24
Actividades no Nadal 2013 Un intenso programa de actividades culturais para estas destas datas Entrevista Leopoldo Bouzas Gómez, veciño de Tourís e activo membro da vida municipal PÁXS. 12 - 13 PÁX. 18 OS NOSOS MELLORES DESEXOS PARA O ANO 2014 Brión Solidario: Alimentos para as familias mais necesitadas Emotiva homenaxe aos integrantes da Rondalla Infantil e a Coral Polifónica Altamira decembro2013 Nº 89 - DECEMBRO 2013 - ANO XXVIII REVISTA MUNICIPAL DO CONCELLO DE BRIÓN PAX. 3 PAXs. 6 - 7

89 - ALTAMIRA Nº 89

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Revista Altamira Nº 89

Citation preview

Page 1: 89 - ALTAMIRA Nº 89

Actividades noNadal 2013Un intenso programa de actividadesculturais para estas destas datas

EntrevistaLeopoldo Bouzas Gómez,veciño de Tourís e activo membro da vida municipal

PÁXS. 12 - 13PÁX. 18

OS NOSOS MELLORES DESEXOS

PARA O ANO 2014

Brión Solidario: Alimentos para as familias maisnecesitadas

Emotiva homenaxe aos integrantes da Rondalla Infantil e a Coral Polifónica

Altamira decembro2013

Nº 89 - DECEMBRO 2013 - ANO XXVIII REVISTA MUNICIPAL DO CONCELLO DE BRIÓN

PAX. 3 PAXs. 6 - 7

Page 2: 89 - ALTAMIRA Nº 89

2 | Concello de Brión

AltamiraRevista Municipal do Concello de Brión

enderezosos nososBIBLIOTECA MUNICIPALCarbal leira de Santa Minia, nº 215865 - BriónTel ./Fax. : 981 50 99 69

CASA DA CULTURACarbal leira de Santa Minia, nº 515865 - BriónTel . : 981 50 99 08

CASA DO CONCELLOPraza do Concel lo, nº 115865 - BriónTel . : 981 88 70 06Fax. : 981 88 74 31

CEIP PEDROUZOSRúa Paseo de Pedrouzos, nº 515865 - BriónTel ./Fax. : 981 88 70 80

CENTRO DE SAUDERúa das Pedriñas, nº 315865 - BriónTel . Liña 1 : 981 88 77 01Tel . Liña 2: 981 88 77 02

CENTRO SOCIAL POLIVALENTEAvda. de Santa Minia, nº 4615865 - BriónTel . : 981 50 99 10Fax. : 981 50 99 78

ESCOLA INFANTIL MUNICIPALAgro Novo, nº 12515280 - Os ÁnxelesTel . : 981 88 77 42

ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICAAvda. de Santa Minia, nº 7015865 - BriónTel . : 981 50 99 03

FARMACIA ALVAREZ ALVAREZ, E.Avda. dos Ánxeles, nº 3615280 - Os ÁnxelesTel . : 981 88 72 01

FARMACIA BASTAVALES BRIÓNLg. Sabaxáns, Nº 5715280 - BastavalesTel . : 981 88 88 36

FARMACIA NUÑEZ PEREZ, B.Avda. Santa Minia, Nº 5315865 - BriónTel . : 981 88 70 30

GARDA CIVILRúa das Pedriñas, nº 515865 - BriónTel . : 981 88 70 11

IES BRIÓNRúa Paseo de Pedrouzos, nº 315856 - BriónTel . : 981 88 18 17Tel . : 981 88 58 99

OFICINA DE URBANISMOPraza do Concel lo, nº 115865 - BriónTel . : 981 88 70 06Fax. : 981 88 74 31

PISCINA CUBERTA MUNICIPALLamiño, s/n15865 - BriónTel . : 981 88 73 46

POLICÍA LOCALCarbal leira de Santa Minia, nº 215865 - BriónTel . : 981 89 34 74Fax. : 981 88 74 31

POLIDEPORTIVO MUNICIPALLamiño, s/n15865 - BriónTel . : 981 88 76 53

SERVIZO DE AUGASUrb. Agro Novo, nº 126 Baixo15280 - Os ÁnxelesTel . : 981 88 78 51

SERVIZO DE EMERXENCIASLamiño, s/n15865 - BriónTel . : 629 87 15 42Fax. : 981 88 75 23

XULGADO DE PAZRúa das Pedriñas, nº 515865 - BriónTel . : 981 88 72 71

ACTUALIDADE

REPORTAXE

ACTUALIDADE BRIONESES

SERVIZOS SOCIAIS

CULTURA E DEPORTES

HISTORIAS DE BRIÓN

TAMÉN FOI NOTICIA

PASATEMPOS / HUMOR

Pax. 3

Paxs. 4 - 5

Paxs. 6 - 11

Paxs. 12 - 13

Paxs. 14 - 16

Paxs. 17 - 20

Pax. 21

Pax. 22

Pax. 23

con

tidos

José Luís García García

Alcalde doConcello de Brión

AVANCE

Edita: Concello de BriónRedacción, deseño e maquetación:Concello de Brión e Nós ComunicaciónFotos: Arquivo Municipal e Nós ComunicaciónImprime: Imprenta JadfelMail:[email protected]

Parece que foi onte cando publicábamos o primeiro núme-ro da Altamira e xa van alá 89. Este novo número que se presenta nestas entrañables datas de Nadal, está cargadi-ño de novos proxectos e actividades dos que damos conta nas 24 páxinas que compoñen esta publicación.

Por un lado queremos facernos eco, cun importante re-portaxe, dos recurtes que se pretenden facer na adminis-tración local, deixando aos concellos orfos e case sen ac-tividades. Tamén podemos ler nestas páxinas o merecido homenaxe que o Concello fixo a Rondalla e mais a Coral, duas grandes formacións desaparecidas ala polo ano 2001.

Tamén damos conta das propostas dos servizos sociais para recolectar alimentos e outros productos para as fami-lias mais necesitadas do concello e que se deu en chamar BRIÓN SOLIDARIO.

Rematamos interesandonos polo amplo programa de acti-vidades culturais para este Nadal e cun recordo merecido a os muiños que ainda perduran en Brión.

BO NADAL E PRÓSPERO ANO 2014,RECIBE UN CORDIAL SAUDO

DEPÓSITO LEGAL: C-827-85

Page 3: 89 - ALTAMIRA Nº 89

Revista Altamira | 3

ACTUALIDADE

Alimentos para as familias máis necesitadas Este ano poderán facerse donativos en metálico a través do Froiz de MonteBalado ou no Concello.

BRIÓN SOLIDARIO

Vense de poñer en funcionamento a segunda edición da campaña “Brión Solidario”, de recollida de alimentos para as familias máis necesitadas do municipio. Unha iniciativa xurdida o ano pasado por estas datas e que permitiu cubrir as necesidades básicas das familias máis desfavorecidas do municipio.

O éxito da iniciativa, que superou todas as expectativas motivou que “Brión solidario” seguise funcionando durante todo o ano como unha cadea de solidariedade alimentaria que sirve como ponte entre os doantes de alimentos e as familias máis necesitadas. Unha tarefa na que o Concello de Brión contou coa inestimable colaboración das achegas do Banco de Alimentos Municipal e do traballo da Asociación de Mulleres Xuntanza.

Dende os Servizos Sociais de Brión fan un chamamento á mobilización da cidadanía, empresas e asociacións que, coa súa colaboración, poden axudar a mitigar a difícil situación que viven moitas familias. Unha situación agravada polo in-cremento do número de fogares con todos os seus membros no paro, a precariedade das prestacións por desemprego, a mingua e desaparición das axudas para comedores, ma-terial escolar e bolsas para estudios, os copagamentos de medicinas farmacéuticas e hospitalarias … e agora tamén a ameaza de desaparición dos servizos sociais básicos, os máis próximos ao cidadán e os que, con campañas como “Brión Solidario”, ían resolvendo as situacións económicas e sociais máis precarias.

NOVIDADESOs veciños e veciñas de Brión que queiran colaborar na

campaña poden entregar os alimentos non perecedoiros e correctamente empaquetados (pasta, aceites, conservas, le-gumes, cereais, leite, galletas...) en calquera establecemento municipal (casa do concello, casa da cultura, biblioteca muni-cipal ou centro social polivalente) e en calquera dos centros educativos de Brión (colexio, instituto, gardería e escolas uni-tarias). A segunda opción de colaboración é facer un dona-tivo en metálico no supermercado FROIZ de Monte Balado, entidade que colabora na campaña.

Este ano, o Concello de Brión aproveitará a campaña de Nadal para incluír dúas importantes melloras. A primeira delas será a posibilidade de seguir facendo durante todo o ano donativos anónimos a través do Froiz de Monte Bala-do, xa que ata o de agora só se podía colaborar na campa-ña de Nadal. A segunda novidade vai especialmente dirixida ás empresas do municipio, aínda que tamén estará aberta á participación de particulares. Así, será posible realizar doa-zóns en efectivos no Concello de Brión, que expedirá o co-rrespondente “Recibo de doazón”, que será válido para ser utilizado polo donante á hora de presentar as súas contas con Facenda.

Incrementase nun 25% a partida para Axudas de Emerxencia

AXUDAS DE EMERXENCIA

O Concello Brión incrementará nun 25% a súa partida para Axudas de Emerxencia nos seus Orzamentos de 2014 para poder así atender a pacientes crónicos que se ven obri-gados polo Goberno Central a pagar parte do seu tratamen-to e que teñen dificultades económicas para facelo. A me-dida foi anunciada polo alcalde de Brión, Xosé Luís García, como alternativa a unha proposta do BNG, que propoñía crear unha ordenanza fiscal e destinar unha partida especí-fica dos Orzamentos de 2014 para axudar ao copagamento de medicamentos para doentes crónicos non hospitaliza-dos.

