16
Número: 24 - Ano: II - Depósito Legal: OU 185-2009 - 3 de decembro de 2010 - Periódico quincenal de distribución gratuíta [10.000 exemplares directos ás súas mans] BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 17 de DECEMBRO. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190 OCIO E DEPORTE páx.2 Alfonso Vilachá: a actividade física nos mozos maiores Defendendo as nosas cores: Laura Gil, xogadora do Pabellón Ourense páx. 13 O COB necesita gañar páx. 12 Baloncesto: O Carmelitas vence no derbi páx. 10 O obradoiro de supervivencia visita o Club de Tiro Eiroás páx. 15 O RINCÓN DO MESTRE páx.14 Expourense acolle Megaxove do 4 ao 8 de decembro

3 Dec 2010 - Nº24

Embed Size (px)

DESCRIPTION

O Carmelitas vence no derbi O obradoiro de supervivencia visita o Club de Tiro Eiroás Alfonso Vilachá: a actividade física nos mozos maiores Baloncesto: Defendendo as nosas cores: BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 17 de DECEMBRO. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190 [10.000 exemplares directos ás súas mans] páx. 13 páx. 15 páx. 10 Número: 24 - Ano: II - Depósito Legal: OU 185-2009 - 3 de decembro de 2010 - Periódico quincenal de distribución gratuíta

Citation preview

Page 1: 3 Dec 2010 - Nº24

Número: 24 - Ano: II - Depósito Legal: OU 185-2009 - 3 de decembro de 2010 - Periódico quincenal de distribución gratuíta

[10.000 exemplares directos ás súas mans]

BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 17 de DECEMBRO. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

OCIO E DEPORTE páx.2

Alfonso Vilachá:a actividade física nos mozos maiores

Defendendo as nosas cores:Laura Gil, xogadora do Pabellón Ourense páx. 13

O COB necesita gañar páx. 12

Baloncesto:O Carmelitas vence no derbi páx. 10

O obradoiro de supervivencia visita o Club de Tiro Eiroás páx. 15

O RINCÓN DO MESTRE páx.14

Expourense acolle Megaxove do 4 ao 8 de decembro

Page 2: 3 Dec 2010 - Nº24

2 BARRIOS DEPORTIVO3 de decembro de 2010

ACTUALIDADE

Cross Megaxove

Volven as carreiras a Ourense4 Despois de case un mes da san Martiño, turno para a Megaxove.R. Torres

Fai case un mes que se celebrou a 34 edición da carreira do San Martiño e os corredores populares e non tan populares xa ti-ñas gañas de que houbera outra carreira en Ourense. Dito e feito, o mércores, 8 de decembro nos alre-dedores de Expourense terá lugar a XI Carreira Popular Expourense-Me-gaxove. Esta proba está organizada polo Club Ourense Atletismo Acade-mia Postal co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Gali-cia, o Consello Municipal de Deportes–Concello de Ourense, e Expourense.

InscriciónsAs inscricións poderan-

se realizar ata as 20:00 horas do luns, 6 de de-cembro, na web www.championchipnorte.com. Os cativos e benxamíns formalizarán a súa inscri-ción a través da dirección

de correo [email protected].

HorariosÁs 11:15h horas, darán o

pistoletazo da 11ª edición as nenas alevíns e infantís que darán unha volta gran-de de 1.200 metros, os ne-nos da mesma categoría, darán unha volta grande e outra pequena para com-pletar 2.050 metros desde as 11.25 horas; ás 11.40h. as nenas cadetes e xuvenís percorrerá 2.050 metros, mentres que os nenos co-rrerán a partir das 11.55h. 3.600 metros; na catego-ría absoluta que abrangue, júnior, promesa, sénior e veterán darán cinco vol-tas grandes para completar 6.000 metros desde as 12.20 horas; ás 12.55 os de cate-goría benxamín mixto darán unha volta pequena para correr 850 metros. A última das carreiras chegará contra ás 13.05 horas, turno no que os máis cativos darán unha minivolta para completar un circuíto de 300 metros.

o 19, a de san CibraoRedacción

O domingo, 19 de de-cembro, a partir das 12 horas, terá lugar na loca-lidade ourensán de San Cibrao das Viñas a nove-na edición da súa carreira popular do Nadal.

As inscricións estarán abertas ata o 15 de dec-

embro na tenda de deportes RED.1 (Rúa Nosa Sra da Saínza, 18) ou ata o día 16 na web Championchipnorte e teñen un custo de 3 euros. As inscricións están limitadas aos 300 participantes entre os da carreira de 3 quilómetros (categorías inferiores) e as de 8,5. Os pitufos inscribiranse o propio día da proba.

R. Torres

Cita habitual desde fai 11 anos é a Megaxove en Expourense, onde máis de 50 actividades culturais, de lecer e deportivas da-ránse cita ao longo e ancho da ponte da Constitución -do 4 ao 8 de decembro-.

A entrada é totalmente gratuíta e xa están con-vocados máis de 3.000 rapaces de toda Galicia, Castela León e Portugal, que participarán en cam-pionatos, exhibicións, torneos e obradoiros. En Megaxove ten cabida todo tipo de deportes, por iso promocionaranse disci-plinas minoritarias como poden ser o remo indoor (simulador de remo para adestramento en terra), a esgrima, a halterofilia, o tiro con arco, as artes mar-ciais ou o badminton. Ha-berá numerosos torneos, ás disciplinas xa citadas

hai que engadir os torneos de ximnasia rítmica, xa-drez, voleibol, patinaxe, fútbol sala feminino en-tre outras. O mércores, 8 de decembro, a partir das 11.15 horas chegará o tur-na do cross Megaxove.

Máis actividadesSe parecen poucas acti-

vidades tamén poden ato-parse con hinchables, pa-rede de escalada infantil e outras actividades como o fútbol chapas. Tampouco faltarán o Scalextric, ka-raoke e o xogo de rol “Warhammer” ademais do concurso de Educación Viaria, demostracións dos servizos cinolóxicos, Se-prona e Tráfico da Garda Civil; en definitiva, activi-dades para todos os gustos e para todas as idades.

Megaxove abrirá as súas portas do 4 ao 8 de decem-bro de 11 a 14 horas e de 16 20 horas.

Deporte na ponte4 expourense acolle a 11ª Megaxove do 4 ao 8 de de-cembro.

Presentación de Megaxove. /R.T.

Redacción

O Balonmán Pabellón Ourense sufriu a primeira derrota na Segunda Divi-sión Autonómica Sénior diante do Moaña (29-32). Esta derrota, a primeira en liga, fai que os de Alejandro Arias, sitúanse sextos na clasificación con catro pun-tos, a dous do trío de cabeza formado por Meaño, Conxo e Moaña, e cos mesmos puntos que o Pabellón están o Viveiro e o S.A.R.

Na cuarta xornada, os ourensáns visitan a cancha do máximo favorito para o ascenso, o Decubal Meaño. A cita será en terras ponteve-

dresas o 11 de decembro.

Categorías de baseNas categoría de base

non foron mellor as cou-sas e o xuvenil femini-no caeu na súa visita a Coia, o cadete masculino sucumbiu ante o Tui en Os Remedios; os infan-tís tanto masculino como feminino tamén perderon contra o Octavio (18-19) e o Seis do Nadal (9-25), respectivamente. A única nota de alegría da xornada deuna o cadete feminino vencendo ás viguesas do Seis do Nadal (39-35) e afianzándose na zona me-dia alta da clasificación.

