxi Salinas que se encarou contra o presidente e afeccionados do Coruxo. O Ourense fallou o seu sexto lanza-mento e o Coruxo levo-use a eliminatoria, pero os incidentes continuaron de camiño aos vestiarios onde houbo gritos, recri-minacións e algún que outro encaramento entre directivos e membros dos dous corpos técnicos.

Na sala de prensa, o adestrador visitante dixo que o baixar o seu pre-sidente ao campo “foi unha decisión del”, men-tras que Salinas mostrá-base indignado coa ac-tuación de Falqué, vista soamente “unha vez na miña vida no Mundial de España 8�”.

Mouriño lanza á porta do Coruxo. /RAMSÉS

Page 11: 23 Setembro 2011 - BD Nº41

BARRIOS DEPORTIVO�3 de setembro de �011

11PUBLICIDADE

Page 12: 23 Setembro 2011 - BD Nº41

1� BARRIOS DEPORTIVO�3 de setembro de �011 ATLETISMO

R. Torres

Pepe Márquez, do ADAS O Barco, e Iria Fernán-dez (Academia Postal) son os grandes dominadores do I Circuíto de carreiras populares “Correndo por Ourense” ao gañar nas tres carreiras disputadas ata o momento. Tanto na carreira da Ponte como nas noctur-na do Corpus e a da Casa da Xuventude, estes dous atletas son os dominadores absolutos vencendo nas tres probas.

Pepe Márquez ten dous puntos (o que menos puntos teña será o gañador), un por cada primeiro posto acada-do (logo de descartar o peor

R.T.

Red 1 Ourense Trail e o Club Alpino Ourensán or-ganizan con patrocinio do Concello de Chandrexa de Queixa a primeira ca-rreira de montaña Chan-drexa Trail. A proba, que será sobre un percorrido de �8 quilómetros, é pun-tuable para a Copa galega de carreiras por montaña (xunto coa disputada en Viveiro e a de Parada do Sil). Durante o transcurso transitarase polos lugares máis emblemáticos do municipio. A saída terá lu-gar en Celeiros e pasarase por Forcadas, Requeixo, As Portas, A Pa, Castelo e regreso a Celeiros, e con-tará cun desnivel acumu-

Márquez e Fernández, os dominadores do “Correndo por Ourense”4 Foron os vencedores das tres primeiras probas disputadas.

resultado). De preto o se-gue Óscar Ramos con catro puntos, dous segundos pos-tos, e en terceira posición está José Manuel Casado con sete puntos.

En mulleres, Iria Fernán-dez ten 185 puntos, xa que lle computan as posicións na que queda nas carrei-ras ao chegar á meta entre todos os participantes. Ne segunda posición encón-trase Isabel López con �14 puntos e de terceira atópa-se Ana Isabel Soutullo con �85 puntos.

Os puntos acumúlanse segundo a posición xeral na que quedou cada corredor en cada carreira e os corre-dores desfaranse do peor

resultado das cinco probas disputadas. Por exemplo, un corredor que queda na posición 50, acumulará 50 puntos e o que remata no posto 87 suma 87 puntos. De todas as carreiras non se conta o peor resultado ou no seu caso pódese non acudir a unha delas.

Vindeiras citasA próxima proba do

circuíto de carreiras popu-lares de Ourense será no barrio do Couto o domin-go, 9 de outubro; e pecha-rá esta primeira edición a do barrio da Carballeira, o �3 de outubro. Ambas as dúas probas disputaranse a partir das 1� horas.

Atletas da carreira da Casa da Xuventude na pista de atletismo do campus./P. LODEIRO

Carreira de montaña e andaina en Chandrexa4 O domingo, 2 de outubro celébrase a primeira carreira de montaña Chandrexa Trail.

lado en positivo e negati-vo de 3.�00 metros. Pedro Seoane (Club Alpino) e Ángel Cid (Red 1) agra-decen a colaboración dos patrocinadores.

A inscrición pódese rea-lizar ata o �8 de setembro e ten un custo de 10 euros para os corredores con licencia FEDME e de 15 euros para o resto. Máis información no correo electrónico [email protected].

Tamén andainaA andaina será de �0

quilómetros e comezará ás 9.05 da mañá despois de que saian os corredo-res. A inscrición (ata o �8 de setembro) ten un custe de cinco euros.

Pedro Seoane (Club Alpino Ourensán) e Ángel Cid (Red 1 Ourense trail) co cartel da proba de Chandrexa./RAMSÉS

4 V Maratón do Miño

O vindeiro domingo � de outubro celebrarase na capital ourensá a quinta edición do Maratón do Miño. Organizada pola Confederación de Empre-sarios de Ourense, esta competición está formada por unha carreira (de 4� quilómetros e 195 metros de distancia) e unha an-daina, que se poden reali-zar ben de xeito individual ou por relevos.

