Upload
vudiep
View
217
Download
0
Embed Size (px)
Citation preview
PROGRAMA DE ACTIVIDADES
Exposicións, gastronomía, proxeccións, encontros inspiradores, ciencia, música e deporte son algunhas das actividades programadas para dar a coñecer as historias de persoas que defenden e viven o mar como un ecosistema imprescindible e que nolo mostrarán coa mesma paixón e entusiasmo con que elas o viven.
O mar é escenario de aventuras, iniciativas de futuro, fonte de inspiración e soños compartidos; o lugar ao que todos queremos volver. E por iso, na quinta edición do Festival Mar de Mares, formulamos a necesidade dunha nova forma de relacionarnos coa natureza mariña a través da economía circular.
A celebracióndos océanosCatro díasNove sedesMáis de trinta actividadesUnha cidade que loce orgullosa o seu carácter atlántico
Do 20 ao 23 de setembro...
Ven á Coruña,Ven a Mar de Mares!!
20 SETEMBRO - 21 OUTUBRO Exposición - Mandy Barker: Sopa de plástico.
A artista británica transforma o lixo mariño en fotografías de impresionante beleza. Gratuíta.Todos os públicos. Dársena da Mariña
SÁB. 22 SETEMBRO (DE 12:00 A 21:00 h)
DOM. 23 SETEMBRO (DE 11:00 A 20:00 h) Mercado do Mar.
Degustacións, presentacións de produtos de mar sustentables, talleres, concertos, catas e moito máis. Ver programa completo na web. Acceso gratuíto.Todos os públicos. Explanada do Parrote
X. 20/09 | 6:00-9:00 h Gastronomía. O cru e o cocido. Visita á lonxa e almorzo mariñeiro.
Gratuíta, previa inscrición.Todos os públicos. Lonxa da Coruña
XOVES 20 SETEMBRO
X. 20/09 | 17:30-20:30 h Taller activista. Sopa de plástico coruñesa, arte para cambiar os mares.
Traballaremos con residuos recollidos nas praias da Coruña para crear composicións artísticas. Gratuíta. Todos os públicos. Dársena da Mariña
@Mandy Barker
Todas as actividades, excepto o Mercado do Mar, teñen capacidade limitada.
Visitar www.festivalmardemares.org para realizar a inscrición nas actividades que o precisen e para obter información actualizada.
V. 21/09 | 10:00-12:00 h Encontro inspirador. Telmo Aldaz de la Quadra-Salcedo. Un aventureiro do século XXI.
A viaxe e a aventura como experiencias transformadoras na xuventude.Gratuíta, previa inscrición. Estudantes de secundaria e bacharelato.
Domus
V. 21/09 | 19:00-22:00 h Navegar ao solpor.
A Coruña vista desde o mar a bordo dunha goleta, unha experiencia única. 15 €, previa inscrición. Público de 18 a 70 anos. Goleta Juan de Lángara
V. 21/09 | 20:30-21:30 h Encontro inspirador. Telmo Aldaz de la Quadra-Salcedo. O mar é a aventura.
O apaixonado navegante relataranos as súas múltiples aventuras en mar aberto. Gratuíta. Todos os públicos.
Fundación Paideia
V. 21/09 | 12:30-13:30 h Encontros Signus: Marcando o camiño cara á economía circular. Comunicar para sensibilizar.
Analizaremos o papel dos medios ante os novos retos ambientais. Gratuíta Xornalistas, comunicadores e estudantes de comunicación. Fundación Paideia
V. 21/09 | 19:00-20:00 h Encontros Signus: Marcando o camiño cara á economía circular. Upcycling the Oceans.
A unión de Ecoalf, o Deportivo da Coruña e os armadores para transformar os residuos do mar en roupa para os xogadores do equipo. Gratuíta. Todos os públicos. Fundación Paideia.
VENRES 21 SETEMBRO
Todas as actividades, excepto o Mercado do Mar, teñen capacidade limitada.
Visitar www.festivalmardemares.org para realizar a inscrición nas actividades que o precisen e para obter información actualizada.
S. 22/09 | 9:30-12:00 h Taller de liderado creativo a favor do mar.
Creatividade, liderado e acción, as claves para tomar a iniciativa na loita contra os problemas.Gratuíta, previa inscrición.Rapaces e rapazas de 10 a 14 anos.Fundación Paideia
S. 22/09 | 13:00-14:00 h Encontros Signus: Marcando o camiño cara á economía circular. Economía circular para principiantes.