Derrota do Balonmán Pabellón4 a primeira da tempada.

Redacción

Os dous equipos do Gal-médica Ourense Tenis de Mesa continúan con paso firme nas súas respectivas competicións.

O Galmédica “A” de Se-gunda División Nacional desprazábase ata Cambados para enfrontarse ao Joyería Enrique, na quinta xornada de liga, ao que derrotou por 1-5 mantendo deste xeito a segunda praza con oito pun-tos, os mesmos que o Helios Bembivre -primeiro- e o Monte Porreiro -terceiro-.

Se ao primeiro equipo as cousas vanlle ben no seu debut na Segunda División Nacional, mellor aínda lle

van ao segundo equipo ourensán tamén no seu debut, pero na Terceira División Galega. Con-tinúa desfacendose dos seus adversarios de forma contundente e letal, sen dar opción en ningún mo-mento ao rival. Das seis xornadas disputadas, o Galmédica “B” acadou o pleno de vitorias e o pleno de sets (12 puntos, 42 sets a favor por cero en con-tra en seis partidos) nun arranque ligueiro inimaxi-nable.

A liga retornará o sába-do 11 de decembro, día no que o Galmédica “A” recibe ao cuarto, o Grupo Barros de Cambados.

Tenis De Mesa

Con paso firme4 os dous equipos do galmé-dica ourense continúan con paso firme.

Page 3: 3 Dec 2010 - Nº24

BARRIOS DEPORTIVO3 de decembro de 2010

3ACTUALIDADE

Club xiMnasia Pavillón

Debut fóra de Galicia4 no Campionato nacional de Conxuntos de base.Redacción

As integrantes alevíns e benxamíns do Club Ximna-sia Pavillón participaron por primeira vez fóra de Galicia no Campionato Nacional de Conxuntos de Base celebra-do en na localidade castelán leonesa de Valladolid.

As alevíns foron as pri-meiras en competir e os nervos pasáronlles a todas as integrantes unha mala pasada, polo que comete-ron dou erros graves no seu exercicio, desprazándoas ata o posto 51 de 61 parti-cipantes. Aínda así foron as mellores galegas por ter-ceira vez consecutiva neste ano (no Campionato galego e no Torneo de Narón na-cional).

As benxamíns saíron a escea con moita garra e cuaxaron unha boa actua-ción, o que as levou a acadar o posto 41 de 61 equipos e

O vindeiro domingo, 12 de decembro, na can-cha Central do Pavillón dos Remedios en horario de mañá, terá lugar o IV Torneo Nadal Ourense Termal, que, como tódo-los anos por estas datas organiza o Club Ximna-sia Escola Pavillón, coa oficialidade da Federa-ción Galega de Ximnasia. No evento participarán máis de 350 ximnastas de toda a xeografía gale-ga. O Torneo ten carácter de exhibición, tanto de

4 iv Torneo nadal ourense Termal, o 12 de decembro

trampolín, ximnasia xe-ral, rítmica, etc. En canto á participación ourensá, o Club Ximnasia Escola Pa-villón realizará exercicios de exhibición con case todos os grupos tanto de trampolín como de rítmi-ca, exceptuando os máis pequeniños, de iniciación, que preparan o seu debut para máis adiante. Se-rán polo tanto un total de arredor de 150 ximnastas da escola os que se darán cita, como anfitrións deste evento.

As alevíns do Club ourensán nun exercicio.

sendo as segundas de todas as galegas que participaron no torneo.

Próxima citaA seguinte cita para o

Club Ximnasia Pavillón

disputase en terras de A Rioxa. Viaxarán a Logro-ño do 2 ó 5 de decembro-os equipos infantil, júnior e sénior para disputar un torneo con outras comuni-dades autónomas.

Os 14 oitomiles de preto4 edurne Pasabán achegounos ás cimas máis altas do planeta.R.T.

A Semana Audiovisual do Club Alpino Ourensán cada ano supérase, e nesta ocasión non ía ser menos. Para a segunda xornada trouxeron a Edurne Pasa-bán, alpinista coñecida e recoñecida por todos, que achegounos as cimas máis altas do planeta, “Os 14 oitomiles” ao Auditorio de Ourense.

Ante unha sala abarro-tada de público, a alpinis-ta vasca contou anécdotas das súas ascensións aos 14 oitomiles que ten o planeta Terra, pero non se esqueceu de dar a coñecer un pouco máis a Edurne, persoa, muller, que pre-tende “afloxar” na monta-ña despois de ter logrado o reto de facer cumio nos picos máis altos da Terra.

Edurne comezou o seu relatorio recordando como comezou no alpinismo aos 14 anos, que non foi do-utra maneira que “cunhas amigas porque nos gusta-ba o monitor”. Nas dúas horas de charla, Pasabán explicou os momentos máis difíciles na monta-ña e na súa vida “no 2006 tiven unha depresión moi forte da que saín grazas á miña familia, aos meus amigos e aos especialis-tras” aseguraba a alpinis-ta. Pero os seus momentos amargos -a amputación de

dous dedos dos pés despois de hollar o K2- compensa-ban o que sempre quixo fa-cer que é a escalada e estar nas expedicións cos seus amigos de verdade.

Durante a conferencia, Edurne mostrou vídeos dal-gunha das súas ascensións, nas que se vían momentos complicados (o descenso do Kangchenjunga, 12º oi-tomil de Edurne) e momen-tos felices xunto aos seus compañeiros de expedición e facendo un simulacro do encerro dos San Fermíns.

Preguntas do públicoDespois da charla, turno

das preguntas, onde pre-guntaronlle polo seu futuro profesional, “penso ascen-der o Everest sen osíxeno, xa que no 2001 cando o ascendín utilicei bombonas

de osíxeno”. Tamén lle pre-guntaron sobre Miss Oh e se fora a surcoreana a primeira muller en coroar os 14 pi-cos máis altos do planeta ao que a vasca contestou que soamente o sabería Miss Oh pero que vendo as fotos da cima no Kanchenjun-ga dan a entender que non fixo cumio en dita montaña e que a propia federación surcoreana de montaña non lle da por válida esa ascen-sión.Por iso pódese dicir que Edurne Pasabán foi a primeira muller en comple-tar a ascensión dos 14 oito-miles, as 14 montañas máis altas do planeta.

De cara ao seu futuro máis persoal, a de Tolosa rematou a súa charla cun concluínte: “teño 37 anos e non quero chegar aos 60 soa”.

Edurne Pasabán. /RAMSÉS

Page 4: 3 Dec 2010 - Nº24

4 BARRIOS DEPORTIVO3 de decembro de 2010

HOQUEI

o domingo 5, ás 12 horas, ourense galicia Calidade - CD Terrassa, en Mariñamansa

Racha negativa de resultados4 o Caldaria barrocás perde o liderato despois das dúas de-rrotas consecutivas.

R. Torres

O Caldaria Barrocás de División de Honra B de hoquei herba vén de acadar de forma consecutiva as súas dúas primeiras derro-tas nesta liga e perder así o liderato da competición en detrimento do Pedralbes.

A primeira das derrotas foi en terras vascas onde os barrocos sucumbiron por un exiguo 1-0 ante o Atlético de San Sebastián. A segundo derrota, en te-rras ourensás, tería un novo contrincante vasco, a Real Sociedad, impoñén-dose por un 2-4 e estando os ourensáns a remolque durante o encontro, nos minutos finais o empuxe local non deu os seus froi-tos e a segunda derrota chegaría para o Caldaria Barrocás.