Xosé Luís García, que se amosou “de acordo co fondo” da moción do BNG, lembrou que “os Concellos non temos competencias en materia sanitaria”. Por iso, desbotou a posibilidade de facer unha ordenanza municipal, xa que iso implicaría dispoñer de datos como: número de pacientes crónicos, tipo de doenzas, doses de medicamento que re-ciben para cada enfermidade... “Os Concellos non temos a posibilidade de ter esa información xa que é privada”, expli-cou o alcalde.

Por iso, Xosé Luís García anunciou a ampliación das partidas para Axuda de Emerxencia nun 25%, “para poder así tamén axudar a esas persoas con doenzas crónicas que teñan problemas para afrontar eses tratamentos, que po-derán acudir aos Servizos Sociais municipais para que as súas necesidades se vexan atendidas”. O alcalde brionés considera que a medida aprobada polo Goberno central é “un novo golpe ao Estado de Benestar, un novo imposto á pobreza e á enfermidade. E hai que dicir basta”.

MOCIÓN DEMANDADA

Pola súa banda, o voceiro do BNG, Xesús Pena Espiña, aceptou a proposta e retirou da súa moción a petición de creación dunha ordenanza municipal e dunha partida espe-cífica nos Orzamentos de 2014. Así, a devandita moción do BNG instou á Xunta de Galicia a demandar do Goberno do Estado a derogación do copagamento para medicamentos que se dispensan a través das farmacias hospitalarias a per-soas doentes crónicas non hospitalizadas; así como a non aplicar esta medida en Galicia.

Así mesmo, e a proposta do PSOE de Brión, instouse tamén á Xunta a que se manifeste rotundamente a seguir cooperando no desenvolvemento dun sistema público e universal de atención sanitaria e esixir de xeito inmediato a posta en marcha de todas as medidas necesarias para ga-rantir a cobertura sanitaria total e de calidade recoñecida pola Constitución. A medida foi aprobada cos 9 votos a fa-vor de PSOE e BNG e coas 4 abstencións do PP. A voceira do PP, María del Mar Cobas Cajuso, aplaudiu o incremento da partida de axuda de emerxencia pero xustificou a abs-tención do seu grupo en que “o pago de medicamentos é competencia do Ministerio de Sanidade e se está pedindo que o Concello se faga cargo”.

Page 4: 89 - ALTAMIRA Nº 89

4 | Concello de Brión

REPORTAXE

Din que non hai maior xor-do ca quen non quere escoitar. E iso é o que está a pasar co anteproxecto de Lei de Refor-ma Local, que é denostada por toda a sociedade e mesmo po-los concellos e gobernos auto-nómicos, independentemente da súa cor política, pero cuxo trámite segue adiante. Con-cretamente, en Galicia tanto a Fegamp como a Xunta se teñen pronunciado en contra desta lei, así como concellos gobernados por distintas for-macións políticas. Mais o Go-berno Central segue nas súas.

Dende Altamira xa vos temos contado en varias oca-sións a falacia que supón cul-par áos Concellos do déficit público, cando os datos de-mostran que o maior culpable do mesmo é o propio Estado Central. E tamén vos temos comentado que o anteproxec-to de Lei de Reforma Local pon en serio perigo a continuidade non xa dos Concellos, senón dos servizos que perciben os cidadáns.

E, como non podía ser doutro xeito, os primeiros en erguer a voz foron os propios veciños e veciñas de Brión. Así o fixeron os nosos maiores, conscientes da importancia de manter as actividades nas que participan cada día. “Cando nos enteramos de que podían desaparecer deume auténtica dor de corazón”, sinala Esther Lago. “Non podemos volver ao que eu vivín hai 89 anos,

a xente nova ten que mobili-zarse para non ter que volver a aqueles tempos, porque morrerían de pena”, completa Pura Romero.

Esther e Pura son dúas das alumnas do Obradoiro da Memoria que, cando os seus compañeiros da mañá e da tarde, ergueron a súa voz na defensa dos servizos sociais e en apoio á “Marea Laranxa”,

unha iniciativa que está a concienciar á xente da impor-tancia de manter os servizos sociais municipais tal e como están. “As actividades dos concellos son moi necesarias, que para iso lles pagamos uns impostos e lles damos a lata”, apunta outro dos alumnos, José Manuel Blanco, que coin-cide co resto dos seus com-pañeiros en que “faremos o que faga falta para que se nos

REPORTAXE

Clamor en Brión contra a Reforma LocalXosé Luís García: “é o atentado máis gran-de da democracia pois acabará cos peque-nos concellos e coas prestacións sociais”

Os maiores de Brión únense á “Marea Laranxa” e defenden o mantemento das actividades sociais

Page 5: 89 - ALTAMIRA Nº 89

Revista Altamira | 5

REPORTAXE

Maiores e traballadores de Brión sumáronse á “Marea Laranxa”, unha campaña de protesta polos recortes que se están facendo nos servizos sociais. É “laranxa” porque desa cor son as camisetas que os identifican e é “marea” poque cada vez son máis os que denuncian que os recortes están xerando exclusión e acabando coa cohesión social

q

escoite”. E así o fixeron, defen-dendo os seus dereitos dende os medios de comunicación. “A min estas actividades déronme a vida, volvéronme a xuventu-de”, explica Asunción Blanco, quen fai un chamamento aos políticos a “que nos escoiten porque, se non contan cos maiores, mal van”.

CONCENTRACIÓN

Moitos deles estiveron na concentración celebrada dian-te do Concello baixo o lema: “Defende o teu Concello, con-tra a Reforma Local”. Unha concentración na que parti-ciparon máis de 70 persoas, entre traballadores municipais (funcionarios, persoal non fun-cionario, operarios de obras, persoal da Casa da Cultura e dos Servizos Sociais, así como da gardería), membros da cor-poración muincipal e veciños e veciñas de Brión.

O alcalde Xosé Luís García explicou que “a Reforma Lo-cal é o atentado máis grande á democracia pois é a forma de acabar cos pequenos concellos e con todas as prestacións so-ciais que facemos aos veciños e veciñas, ademais dos nume-rosos postos de traballo que se perderían”. Ademais, reiterou que “isto non é un acto contra o Partido Popular” e mesmo destacou a actitude mantida tanto polos máximos represen-tantes da Xunta como por alcal-des de todos os signos políticos que se manifestaron en contra da iniciativa do Goberno Ra-joy. “Supoñemos que queren privatizar os servizos sociais, como se fixo coa sanidade, coa educación ou onte mesmo coa seguridade”, apuntou o alcalde brionés, quen lembrou que de saír adiante a Reforma Local “suporá que os Concellos non poderemos prestar servizos como gardería, escola de mú-sica, biblioteca... e iso é acabar con milleiros de postos de tra-ballo e, sobre todo, cos servi-zos que reciben os veciños e veciñas. Unha situación moito máis grave no rural pois, como ás empresas non lles vai ser rendible prestalos, ao final ter-minarán desaparecendo”.

Page 6: 89 - ALTAMIRA Nº 89

6 | Concello de Brión

ACTUALIDADE

Rondalla e Coral poñen a proba o mito da ave FénixUn cento de persoas participa na homenaxe aos integrantes da Rondalla Infantil e da Coral Polifónica de Brión.

HOMENAXE

Di a mitoloxía que a ave Fénix tiña o tamaño dunha águia, de plumaxe vermello, amarelo e laranxa incandes-cente. Aínda que non sabemos seguro se isto do laranxa era porque tamén estaba en con-tra do anteproxecto de Lei de Reforma Local, o que sí temos claro é que se consumía polo lume cada 500 anos para logo rexurdir das súas cinzas. Pois en Brión non fixeron falta 500 anos, bastou con 12, para que as benqueridas Rondalla Infan-til e Coral Polifónica loiten por volver á actividade, rexurdir das súas cinzas e facer bo o mito desa mitolóxica ave.

Dise que as bágoas do Fénix eran milagreiras e semella que as moitas verquidas durante a homenaxe celebrada o pasado mes de outubro tamén están a piques de obrar a milagre. Tras unha noite de moitas lembran-zas, bastou unha invitación de Ana Regueiro: “é unha pena que isto se perdera, penso que deberiamos volvelo a in-tentar” para prender a faísca e que moitos se puxeran mans á obra, comezando a reunirse e ensaiar no edificio da Escola Municipal de Música.

Razóns non faltan para re-tomar a actividade de dúas das formacións máis laureadas do

Concello de Brión e que mar-caron o panorama cultural e musical da comarca ao longo da década dos noventa. Así o amosaron os máis de cen veci-ños e veciñas que participaron na homenaxe á Rondalla In-fantil e á Coral Polifónica, dúas formacións que chegaron a contar con 182 membros: 116 da Rondalla Infantil e 66 da Co-ral Polifónica.

O acto estivo presidido polo alcalde Xosé Luís García, quen recoñeceu que “a Ronda-lla e a Coral de Brión domina-ron musicalmente a comarca durante os anos 90. Duraron o que viviu Isaac (Vázquez Alvi-te), pois tentouse que seguira pero no fondo todos sabiamos que non era posible, porque a xente estaba afeita a don Isaac”. Xosé Luís García, que tamén foi membro da Coral Polifónica aínda que recoñe-ceu que “a min botáronme pronto”, homenaxeou a figura do mestre Isaac Díaz Alvite, falecido no verán de 1999 can-do contaba 56 anos de idade. Así, entregou un ramo de flo-res á viúva de don Isaac, Ma-riló Mosquera, en nome dos 182 integrantes da Rondalla e da Coral Polifónica de Brión e en agradecemento “polas ve-ces que nos tivo que aguantar

ata as tantas da madrugada ensaiando porque a peza non saía como don Isaac quería”.

Uns recordos aos que ta-mén se uníu a concelleira de Cultura, Patricia Vázquez, an-tiga compoñente da Ronda-lla. Unha emocionada Patricia Vázquez lembrou: “cando don Isaac empezaba a estirar a ore-lla significaba que estaba saín-do fatal, o que supoñía dúas horas máis de ensaios. Co seu perfeccionismo se non estaba con el quería, non se facía”. Pero tamén recoñecía que o mestre era comprensivo con aqueles que non tiñan tanto talento para a música: “o úni-co requisito para participar era que che gustara a música. Se o facías mal, don Isaac viña e che dicía: ponte na esquina e canta baixiño”.

