Upload
nuria-m-nunez-elissetche
View
237
Download
8
Embed Size (px)
Citation preview
Palabra de VidaPalabra de Vida
Xaneiro 2012Xaneiro 2012
Como en anos pasados, do 18 ao 25 xaneiro celébrase en moitos lugares do mundo a “Semana de oración pola unidade dos cristiáns”, que noutros sitios ten lugar en Pentecoste.O lema para a “Semana de oración” de 2012, tomado da carta de San Paulo aos Corintios, é: “Todos seremos transformados pola vitoria do noso Señor Xesucristo” (cf. 1Cor 15, 51-58).Propoñemos como Palabra de vida deste mes un texto de Chiara que comenta Colosenses 3,1, que ao noso parecer garda relación co lema elixido.
P R E M I S A
«Resucitastes con Cristo! Buscade as cousas de alá enriba, onde Cristo está sentado á dereita de Deus»
(Col 3, 1).
Estas palabrasque san Paulo dirixeá comunidade dos
colosenses,dinnos que existe
un mundo no que reina o amor verdadeiro,a comuñón plena,a xustiza, a paz,
a santidade, a alegría;un mundo onde o pecado
e a corrupción xa non poden entrar; un mundo
ondea vontade do Pai se
cumpre perfectamente.
É o mundo ao que pertence Xesús. É o mundo que El, pasando a través da dura proba da paixón, nos abriu de par en par coa súa resurrección.
«Resucitastes con Cristo! Buscade as cousas de alá enriba, onde Cristo está sentado á dereita de Deus»
Nós non é que esteamos chamados a este mundo de Cristo -di san Paulo-, senón que xa pertencemos a
el.
A fe dinosque mediante
o bautismonos incorporamos a
Cristoe, por conseguinte, participamos na súa vida, nos seus dons,
na súa herdanza,na súa vitoria
sobre o pecado e sobre as forzas do mal, pois temos resucitado con
El.
Pero, a diferenzadas almas santasque xa alcanzaron
a meta,a nosa pertenzaa este mundo de
Cristo non é plena nin está
completamente desvelada; sobre
todo, non é estable nin definitiva.
Mentres esteamos nesta terra estamos expostosa mil perigos, dificultades e tentacións, que poden
facernos vacilar, poden frearnos no camiñoe incluso desviarnos cara a falsas metas.
«Resucitastes con Cristo! Buscade as cousas de alá enriba, onde Cristo está sentado á dereita de Deus»
Compréndese, pois, a exhortación do apóstolo: “Orientade, pois, a vosa vida cara ao ceo».
Tratade de saírdeste mundo non xa
materialmente, senón
espiritualmente;abandonade as
regrase as paixóns do
mundo para deixarvos guiar
en todas as situacións
polos pensamentos e sentimentos de
Xesús.
Pois “a vida do ceo” remítenos ás leis do ceo,a lei do Reino dos Ceos, que Xesús trouxo á terra
e quere que apliquemos xa desde agora.
«Resucitastes con Cristo! Buscade as cousas de alá enriba, onde Cristo está sentado á dereita de Deus»
Como vivir, pois, esta Palabra de vida?
Esta estimúlanos a non contentarnos cunha vida mediocre, a base de medias tintas e de
compoñendas, senón a adecuala, coa graza de Deus, á lei de Cristo.
Impúlsanos a vivir ea comprometernosno noso contorno a dar testemuño dos valores que Xesús
trouxo á terra, como poden ser o espíritode concordia e de
paz, de servizo aos irmáns,
de comprensión e perdón, honestidade,xustiza, integridade
no noso traballo,fidelidade, pureza,
respecto á vida, etc.
Como veremos, trátase dun proxecto tan amplo como a vida.
Pero, para non quedarnos en vaguidades, poñamos en práctica este mes esa lei de Xesús que en certo modo
resume todas as demais:poñámonos ao servizo de cada irmán vendo nel a Cristo.
Por outra parte, non é isto o que se nos pedirá ao final da nosa existencia?
«Resucitastes con Cristo! Buscade as cousas de alá enriba, onde Cristo está
sentado á dereita de Deus» (Col 3, 1).
““Palabra de Vida”,Palabra de Vida”, Texto de: Chiara Lubich, publicado en xuño de 1988.
Este comentario da Palabra de Vida tradúce a 96 lenguas e idiomas,
incluído o galego, e chega a varios millóns de persoas en todo o mundo
a través da prensa, radio, televisión e internet.
““Palabra de Vida”,Palabra de Vida”, Texto de: Chiara Lubich, publicado en xuño de 1988.
Este comentario da Palabra de Vida tradúce a 96 lenguas e idiomas,
incluído o galego, e chega a varios millóns de persoas en todo o mundo
a través da prensa, radio, televisión e internet.
Nota do Secretariado de Catequese de Santiago de Compostela para o curso 2011-12, cuxo lema do proxecto, uníndose á
diocese, é
“A PALABRA DE DEUS, CORAZÓN DA CATEQUESE”:“Temos comprendido que a nosa diocese e o mundo necesita
unha cura de Evanxeo porque só a Boa Nova pode devolverlle a vida que lle falta. Por iso invítasenos a vivir a Palabra de Vida, ou de calquera outro modo a Palabra de Deus, por exemplo a que se proclama cada domingo na celebración da Eucaristía”.
Sexamos evanxeos vivos, palabras de vida, outro Xesús!
e así imitaremos a María Santísima, a Nai da Luz, do Verbo: a palabra viva.
“A nós non nos abonda con vivila cada un pola súa conta; é necesario ademais que nos comuniquemos mutuamente as nosas experiencias sobre ela. Así evanxelizarémonos como individuos e como comunidade: somos Xesús cada vez máis, individualmente e
colectivamente” (C.L.).
Comunicarnos a luz que recibides desde a Palabra e a vida que se vai construíndo en vós desde ela
(podedes facelo por correo electrónico: [email protected]).FELIZ ANO 2012
Na Coruña:Na Coruña: o día 25, mércores, ás 20.00 horas na igrexa parroquial dos
Santos Anxos, Praza Luis Seoane (Novos Ministerios)
En Pontevedra: o En Pontevedra: o día 23, luns, ás 20.30, na igrexa parroquial de Sta. María.
En Santiago: o día 24, martes, ás 20.15 na igrexa de San Paio-MM.Benedictinas.
Na Coruña:Na Coruña: o día 25, mércores, ás 20.00 horas na igrexa parroquial dos
Santos Anxos, Praza Luis Seoane (Novos Ministerios)
En Pontevedra: o En Pontevedra: o día 23, luns, ás 20.30, na igrexa parroquial de Sta. María.
En Santiago: o día 24, martes, ás 20.15 na igrexa de San Paio-MM.Benedictinas.
““Celebracións ecuménicas na Celebracións ecuménicas na
nosa diocesenosa diocese
dentro do Octavario da dentro do Octavario da
unidade”unidade”
(18 ao 25 de xaneiro 2012)(18 ao 25 de xaneiro 2012)