24
Un busto para Vidal Bolaño Vai ser inaugurado na Carballeira de Santa Minia o vindeiro 31 de xullo. Entrevista Homenaxe aos membros recentemente xubilados da brigada de obras municipal. PÁXS. 12 - 13 PÁX. 19 Fin de curso das escolas deportivas e culturais Unanimidade para denunciar atrasos nas axudas do RISGA O SERGAS deixa sen matrona o centro de saúde de Brión Altamira xullo2014 Nº 91 - XULLO 2014 - ANO XXVIII REVISTA MUNICIPAL DO CONCELLO DE BRIÓN PAX. 3 PAX. 11

91 - ALTAMIRA Nº 91

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Revista Altamira Nº 91

Citation preview

Page 1: 91 - ALTAMIRA Nº 91

Un busto paraVidal BolañoVai ser inaugurado na Carballeira de Santa Minia ovindeiro 31 de xullo.

EntrevistaHomenaxe aos membrosrecentemente xubilados da brigada de obras municipal.

PÁXS. 12 - 13PÁX. 19

Fin de curso das escolas

deportivas e culturais

Unanimidade para denunciar atrasos nas axudasdo RISGA

O SERGAS deixa sen matrona ocentro de saúde de Brión

Altamira xullo2014

Nº 91 - XULLO 2014 - ANO XXVIII REVISTA MUNICIPAL DO CONCELLO DE BRIÓN

PAX. 3 PAX. 11

Page 2: 91 - ALTAMIRA Nº 91

2 | Concello de Brión

AltamiraRevista Municipal do Concello de Brión

enderezosos nososBIBLIOTECA MUNICIPALCarbal leira de Santa Minia, nº 215865 - BriónTel ./Fax. : 981 50 99 69

CASA DA CULTURACarbal leira de Santa Minia, nº 515865 - BriónTel . : 981 50 99 08

CASA DO CONCELLOPraza do Concel lo, nº 115865 - BriónTel . : 981 88 70 06Fax. : 981 88 74 31

CEIP PEDROUZOSRúa Paseo de Pedrouzos, nº 515865 - BriónTel ./Fax. : 981 88 70 80

CENTRO DE SAUDERúa das Pedriñas, nº 315865 - BriónTel . Liña 1 : 981 88 77 01Tel . Liña 2: 981 88 77 02

CENTRO SOCIAL POLIVALENTEAvda. de Santa Minia, nº 4615865 - BriónTel . : 981 50 99 10Fax. : 981 50 99 78

ESCOLA INFANTIL MUNICIPALAgro Novo, nº 12515280 - Os ÁnxelesTel . : 981 88 77 42

ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICAAvda. de Santa Minia, nº 7015865 - BriónTel . : 981 50 99 03

FARMACIA ALVAREZ ALVAREZ, E.Avda. dos Ánxeles, nº 3615280 - Os ÁnxelesTel . : 981 88 72 01

FARMACIA BASTAVALES BRIÓNLg. Sabaxáns, Nº 5715280 - BastavalesTel . : 981 88 88 36

FARMACIA NUÑEZ PEREZ, B.Avda. Santa Minia, Nº 5315865 - BriónTel . : 981 88 70 30

GARDA CIVILRúa das Pedriñas, nº 515865 - BriónTel . : 981 88 70 11

IES BRIÓNRúa Paseo de Pedrouzos, nº 315856 - BriónTel . : 981 88 18 17Tel . : 981 88 58 99

OFICINA DE URBANISMOPraza do Concel lo, nº 115865 - BriónTel . : 981 88 70 06Fax. : 981 88 74 31

PISCINA CUBERTA MUNICIPALLamiño, s/n15865 - BriónTel . : 981 88 73 46

POLICÍA LOCALCarbal leira de Santa Minia, nº 215865 - BriónTel . : 981 89 34 74Fax. : 981 88 74 31

POLIDEPORTIVO MUNICIPALLamiño, s/n15865 - BriónTel . : 981 88 76 53

SERVIZO DE AUGASUrb. Agro Novo, nº 126 Baixo15280 - Os ÁnxelesTel . : 981 88 78 51

SERVIZO DE EMERXENCIASLamiño, s/n15865 - BriónTel . : 629 87 15 42Fax. : 981 88 75 23

XULGADO DE PAZRúa das Pedriñas, nº 515865 - BriónTel . : 981 88 72 71

REPORTAXE

ACTUALIDADE BRIONESES

SERVIZOS SOCIAIS

CULTURA E DEPORTES

HISTORIAS DE BRIÓN

TAMÉN FOI NOTICIA

PASATEMPOS / HUMOR

Pax. 3

Paxs. 4 - 11

Paxs. 12 - 13

Paxs. 14 - 15

Paxs. 16 - 20

Pax. 21

Pax. 22

Pax. 23

con

tidos

José Luís García García

Alcalde doConcello de Brión

AVANCE

Edita: Concello de BriónRedacción, deseño e maquetación:Concello de Brión e Nós ComunicaciónFotos: Arquivo Municipal e Nós ComunicaciónImprime: Artes Gráficas AlonsoMail:[email protected]

Parece que foi onte cando comezábamos coa revista Al-tamira e xa van alá 91 números e case 29 anos. Esta nova edición ven cargada de novas ilusionantes, como son a das obras de mantemento en pistas municipais, a reparación de varios parques municipais, o incrible funcionamento do GES de Brión, a concesión dun novo obradoiro de emprego conxunto co concello de Ames, as viaxes dos maiores, os encotros coa Arte, etc...

Pero por outra banda tamén temos que contar cousas que para nada nos gustan, pero nestes tempos “é o que toca”. Un exemplo claro son os atrasos nas axudas do RISGA, a supresión da matrona do centro de saúde, a supresión dunha liña de transporte metropolitano ou a nova xustiza que nos queren impoñer.

Tamén cabe un oco para render unha agarimosa home-naxe aos traballadores da brigada de obras que recente-mente foron xubilados. Espero que disfrutes da lectura.

DEPÓSITO LEGAL: C-827-85

Page 3: 91 - ALTAMIRA Nº 91

Revista Altamira | 3

REPORTAXE

Os Servizos Sociais de Brión denuncian atrasos nainstrución dos expedientes e desestimacións incomprensibles

ATRASOS NAS AXUDAS DO RISGA

A Xunta de Galicia desesti-mou a petición dunha familia de 4 membros de Brión, cunha renda per cápita de 13 euros, de acollerse ás axudas de 400 euros ao mes contempladas na Renda de Integración Social de Galicia (RISGA). É un exemplo real, procedente dun informe dos Servizos Sociais brioneses sobre unha familia do noso concello que se está a enfron-tar á crúa realidade: a Xunta non ten cartos suficientes para afrontar o incremento destas prestacións sociais básicas. As contas son sinxelas: o número de perceptores da RISGA pa-sou de 4.000 (2008) a máis de 10.000 (2014). Un incremento do 150% que non foi contra-rrestado cun aumento seme-llante da partida autonómica correspondente, que non me-drou nin a metade: o 75% (ao pasar dos 22,7 millóns aos 39.7 millóns de euros).

E é que a política de recor-tes en asistencia social está a supoñer un incremento da pobreza en España e, concre-tamente, en Galicia. Os indi-cadores económicos son deso-ladores. Un recente exemplo, é o debate sobre se manter abertos ou non os comedo-res escolares durante o verán para evitar casos de malnutri-ción infantil. Dende o Goberno rexeitan esta posibilidade para “non estigmatizar” a esas fami-lias y falan de poñer en marcha outro tipo de medidas. Unhas medidas que se poderían resu-mir, simplemente, en “pasarlle

a pataca quente “ aos Conce-llos. Deste xeito, os Concellos terían que asumir unhas com-petencias propias da Xunta (ironicamente nuns intres nos que se fala de evitar duplicida-des e de eliminar municipios en prol do “Deus Aforro”). Va-mos, que a Xunta pasaría a pa-taca... sen a pataca!!!!.

Un recente informe de Cá-ritas denuncia que a pobreza infantil en Galicia pasou do 16,9% (2007) ao 22,2% (2012), que 30.000 fogares galegos non reciben ningún tipo de ingresos e que xa son uns 465.000 galegos os que viven na pobreza. Datos demoledo-res que agora veñen acompa-ñados por retrasos de máis de 6 meses na tramitación dos 400 euros da RISGA. Uns “atra-sos non desexados” admitidos pola propia conselleira de Tra-ballo e Benestar, Beatriz Mato, quen negou que a tramitación da RISGA estea paralizada e se comprometeu a axilizalo. Mato admitiu que a lei obriga a unha tramitación en 3 meses pero que “se chegou a catro meses nalgún momento”.

Sen embargo, outras ins-titucións como o Valedor do Pobo xa constataron que se está a tardar dúas ou tres ve-ces máis do legalmente indica-do, é dicir, que as demoras os-cilan entre os 6 e os 9 meses. Un feito que provoca que estas axudas “non cumpran coa súa finalidade”, como recolle o Va-ledor no seu último informe anual.

SITUACIÓN EN BRIÓN

En Brión, co gallo dunha moción do BNG sobre os atra-sos na RISGA, o alcalde Xosé Luís García deu a coñecer un informe dos Servizos Sociais municipais no que denuncian atrasos na instrución dos expedientes e a imposición da obriga de presentar as declaracións da Renda de familiares, incluso con aqueles cos que os solicitantes non teñen trato algún ou cos que, directamente, hai unha mala relación. É dicir, que dende a Xunta se están a poñer todos os atrancos posibles aos solicitantes da RISGA e mesmo se está a produ-cir esa estigmatización que se denunciaba no caso dos co-medores, xa que o solicitante vese obrigado a dar a coñecer a súa mala situación económica a calquera familiar, por moi descoñecido que sexa, e a pedirlles os cartos a eles. Porque todos somos conscientes de que un veciño, que leva vinte anos sen falarse co seu irmán, non ten inconveniente nin-gún en deixarlle mensualmente 400 euros...

Mentres, no mundo real, os Servizos Sociais de Brión denuncian tamén que se están denegando expedientes a persoas con poucos recursos, como o mencionado caso da familia cunha renda per cápita de 13 euros. Nestes casos, denuncian que se están producindo retrasos porque non hai orzamento para asumir estes pagos, o que está a xerar débedas por atrasos de ata 4.000 euros (como acontece cunha familia brionesa cuxo expediente data de abril de 2013).

Unha situación que non é exclusiva de Brión, como co-rrobora Comisións Obreiras ao alertar de “desestimacións inxustificadas” na tramitación da RISGA que fai que nalgun-has provincias “case o 34% das solicitudes sexan denega-das”.

