28
PROPOSTA PEDAGÓXICA PROPOSTA PEDAGÓXICA XOGOS POPULARES A BILLARDA

A billarda

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Dende hai uns anos tentamos achegar a billarda a poboación galega.

Citation preview

Page 1: A billarda

PROPOSTA PEDAGÓXICAPROPOSTA PEDAGÓXICA

XOGOS POPULARES

A BILLARDA

Page 2: A billarda

S e r i e

Dirección

Secretaría

Coordina

Texto

Ilustracións

Deseño e Maquetación

Edita

Impresión

Dep. Legal

Aurelio Prado Rodríguez

Luis Cid

Centro de Cultura Popular“Xaquín Lorenzo Fernández”

Imprenta da Deputación de Ourense

Mariló e Xulio Fernández Senra

Fco. Xavier Álvarez Campos

Centro de Cultura Popular“Xaquín Lorenzo Fernández”

Todos os dereitos de reprodución, adaptación, tradución ou

representación dos textos, ilustracións e fotografías están reser-

vados e só poderán ser exercidos por terceiros previa solicitude

e correspondente permiso dos editores ou dos autores.

RA IGA MEApd o . 4 8 4

Te l f / f a x : 9 8 8 2 4 9 4 9 33 2080 - O u r e n s e

e-mail : [email protected]

Page 3: A billarda

Dende hai uns anos tentamos achegar os xogos populares a colexios e institutosde toda a provincia, co fin de que os nosos nenos e nenas descubran novos xeitos-vellos para algúns de nós- de se divertir relacionados coa cultura popular. Partindode previos e rigurosos estudos, programamos periodicamente cursos de formaciónpara educadores e obradoiros para os máis pequenos.Percorremos ata os máis pequenos recunchos da nosa provincia na procura de

vestixios que sobre xogos populares queden na memoria dos nosos maiores. Toda ainformación que resulta de interese é recollida e arquivada. Posteriormente estú-dase e elabórase un plano de actuación que se plasma e concreta nas actividadesque programamos.A presente unidade didáctica, é froito dese traballo de investigación. Somos

conscientes da realidade e por iso sabemos que é totalmente imposible recoller eplasmar nunha unidade destas características todas as variantes e peculiaridadesque calquera xogo popular pode presentar ao longo de toda a xeografía ourensá.Agardamos e agradecemos todas aquelas aportacións e suxerencias que nos axu-den a completar e enriquecer a presente unidade didáctica. Con esta publicación pretendemos divulgar e popularizar os xogos populares

entre os nosos nenos e nenas e axudar a que algún día non lonxano se converta enrealidade aquel soño que o noso admirado Xaquín Lorenzo expresaba do seguintexeito: se os nenos, xoves e menos xoves teñen a oportunidade de coñecer a súa cul-tura, transmitirán aos que veñan detrás un acervo que, ademais de enriqueceloscomo persoas, axudaraos a entender outras culturas, para facelos máis tolerantese respectuosos, e polo tanto, máis libres.

¡Que gocedes xogando!.

Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo Fernández

3

XOGOS POPULARES

LIMIAR

Page 4: A billarda

A BILLARDA

“Tres dos rapaces máis cativos,cando o resto da cuadrilla ía xogar ósTres Navíos ou á Billarda, mesmo pre-ferían xuntarse ás rapazas e brincar ároda da pataca na praza, ou a dar vol-tas á corda para que elas saltaran.Preferíano. Esa pequena deserción dasúa cualidade de machos non tivo mei-rande castigo cá imposición de tresalcumes: Galiño de Rocha, GaliñoPedrés e máis Galiño Pintado.”

O anano enredador, Xavier LópezRodríguez

“Agachado (verán do 1936)Nenos xogando á billarda; o sol de agostoverde a brillar na túa retina; o buratoda parede; nas amarelas páxinas do Heraldode pan e queixo espalladas miguiñas.Eco incierto e cruel;A voz de Queipo na Telefunken da casa veciña.”

Billarda, Vicente Araguas

“O xogo da billarda ten para osrapaces máis utilidade do que parece,porque fai medra-la forza do brazoque ten o pau na man; dá axilidade ócorpo en xeral; ensina a sumar caseautomaticamente; desenvolve a facul-tade de calcular distancias a ollo econstitúe unha diversión nemotécnicapolos moitos vocábulos que lle son pro-pios.”

Gallegadas, Jesús Rodríguez López

1. XOGOS DE BILLARDA

Consideracións previas“No século XVIII Cornide recolle

este vocábulo no seu Catálogo de pala-bras gallegas e cita a Bluteau quen, através de Menage, di que Billarda vénde Bille ou Bilhe, que en inglés e no ale-mán quer dicir pauciño”. (Ben ChoShey, 1969).Así e todo, queremos sinalar que

non se pode falar da billarda coma unxogo exclusivo de Galicia, aparecendodocumentado por toda Europa e pordistintos autores, entre eles AlfonsoX “O Sabio”, nas súa obra Cantigas deSta. María.

4

A BILLARDA

Page 5: A billarda

A billarda xogouse en toda a provin-cia de Ourense cunha ampla e variadagama de regulamentos e modos. Napresente publicación aparecen todasas modalidades agrupadas polo seuparecido, poñéndolle o nome da bis-barra onde se recolleu, o nome faci-litado polo informante ou ben res-pectando o nome recollido por outrosautores.A pesar desta riqueza de regula-

mentos e modos, existen unhas pautasxerais, comúns a todas as variedades,que a continuación expoñeremos.Aínda que había un xeito de xogar

preferente, en cada zona convivíanvarias modalidades de billarda, algun-has comúns ó resto da provincia,outras propias dese lugar.Era xogo tanto de mozos como de

mozas, se ben é certo que existíanvariantes para os máis pequenos evariantes para os rapaces maiores.Xogábase ó longo de todo o ano, apro-

veitando os momentos de lecer, cando arapazada estaba co gando no monte, osdomingos e os días de festa, etc.Elementos do xogoPara xogar utilízanse dous elemen-

tos: o palán (nalgúns lugares chámasepalao) e a billarda.O palán é un pau longo -entre 50 e

80 centímetros- segundo os gustos doxogador, e cun grosor en torno ós douscentímetros. É primordial que se poidasuxeitar comodamente coa man.Existen, en xeral, dous tipos de

palán: con rebaixe e sen rebaixe. Opalán sen rebaixe vai aumentando dediámetro dende o punto onde se agarraata a outra punta, rematando case sem-pre de forma redondeada para facilitar

o golpeado. O palán con rebaixe véntendo o mesmo grosor de punta apunta, mais no extremo contrario ó quese suxeita, está rebaixado á metade do