Caldaria, cuartoCon estas dúas derrotas

o Caldaria é cuarto con 8 puntos, a dous do primeiro Pedralbes (enfróntanse na vindeira xornada), a un do segundo, o Junior e empata-do a puntos -8- co terceiro, o F.C. Barcelona.

O conxunto ourensán vi-sita o campo do líder, Pe-dralbes na vindeira xornada do 5 de decembro. O Pe-dralbes é o único equipo ata a data que non perdeu nin-gún partido (catro vitorias e dous empates). A próxima cita en casa será o domin-go 12 de decembro, a partir das 12 horas e, terán como rival ao F.C. Barcelona.

Sorpresa do Ourense Galicia Calidade

O Ourense Galicia Ca-lidade deu a sorpresa na

sexta xornada ao vencer ao que ata entonces era o líder, Polo. No encontro, moi emocionante, as ouren-sás leváronse o partido cun solitario gol tras un penalti córner nos últimos minutos de encontro que deron os dous puntos para o Ouren-se. Pero este resultado foi un espellismo e sete días máis tarde sufriron unha nova derrota, nesta ocasión o Alcalá deu boa conta do equipo galego e venceron por 4-0. As ourensás son o equipo con máis goles en-caixados dos dous grupos de División de Honra femi-nino.

O domingo 5, a partir das 12 horas, o Ourense vol-ve ter unha cita ante a súa afección na oitava xornada; o rival nesta ocasión será o Terrassa que é terceiro con oito puntos.

Primeira División Gru-po III

Unha xornada máis, o Apóstol Ourense continúa ao fronte da clasificación da Primeira División Gru-po terceiro tras derrotar na pasada xornada ao filial do Barrocás por 3-4. O Após-tol leva 12 puntos de 12 po-sibles polo que novamente, como o ano pasado, é o máis claro candidato a al-zarse co título ligueiro e lo-itar polo ascenso á División de Honra B como xa fixera a campaña pasada.

En segunda posición en-cóntrase o Albor, pero xa a

Un xogador da Real Sociedade despexa a bola ante a presión dun xogador do Barrocás. /RAMSÉS

catro puntos do líder; Cal-daria Barrocás é terceiro, Cidade de Ourense, cuarto e en quinta posición está o Pabellón, pecha a táboa o Calor y Fuego Cudeiro con un só punto.

Esta fin de semana será a sétima xornada onde o líder Apóstol mídese ao pecha-cancelas, Calor y Fuego Cu-deiro, ás 18 horas e o Pabe-llón recibe ao At. Caixanova a partir das 16 horas. Os dous partidos serán no campo de Mariñamansa. O Caldaria Barrocás visita ao At. Co-ruña. O Cidade de Ourense - Albor queda aprazado.

o Caldaría barrocás xoga o próximo partido en casa o domingo 12, ás 12 horas contra o F.C. barcelona

O Ourense conseguiu a vitoria fronte o Polo en Mariñamansa. /RAMSÉS

Page 5: 3 Dec 2010 - Nº24

BARRIOS DEPORTIVO3 de decembro de 2010

5PUBLICIDADE

Page 6: 3 Dec 2010 - Nº24

6 BARRIOS DEPORTIVO3 de decembro de 2010 ARTES MARCIAIS

Wushu

A participación ourensán en Sicilia sáldase con sete medallas4 na iv Mediterranean Cup de Wushu.

Redacción

A illa italiana de Sicilia acolleu o IV Mediterranean Cup de Wushu, polo que se desprazou unha expedición española que contaba cun gran número de represen-tantes ourensáns demostran-do unha vez máis a potencia que é a nosa provincia neste deporte milenario de China. O evento reuníu a máis de 300 deportistas de varias nacionalidades como Italia, España, Montenegro, Mal-ta, India e otros países.

O potencial ourensán de-mostrouse unha vez máis

cos sete metais que col-garon do pescozo dos 10 que se levou o combinado nacional. Os ouros foron a cargo de Agar Gago (Taichi puño tradicional), Cristina Varela en Qiangshu (lanza) e Rocío Salgado en Nangun (palo); e as pratas foron acadadas por, novamente Agar Gago (espada Taichi), Ezequiel Gago (puño tradi-cional) e José Manuel Fe-rreira por partida dobre en Nanquan e Nandao (sable).

V Copa do Mediterrá-neo en Ourense

O director del Departa-

mento Galego, José Gago, que acompañóu á Selec-ción, acordou cos países que forman a Confedera-ción de Wushu do Medi-terráneo, que no vindeiro campionato Internacional que cada ano se realiza no mes de xuño en Ouren-se, inclúa para 2011 a V Copa del Mediterráneo, polo que estaría asegurada a participación de moitos países e varios centos de deportistas que chegaría a nosa cidade para parti-cipar nesta copa que tanto éxito tivo en Sicilia para a expedición española.

José Manuel Ferreira conquistou dúas medallas de prata.

Redacción

Os ourensáns Felipe Iglesias e Christian Álva-rez veñen de ser convo-cados polo seleccionador nacional para disputar no mes de decembro (o

Dous ourensáns no internacional de Madrid de Jiu Jitsu

sábado 18), o II Open In-ternacional de Madrid que se disputará na localidade madrileña de Rivas Vacia-madrid.

No internacional de Ma-drid, España medirase a nacións como Bulgaria,

Grecia e Portugal á espera da confirmación do combi-nado ruso.

CategoríasPor parte dos ourensáns,

Iglesias competirá na cate-goría -62 quilos, mentres que Christian Álvarez o fará en -94 quilos. Está é a primeira vez que algún judoka da nosa provincia participa coa selección es-pañola nun evento destas características.

Campionato de judoen MegaxoveRedacción

Durante os días 4 e 5 de decembro, todo aquel que queira coñecer máis de preto o judo tan só terá que acudir a Expouren-se e achegarse ao tatami que vai montar o ximna-sio Marbel para a ocasión en horario de mañá e de

Participantes en Megaxove nunha anterior edición.

tarde, no que serán dúas xornadas de promoción do Judo entre nenos e maiores. A actividade de promoción complementarase con ex-hibicións; o sábado -12,30 horas- a do Kata Kodokan Goshin Jutsu, técnicas de Judo, realizado polos cam-pións galegos José Estévez e Iván Barreiros. Pola tarde

-19,00 horas- Miguel Par-davila e Daniel Pérez reali-zarán unha demostración de técnicas de Jiu Jitsu.

A oferta de judo com-pletarase co torneo “Me-gaxove” para competidores federados que reunirá aos mellores da provincia o sábado 4, e o día 5, para as categorías de formación.

Page 7: 3 Dec 2010 - Nº24

BARRIOS DEPORTIVO3 de decembro de 2010

7FÚTBOL

Parón para recapacitar4 C.D. ourense ten un parón de dúas semanas na liga, no que poderá pensar que cousas debe mellorar.R. Torres

C.D. Ourense ten agora un parón na liga de Tercei-ra División de dúa semanas debido aos compromisos da selección galega, que ten nestas datas en Malta. polo que, esta pode ser unha boa ocasión para recapacitar e sacar conclusión do porqué o equipo non da conseguido bos resultados nas últimas xornadas, agás a vitoria ante o Narón -último clasi-ficado- por 3-0 en O Couto. No último partido, contra o Areas, un empate a cero go-les que soupo a pouco para os intereses ourensanistas de ir sumando puntos de cara a estar a final de tem-pada nos postos altos da clasificación e así, poder xogar a fase de ascenspo á Segunda División B.

