9
CEIP “Xesús San Luís Romero” Curso 2011-12 ENDL

A candeloria

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: A candeloria

CEIP “Xesús San Luís Romero” Curso 2011-12

ENDL

Page 2: A candeloria

En Galicia o 2 de febreiro día da Candeloria, é a festa do amor. Segundo a crenza popular neste día casan os paxaros nas árbores (“a partir da Candeloria, ningunha ave voa soa”, reza o dito) , comeza a tempada de apareamento no reino animal con vistas á cría na primavera; é pois un culto á fertilidade e aos ciclos da natureza .

Tamén é unha data clave para predicir o tempo que fará o resto do inverno como podedes ver nos refráns de máis abaixo no caso da nosa terra, ou coa celebración do “día da marmota” noutros lugares.

E para os mariñeiros tamén marcaba o comezo da navegación despois de ter amarrados os barcos durante o inverno. A Candeloria marcaba a metade do inverno. Era considerada tradicionalmente como o preludio da chegada da primavera, do renacer da natureza, a Festa da luz, porque os días nótanse xa máis longos polas tardes.

Page 3: A candeloria

Orixe Por estas datas era a celebración celta da chegada da primavera, o Imbolc e quizais de aí veñan as súas orixes. En moitas parroquias galegas, este día é costume que o párroco bendiga as candeas que a xente mantén acesas durante a misa e que despois levarán para a casa pois se lles atribúen poderes máxicos como calmar as treboadas ou alumear o camiño das almas que deixan este mundo, pois a elas encoméndase a alma de quen sofre a agonía.

En tempos antigos, o primeiro día do mes de febreiro era moi celebrado nas terras habitadas polos pobos celtas.

Esta festa tamén coñecida coma “Brigantia”, “Candlemas”, “Brigid's day”, deriva do seu nome en gaélico irlandés “Ambiwolka”, que traducido ó idioma dos celtas, é Imbolc. O nome Brigantia deriva de Brighid o Brigid, deusa celta moi poderosa. Era a figura da nova lúa, da primavera anual e das correntes mariñas. Esta época do ano, era das purificacións e do lume sagrado que liberaba a terra, propiciando a fertilidade e o espertar do sol, despois do frío e gris inverno. Era tamén a época dos nacementos dos cordeiros e cando as ovellas producían leite. Brighid era a protectora dos rabaños.

Page 4: A candeloria

Os ritos de predicción e matrimonio celebrábanse nestas datas baixo a proteccións dos espíritos benéficos que visitaban a terra durante esta festividade.

Considerábase o remate do inverno, o festival de purificación para prepara-lo camiño para o retorno da primavera e do sol. Brighid era honrada, poñendo unha candea en cada habitación ou en cada fiestra da casa.

Co paso do tempo e a mestura da cultura celta co cristianismo, esta festa do lume será homologada na celebración da Candeloria . A deusa Brighid foi asimilada coma Santa Brígida en Irlanda, sendo a súa santa patroa.

Os romanos tiñan tamén una celebración nesas datas. Facían unha procesión con candeas acendidas de noite, repetindo pregarias a “Proserpina” (palabra asociada ó termo grego, “persétone”, e á deusa que daba orixe ás sementes, “proserpere”).

Esta festa romana do lume , en honor da fertilidade era chamada "Lupercales"

No ano 492, o Papa Gelasio, para substituír esta celebración pagá e asimilala ó cristianismo, crea a festa da Purificación da Virxe María, que é conmemorada o 2 de febreiro.

O nome da Candeloria está orixinado pola procesión realizada dentro da igrexa con candeas benditas.

Page 5: A candeloria

En Galicia non só era moi celebrada esta festa dentro do relixioso, senón que, no ámbito agrario, se celebraba o “casamento dos paxariños” . Di un refrán que “a partir da Candeloria, ningunha ave voa soa”. Considerábase a esta festa coma “a do amor e do apareamento no reino animal”.

Nalgunhas comarcas, tamén era considerado o día do encantamento das cobras, pois, entre os labregos, era moi común dicir : “Santa Candeloria me ampare esta cobra”, invocando poder para manter lonxe calquera tipo de serpe.

Hai outro refrán que di: “Cando a Candeloria chora, medio inverno vai fóra; que chore, que deixe de chorar, a metade do inverno está por pasar”.