Diante desta realidade, os tres grupos municipais de Brión apoiaron de xeito unánime a moción do BNG, que esixe á Xunta que cumpra cos prazos que marca a Lei para a concesión das axudas do RISGA. “Está fixado en 3 meses e agora manéxanse prazos de 6 a 8 meses”, denunciou o voceiro nacionalista Xesús Pena. O PP apoiou a moción ao recoñecer que non se están a cumprir os prazos. “Sabemos facer autocrítica e é certo que non se están a cumprir os prazos”, manifestou a voceira popular, Mercedes Gloria Vázquez.

Os tres grupos municipais de Brión apoiaron de xeito unánime adenuncia dos atrasos nas axudas do RISGA

Page 4: 91 - ALTAMIRA Nº 91

4 | Concello de Brión

ACTUALIDADE

Vanse realizar traballos de mantemento en 41 pistas

OBRAS MUNICIPAIS

O Concello de Brión desti-nará os 156.099,98 euros do plan DTC 93 da Deputación da Coruña a traballos de mante-mento nun total de 41 pistas rurais. Uns traballos que teñen un prazo de execución de 6 meses e que mellorarán o es-tado dos 29 camiños de terra máis utilizados do municipio así como doutras doce pistas de asfalto.

As actuacións sobre pistas de asfalto mellorarán un total de 6,6 quilómetros lonxitudi-nai, onde se realizarán tarefas de bacheo e asfaltado super-ficial mediante rego asfáltico, ademais da limpeza das pistas e das gabias. As pistas de as-falto sobre as que se actuarán están situadas nas parroquias de Viceso (3), Os Ánxeles (1) e Bastavales (8), que se atopan

PISTAS DE TERRAAsí mesmo, o Concello de Brión vai actuar sobre un total

de 27 pistas de terra nas parroquias de Cornanda (6), Luaña (2), Viceso (13), Ons (3), Boullón (1), Os Ánxeles (1), Brión (2) e Bastavales (1). Nestes 23,6 quilómetros de pistas de terra vanse reparar as fochancas, con achega de material filtrante, cunha posterior compactación en zahorra, con limpeza de gabias.

Na parroquia de Cornanda, actuarase sobre 2 pistas no entorno de Pedreira, sobre 2 pistas de monte que sae da aldea da Graña cara Vilariño, sobre a pista de Requeixos e sobre a pista de Queixal, que sae de Cornanda ata o límite con Noia. Na parroquia da Luaña actuarase sobre a pista de monte que sae de Amañecida en dirección a Busto de Fra-des e sobre outra pista en Vioxo de Arriba, concretamente a que sae da estrada Urdilde-Negreira ata Fadeira.

Na parroquia de Ons, melloraranse dúas pistas de terra na aldea de Salaño Grande (a pista de Foltrón e a da Lavan-deira), mentres que tamén se arranxarán dous tramos da pista de monte que une a estrada Mourentáns-Ons coa pis-ta de Feiraco. Na parroquia dos Ánxeles arranxarase unha pista de terra que une as aldeas de Gosende e Gontade; mentres que en Boullón o arranxo será da pista de Abellei-ra, en Cantelar. En Bastavales arranxarase a pista de monte que sae da aldea de Coruxido ata o límite con Rois; mentres que en Brión actuarase sobre a pista da Restra (na aldea de Liñares) e na pista que une A Torre e Montouto.

Finalmente, en Viceso centraranse gran parte dos arranxo, pois inclúe pequenas obras de mellora en 13 pis-tas de monte dunha lonxitude media de 500 m. Gran par-te destas actuacións terán lugar na aldea de Mourentáns, onde se arranxarán as pistas de Morazóns, de Meus, de Fonte Pedriña, de Ansede e das Cutaneiras, así como a pista de terra entre Agra de Eladio e a estrada Urdilde-Negreira. Na aldea de Pousada arranxaranse as dúas pistas que unen esta aldea con Vexo e con Nináns; mentres que na aldea de Vilar melloraranse as súas comunicacións con Vioxo. Por último, na aldea de Ombre actuarase sobre o camiño Ponte dos Carros; e na aldea de Esparís actuarase sobre tres pistas de terra: camiño do Sabuxo, Mucho Verde e a pista que sae das proximidades do instituto ata Mourentáns.

desgastadas polo uso e con fo-chancas.

En Viceso arranxarase a pis-ta interior de Vilar e a pista en-tre o adro da igrexa de Viceso ata a estrada Urdilde-Negreira, así como a pista que comunica as aldeas de Forxán e Salaño. Na parroquia dos Ánxeles, as actuacións centraranse na pis-ta que une as aldeas de Pérros e Gándara.

Finalmente, na parroquia de Bastavales acometeranse 8 obras de menor lonxitude para mellorar os accesos á aldea de San Salvador, e as pistas que unen as aldeas de Coruxido-Osebe, Agra da Gándara-Cirro, Cirro-Outeiro dos Ánxeles, Soutullos-Vilas, Bemil-Osebe, Casaldoeiro-Osebe e Romarís-Coruxido.

Mellora de pistas municipais e redutores de velocidade para a recta de Bastavales

O Concello investirá máis de 48.000€ na mellora e mantemento de estradas municipais. Uns traballos que incluirán o varrido e limpeza do firme, a limpeza de gabias e tratamento superficial das pistas, que se atopan desgas-tadas polo seu uso e con al-gunhas fochancas debido ás instensas choivas do inverno. Así, o proxecto inclúe a me-llora dos accesos aos lugares de A Graña, o arranxo da pis-

ta que vai dende O Tremo a O Cabo e a pista que une Piñeiro e Sanín.

Os traballos consistirán na limpeza, preparación do firme e posterior tratamento super-ficial a base de rego asfáltico e reparación de fochancas des-tas tres pistas. O prazo de exe-cución é de apenas un mes, se ben ao ter que saír a contrata-ción non comezarán ata pasa-do o verán.

Por último investiranse máis de 6.800 euros na insta-lación de redutores de veloci-dade na parroquia de Basta-vales, concretamente na recta que comunica con Rois e pola que os vehículos circulan a al-tas velocidades, co risco que iso supón para os veciños que viven nos distintos núcleos de poboación. “Pretendemos mellorar a seguridade da vía, mantendo unha velocidade de circulación reducida e protexer

os paseos peonís, instalando 4 redutores de velocidade preto das marquesiñas de autobuses e onde se sitúan os pasos de peóns”, explica o Alcalde.

Nun prazo de dúas se-manas dende o inicio dos traballos, instalaranse na recta dous tipos de reduto-res: pasos peonís sobreele-vados e redutores do tipo “Lombo de Asno”.

Page 5: 91 - ALTAMIRA Nº 91

Revista Altamira | 5

ACTUALIDADE

O Concello inviste 64.000 euros na mellora emantemento de camiños rurais en Aguiar, Brans de Arriba e Beca

O Concello de Brión vén de rematar o pasado mes de maio os traballos de mellora e man-temento de camiños rurais nas aldeas de Brans de Arriba, Aguiar e Beca. Unhas obras nas que investiu case 64.000 euros, dos que 52.842 euros foron fi-nanciados dentro do Programa de mellora de Camiños de Titu-laridade Municipal 2013-2014 do FEADER e o resto achegado polo Concello de Brión.

O alcalde Xosé Luís García explica que as obras “consis-tiron na mellora e ampliación duns camiños de titularidade municipal para así mellorar os accesos e a comunicación a través de estrada nos luga-res de Aguiar, Brans de Arriba e Beca, permitindo así incre-mentar a calidade de vida dos veciños e veciñas destas zonas rurais”.

En Brans de Arriba e Aguiar, na parroquia de Brión, reali-záronse actuacións de man-temento nas pistas asfaltadas

Acondicionaranse máis de 30 quilómetros das pistas máis transitadas.

do interior destas aldeas, que se atopaban desgastadas polo uso e con algunhas fochas de-bido ás intensas choivas do pa-sado inverno. A actuación con-sistiu na limpeza, preparación do firme e tratamento superfi-cial a base de rego asfáltico, así como a reparación dunha serie de fochas illadas e a limpeza das cunetas.

No caso de Beca, na parro-quia de Bastavales, actuouse sobre un camiño que une a zona alta da aldea co propio núcleo a través dunha pista de terra. “Dado o aumento de po-boación nesta parte de Brión e ao tipo de vehículos que tran-sitan por esta pista resultaba moito máis axeitado unha pa-vimentación con material as-fáltico que simplemente con terra”, explica o alcalde brio-nés. Os traballos consistiron na preparación e nivelación do terreo, así como a colocación dunha base de pedra para o seu remate cunha tripla rega asfáltica.

Novo chan de caucho para á área infantil do parquemunicipal de BriónO Concello investirá máis de 42.000euros procedentes dunha subvenciónnominativa da Deputación.

O Concello de Brión vai investir algo máis de 42.000 na mellora das áreas infantís situadas no parque munici-pal de Brión, na rúa Tarrío e a carón do campo municipal de fútbol. Uns traballos que suporán a substitución do actual pavimento feito a base de area por un chan continuo de caucho de cores, un pavi-mento máis duradeiro, lim-po, hixiénico e seguro para os nenos e nenas que utilizan a diario estas instalacións. E é que este pavimento de cau-cho minimiza os riscos de le-sións ao tempo que facilita a actividade física.

Para a instalación deste pavimento tan só haberá que facer unha pequena exca-vación e nivelado do terreo para poder colocar o novo pavimento de caucho. Uns traballos que teñen un pra-zo máximo de execución dun mes, polo que en breve os nenos e nenas da zona pode-

rán disfrutar destas melloras.

Un investimento que será posible grazas a unha subvención nominativa duns 105.000 euros da Deputación da Coruña, que o Concello destinará a este proxecto de mellora dos parques infantís, á instalación de redutores de velocidade na recta de Basta-vales, a mellorar varias pistas municipais e a unhas obras de mellora na Praza do Concello. Nesta última obra, investiran-se algo máis de 8.000 euros para retirar a actual carpin-tería de aluminio que pecha as escaleiras de acceso ao aparcamento soterrado, así como a instalación dunha re-collida de augas pluviais que se conectará coa rede actual e evitará problemas de filtra-ción de auga. Deste xeito, os veciños e veciñas disfrutarán dunha praza máis aberta e li-bre de obstáculos nun prazo de apenas tres semanas den-de o inicio das obras.

Page 6: 91 - ALTAMIRA Nº 91

6 | Concello de Brión

NOCTURNIDADE E ALEIVOSÍA

O problema radica en que esta decisión non se deu a coñecer nin daquela nin en ningún momento. Sen embargo, o 9 de agos-to de 2012, o subdirector de Ordenación de Transporte, Antón García Río, si que respondía ás queixas presentados por 333 ve-ciños e veciñas de Bastavales e informaba de que “se realizaron recentemente as actuacións inspectoras correspondentes e se procedeu á reposición dos servizos suprimidos”. Incluso ía máis aló: “de advertir calquera outro incumprimento na prestación dos servizos por parte desta ou doutra empresa, pregariámos-lle que o poñan de novo en coñecemento desta Dirección Xeral para que se tomen as medidas oportunas”. Apenas corenta días despois é a Xunta quen aproba e legaliza ese “incumprimento na prestación de servizos por parte da empresa”.