No encontro contra o Cultural Areas o dominio foi do cadro visitante pero

sen apenas inquedar a por-tería local. Na segunda par-te o panorama non variou ata que entrou no campo Noguerol, momento no que os “rojillos” dispuxeron das

ocasións máis claras pero sen puntería nos metros finais. Con este empate, o Ourense manten a terceira posición con 27 puntos, a 6 do Cerceda que ten 33; se-

gundo é o Rácing de Ferrol con 32, o Alondras com-pleta a zona de promoción con 26 puntos. Dos catro equipo tan só o Ferrol non tivo a xornada de descan-

so que lle corresponde a cada equipo por contar a liga cun número impar de equipos, 19.

Vindeira xornadaPara a vindeira xorna-

da haberá que esperar ata o 18 de decembro, data na que se disputará a 17ª xornada de liga con en-frontamento no Couto do Ourense contra o Rápido de Bouzas. O Bouzas está zona media da táboa -12º con 19 puntos-. os ouren-sáns pecharán o ano, o 22 de decembro, visitando o campo do Vilalbés que se atopa a tres puntos do equipo da cidade de as Burgas.

a liga regresa ao estadio de o Couto o domingo 18 de decembro para enfrontar a C.D. ourense contra o rápida de bouzasO partido en O Couto contra o Narón saldouse coa vitoria local por 3-0. /RAMSÉS

Redacción

O representante ga-lego no campionado de España de fútbol chapas, o ourensán Millán Brea Castro, non tivo sorte na súa primeira participación no Campionato de España de fútbol chapas e quedou apeado da loita polo título na primeira ronda.

Madrid, foi o esceario deste cuarto campionato no que se deron cita máis de 100 xogadores desta disciplina de todas as co-munidades de España. O ourensán, na fase de gru-pos, enfrontouse aos re-presentantes de Sevilla e Madrid, perdendo os dous encontros.

A tempada 2010-2011 da Liga Galega comezará no mes de decembro, e xogarase na Casa da Xu-ventude de Ourense, a ins-crición é gratuíta no mail: [email protected].

4 Fútbol cha-pas

Page 8: 3 Dec 2010 - Nº24

8 BARRIOS DEPORTIVO3 de decembro de 2010 FÚTBOL SALA

Estatísticas:Orvina: Marta, Sarah,

Txiki, Sandra y Bea Garbe (quinteto inicial) Tamén xogaron, Maialen, Virgi-nia, Raquel Moreno, Diana, Ane, Amaya Ibáñez e Emi.

Cidade de As Burgas: Nati, Laura, Sonia, Vanesa e María Arias (quinteto ini-cial). Tamén xogaron Ne-rea e Figo.Goles:1-0, min. 6 Sarah1-1, min. 7 Vanesa2-1, min. 8 Sarah 2-2, min. 18 Peque (dobre penalti)2-3, min. 19 Laura 3-3, min. 30 Diana3-4, min. 31 Peque3-5, min. 32 Nati 3-6, min. 33 Vanesa3-7, min. 36 Peque4-7, min. 39 Sarah

R. Torres

Necesaria vitoria do Ci-dade de As Burgas en terras navarras ante o Lacturale CD Orvina para por terra de por medio sobre os pos-tos de descenso na División de Honra do fútbol sala fe-minino.

O cadro de Manolo Co-deso viña de perder catro partidos consecutivos polo que a vitoria era máis que necesaria se non querían achegarse perigosamente aos postos de descenso. Nos anteriores encontros sofri-ron as duras derrotas ante Gironella e Valladolid e contra o Burela e Zaragoza estiveron a piques de sacar algo positivo, casualmente as derrotas máis abultadas foron en casa mentres que

CiDaDe De as burgas

Balón de osíxeno4 o Cidade volve á senda das vitorias e vence no seu desprazamento a terras navarras.

o equipo tiña posiblidades cando xogaba a domicilio dando a sensación de que se quitan a presión lonxe dos Remedios, polo que pa-recía que volverían á senda dos triunfos nun partido como visitantes. E así foi. As ourensás venceron no encontro que disputaron en terras navarras ante o Orvi-na, un rival directo para as de Codeso.

As do Cidade tiveron que darlle a volta ao marcado despois de que as locais se adiantaran no marcador por dúas ocasión (no un cero e no dous un) pero as ouren-sás enseguida poñían o empate no electrónico con goles de Vanese e Peque,

4 Codeso satisfeitoA pesar das catro derro-

tas consecutivas do seu equipo, Manolo Codeso destacaba a nota positi-va das mesmas, “tivemos moitas baixas nas últimas xornadas polo que en moi-tos minutos dos últimos encontros tivemos que xogar con cadetes, cousa que moitos equipos non o poden facer”, e ademais “Nati tivo que xogar en casa de xogadora porque soamente tiñamos tres cambios con ela”, expli-caba o adestrador. Sobre a vitoria ante o Orvina des-tacou que “cambiamos de mentalidade grazas a esta vitoria antes do parón”. Codeso considera impor-tantes os tres encontros en casa dos catro partidos que restan para que remate a

primeira volta, “xogamos tres en casa contra o Soto del Real, o Alcorcón e o Campillos que son equi-pos que loitarán coma nós para non descender” polo que “van a ser partidos moi importantes”, expli-caba o adestrador ouren-sán. O outro partido antes de que remate a primeira volta é contra o Elche en Alicante.

Manolo Codeso.

de dobre penalti. Antes do descanso, Laura facía o 2-3. No segundo tempo, empata o Orvina aos 10 minutos de reanudación pero, Peque por dúas veces, Vanesa e a porteira Nati de portería a portería poñían o 3-7 que facía imposible a remonta-da de navarras. Sara, polo Orvina, deixaba o definiti-vo 4-7.

Vindeiras xornadasO primeiros deses parti-

dos será o 18 de decembro en Os Remedios contra o Soto del Real. O primeiro partido do ano volverá ser en casa contra o Cidade de Alcorcón, o sábado, 8 de xaneiro.

Estes partidos (aínda que quedará toda unha segunda volta) poden demostrar se o equipo ourensán está capa-citado para permanecer un ano máis na elite do fútbol sala feminino.

o Cidade de as burgas ten cinco puntos de ventaxa con respecto á zona de descenso

sábado 18, ás 17 horas, Cidade de as burgas - soto del real, nos remedios

Peke tirando a porta no encontro contra o Gironella. /RAMSÉS

Sonia regateando a unha contraria en Os Remedios. /RAMSÉS

Page 9: 3 Dec 2010 - Nº24

BARRIOS DEPORTIVO3 de decembro de 2010

9FÚTBOL SALA

PonTe ourense

Ao asalto de Móstoles4 Ponte ourense visita ao líder Móstoles no último encontro da liga no 2010.

R. Torres

Chega o partido máis importante da tempada, ata o momento, para Ponte Ourense, que se enfronta a un Móstoles líder pero igualado a puntos coas de Manuel Castillo. O encon-tro terá lugar na cancha das madrileñas o 18 de decem-bro co que se dará o peche da liga por este ano 2010. Neste encontro ademais dos tres puntos en liza, ta-mén está en xogo o liderato do campionato. O vencedor

deste partido sairá reforza-do e chegará ao descanso de Nadal con máis moral que o perdedor.