Nicola Cerantola explícanos en que consiste este novo modelo económico. Gratuíta. Todos os públicos.Fundación Paideia
S. 22/09 | 10:00-14:00 h Cociña a bordo con Adrián Felípez.
Só oito privilexiados terán a oportunidade de navegar e degustar suculentas receitas de mar con produto local. 45 €, previa inscrición. Público de 18 a 70 anos. Goleta Juan de Lángara
S. 22/09 | 17:00-18:00 h Encontro inspirador. Kids against plastic.
As irmás británicas Amy e Ella Meek, de 12 e 14 anos, inspirarannos para mellorar a saúde dos mares.Gratuíta. Todos os públicos.Fundación Paideia
S. 22/09 | 11:30-12:30 h Proxección: Un océano de plástico, unha película sobre o problema máis perentorio dos mares.
Comentada por Suso Gago, do Centro Oceanográfico de Vigo. Gratuíta. Todos os públicos.
Fundación Paideia
S. 22/09 | 18:00-19:15 h Ciencia e humor: Pé no Pedal!
Espectáculo científico con Vicente Mohedano que explica a relación do quecemento global co noso xeito de movernos. Gratuíta, previa inscrición. Todos os públicos e familias con nenos a partir de 8 anos.Aquarium Finisterrae
SÁBADO 22 SETEMBRO
Todas as actividades, excepto o Mercado do Mar, teñen capacidade limitada.
Visitar www.festivalmardemares.org para realizar a inscrición nas actividades que o precisen e para obter información actualizada.
S. 22/09 | 18:30-19:30 h Gastronomía: Tesouros das nosas rías.
A cociñeira Iria Espinosa sácalles o mollo aos mellores produtos da pesca artesanal. Gratuíta, previa inscrición. Todos os públicos (maiores de 12 anos). Mercado do mar
S. 22/09 | 18:30-19:30 h Encontro inspirador: Vivir sen plástico.
Patricia Reina e Fernando Gómez conseguiron eliminar o plástico das súas vidas e explícannos como. Gratuíta. Todos os públicos. Fundación Paideia
S. 22/09 | 20:00-21:00 h Ciencia e humor: Pero usan tacóns as científicas?
Tres investigadoras cóntannos, con moito humor, os seus avances nas profundidades oceánicas e os prexuízos que sofren en terra por ser mulleres e científicas. Gratuíta. Todos os públicos. Fundación Paideia
SÁBADO 22 SETEMBRO
Todas as actividades, excepto o Mercado do Mar, teñen capacidade limitada.
Visitar www.festivalmardemares.org para realizar a inscrición nas actividades que o precisen e para obter información actualizada.
D. 23/09 | 11:00-12:30 h Proxección: Blue Planet II.
A serie máis laureada do momento comentada por un experto en gravación de documentais mariños. Gratuíta. Todos os públicos. Domus
D. 23/09 | 13:00-14:00 h Proxección: Mariñeiros.
Celso Bugallo (actor), Juan Galiñanes (director) e Miriam Devesa (produtora) introducirannos na cultura mariñeira desta peza de docu-ficción. Gratuíta. Todos os públicos. Fundación Paideia
D. 23/09 | 17:00-18:00 h Encontro inspirador: A Coruña e a exploración científica do mar.
Descobre a histórica relación da cidade e do mar da man de Joaquín Valencia, do Centro Oceanográfico da Coruña. Gratuíta. Todos os públicos. Fundación Paideia
D. 23/09 | 18:30-19:30 h Encontro literario: Palabras que baten coma ondas.
Manuel Rivas, Rosa Aneiros e Suso Lista, da man de Xurxo Souto, lévannos á súa literatura máis mariñeira. Gratuíta. Todos os públicos. Fundación Paideia
D. 23/09 | 17:00-19:00 h Deporte: Bautismo de surf.
A mellor forma de iniciarse neste fascinante deporte mariño. 12 €, previa inscrición. Todos os públicos. Praia do Orzán
DOMINGO 23 SETEMBRO
Todas as actividades, excepto o Mercado do Mar, teñen capacidade limitada.
Visitar www.festivalmardemares.org para realizar a inscrición nas actividades que o precisen e para obter información actualizada.
MÉR. 26/09 | 9:00-12:00 hProxección e taller activista: Un océano de plástico.
Gratuíta. Estudantes universitarios. Fac. de Ciencias da Educación. Universidade da Coruña
SÁB. 29/09 | 12:00-14:00 h Visita intermareal en familia. Na busca do tesouro.
A marea baixa descobre os segredos das praias da Coruña. Descúbreos cos expertos do Centro Oceanográfico. Gratuíta, previa inscrición. Público familiar. Praia As Xubias
LUN. 22/10 Charla e visita intermareal para estudantes.
Os expertos do Centro Oceanográfico cóntanlles o seu traballo aos estudantes na aula e a pé de praia. Gratuíta, previa inscrición.Estudantes de secundaria.Centro educativo e praia As Xubias
E A MAIORES...
Todas as actividades, excepto o Mercado do Mar, teñen capacidade limitada.
Visitar www.festivalmardemares.org para realizar a inscrición nas actividades que o precisen e para obter información actualizada.