Por iso, o alcalde José Luís García denunciou que “a Xunta está a actuar con nocturnidade e aleivosía neste caso pois den-de a Dirección Xeral de Mobilidade dixeron en agosto de 2012 que os veciños tiñan razón nas súas protestas e que non habería supresión de frecuencias, pero resulta que un mes despois fallan a favor da empresa e non llo comunican a ninguén, nin aos veci-ños nin ao Concello”. García considera que “non é de recibo que dende a Xunta nos comuniquen que todo está ben, que as cou-sas volven á normalidade e incluso nos pidan que avisemos se a empresa non cumpre o acordado cando 40 días despois adoptan a decisión contraria, ás agachadas e sen dicirlle nada a ninguén. É un novo exemplo do escurantismo co que se está a levar nos últimos tempos o Transporte Metropolitano, como aconteceu o ano pasado cando se suprimiron liñas sen ningún tipo de aviso”.

Xunta e empresa nada dixeron sobre as queixas brionesas, mantendo a mesma actitude de xogar ás agachadas que levan practicando nos últimos anos. E, mentres, os veciños e veciñas volven sufrir as consecuencias dun novo recorte nos servizos. E, o que aínda é máis grave, o caso de Bastavales pon de manifesto a total indefensión tanto da veciñanza coma dos Concellos: á cara din unha cousa e por detrás se toma a decisión contraria. Xa o dicía Groucho Marx: “estes son os meus principios e, se non lle gustan, teño outros”.

ACTUALIDADE

A Xunta suprime unha liña e 9 frecuencias de transporte en Bastavales pese as protestas veciñais

TRANSPORTE METROPOLITANO

A decisión foi aprobada en setembro de 2012, un mes despois de que a Xunta suposta-mente lles dera a razón aos veciños.

Tirar a pedra e agochar a man. Nada mellor ca esta metáfora para explicar o sucedido coa desaparición dunha liña de trans-porte metropolitano ao seu paso por Bastavales, unha decisión da Xunta de Galicia que deixa aos veciños e veciñas con 9 fre-cuencias menos. Pero o máis indignante da situación é que a decisión coñeceuse en maio, pero foi adoptada dous anos antes sen que ninguén dixera nada.

A cuestión ten a súa miga e merece a nosa análise. O pro-blema xurde en marzo deste ano, cando veciños e veciñas de Bastavales presentan un escrito de queixa no Concello denun-ciando que a empresa Viajes Rois SL (antiga Autobuses Bustelo) estaba a alterar os horarios da Liña 2 Buxán-Rois (Antequeira)-Estramundi de Arriba-Samil- Santiago. Un auténtico deja vú, pois era a mesma situación denunciada (e resolta aparentemente con éxito) en xullo de 2012. O Concello traslada a queixa dos veciños á Dirección Xeral de Mobilidade e este organismo, na súa resposta, desvela que o 17 de setembro de 2012 o Consello Galego de Transportes aprobara a supresión desa liña debido a unha “reestruturación do contrato”.

AS MODIFICACIÓNS DA XUNTA

As modificacións aprobadas pola Dirección Xeral de Mobilidade son as seguintes:

1.- Supresión da Liña 2 Buxán-Rois (Antequeira)-Estramundi de Arriba-Samil-Santiago, debido “á ausencia de usuarios”. Especificando que “o tramo Santiago-Rois queda cuberto pola actual Liña 1”.

2.- Supresión da concesión do tramo Buxán-Herbogo-Infesta-Rois (Antequeira), en favor da empresa Hermanos Ferrín SL.3.- Redución de expedicións, como consecuencia da supresión da Liña 2. Así, nos días laborais (de luns a venres) redú-

cense 3 frecuencias de ida e outras 3 frecuencias de volta. Os sábados laborables perderíase unha frecuencia de ida e outra de volta; mentres que os domingos e festivos desaparecería unha expedición de volta.

A ruta afectada fai as seguintes paradas: Extramundi de abaixo, Extramundi de arriba, A Senra, O Castro, Samil, Rois (An-tequeira), Oín de Abaixo, Pontemoeiro, Peruca, O Cruceiro, O Casal, Meana, Siaxe, Tourís, Francelos, Coruxido, Casaldoeiro, Soigrexa, Sabaxáns, Chave da Ponte, Chave de Carballo, A Telleira, Eirapedriña, Guimaráns, Framil, Costoia, Pardiñas, Casas do Monte, Paredes, A Barcia, Vidán, Campus Sur e Santiago Este.

Page 7: 91 - ALTAMIRA Nº 91

Revista Altamira | 7

ACTUALIDADE

O GES Brión leva atendidas máis de 160 emerxencias no primeiro semestre do ano

ANIVERSARIO

Comezaron ao grande, sumando 15 intervencións nos municipios de Brión, Ames, Teo e Santiago na súa primeira semana de funcio-namento. Agora que están a piques de cumprir o seu pri-meiro ano de vida, os doce efectivos do Grupo de Emer-xencias Supramunicipais (GES) de Brión seguen traba-llando pola seguridade dos veciños e veciñas de toda a comarca de Compostela.

Nunhas ocasións, con la-bores de gran repercusión mediática e social, como o recente accidente do camión da orquestra Olimpus, que

quedou pendurado mirago-samente dun acceso á auto-vía Santiago-Brión. Noutras ocasións, cun labor menos mediático pero de gran im-portancia social, ben en si-nistros de tráfico, ben na ex-tinción de pequenos lumes urbanos.

En total, nos seis primei-ros meses de 2014, o GES de Brión leva atendidas máis de 160 emerxencias. E a iso hai que engadirlle un novo labor de cara a sociedade: a pre-vención. Non en van, efec-tivos do GES están a realizar simulacros de lume nos cen-tros educativos da comarca.

Con 12 efectivos, o tra-ballo por quendas garante un servizo as 24 horas do día. Numericamente falan-do, Ames é o municipio cun maior número de incidencias atendidas e o mes de febrei-ro foi o de maior actividade,

con 59 partes. E un último dato preocupante: aumen-tan os animais abandonados nas estradas (10 nos primei-ros 5 meses do ano, a falta da campaña estival). Dende Altamira facemos un chama-mento á responsabilidade.

A Xustiza alónxase do cidadán, económica e fisicamenteREFORMAS LEXISLATIVAS

Brión esíxelle ao Ministerio de Xustiza o mantemento do partido xudicial de Negreira, cuxa supresión suporía que os veciños de Brión terían que desprazárense ata A Coruña

Disque a Xustiza era unha garantía da igualdade entre todos os cidadáns, pois todos eramos iguais ante a dama dos ollos vendados. Mais dun tempo a esta parte as cou-sas mudaron bastante, sobre todo dende a chegada de Al-berto Ruíz Gallardón á fronte do Ministerio de Xustiza.

O ano pasado tivemos que tragar cunhas taxas que o úni-co que fixeron foi encarecer o acceso á Xustiza e, polo tanto, alonxala do veciño. Pero se sae adiante o anteproxecto de Lei Orgánica do Poder Xudicial proposto por Gallardón, ese alonxamento xa non será só económico, senón que tamén pasará a ser físico. Gallardón quere eliminar 41 dos 45 xul-gados de Galicia, deixando tan só os da Coruña, Lugo, Ouren-se e Pontevedra. A Xunta anda a batallar para conseguir sal-var tamén os de Vigo, Santia-

go e Ferrol, pero non se molla co resto.

No caso de Brión, isto su-poría a desaparición do xulga-do de Negreira, de xeito que todos os veciños e veciñas que teñan que arranxar cal-quera tipo de asunto no xul-gado terán que desprazáren-se a máis de 75 quilómetros, ata a cidade da Coruña. “É unha forma de facer inviable

a Xustiza para os cidadáns. Primeiro foron as taxas, logo a supresión dos Rexistros e ago-ra centralizar na Coruña. É un sinsentido”, explica o alcalde Xosé Luís García, quen presen-tou unha moción para instar á Xunta de Galicia a pedir diante do Ministerio o mantemento do partido xudicial de Negrei-ra. A proposta foi respaldada por todas as forzas políticas brionesas.

A gratuidade e a continuidade dos Rexistros Civís, en entredito

Ter que pagar por un rexistro de nacemento, boda ou de defunción. O que hai uns anos podería parecer un auténtico disparate, hoxe está máis preto de facerse realidade despois de que o BOE publicase o pasado 5 de xullo o decreto do Goberno que establece a privatización do Rexistro Civil, que pasa a mans dos rexistradores da propiedade. Todo un agasallo de Rajoy aos seus colegas de profesión. O que xa é seguro é que esta decisión suporá a desaparición dos Rexistros Civís, que viñan funcionando dentro dos xulgados comar-cais, e dos xuíces de paz, que tanto ben fixeron na resolu-ción de pequenos conflitos.

Page 8: 91 - ALTAMIRA Nº 91

8 | Concello de Brión

ACTUALIDADE

Un total de 176 maioresparticiparon na excursión á Costa da Morte

VIAXE DOS MAIORES

Un total de 176 maiores de Brión participaron o pasado mes de xuño na tradicional excursión da terceira idade, que cada ano organiza o Concello de Brión e que desta vez tivo como destino a Costa da Morte. Os participantes, veciños e veciñas de Brión maiores de 60 anos (ou pensionistas maio-res de 55 anos), saíron ás 8 da mañá das súas parroquias con destino a Muxía, onde fixeron unha visita á contorna do santuario da Virxe da Barca, xa que o interior aínda está a rehabilitarse despois dos desperfectos causados pola caída dun lóstrego.

Tras visitar a fermosa vila muxián, a expedición traslado-use ata o veciño municipio de Camariñas, onde disfrutaron do contraste entre as agrestes paisaxes do Cabo Vilán e a delicadeza da artesanía das palilleiras locais. De camiño ao xantar en Vimianzo, a expedición fixo un pequeno desvío para coñecer o Museo do Alemán (Camelle) e as súas escul-turas, as mesmas que cando veu cubertas polo chapapote do “Prestige” lle ocasionaron a morte.

O xantar tivo lugar no restaurante “A Lagoa” (Vimianzo) e, como tamén é habitual, incluíu tamén un baile de so-bremesa. A media tarde, e xa iniciando o camiño de volta a Brión, a expedición fixo unha última parada en Dumbría, onde visitaron a fermosa fervenza do Ézaro, a única de Euro-pa que cae sobre o mar.