A igualdade entre ambos conxuntos é tan grande que ademais de contar cos mes-mo puntos e as mesmas vi-torias -33 puntos en 11 en-contros xogados-, teñen os mesmos goles en contra, 18 goles encaixados. No único dato no que non coinciden é nos goles a favor, neste apartado as madrileñas le-van vantaxe (51 goles das da capital por 47 das pon-

tinas) de tan só catro goles sobre as ourensás. Máis emoción non se pode pedir. E con Ampi nun estado de gracia de cara ao gol, sendo a máxima artilleira da liga con 17 dianas.

Tanto ourensás como madrileñas están nun bo estado de forma e non dan opción ás súas adversarias en ningún encontro. Este bo estado de forma refléxase na convocatoria de José Ve-nancio, seleccionador na-cional, que convocou para o Torneo Internacional a tres

xogadoras de cada conxun-to, demostrando o nivel das dúas escadras.

A pesar de que a liga pa-rece cousas de madrileñas e ourensás, o técnico Manuel Castillo considera que por detrás hai un grupo de dous o tres equipos “que non van pór as cousa fáciles” co Va-lladolid á cabeza. Por outra banda celebra que a brasi-leira Raquel de Souza “está cada vez máis recuperada da súa lesión de xeonllo”.

Trámite contra UCAM Murcia

A pasada fin de semana na central dos Remedios, o Ponte Ourense cumpriu co trámite de impoñerse a UCAM Murcia que non está a facer a súa mellor tempada, por un claro 6-3 a pesar de non desplegar o seu mellor xogo as locais. Os goles de Ampi e Sara por partida dobre e de Lau-ra e Souza foron suficientes para sumar tres novos pun-tos na loita pola liga.

Marta, xogadora que foi dúbida ata o último mo-mento de poder xogar con-tra as murciás, mostrábase satisfeita do traballo reali-zado “a pesar do marcador non foi nada doado impo-ñerse”, comentaba a xoga-dora despois do encontro; e considera que “estamos a facer as cousas moi ben”. Sobre o parón que hai polos compromisos da selección e do Nadal é consciente de que non se poden relaxar: “temos dous partidos ami-gables nestas datas e imos a por todas para non per-

4 ampi goleadoraAmpi está a mostrar a súa valía e o porqué da súa

fichaxe partido a partido. Nos 11 partidos disputados, a andaluza leva 17 tantos e é a máxima goleadora do cam-pionato, cun máis que Sareta do Zaragoza e dous máis que Sofía do At. de Madrid e a pabellonista Vanesa.

Ampi, no partido contra UCAM Murcia. /RAMSÉS

der a tensión”, sentenciaba Marta.

Parón ligueiroDurante dúas semanas

non haberá liga debido a que a Selección española disputa en Madrid un Tor-neo Internacional no que estarán tres representantes de Ponte Ourense (Ampi, Sara e Laura). Polo que o seguinte partido (e último do ano) é contra o Mósto-les na súa cancha. Despois volverase a deter a compe-tición polas vacacións de Nadal para reanudar a liga o 8 de xaneiro, data na que as pontinas xogarán de novo fóra, nesta ocasión contra

o Soto del Real. O vindeiro encontro en casa será o 15 de xaneiro, encontro no que o Rioja Diamante visitará terras ourensás.

Marta loitando por un balón contra dúas xogadoras do Murcia. /RAMSÉS

sábado 18, Ponte ourense visita ao Móstoles na loita polo primeiro postoampi, laura e sara participarán no Torneo internacional de fútbol sala coa selección española

Page 10: 3 Dec 2010 - Nº24

10 BARRIOS DEPORTIVO3 de decembro de 2010

BALONCESTO

un último cuarto brillante das colexialas (17-6) deulles a primeira vitoria da tempada. o Pabellón ourense leva dúas vitorias

O Codigalco Carmelitas rexurde das súas cinzas4 Por segundo ano consecutivo, o equipo colexial estrea o seu casilleiro de vitorias en liga Feminina 2 vencendo ao seu veci-ño, Pabellón ourense, nun derbi multitudinario.

R. Torres

Coma se do Ave Fénix se tratase o Codigalco logrou rexurdir do pozo no que se atopaba e acadou, por fin, a súa primeira vitoria da tem-pada, gañando (73-61) o primeiro derbi ourensán do ano en Liga Femenina 2.

Con centos de afeccio-nados de ambos equipos como testemuñas, cubrindo por completo as bancadas do Polideportivo Vedruna,

cumpríronse os mellores presaxios do conxunto co-lexial e o seu enfrontamento co Pabellón Ourense con-seguiu, ao igual que o ano pasado, despertar a enerxía das Carmelitas.

Logo de tres cuartos nos que o equipo visitante se mantivo case sempre por diante (17-27 / 37-40 / 56-55), demostrando que os erros ofensivos e defen-sivos das locais serían de novo o seu verdugo, as de

4 As calificacións do partido• SOBRESAÍNTE: para ambas afeccións• NOTABLE: derradeiro cuarto do Carmelitas• BEN: o recente adestrador colexial Juan Rodríguez• SUSPENSO: derradeiro cuarto do Pabellón

Juan Rodríguez reorienta-ron o seu xogo e deixaron ao descuberto como a con-fianza é o peor compañeiro de viaxe no deporte. Deste xeito, no derradeiro perío-do, conseguiron rematar, de maneira definitiva, coa di-ferenza que as separaba das súas veciñas para acadar un cómodo resultado final que contaba con 12 puntos de vantaxe, mediante o cal lo-graban o aplauso, máis que orgulloso, dos seus searei-

ros e o asombro do equipo e afección rivais.

Unha remontada exem-plar, que se baseou no labor directivo de Laura Fernán-dez (15 puntos), ofensivo de Marsh (18) e Gullber (22), e reboteador de Mi-riam Bolivar (10 rebotes). Mentras que, pola súa ban-da, as chaves do Pabellón Ourense, foron Alicia Gon-zález e Laura Gil (con 16 e 17 puntos anotados respec-tivamente).

o sábado, 4 de cembro o Car-melitas recibe ao valladolid, pechacancelas da lF2, ás 19.30 horas no polide-portivo vedruna

o Pabellón visita ao bembibrea próxima cita en casa é o día 11 contra o aros león, ás 20 horas nos remedios

As xogadoras colexialas son unha piña despois do encontro contra Pabellón. /RAMSÉS

Laura penetrando a canastra diante da pabellonista Perry. /RAMSÉS

Page 11: 3 Dec 2010 - Nº24

BARRIOS DEPORTIVO3 de decembro de 2010

11BALONCESTO

As derrotas achegan máis que nunca a Codigalco e Pabellón4 Codigalco Carmelitas e Pabellón ourense foron superados, con creces, por aDba e aguere, respectivamente, na oitava xornada de liga.

R. Torres

As colexialas como dé-cimo terceiras e as pabi-llonistas como undécimas atópanse máis preto que nunca na clasificación xeral logo de sufrir contundentes derrotas ante o ADBA Avi-lés e o Aguere Tenerife na última cita da tempada des-putada ata o momento.

Lamentablemente, sen que o derbi ourensán ao seu favor servise para moito ao tratarse da única vitoria aca-dada ata o de agora, o Co-digalco segue, a causa dos seus problemas ofensivos, afianzándose nos derradei-ros postos da taboa. Pola súa banda, o Pabellón roza, por primeira vez no curso, a zona de descenso debido a un mal xogo e a diversas lesións entre as súas filas.