Acadando o seu lustro de vida, a proba ten tal recoñecemento por parte de atletas profesionais e amateurs que se prevé que este primeiro domingo de outubro se acheguen ata a cidade das Burgas depor-tistas de diversos rincóns de Galicia e o País Vasco, así como de Portugal.

4 Carreira solida-ria en Ribadavia

O pasado 11 de se-tem-bro os veciños de Ribada-via participaron no evento 100% solidario do proxec-to Regalaunbosque.org, que consistiu nunha ca-rreira de montaña de 10 quilómetros de distancia e unha marcha sendeirista da metade de percorrido.

O obxectivo principal de Regalaunbosque.org é que os seus participantes “regalen” á súa comuni-dade local a reforestación dunha área devastada po-las lapas. Esta iniciativa ten lugar en distintos pun-tos de España.

EN BREVE

Page 13: 23 Setembro 2011 - BD Nº41

BARRIOS DEPORTIVO�3 de setembro de �011

13ATLETISMO

Redacción

Soportando unha tem-peratura que rondaba tan só os 7 graos centígrados, os 500 valentes que se si-tuaron no punto de partida da edición �011 da proba de montaña de Penedos do Lobo, sito na base da es-tación de esquí de Cabeza de Manzaneda, non imaxi-naban que as condicións climatolóxicas podían ir a peor, pero así foi.

Nunha competición dura de por si polo propio per-corrido, o frío, a néboa e o vento, engadidos aos ape-nas 4 graos que marcaban os termómetros nalgúns puntos, condicionaron a proba celebrada o pasado domingo 18 de setembro para moitos dos partici-pantes, como mostran os �5 minutos máis que pre-cisou o gañador da mes-ma, Fernando Arca, para completala, en compara-ción co primeiro clasifica-do da edición �010 (fíxoo nun total de 3 horas 44 mi-nutos e 40 segundos); así como o feito de que tan só lograran acadar a liña de meta 134 atletas.

Os demais gañadoresEn segunda posición da

Matrícula de honra para os participantes de Penedos do Lobo 20114 Medio millar de atletas tiveron que facer fronte a frío e néboa durante este maratón de montaña, celebrado o pasado 18 de setembro.

proba absoluta rematou Santiago Obaya (3:58:15), seguido de J.M. Casado (3:58:16).

Pola súa banda, a mur-ciana Esther Sánchez foi a fémina que rematou o per-corrido en menos tempo (4 horas 59 minutos 55 se-gundos), vixiada de preto pola segunda máis rápida, Charo Figueroa (5:04:30).

En canto á proba de cross, Javier Pacios e Gua-dalupe Lodeiro foron os grandes vencedores.

As peores condicións, para a mellor participa-ción e organización dunha clásica proba que é xa, por méritos propios, todo un referente a nivel nacional en canto a competicións de montaña se refire.

Na proba partiron da saída 500 atletas e remataron a mesma 134

Arriba e á dereita, atletas participantes nesta edición de Penedos do Lobo, nun momento da proba. /JESÚS GARCÍA.

Page 14: 23 Setembro 2011 - BD Nº41

14 BARRIOS DEPORTIVO�3 de setembro de �011

ENTREVISTA

Patxi Salinas adestrou, entre outros, ás categorías xuvenís do Atletic e o Celta, ao Gramenet e ao Rápido de Bouzas

Patxi Salinas aceptou a oferta do Club Deportivo Ourense porque lle pareceu un gran proxecto deportivo./RAMSÉS.

Defendendo as nosas cores4O mundourensán que nos ocupa nesta ocasión foi tan bo xogador de fútbol que quere plasmar a súa experiencia agora no banco. Patxi Salinas, actual técnico do Club Deportivo Ourense, aproveitará a súa ampla experiencia no deporte rei para lo-grar o claro obxectivo co que veu á cidade das Burgas: acadar o ascenso.

4 Máis persoal- Francisco Salinas Fernández, máis coñecido como Patxi Salinas, naceu en Bilbao o

17 de novembro de 1963 e leva vinculado ao mundo do fútbol toda a súa vida. - Entre os numerosos logros dos que pode presumir como futbolista, atópanse os

seus 10 anos de experiencia en Primeira División como xogador do Atlétic de Bilbao e outros 6 no Celta de Vigo; foi campión Sub-�1 de Europa; estivo 4 veces convocado coa Selección Española absoluta, chegando a xogar en dúas; gañou varias ligas e unha Copa do Rei co Atlétic; conseguiu unha Supercopa e xogou nada menos que 43� par-tidos de liga.