A ANPA Andaravía recibe o apoio unánime do pleno municipal ás súas peticións de mellora para o colexio

“Xa sabedes que con-tades co total apoio deste Goberno e agora tamén tendes o respaldo unánime do pleno municipal”. Con estas palabras o alcalde Xosé Luís García encabe-zaba o apoio unánime da corporación brionesa ás reivindicacións do Colexio de Pedrouzos, expostas na sesión ordinaria de abril por María Bragaña e Lucho Penabade, representantes da ANPA Andaravía.

Unha vez finalizada a sesión, Bragaña e Penaba-de deron lectura a un co-municado no que denun-ciaban as eivas do colexio e os seus temores diante dunhas obras de mellora que non só non se realiza-ron senón que nin seque-ra se estaban abrindo os correspondentes procede-mentos administrativos.

Xosé Luís García asegurou que o seu Goberno “compar-te totalmente as vosas rei-vindicacións. Sabemos que dende a Xunta todo son boas palabras pero tamén compro-bamos como o arranxo do as-censor, que tan só custa 2.100 euros, segue sen facerse. E se queremos que os arranxos se fagan no verán é preciso co-mezar os expedientes agora”.

Un apoio que tamén rei-terou a voceira do Partido Popular, Mercedes Gloria Vázquez, quen ofreceu a colaboración do seu grupo “no que poidamos apoiar” e mesmo advertíu de que “se a Consellería non se toman as medidas necesarias, o PP en-cabezará a manifestación que se convoque”. Pola súa ban-da, o voceiro do BNG, Xesús Pena, asegurou que “compar-timos a vosa proposta inte-gramente”.

O PP incorpora a Saturnino Abetee Ramón Carro, tras a terceira renuncia nesta lexislatura

ACTUALIDADE MUNICIPAL

O pleno municipal de Brión conta con dúas novas incorporacións: Saturnino Abete e Ramón Carro, am-bos concelleiros polo Partido Popular e que substitúen a María del Mar Cobas Cajuso e Mónica Pato, que deixaron o seu cargo neste primeiro semestre de 2014 por razóns de carácter persoal.

Así, nestes tres anos de lexislatura presentaron a súa demisión 3 dos 4 con-celleiros elixidos nas pasa-das eleccións municipais na candidatura do PP, quedan-do daquela Mercedes Gloria

Vázquez, quen asumiu a por-tavocía do grupo municipal. Un ano antes, en agosto de 2013, demitía do seu cargo Carlos Tomé alegando tamén razóns de tipo personal.

O alcalde Xosé Luís Gar-cía agradeceu “o traballo e o bo saber estar no tempo que estiveron aquí” tanto a Mónica Pato como a María del Mar Cobas, a quen lles desexou o mellor nos retos futuros que teñan que en-frontar. Así mesmo, animou aos novos concelleiros a se-guir a liña de traballo aberta polas súas predecesoras

MELLORAS NO CEIP

Page 9: 91 - ALTAMIRA Nº 91

Revista Altamira | 9

ACTUALIDADE

A Xunta investirá 200.000 euros nun obradoiro de emprego para Brión e Ames.

COLABORACIÓN ENTRE CONCELLOS

A Xunta de Galicia conce-deulle aos concellos de Brión e de Ames un obradoiro de emprego en servizos fores-tais, denominado “Entre Ríos”, que permitirá que un total de 22 veciños desempregados poidan dispor dun emprego durante 6 meses e formarse nesta especialidade a través da realización de diversos tra-ballos nos montes e nos ríos de ambos municipios. Así o anunciou a conselleira de Tra-ballo, Beatriz Mato, durante a clausura do programa integra-do para o emprego InserAmes Brión, no que participaron un total de 80 veciños de Ames e de Brión.

Beatriz Mato confirmou que a Consellería de Traba-llo e Benestar achegará uns 200.000€ para sufragar este taller de servizos forestais, que formará e dará traballo du-rante seis meses a un total de 22 persoas. Unhas cifras moi achegadas ás pretendidas po-los Concellos de Brión e Ames, que solicitaban unha achega de 235.000 euros e un total de 26 alumnos.

O obradoiro “Entre Ríos” dará traballo durante 6 meses e formará a un total de 22veciños desempregados.

O obxectivo final do obra-doiro, dirixido a desemprega-dos/as menores de 30 anos, é cualificar profesionalmente a eses 22 participantes e favo-recer a súa inserción laboral. As prácticas faranse tanto en Brión como en Ames, acome-tendo obras e actuacións de mellora nas condicións natu-rais da vexetación de ribeira, favorecendo os procesos de rexeneración natural e preser-vando dunha maneira sostible os ecosistemas da ribeira do río Sar. No conxunto de actuacións previstas tamén se adecuará un punto de auga para a extin-ción de incendios forestais e se acondicionarán pistas forestais e sendas. En Brión está previs-ta a recuperación de espazos naturais como as contornas do Castro Lupario e dos ríos Sar e Tambre, así como actuacións de mellora na ruta dos muíños e nos camiños de Viceso e da Luaña. O alcalde de Brión, Xosé Luís García, sinala que a conce-sión deste obradoiro “pon de manifesto o que dous conce-llos como Brión e Ames poden chegar a facer grazas á colabo-ración mutua”.

Clausurado o InserAmes Brión, no que 23 alumnos conseguiron traballo

O salón de plenos do Concello de Ames acolleu o acto de clausura do programa InserAmes-Brión, no que partici-paron un total de 80 persoas dende o pasado mes de nov-embro, 23 das cales xa conseguiron un posto de traballo. Un acto que estivo presidido pola conselleira de Traballo, Bea-triz Mato; polo alcalde de Ames, Santiago Amor; e polo pri-meiro tenente de alcalde e concelleiro de Medio Ambiente de Brión, Xosé Pedro Cambón. Beatriz Mato destacou que “nesta edición a Consellería de Traballo investiu 160.000 euros. Durante o ano 2014 seguiremos apostando por este tipo de plans integrados de emprego e destinaremos 5,4 millóns de euros para que os concellos e as entidades so-ciais podan seguir desenvolvendo este tipo de programas”.

O programa integrado para o emprego InserAmes-Brión tivo lugar entre os meses de novembro e maio no Aula Ce-mit de Brión e no Centro de Formación e Emprego e no Centro de Servizos Múltiples de Ames. Durante os primei-ros meses, acometéronse un total de 12 accións formativas diferentes que deron paso a unhas prácticas laborais dos 80 alumnos en empresas da comarca. En marzo tivo lugar a segunda fase do plan de formación, que incluíu outros 10 cursos formativos e un módulo de prácticas profesionais.

Page 10: 91 - ALTAMIRA Nº 91

10 | Concello de Brión

ACTUALIDADE

10 | Concello de Brión

A Policía Local de Brión imparte unha sesión de seguridade viaria aos meniños da gardería municipal

SEGURIDADE VIARIA

Os meniños da gardería municipal recibiron unhas nocións de seguridade via-ria da man do xefe da Policía Local, Marcos Delgado. A clase tivo lugar no aparca-mento da gardería, onde os pequenos amosaron un alto nivel de coñecemento dos sinais de tráfico (semáforos, pasos de peóns...). De feito só se trabucaron co “Stop”, que identificaron como “pe-rigo, camión”. Ademais, sor-prenderon ao xefe da Policía Local cando lles preguntou que era o primeiro que ha-bía que facer ao subir no coche. Todos coincidiron en que tiñan que poñer o cinto da súa cadeira.

Na quenda de pregun-tas, os pequenos intere-sáronse polo traballo que fai a Policía Local en Brión e puideron subirse ao vehí-culo e usar algúns dos ele-mentos de traballo para a sinalización dos accidentes. E todos disfrutaron espe-cialmente do momento no que se prenderon as sereas do coche policial.

Esta é a primeira vez que a gardería celebra unha xor-nada de educación viaria. A boa aceptación por parte dos cativos fai que xa se es-tea pensando en convertela nunha cita anual en colabo-ración coa Policía Local.

O principio da fin do bipartidismo?ELECCIÓNS EUROPEAS

O resultado das eleccións europeas en Brión reproducen as mesmas variables nacionais: descenso dos partidos tradicionais e ascenso de partidos minoritarios

Os resultados das pasadas eleccións europeas puxeron sobre a mesa unha cuestión: supoñen o principio da fin do tradicional bipartidismo PP-PSOE?. Moitas son as opi-nións sobre o tema mais, se miramos unicamente os fríos datos, podemos observar al-gúns tan clarificadores como que en 2009 a porcentaxe de voto concentrada en PP e PSOE era do 82.47%. Cinco anos despois, esa cifra é do 54,84%. Unha perda de máis de 27 puntos porcentuais que amosa que algo está pasando na nosa sociedade.

O maior descenso ten lu-gar no Partido Popular, que case perde a metade dos seus apoios en Brión ao pasar dos 1.215 votos de 2009 ata os 662 de 2014. Algo similar acontece no PSOE, que pasa

de 804 a 475 votos, e no BNG, que pasa dos 251 aos 146 su-fraxios. Aínda así, PP e PSOE mantéñense como os dous partidos máis votados, men-tres que o BNG deixa de ser a terceira forza política brionesa para converterse na quinta, superada por AGE e Podemos.

Pola contra, a maior subi-

da a experimenta Alternati-va Galega de Esquerdas que con 306 votos nos comicios de 2009 duplica os resulta-dos obtidos unicamente por Esquerda Unida no 2009. A outra gran aparición é a xa co-ñecida do Podemos de Pablo Iglesias, que conseguíu un to-tal de 161 votos UPyD medra

en porcentaxe de voto pero descende en número de su-fraxios, perdendo 17 votos ata quedar nos 68. A próxima cita coas urnas será en maio, coas eleccións municipais. Será en-tón cando confirmemos se es-tamos ante o principio da fin do bipartidismo ou nun toque de atención aos gobernantes.

Resultados das eleccións europeas 2014 en Brión

Page 11: 91 - ALTAMIRA Nº 91

Revista Altamira | 11Revista Altamira | 11

ACTUALIDADE

O SERGAS deixa senmatrona a Brión

RECORTES NA SANIDADE

Todos os grupos municipais respaldan a postura do alcalde de esixir a reposición inmediata do servizo.

O Concello esixe que se cubra de inmediato o posto de matrona do centro de saúde, dende a xubilación da profe-sional que o atendía despois de 40 anos de servizo. O alcalde Xosé Luís García considera “impresentable pretender obrigar ás mulleres de Brión a pasar consulta no Milladoiro por culpa dos recortes en materia sanitaria”, unha vez confirmado que as autoridades sanitarias autonómicas non teñen previsto cubrir este posto e que pretenden que o servizo sexa presta-do dende o centro de saúde do Milladoiro.