5

XOGOS POPULARES

O pa l ao ou pa l án

B i l l a rda s

Page 6: A billarda

seu grosor. A finalidade deste rebaixeé a de pasar o palán por embaixo dabillarda e poder levantala do chan,cando, por mor do tipo de terreo dexogo, se fai moi difícil o golpeo paraque esta salte. Este tipo de palán é moiefectivo en campos de herba ou areamentres que o palán sen rebaixe é oideal para terreos de xogo empedradosou de terra. Polo xeral o palán conrebaixe non estaba permitido.A billarda é un pau curto. Entre 14

e 17 centímetros de lonxitude e apro-ximadamente un centímetro de grosor.Depende do gusto de cada xogador.Ten a particularidade de estar afiada

nos dous extremos co obxecto decrear un pequena separación do chan,de xeito que ó golpeala co palán napunta salte cara riba con máis facilida-de. Cada unha das puntas chámase bico.

O LanzamentoCon estes dous elementos, palán e

billarda, realízase o movemento básicopara poder xogar denominado lanza-mento ou caneo. O obxectivo destemovemento é lanzar a billarda seguin-do as regras do xogo.Para o lanzamento colócase a billar-

da no chan e golpéase co palán nunextremo intentando que esta se eleve.

Unha vez está no aire, golpéa-se novamente co palán co finde afastala do punto de lanza-mento.O primeiro golpe do palán na

billarda para levantala dochan, chámase picona ou arri-filo e o segundo golpe, para quea billarda saia despedida caradiante, chámase lambreazo.Existen varios xeitos de

pousar a billarda no chan: pin-gada, furada e con travesei-ro (chamado tamén picona denena ou choto).Billarda Pingada consiste

en collela coa man, levala áaltura da cabeza e deixalacaer. Tal e como queda nochan é como hai que lanzala.Ben Cho Shey, na súa obraSanta Marta de Moreiras,recolleu este mesmo xeitocoa variante de que había quepoñela na cabeza, deixándoa

6

A BILLARDA

O lanzamento

Page 7: A billarda

esvarar ata o chan. Outra variante,non menos rechamante, atopámola noConcello de Laza onde hai que mirarcara o ceo, pousar a billarda na fron-te, e despois de contar ata tres,mover a testa cara diante deixandocaer a billarda. En caso de que abillarda caera ó chan antes de contarata tres perdíase a quenda.Pousar a billarda furada consiste en

colocala no chan coa man, intentandoque unha das puntas quede enriba daraia ou marca de lanzamento, que pre-viamente repasamos co palán parafacela máis fonda.A colocación da billarda con trave-

seiro consiste en poñer un palán na

raia de lanzamento e enriba del colo-car atravesada a billarda. Nalgunhaszonas o palán era substituído por unpau do tamaño da billarda, que en SanXoán de Río chaman choto e en Rairizde Veiga chaman guizo.A miúdo só se xogaba cunha das

colocacións, ben pingada, ben furada.Dependía do tipo de terreo. Cando aherba era alta, xogábase normalmen-te con traveseiro. Cando convivían ostres tipos de colocación, ou ben senegociaba entre os xogadores ou bendecidía o primeiro xogador que fala-ra co berro de !pingada!, ¡Furada!,¡Traveseiro! ou ¡Rei! (O xogador quetira decide cal das tres formas ante-riores escolle). Recollemos outras voces:

¡Manda palao! Vale calquera colocación. ¡Manda billarda! Só vale pingada.Hai sempre unha zona inicial de lan-

zamento. A súa forma e tamaño vaidepender do tipo de xogo de billarda.A continuación damos unhas pautasxerais que despois en cada xogo debillarda iremos especificando.O lugar de lanzamento podía ser

unha pequena raia riscada no chan querecibía o nome de madre, nai ou raia.Unha variante consistía en facer araia do tamaño do palán co que des-pois se ía medir a distancia á que que-dara a billarda. A esta raia chamába-selle suco.Outras veces a raia era marcada no

centro dun círculo que tiña de radio amedida dun palán. Recibía o nome dereino ou couto. Nalgunhas zonas o cír-culo é substituído por un cadradodenominado couto do irá ou cadro.

7

XOGOS POPULARES

Palao con rebaixe.

Usábase con herba alta e

colocábase por debaixo da billarda

Page 8: A billarda

Sortes, puntuación e normasPara decidir quen comeza o xogo (o

rei), existen varios tipos de sorte. Omáis habitual era lanzar por quendasa billarda e o que a tirara máis lonxeera o primeiro. Só se dispuña dunintento. Outra das sortes consistía encoller, non importaba que xogador, abillarda coa man e lanzala a onde qui-xera. Despois lanzaban as billardas,un a un, o resto dos xogadores. A pro-ximidade á billarda que lanzara o pri-meiro xogador, marcaba a orde detirada. Para esta sorte había dousintentos, a proba e a boa. Unha ter-ceira variante para decidir o rei con-siste en coller o palán e tiralo ó aire,procurando que vaia dando voltas.Previamente escóllese entre plan,punta ou punteado, que vén a ser o

xeito que ten de caer o palán. E dicir,plan se cae plano, punta se cae depunta, e punteado se cae primeirocunha punta e despois coa outrafacendo unha especie de repeníqueo.Quen acerte é o rei.Na meirande parte das modalidades

do xogo da billarda, consta de dousmomentos ben diferenciados: a sortede lanzar a billarda, do que estivemosa falar ata o de agora, e a sorte defacer os tantos.En todos os xogos se lanza a billar-

da, mais non en todos se conta parafacer tantos. Naqueles nos que si sefai, a dinámica é semellante. Unha vezlanzada a billarda, e dende o lugar delanzamento, cóntanse o número depaláns que hai ata o lugar no que caeua billarda. Para elo collemos o palán