Durante o acto de home-naxe proxectouse un vídeo que recollía varias actuacións da Rondalla Infantil e da Coral Polifónica de Brión, pois foron dúas entidades habituais en programas da TVG, sobre todo no acompañamento ás misas televisadas dos primeiros anos dos noventa. Rondalla e Co-ral adoitaban actuar xuntas e ofreceron máis dun cento de actuacións por distintas locali-

dades da comarca e fóra dela: en Allariz, Arzúa, Vilagarcía, Terra de Montes, etc. Tamén actuaron no Teatro Rosalía de Castro da Coruña, no Auditorio de Galicia e conseguiron nu-merosos premios e recoñece-mentos. Así, Patricia Vázquez contou aos presentes que “aín-da que a Coral era boa, non era nada sen aquela Rondalla que alongaba os ensaios dos venres e dos sábados. Lembro cando fomos a participar nun dos nosos primeiros concursos e ao chegar nos dixeron: ahí vienen los paletos de la aldea. Adiviñan quen gañou o primei-ro premio? Pois si, os paletos. E non foi a única vez”.

A quenda de intervencións pechouna Ana Regueiro, en re-presentación dos integrantes da Rondalla e da Coral, e coin-cidiu cos seus predecesores en que “foi unha etapa moi bo-nita, porque foron moitas ho-ras que pasamos xuntos e ao final eramos como unha gran familia. De feito, de alí saíron outras moitas familias máis pe-quenas”. Por iso fixo o chama-mento ao rexudir da Rondalla Infantil e da Coral Polifónica de Brión, que estes días están a poñer a probo o mito da ave Fénix. Dende Altamira agarda-mos que o superen con creces.

Page 7: 89 - ALTAMIRA Nº 89

Revista Altamira | 7

ACTUALIDADE

UN DISCO DE HOMENAXEA homenaxe á Rondalla e á Coral de Brión rematou coa en-

trega dun agasallo a todos os membros destas dúas entidades presentes no centro social polivalente: un disco cunha primeira parte de música só instrumental, que fora gravada pola Ronda-lla Infantil de Brión nos estudos da Radio Galega o 7 de abril de 1993; e unha segunda parte que recolle pezas das Rondalla Infantil e da Coral Polifónica de Brión, foi gravada polos equipos da Radio Galega na igrexa parroquial de Bastavales o 26 de abril de 1996.

A Rondalla formárase no ano 1986 como escola de música. Comezou con 60 alumnos e nos cursos sucesivos nunca baixou de cen matriculados, aínda que para nas actuacións interviñan non máis de trinta. A Coral Polifónica creouse no ano 1991 e pasaron por ela 66 homes e mulleres durante os dez anos que durou. Ambas agrupacións desapareceron xuntas no ano 2001, apenas dous anos despois da morte do seu fundador, Isaac Váz-quez Alvite.

Don Isaac foi mestre e director das dúas agrupacións den-de a súa fundación. Falecido en 1999, este profesor de música e guitarrista foi o impulsor dun proxecto musical nun munici-pio rural como Brión que acadou un notable nivel de calidade referendado por diversos premios e recoñecementos. A nivel individual, Vázquez Alvite foi distinguido co Premio Vagalume, outorgado polo Concello de Santiago de Compostela.

As emocións a flor de pel e os intensos recordos foron as notas predominantes desta sentida homenaxe que tivo o seu punto alxido durante a proxección dun emo-tivo video que recolle varias das actuacións da Ronda-lla e da Coral de Brión, así como unha entrevista ao seu director Isaac Vázquez.

qBotan a andar os cursos de formación do Inser Ames-Brión, no que participan 80 veciños desempregados

INSER AMES-BRION

A finais do pasado mes de novembro deron comezo catro dos dez cursos de formación incluídos no InserAmes-Brión, un programa de ambos municipios para o fomento do emprego que conta cun orzamento de 160.000 euros. Un-has accións formativas que están destinadas principalmente a menores de 30 anos desempregados e a mulleres de baixa cualificación, aínda que tamén está aberto a outros colecti-vos con especiais dificultades para acceder a un emprego.

A formación realizarase en ambos municipios: concreta-mente na Aula Cemit de Brión e no Centro de Formación e Emprego e no Centro de Servizos Múltiples de Ames. Os primeiros cursos foron os de operario de almacén (de 200 horas e que se imparte no Centro de Servizos Múltiples de Aldea Nova); o de manipulador de alimentos (dun total de 40 horas e que se ofrece tanto en Ames como en Brión); o de atención e coidados especializados a persoas depen-dentes (que conta con 200 horas e se imparte no Centro de Formación de Ames) e o de inglés básico (de 40 horas e que se realiza na aula Cemit de Brión e en Ames).

Durante estes días están a poñerse en marcha o resto dos cursos formativos: operario/a de caixa - repoñedor/a (126 horas); eficiencia enerxética en edificios (de 50 horas), informática básica (24 horas), retroescavadora e xestión de equipos de traballo. A formación completarase cunha xor-nada dedicada ao autoemprego.

MELLORA DA EMPREGABILIDADE

En total, este programa formará a 80 persoas desem-pregadas de Brión e de Ames co obxectivo de mellorar a empregabilidade destes veciños e veciñas, aumentando así as súas opcións de acceder a un posto de traballo. Esta é a primeira vez que os Concellos de Brión e de Ames colaboran nesta iniciativa formativa, que xa vai pola súa sexta edición no caso dos veciños amienses e que forma parte da liña de colaboración que ambos municipios veñen mantendo nos últimos tempos.

Así, Xosé Luís García e Santiago Amor acordaron deseñar un programa conxunto convencidos de que esta colabora-ción permitiría prestar de forma eficaz e eficiente o servi-zo de programa integrado para o emprego e minoraría os custos económicos da prestación illada do mesmo servizo. Ao finalizar a formación, os alumnos/ás realizarán prácticas non laborais en empresas. Durante todo o programa, que se prolongará deste este mes de novembro ata xuño de 2014, os alumnos/ás contarán co apoio de persoal especializado en asesoramento e formación. Ademais, e como novida-de nesta edición, incluiranse para as persoas participantes neste programa medidas de conciliación da vida laboral e familiar.

Page 8: 89 - ALTAMIRA Nº 89

8 | Concello de Brión

ACTUALIDADE

O novo alumeado público de Sabaxáns permite aforrar o 60% da luz cos mesmos faroisO Concello investiu case 25.000 euros no proxecto.

MELLORAS NA ILUMINACIÓN

O Concello de Brión vén de investir 24.677 euros na reno-vación do alumeado público de Sabaxáns, na parroquia de Bas-tavales. Unha actuación que permitirá un aforro enerxético do 60% sen diminuír o núme-ro de luminarias existentes, xa que se substituíron as 66 lám-padas existentes por outras menos contaminantes e máis eficientes.

O alcalde Xosé Luís García destaca que “grazas á subven-ción conseguida do INEGA po-deremos aforrar case un 60% da factura eléctrica do alumea-do público de Sabaxáns sen perder puntos de luz, simple-mente cunha tecnoloxía máis eficaz”. Do total do investimen-to, o Concello de Brión tivo que facer unha achega de 3.701 euros das arcas municipais, que se amortizarán en breve co aforro que estes traballos suporán na factura eléctrica.

Os traballos consistiron en cambiar a tecnoloxía das 23 lu-minarias de vapor de mercurio de 80 vatios e as 43 luminarias de sodio de alta presión de 125 vatios por 23 luminarias de so-dio a alta presión de 70 vatios e outras 43 luminarias de sodio a alta presión de 100 vatios,

cambiando os equipos electro-magnéticos convencionais por reactancias electrónicas de do-bre nivel, moito máis eficien-tes. Con este cambio, conse-guíuse reducir a potencia das lámpadas sen comprometer os niveis de iluminación esixidos pola normativa vixente.

A maiores, o Concello de Brión instalou un reloxo astro-nómico para o acendido e apa-gado destas 66 luminarias, que se fará coincidindo coa hora exacta do amencer e do solpor no lugar de Sabaxáns. Deste xeito, evítanse os acendidos e apagados accidentais que po-dían provocar as fotocélulas instaladas anteriormente.

Estes traballos están incluí-dos no proxecto “Renovación de instalación de iluminación exterior 2013. Agrupación de concellos: Lousame, Brión e Ames”, que supuxo un inves-timento global de 127.000 euros nos tres municipios. Un proxecto liderado polo Con-cello de Brión e que se des-envolveu no marco do conve-nio subscrito entre o IDAE e o INEGA, co financiamento de fondos comunitarios derivados programa operativo FEDER-Galicia 2007-2013.

Page 9: 89 - ALTAMIRA Nº 89

Revista Altamira | 9

ACTUALIDADE

Brión investirá 93.000 euros no mantemento de beirarrúas e estradas no municipio

OBRAS MUNICIPAIS

O Concello de Brión vai investir no mantemento de beira-rrúas e estradas do municipio 93.000 euros correspondentes ao Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de com-petencia municipal (POS 214). Un plan que ascende a 234.187 euros e dos que o Concello reservará outros 140.469 euros para gasto corrente.

Os dous proxectos de obras serán: mantemento de beir-arrúas nas parroquias de Brión e Os Ánxeles (37.105 euros) e mantemento de estradas de Brión de Arriba a Riazoas, Gronzo e Brión de Abaixo (Brión), Casaldoeiro (Bastavales), Moldes (Lua-ña) e Pousada (Viceso). Uns cartos que se investirán na conse-cución do material preciso para acometer estas obras, xa que os traballos serán executados pola brigada de obras do Concello de Brión. Deste xeito, o Concello de Brión consegue facer moitas máis obras que as que lles corresponderían aos veciños e veci-ñas de sacárense a concurso.