José Luís García denuncia que “esta situación é culpa dos recortes en materia sanitaria que está a aplicar o Goberno, pois incluso nos envían ao Milladoiro porque lles sae máis barato que a Bertamiráns, que está moito máis preto” e anuncia: “buscaremos acordos con quen sexa, estamos aber-tos a falar con quen sexa pero non imos estar calados porque isto non pode quedar así”. Unha postura que foi respaldada pola unanimidade do pleno municipal, na que se acordou ademais ir da man con Ames para poder acordar actuacións comúns diante da Consellería. “Se o Sergas non resolve o problema en Brión, tamén estaría creando outro problema no Milladoiro, onde as mulleres desta localidade tamén que-darían en situación precaria”, explica o alcalde.

A proposta do alcalde contou co respaldo do PP, cuxa voceira, Mercedes Gloria Vázquez, explicou que “déixase ás mulleres de Brión en situación de desvantaxe fronte a outros concellos” e apoiou “que se faga conxuntamente con Ames para que a Consellería cambie de opinión, porque non hai outra”. Pola súa banda, o voceiro do BNG, apuntou que “é urxente este servizo”, polo que tamén apoiou a proposta.

José Luís García xa falou cos responsables do SERGAS, a quen agradeceu o seu ofrecemento de incrementar incluso o número de horas ou o número de días de consulta, pero insiste en que “estamos no século XXI, o centro de saúde Brión ten que ter unha matrona”. As cifras así o corroboran: en Brión hai un total de 3.900 mullers, das que 3.283 son atendidas no centro de saúde de Pedrouzos. De todas elas, 1.532 están en idade fértil. Ademais, advirte de que que “en ano e medio tamén se xubila un dos médicos, imos quedar tamén sen el? Porque se seguimos aplicando estas medidas e estes recortes sen sentido ao final imos quedar sen profe-sionais para o centro de saúde brionés”.

O Concello destina 26.700 euros para actividades dos colexios e asociaciónsculturais e deportivas

SUBVENCIÓNS

O Concello de Brión habi-litou unha serie de partidas por un importe de 26.700 euros para a concesión de subvencións ao CEIP de Pe-drouzos, ao IES Brión e a outras sete entidades cultu-rais e deportivas do muni-cipio polas actividades que desenvolven ao longo do ano. Así o vén de decidir o al-calde de Brión, unha vez que os orzamentos municipais para 2014 xa foron aproba-dos definitivamente.

Ademais do CEIP de Pe-drouzos e do IES Brión, ta-mén se beneficiarán destas subvencións a Banda Mu-nicipal de Música, que des-

envolve un gran número de actuacións polas distintas festas parroquiais, e a aso-ciación de mulleres Xuntan-za, que ademais das súas actividades tamén colabora cos Servizos Sociais na reco-llida e entrega de alimentos do programa Brión Solida-rio. Así mesmo, tamén se contemplan axudas os clubs deportivos do municipio (SD Brión, SD Luaña; Bastavales UD e asociación de caza Al-tamira), así como á asocia-ción Festa do Cabalo, que a mediados de setembro orga-niza a xa tradicional Festa do Cabalo que reúne a milleiros de persoas no monte Raña-longa.

Aforro de 8.500 euros no consumo de gasóleo en instalacións e maquinaria municipal

AFORRO MUNICIPAL

Mentres os prezos dos combustibles non deixan de subir, o Concello e a empre-sa Cepsa Comercial Noroeste veñen de formalizar un con-trato para o subministro de gasóleo A para os vehículos e maquinarias municipais e de gasóleo C para calefacción de centros públicos munici-pais durante os dous próxi-mos anos. Un acordo que permitirá un aforro do 8,7% no prezo final do gasóleo ao Concello de Brión.

Durante o proceso de licitación, Cepsa Comercial

Noroeste ofertou un descon-to do 8,3% en gasóleo A e do 9,1% en Gasóleo C. Isto su-pón que a media aritmética da baixa ofertada para cada unha das clases de gasóleo é do 8,7 %, que será a por-centaxe de desconto que se aplicará no contrato a ambas clases de gasóleo. De acordo cos datos de consumo de ga-sóleo dos anos 2012 e 2013, este acordo suporá para o Concello de Brión un afo-rro de máis de 8.500 euros anuais, fronte aos máis de 6.000 euros aforrados no bienio anterior.

Page 12: 91 - ALTAMIRA Nº 91

12 | Concello de Brión

BRIONESES

Unha brigada insubstituíble

“Nunca tantos lle deberon tanto a tan poucos”. Salvando as distancias, a mítica frase de Winston Churchill podería va-lernos para resumir o traballo levado a cabo durante as úl-timas décadas por estes seis veciños de Brión á fronte das Brigadas Municipais de Obras. Coincidindo coa xubilación de varios deles, Altamira decidiu reunilos para que nos conten algunhas das súas experien-cias que, como poderán com-probar, nalgún caso mesmo chegan á categoría de “aven-turas”.

- Altamira. Cando ao prin-cipio dos oitenta iades polas aldeas, como vos recibía a xente?

- José Porto: Aínda teño a foto que sacamos en Vioxo

de Abaixo sobre o chimpín, que morríamos co frío e aque-la veciña nos sacou un café e unha copa.

- Santos Lapido: O certo é que temos que darlles as grazas a toda a veciñanza en xeral, aínda que é certo que a xente da parte alta axudaba moito máis.

- Juan Moreno: Porque o sistema das brigadas era moi completo e a xente sentía que traballabas para eles.

- Porto: Nunha pista que iamos abrir en Viceso os veci-ños déronos todo. “Collede o que faga falla”, dicían.

- Jesús Castro: Incluso te-mos estado con eles pola noi-te, tal era a complicidade cos veciños.

- Moreno: Esa complici-dade era incrible. Traballabas

para eles. A veces podías ter unha agarrada, como aquela vez en Soigrexa que nos saíu un veciño co legón.

- Castro: Ou en Gundín, que nos saíu cunha forcada e por pouco nos leva por diante. Menos mal que a ventanilla non estaba aberta.

- José Berdullas: Sempre houbo algún especial, pero a maioría era moi boa xente. Moito teñen colaborado.

- Santos: Axudábanche a facer calquera cousa.

- Moreno: Moitas veces nos pedían o imposible, pero sabían que faciamos todo o que podiamos para cumprir.

- José Manuel Méndez: Lembro cando fixemos a obra do río Pégo que falamos para ir recoller pedra no límite do Concello. Non só nos deron

permiso, senón que nos ensi-naron onde recoller as pedras e puidemos encher un camión delas.

- Altamira. Lembrades al-gún caso en especial que me-reza ser nomeado?

- Moreno: O do cura da Parroquia de Viceso, o que era de Santa Comba. Quería ampliar os accesos e os veci-ños o aceptaron sen problema e cederon os seus terreos ata que nosa topamos coa horta do cura, que se negou. Recor-do que lle dixen que lle esta-bamos a facer máis sitio para o seu “negocio” e que só por iso debería deixarnos a hor-ta enteira. Pero él quería que asfaltaramos todo o adro de Viceso, o que fose para non ceder parte daquela horta.

Non saen nos periódicos nin acaparan titulares. É posible que a historia non se lembre deles, mais case todos os veciños e veciñas lles recoñecen todo o traballo que fixeron ao longo das dúas últimas dé-cadas para construír o Brión do século XXI. Berdullas, Castro, Porto, Santos, Juan e Méndez conformaron unha activa brigada de obras en Brión até a súa máis

que merecida xubilación. Unha brigada dobremente insubstituíble, tanto pola cantidade e a calidade das obras que fixeron como polo feito de que o Goberno Rajoy impide a contratación de novos obreiros que recollan o seu testemuño. Nun contexto con 6 millóns de parados, en Brión dase o paradoxo de que se nece-sitan traballadores, pero non lle permiten contratar.

De esquerda a dereita: José Berdullas Nieto, Jesús Castro González, José A. Porto Esparís, Santos Lapido, Juan Moreno Badía e José Manuel Méndez Campos

Page 13: 91 - ALTAMIRA Nº 91

Revista Altamira | 13

BRIONESES

Juan Moreno: “faciamos máis obra, mellores e pola metade de cartos”

Os nosos protagonistas coinciden en lamentar o risco de desaparición das brigadas de obras de Brión tras a xubilación de 6 dos seus membros nos últimos anos. Empregos que non puideron ser cubertos con novos traballadores debido á prohibición de contratar establecida polo Goberno Rajoy. “Os de arriba mar-chan cos cartos e despois pagámolo todos”, espeta José Porto. “Era moito me-llor que continuaran”, enga-de Jesús Castro, xa que “fai-se moito mellor o traballo”. “E ademais daríaselle tra-ballo a xente do concello”, remata Santos, “porque moitos dos aquí presentes traballamos 15 ou 20 anos aquí, agora estamos falan-do de traballos para dous ou tres meses como moito”.

De feito, as xubilacións de Berdullas, Castro e Mén-dez Campos no último ano deixaron en cadro a brigada

de obras municipal. “Ago-ra temos 4 persoas para 6 palas que podíamos ter a traballar”, lamenta Santos, quen retrasou uns meses a súa xubilación para non incrementar o problema. Porque a triste realidade é que Brión conta cunha ma-quinaria sen parangón en-tre os municipios da comar-ca compostelá pero non lle deixan contratar xente para manexala.

De non cambiar a lei, o Concello terá que contratar a empresas externas. “Iso significará menor flexibi-lidade á hora de facer as obras”, advirte Juan Mo-reno, aparellador en Brión ata a súa xubilación en 2010. “As brigadas facían máis obra, mellores e pola metade de cartos. As nosas obras quedaban moi ben feitas. Os veciños notaban cando o asfaltado o facia-mos nós e cando era unha terceira empresa”, explica.

A gran obra: o saneamento e abastecemento de Brión

Á pregunta: cal é a obra da que te sintes máis orgulloso, a variedade de opinións é pa-tente. “O campo de fútbol”, di sen dubidar Berdullas. “A pra-za dos pulpeiros na Santa Mi-nia”, replica Porto. “O muro de Outeiro”, propón Moreno. “O Santo Arandel”, engade Mén-

dez. “A ampliación da recta de Bastavales”, escolle Santos. Mais todos destacan o traba-llo para levar o saneamento e a auga a todas as parroquias. “É algo ao que ás veces non se lle dá a importancia que me-rece”, di Méndez, un dos que máis traballou nesas obras.

- Santos: Eu lembro cando chegou a primeira máquina no 1982, unha escavadora coa que comezamos a abrir pistas e camiños por todas as aldeas. O máis complicado foi en Cor-nanda. Recordo unha vez ás beiras do Tambre, abrindo un camiño e a máquina fóiseme cara atrás. E quedei enriba da auga e con media máquina no aire, que tivemos que tumbala para non ir ao río.

