8
O libro O meu primeiro atlas para o 3. o curso de Primaria é unha obra colectiva concibida, deseñada e creada no Departamento de Edicións Educativas de Santillana Educación, S. L. / / Edicións Obradoiro, S. L., dirixido por Teresa Grence Ruiz e Ana M.ª Guerra Cañizo. Na súa elaboración participou o seguinte equipo: TEXTO Esther Echevarría Soriano Aurora Moral Santa-Olalla Félix Román Escutia María Rosa López Pérez ILUSTRACIÓN Quino Marín Márquez EDICIÓN Raquel Rubalcaba Bermejo María Rosa López Pérez DIRECCIÓN DO PROXECTO Lourdes Etxebarria Orella DIRECCIÓN E COORDINACIÓN EDITORIAL DE PRIMARIA Maite López-Sáez Rodríguez-Piñero PRIMARIA 3 Ciencias Sociais O meu primeiro Atlas

3 O meu · O libro O meu primeiro atlas para o 3.o curso de Primaria é unha obra colectiva concibida, deseñada e creada no Departamento de Edicións Educativas de Santillana Educación,

  • Upload
    others

  • View
    2

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: 3 O meu · O libro O meu primeiro atlas para o 3.o curso de Primaria é unha obra colectiva concibida, deseñada e creada no Departamento de Edicións Educativas de Santillana Educación,

O libro O meu primeiro atlas para o 3.o curso de Primaria é unha obra colectiva concibida, deseñada e creada no Departamento de Edicións Educativas de Santillana Educación, S. L. / / Edicións Obradoiro, S. L., dirixido por Teresa Grence Ruiz e Ana M.ª Guerra Cañizo.

Na súa elaboración participou o seguinte equipo:

TEXTO Esther Echevarría Soriano Aurora Moral Santa-Olalla Félix Román Escutia María Rosa López Pérez

ILUSTRACIÓN Quino Marín Márquez

EDICIÓN Raquel Rubalcaba Bermejo María Rosa López Pérez

DIRECCIÓN DO PROXECTO Lourdes Etxebarria Orella

DIRECCIÓN E COORDINACIÓN EDITORIAL DE PRIMARIAMaite López-Sáez Rodríguez-Piñero

PRIM

AR

IA3

Ciencias Sociais

O meu primeiro Atlas

Page 2: 3 O meu · O libro O meu primeiro atlas para o 3.o curso de Primaria é unha obra colectiva concibida, deseñada e creada no Departamento de Edicións Educativas de Santillana Educación,

Como se fan os mapas? . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 4

Os elementos dun mapa . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 6

O relevo do mundo . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 8

As costas do mundo . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 10

Os ríos do mundo . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 12

As paisaxes do mundo . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 14

As cidades do mundo . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 16

Os traballos no mundo . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 18

As festas do mundo . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 20

Grandes monumentos . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 22

Índice

Page 3: 3 O meu · O libro O meu primeiro atlas para o 3.o curso de Primaria é unha obra colectiva concibida, deseñada e creada no Departamento de Edicións Educativas de Santillana Educación,

Como se fan os mapas?Os mapas sérvennos para coñecer o planeta en que vivimos: que partes son terra e cales son auga.

Ademais, móstrannos a forma que teñen os continentes, os países que hai, como é o relevo…

As imaxes dos satélitesA cartografía é a ciencia que estuda e elabora mapas. Para facer os mapas é recomendable afastarse e ver a Terra desde o alto. Por iso, lanzáronse ao espazo aparellos chamados satélites artificiais. Son máquinas que non aterran en ningún sitio. Flotan e dan voltas arredor do noso planeta.

Desde alí arriba, vese moi ben a Terra. Por iso, chámanlles Ollos do Ceo.

Ecuador

915334_p04_h01_planisferio_ sicoMATRIZ

AMÉR ICA

O CÉ A NO

PACÍF ICO

OCÉANO

ATLÁNTICO

EUROPA

O CÉ A NO G L AC IA L Á RT ICO

O CÉ A NO

ÍN D ICO

ÁFR ICA

OCEANÍA

ANTÁRT IDA

O CÉ A NO G L AC IA L A NTÁ RT ICO

AS IA

Altas

Baixas

Moi baixas

ALTITUDE DAS TERRAS

Moi altas

N

S

LO

O CÉ A NO

PACÍF ICO

0 1.900

quilómetros

4

Page 4: 3 O meu · O libro O meu primeiro atlas para o 3.o curso de Primaria é unha obra colectiva concibida, deseñada e creada no Departamento de Edicións Educativas de Santillana Educación,

PAISAXES DE ÁFRICA

Selva

Bosque tropical

Estepa

Sabana

Deserto

Bosquemediterráneo

Alta montaña

N

S

LO

0 900

quilómetros

A información dos satélitesOs satélites envían información sobre a Terra continuamente. Grazas a eses datos, dispoñemos de imaxes moi exactas do noso planeta, coma esta que mostra o continente de África.