- Pero como adestrador, o vasco non queda atrás. Antes de chegar a Ourense foi técnico, entre outros, do Celta Xuveníl, o Atletic Xuvenil, o Unión Deportiva Atlético Gramenet Milán (de Barcelona) e o Club Rápido de Bouzas.

- Amante do centolo, a coca-cola e a cor negra, Salinas escaparíase sen dubidalo a unha praia deserta, como as das Bahamas ou Bali.

R. Torres

Vasco, de 47 anos e moi coñecido polo público tan-to pola súa ampla expe-riencia futbolística como pola súa participación en diversos programas de te-levisión, o noso seguinte mundourensán é o novo adestrador do Club Depor-tivo Ourense, Patxi Sali-nas. Todo un loitador nato, como demostrou durante o seu paso polo que se pode considerar o reality tele-visivo español máis duro

Patxi Salinas no estadio do Couto no partido do CD Ourense contra o Coruxo. /RAMSÉS

para os participantes, “Su-pervivientes”, que durante esta tempada pelexará por un único fin: levar ao seu novo equipo ao ascenso a Segunda B.

Que te levou a aceptar a oferta de CD Ourense?

Patxi Salinas: “Sobre todo o proxecto deportivo porque me pareceu moi in-teresante e quería formar parte del”.

Que opinión che mere-cía o club ourensán á túa chegada logo do traballo realizado en temporadas

anteriores?P.S.: “Parecíame un club

grandioso, o que pasa é que leva varios anos xo-gando o play off de ascen-so sen acadalo finalmente, pero a nivel institucional si que me parecía un club dos máis importantes de Ter-ceira División”.

Como afrontas esta tempada e cal é o obxecti-vo que te marcaches?

P.S.: “Afróntoa cargado de ilusión e apelando ao traballo. E o meu obxec-tivo é, sen dúbida, quedar campións da categoría e ascender”.

Cres que hai moitas posibilidades de que o Ourense remate no pri-meiro posto do grupo, co que iso leva consigo?

P.S.: “Sei que é moi difí-cil porque hai moitos equi-pos que van a competir de xeito moi duro connosco, pero se non crese que si podemos logralo non tería vido. Logo igual non aca-damos o ascenso, pero ese é o noso obxectivo”.

Consideras que te be-neficia ou te perxudica ser unha persoa coñecida mediaticamente á hora de adestrar a un equipo de Terceira División?

P.S.: “É un tema que irá comigo de por vida, o pasa-do non se pode borrar. Estar en “Supervivientes”, que foi o programa que me fixo máis coñecido, foi unha experiencia tan maravillo-sa, aprendín tantas cousas,

fixen tantos amigos e collín tantos conceptos da vida que non tiña, que volvería a repetir mañá mesmo e nin se me pasa pola cabeza querer borrala. E os demais pro-gramas nos que participei achegáronmme tamén tanto que estou moi orgulloso de que todos eles formen parte

da miña vida”.Que foi o que máis te

sorpendeu da nosa cida-de?

P.S.: “Encantoume o cas-co vello. Quedei a durmir acá algún día e saín a cear e encantoume esa zona. O peor é que fai unha calor terrible (rí)”.

Page 15: 23 Setembro 2011 - BD Nº41

BARRIOS DEPORTIVO�3 de setembro de �011

15

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-3�.3�3.9�5. Depósito Legal: OU 185-�009. Redacción: r/ Valle Inclán �5 �º Of. 15 - 3�004 Ourense. Tel: 988 �39 634. Correo-e: [email protected]. Distribúe: J Publicidad. Imprime: Publicaciones Tameiga.Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción e fotografía: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Óscar Blanco. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro, Alberto Del Río. Colaboracións: Alfonso Vilachá.

Nº41- Ano: III - �3 de setembro de �011 - Difusión: 5.000 exemplaresEste periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado.Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 �39 634.

4O RINCÓN DO MESTRE

Escola de fútbol: premisas do fútbol base (IV)

7.- A formación global é a prioridade. O proceso de formación do mozo xoga-dor ha de ser global e ter necesariamente un trans-fondo educativo, posto que o deporte sen educa-ción é como un corpo sen cabeza. Erradiquemos o ensino unilateral, incom-pleto e sen perspectivas de futuro, e apostemos por un ensino global.