Estes traballos veñen complementar aos realizados este ve-rán ao abeiro do POS 2013, cando o Concello investiu algo máis de 42.000 euros na mellora da estrada de Vioxo de Arriba (Lua-ña) e na pista que une Tembra e Pedreira (Boullón). Ademais, durante este verán tamén se executou un Plan de Bacheo Mu-nicipal polas distintas parroquias, financiado con fondos munici-pais e realizado a través da brigada de obras do Concello. Nestes tempos de crise económica semella que os gran-

des proxectos quedaron aparcados á espera dunha mello-ra, mais son moitas as pequenas obras que se seguen a rea-lizar dende as brigadas municipais de obras e que permiten manter o nivel de benestar dos veciños e veciñas de Brión. As máis coñecidas, sen dúbida, son as limpezas de aldeas que cada ano se realizan nas distintas parroquias. Este ano comezouse en Cornanda, e dende aló seguíuse por distin-tas localidades da zona alta do municipio. A isto hai que engadir os traballos realizados despois das fortes choivas de finais do verán, que causaron moitos danos nas aldeas máis rurais e que permitiron adecentar os seus accesos.

Así mesmo, as brigadas municipais de obras tamén aco-meteron nas últimas semanas melloras no interior do cen-tro de saúde de Pedrouzos e no centro social polivalente, onde o máis destacado foi o arranxo da pingueira que se formara no tragaluz da recepción. Unha pingueira que deu lugar a máis dun sorriso entre os usuarios do polivalente pois a fórmula é case matemática: choiva + pingueira = cuba para recoller a auga.

PEQUENOS PERO IMPORTANTES ARRANXOS

Page 10: 89 - ALTAMIRA Nº 89

10 | Concello de Brión

ACTUALIDADE

10 | Concello de Brión

A Xunta suprime liñas de transporte ás agachadas e quere endosarlle a Brión 37.000 viaxeiros de máis

TRANSPORTE METROPOLITANO

De non ser unha cuestión moi seria, pois afecta á mobi-lidade de milleiros de veciños de Brión e da área metropoli-tana compostelá, o que está a facer a Dirección Xeral de Mo-bilidade nos últimos tempos co Plan de Transporte Comar-cal sería digno dun episodio da serie “Expediente X”. Só así se explica que de Brión viaxen a Santiago 62.000 persoas, volvan case 100.000, e que a ninguén da Xunta lle preocu-pe de onde saíron eses 37.000 viaxeiros de máis.

Se algunha vez utilizaches o transporte metropolitano seguro que saberás resolver o enigma sen chamar a Mulder e Scully. Nin sequera a Iker Jiménez. Basta con utilizar un pouco os miolos e botar un ollo ao que sucede: cando un viaxeiro sae de Brión, ao fichar queda marcada a orixe da súa parada. De aí os 62.000. O problema é que cando volve dende Santiago non hai nin-gún dispositivo que estableza se esa persoa baixa en Roxos, en Bertamiráns ou en Brión. Na Xunta din que todo queda en mans dos condutores, pero a práctica amosa que estes simplemente o adxudican á parada fin da viaxe: Brión. E como os Concellos finanzan parte destas viaxes, o “miste-rio” custaríalle máis de 6.000 euros ás arcas brionesas. E xa levamos 2 anos co “misterio”.

Mentres o Concello pide solucións e reclama unha re-unión para solventar un pro-blema que xa vén de 2011, a nova directora xeral de Mobi-lidade, Camino Trigueros, fala de facer unha enquisa para averiguar que pasa. É dicir, que pasamos de Expediente X a Scooby-Do. E, xa de paso, a Dirección Xeral de Mobilidade decidiu suprimir ás agachadas e de forma unilateral varias liñas de transporte metropoli-tano e de interese municipal.

E dicimos ás agachadas por-que a decisión se comunicou a través dun escrito sen rexistro de saída no medio da docu-mentación dunha reunión na que nin se falou do tema.

Isto motivou a indignación case que toda a comarca, se ben os únicos que ergueron publicamente a voz foron os socialistas, que acusaron á Xunta de incumprir o convenio do transporte metropolitano na comarca de Santiago ao decidir non poñer en marcha 11 liñas que estaban compro-metidas para a área. Os muni-cipios que perderán esas liñas, que deberían estar xa activas ou activarse en breve, son os de Ames, Boqueixón, Oroso, O Pino, Teo, Touro, Trazo, Val do Dubra e Vedra. Ademais, can-célanse as liñas de interese municipal en Teo e en Brión, que tamén figuraban no con-venio asinado en 2010 e nas que o goberno autonómico só tiña que outorgar a autoriza-ción, xa que o finanzamento correspóndelles integramente aos Concellos. Pero a Xunta prefire mirar para outro lado. E iso que a verdade está aí fóra... á vista de todos.

Page 11: 89 - ALTAMIRA Nº 89

Revista Altamira | 11

ACTUALIDADE

Revista Altamira | 11

A Xunta Local de Seguridade constata que Brión é unmunicipio tranquilo e seguro para vivirA reunión permitiu constatar a boa colaboración entre a Garda Civil e a Policía Local

SEGURIDADE LOCAL

O alcalde de Brión, Xosé Luís García García, e o subde-legado do Goberno na Coruña, Jorge Atán Castro, copresidiro a finais de novembro a reunión da Xunta Local de Seguridade de Brión, coa que se reactiva este órgano de xestión conxun-ta no municipio que levaba xa moito tempo sen reunirse. Canda eles asistiron o resto dos integrantes da Xunta Local de Seguridade de Brión: a vice-secretaria xeral da Delegación do Goberno, Eva Vázquez Cas-telo; o inspector xefe adxunto do Corpo Nacional da Policía adscrito á Xunta de Galicia, Antonio Riádigos González; o xefe do posto da Garda Civil de Brión, Alberto Mosquera Rodríguez; e os tres represen-tantes do Concello de Brión: o concelleiro Ramón Rodríguez Romarís; o xefe da Policía Lo-cal de Brión, Marcos Delgado García; o xefe de Protección Ci-vil e coordinador do Grupo de Emerxencias Supramunicipal de Brión, Isamel Núñez Picallo; e o secretario do Concello de Brión, Javier Nieves González.

A reunión serviu para adap-tar a composición e o funcio-namento da Xunta Local ao

Real Decreto 1087/2010 do Ministerio do Interior polo que se aproba o Regulamento das Xuntas Locais de Seguridade. De acordo con esta norma, acordouse convocar unha nova reunión dentro de seis meses, sempre que non haxa circuns-tancias excepcionais que acon-sellen un adianto da mesma.

Ademais realizouse un ba-lance da seguridade en Brión, elaborado polos diferentes corpos de seguridade presen-tes. O subdelegado do Gober-no na Coruña, Jorge Atán, sina-lou que “non se aprecia ningún incremento ou variación signi-ficativa nas infraccións penais no municipio”. Un punto que celebrou o alcalde de Brión, Xosé Luís García, quen salien-tou que “as estatísticas amo-san que Brión é un lugar tran-quilo e seguro para vivir”.

Uns bos datos que obrigan a seguir traballando na mesma dirección e a buscar a máxima cooperación entre as forzas e corpos de seguridade para seguir incrementando a efica-cia na persecución dos deli-tos. Neste sentido, Jorge Atán quixo deixar especial constan-

cia “da boa colaboración exis-tente entre a Garda Civil de Brión e a Policía Local”.

Por último, informouse da entrada en vigor da nova instrución técnica que regula os espectáculos pirotécnicos e que establece un réxime de

comunicacións e autorizacións dependendo da cantidade de explosivos utilizados nestes. Unhas directrices que buscan garantir a seguridade no des-envolvemento destes espectá-culos, tanto nas festas veciñais como das que organiza o pró-pio concello.

Segundo se poido constatar nos datos barallados na Xunta Local de Seguridade “as estatísticas amosan que Brión é un lugar tranquilo e seguro para vivir”q

Page 12: 89 - ALTAMIRA Nº 89

12 | Concello de Brión

BRIONESES

Leopoldo Bouzas Gómez, perito e exconcelleiro de Brión

Leopoldo Bouzas naceu en 1932 na aldea de Mato (Luaña), aín-da que leva case toda a vida en Tourís. Quen dixeron aquilo de que de casta lle vén ao galgo semella que pensaran nel. Seu pai, Antonio Bouzas Carnota, foi xuíz de paz e concelleiro durante a República. Del herdou o oficio de perito, seguindo así a saga fa-miliar, pois o seu avó foi o autor de numerosos “prorrateos” en Brión, documentos que certifican a propiedade, localización e ex-

tensión das fincas dunha aldea e que teñen a particularidade de que foron aprobados por todos os veciños. Esa confianza gañada entre os veciños fixo que Leopoldo formara parte das asociacións e movementos veciñais desa época na Luaña. E, coa chegada da democracia, foi un dos fundadores da Candidatura Galega Inde-pendente de Brión, que saída da nada foi quen de impoñerse aos grandes partidos e de poñer as bases do que hoxe é Brión.

- Vostede seguíu a tradi-cion familiar como perito. Cal era o seu labor?

- Facía particións, docu-mentos de compra e de per-muta, herdanzas... sobre todo na Luaña, Cornanda, Viceso e Ons.

- Polo seu traballo, hai al-gunha leira desas parroquias que non coñeza?

- Seguro que hai moitas, porque isto é moi grande. (en-sina uns antigos prorrateos da zona). Daquela facíanse a man, xuntando aos veciños, que po-ñían a extensión e os lindes de todas as leiras. Se había algun-ha discusión, íase ao prorrateo ao igual que agora se vai ao Catastro. Algúns destes incluso os levaron a estudar na univer-sidade de Pontevedra, porque son do século XIX. O seu valor era que estaba asinado por to-

dos os veciños. É dicir, tiña va-lor porque o facían entre eles, asinaban todos e despois non se podía dicir outra cousa por-que estaba asinado.

- Que datos recollen?- Nome do propietario, as

súas fincas, a súa extensión e os seus lindes. Levaba moito tempo facelos porque había que medir as fincas e iso tiña que se aceptado polos veciños.