ADBA Avilés – Codigal-co Carmelitas

A enerxía froito da vitoria fronte ás súas veciñas pabe-llonistas non foi suficiente para que as de Juan Rodrí-guez abandonasen, dunha vez por todas, a cadea de derrotas que as leva envol-vendo dende o comezo de tempada. E, por sétima vez nas oitos xornadas que van de curso, o Codigalco Car-

melitas remataba o último partido moi por detrás do seu rival no casilleiro.

A pesar de realizar un bo primeiro cuarto (19-20), e manterse durante o segundo, as ourensás perderon forza a continuación eliminando por completo todas as súas posibilidades de vitoria. O ADBA Avilés, actualmente sexto na taboa xeral, de-mostrou na segunda metade do encontro a súa superiori-dade rematando a faena cun 72-51 que non fai máis que deixar en evidencia os erros que as colexialas deben sol-ventar de inmediato se de-sexan asegurar a súa praza na categoría.

Pabellón Ourense – Aguere Tenerife

Igual final de encontro viviu, na oitava xornada, o Pabellón Ourense fronte a un dos líderes da Liga Fe-minina 2, o Isla de Tenerife Aguere. Pero con aínda me-nos probabilidade de éxi-to que as súas veciñas, xa que o agora número un da categoría mantivo en todo momento a raia ás de Lisar-do Rodríguez sen excesiva dificultade.

A distancia na táboa e no xogo trasladouse á cancha central de Os Remedios

para mostrar un espectácu-lo dominado por un impre-sionante quinteto canario que se mantivo durante a maior parte do partido sen apenas rotacións, fronte a un desorientado Pabellón Ourense sentenciado por graves erros técnicos e va-rias baixas de xogadoras chave.

Cunha media de 10 pun-tos de distancia durante a primeira metade do parti-do (chegando ao descanso 31-42), as canarias despe-garon de xeito definitivo e imparable na segunda parte do mesmo acorralando ao conxunto pabellonista, que estivo preto de tirar a toa-lla ao vivir 15 puntos de desvantaxe. Sen embargo, unha vez máis, era Alicia González a que maquillaba a inferioridade encestando sete puntos consecutivos que achegaban ás ourensás ao seu inalcalzable rival, un Aguere que, como bo nú-mero un, sentenciou con-tundentemente o encontro reflexando no resultado (71-57) o acontecido durante os catro períodos anteriores.

Vindeiras oportunida-des para remontar

Con moita tempada aín-da por desputar, os nosos

conxuntos femininos de baloncesto están a tempo de superar as adversidades e mellorar as súas posicións na categoría.

Para iso, a vindeira fin de semana o Codigalco Carmelitas recibe no Poli-deportivo Vedruna ao pe-chacancelas, o Universidad de Valladolid, nun encontro que, a priori, debería ser a oportunidade perfecta para que as de Juan Rodríguez gocen, de novo, do sabor da vitoria e pór así terra de por medio co último conxunto da táboa.

Pola contra, o Pabellón Ourense visita ao leonés Coelbi Bembibre PDM, ac-tual terceiro clasificado na LF2; o que anticipa un par-tido algo máis complicado para as ourensás. O próxi-mo partido en casa das pa-bellonistas será o sábado 11 de decembro, ás 20 horas, contra o AROS León.

Alicia Marco facendo unha bandexa no aro do Aguere. /RAMSÉS

Pabellonistas e colexialas están separadas por só unha vitoria, 2 e 1 respectivamente

o Carmelitas tentará vencer a valladolid para por terra de por medio co pechacancelas e ter dúas vitorias máis que as castelano leonesas

o Pabellón tentará cambiala tónica negativa das últimas xornadas e sacar algo positivo antes do parón de nadal

Page 12: 3 Dec 2010 - Nº24

12 BARRIOS DEPORTIVO3 de decembro de 2010

o Cob enfróntase en casa ao navarra este venres 3 de decembro ás 21 horas, e ao Palencia o luns 6 de decembro ás 19 horas

BALONCESTO

R. Torres

Este venres, 3 de decem-bro, a partir das 21 horas, o Paco Paz volve ser esceario dun partido de liga LEB que enfrontará ao Club Ourense Baloncesto contra o Nava-rra. Os navarros veñen coa tranquilidade de levar seis partidos gañados nas 11 xornadas disputada, men-tres, o COB está necesitado da vitoria (unha vez máis) para saír da situación e da dinámica que o leva a ter tan só 2 vitorias nos 11 par-tidos disputados. O adestra-dor, Paco García, considera que “temos que cambiar a dinámica de derrotas” aín-da que mostramos “un bo nivel”.

Durante esta semana “o equipo adestrou ben” aínda que foi un pouco “atípica” debida a que Ugonna segue de baixa, Sony comezou os adestramentos e Lucho non puido adestrar durante a se-mana por motivos persoais que o fixeron viaxar ata Madrid.

As incógnitas do COBPara Paco García, non

será incógnita o xogo do equipo pero o que non ten claro é que como estarán os seus xogadores “de cabe-za” nos primeiros minutos de encontro onde a presión de xogar en casa lles está

sendo difícil de superar e cóstalles moito entrar nos partidos de locais.

Sobre que Ehambe nos

Que COB veremos no Pazo?4 o Cob recibe a navarra coa necesidade imperiosa de gañar e tres días máis tarde chega o Palencia.

imos atopar, se o que un día está enchufado e mete máis de 20 puntos e ao par-tido seguinte nin está nin

se espera, o xefe do banco ourensán tampouco o ten claro de todo, e considera “que Ehambe é un xogador

desequilibrante e cando está ben ten que xogar e cando está mal hai que deixalo no banco”; o vallisoletán sabe cal é o seu mal que non é outro ca “súa concentra-ción por que do resto o ten todo”.

O rivalO adestrador cobista des-

taca o bo xogo do Navarra, que encaixa poucos puntos e con xente con moita expe-riencia en liga LEB, “todos suman e saben como axudar ao equipo” aseguraba o téc-nico ourensán. Para gañar, ten claro o que non deben facer: que será non regalar balóns e ter boas opcións de tiro.

Tres días máis tarde Pa-lencia

O luns, 6 de decembro, a partir das 19 horas, o Club Ourense Baloncesto volve xogar no Paco Paz ante a súa afección contra o Pa-lencia, en partido adiantado da 17ª xornada que tiña que disputarse o 4 de xaneiro pero que, por estar o Pazo ocupado polo Pazolandia o adiantaron a esta ponte da Constitución.

Estes dous partidos poden ser trascendentais xa que de gañar os dous sería un plus de motivación para unha plantilla que vive coa ansia de empezar a ter resultados positivos nesta liga e poder saír do pozo no que está, ocupando a penúltima pra-za da táboa. O Palencia é o pechacancelas da liga pero coas mesmas vitorias, dúas, que os ourensáns.

Jonathan Kalé encestando fronte ao Huesca. /RAMSÉS.Salvo Arco conducindo o balón fronte ao Huesca. /RAMSÉS.

Page 13: 3 Dec 2010 - Nº24

BARRIOS DEPORTIVO3 de decembro de 2010

13ENTREVISTA

Defendendo as nosas cores4 un mes de febreiro, laura gil sampedro cambiou o clima mediterráneo de valencia polo clima continental de ourense para defender ao Pabellón ourense na liga Feminina 2.

