10
PARRAFADAS 2019 Revista anual do CPI Plurilingüe da Picota 25 Toda a exposición xiraba en torno ao cadro “A derradeira leición do mestre” de Castelao e no que aparecen dous alumnos vendo o cadáver do seu mestre. No debuxo orixinal (a estampa número 6 do seu libro Galicia mártir), o mestre non tiña a cara de ningunha persoa real, pero no óleo ten o rostro de Alexandre Bóveda, galeguista amigo de Castelao que foi fusilado en agosto do 36. A obra reflicte a brutalidade da represión vivida durante a Guerra Civil. Esta obra, tamén chamada “Guernica galego”, foi cedida polo Centro Galego de Bos Aires e permanecería na Cidade da Cultura ata o 3 de marzo. Con ela, preténdese facer unha homenaxe aos mestres e mestras galegos e o seu papel na construción do ensino público no primeiro terzo do século XX, ata a chegada da Guerra Civil. Na exposición tamén había a reprodución dunha escola dos anos 40, que nos permitiu comprender como fora o ensino nesa época. Foi unha excursión moi completa e interesante. Alberto Rey Abuelo, 2º ESO

A derradeira leición do “ mestre...pitufos, cazafantasmas, minions, os incribles … Por outra parte, os de secundaria iamos todos dun mesmo tema; a película “Grease”,deixando

  • Upload
    others

  • View
    2

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: A derradeira leición do “ mestre...pitufos, cazafantasmas, minions, os incribles … Por outra parte, os de secundaria iamos todos dun mesmo tema; a película “Grease”,deixando

PARRAFADAS 2019 Revista anual do CPI Plurilingüe da Picota

25

Toda a exposición xiraba en torno ao cadro “A derradeira leición do mestre” de Castelao e no que aparecen dous alumnos vendo o cadáver do seu mestre. No debuxo orixinal (a estampa número 6 do seu libro Galicia mártir), o mestre non tiña a cara de ningunha persoa real, pero no óleo ten o rostro de Alexandre Bóveda, galeguista amigo de Castelao que foi fusilado en agosto do 36. A obra reflicte a brutalidade da represión vivida durante a Guerra Civil.

Esta obra, tamén chamada “Guernica galego”, foi cedida polo Centro Galego de Bos Aires e permanecería na Cidade da Cultura ata o 3 de marzo. Con ela, preténdese facer unha homenaxe aos mestres e mestras galegos e o seu papel na construción do ensino público no primeiro terzo do século XX, ata a chegada da Guerra Civil.

Na exposición tamén había a reprodución dunha escola dos anos 40, que nos permitiu comprender como fora o ensino nesa época.

Foi unha excursión moi completa e interesante.

Alberto Rey Abuelo, 2º ESO

Page 2: A derradeira leición do “ mestre...pitufos, cazafantasmas, minions, os incribles … Por outra parte, os de secundaria iamos todos dun mesmo tema; a película “Grease”,deixando

PARRAFADAS 2019 Revista anual do CPI Plurilingüe da Picota

26

SAÍDA DIDÁCTICA A CEE E CORCUBIÓN

O pasado xoves 22 de decembro todos os alumnos da ESO partimos ás nove e media da mañá dende o centro cara ao cine de Cee, onde puidemos ver

“Superlópez”, unha película que nos conta a historia dun superheroe co mesmo nome, proveniente do planeta Chitón que chegou á Terra ( máis concretamente, a Cataluña) cando era tan só un bebé. O filme está protagonizado por Dani Rovira e dirixido por Javier Ruíz Caldera. Cando a película rematou, os profesores deixáronnos vinte minutos libres para que pasearamos polo centro comercial e, pasado o tempo acordado, reunímonos na entrada para poder ir á igrexa de Corcubión a ver o Belén que alí tiñan montado. Ao chegar, como eramos moitos, tivemos que ir entrando por quendas para poder escoitar a historia que nos ía contando a voz en off que acompañaba á representación. Cando xa todos escoitaramos a historia e viramos todas as figuriñas, o párroco foinos contando certos datos sobre o Belén, como canto custa cada figuriña, o tempo que lles leva montalo, quen é o que o coloca todos os anos, etc. Para aclarar dúbidas, puidemos facerlle algunhas preguntas e, cando xa nos quedara todo completamente claro, cantámoslle algunhas panxoliñas. Finalmente, emprendemos o camiño de volta. Viñamos contentos e contentas porque fora unha viaxe moi entretida. Lucía Rey Vilas. 3º ESO

Page 3: A derradeira leición do “ mestre...pitufos, cazafantasmas, minions, os incribles … Por outra parte, os de secundaria iamos todos dun mesmo tema; a película “Grease”,deixando

PARRAFADAS 2019 Revista anual do CPI Plurilingüe da Picota

27

O venres día 1 de marzo, o alumnado de todo o centro celebrou o Entroido

coma todos os anos. Os alumnos de primaria e infantil foron cada clase

disfrazada dun personaxe diferente, todos relacionados co cine: dálmatas, leóns,

pitufos, cazafantasmas, minions, os incribles … Por outra parte, os de

secundaria iamos todos dun mesmo tema; a película “Grease”, deixando a cada

alumno e alumna liberdade para confeccionar o seu vestiario segundo foramos

de John Travolta ou Olivia Newton-John.