- E para que servían?- A xente viña consultar as

fincas cando había particións. Agora está o Castastro, pero aínda hai que vén mirar. É un documento que os veciños teñen que recoñecer porque o asinaron, por iso saben que o que está aí, está ben. Agora vaise moito ao xulgado. A xen-te cre que sabe moito e o xudi-zalizan todo, cando antes só se

ía se non había acordo.- Seguro que co seu traba-

llo ten evitado moitas leas?- Moitas teño evitado, in-

cluso hai ben pouco tiven ou-tra partición e xuntei a todos para facela amigablemente. Un pensa que perde e o outro que gaña, pero o que hai que facer é que cada quen leve o seu. Eu prefiro reunir aos irmáns para facer as particións, pois as cousas se complican cando un manda o fillo, o xenro, a neta... así non adoita haber nunca acordo. Coñezo dous irmáns que se levaban coma cans e fixeron unha partición xudicial que lles custou moitos cartos. Pensade que os avogados co-bran por porcentaxe, valoran moito as terras e cobran moito. Hai que falar e reconsiderar as cousas. Eu penso que hai que chegar a un acordo, que sexan os herdeiros quen o fagan, aín-

da que non é doado.- Canto podía levar chegar

a un acordo?- Depende de cada caso. Se

todo vai ben, logo se fai. Nun mes, incluso menos. Pero ta-mén teño algunhas de hai máis de 20 anos. Particións que nin se fixeron nin se farán, nas que moitos morren sen herdar ao non ser quen de chegar a un acordo. Tamén arranxei moi-tos casos para que non foran ao xulgado. É unha parvada gastar máis no xulgado. O meu traballo era unha relación de confianza, non a fría dun pro-fesional.

- Ademais do seu traballo como perito, vostede formou parte activa do tecido asocia-tivo da parroquia da Luaña.

- O meu primeiro cargo foi o de secretario da Cooperati-va Agrícola Gandeira da Lua-

“Agora á política van facerse ricos, daquela queriamos traballar polos veciños”

Page 13: 89 - ALTAMIRA Nº 89

Revista Altamira | 13

BRIONESES

“O meu traballo como peri-to baseábase na confianza. Arranxei moitos casos por-que era unha parvada gastar máis no xulgado”

ña e Cornanda, onde tamén tiña que mediar cando había diferencias entre os veciños. Presenteime por Comisións La-bregas e lembro as discusións polos estatutos, pois eu quería que fose a favor dos labregos, non do partido. Despois, na parroquia, fun membro das comisións que se constituiron nos anos 70 para conseguir o teleclube, o campo de fútbol, a casa do cura, o tellado da igrexa... aínda que a máis inte-resante foi a da ampliación do cemiterio, que foi moi bo para a parroquia. Cando foi a do campo de fútbol lembro que compramos unha leira porque nos prometera axuda concen-tración parcelaria e despois non había cartos. Finalmente, conseguimos solucionalo.

- Vese que gusta de estar na primeira liña de todo.

- Gustábame que se fixe-ran cousas. Eran tempos de moito traballo, nos que todos os cargos que tiven foron cuns “soldos tremendos”. Hai quen di que había peritos que lles collían terreos á xente. Eu así nunca gañei nada, pois iso é roubar. Eu só gañaba o que me pagaban por facer a partición.

- Como se lle deu por en-trar en política?

- Ían ser as primeiras elec-cións da democracia e faleino con Enrique Gómez Reino, ca-tedrático en Madrid pero que viña aquí nas fins de semana. O Concello de Brión ía como a puñeta, había poucos cartos e todos quedaban nas parro-quias de abaixo. Foi cando pen-samos en montar unha candi-datura, pois non estabamos de acordo con ningún dos outros partidos. Eu fun en gran parte culpable de que nos presen-taramos como independentes

pois, aínda que algúns lles valía calquera de esquerdas, eu non quería estar ao ditado do que nos dixeran dende Madrid ou dende A Coruña.

- Tan grande era a diferen-cia entre parroquias?

- Daquela, os veciños da zona de arriba e de abaixo de Brión apenas se coñecían. Al-gúns incluso nos chamaban “os do monte”. E eu tiña unha vantaxe, pois formaba parte da ANPA do colexio, e atopei xente que nos axudou moito. Quen moito tivo que ver foi Se-rramito, que vendía pan casa por casa e coñecía moito. De feito foi el quen dixo de esco-ller como candidato a alcalde a Xosé Luís García.

- Como lembra aquelas pri-meiras eleccións?

- Foi un éxito moi gran-de gañar as eleccións, sobre todo cando tamén se pre-sentaba a UCD, que era o partido do goberno. Penso que tiñamos todo en contra, pero tivemos moitos votos con Serramito; e en Basta-vales tamén tiñamos a Pepe, o carteiro. Tamén levamos desenganos, pero tivemos a sorte de coller xente que valía e que estaba con gañas de traballar nas parroquias. E demos moitas voltas, gas-tamos moitos cartos para pagar a propaganda e a ga-solina dos nosos petos. Eran outros tempos. Agora á polí-tica van a facerse ricos, da-quela iamos traballar polos veciños.

“Hai quen gaña varios de euros por nada. Iso non é gañarse a vida, iso é roubar. Eu entendo a política doutra maneira”

“Presentámonos comoindependentes porque non

queriamos estar ao ditado de Madrid nin da Coruña”

- Canto tempo tardaron en montar a candidatura?

- Falámolo no verán e esta-ba en marcha en outubro ou novembro. Foi case un milagre que gañasemos nós, uns des-coñecidos. Non foi por moito, pero o suficiente para sacar o alcalde. Despois, os da UCD arrimaronsenos porque viron o que faciamos polo concello.

- Como valora eses 25 anos como concelleiro?

- Fixéronse bastantes cou-sas e foi unha época na que Brión foi dos Concellos que máis desenvolvemento tive-ron. Pavimentamos as aldeas, fixemos os primeiros alumea-dos públicos de toda a zona, fomos os primeros en arranxar os camiños e tamén en facer a primeira Festa dos Vellos de toda Galicia. E iso que apenas había orzamento.

- Por que deixou de ser concelleiro?

- Estivera 25 anos e dixen: ata aquí cheguei!. Xa tiña unha

idade e, ademais, non quixen estar ás ordes de ningún par-tido. Recoñezo que cando se cambiou de independentes a socialistas Brión gañou moito como concello, pero tamén perdeu votos.

- Nótaselle un certo desa-pego coa política actual.

- Non entendo que non se mire pola xente, que haxa en Galicia máis de 400 persoas que teñan que durmir fora da casa. Se un rico vai reclamar, aténdeno. Se vai un pobre, non lle fan nin caso. Hai quen gaña varios milleiros de euros por nada. Iso non é gañarse a vida, iso é roubar. Eu entendo a política doutra maneira. Tam-pouco entendo que un grupo da oposición vaia en contra de que se fagan obras para o be-neficio dos veciños, como ten pasado en Brión. Penso que todos deberían apoiarse para facer máis e mellores cousas polos veciños e non andar es-perando que as cousas saian mal para poder coller o sillón.

Page 14: 89 - ALTAMIRA Nº 89

14 | Concello de Brión

SERVIZOS SOCIAIS

Maiores de Brión aprenden a previr roubos e estafas

PREVENCIÓN ROUBOS

Medio centenar de maiores de Brión participaron en sendas charlas sobre prevención e roubos e estafas, cele-bradas no centro social polivalente de Brión e impartidas polo axente Fernando Ríos, da Garda Civil do Milladoiro (Ames). O feito de que estiveran programadas para unha hora e remataran durando case as dúas horas dá boa conta de que ambas iniciativas organizadas polo Concello foron moi participativas e produtivas para os maiores brioneses.

Fernando Ríos comezou a súa intervención plantexando unha serie de consellos xerais para os maiores no caso de atoparse diante dunha situación conflitiva: non facer fron-te ao asaltante, buscar testemuñas, fixarse nos detalles... e lembroulles os teléfonos de contacto tanto da Garda Civil (062) como o da Policía Nacional (091). Así mesmo, expli-coulles algúns timos e estafas que se están a producir na actualidade, dende o mítico das estampitas de Toni Leblanc ata os máis modernos por Internet. Ademais, deulles con-sellos para evitar situacións de risco como non abrir a porta da casa a descoñecidos, camiñar pola parte interior da beir-arrúa co bolso do lado da parede ou desconfiar dos servizos técnicos que non fosen solicitados polo maior ou pola súa familia.

Acto seguido, os maiores de Brión tomaron a pala-bra tanto para facer preguntas como para expoñer casos persoais e analizar se actuaron correctamente e, en caso contrario, coñecer o que deberían ter feito. Moitos deles coincidiron en sinalar que cada vez son máis as veces nas que descoñecidos chegan ás súas portas e tentan entrar na vivenda coas argumentacións máis peregrinas: recollida de sinaturas que precisan comprobación do DNI, persoas que perderon o móbil e precisan de entrar a chamar... Ademais, moitos deles destacaron o feito de que esta charla serviu-lles de achegamento á realidade da Garda Civil, pois non foron poucos os que recoñeceron que non adoitaban falar coa Garda Civil xa que os tiñan como sancionadores e non como corpos de seguridade ao servizo do cidadán.

“De berros e olladas”, unha mostra contra aviolencia de xénero

EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA

Un dos principais eixos de acción do II Plan de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes 2012-2015 está relacionado coa realización de actividades contra a violencia de xénero nas que se poidan implicar os veciños e veciñas de Brión. Unha destas iniciativas foi mostra fotográfica contra a violencia de xénero, chamada “De berros e olladas, dos fotó-grafos Marga Piñeiro Díaz, Enrique Manuel González Pérez e Isidro Cea, cos haiku de Andrea Fernández Maneiro.

O centro social polivalente de Brión acolleu a presenta-ción oficial desta exposición, que agora mesmo iniciou unha itinerancia por cidades como Vilagarcía, Rianxo, Sada, Olei-ros, Chantada, Ourense ou Lugo. “Un bo día, varios fotógra-fos galegos decidimos xuntarnos para gritar fotograficamente contra a violencia de xénero”. Así explica Isidro Cea o obxec-tivo de “De berros e olladas”. O resultado é unha exposición que reúne tres series de fotografías que, baixo o subtítulo “Non te agaches ante a violencia de xénero”, están unidas por unha mesma temática: o rexeitamento da violencia de xénero. Así, “De berros e olladas” reúne as series “Tratareite coma unha rosa” (Isidro Cea), “Bágoas de metal” (Enrique M. González Pérez) e “Mullerémonos” (Marga Piñeiro Díaz).