8

A BILLARDA

Xogador apostando a distancia á que caeu a billarda

Page 9: A billarda

apoiado no chan e adiantamos o extre-mo traseiro apoiándoo novamente nochan, e así sucesivamente ata chegar-mos á billarda. Só contan os paláns queentran enteiros.A medición facíase normalmente co

palán co que se tiraba. Nalgunhaszonas este xa estaba escollido, sendoda medida da raia da nai, e recibía onome de suco. De feito na comarca deValdeorras aparece o vocábulo sucarcomo sinónimo de contar.Nalgunhas bisbarras da zona cen-

tro e oriental da provincia, nomomento de contar, utilízase o trucoconsistente en berrar “valen arro-deos”. Nese intre non fai falla baixaro palán ata o chan para contar e nolugar de medir en liña recta, podemossortear calquera pequeno obstáculoque se atope no camiño, dando os

arrodeos que se consideren precisos.Por iso os contrincantes póñense alimpar o chan para que o xogador queconte non atope ningún papel, folla oupedra que teña que arrodear. Así etodo, existe unha voz que anula estetruco, “non hai arrodeos” ou “xogosen arrodeos”, que se berra ó come-zo de cada xogo.Como o feito de contar resulta inco-

modo, en moitas ocasións, facíanseapostas consistentes en calcular a olloos paláns que había entre a nai e olugar onde caera a billarda. Os puntosera para quen acertara á aposta. Pormor da complexidade destas apostas,preferimos falar delas en cada unhadas modalidades de billarda.En cada zona, e dependendo de cada

xogo, tiñan as súas normas particula-res, se ben hai unha indispensábel para

9

XOGOS POPULARES

Xogador contando o número de paláns que hai entre

a raia e a billarda para comprobar se acertou coa aposta

Page 10: A billarda

que se poida xogar, e que quedareflectida nesta frase: “se é pra ti, épra min”. Cando alguén tiraba mal apropósito ou facía trampas, recorríasea esta frase para avisar que se cada unxoga coas súas normas sen facer casoás pautadas, o xogo remata ante a fallade consenso.

1.5 Vocabulario A continuación recollemos os distin-

tos termos que aparecen por toda aprovincia para denominar á billarda eós seus elementos, así como a denomi-nación das distintas accións que teñenlugar no transcurso do xogo.

En negriña aparecen aquelas queempregamos nos apartados anteriorespara describir o xogo. Incorporamosalgunha palabra nova, que non incluímosno texto para non dificultar a súa com-prensión.

2. BILLARDA DE PENAGUDA

Xogo para un número indeterminadode xogadores, aínda que en realidadesó poden xogar dous en cada partida.O que gaña cada partida, xoga aseguinte contra un novo xogador.Riscábase unha raia no chan (raia)

sobre a que se colocaba un palán

10

A BILLARDA

Xogo da billarda, xogo do palao,•o alivai, o birlo, xogo da estorne-la, o canivá, o guizo.

Palán, palao, pao, palenque,•estornela, palén.

Billarda, birlo, irá, canivá, univá,•alivai.

Bico, pica, fichón.•

Embicar (acción de sacar punta•ós extremos da billarda)

Pingar / pingada.•

Furar / furada.•

Colocación con traveseiro,•picona de nena, choto, guizo.

Rei, billardeiro.•

Reino, reinado, couto, couto do•irá.

Madre, raia, nai, santa, suco.•

Arrifilo, picona.•

Lambreazo, billardazo.•

Canear / ir canear (lanzar a•billarda / ir lanzar)

Picar / ir picar (lanzar a billar-•da / ir lanzar)

Chapar / chapadeira. (acción de•atrapar a billarda cun chapeu)

Tanto, billarda, palao.•

VOCABULARIO DA BILLARDA

Page 11: A billarda

sobrante. Xógase obrigatoriamentecon traveseiro.

2.1 Desenrolo do xogo En primeiro lugar decídese quen come-

za xogando (o rei). Para elo, os xogadoreslanzan a billarda desde a raia. O que máislonxe chegue é o que comeza.O rei coloca a súa billarda no trave-

seiro e canéaa, tentando mandala omáis lonxe posíbel. Conta só cun inten-to. No momento que se levanta a billar-da do chan xa conta como intento.Dende onde chegue, o outro xogadorcolle a billarda coa man e tíraa contrao traveseiro. Se lle dá, convértese norei. Se non lle dá, segue o mesmo xoga-dor de rei anotándose un tanto.A partida é a 11, 21, 31, 41... tantos.

O número de tantos dependía donúmero de xogadores que estabanesperando para xogar. Quen chegue ápuntuación pactada é o que gaña, que-dando de rei na seguinte partida.

2.2 VarianteA única variante atopada está relacio-

nada co xeito de puntuar. Cando o xogadortiraba contra o traveseiro, se lle daba,recuperaba a man e sumaba un tanto.

3. BILLARDA DE SAN XOÁNDE RÍO

Xogo para un número indeterminadode xogadores. Participan todos ó mesmotempo.Escollíase un lugar chairo onde se colo-

caba un pau redondo, a xeito de travesei-ro, da mesma medida que unha billarda,chamado choto. Enriba colócase a billarda.

3.1 Desenrolo do xogoA orde de tiro non é importante

aínda que sempre había certas prefe-rencias. Se non conseguían poñerse deacordo o normal era que se fixesenquendas en cada partida. Só se conta-ba cun intento, tendo en conta que no

11

XOGOS POPULARES

Xogador preparado

para lanzar unha vez

colocada a billarda

no choto

Page 12: A billarda

momento en que caía a billarda dochoto, xa se consideraba lanzada. Íantirando todos e aquel que a mandaramáis lonxe gañaba un tanto. Ó comezodo xogo establecíase o número de tan-tos ós que se xogaba.

4. BILLARDA DE TRIVES-CALDELAS

Xogo para un número indeterminadode xogadores. Aínda que en cada manou tirada só interveñen dous, os outrospoden ver modificado a súa puntuación.Ríscase unha raia no chan onde se

pousa a billarda (raia). Nesta modalida-de de xogo manda o rei, e dicir, quencanea a billarda decide como colocala.

4.1 Desenrolo do xogoO primeiro que se facía era deter-

minar a orde de lanzamento. Escollíasealgo que estivera a certa distancia daraia: unha pedra, unha árbore, etc.Cada xogador facía unha tirada ten-tando acercarse o máximo posíbel. Aproximidade ó obxecto elixido marca-ba a orde de lanzamento. Quen ten a man, coloca a billarda na

raia e canéaa, tentando que chegue omáis lonxe posíbel. Dispón de tresintentos para conseguir levantar abillarda do chan e zouparlle no ar. Denon conseguilo perde a man e pasa atirar o seguinte xogador. O xogadorque defende, colócase no lugar ondecaeu a billarda, xogando por el epolos que están a espera para xogar. O rei, situado ó pé da raia, aposta o

número de paláns que pensa que haidende a raia ata onde caeu a billarda.