Máis persoal4 Laura Gil Sampedro naceu en Valencia o 1 de de-

cembro de 1982 e comezou a xogar ao baloncesto de maneira oficial con tan só 15 anos.4 Antes de acudir á petición do Pabellón Ourense,

militou en diversos conxuntos da súa comunidade: C.B. Alboraya (como Cadete), Valencia Sportiu Basket (nas categorías Junior, 1ª División e Liga Feminina 2), e C.B. Vinarós (tamén nesas dúas últimas categorías).4 A esta valenciana de 1,70 m de altura e 75 kg de

peso encántalle a pasta, a súa cor favorita é a azul e escaparíase a calquera praia exótica do Caribe para re-laxarse.

R. Torres

A sexta dos nosos “mun-dourensáns” non dubidou en cruzar España para axu-dar a un equipo en risco de descenso. Laura Gil acu-día á chamada do Pabellón Ourense en 2009 co fin de evitar a caída do equipo da Liga Feminina 2 de balon-cesto.

A actual escolta pabello-nista abandonou Valencia

para cumplir así o seu soño: vivir de maneira profesio-nal do seu deporte favorito, xogando onde quere e como desexa.

Por que aceptaches a oferta do Pabellón Ouren-se?

Laura Gil: “Naquel mo-mento o Pabellón estaba escaso de xogadoras e con moitas posibilidades de xo-gar a fase de descenso. Por iso, en febreiro de 2009,

como lles gustaba o meu xogo, puxéronse en con-tacto comigo pedíndome axuda para evitar a caída do equipo a unha categoría inferior. A min a idea pare-ceume boísima e o feito de que contaran comigo en-cantoume, así que, sen du-bidalo, víñenme inmediata-mente para Ourense”.

Como foi a túa adapta-ción á nosa cidade despois de haber estado toda a

vida en Valencia?L.G.: “Dende o primeiro

momento tratáronme es-tupendamente. Encántame a cidade e o clube, porque está composto de persoas maravillosas. Gústame moitísimo estar aquí”.

Que foi o que máis te sorprendeu á túa chega-da?

L.G.: “Sen dúbida, a xente. En Valencia todo o mundo é máis independen-te, pero acá sodes máis fa-miliares e acolledores”.

Cres que o Pabellón Ourense evolucionou nes-tes últimos anos?

L.G.: “Si, claro. Cando cheguei o equipo tiña serios problemas para manterse en Liga Feminina 2, pero o ano pasado xa formamos un conxunto ideado para estar na metade da taboa, e aínda que o comezo foi difícil re-matamos demostrando que mereciamos estar a salvo”.

E como se presenta esta tempada para o clube?

L.G.: “Compúxose un equipo moi humán, o malo é que estamos tendo dema-siados problemas (coma a morte do pai de Stepha-nie – que foi un golpe moi duro- ou diversas xogado-ras lesionadas), o que está causando un comezo de tempada moi costa arriba. Pero estou convencida de que todo mellorará”.

Que opinas, en xeral, do baloncesto ourensán?

L.G.: “Acá o baloncesto recibe moito apoio, en Va-lencia só consiguen axuda as categorías superiores, pero en Ourense todas con-tan con respaldo. É espec-tacular”.

E do seu público?L.G.:“Vólcase completa-

mente. Nós contamos con xente fiel que nos segue e apoia alá onde vaiamos. Adórannos”.

Cal é a túa meta profe-sional no baloncesto?

L.G.:“Creo que xa a cum-

plín porque estou facendo o que quero facer, vivindo do que quero vivir e xogando onde e do xeito que desexo. Está claro que a calquera xogador lle gustaría chegar o máis alto posible, pero estou moi contenta co que teño neste momento”.

Laura Gil, na cancha central dos Remedios coa súa arma de traballo. /RAMSÉS

Page 14: 3 Dec 2010 - Nº24

14 BARRIOS DEPORTIVO3 de decembro de 2010

NOVAS

4o rinCón Do MesTre

Flexibilidade Dentro da mesma integra-

mos as seguintes partes:· Dedos, pulsos e cóba-

dos- Pechar lentamente a

man até lograr facer puño.- Cunha pelota pequena

ou unha mazá apertar for-temente durante 15 ou 20 segundos.

- Coa xema dos dedos presionar fortemente sobre unha superficie lisa durante 15 ou 20 segundos.

- Coa man apoiada e os dedos xuntos sobre unha superficie libre, estender os dedos ao máximo.

- Coa man aberta sepa-rar os dedos en forma de abano.

- Co pulpexo de cada un (xema dos dedos) tentar contactar por separado co pulpexo do dedo pulgar.

- Movemento dos pulsos coas mans pechadas cara arriba e cara abaixo alter-nativamente.

- Coa man aberta e dedos estendidos movementos la-terais.

- En posición de pé ou sentado nunha cadeira, flexión e extensión conse-cutiva do antebrazo.

- Na mesma posición e co brazo estendido, tocar con-secutivamente coa punta da

man os ombreiros.

· Columna dorso-lumbar- Deitado sobre as cos-

tas, brazos aos lados, xeon-llos dobrados. Suxeitar un xeonllo coas mans e levala firme e lentamente cara ao peito. Contar até cinco. Re-laxar e repetir alternativa-mente cunha e outra perna dez veces.

- Na mesma posición, suxeitar ambos os xeonllos coas mans e levalas firme e lentamente até o peito. Contar até cinco. Relaxar e repetir coas dúas pernas dez veces.

- Na mesma posición, brazos sobre o abdome e xeonllos dobrados. Apertar lentamente as costas contra o chan, contraendo os mús-culos do abdome e as ná-degas. Manter esa posición contando até dez. Repetir dez veces o exercicio.

- Na mesma posición, brazos a ambos os dous lados e xeonllos dobrados. Aproximar o queixo ao pei-to, flexionar o tronco cara adiante levantando a cabe-za e os ombreiros do chan, volvendo á posición de par-tida. Repetir as flexións cin-co ou máis veces. Repetir o exercicio dez veces.

- De pé a vinte centíme-

A actividade física e beneficios nos mozos maiores (v)

tros da parede. Apoiar as costas dobrando os xeon-llos. Apertar as costas contra a parede contraen-do os músculos do abdo-me e as nádegas. Nesta posición deslizarse cara abaixo sen separarse da parede. Contar até cinco. Volver á posición de par-tida mantendo as costas ríxidas. Relaxar e repetir o exercicio dez veces.

Os seus beneficios:- Conservar o move-

mento nos músculos e ar-ticulacións.

- Evitar a rixidez ao en-vellecer.

Estiramentos Os mesmos exercicios de

flexibilidade sen rebote e con suave estiramento dos músculos e tendóns convér-tense en estiramentos. Ado-itan realizarse antes dunha actividade física. Andar ou trotar suavemente e os esti-ramentos preparan ao corpo para outro maior e desta ma-neira evitar complicacións. A combinación de flexibilidade e estiramentos reportará uns beneficios importantes na terceira idade.

[continua o próximo nº]Alfonso Vilachá,profesor de Educación Física e en-

trenador nacional de fútbol

Paula Lodeiro

O Consello Municipal de Deportes encargou unha auditoría para ana-lizar o gasto enerxético no pavillón de Remedios, que ascende a 160.000 euros anuais. A aplicación do Plan de Aforro propos-to pola empresa auditora permitiría reducir esta cantidade case nun 50%, 56.000 euros menos de gasto anual. Ademais, o aforro enerxético ascende-ría a 165,71 tep (toneladas equivalentes de petróleo)/ano e reduciríanse as emi-sións de CO2 á atmosfera en 257,48 toneladas.