- Castro: Camión non se deu nunca ningún de baixa. Quedaría sen palanca de cam-bios pero se facía o que fora para que seguira.

- Moreno: Lembrades a “pota” daquel Land-rover, que ata as marchas tiña esburata-das?.

- Santos: Era o que había. Aínda lembro de ir nel con Hi-pólito baixando do monte Pin-do e vai e nos adianta a roda de atrás. Foramos levar algo para os campamentos e resul-ta que iamos baixando sobre tres rodas!!!.

- Altamira: Obreiros, me-cánicos, relacións públicas... faciades de todo.

- Berdullas: Lembrades cando chegou o primeiro cilin-dro, que axudabamos a reco-ller o lixo cun bidón de gasoil? Cortábase o bidón pola meta-de e listo.

- Santos: Moitos dicían que o alcalde estaba tolo ao pretender recoller o lixo polo rural.

- Méndez: E iso que antes non había tanto lixo como agora.

- Alramira: Despois de tantos anos, que valoración

facedes do voso traballo nas brigadas de obras de Brión?.

- Méndez: Creo que a xen-te quedou moi contenta co al-cantarillado.

- Porto: E coa gran obra na contorna da igrexa de Bastava-les.

- Moreno: O certo é que aforrámoslle moitos cartos aos veciños e fixemos moitas obras. Lembro un problema que tivemos no saneamento de Aguiar, que non chegaba a todos os veciños e nos pedían un esforzo máis.

- Méndez: algúns pedían que lles meteramos un bom-beo.

- Moreno: por facer ese pouco máis, unha empresa nos tería cobrado máis que polo resto da obra. Nós fo-mos quen de arranxalo en 15 días. Faciamos máis e mello-res obras. E pola metade de cartos.

O certo é que estes seis ve-ciños de Brión, canda os seus compañeiros aínda en activo e todos os traballadores que teñen pasado polas brigadas municipais, deixaron unha fonda pegada en Brión. A eles lles debemos a apertura de quilómetros e quilómetros de estradas no monte, o arranxo dos accesos ás aldeas ou a instalación dun sistema de sa-neamento de auga que chega a todos os veciños do muni-cipio. Rematando co xogo de citas “bélicas” do inicio, pode-ríamos lembrar as verbas do xeneral MacArthur: “os vellos soldados nunca morren, es-vaecen”. Os nosos seis prota-gonistas xubílanse, pero o seu traballo nunca esvaecerá.

Page 14: 91 - ALTAMIRA Nº 91

14 | Concello de Brión

SERVIZOS SOCIAIS

Os alumnos e alumnas do CEIP de Pedrouzos gravan un flashmob

Os nenos e nenas do CEIP de Pedrouzos veñen de gravar un flashmob, coa canción e coa coreografía de “Móvete”, que promove a Xunta dentro dun proxecto de saúde. A equipa composta por Pablo Garalo-ces, Pablo Fontenla e Gaspar Broullón foi a encargada de facer a parte técnica do vídeo, no que mesmo empregaron un helicóptero dirixido por con-trol remoto. Agardamos con impaciencia ver o vídeo final.

VÍDEO

Dúas representacións teatrais poñen o broche de ouro ao curso na gardería municipal de Brión

GARDERÍA

Os nenos e nenas da garde-ría municipal de Brión celebra-ron o seu tradicional festival de fin de curso coa represen-tación da obra “Moncho e a mancha”, de Kiko da Silva. Unha representación que co-rreu a cargo dos pequenos de entre 2 e 3 anos, que este ano deixan a gardería para incor-porárense ao colexio tras reci-biren o correspondente diplo-ma de “graduación”.

Durante algo máis de media hora, os pequenos re-presentaron o conto cuns disfraces elaborados por eles mesmos con material de re-fugallo e coa colaboración dos

seus mestres. O resultado foi moi aplaudido polo centenar de nais, pais, irmáns, avós e avoas que asistiron ás repre-sentacións.

Un acto que pon o broche de ouro a un ano repleto de novidades na gardería munici-pal. Ademais da primeira edi-ción do programa de segurida-de viaria en colaboración coa Policía Local, dende a gardería municipal organizaron tamén dúas saídas cos pequenos pola parroquia dos Ánxeles: unha para probar os distintos tipos de froita que hai e outra de tipo máis lúdico a un centro de xogos en Monte Balado.

Os meniños participaron nun programa de saídas para coñeceren a súa contorna

Page 15: 91 - ALTAMIRA Nº 91

Revista Altamira | 15

SERVIZOS SOCIAIS

Un DVD recolle a valiosa memoria dos maiores de BriónOBRADOIROS DA MEMORIA

A actividade “Obradoiro de memoria” do Concello de Brión volve a ser noticia unha vez máis por un interesante traballo de historia oral no que maiores que participan nos obradoiros lembran como era a súa infancia hai máis de cincuenta anos.

Baixo a coordinación de Elena Remesar, promotora desta idea, os agora avós revi-viron diante da vídeo cámara as lembranzas de cando eran nenos: os difíciles tempos da posguerra, un momento his-tórico moi complicado que lles tocou vivir. Como nos comenta Elena, “Algúns naceron antes da guerra civil, pero todos vivi-ron a posguerra e as súas vidas non foron doadas”. Como eles mesmos din: “aínda así fomos felices”, “conformabámonos con pouco”.

O traballo, titulado “Pala-bras maiores (parte 1)”, está editado nun DVD onde se recompilan as vídeo grava-cións das charlas e coloquios onde os participantes falaron de como era a escola, os xo-gos cos que se divertían e as cantigas que cantaban na súa infancia. Tamén comparten lembranzas da súa vida cotiá:

a familia, os traballos domés-ticos e no campo, etc. O disco complétase cunha galería fo-tográfica de imaxes achegadas polos participantes.

Elena Remesar está moi satisfeita co resultado. Fronte a traballos anteriores reali-zados en formato libro (“Un anaco de sabedoría” e “Outro anaco de sabedoría”), nesta ocasión “o traballo fixémolo en forma de DVD, o que nos permite mirar aos ollos da per-soa que fala. Ademais queda reflectida a riqueza lingüística e os distintos acentos dos par-ticipantes”.

Elena continúa dicíndonos que “esta é a primeira parte, pero esperamos poder facer o próximo ano a segunda ti-tulada: “A mocidade”, da que xa temos algún material e es-peramos reunir máis”. Unha segunda parte de “Palabras maiores” que complementará esta interesante traballo de investigación que nos amosa como se vivía en Brión a me-diados do pasado século a través de testemuñas directas. Unha achega imprescindible e unha herdanza de incalculable valor para as xeracións vindei-ras.

“Palabras maiores (parte 1)” é unha continuación dos libros “Un anaco de sabedoría” e “Outro anaco de sabedoría”. Para 2015 contan facer un segundo DVD: “A mocidade”

Os artistas participantes nos “Encontros coa arte” dis-frutaron coas obras dos pequenos artistas brioneses

Os alumnos e alumnas dos obradoi-ros de manualidades expuxeron as súas creacións no Polivalente

O centro social polivalen-te acolleu durante o pasado mes de xuño unha exposi-ción de cadros realizados polos alumnos e alumnas dos obradoiros municipais de manualidades. Uns pequenos artistas que demostraron que o talento non está para nada ligado á idade, pois puidemos

disfrutar de auténticas ma-ravillas saídas dos pinceis de nenos e nenas de tan só seis aniños de idade. Non é que o diga Altamira, é que así o confirmaron os participantes nos Encontros coa Arte, que contamplaron con moita cu-riosidade as obras destes pe-quenos grandes artistas.

EXPOSICIÓN

Page 16: 91 - ALTAMIRA Nº 91

16 | Concello de Brión

CULTURA E DEPORTES

Rosalía preside o “Encontro coa Arte. De l´Empordà a Galicia” ENCONTROS COA ARTE

A figura da poetisa Rosalía de Castro foi a gran referencia da novena edición do Encon-tro coa Arte, dedicado á rela-ción entre a rexión catalá do Empordá e Galicia. Nel partici-paron un total de 22 artistas, dez cataláns e doce galegos, e que realizaron tres xornadas de pintura ao natural: na con-torna do río Pego, na Ponte Maceira e na Igrexa de Basta-vales, onde escoitaron o tanxi-do das famosas campás ás que cantara a poetisa galega antes de coñecer a súa casa-museo de Padrón.

E é que, tal e como asegu-rou o alcalde Xosé Luís Gar-cía na recepción aos artistas, “a nosa máis insigne poetisa coouse nestes encontros case sen querer”. Así, a expedición asistiu á derradeira represen-tación de “A miña pequena Rosalía”, un espectáculo ba-seado no libro-CD editado por Edicións Xerais co gallo do 150 aniversario da publicación

de Cantares Gallegos e que contou coas extraordinarias voces de Xiana Lastra, Mini, Mero e María Manuela. García destacou que “se analizamos esas poesías escritas hai 150 anos, veremos que ese agui-llón contestatario e social de Rosalía está máis presente ca nunca: a emigración, a situa-ción do idioma e da cultura, as súas reivindicacións de xustiza social, as súas denuncias de maltrato ao pobo... todo vol-ve, por desgraza, a estar hoxe plenamente vixente”.

Pola súa banda, Dolors Guirado, primeira tenente de alcalde de Castell-Platja d’Aro, destacou que “el intercambio cultural es la base del herma-namiento de los pueblos, pues es el espacio donde es posible la comunicación”. Finalmente, o comisario dos Encontros, Xosé Vázquez Castro, agrade-ceulle ao Concello que “siga potenciando a cultura e dera continuidade a este proxecto”.

Os 22 artistas cataláns e galegos participantes nestas xornadas reivindicaron o papel da cultura como parte fundamental do ser humano

Page 17: 91 - ALTAMIRA Nº 91

Revista Altamira | 17

CULTURA E DEPORTES

O brionés Calixto Abalo, subcampión de España Xuvenil de Vela e cuarto absoluto

VELA

O brionés Calixto Abalo vén de proclamarse subcam-pión de España Xuvenil no Campionato de España da Cla-se 420 celebrado no Mar Me-nor (Murcia) entre o 14 e o 20 do pasado mes de abril. Aba-lo e o seu compañeiro Adrián Domínguez, do club Liceo Ca-sino de Vilagarcía, formaron parte da Selección Galega de Vela, que se enfrontou a un total de 74 tripulacións de nove comunidades distintas e tamén a 5 tripulacións xerma-nas, convidadas polo comité organizador.