Esta aposta, para ser gañada, ten queser igual ou inferior ó número depaláns reais. O que defende, se pensa que hai o

número de paláns apostados polo rei,concédellos, converténdose nos tantosacadados na man. A continuación o reisae do xogo ata que lle volva tocar. O quedefende pasa a ser rei e o xogador queestivera esperando para entrar a xogarpasa a ser o que defende.O que defende, se pensa que non hai

o número de paláns apostados, mandacontar ó rei. Se os hai pasan a ser tan-tos do rei e se non pasan a ser os puntosacadados por todos os xogadores, tantopolo que defende como polos que estánesperando para xogar. De non crerse aaposta, quen conta é o rei.Ó comezo do xogo establécese unha

puntuación, por exemplo 600 tantos.Quen chegue a esa puntuación, esteaou non xogando, é o gañador.

4.3 Variante 1Esta variante está relacionada co

xeito de facer puntos. Ó principio doxogo pactábase os tantos do fallo, omarco pequeno e o marco grande.Os tantos do fallo podían ser 10,

20, 30... Dependía das preferencias epericia dos xogadores. Se a terceiravez non se conseguía levantar a billar-da e darlle no ar co palán, o rei non sóperdía a man, senón que o resto dosxogadores anotábanse os tantos pac-tados previamente.O marco pequeno establecía o

número mínimo de paláns que tiña quefacer o rei para poder apostar, e dicir,establecía a distancia mínima a onde

12

A BILLARDA

Page 13: A billarda

tiña que chegar a billarda. Éste marcá-base ó comezo da partida, 5, 10, 15...De non conseguir o mínimo, o rei perdea man e o resto dos xogadores pasan aanotarse como tantos propios o núme-ro de paláns que hai dende a raia ata abillarda.O marco grande establecía o núme-

ro de paláns, por exceso ou por defectoque se permitían respecto a distanciareal do lanzamento para ganar a aposta.No comezo do xogo pactábase o núme-ro 2, 3, 4... A aposta do rei tiña queestar dentro do marco, se non pasabana ser tantos do resto dos xogadores.Non sempre se xogaba cos dous mar-

cos. Podíase xogar soamente con un.Dependía do que acordaran os xogadoresó comezo do xogo.

4.3 Variante 2: A conta e a putaVaría no xeito de facer a aposta. O

rei, antes de tirar, decide se xoga áconta ou xoga á puta. Se xoga á conta, di o número de

paláns que pensa que hai dende a raiaata onde caeu a billarda despois detirar. A continuación o que defendefai outra aposta, e así todos os xoga-dores que están esperando paraxogar. Nesta variante apostan todos.A continuación o rei mide e quen acer-te leva os puntos e é o novo rei, sendoo que defende o seguinte na orde quese estableceu o comezo do xogo coassortes.Se xoga á puta, o rei fai a aposta

antes de tirar, e despois de que oresto faga a súa aposta, lanza a billar-da. A continuación conta o número depaláns e o que acerte leva os puntos e

é o novo rei. O normal é que ó comezodo xogo se establecera o marco para aputa e dentro dese marco non poderíaestar a aposta doutro xogador.

5. A ASTURIANA

Xogábase na zona de Rubiá, O Barcoe Carballeda de Valdeorras cun númeroindeterminado de xogadores, no queparticipan todos ó mesmo tempo. A ordeestablecíase coas sortes que preferiranos participantes en cada momento (aspalliñas, carreiras, sortes…).A raia onde se coloca a billarda ató-

pase dentro dun círculo, denominadocouto, e namentres a billarda non saiado couto non se considera tirada. Ocírculo ten de radio a medida do palánmáis grande co que se xoga e a raia édo tamaño da billarda máis pequena.Márcanse tres liñas no terreo de

xogo: a liña de dez (dende o couto cón-tanse dez pasos), a liña de vinte (vintepasos), e liña de trinta (trinta pasos).Podíanse marcar máis pero o habitualera marcar só estas tres.

5.1. Desenrolo do xogoDecidida a orde colocábase un palán

no couto. Os xogadores situábanse aun paso do palán e tiraban contra el abillarda. Aqueles que atinaran pasabana lanzar a billarda. Na seguinte vez colocábanse a dous

pasos, na seguinte a tres, na seguintea catro, etc., ata que ninguén consegui-ra darlle ó palán. Nese momento rema-taba o xogo.Só podían puntuar os que lanzaban e

para lanzar era preciso darlle antes ó

13

XOGOS POPULARES

Page 14: A billarda

palán. A billarda púñase na raia dentrodo couto. O xogador podía tentar lan-zar a billarda tantas veces como qui-xera sempre que a billarda non saíratotalmente do couto. No momento quea billarda saía fóra do couto contabacomo lanzada. Se a billarda non pasabada liña de dez o tirador levaba unpunto. Se quedaba entre a liña de deze vinte levaba dous puntos. Tres pun-tos, se a billarda quedaba entre a liñade vinte e trinta e catro puntos se abillarda pasaba da liña de trinta.Gañaba aquel xogador que o rematar oxogo tivera máis tantos.

6. BILLARDA DO PALAO

É seguramente a modalidade máisestendida por toda a provincia. Ó igualque nas anteriores, comézase riscandounha raia no chan chamada nai. Nestamodalidade de xogo é obrigatorio pin-gar a billarda, e dicir, golpeala segun-do caia no chan despois de soltaladende a altura da cabeza.Só podían xogar dous xogadores a

un tempo. No caso de haber máis,estes esperaban a que lles tocara a súaquenda e xogaban contra o gañador dapartida anterior. Para establecer aorde de xogo cada xogador pingaba abillarda sobre a nai, e tal como caeracaneábaa unha primeira vez. Dendeonde caera caneábaa unha segunda, easí ata tres veces. Quen máis lonxechegara convertíase en rei e o segun-do en distancia xogaba contra el. Dehaber máis xogadores, irían entrandono xogo segundo a distancia acadada.Aínda que non se caneara completa-

mente a billarda, é dicir, só se lle derao arrifilo, xa contaba como unha vez. Nesta modalidade establécese

antes do xogo o número de veces quese pode canear a billarda ou número dearrifilos. Normalmente só se admitíandous arrifilos.