Do satélite ao mapaA partir das fotografías que envían os satélites, fanse mapas. Neles, escríbense os nomes dos mares e dos océanos, das montañas, das chairas…, para identificar cada elemento.

A información dos mapasComo nos mapas non caben todas as árbores que hai nun bosque ou todas as montañas dunha cordilleira, utilízanse manchas de cores. Por exemplo, unha mancha azul representa un lago ou o mar; unha verde pode mostrar a selva; unha amarela, o deserto…

MONTES ATLAS

Macizode Ahaggar Macizo

Macizo do

Camerún

de Tibesti

Macizo

Montes Dra

kens

ber

g

DESERTODE LIBIAD E S E R T O

D OS Á H A R A

MESETA

DE DARFUR

PENÍNSULADE SOMALIA

Madagascar

DESERTODE

KALAHARI

Mar Mediterráneo

OCÉANO

ATLÁNTICO

OCÉANOÍNDICO

I.Canarias

Golfode Guinea

Cabo deBoa Esperanza

CaboGuardafui

Ma

r Vermello

Can

al d

e

Moz

ambi

que

Rift

Valle

y

de Etiopía

MESETADE BIÉ

Mon

tes M

itum

ba

Altas

Baixas

Moi baixas

ALTITUDE DAS TERRAS

Moi altas

N

S

LO

0 900

quilómetros

915334_p05_h05_africa_�sicoMATRIZ

5

Page 5: 3 O meu · O libro O meu primeiro atlas para o 3.o curso de Primaria é unha obra colectiva concibida, deseñada e creada no Departamento de Edicións Educativas de Santillana Educación,

Os elementos dun mapaOs mapas utilizan diferentes elementos para informar do terreo que representan: os textos, a lenda, a escala e a rosa dos ventos.

OCÉANO ATLÁNTICO

Principaisportos

Principaisaeroportos

Bilbao

Madrid

Barcelona

Mar Cantábrico

OCÉANO

ATLÁNTICO

FRANCIA

ANDORRA

PO

RTU

GA

L

MARROCOS

Valencia

Alacant

Cartaxena

Alxeciras

Palma

M a r M e d i t er r á

n e o

915334_p06_h02_aeropuertos_matriz

Eivissa

Sevilla

Málaga

Tenerife

GranCanaria

Lanzarote

Fuerteventura

Vigo

A Coruña

Xixón

Santander

CádizAlmería

CeutaMelilla

ILLASCANARIAS

Huelva

0 85

quilómetros

N

S

LO

A rosa dos ventosÉ un debuxo en que se indican os puntos cardinais: norte (N), sur (S), leste (L) e oeste (O). Serve para orientarnos e saber en que punto cardinal se encontra cada elemento do mapa.

A lendaA lenda contén a explicación dos símbolos e das cores que aparecen no mapa. É un elemento fundamental para interpretar os mapas.

A escalaA escala indica o número de veces que se reduciu o terreo que se representou no mapa con respecto á realidade.

Os textosOs textos son moi importantes, porque nos informan dos lugares que aparecen no mapa: mares, localidades, países, cadeas montañosas, portos, ríos e lagos…

6

Page 6: 3 O meu · O libro O meu primeiro atlas para o 3.o curso de Primaria é unha obra colectiva concibida, deseñada e creada no Departamento de Edicións Educativas de Santillana Educación,

Como se representa a escala?A escala pódese representar de dous xeitos: de forma gráfica e de forma numérica.

A escala gráfica

É unha liña recta de 1 centímetro. As cifras indican canto representa ese segmento na realidade.

0 120

quilómetros

Esta escala indica que 1 centímetro no mapa equivale a 120 quilómetros na realidade.

A escala numérica

Represéntase mediante dous números separados polo signo da división. O primeiro expresa a distancia no mapa en centímetros; o segundo expresa esa distancia na realidade.