Ao redor das doce comezamos o desfile dende o colexio ata a praza da feira.

Aquí empezamos a troula bailando un “Flash Dance” de “Grease” os alumnos

da ESO. Rematamos o desfile e ás de 12:45 h xa estabamos de volta no colexio.

Xa no ximnasio do centro, continuamos a festa coa comida típica do Entroido

como orellas, filloas, rosquillas … que aportaron as nais dos alumnos.

A xornada acabou con todos nós felices pola festa e polos días de vacacións

que nos esperaban.

Anxo González Cernadas, 2º ESO

O ENTROIDO

Page 4: A derradeira leición do “ mestre...pitufos, cazafantasmas, minions, os incribles … Por outra parte, os de secundaria iamos todos dun mesmo tema; a película “Grease”,deixando

PARRAFADAS 2019 Revista anual do CPI Plurilingüe da Picota

28

Page 5: A derradeira leición do “ mestre...pitufos, cazafantasmas, minions, os incribles … Por outra parte, os de secundaria iamos todos dun mesmo tema; a película “Grease”,deixando

PARRAFADAS 2019 Revista anual do CPI Plurilingüe da Picota

29

ENTROIDIÑOS DA PICOTA, VERSIÓNS PRIMARIAS

Despois de moito traballo e a elaboración previa dos disfraces, tras semanas con

material por todos lados, recortes e pezas por ensamblar, decoracións

pormenorizadas e … chegou o día, era o ENTROIDO.

Este ano decidimos facer un desfile para dar color ás rúas e tentar facer festa na

nosa aldea, que nos viñesen ver e ofrecerlles as nosas mellores galas.

A algúns levoulles máis traballo ca a outros prepararse; entre maquillaxes,

roupas e atuendos, tardamos un anaco ata estar arranxados para a ocasión.

En orde e deixando aos peques diante, a comitiva estivo encabezada polos

leóns, se ben certo que son os reis do cole, tamén foron os protagonistas

principais do evento, eran os máis vistosos e coloridos.

Como todos eran disfraces de películas, os homes amarelos, Minions deron

moita simpatía con eses gorros e gafas tan elaboradas.

Os superheroes, esa xente incrible que nos salva de todos os males, sempre nos

protexen...

Page 7: A derradeira leición do “ mestre...pitufos, cazafantasmas, minions, os incribles … Por outra parte, os de secundaria iamos todos dun mesmo tema; a película “Grease”,deixando

PARRAFADAS 2019 Revista anual do CPI Plurilingüe da Picota

31

Un ano máis, seguindo a tradición, o oito de maio

celebramos a inauguración dunha das nosas aulas. Esta vez tivemos a sorte

de contar con Miguel Domingo García Martínez, coñecido como Miguel de Lira, un dos actores galegos máis coñecidos.

O noso convidado comezou no mundo da interpretación cando estudaba Dereito en Santiago. Foi o fundador da Sala Nasa e membro do grupo de teatro Chévere.

A súa popularidade vénlle dada sobre todo polo seu papel de Evaristo Currás, un personaxe secundario de “Mareas vivas” que acabou adquirindo gran protagonismo e converténdose nun dos favoritos do público.

Ademais, ten participado en múltiples proxectos de cine e de series de televisión, sen esquecer nunca a súa vinculación co teatro, unha das súas grandes paixóns.

A media mañá chegaba Miguel “derrochando” simpatía polo centro e empatizando con todos e todas, alumnado e profesorado.

Infantil e Primaria foron os primeiros en ter a fortuna de coñecelo. Mostráronlle un vídeo feito por eles para a ocasión reproducindo unhas escenas de “Mareas vivas” e despois gozaron coas anécdotas que o actor contou, lembrando a súa etapa no cole de Lira.