6.1 Desenrolo do xogoPodemos distinguir dúas partes ben

diferenciadas no xogo. Unha primeirade caneo (resposta por parte do quedefende e posibilidade de perda deman) e unha segunda de aposta (apos-ta e consecución de tantos).Unha vez decidida a orde de parti-

cipación así como o número de arrifi-los permitidos, o rei prepárase paracanear. Para non perder a man o reiten que conseguir, dentro das oportu-nidades de lanzamento pactadas, dar-lle o arrifilo á billarda e zouparllementres estaba no ar, é dicir, tiña quefacer un caneo completo. Dende ondecaera, o xogador que defende colle abillarda coa man e lánzaa contra opalán do rei, que este pousara previa-mente sobre a nai. De dar coa billardano palán o rei perde a man, pasando aser o rei o que defende. De non lle darcontinúa a partida.O rei volve pingar novamente a

billarda sobre a nai e canea unha pri-meira vez. Dende onde chegue abillarda canea unha segunda vez e asíata tres veces. Ó igual que pasa nasorte de elección da orde de tirada,no momento que se lle dá o arrifilo xaconta como unha vez. Hai que sinalarque así como na primeira fase doxogo é obrigatorio que o caneo sexa

14

A BILLARDA

Page 15: A billarda

completo, nesta segunda fase non éobrigatorio.O que defende colócase á altura da

billarda, despois de que o rei a caneetres veces seguidas e o rei colócase nanai. Dende esa posición o rei lanza asúa aposta, e dicir, di o número depaláns que cre que hai dende a nai ataonde está a billarda. O que defende seo cre concédellos, pasando a ser a pun-tuación acadada polo rei nesa man. Seo que defende non cre a aposta mánda-lle contar, que no caso de ser a apostamenor ou igual ó número real de palánspasan a ser os puntos acadados polorei nesa man. No caso de non habelospasan a ser os puntos acadados poloque defende, perdendo tamén o rei aman e converténdose o que defende nonovo rei.Dos dous xogadores presentes no

xogo gaña aquel que chegue antes apuntuación pactada previamente.Aínda que a puntuación dependía da

pericia dos xogadores e do número derapaces que están esperando paraxogar, o normal era xogar á centa, queconsiste en chegar ou pasar de 100tantos.

6.2 Variante 1Nalgunhas zonas, durante a primei-

ra parte do xogo, o que defende podecoller a billarda cando vai polo ar. Aesta acción coñéceselle co nome dechapar a billarda, xa que de cotío seempregaba o chapeu para amarrala. Deconseguir agarrala cando está no ar, orei perde a man.

6.3 Variante 2: O IráNesta variante a nai sitúase no

centro dun cadrado, denominadocouto do irá, a distancia dun palao decada un dos lados do cadrado.Namentres o irá, que é o nome que selle dá a billarda, non saia do cadradonon se considera lanzado. Pensamos

15

XOGOS POPULARES

Un xogador tentando

chapar a billarda

Page 16: A billarda

que o nome de irá vén dunhas vocesque se realizaban durante o xogo.Cando o xogador ía lanzar berraba“irá” ó que o xogador que esperabarespondía “volverá”. Nesta variante ópalao chámaselle pau.Ó comezo do xogo se alguén berra-

ba “non entra pau rastreiro”, non sepodía dar no irá, arrastrando o pau,cando tocaba o chan. De facelo “per-día pau”, e dicir, perdía a man.Unha vez que o xogador caneaba ó

irá, o xogador que defendía lanzábaodende onde caera en dirección ó coutodo irá. Se quedaba dentro recuperabaa man, se non o outro xogador caneabapara puntuar.Nesta modalidade xógase coa mali-

cia consistente en berrar “valen arro-deos”. Nese intre non fai falla baixarde todo o palán para contar e en lugarde medir en liña recta, pódese sortearcalquera pequeno montículo, rama oupapel, dando os arrodeos que se consi-deren precisos. Por iso os contrincan-tes póñense a limpar o chan para que oque conte non atope ningún obstáculoque teña que arrodear. Existe unha vozque anula esta malicia “non hai arro-deos” ou “xogo sen arrodeos”, que seberra ó comezo de cada xogo.

6.4 Variante 3: Billarda de AllarizTen a peculiaridade única en toda a

provincia da existencia dun xuíz cha-mado maior que contabiliza os tantos eintervén nas posíbeis disputas do xogo.Hai que sinalar que nesta modalidadeque se xogaba no Campo da Barreira,apostábanse os viños e ás veces car-tos. Non era xogo para nenos.

6.5 Variante 4: Xogo do BirloVariante xogada en Terra de

Frieiras (concello de A Gudiña e conce-llo de A Mezquita). Tamén se fala dexogar ó merlo ou á billarda. A diferen-za coas outras variantes atopámolasnas sortes para lanzar así como noléxico empregado.Para elixir o rei, lánzase o palán ó

aire e o contrario pide “plan, punta oupunteado”. Plan, se o palán cae plano,punta se cae cunha das súas puntas epunteado se cae oblicuo golpeando óchan, primeiro cunha punta e despoiscoa outra.O rei coloca o birlo nunha raia cha-

mada nai. Di “irá” e dálle un pequenogolpe co palán para levantalo do chan,golpeando novamente cando se atopa noar para mandalo o máis lonxe posíbel. Ódicir, “irá”, o adversario contesta “vol-verá”, e cando o birlo vai polo aire tentacollelo antes de tocar terra. De faceloasí, pasa a tirar. Se non o colle no ar,recólleo do chan e lánzao coa man con-tra o palán que o rei colocou na madre.Se lle dá pasa a tirar. En caso de nondarlle, o rei dálle os “doules”, que con-siste en bater tres veces co palán nobirlo para mandalo o máis lonxe posíbel.Dende o lugar onde quedara o birlo logodo último doule, pide os tantos que llepareza. Un tanto equivale á lonxitude dopalán. No caso de que ó seu contrario llepareza que non hai os tantos que pide,mándaos a medir e de non habelos gañaa man e máis os tantos. Cando una par-tida se xoga a corenta tantos chámase-lle xogar ó burro.Xógase tamén de compañeiros; dous

contra dous.

16

A BILLARDA

Page 17: A billarda

7. BILLARDA LIMIÁ

É un xogo de equipo. O número dexogadores non está predeterminado,mais os dous equipos teñen que ter omesmo número. Márcanse tres liñas no chan separa-

das pola lonxitude dun palán. A liña docentro fai de nai. A continuación fixá-base o número de tantos que supuña aeliminación de cada xogador. Tamén sedeixaba fixado o marco da aposta, édicir, entre cantos paláns debe estar aaposta para gañala.

7.1 Desenrolo do xogoPara facilitar a explicación deste xogo

falaremos do equipo atacante (o quelanza para puntuar) e equipo defensor.Os equipos vanse alternando na condiciónde atacante e defensor.