Despois de 11 probas du-rante eses catro días, o dúo composto por Calixto Abalo e Adrián Domínguez procla-mouse subcampión de España Xuvenil, ademais de lograr a cuarta posición na clasifica-ción absoluta. Os navegantes galegos souberon aproveitar os ventos frouxos dos dous primeiros días de competición para despois manter o ritmo

da regata durante o resto do campionato, sen apenas so-bresalto ningún. Iso permitiu-lles estar ata o último momen-to moi cerca dos dominadores da proba, a parella formada polo murciano José M. Ruíz e o andaluz Fernando Dávila.

Grazas a estes grandes resultados, o brionés Ca-lixto Abalo e o seu compa-ñeiro Adrián Domínguez conseguiron unha praza no Equipo Nacional que partici-pará o próximo mes de agos-to no Campionato do Mundo Absoluto e no Campionato de Europa Xuvenil. Dúas compe-ticións que serán o broche de ouro a unha temporada chea de éxitos para estes dous rega-tistas do LC Vilagarcía, na que se proclamaron campións ga-legos da clase 420 e consegui-ron outros meritorios triunfos como o I Trofeo MacDonald´s de 420, disputado o pasado mes de febreiro en augas de Vilagarcía.

Participará coa selección nacional o próximo mes de agosto no Campionato do Mundo Absoluto e no Campionato de Europa Xuvenil de Vela

Monecadas pecha a súa primeira edición cunha grande asistencia de público e a mirada posta no 2015

FESTIVAL DE TÍTERES

Os pequenos (e os que non o son tanto) de Brión aos que gus-tan do teatro de monicreques es-tiveron de noraboa xa que a Car-balleira de Santa Minia acolleu os monifates do Festival Monecadas, unha actividade organizada por Ti-tiriteiros da Comarca e o Concello de Brión.

O festival, previsto inicialmente para os días 4, 5 e 6 de xullo, tivo que cambiar de datas ante unha predición meteorolóxica negati-va que finalmente se cumpriu. Os espectáculos e obradoiros trasla-

dáronse aos días 11, 12 e 13 de xu-llo. E ante o éxito de participación acadado, os organizadores xa están pensando nunha nova edición para o ano que ven.

Comenzaba o venres 11 de xu-llo ás 18:00 h. cun obradoiro, se-guido ás 20:00 h. da obra “O mur-murio do mar”, a cargo de A Xanela do Maxín. O sábado 12, ás 20:00 h. tivo lugar a representación de “Pe-keno Kabaret de tolos” de Títeres Alakrán, e o domingo 13, ás 13:00 h., Títeres Cachirulo pechou esta edición co espectáculo “Pinocho”.

Page 18: 91 - ALTAMIRA Nº 91

18 | Concello de Brión

CULTURA E DEPORTES

Éxito do programa de Sendeirismo 2014 con medio milleiro de camiñantes

Seis roteiros, máis de medio milleiro de partici-pantes. Estas son as cifras do programa de Sendeiris-mo 2014 do Concello de Brión, que vén de pecharse con dúas viaxes á Guarda e á Costa da Morte. As Fragas do Eume, a Ribeira Sacra, Carnota e unha ruta entre o castro de Baroña e Corrube-do completaron a oferta deste ano. E para o ano, máis!!!

SENDEIRISMO

As escolas deportivas e culturais pechan temporadaACTIVIDADES

As escolas municipais cul-turais e deportivas de Brión celebraron as súas tradicionais exhibicións de peche de tem-porada que congregaron a nu-merosos veciños e veciñas de Brión no polideportivo munici-pal. Un día especial de “despe-didas”, pois coincidiu tamén co Concerto de Fin de Curso dos alumnos e alumnas da ESMU Magariños que, na celebración do seu décimo aniversario, vol-veron deixar pequeno o audi-torio do polivalente.

Os alumnos da ESMU Ma-gariños e os seus profesores ofreceron un concerto onde os asistentes gozaron dos progre-sos musicais logrados ao longo do curso por nenos e nenas de diferentes idades. Unha mo-dalidade diferente á das “Noi-te en branco”, eses concertos nocturnos que che adiantaba-mos na anterior Altamira e que foron todo un éxito.

Un curso que se vai e outro que chega, pois na última se-mana de agosto abrimos prazo para o curso 2014-2015.

As inscricións para a próximo curso 2014-2015 deberán facerse en persoa, na Casa da Cultura e durante o próximo mes de setembro

Page 19: 91 - ALTAMIRA Nº 91

Revista Altamira | 19

CULTURA E DEPORTES

HOMENAXE

“O Concello de Brión a Roberto Vidal Bolaño. 31 de xullo de 2014”. Esta é a es-cueta placa que acompañará o busto en bronce do insigne dramaturgo, que será inaugu-rado o próximo 31 de xullo, coincidindo co día do seu na-cemento. Como non podía ser doutro xeito, a escultura de Vidal Bolaño ocupará un lugar destacado no municipio: a súa benquerida carballeira de San-ta Minia, no xardín en fronte da Casa da Cultura onde este ilustre veciño ensaiaba co seu grupo “Teatro do Aquí”.

Para entender a idoneida-de do emprazamento da es-cultura, cómpre lembrar que a carballeira de Santa MInia foi tamén o escenario ao aire libre onde se representaron varias obras teatrais dirixidas e interpretadas por Roberto, como a “A ópera de a pata-cón” ou ”Touporroutou da Lúa e do Sol”. E na Casa da Cultura se representaron “Oé, oé, oé”, “Sen ir máis lonxe”, “Os Pa-palagüi” e “Animaliños”, obra inspirada nas vivencias cotiás do barrio onde residía. Un em-

prazamento, pois, cargado de moito simbolismo.

Porque Brión non esquen-ceu en ningún momento a fi-gura de tan ilustre veciño, que pasou entre nós os seus de-rradeiros anos na compaña da súa familia. De feito, a súa pe-gada aínda segue viva, como ben puidemos comprobar durante o pasado ano 2013, coincidindo coa súa elección como autor homenaxeado no Día das Letras Galegas. E non só cos distintos actos progra-mados polo Concello, senón tamén nos actos organizados pola comunidade educativa brionesa, entre a que a figura de Vidal Bolaño segue aínda moi presente.

Agora, e despois de moito traballo, un busto en bronce deseñado por Xosé Vizoso e elaborado polo propio Vizoso e por Roge Fernández deixa-rá constancia da pegada que Vidal Bolaño deixou en Brión. Pois a lembranza daquel home alto, de profunda voz e mira-da certa e poderosa é difícil de esquecer.

A figura, elaborada por Xosé Vizoso e Roge Fernández, será presentada o xoves 31 de xullo, coincidindo co día da data de nacemento do autor (31/07/1950).

Vidal Bolaño, eterno na súa Carballeira

O busto foi deseñado polo recoñecido debuxante e deseñador gráfico Xosé Vizo-so. A escultura en bronce foi elaborada polo propio Vizoso e por Roge Fernández, a tra-vés da técnica de fundición en bronce á cera perdida (Fundi-

ción Arte Bronce de Goian de Cuqui Piñeiro).

A obra acompáñase dun audiovisual que recolle o pro-ceso de elaboración do busto, con entrevistas relacionadas con Roberto Vidal Bolaño.

Un busto conmemorativo en bronce

Recreación virtual aproximada do espazo onde irá situado o busto adicado a Vidal Bolaño que foi realizado polo artísta, afincado en Brión, Xosé Vizoso.

q

Page 20: 91 - ALTAMIRA Nº 91

20 | Concello de Brión

CULTURA E DEPORTES

Fin de curso no IES de Brión. As promesas están paracumprilas: o IES Brión homenaxea a todosos os seusgraduados

IES BRIÓN

O mesmo día no que a se-lección española de fútbol ini-ciaba o que sería o primeiro paso da súa volta á casa a fume de carozo, un grupo de alum-nos e alumnas de Segundo de Bacharelato do IES Brión facían o camiño contrario e daban o primeiro paso cara unha nova vida, na maioría dos casos lonxe do fogar. “A partir de ago-ra, vós sodes os únicos donos do voso futuro”. Sabias verbas de Alexandra, ex-alumna do IES Brión, en representación de todas as promocións que tivo este centro dende 2008 e que o pasado mes de xuño participaron no acto de gra-duación da promoción 2013-2014, que tamén serviu como homenaxe a todas as promo-cións anteriores que non des-frutaran deste acto (salvo a promoción 2012-2013). Como ben dixeron os seus mestres, era unha promesa que tiñan pendente. E as promesas están para cumprilas.

O salón de actos quedou pequeno para acoller a catro das cinco promocións do IES Brión, cuxa presenza demos-trou a idoneidade das verbas escollidas polo director Lucia-no Fernández Rueda para des-pedirse desta nova promoción: “non é un adeus, senón un ata sempre”. Pais e nais dos alum-nos que se graduaban e nume-rosos ex-alumnos e ex-alum-nas presentes conformaron un emotivo acto no que a vicedi-rectora do instituto, Ana San-tos, que destacou que “é unha promesa aos antigos alumnos que cumprimos, porque sodes para os novos alumnos un re-ferente que marca o camiño a seguir”. Ademais, sinalou en nome do profesorado que “nos sentimos moi orgullosos de todos vós”.

A presenza de 4 das 5 promocións do instituto fan valer as verbas do director do centro: “non é un adeus, senón un ata sempre”.

Un punto no que coincidiu tamén Consuelo Otero, titora da promoción que se graduou este ano “duro, de traballo in-tenso, de dúbidas e medos”. Otero ofreceu unha derradeira ensinanza ao citar a Pitágoras, quen dicía que educar é tem-plar a alma para as dificultades da vida. “Teredes dificultades na vida, pero esperamos que as vivencias e os coñecemen-tos que adquiristes no IES Brión vos sirvan para a vosa vida e para templar a alma”, anuncioulles.

Sara Ferreiro, en represen-tación da promoción que se graduou este ano, agradeceu o traballo do profesorado para axudarlles a superar a Selec-tividade, unha palabra que semellaba que aínda tiñan to-dos eles gravada a lume, pois non facía nin 24 horas que remataran os exames. “Con Selectividade as 24 horas nas nosas mentes, chegou o stress, que superamos grazas aos no-sos profesores, en especial á nosa titora Consuelo”, explicou Sara. Máis veterana nestas li-des, Alexandra deixoulles un

feixe de bos consellos en nome dos ex alumnos e ex alumnas do IES Brión. “A Universidade é como unha experiencia de selección natural a nivel huma-no. En novembro-decembro pasaredes de vivir a sobrevivir. De clases de 20 ou 30 pasare-des a clases de 100, onde os profesores non se preocupan”, adiantoulles, bromeando in-cluso coa “fauna universitaria” dicindo que “coa Cátedra de-ben outorgar unha licenza para ser un pouco especialito”.