Medidas propostasEntre esas iniciativas

están un mellor aprovei-tamento da luz natural, a

substitución do sistema de alumeado da instalación deportiva ou a redución da temperatura da auga na pis-cina de 50 metros en dous graos.

A empresa que elaborou a auditoría tamén propón a substitución da caldeira de gasóleo no módulo de atletismo por un chan ra-diante que aproveite a auga sobrante das piscinas, a im-plementación dun sistema de cubrición das piscinas, a implementación de ener-xía solar para a xeración de auga quente sanitaria ou a substitución da caldeira de gas natural por outra de biomasa.

O concelleiro de Depor-tes, Fernando Varela, apun-tou que algunhas destas medidas de aforro enerxé-tico xa se están a aplicar,

ourense estrea wifi gratuito P.L.

Desde este 1 de decem-bro, Ourense é unha das pri-merias capitais de provincia de España en contar cunha rede wifi municipal de ac-ceso gratuíto, en prazas, parques, zonas turísticas e puntos do rural. En total, a rede dispón de 50 puntos de acceso, situados na pra-za Maior, praza da Mariña, Alameda da Ponte, Parque Miño, Parque San Láza-ro, Alameda do Cruceiro, Parque de Don Bosco, Ala-meda do Concello, Xardín do Posío, Parque Barbaña, Praza da Lexión, San Fran-cisco, Parque Couto e Au-ditorio.

A conexión a Internet sen fíos tamén chegará aos núcleos de Palmés, Canedo, Eirasvedras, Quintela, Vilar de Astrés, Covadonga, Cu-deiro, Oira, A Lonia, Velle, Ceboliño, Rairo, Santa Ma-riña e Seixalbo, así como ás zonas turísticas de As Burgas, A Chavasqueira, O Muíño da Veiga e Outariz.

Os usuarios de ordena-dores, PDA’s ou móbiles

poderán conectarse a esta rede unicamente dandose de alta no servizo e nave-garán a unha velocidade 512 kb.

No prazo de dous meses a rede ampliarase con no-vos puntos no parque das Mercedes e no de Avilés de Taramancos, na rúa Pa-seo e nos núcleos rurais de Beiro, Mende, Rabodega-lo e O Viso.

unha auditoría propón medidas para reducir o gasto nos remedios en 56.000 euros

como o aproveitamento da luz solar na cancha central dos Remedios ou as placas solares térmicas instaladas na piscina exterior e na cu-berta de ximnasia.

Estudo previoPara a elaboración do in-

forme procedeuse a unha análise da envolvente tér-mica das instalacións e un estudo do consumo enerxé-tico do edificio. No referen-te ao análise de consumo, Iglesias, da empresa audito-ra, Serviguide, fixo fincapé na importante contribución que a utilización da auga quente das Burgas supón para a reducción de custes en climatización (nos Re-medios supón só un 16% do consumo total, cando a media está no 31%).

Carmen Iglesias, Fernando Varela e Mosquera, na presentación da auditoría./P.L.

Dous nenos proban a rede wifi municipal./P.L.

Redacción

O campus celebrou con deporte o centenario da chegada da muller á uni-versidade polo que dese-ñou un programa no que incluíu fútbol, baloncesto, taichi e xadrez. Ademais dunha conferencia a cargo de Mª Victoria Carballo,

CaMPus De ourense

o deporte como loita pola igualdade de xénero4 o campus celebra con deporte o aniversa-rio da chegada da muller á universidade.

a primeira catedrática do campus de Ourense, que falou sobre Maruja Mallo. Con estes eventos, o Cam-pus de Ourense celebraba o centenario do recoñece-mento do dereito da muller a ser universitaria. Actual-mente a maioría dos alum-nos das universidades son mulleres.

Así, ao longo da pasada semana, no campus univer-sitario de Ourense da Uni-versidade de Vigo houbo ademais dos deportes xa citados, sesións de taichi, e incluso un triangular de baloncesto feminino entre o Campus universitario, o Pabellón Ourense e o Car-melitas.

Page 15: 3 Dec 2010 - Nº24

BARRIOS DEPORTIVO3 de decembro de 2010

15

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 185-2009. Redacción: r/ Valle Inclán 25 2º Of. 15 - 32004 Ourense. Tel: 988 239 634. Correo-e: [email protected]. Distribúe: J Publicidad. Imprime: PublicacionesTameiga.Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción e fotografía: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Óscar Blanco. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro, Alberto Del Río. Colaboracións: Alfonso Vilachá.

Nº24 - Ano: II - 3 de decembro 2010 - Difusión: 10.000 exemplaresEste periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado.Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 239 634.

NOVAS

CaMPus ourense rugbi

Penitencia en Santiago4 Primeira derrota do Campus diante do ga-llaecius santiagués.

Redacción

O Campus Ourense rugbi club sufriu a súa primeira derrota da tempada ante o Gallaecius de Santiago de Compostela por 24 a 15 fi-nal.

A férrea defensa santia-guesa foi suficiente para dobregar a un equipo ouren-sán que estivo gran parte do encontro no campo rival. As baixas de Abraham, Pe-los, Magui, Khalifa fixo que os homes, non habituais, de Ernesto desen a cara duran-te todo o encontro. Por par-te dos ourensáns, ensaiaron duas veces Daniel Vazquez Aldemunde e Jesús López Quintáns e por parte de Ga-llaecius Jaime Leiros dúas veces, o xaponés Suk Oh Hyun e Rubén Capeans.

A proxima xornada do Ourense Rugbi será a fin de semana do 18-19 de decem-bro por descansar durante as próximas dúas semanas nas que tentará recuperar os seus efectivos lesionados e volver aos triunfos.

Os cadetes tamén perderon

Esta fin de semana non foi boa para os intereses do Campus Ourense e o seu equipo cadete tamén seguiu os pasos do maiores e caeron derrotados por 8-50 ante o Crat Coruña na

primeira xornada de liga. O equipo coruñés foi o campión da pasada liga e o máximo favorito para revalidar o título neste curso. A vindeira xornada, os ourensáns viaxarán ata Vigo para enfrontarse a Universidade de Vigo.

Partido do Campus contra o Ferrol. /M. OTERO

Supervivencia a proba de balas4 o obradoiro de superviven-cia do Campus pasou unha xor-nada no Club de Tiro eiroás.

R.T.

O obradoiro de super-vivencia do Campus de Ourense tivo unha xorna-da no Club de Tiro Eiroás onde os 15 alumnos de de-vandito obradoiro dispa-raron con pistolas de aire

comprimido baixo a atenta mirada do seu monitor, José García Calvo “Willy” e un responsable do Club de Tiro.

O obradoiro é un dos máis reclamados polo alumnado universitario e sempre logra encher as 15 prazas oferta-

das que están dispoñibles por cada cuatrimestre. En cada curso as actividades que se ofrecen durantes as clases son do máis variado como poder ser rapel, esca-lada, orientación, saber me-dir as distancias ou o pro-pio tiro con pistola de aire comprimido. O obradoiro remata en Os Peares onde os alumnos baixaran en ra-pel pola ponte do tren.

Willy ten claro cal é o éxi-to desta iniciativa, “non es-tamos na aula, cada clase é nun sitio distinto, é moi par-ticipativa para os alumnos que aprenden moitas cou-sas”, explicaba o monitor.

Os alumnos do obradoiro xunto con Willy no Club de Tiro Eiroás. /RAMSÉS

Page 16: 3 Dec 2010 - Nº24

[10.000 exemplares directos ás súas mans]BARRIOS DEPORTIVO3 de decembro de 2010