O equipo que ataca escolle a una reipara lanzar a billarda mentres o restodo equipo non xoga. Ata que pasen todosos xogadores do mesmo equipo pola con-dición de rei non se pode repetir. Mentres o rei do equipo atacante

disponse a lanzar, o equipo que defen-de distribúese por todo o terreo dexogo, entendendo por terreo de xogoaquel situado diante da nai.O rei coloca a billarda na nai

(billarda furada) e dispón de tresintentos para sacar a billarda da liñadebuxada por diante da nai. De nonconseguilo queda eliminado, pasando ooutro equipo a lanzar e sumando ostantos pactados ó inicio do xogo poreliminación dun xogador. Por outrabanda se a billarda queda máis alá daliña debuxada trala nai tamén quedaeliminado.

17

XOGOS POPULARES

Billarda

limiá

Page 18: A billarda

Para non ser repetitivos cada vezque na explicación falamos de que oxogador é eliminado, entenderemosautomaticamente que pasa a lanzar ooutro equipo (o que defende) e quesuma os puntos pola eliminación docontrario.Cando o rei lanza, os xogadores do

equipo contrario tentarán chapar abillarda, e dicir, collela antes de quecaia ó chan. De conseguilo eliminarían orei. Mentres a billarda non quede quie-ta os xogadores que defenden podentamén devolvela (tornala) dándollepatadas ou mesmo pegándolle co seupalán, tentando que a billarda quede omáis preto posíbel da nai , ou mellorpor detrás dela. Unha vez que pare a billarda, o equi-

po que defende escolle a un xogadorque será o rei cando lles toque tirar.Achégase á billarda e lánzaa en direc-ción á nai tentado que quede o máisatrás da nai que sexa posíbel. Paraeste lanzamento só contará cun inten-to, podendo elixir, billarda furada oucon guizo que é un pequeno pau dotamaño dunha billarda pero sen bicosque se coloca no chan a xeito de trave-seiro.Dende onde caera a billarda o rei

aproxímase para lanzar. Conta unica-mente cun intento para lanzala e se abillarda non pasa por diante da nai,quedaría eliminado. Se tras o lanza-mento a billarda queda por diante danai, o rei prepárase para apostar.Temos que sinalar que algunhas veces abillarda , xa antes de ser lanzada, ató-pase por diante da nai, polo que é unhavantaxe para o rei.

O rei sitúase á altura da nai e apos-ta o número de paláns que pensa que haiata onde está a billarda. Se o equipodefensor acepta a aposta, os palaosapostados convértense en puntos parao equipo atacante, pasando a lanzar oescollido como rei do equipo que defen-dera ata este momento. Se o equipodefensor non acepta a aposta, o rei tenque contar o número de palaos. No casoen que o rei non tivera a aposta dentrodo marco determinado ó comezo doxogo, os puntos son para o equipodefensor. Mais se o rei acerta coaaposta, o seu equipo leva o dobre depuntos do número de palaos apostados.As partidas xóganse a un número de

tantos previamente pactados entre osdous equipos.

7.2 Variante 1Nesta variante decidíase a orde de

comezo elixindo cada equipo un rei quetiña que lanzar a billarda. O que lanza-ra máis lonxe comezaba a xogar.Non se alternaban os equipos para

atacar, senón que seguía o mesmo ataque se eliminaba ó rei, e dicir, cando orei chegaba a quedar coa aposta subs-tituíao como rei outro xogador domesmo equipo. Cando todos os mem-bros dun equipo foran reis, volvíaseoutra vez ó primeiro xogador.Outra diferenza aparécenos no

momento da aposta. Cando o rei aposta,se o equipo que defende está moi segu-ro de que a aposta está errada ou benqueren xogar a meter medo, pode dicirque non cre a aposta e pedir dobre. Istosignifica que o rei ten que contar. Denon haber o número de palaos que apos-

18

A BILLARDA

Page 19: A billarda

tou, o equipo que defende leva o dobredo apostado polo rei. De habelos o equi-po do rei leva catro veces o apostado.

8. BILLARDA DO CORRO

Nesta modalidade de billarda xoganvarios xogadores ó mesmo tempo.Ríscase a nai no chan e en torno á naidebúxase unha circunferencia chama-da corro cuxo radio mide entre un edous pasos.Dende a nai tiran todos os xogado-

res. Só dispoñen dun lanzamento. Nomomento que se mova a billarda entén-dese como lanzada. Os que non consi-gan sacar a billarda do corro quedaneliminados para ese xogo. Todos osdemais deixan marcado o lugar ondechegou a billarda (marca). A distancia

á marca determina a orde de lanza-mento. Primeiro o que máis lonxe lan-zará a billarda e así sucesivamente.

8.1 Desenrolo do xogoO primeiro xogador colócase dentro

do corro co palao na man. O seguintexogador na orde de lanzamento colóca-se na marca do xogador que está nocorro coa billarda na man e lánzaa con-tra o corro tentando que quede dentrodel e o xogador que está dentro tenta-rá devolvela. Se non atina a facelo equeda a billarda dentro do corro,perde e substitúeo o que tirou, e aeste o seguinte. Se atina a devolvela,vai onde caeu a billarda e lánzaa portres veces ó xeito da billarda de palao.A petición de palaos faise tamén igualque na billarda do palao rematando

19

XOGOS POPULARES

Xogo do corro.

Momento de lanzar

a billarda contra o

corro

Page 20: A billarda

cando se chega ó límite fixado ó come-zo da partida. No caso de que ó lanza-dor lle quedara a billarda fóra docorro era substituído polo seguinte eseguíase xogando.Acostumábase xogara 101 tantos.

8.2 Variante 1: Billarda da coroaNa zona de Maceda e Baños de

Molgas ó corro e á marca chámasellerespectivamente coroa e moura.Nesta variante manda palao, á hora

de colocar a billarda.Unha vez debuxada a coroa fixába-

se un marco que era o número depaláns mínimos –contando dende acoroa- que había que facer para que olanzamento fora válido á hora de mar-car a moura. De non conseguir pasar omarco o xogador quedaba eliminado.

Se o lanzador consegue deixar abillarda dentro da coroa o xogador queesperaba co palán para devolvelaqueda eliminado. Se o lanzador tira abillarda fóra da coroa repítese o lan-zamento e se na repetición a billardavolve quedar novamente fóra da coroa,o lanzador queda eliminado.Nesta variante tamén se xoga até

chegar a unha determinada puntua-ción, polo que se quedan todos elimina-dos vólvese comezar dende o principio,tirando para marcar as mouras perorespectando as puntuacións consegui-das anteriormente.