A exposición estreouse en Brión e des-pois iniciou unha itinerancia por Vila-garcía, Rianxo, Sada, Oleiros, Chantada, Ourense e Lugo.

Page 15: 89 - ALTAMIRA Nº 89

Revista Altamira | 15

SERVIZOS SOCIAIS

Alumnos de 3º e 4º da ESO fórmanse en prevención de drogodependencias

PREVENCIÓN DE DROGODEPENDENCIAS

No anterior número de Altamira comentabámosvos que os xa tristes recortes en materia de educación e servizos so-ciais deran ao traste co Programa de Prevención de Drogo-dependencias que mantiñan os Concellos de Ames, Brión e Negreira e que en outubro comezaría a impartirse un Progra-ma Municipal de Prevención de Drogodependencias grazas á colaboración entre os Servizos Sociais de Brión e o persoal do CEIP de Pedrouzos e do IES Brión. Pois ben, hoxe pode-mos dicir que este programa xa comezou a súa andaina, pois os rapaces de 3º e 4º da ESO xa recibiron as primeiras sesións formativas.

“Foron cinco sesións nas que lles explicamos os efec-tos do consumo de drogas, tanto a nivel orgánico como de comportamento; lles ensinamos técnicas para enfrontarse a estas situacións e lles ensinamos os efectos de cada droga sobre as persoas, tabaco e alcohol incluídos”, explica Pilar Martínez, técnica de Intervención Familiar de Brión. Os re-sultados concretos do programa poderemos contárvolos nun próximo número, xa que os rapaces encheron uns cuestiona-rios previos sobre a súa percepción do mundo das drogas an-tes de comprobaren os seus efectos. “E despois de catro se-sións penso que son conscientes de que antes pensaban que as drogas non supuñan tantos riscos”, adianta Pilar Martínez.

Os seguintes en recibir estas sesión serán os alumnos de 1º e 2º da ESO, que asistirán a estas sesións durante o tercei-ro trimestre do curso. Unha iniciativa que é posible grazas á extraordinaria colaboración ofrecida polo equipo de orienta-dores do IES Brión ao departamento de Servizos Sociais de Brión.

O CEIP, FORMACIÓN CONTINUA

Por outra banda, a actuación en prevención de drogode-pencias no colexio está seguindo un rumbo diferente. “No colexio pensan que é moito mellor o traballo continuo e o programa o están xestionando directamente os titores nas súas titorías, impartindo esta formación e como xeito de prever riscos”, explica a técnica de Intervención Familiar de Brión. Unha actuación na que se inclúen distintas reunións de traballo entre persoal dos Servizos Sociais municipais e do colexio e do instituto en aras a conseguir unha colaboración máis eficaz.

Así, o traballo cos nenos e nenas do colexio desenvólvese dun xeito máis continuo e cotiá, promovendo valores como a igualdade e habilidades sociais que permitan aos máis pe-quenos dicir non ás drogas dende o primeiro momento. Por-que, como ben dicían os nosos antergos, máis vale previr ca lamentar.

Os alumnos de 1º e 2º terán formación no terceiro trimestre do ano, mentres que no colexio se desenvolve un traballo continuo durante todo o ano.

Qué se persegue con esta campaña?- Crear e manter unha cadea de solidariedade, estable-

cendo unha ponte entre doantes e familias con necesidade, e garantindo o anonimato de ambos.

- Axudar a paliar a pobreza e a exclusión social no noso entorno inmediato, garantindo que as cousas que doamos sirvan para paliar necesidades reais, valoradas por profeio-nais.

- Asegurar que aquelas cousas que queremos doar che-guen realmente ás persoas que o necesitan e de xeito to-talmente gratuíto, sen ningún tipo de interés comercial ou económico.

Cómo funcionará esta campaña?- As persoas interesadas en pertencer á rede “BRIÓN

SOLIDARIO”, aportarán unha dirección de correo electróni-co á que, de xeito periódico, se enviarán mensaxes detalla-das acerca das necesidades concrectas detectadas, mencio-nando con exactitude qué artigo se precisa e en que prazo é necesario cubrir a necesidade.

- Ningunha persoa pertencente á rede solidaria adquire compromiso algún de participación. So se participará doan-do aqueles artigos que nun momento concreto se soliciten, sempre que a persoa colaboradora dispoña de tal artigo, poida e desexe aportalo.

Quen pode doar?

Todas as persoas podemos doar: os adultos en función do coñecemento e a comprensión que temos da dificilísi-ma situación que atravesan moitas familias, e os paraces e rapazas, como parte da práctica da solidariedade e dentro do ámbito da educación social e humana que reciben na familia e no colexio.

As persoas que desexen inscribirse como pertencentes á rede solidaria, deberán ter 18 anos cumpridos, ou 16 anos con autorización paterna/materna. Esto non quita que os menores destas idades, decidan doar nun momento dado aquelas cousas que xa non precisan (parte dos seus xogue-tes, roupa, libros, …), e o fagan saber ao través dos seus pais ou titores pertencentes á rede. Eles hán de saber que son nenos e nenas pequenos (como eles), quenes máis apoio precisan.

Cómo podemos pertencer á rede “BRION SOLIDARIO”? No Centro Social Polivalente existen follas de rexistro,

nas que só temos que indicar os nosos datos persoais e un correo electrónico de uso habitual.

Participar nesta iniciativa local non require un gran es-forzo, e tampouco desenvolso económico algún.

“Brión Solidario: Así de fácil, así de responsable!”

Page 16: 89 - ALTAMIRA Nº 89

16 | Concello de Brión

SERVIZOS SOCIAIS

Sustos e castañas naescola infantil municipal

ACTIVIDADES DA ESCOLA INFANTIL

Os cativos e cativas da gardería municipal de Brión cele-braron nas últimas semanas dúas das festas máis tradicio-nais do ano: o Samaín e o magosto. Os pequenos volveron caracterizarse de bruxas e bruxos, cuns disfraces elaborados con material de reciclaxe e con “certa colaboración” dos seus mestres e mestras.

Unha colaboración que se plasmou días despois nuns sombreiros e diademas con forma de castañas durante a ce-lebración do magosto. Logo de ver nun dos patios exterio-res como era iso de asar as castañas, o pequenos deron boa conta delas no patio cuberto. Iso sí, contaron cuns peladores de excepción: os seus mestres e mestras que tiveron a pa-ciencia para elo.

Os nenos de hoxe nacen cun i-phone baixo o brazo

NOVAS TECNOLOXÍAS

Dicían os nosos avós que os nenos viñan cun pan de-baixo do brazo. Hoxe en día máis semella que os pequenos cheguen cun portátil ou mesmo cun i-phone baixo o brazo, á vista do rápido que comprenden e dominan as novas tec-noloxías. Así se puxo de manifesto hai uns días na garde-ría de Brión, onde os meniños e meniñas participaron no proxecto de fin de carreira dunha estudante que estaba a facer as súas prácticas.

O proxecto consistía en achegar as novas tecnoloxías aos pequenos, de xeito que servisen de complemento á formación tradicional que reciben. Así, utilizando unha pan-talla táctil conectada a un portátil, os pequenos comezaron a identificar fotografías, cores, instrumentos musicais... E o fixeron durante 2 horas!!! Ser quen de manter a atención de nenos tan pequenos durante tanto tempo amosa o éxito dunha iniciativa da que de seguro volveremos escoitar falar.

Page 17: 89 - ALTAMIRA Nº 89

Revista Altamira | 17

CULTURA E DEPORTES

“Nó-las dúas” reúne en Brión a espontaneidade de María Manuela e aimprovisación de María Xesús Díaz

EXPOSICIÓN CONXUNTA

Máis de medio cento de persoas encheron a sala muni-cipal de exposicións de Brión para asistiren á presentación da mostra “Nó-las dúas”, que mistura a espontaneidade de María Manuela e a improvisación de María Xesús Díaz. Unha exposición de acuarelas e acrílicos que poderá visitarse en Brión ata o vindeiro 10 de xaneiro.

A mostra foi inaugurada polo alcalde Xosé Luís García, quen agradeceu que “dúas grandes artistas moi vencella-das a Brión sigan dándolle vida coas súas obras a esta sala de exposicións”. Unha mostra que “mistura o colorido e a fantasía da pintura de dúas amigas moi queridas e que case consideramos dúas veciñas máis de Brión e que nos ofrecen unha mostra única”, explicou a concelleira de Cultura, Patri-cia Vázquez.

As dúas artistas agradeceron e destacaron o apoio que o Concello de Brión ofrece á arte e aos artistas e convidaron aos veciños e veciñas do municipio a achegarse a contemplar esta mostra. “Non adoito falar sobre o meu traballo, é algo que prefiro deixar que faga o público”, explicou María Xesús Díaz. Pola súa banda, María Manuela foi aínda máis parca en palabras e, despois da quenda de agradecementos, explicou que “farei o que creo que mellor fago, que é cantar”.

Así, a voz de María Manuela liderou unha actuación mu-sical na que estivo acompañada por Nuria Lestegás (voz e violín), Manolo Dopico (voz e guitarra) e Xurxo Varela (viola). Un concerto que servíu tamén para presentar “A miña pri-meira Rosalía”, un libro-disco editado por Edicións Xerais no que se recolle unha antoloxía poética de Rosalía de Castro, unha pequena biografía e un CD con 12 cantigas baseadas nos seus poemas e interpretadas por María Manuela, Mini, Mero e Xiana Lastra.