Non podemos preocu-parnos unicamente do “aspecto deportivo” (pre-paración física, técnica e táctica), e deixar de lado alicerces necesarios e imprescindibles como son o “aspecto mental” (desenvolvemento e me-llora da capacidade de observación, da imaxina-ción, da creatividade, da autonomía e autoestima, da satisfacción persoal, da confianza e segurida-de, etc.), a “educación en valores”(a tolerancia, a integración, a participa-ción, o xogo limpo, o al-truísmo, a solidariedade, o esforzo, a puntualida-de, et.), “o medicamento deportivo” (a hixiene, a ducha diaria, as uñas, a boca, a correcta alimen-tación, as lesións, a indu-mentaria).

Por tal motivo, é con-veniente desde as etapas temperás, educar e for-mar aos mozos xogado-res en base a un proceso global, onde o deportivo e humano vaian na mesma embarcación.

ACTUALIDADE

Non todos van a chega-se a elite deportiva, pero se conseguimos chegar á elite humana, se conseguimos facer persoas, o obxectivo está cumprido.

“Cando o destino nos entregue un limón, trate-mos de convertilo en limo-nada”.

8.- É necesario e funda-mental unha disciplina e unhas sancións motivado-ras, como non deixarlles xogar unha serie de parti-dos se a súa actitude non é boa fora do campo. Tam-pouco se lles debe permitir levar tatuaxes, piercings ou pendentes.

“As normas nos depor-tes hai que respectalas, son necesarias”.

[continúa o próximo nº]Alfonso Vilachá, profesor de Educación Física e entrena-

dor nacional de fútbol

“É conveniente educar e formar aos xogadores en base a un proceso global”

Alfonso Vilachá.

Redacción

Ourense conta dende comezos de setembro cun novo club de salvamen-to e socorrimo acuático, Salvour, unha entidade sen ánimo de lucro que busca promocionar este descoñecido deporte e formar a nenos e mozos no mesmo a través da súa propia escola, que entrará en fucionamento no mes de outubro.

O presidente de Salvo-ur, Xosé Manuel Paredes, profesor de socorrismo acuático e primeiros au-silios, e cunha ampla ex-periencia de máis de �0 anos nesta actividade, ex-plicou que na súa Escola de Socorrismo Acuático “impártese algo máis que un deporte, porque ade-

mais de aprender a nadar de forma segura, aos ne-nos tamén se lles ensina a coñecer e identificar os perigos, a rescatar a per-soas e a realizar primeiros auxilios. E todo iso nun ambiente seguro e diver-tido, cun persoal moi cua-lificado”, porque para os profesionais que integran este clube “saber nadar é importante, pero máis im-portante é saber salvar”, puntualizou Paredes.

As clases darán a prin-cipios do mes de outubro na piscina municipal do pabillón dos Remedios, en horario de 19 a �0 horas os luns e mércores ou martes e xoves; e están dirixidas a nenos a partir de 7 anos que xa saiban nadar.

Os interesados poden in-formarse no 685 15� 980.

Salvour, un novo club deportivo de socorrismo 4 O seu obxectivo é dar a co-ñecer este deporte, así como formar aos rapaces ouren-sáns.

Un entrenamento deste club de socorrismo.

4 A preguntaAbrimos unha nova sección para que todos parti-

cipedes de forma activa a través da nosa web mun-dourense.com.

Desde estas liñas lanzamos unha pregunta dando a opinión nun e noutro sentido para que vós con-testedes na nosa web o que pensades.

Cres que o equipo de Primeira División de fútbol sala feminino, Ponte Ourense, gañará a liga 2011-2012?

SI.Por que se o ano pasa-

do era o mellor equipo, este ano coa incorpora-ción de Drica o equipo ten máis nivel. Ademais, o Móstoles, adversario directo a pasada tempa-da, quedou sen tres das súas mellores xogado-ras e xa se lle venceu na Supercopa de España (4-1). Se o equipo que lle facía sombra está por debaixo do ano pasado, as de Oscar Vivián teñen máis papeletas de ser campioas de liga.

NON.É imposible facer

unha tempada coma a do ano pasado na que tan só perderon un par-tido e empataron outro cendendo soamente cinco puntos. Este ano o Atlético de Madrid, Burela, Córdoba (co que xa empatou), Uni-versidade de Alacante e o propio Móstoles farán que a liga estea máis complicada. A isto hai que engadir a baixa (aínda que xa xogou un partido) de Bea Seijas.

As xogadoras do Ponte Ourense levantando un trofeo logrado esta pretempada.

Page 16: 23 Setembro 2011 - BD Nº41

BARRIOS DEPORTIVO�3 de setembro de �011