9. XOGO DO FRIS

Este xogo atopámolo por moitas bis-barras da provincia con distintos

20

A BILLARDA

Xogo do fris

Page 21: A billarda

nomes: o fris en Pereiro de Aguiar, oscabaleiros no Ribeiro, a picona en Vilarde Barrio e Baños de Molgas, o plis enMaceda, as chonas na Mezquita e obillardo en Petín e Larouco.Xogan catro xogadores en equipos

de dous. Un que ataca, é dicir, quelanza, e outro que defende e fai tan-tos. A condición de atacante ou defen-sor elíxea quen mande a billarda máislonxe. Para elo un membro do equipocolle a billarda coa man e lánzaa ó ar,caneándoa antes de que caia ó chan.No momento que a billarda toque ochan, déraselle ou non o caneazo, con-sidérase tirada.Comézase facendo dous buratos ou

nichos a unha distancia de dez pasos.Esta distancia varía entre os cinco e osvinte pasos segundo o lugar no que sexogue. O tamaño do nicho tamén variapero o normal é que houbera unhacuarta dende un extremo ó outro.

9.1 Desenrolo do xogoColócase un membro de cada equipo

en cada nicho. Os defensores concadanseu palán metido no nicho e undos atacantes coa billarda na man.O xogador que ten a billarda lánzaa

tentando que entre no nicho contrario.Se o consigue, os defensores pasan aser atacantes e os atacantes defenso-res. Non fai falla que quede dentro doburato.O defensor, cando lle lancen a billar-

da, tentará darlle, afastándoa o máxi-mo posíbel. Nese momento os defenso-res intercambiaranse as veces quepoidan, tocando co palán no nicho e osatacantes van pola billarda tentado

metela no burato antes de que sexaocupado por un palán. Se o conseguenpasan a ser defensores e se non, osdefensores suman tantos puntoscomo veces se cambiaron por dous, édicir, se cambiaron unha vez son douspuntos, dúas son catro, etc., volvendoo xogo ó comezo, lanzando destavolta o atacante que non tirara a pri-meira vez. Temos que sinalar que cando se dá

co palao na billarda é obrigatorio facerao menos un troco e que en calqueramomento do xogo, se o nicho queda senpalao e lógrase meter no nicho a billar-da, os atacantes pasan a ser defenso-res e os defensores atacantes. Nesteúltimo caso sempre é así agás cando selanza, para evitar que o defensor nontente canear a billarda. Xógase a 100tantos.

10. BILLARDA DE PAREDE

É un xogo de extrema puntería.Comezábase buscando unha paredeou muro limpo que non tivera fiestrasou algo que se puidera romper ouestragar.O punto máis conflitivo era decidir

a distancia, xa que os bos tiradoresintentaban que fora o máis grandeposíbel e os malos o máis pequena posí-bel. Xunto coa distancia, escollíasetamén o número de tiros que tiña cadaxogador.Podían participar todos os xogado-

res que quixeran. A orde de tirada nonimportaba xa que ata que tirarantodos os participantes non se compro-baban as puntuacións.

21

XOGOS POPULARES

Page 22: A billarda

10.1 Desenrolo do xogoColócase un palao apoiado contra a

parede ou muro elixido. A continua-ción, un a un, van lanzando todos osxogadores. Cada xogador pode decidira forma de colocación da billarda.O caneo da billarda considérase

feito no momento que esta se levantado chan aínda que non se lle dea o lam-breazo. Cada vez que un xogador atinea darlle ó palao da parede, súmase untanto. No caso de que o lanzadorderrube o palao, sumará tantos puntos

como lanzamentos por xogador se pac-tara ó comezo do xogo.

10.2 Variante 1: Trincheiras ou SafariNesta variante non era preciso ter

unha parede. Colocábanse a certa dis-tancia varios obxectos (botes, piñas oufollas de verza atadas a paus) quehabía que derrubar. O nome de Trincheiras ou Safari

viña dado pola asociación dos obxectosque se colocaban con soldados inimigosou animais exóticos.

22

A BILLARDA

Neno xogando ao safari

Page 23: A billarda

Podíase xogar a quen derruba máisen cada tirada (unha tirada consistíano número de lanzamentos que pacta-ran ó comezo do xogo) ou darlle distin-to valor a cada obxecto. O valordependía do tamaño ou a distancia aque estivera colocado o obxecto.

10.3 Variante 2: As batallasNon deixa de ser unha variante das

Trincheiras. De feito, nalgúns sitioschámaselle tamén Trincheiras. Formábanse dous equipos cos rapa-

ces presentes no momento do xogo ecada rapaz cun feixe de billardas.Cada equipo buscaba unha zona ondese puidera defender e atacar ó equipocontrario. Ó mesmo tempo, colocában-se varios obxectos, chamados bandei-ras, (latas, piñas ou follas de verzas)na zona de defensa de cada equipo, édicir, uns fronte ós outros (entre uns20 e 30 metros). O xogo consistía entirar os obxectos dos contrincantesmediante lanzamentos de billarda,gañando aquel que os conseguía derru-bar antes.Dentro do mesmo equipo había

xogadores encargados de lanzar con-tra as bandeiras, outros que recollíanas billardas lanzadas polo equipo con-trario e xogadores que lanzaban con-tra os contrarios que saían a recollerbillardas ou a lanzalas.Este era un xogo “bárbaro”, que se

facía ás agochadas dos pais xa que nono permitían polo perigo que entrañaba.

10. 4 Variante 3: A campáAntes de xogar marcábase unha

penitencia ou valentía: entrar a roubar

froita na finca do cura, cambiar asroupas dos tendais, preparar unhamerendola, etc. Consistía en ir coa billarda á quín-

tana da igrexa e tirar contra acampá. A orde establecíase previa-mente por diferentes métodos (palli-ñas, pedras...) Cada vez que alguén ati-naba a darlle á campá sumaba un tanto.O xogo remataba cando algún veciño,ou o propio cura lles chamaba á aten-ción. Gañaban os que nese momentotiveran máis puntuación. O xogador ouxogadores que perderan tiñan quelevar a cabo a “penitencia” ou “valen-tía” pactada ó comezo do xogo.

12. BILLARDA DE CAMIÑO

Non había un terreo de xogo prede-terminado, senón que se aproveitaba ocamiño polo que se ía a un determinadolugar como xeito de enredo ata chegarao destino. Consistía en ir tirando a billarda

polo camiño, sen que saíra deste. Poriso, os billardazos que caeran fóra íanpuntuando. As puntuacións establecí-anse previamente, así por exemplo, secaía fóra do camiño pero se podíarecuperar era un punto. Se quedabaembarcada eran tres. Perdía o quetivera máis puntos ao chegar ao desti-no, tendo en conta que cada lanzamen-to era 1 punto.