Interesantes entrevistas en Radio emBrión

ACTIVIDADES DO IES

Os rapaces e rapazas do IES Brión seguen adiante co proxecto de Radio emBrión, no que nos ofrecen entrevistas do máis interesante. Así, alumnos de 1º de ESO A entre-vistaron recentemente a Víctor Freixanes, escritor, editor, xornalista e profesor. Outras entrevistas sinalables teñen que ver co mundo da educación como o inspector de edu-cación do IES Brión, F. Fernández Fraga; o director do CEIP de Pedrouzos, Xosé Antonio Martínez Lista; ou a ex alumna Eva Villar Cobas.

Canda esas entrevistas, no blog http://radiodoiesde-brion.wordpress.com podes consultar outros interesantes espazos relacionados co mundo do fútbol (“O traveseiro”), o motor (“Suplemento motor”) e moitas sorpresas máis.

A emisora pode seguirse no blog: radiodoiesdebrion.wordpress.com/

Convocadas prazas de balnearios para 2014

SERVIZOS SOCIAIS

Os Servizos Sociais do Concello de Brión informan da convo-catoria de prazas de balnearios para o ano 2014. Unha campaña dirixida a todos os pensionistas de xubilación e invalidez, pensio-nistas de viuvedade con 60 anos cumpridos e outros pensionis-tas con 60 anos cumpridos (máis os seus cónxuxes, sen límites de idade).

Aqueles que veciños e veciñas de Brión que desexen partici-par deben dirixirse a Departamento de Servizos Sociais, no cen-tro social polivalente. A documentación precisa é: DNI e cartilla sanitaria do solicitante e do cónxuxe, así como xustificante de ingresos de ambos.

Hai dous prazos de presentación: ata o 16 de xaneiro (para as quendas de febreiro a agosto de 2014) e ata o 16 de maio (para as quendas de setembro a decembro). Máis información nos Servizos Sociais de Brión.

Page 18: 89 - ALTAMIRA Nº 89

18 | Concello de Brión

CULTURA E DEPORTES

Festival de Títeres e Cabalgata, próximas citas do Nadal de Brión

NADAL 2013

Como dicía a canción dos Mecano: “xa pasou un máis”. De feito, xa levamos varios días inmersos nas actividades de Nadal, algunhas novidosas como a Feira de Nadal de Brión e outras máis tradicionais, como a visita dos Paxes Reais ás escolas brio-nesas para recoller as cartas aos Reis Magos. Por certo, ás Súas Maxestades estarán un ano máis o domingo 5 de xaneiro no pa-villón polideportivo, a partir das 17:00 horas, para atoparse cos pequenos de Brión, darlles un agasallo e convidalos a disfrutar dunha gran festa na que haberá Belén Vivente, doces, lambona-das e moita, moita ilusión.

Tanta como a que cada ano trae consigo o Festival de Títeres, que chega á súa 27 edición. Un ano máis, o polivalente será o punto de encontro co mundo dos monicreques os días 2 e 3 de xaneiro, ás 17:00 hora. A entrada, por suposto, totalmente libre e de balde. Así, o xoves 2 será o turno de Títeres Trompicallo co seu espectáculo “Jiñol”; mentres que o venres 3, Títeres Fanto-ches Baj presentaranos a súa “Fábula galénica”.

ÉXITO DO CONCERTO DE NADAL

Por certo, quen volveron triunfar un ano máis foron os rapa-ces da Escola Municipal de Música Magariños, que encheron ata os topes o auditorio do polivalente durante o seu II Concerto de Nadal. Tal era a afluencia de xente que practicamente había que agardar a que uns saíran para poder entrar os seguintes. A este paso, imos ter que ir pensando en alugar o Teatro Principal de Compostela.

E para os que quedaran con máis gañas de música, o 4 de xaneiro o Dúo Rosas, da asociacion cultural Brigantia, presentará no polivalente de Pedrouzos o espectáculo “Rosas para Galicia”. A cita é ás 17:30 horas e, como todas as actividades de Nadal, a entrada é libre e de balde.

Por último, sinalar o éxito acadado polas dúas novidades do programa deste ano: o Festival de Cine Árabe “Amal” e as proxeccións da película galega “O apóstolo”, dirixidas a dous pú-blicos moi diferentes pero que souberon disfrutar destas pro-postas culturais.

Page 19: 89 - ALTAMIRA Nº 89

Revista Altamira | 19

O novo formato da Feira de Brión aúna ocio e compras

A Feira de Brión cambiou este verán a súa ubicación na car-balleira de Santa Minia pola explanada e planta baixa do centro comercial Monte Balado, onde se celebra os segundos e cuartos sábados de mes. Un primeiro cambio que, unido a outros que viñeron despois, están a revitalizar esta feira.

O primeiro cambio foi que, ademais de estar aberto aos ve-ciños e veciñas do municipio que desexen vender os seus produ-tos, tamén conta cunha gran participación de artesáns e de pos-tos de venda de roupa, xoias, bolsos, carteiras, xoguetes, doces, produtos da horta, contos... E o segundo cambio, e quizáis máis importante, a Feira de Brión incorporou actividades de ocio pen-sadas especialmente para disfrutar en familia. Do espectáculo “Rosalía pequeniña” ata os obradoiros de cup cakes de “Mis dul-ces PK2”. Dos “Contos do esquío” á recente visita do Apalpador ou a cata de mazás, estas actividades son un forte atractivo para os máis pequenos, que disfrutan tamén cos distintos obradoiros que se organizan.

Por iso, de cara ás festas de Nadal, a Feira de Brión está a desenvolver un amplo programa de actividades baixo o lema “Nestas festas, merca en Brión”. Deste xeito, o Concello preten-de animar á veciñanza a facer as compras no comercio máis cer-cano. A próxima cita desta campaña de Nadal terá lugar o sába-do 4 de xaneiro, cunha gran Festa de Reis para os nenos e nenas.

Se queres participar coma público, non tes máis que ache-garte os segundos e cuartos sábados de mes, en horario de mañá. E se queres participar con algún posto, podes conectar coa organización da feira a través do blog (feiradebrion.blogs-pot.com), do e-mail ([email protected]), do Facebook (facebook.com/feiradebrion) ou do Twitter (@feiradebrion). Por medios, que non sexa.

CULTURA E DEPORTES

Page 20: 89 - ALTAMIRA Nº 89

20 | Concello de Brión

CULTURA E DEPORTES

Medra a demanda do Certificado Internacional Europeo de Manexo do OrdenadorNo primeiro semestre de ano se realizaron máis exames que en 2012 e dende setembro celébrase cando menos un exame por semana

NOVAS TECNOLOXÍAS

A demanda do Certificado ECDL (European Computer Dri-ving Licence), unha acredita-ción internacional europea que lle outorga ao seu posuidor un recoñecemento internacional de ter unha formación básica e completa en informática a nivel usuario, está a medrar considerablemente neste ano 2013 no Concello de Brión, unha das dúas únicas entida-des habilitadas para expedir este certificado en Galicia.

De feito, se nos dous anos anteriores se outorgaron unha media de 50 certificados, “no primeiro semestre de 2013 xa levamos 40 e dende que inicia-mos o novo curso en setem-bro imos a unha media de un ou dous exames por semana”, explica Antonio Casal, docente encargado das certificacións e coordinador dos cursos de informática. “Foron tantas as solicitudes que tivemos que solicitar máis licencias para continuar adiante e cubrir a gran demanda destas certifica-cións”, apunta o docente.

“Trátase dun título cada vez máis demandado por empre-sas e pola administración para os seus traballadores, polo que o interese que espertan as pro-bas para obter esta credencial increméntase día a día. Proba disto é a procedencia dalgúns alumnos que, se ben na súa maioría son da área de San-tiago, tamén teñen chegado de localidades máis distantes como Redondela, Vigo, A Coru-ña”, explica Antonio Casal. De feito, unha importante asocia-ción compostelá está a prepa-rar alumnos para presentarse a este exame en Brión, como xa acontecera cun grupo de alum-nos do centro Forem.

“A novidosa idea das tito-rías dos venres, pensadas para que a xente poida recuperar días perdidos de clase e repa-sar o aprendido ao longo da semana, serviron tamén para darlle un pulo importante a esta credencial xa que a mei-rande parte dos exames lévan-se a cabo no tempo de titoría”, indica o docente brionés.

ACREDITACIÓN ECDL

Os exames teñen lugar no telecentro brionés, previa cita. A Acreditación ECDL está composta por sete módu-los e para superar cada módulo é preciso aprobar o 75% das preguntas nun tempo máximo de 30 minutos. Cando aproban catro módulos reciben un primeiro diploma acre-ditativo (o ECDL-Start) e cando superan os sete reciben a acreditación ECDL.

Este certificado non só é un recoñecemento internacio-nal de que o alumno posúe unha formación básica e com-pleta en informática a nivel de usuario, senón que tamén supón unha garantía para as empresas e as administracións que contratan a esas persoas. As inscricións poden formali-zarse na Casa da Cultura, no Telecentro de Comunicacións ou a través do teléfono 981 509908.

Pablo Puñal Quintana , foi un dos últimos veciños do noso Concello en superar os sete modulos que compoñen a Acreditación ECDL obtendo así a súa certificación europea. Dende Altamira queremos amosarlle os nosos Parabéns!

q

ABERTA A INSCRICIÓN PARA TRES CURSOSDE INFORMÁTICA

O Programa de Formación do Concello de Brión inclúe para os vindeiros meses tres cursos de formación relacio-nados coas novas tecnologías, que se porán en marcha cando haxa un mínimo de 8 persoas inscritas. A oferta in-clúe iniciación á informática, dirixido a persoas que non tiveron apenas contacto cos ordenadores e desexan coñe-cer como funciona o sistema operativo Windows. As clases terán lugar os martes e xoves, en horario de 20:00 a 22:00 horas. O prezo é de 30 euros.

Para os que xa saiban manexar un ordenador, o Con-cello ofrece un curso de Internet para aprender a moverse con seguridade na Rede. As clases terán lugar os martes, no mesmo horario de 20:00 a 22:00 horas, e o prezo é ta-mén de 30 euros. Finalmente, aqueles veciños interesados en aprender a manexar o programa de bases de datos Ex-cel, teñen unha cita os luns e mércores, de 8 a 10 da noite. Neste caso, o prezo de inscrición é de 50 euros.