Page 8: A derradeira leición do “ mestre...pitufos, cazafantasmas, minions, os incribles … Por outra parte, os de secundaria iamos todos dun mesmo tema; a película “Grease”,deixando

PARRAFADAS 2019 Revista anual do CPI Plurilingüe da Picota

32

A continuación, o alumnado e o profesorado de Secundaria asistimos a unha charla na que Miguel de Lira nos falou da súa vida profesional. Dun xeito moi ameno e divertido, foi respondendo as preguntas que lle iamos facendo. Ao rematar, agradecemos a súa presenza cuns agasallos. Entre eles, unha miniatura recortable do actor sobre o seu último traballo “Eroski Paraíso”; feita por Álvaro de la Vega, o profesor de Plástica.

Antes de descubrir a placa que leva o nome do homenaxeado, os alumnos e as alumnas de 3º de ESO interpretaron a peza “Mareas Vivas” de Mercedes Peón, dirixidos pola profesora de Música Ana López.

Ninguén quixo deixar pasar a oportunidade de sacarse unhas fotos co noso convidado.

Page 9: A derradeira leición do “ mestre...pitufos, cazafantasmas, minions, os incribles … Por outra parte, os de secundaria iamos todos dun mesmo tema; a película “Grease”,deixando

PARRAFADAS 2019                        Revista anual do                          CPI Plurilingüe da Picota 

 

  33 

EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO Este curso 2018/2019 os rapaces e rapazas de 4º ESO do CPI A Picota tivemos a oportunidade de desfrutar dunha viaxe de fin de curso en Ámsterdam durante cinco días, acompañados do noso titor, Julio, e da nosa profesora de Lingua Castelá, Iria. O mércores 21 de marzo, ás 5:30 da mañá, os once alumnos que iamos á excursión chegamos ao aeroporto de Santiago de Compostela, preparados para marchar no avión das 6:50. Un pouco durmidos aínda, pero cos nervios a flor de pel, estabamos máis que preparados para emprender a viaxe. Despois dun apracible voo de aproximadamente dúas horas, atopabámonos xa no aeroporto da capital dos Países Baixos.

Page 10: A derradeira leición do “ mestre...pitufos, cazafantasmas, minions, os incribles … Por outra parte, os de secundaria iamos todos dun mesmo tema; a película “Grease”,deixando

PARRAFADAS 2019                        Revista anual do                          CPI Plurilingüe da Picota 

 

 34 

Comezamos, coma unha premonición do que nos esperaba os próximos días, dando voltas polos arredores do aeroporto en busca do autobús que nos tiña que levar ao hostel no que nos hospedabamos. Unha vez atopado, desprazámonos ata o Generator Ámsterdam, que ía ser a nosa residencia dos días vindeiros, e deixamos alí as cousas para rexistrarnos máis tarde. A continuación, fomos camiñando ata o centro para ir calculando o tempo que nos levaría facer ese percorrido, e aproveitamos para comer pola zona. Tras isto, e unha vez realizado o rexistro de todas as habitacións, fomos ata o centro da cidade de novo, onde quedamos cunha guía que nos ensinou as partes máis e menos coñecidas da capital durante un par de horas. Dende unha das casas máis antigas de Ámsterdam ata a tan concorrida praza Dam, foinos ensinando algúns dos recunchos máis bonitos da cidade. Unha vez rematado o tour, tivemos tempo de lecer para ir dar un paseo, tomar algo e cear antes de volver ao hostel. Á mañá seguinte almorzamos no Generator, e ás 8:50 estabamos todos listos para visitar a casa de Ana Frank. Aquí contamos durante toda a visita cunhas audio-guías que ían contando información sobre a terrible vida de Ana Frank, a súa familia e todos aqueles que vivían con eles ou os axudaban dalgunha maneira. Se ben é certo que algunhas das cousas que nos contaban eran tan ruíns que semellaban imposibles de crer, foi sen dúbida unha das visitas que máis nos gustou de toda a viaxe. Despois do museo, pasamos polo Homomonument, un monumento conmemorativo que está no centro da cidade e que recorda a todos os homosexuais que foron perseguidos pola súa orientación sexual. A continuación, separámonos para ir a xantar pola zona. Á tarde, achegámonos ao peirao para facer un recorrido polos canais de Ámsterdam, ao tempo que nos explicaban un pouco da súa historia. O certo é que tivemos moita sorte, pois fixo unha tarde estupenda que nos permitiu gozar ao máximo da experiencia. Unha vez rematado o paseo, aproveitamos para achegarnos ao barrio chino e ao mercado das flores, zonas de gran interese turístico e das que, polo tanto, non nos podiamos esquecer.  O terceiro día erguémonos á mesma hora para visitar o museo Van Gogh, outro imprescindible que ver en Ámsterdam. Sen centrarnos no que había dentro, o enorme edificio no que se recollen as obras de Van Gogh era digno de ver.