12.1 Variante 1: A corteA diferenza co anterior é que se

marcaba un roteiro a seguir e un puntode chegada denominado corte. Acorte, polo miúdo, era unha corte de

23

XOGOS POPULARES

Page 24: A billarda

verdade, aínda que podía ser taméntocar coa billarda nun cabazo ou pousara billarda nun lavadoiro ou bebedeiro.

13. A PALA

Neste xogo o palao trocábase porunha pala de forno vella e desgastadaque xa non se usara -de aí o seu nome-ou ben por unha táboa. O xogador quelanza chámase billardeiro.Xogo para un número indeterminado

de xogadores, no que participan todosó mesmo tempo. A orde de tiro bendada polo que máis lonxe mande abillarda.

Comézase debuxando unha raia. Acolocación da billarda vén dada polobillardeiro, e dicir quen tira decidecomo colocala, tendo tres piconas(arrifilos), para poder canear abillarda. Consiste en lanzar a billarda de dis-

tintos xeitos. O primeiro xogador encanear golpéaa dun determinado xeitoe todos os que seguen teñen que tirardo mesmo xeito. O que máis lonxe amanda é o primeiro da seguinte quen-da. Entre os xeitos de canear están osseguintes:A man cambiada: Canear a billarda

co brazo co que non se fai normalmen-

24

A BILLARDA

Dentro do xogo da pala, unha das figuras

era a de pasar a ponte, consistente en lle dar

á billarda por entre as pernas

Page 25: A billarda

te, e dicir, os destros co esquerdo e oszurdos co dereito.Darlle na volta: A picona faise nor-

malmente mais o lambreazo hai quefacelo por detrás das costas.Pasar a ponte: O lambreazo hai que

facelo entre as pernas.O bailarete: Antes de dar o lam-

breazo hai que facer un xiro de 360grados co corpo.Os bois: Lánzase en parellas. Un ten

que dar a picona e o outro compañeirodá o lambreazo.Ó comezo do xogo establecíase os

tantos correspondentes a facer afigura e os tantos do que mandara abillarda máis lonxe. Gañaba aquel quefixera máis tantos.

14. A BILLARDA POLOMUNDO ADIANTE

O xogo da billarda aparece por todaGaliza con máis variantes das reflecti-das nesta publicación, que só recolle asmaneiras de xogar da provincia deOurense. O feito de que se xogue en tantos

lugares e de xeitos tan diferentespropicia unha riquísima variedade dedenominacións: xogo do lipe, xogo daestornela, o lipe-lapa, o xogo do lirio,xogo da cachiza, xogo do leirán, lipe decruño ou xogo do pinche. Dentro da Península Ibérica atopa-

mos o lirio, en Asturias, semellante aonoso xogo do corro. El coto, en Soria,el irulario en Pamplona, la picota enZaragoza e billarda en Canarias (moisemellantes ó xogo do fris descritonesta publicación). Máis semellantes ábillarda de San Xoán de Río ou o irá,

son el pingané, en Córdoba, e el bolit-dalit, en Cataluña. En Portugal xógaseao jogo do batalho ou jogo da bilharda,semellante ao xogo do corro.

15. ACTIVIDADES

15.1 ObxectivosDar a coñecer os xogos de billarda.Descubrir o xogo como medio de

diversión, de coñecemento persoal ede relación co entorno.Promocionar a cultura popular gale-

ga a través do coñecemento e prácticade xogos tradicionais.Ampliar a oferta de alternativas

dentro do tempo de lecer.Fomentar o uso da lingua galega

como medio de comunicación nas acti-vidades de lecer.

15.2 SuxestiónsXogamos ás distintas variedades de

billarda, elaborando as nosas propiasexpresións de xogo. Podemos comezarxogando ás máis sinxelas. Obradoiro para a realización dos

elementos de xogo, paláns, billardas,etc. Podemos buscar a personalizacióndos paláns.Investigamos no noso entorno o

xogo da billarda. Podemos elaborarunha enquisa na aula que despoispasaremos á xente que viva na nosarúa, barrio ou aldea. Cos resultadospodemos elaborar un mapa dos luga-res onde se xogaba, as expresiónsque utilizaban, variantes máis fre-cuentes, etc.Buscamos información na biblioteca

e en internet, sobre a billarda no restode Galiza e no mundo.

25

XOGOS POPULARES

Page 26: A billarda

17. BIBLIOGRAFÍA

Os Xogos dos Nosos Rapaces. Camilo Brandín Feijoo. 1986. Caixa Ourense.

Xogos Populares en Galicia. Ricardo Pérez e Xaquín Alberto Tabernero. 1986.Xunta de Galicia.

Santa Marta de Moreiras. Xosé Ramón Fernández Oxea (Ben-Cho-Shey). 1969.Cuadernos do Seminario de Sargadelos.

Etnografía Galega – Cultura Espritual. Xesús Taboada Chivite. 1972. Galaxia.

Enredos: Xaquín Lourenzo. 2003. Museo do Pobo Galego. A Nosa Terra.

Breviario Enciclopédico. Eladio Rodríguez González. Edición Conmemorativa doDía das Letras Galegas 2001. Editorial La Voz de Galicia.

Antropoloxía Cultural da Terra de Caldelas. Olegario Sotelo Blanco. 1992.Edicións Sotelo Blanco.

O Libro dos Xogos Populares Galegos. Paco Veiga. 2001. Sotelo Blanco Edicións.

1000 Juegos y Deportes Populares y Tradicionales. La tradición jugada. PereLavega e Salvador Olaso. 2003. Editorial Paidotribo

Terra das Frieiras. Eligio Rivas Quintas e José Rodríguez Cruz. 2002.Deputación de Ourense

Xoga con Nós. CEIP “Virxe do Camiño”. Rubiá. 2006.

Xogos Populares de San Xoán de Río. Marina Presas e Estela Domínguez, mes-tras do CEIP San Xoán de Río. 2008.

Xogos tradicionais de Casaio. CEIP de Casaio. 2008.

Preparamos un espazo no patio para xogar á billarda.Organizamos unha liga de billarda no centro escolar. Creamos contos, poemas, bandas deseñadas ou pequenas curtas realizadas co

móbil arredor do xogo da billarda.

16. EXPERIENCIAS A CONSULTAR

Dende 1976 vénse organizando no concello de Allariz un campionato de billardacoincidindo coa celebración da Festa da Empanada.Un dos grandes xogadores deste campionato, que nos últimos anos actúa como

maior (xuíz), é Herminio González Cid, nado neste concello no ano 1937.

26

A BILLARDA

Page 27: A billarda
Page 28: A billarda

Raigame