As inscricións poden realizarse na Casa da Cultura ou no teléfono 981 509 908. Neste caso non se establece un prazo de inscrición, xa que as clases terán lugar en canto se reúna un grupo mínimo.

Page 21: 89 - ALTAMIRA Nº 89

HISTORIAS DE BRIÓN

Unha das mostras máis abundantes e características da arquitectura popular galega son os muíños de río. Hoxe, perdida a utilidade que tiñan, aí fican abandonados de to-dos e esquecidos, nunha grea interminable entre a vexe-tación da infinita rede de ríos e regatos daTerra.

Desde que (hai uns sete mil anos) os homes comezaron a traballaren a terra e a converteren os grans de cereal en base da súa alimentación, tiveron que inventar aparellos para esmagullalos e obter fariña, Foi na era do neolítico; primeiro moían esfregando os grans entre dúas pedras; nas mámoas aparecen frecuentemente estes trebellos, Máis adiante, popularizáronse os muíños circulares de man que abundan nas ruínas dos castros; dise que éstes foron introducidos polos romanos. Os muíños movidos pola forza da auga que tanto abundan en Galicia deberon de ser introducidos na alta idade media, hai uns mil cin-cocentos anos. E así se multiplicaron e perviviron ata que hai uns cincuenta anos a xente deixou de cocer na casa e chegaron os muíños eléctricos para moer a fariña do gan-do (primeiro comunitarios e logo individuais, cada casa o seu).

Na tradicional economía rural, marcada polo sistema autárquico en que todo o mundo producía de todo e cada unidade familiar se valía por si para atender a case todas as súas necesidades, os muíños eran unha peza funda-mental. Ningunha casa podía deixar de acudir ao muiño un ou dous días por semana para moer o millo de amasar a broa de comer a xente e a fariña de encaldar o gando. Tamén se moía o pan (centeo), o trigo e mailo millo miúdo.

Por regra xeral, os muíños eran de varios propietarios, que os repartían por pezas (cada peza era un día e unha noite de muiñada á semana). Cada casa podía ter unha peza, ou media, ou máis de unha. E non era raro que unha mesma casa fora parceira en máis dun muíño. Había al-gúns, poucos, muíños de pedras duras e de grao miúdo, que estaban especialmente axustados e moían preferen-temente trigo; eran os chamados muíños albeiros, por regra xeral dun só propietario que cobraba “maquía” por

Revista Altamira | 21

Muíños que ninguén lembramoer, que era un tanto por cada fol de fariña munda. O muiñero tiña fama de excederse na cobranza. Por iso dicía o refrán: “non fíes na maquía de muiñeiro nin creas en co-mida de despenseiro”.

A parte da súa función específica na economía rural, os

muíños xugaron un papel protagonista no folclore e na cul-tura popular. Aí está a muiñeira, o ritmo máis emblemático da música popular; din que recibe este nome polo seu rit-mo ternario que lembra o ruído que produce o rezamento do tarabelo sobre a capa que xira. Dentro dos espazos tra-dicionais da vida campesiña, non haberá ningún con máis connotacións eróticas e amatorias que o muíño. Sería por-que os muíños acostuman a estaren situados en lugares sombrizos, arredados dos camiños e de paso da xente, que debían seren atendidos con asiduidade e esixían moito tempo de permanencia para agardar que rematase a mui-ñada, sendo as mozas da casa as que adoitaban ocuparse destas tarefas. “Unha noite no muíño, / unha noite non é nada, / unha semaniña enteira / esa si que é muiñada”. Os muíños eran lugar propicio para confidencias de namora-dos, para rexoubas e parrandas: “Fun esta noite ó muíño / cun fato de nenas novas; / elas todas en camisa, / e eu no medio en cirolas”.

En Brión deben quedar alomenos uns douscentos mui-

ños, a maior parte xa sen capa, pois esta pedra circular que xiraba sobre do pé foi a principal vítima do saqueo para ex-poñela como trofeo chic en patios e xardíns. A maior parte deles quedaron sen tellado, coas paredes espidas, cando non xa derrubadas. Hainos que están solitarios, pero non é raro que estean os da parroquia case todos agrupados nun lugar, aproveitando as características de desnivel do terreo e a abundacia de auga. Así pasa, por exemplo cos de Viceso (ben unha ducia deles), situados nas proximidades da igrexa parroquial, ou os de Ons, no último tramo do río Chavielos, antes e despois da fervenza do Pozo Negro. Curiosamente, boa parte destes de Ons aínda hoxe levan os mesmos nomes cos que aparecen no Catrastro do mar-qués de la Ensenada de 1751 (muíño dos Romarices, do Escribano, do Piñeiro, do Pozo Cardo...). Había muíños que compartían un mesmo edificio para varias pedras, como os da Ramallosa e da Rocha, en Bastavales, movidos coas augas do Sar, que tiñan tres muíños cada un.

Algúns muíños tiveron a sorte de seren rehabilitados polos veciños, como é o caso dos de Goiáns-Luaña, ou polo Concello, como os de Sanín, do Pégo e o do Cabo, nos Anxeles. E algúns máis. Cumpría botar man deles, porque son un patrimonio cultural que debemos preservar para as futuras xeracións. Mentras tanto, relemos con nostalxia o que escribiu o antropólogo brasileiro Carlos Brandao no li-bro Aldeas (2003): “Os muíños traballaban entón case sen parar, e o ruído das augas na correntía entre as pedras mesturábase co canto dos rodicios e as moas dos muíños. E tamén as cancións de traballo en canto se moía. Cántigas doutros tempos, das que cáseque ninguén se lembra”.

Muiños no Lugar de Sanín (Os Ánxeles)

q

Page 22: 89 - ALTAMIRA Nº 89

22 | Concello de Brión

TAMÉN FOI NOTICIA

SANTA MINIA 2013A Romaría de Santa Minia sempre atrae numerosos romeiros

que veñen venerar a Santa e escoitar algunha das moitas misas que se celebran durante eses días en Brión.

Mais este ano tivemos un “evento especial” que fixo que nu-meroso publico abarrotara a Carballeira de Santa Minia para pre-senciar o espectáculo ofrecido por “EL COMBO DOMINICANO”. Na instantánea podemos observar unha carballeira totalmente atei-gada e entregada a esta formación. Esperamos que neste 2014 que entra,poidamos volver a disfrutar da Romaría e volvamos a ver a Carballeira desta guisa.

XXXI CARREIRA PEDESTRE DA AMAIAComo ven sendo costume, o domingo seguinte á Romería de

Santa Minia, celebrase en Brión a Carreira Pedestre da Amaia. Este ano superouse, denovo, o record de participantes con mais de 300 adultos e 150 nenos/as.

O Concello entregou trofeos e premios en metálico aos seis mellores clasificados absolutos (tre homes e tres mulleres) e tro-feos para os tres primeiros clasificados en cada unha das trece categorías establecias. Ademais tamén se premiaron, o primei-ro home e a primeira muller en cruzar a meta, empadroados no Concello de Brión.

ANO VIDAL BOLAÑOXa demos constancia en anteriores números desta Revista Al-

tamira do Ano das Letras Galegas adicado a Vidal Bolaño, ilustre veciño do noso concello durante os seus últimos anos de vida.

Malia ampla cobertura que xa se realizou, non queriamos des-pedir o ano sen facer un pequeno recordo as 15 obras represen-tadas, as Xornadas sobre este actor, os Encontros coa Arte tamén adicados a el, a feira do libro, as lecturas dramatizadas... e a un sinfin de actividades mais que serviron como homenaxe do Con-cello de Brión a un dos maiores artífices da profesionalización do teatro galego.

MAGOSTO NA CARBALLEIRAO pasado 29 de Decembro a Carballeira volveu a ateigarse de

veciños para celebrar o tradicional magosto briones.

Arredor dunhas cincocentas persoas entre maiores e nenos/as poideron disfrutar das castañas e do chocolate con churros, que dende fai anos ben ofrecendo totalmente de balde o Conce-llo de Brión en colaboración coa Asociación de Mulleres Xuntan-za. A música tradicional non pode faltar nun evento deste tipo e neste caso correo a cargo do grupo de música tradiconal “A re-quinta da Laxeira”.

Page 23: 89 - ALTAMIRA Nº 89

Revista Altamira | 23

PASATEMPOSSUDOKU FACIL SUDOKU DIFICIL

ULTIMA PÁXINA

UN POUCO DE HUMOR...

Page 24: 89 - ALTAMIRA Nº 89

tPREMIOS AOS BOS E XENEROSOS

A fundación Eduardo Pondal de Ponteceso ven de entregar o pasado 26 de Novembro, os premios aos “Bos e Xenerosos 2013”,

uns galardons que xa teñen un oco de privilexio na axenda cultural galega e que pretenden recoñecer a labor dos premiados «polo seu alto grao de compromiso e de defensa da lingua e da cultura galega». Este acto foi especialmente relevante para o

noso Concello, xa que dous dos seus galardonados son veciños de Brión.

Un dos agasallados con este galardon foi Xosé Vizoso (Brión de Arriba) creador de pezas de cerámica, ilustrador, escenógrafo e deseñador do grupo Sargadelos por máis de tres décadas, e o segundo veciño de Brión foi Victor F. Freixanes (O Cabo) escritor,

editor, director da Editorial Galaxia e profesor. Ambolos dous teñen desenrrolado unha intensa actividade cultural no noso conce-llo no que levan arredor de 20 anos vivindo.

A terceira das galardoadas foi a recoñecida artista e cantante galega Mercedes Peón.

Dende a Revista Altamira QUEREMOS SUMARNOS A ESTE RECOÑECEMENTO COS NOSOS MAIS SINCEIROS PARABENS

Concello de BriónPraza do Concello, Nº 1

15865 - Pedrouzos - BriónTelf.: 981 88 70 06 Fax: 981 88 74 31 mail:[email protected]

web: www.concellodebrion.org

28anos