Observa este exemplo:

1;120.000

Esta escala numérica indica que 1 centímetro do mapa equivale a 120.000 centímetros na realidade.

Como calcular distancias coa escala?Para calcular a distancia real entre dous puntos dun plano ou dun mapa, séguense estes pasos:

1 Fixarse na escala. Neste caso, é unha escala gráfica en que 1 centímetro do plano equivale a 20.000 centímetros na realidade.

2 Con axuda dunha regra, mídese a distancia en liña recta que hai entre dous puntos seleccionados; no exemplo da dereita, entre a ponte e o lago.

3 Por último, multiplícanse os centímetros que hai entre eses dous puntos no mapa polos centímetros a que equivale na realidade.

Como as distancias longas nunca se dan en unidades tan pequenas coma o centímetro, pásase o resultado a metros ou quilómetros.

0 20.000 cm

Por exemplo, a escala sinala que 1 centímetro do mapa equivale a 20.000 centímetros na realidade. A distancia que hai no mapa entre a ponte e o lago é de 2 centímetros, que equivalen a 40.000 centímetros na realidade (2 x 20.000 = 40.000); é dicir, 400 metros.

7

Page 7: 3 O meu · O libro O meu primeiro atlas para o 3.o curso de Primaria é unha obra colectiva concibida, deseñada e creada no Departamento de Edicións Educativas de Santillana Educación,

O relevo do mundoNo mundo encontramos formas do relevo moi variadas. Hai montañas moi altas. En Asia, está a cordilleira máis elevada do mundo; chámase Himalaia. En cambio, outros lugares, coma os Países Baixos, en Europa, están a tan pouca altura que os seus habitantes teñen que facer diques para que non os anegue o mar.

A

AMÉRICA

Grandes Chairas

Chaira Amazónica

MESETA BRASILEIRA

MONTES APALACHES

MONTES ATLAS

Denali (6.149 m)

Aconcagua (6.962 m)

A P

amp

a

OCÉANO

PACÍFICO

OCÉANO

ATLÁNTICO

OCÉANO GLACIAL ÁRTICO

CO

RD

ILLEIR

A DO

S A

ND

ES

MO

NTA

ÑA

S R

OC

HO

SA

SS

ER

RA M

ADRE

Chaira de Siberia

MESETA DO TÍBET

MONTESZAGROS

ANTÁRTIDA

Gran Chaira Europea

MESETA DE BIÉ

MESETA DE ANATOLIA

CÁUCASO

MO

NT

ES

UR

AIS

ALPES

Kilimanxaro (5.895 m)

Elbrús (5.642 m)

ÁFRICA

EUROPA

Deserto de Arabia

Deserto de Namibia

Deserto do Sáhara

MarMediterráneo

OCÉANO GLACIAL ANTÁRTICO

MONTES

DRAKENSBERG

Ecuador

N

LO

S

A

8

Page 8: 3 O meu · O libro O meu primeiro atlas para o 3.o curso de Primaria é unha obra colectiva concibida, deseñada e creada no Departamento de Edicións Educativas de Santillana Educación,

Chairas gañadas ao marOs Países Baixos teñen un relevo moi chan. Gran parte das chairas deste país foron gañadas ao mar e construíronse uns diques para que non se inunden. Por iso, a maioría do terreo está situado a menos de cinco metros de altura. Comprendes agora por que se chaman Países Baixos?

O cume do mundoChámanlle a Fronte do ceo ou a Nai do universo porque o monte Everest é o máis alto do planeta. Os valentes escaladores que dan alcanzado o seu cume, sen dúbida, poden sentir que tocan o ceo.

A montaña vermellaAustralia é un dos países máis planos do planeta. O viaxeiro que entre nas súas enormes chairas apenas verá cambios na paisaxe. Aínda que pode encontrar sorpresas, como Ayers Rock, unha enorme rocha que ao solpor se volve vermella coma o lume.

OCEANÍA

OCÉANO

PACÍFICO

GR

AN

CO

RD

ILLEIRA

DIV

ISO

RIA

Chaira de Siberia

MESETA DO TÍBET

MESETA DO DECÁN

MESETA DE SIBERIA

HIMALAIA

Everest (8.848 m)

ASIA

Gran Deserto Vitoria

Deserto de Gobi

OCÉANO

ÍNDICO

B

CB

C

9