Para o pobo campesiño a Candelaria significaba o final do inverno, o fin das longas noites e dos dias sen luz, e tamén o comezo do ano agrícola posto que a vida retornaba gradualmente aos campos e aos cultivos. De modo que a candea que se acendia en cada lar para conmemorar esa data simbolizaba o regreso da luz.

Page 6: A candeloria

TRADICIÓN E RELIXIÓN Neste día, a igrexa recorda a purificación da Virxe María.

Ata non hai moito tempo as mulleres despois do parto aínda debían agardar un tempo de purificación ata poder entrar na igrexa. Cando chegaba o día agardaban na porta a que o cura mailo sancristán fosen recibilas para entrar na casa de Deus cunha candea na man.

Esta é a explicación de que nos nosos días as igrexas se enchan o dous de febreiro de candeas e de que os fieis asistan á misa con elas acendidas.

Considérase que as candeas que os devotos levaban á igrexa para que as bendixese o sacerdote na misa dese día, dquirian poderes sobrenaturais para afastar aos malos espíritos, ás treboadas que puidesen ameazar aos sementados e tamén para axudar a calquera nos difícis trances dos ritos de paso á morte e na enfermidade .

Nalgunhas aldeas da bisbarra de Verín (Ourense) púñase mesmo unha candea na man dos moribundos .

A xente das poboazóns costeiras de Guipúzcoa dáballe especial importancia ás candeas bendicidas ese dia, sobre todo as mulleres dos pescadores, que acostumaban acendelas cando a treboada ruxía no mar, pois se sentían angustiadas ante a posibilidade de que os seus homes o estivesen a pasar mal en medio do temporal, e esperaban unha melloría do tempo co poder milagroso desas candeas .

Page 7: A candeloria

Na vispera da Candelaria os campesiños escoceses acendían candeas en torno a unha morea de centeo e palla para simbolizar a victoria do sol sobre as trebas do inverno. As candeas representaban o poder divino, vitalizador do sol do que dependían as colleitas.

Nalgunhas aldeas galegas levábase pan á misa da Candelaria. Nas aldeas da vertente Sul de Corda (Mondoñedo, Lugo) as mulleres levaban á igrexa cestos de vimbio cubertos cunha servilleta de liño.

Dentro traían un pan caseiro e uns pequenos boliños, case como avelás, un por cada membro da família para que recibisen a bendizón. Ao tornar ás suas casas repartían os boliños entre toda a familia e acostumaban levalos nas faltriqueras durante todo o ano debido ao poder que lles atribuían.

Tamén na parroquia de Loureses (Ourense) utilizábase o pan como medio de protección ou profiláctico; sobre todo os nenos, aos que lles metían entre as súas roupas ou colgábanlles do pescozo un pedazo de pan para protexelos contra as meigas e o mal de ollo.

Page 8: A candeloria

A CANDELORIA (por Luís Amado Carballo)

Na catedral do abrente oxe cásans' os paxaros, con nubens de neve e ouro está o ceo galanado. Ficou o día ancorado na ría donda do ceo. Os roibens soben no lonxe como rosarios d' encenso. O xantar do casamento, roibo, na palma da man das eiras madrugadoras xa está arranxado no val. Vai tocando pol-o campo a sua zanfona o rego e canta o vento nas farpas sonorosas dos piñeiros. O campo as montanas ruzas envolve en capa pluvial co hisopo do sol mollado dalles a beizón nupcial. Do casebre nugallán soben os vivas dos galos e na festa d' esta noite estrena un luar o campo.

Page 9: A candeloria

REFRÁNS

• A partir da Candeloria, ningunha ave voa soa.

• Cando a Candeloria chora, metade do inverno vai fóra.

• Pola Candeloria a metade do inverno vai fóra, se chora ou venta,

aínda entra.

• Se a Candeloria chora, o inverno vai fóra. Se ri, o inverno quere

vir.

• Cando a Candeloria chora, medio inverno vai fóra; que chore, que

deixe de chorar, a metade do inverno está por pasar.

Para saber máis….

http://dalleuncolinho.blogspot.com/2010/01/recursos-

para-candeloria-2-de-febreiro.html

http://es.wikipedia.org/wiki/Fiesta_de_la_Candelaria

http://www.elalmanaque.com/Calendarios/candelari

a.http