Finalmente, o alcalde José Luís García tivo palabras de ánimo tanto para os alumnos como para os profesores. Á promoción que se graduou este ano citoulles unhas verbas de Aristóteles, un dos osos cos que se enfrontaran na Selecti-vidade horas antes, quen dixo que “a educación nunca termi-na, pois é un proceso de per-feccionamento. A educación dura tanto como dura a vida da persoa”. “En Brión démos-vos unhas boas bases, agora é tempo de que cada un de vós elixa o seu propio camiño”, ex-plicoulles o alcalde brionés.

José Luís García tamén lan-zou folgos ás anteriores pro-mocións, “o mellor exemplo de como mellorou a calidade edu-cativa en Brión nestes últimos anos”. Fronte ao desemprego e a crise económica, o alcalde brionés recorreu a outro dos autores da Selectividade, Bue-ro Vallejo, e fixo súas as ver-bas de: “dubida canto queiras, pero non deixes de actuar”. Por último, o alcalde tamén fe-licitou á comunidade educativa do IES Brión polo seu gran tra-ballo. “Dirección, profesores, pais, nais, entre todos fixestes deste instituto un dos mellores de toda a provincia. Sabedes que tendes as portas do Con-cello de Brión abertas para seguir traballando por que os nosos fillos reciban a mellor educación posible”, ofreceulles García.

Unha base formativa que fai que, mentres os pupilos de “La Roja” xa remataron a súa andaina polo Brasil, o ilusio-nante camiño dos mozos e mo-zas de Brión non fixera máis ca empezar.

Page 21: 91 - ALTAMIRA Nº 91

HISTORIAS DE BRIÓN

Quedan xa poucas tabernas das de antes, onde convi-vían en harmonioso desorde toda caste de productos que se podían precisar nunha casa labrega, dende bebidas e ultramarinos ata ás veces artigos de ferrexaría. Algunhas ofrecían comidas, entre as que levaban a palma os callos, o cocido e os estofados de carne de cucho.

Hai cincuenta anos, as bebidas que se consumían nas tabernas eran fundamentalmente viño do Ribeiro, que traían en grandes bocois o tinto (porque se levaba para as casas ademais de despachalo no mostrador); o bran-co viña en pequenos toneis para despacho en cuncas de barro que chamaban “chiquita”. Tiña un certo aprecio o viño do país, feito con uva híbrida catalana, dese que os entendidos dicían que había que beber entre tres (un para bebelo e dous para trabar a quen o bebía, con que non fuxira pola súa tremenda acidez).

De licores, bebíase preferentemente caña (por regra xeral mala que abrasaba o peito, cando non era do país, que por algo dí o refrán que “a mal viño, boa caña”). Ta-mén se consumían cantidades importantes de coñac e entre as bebidas doces levaban a palma o anís e o pon-che, sen esquecer o viño quinado (o “sanso”), que ás veces se combinaba coa caña e chamaban “sol e sombra”. Esta combinación co tempo fíxose popular en Santiago entre os estudantes, que a pedían en establecementos especí-ficos e chamaban “tumba a Dios”, A cervexa aínda estaba empezando a introducirse. Como bebida sen alcohol ha-bía un referesco de laranxa que chamaban co seu nome en francés: “orange”. A coca-cola non chegou a Galicia ata finais dos anos cincuenta do século pasado. Non había fri-goríficos nin demanda de bebidas frías, porque se cría que facían mal.

A xente ía máis ás tabernas do que vai hoxe, porque había poucos lugares onde pasar o tempo libre e poucas facilidades para desprazarse e probablemente había máis problemas de alcoholismo. Tabernas había unha enchenta delas: fronte aos 28 existentes na actualidade no termo municipal de Brión, a matrícula industrial do ano 1972 re-laciona 46 establecementos de comercio de comestibles e bebidas, 35 repartidos polas parroquias de zona baixa do Concello e 11 nas da parte alta. Destaca o lugar de Pe-drouzos con 7 establecementos, cousa lóxica, pois o lugar sumaba á súa condición de capital do Concello o dispo-ñer de salón de cine e de acoller unha importante feira mensual. Con 13 tabernas, Os Anxeles era a parroquia que máis tiña, seguida de Brión con 11; Bastavales contaba con 7; San Salvador 3; Boullón 1. Na zona alta do Concello quen máis tiña era Luaña, con 4, seguida de Viceso con 3; Cornanda, e Ons, tiñan dúas cada unha. A maiores había 6 establecementos ambulantes que vendían viño e licores polas festas da contorna.

As tabernas aldás nunca gozaron de boa sona, sobre de todo por parte das mulleres, que eran as que tiñan que

Revista Altamira | 21

As tabernas daquel tempo

poñer orde na economía familiar, Por suposto, que era un lugar vedado para as mulleres, como non fora para mercar as cousas de levar para a casa, pero nunca verías a unha muller bebendo na taberna, e menos pola noite. E é este un signo patente da escandalosa discriminación que exer-cía contra as mulleres a nosa sociedade rural tradicional. Non estaban ben vistas as tabernas porque nelas se be-bía moito e o alcoholismo foi unha pauliña que perseguiu implacablemente a moitas familias, onde se cadra bebía un, pero pagábano todos os da casa: muller, fillos e pais. Os curas arrenegaban das tabernas como antros de perdi-ción, porque nelas se blasfemaba arreo e as conversas non eran nada “edificantes”: os homes falaban de mulleres nas tabernas e éstas murmuraban das veciñas nos pilóns de lavar.

Coma todas as cousas nesta vida, as tabernas eran am-bivalentes e tiñan o seu lado positivo, De feito, facían as veces de locais sociais e de reunión do vecindario: alí se acudía para ver a alguén, para comentar as novas da ac-tualidade, para discutir das cousas da vida, As tabernas fo-ron escola de aprendizase de canto, de transmisión da filo-sofía popular; alí se perfeccionaban as artes da narrativa e do teatro... As tabernas eran un antídoto contra a soedade e a historia da literatura está chea de grandes bebedores e asiduos das tabernas. Nas tabernas xuntábase todo o bo e todo o malo da nosa sociedade tradicional, e o que nalas se falaba tampouco era tomar demasiado en serio... Por algo se di: “conversas de taberna”. Que nunca desaparezan as tabernas das aldeas.

A Taberna Filiberto en Pedrouzos hai 50 anos foi unha das mais frecuentadas da zona.

q

Page 22: 91 - ALTAMIRA Nº 91

22 | Concello de Brión

TAMÉN FOI NOTICIA

ROI VIDAL PRESENTOU O LIBROBIOGRÁFICO SOBRE O SEU PAI

Roi Vidal presentou Fóra de portas, o libro que escribiu sobre o seu pai, Roberto Vidal Bolaño, na sala de exposicións de Brión, o lugar onde o dramaturgo, que residía neste municipio, ensaiaba xunto a Teatro do Aquí.

Roi Vidal subliñou que o libro naceu durante unha estancia súa en Noruega e tras falar con distintos especialistas na obra do seu pai. Con este acto, o Concello de Brión abriu o programa das Letras Galegas. O acto congregou a máis de trinta veciños e veciñas.

BRIÓN TIVO UN AMPLO PROGRAMA DE ACTOS POLAS LETRAS GALEGAS

Teatro, recitais de poesía, presentación de libros e contacon-tos conformaron o programa dás Letras Galegas.

O programa comezou da man de Roi Vidal coa presentación do libro “Fora de Portas”, acto seguido, os rapaces e rapazas do gru-po de teatro do IES de Brión presentaron a obra “As Lisimancas”. Os concertos da “Noite en Branco” da Escola de música, a obra “O ovo” de Sarabela Teatro, “Aventuras na cociña” de Trinketrinke Teatro, “Os contos do chupete” de Migallas Teatro, as exposicións sobre rosalia de Castro con “Cantargrafías” e a de pintura “Mo-mentos” de Suly completaron este intenso programa cultural.

A NOITE EN BRANCO DA MAGARIÑOSA escola de música brionesa puxo en marcha o pasado día xxx

unha Noite en branco con setenta intérpretes que amosaron, xunto ao director Carlos Pintor, as mellores pezas.

O formato foron cinco actuacións, duns 15 minutos cada unha. Arrincaron ás 22:00 horas nas aulas da escola de música, e logo fo-ron á biblioteca, sala de exposicións, á escola de novo, finalmente, remataron no centro social polivalente, cun gran concerto e xunto co coro de adultos. Cada recital tivo, ademais, unha temática, se-gundo as especialidades que se imparten na Escola. O repertorio foi clásico, aínda que fixeron tamén algunha peza contemporánea, versións de ópera ou mesmo a banda sonora de Titanic.

INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN DE PINTURA DE JESÚS PEREIRA, “SULY”

A mostra Momentos, do pintor Jesús Pereira Suly, exhíbiuse na sala de exposicións do municipio de Brión durante o mes de xuño. O alcalde José Luis García, que asistiu á inauguración, des-tacou que Pereira «sabe captar a beleza como ninguén».

Artista autodidacta, Suly iniciábase nas artes plásticas da man do carbón e a pintura de cerámica. Na actualidade, a técnica que predomina na súa obra -xa exposta en USA ou Alemaña- é o óleo.

Page 23: 91 - ALTAMIRA Nº 91

Revista Altamira | 23

PASATEMPOSSUDOKU FACIL SUDOKU DIFICIL

ULTIMA PÁXINA

UN POUCO DE HUMOR...

Page 24: 91 - ALTAMIRA Nº 91

t

ÉXITO DA I ANDAINA TERRAS DE ALTAMIRA - BRIÓN

Máis de 270 persoas participaron o pasado día 17 de maio na I Andaina Terras de Altamira-Brión, organizada pola asociación O Esquío no Piñeiro en colaboración coa Piscina Cuberta Municipal de Brión e co Concello de Brión. Unha experiencia que lles serviu

aos 270 participantes para gozar dunha intensa xornada de sendeirismo, de 12 horas en total, por terras brionesas.

A andaina arrancou da Carballeira de Santa Minia, emblemático lugar brionés dende o que saíron cada un dos tres aneis nos que se dividiu a proba, que xuntos sumaban un total de 50 km. A combinación das rutas permitiu que o camiñante puidese completar distancias de 14, 22, 28, 36 ou 50 km. En diferentes lugares, a organización dispuxo de puntos de avituallamento líquido e sólido,

de tal xeito que os sendeiristas so tiñan que preocuparse por andar e gozar das magnificas paisaxes que os rodeaban.

A nutrida participación garante a edición do 2015.

Concello de BriónPraza do Concello, Nº 1

15865 - Pedrouzos - BriónTelf.: 981 88 70 06 Fax: 981 88 74 31 mail:[email protected]

web: www.concellodebrion.org

28anos