26
A Idade Media (s. V - s. XV).

A Idade Media (s. V - s. XV)....O imperio bizantino (séculos V a XV). Etapas básicas da evolución política Etapa séculos Trazos elementais Orixe V • supervivencia da metade

  • Upload
    others

  • View
    1

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

  • A Idade Media (s. V - s. XV).

  • Tema 1.- A fragmentación do mundo antigo.

  • Os reinos xermánicos no século V

  • San Martiño co rei suevo Miro (570-583)

    San Martiño de Dumio (Braga, Portugal)

  • 3.- Un reino xermánico: os visigodos en Hispania.

    O reino visigodo de Toledo

    (507 - 711)

    Reino visigodo de Tolosa

    (418 - 507)

  • Reino visigodo de Toledo (507 - 711)

  • A organización do reino visigodo de Toledo.

    Trazos básicos da monarquía visigoda.

    ➢ Unha monarquía forte, en principio electiva pero que se transformou a miúdo en hereditaria.

    ➢ Creación de institucións de goberno:

    • Aula Rexia: órgano asesor formado por nobres e clérigos

    • Concilios de Toledo: asembleas de carácter relixioso e civil.

    ➢ Inestabilidade política:

    • guerras civís;

    • conspiracións e rebelións nobiliarias;

    • frecuentes derrocamentos e asasinatos dos reis…

    Unificación territorial, relixiosa e xurídica da península:

    ➢ Unificación territorial:

    • vitoria sobre o reino suevo e incorporación do seu espazo ao reino de Toledo (Leovixildo, 585);

    • recuperación dos territorios ocupados polos bizantinos no Sur (572-623);

    • campañas contra os pobos do Norte (cántabros, vascóns e francos).

    ➢ Unificación relixiosa:

    • Recaredo converteuse ao catolicismo no ano 587.

    • A conversión oficial do reino fíxose no III Concilio de Toledo no ano 589.

    ➢ Unificación xurídica:

    • O rei Leovixildo (573-586) derrogou a lei que prohibía os matrimonios mixtos;

    • O rei Recesvinto estableceu unha lexislación común para todo o seu reino (Liber Iudiciorum, 654).

  • 4.- A ruralización.

  • O proceso de ruralización consistiu no progresivo abandono das cidades e o asentamento da maioría da

    poboación no campo. As causas fundamentais foron:

    ➢ a inseguridade provocada polos ataques e saqueos dos pobos xermánicos, que fixeron moi perigosos

    os camiños e dificultaron os transportes por terra e a navegación;

    ➢ a decadencia das actividades artesanais e a redución do comercio.

    Os edificios e as actividades que amosa a ilustración corresponden a unha sociedade rural.

    ➢ A aldea é pequena e non conta con ningún espazo dedicado ao comercio.

    ➢ A poboación vivía nun clima de inseguridade, polo que protexían a aldea cun valado.

    ➢ As actividades económicas que se observan son:

    • O cultivo nun pequeno horto.

    • A cría de diferentes animais en cortes e currais.

    • A caza dalgúns animais.

    • Os artesáns elaboran algúns produtos: o ferreiro forxa metais; o carpinteiro traballa a madeira.

    • A elaboración de pan no forno.

    Este conxunto de actividades configura unha economía de subsistencia baseada no autoabastecemento,

    xa que producen todo o que consomen.

  • 5.- O Imperio romano en Oriente.

    A “idade de ouro”

    (século VI)

  • O emperador Xustiniano (527 - 565)

  • O imperio bizantino (séculos V a XV).

    Etapas básicas da evolución política

    Etapa séculos Trazos elementais

    Orixe V

    • supervivencia da metade oriental do Imperio Romano tras a desaparición

    do imperio romano de Occidente (no ano 476)

    Idade de ouro:

    a época de Xustiniano

    VI

    • expansión militar cara ao oeste: intentou restaurar o imperio romano

    • estabilidade das institucións políticas, dirixidas polo emperador

    (basileus), que concentraba o poder político, militar e relixioso

    • prosperidade económica, baseada na agricultura e no comercio

    • recompilación das leis (Código de Xustiniano)

    • gran desenvolvemento cultural e artístico

    Orientalización VII - VIII

    • perda de territorios: o imperio repregouse sobre a zona oriental

    • helenización: grego como lingua oficial + Igrexa ortodoxa

    Segunda idade de ouro IX - X

    • unha nova dinastía recuperou parte dos territorios perdidos

    • novo período de prosperidade económica

    • evanxelización dos pobos eslavos (ao Norte do Imperio Bizantino)

    Declive XI - XV

    • lenta descomposición do imperio polos constantes ataques dos turcos

    • desaparición do imperio: os turcos conquistan Constantinopla en 1453

  • Mar Negro

  • 6.- O imperio carolinxio

    Carlos Martel

    • Era mordomo de palacio dos

    reis francos (715-741).

    • Derrotou os musulmáns na

    batalla de Poitiers (732) e

    freou a súa expansión.

    Pipino III O Breve

    • Era mordomo de palacio dos reis

    francos (741-751).

    • Derrocou o rei franco Childerico III

    (da dinastía merovinxia) e

    autoproclamouse rei, co que fundou

    a dinastía carolinxia.

    • Foi rei dos francos de 751 a 768.

    Carlomagno

    • Rei dos francos desde 768 a 814.

    • Conquistou moitos territorios e tentou

    reconstruír o Imperio romano de Occidente.

    • Impuxo o cristianismo aos pobos sometidos.

    • No ano 800 o papa León III coroouno como

    novo emperador de Occidente.

    • Reforzou a alianza entre poder político

    (Emperador) e poder relixioso (Papa).

    • Impulsou un gran renacemento cultural

  • Carlomagno, emperador

  • A organización do imperio de Carlomagno.

  • Tratado de Verdún (843)

  • 8.- A aparición do Islam

  • Vida de Mahoma

    570 Nace na Meca

    583 Comeza as súas viaxes comerciais (Siria)

    595 Coñece a Jadiya (rica viúva), coa que casa

    610

    Recibe a revelación do arcanxo Gabriel

    Preséntase como o profeta dunha nova relixión: o Islam (que significa

    submisión a Alá)

    613 Comeza a predicar na Meca

    622 Abandona A Meca e refúxiase en Medina: a Héxira

    630 Conquista A Meca e destrúe os ídolos de A Kaaba

    630 Somete as tribos da Península Arábiga

    632 Falece en Medina

    Alá nome que os musulmáns dan ao único Deus, eterno e

    todopoderoso. Non pode ser representado en imaxes.

    Islam

    relixión monoteísta fundada por Mahoma no século VII en

    Arabia. Tamén significa conxunto dos pobos que cren e

    practican esta relixión.

    Héxira

    fuxida de Mahoma de A Meca ata Medina, cidade onde fundou a

    primeira comunidade islámica, isto é, baseada nas súas

    predicacións. Este feito tivo lugar no ano 622, e marca o inicio

    do calendario islámico.

    Musulmán persoa que profesa a relixión islámica. Tamén se pode dicir

    islámico.

    Corán

    libro sagrado dos musulmáns, que contén as verdades que Alá

    lle revelou a Mahoma e que, tras a súa morte, foron recollidas e

    escritas. Componse de 114 capítulos (suras), divididos en

    versículos.

    Imán persoa encargada de presidir a oración musulmá

    Ulema erudito, doutor ou intérprete dos textos sagrados do Islam.