24
Condenadas a entenderse O futuro da prensa na Rede Compartindo música en liña Coñecemento para uns, delito para outros A un clic da papeleira O peso do correo lixo no mundo Pulo á ensinanza dixital Máis axudas para a aula TIC galega A A I I n n t t e e r r n n e e t t c c h h a a i i r r a a www.codigocero.com revista de novas tecnolóxicas de Galicia_ número 62, xuño-xullo 2008 O O p p o o r r t t u u n n i i d d a a d d e e s s e e n n l l i i ñ ñ a a p p a a r r a a p p e e r r s s o o a a s s c c o o n n d d i i v v e e r r s s i i d d a a d d e e f f u u n n c c i i o o n n a a l l

A IInntteerrnneett cchhaaiirraa · Hai novas que dependendo de como teñamos o día semellarán positivas ou negativas e sen posibilidade algunha de achegar un termo medio. Unha destas

  • Upload
    others

  • View
    2

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: A IInntteerrnneett cchhaaiirraa · Hai novas que dependendo de como teñamos o día semellarán positivas ou negativas e sen posibilidade algunha de achegar un termo medio. Unha destas

Condenadas aentenderse

O futuro da prensana Rede

Compartindomúsica en liña

Coñecemento parauns, delito paraoutros

A un clic dapapeleira

O peso do correolixo no mundo

Pulo á ensinanzadixital

Máis axudas para a aulaTIC galega

AAAA IIIInnnntttteeeerrrrnnnneeeettttcccchhhhaaaaiiii rrrraaaa

wwwwww..ccooddiiggoocceerroo..ccoomm

revista de novas tecnolóxicas de Galicia_ número 62, xuño-xullo 2008

OOOOppppoooorrrrttttuuuunnnniiiiddddaaaaddddeeeessss eeeennnn lllliiiiññññaaaa ppppaaaarrrraaaa ppppeeeerrrrssssooooaaaassss

ccccoooonnnn ddddiiiivvvveeeerrrrssssiiiiddddaaaaddddeeee ffffuuuunnnncccciiiioooonnnnaaaallll

Page 2: A IInntteerrnneett cchhaaiirraa · Hai novas que dependendo de como teñamos o día semellarán positivas ou negativas e sen posibilidade algunha de achegar un termo medio. Unha destas
Puesto 2
Rectangle
Page 3: A IInntteerrnneett cchhaaiirraa · Hai novas que dependendo de como teñamos o día semellarán positivas ou negativas e sen posibilidade algunha de achegar un termo medio. Unha destas

A Rede, malia aparecer nos medios de comunicación case sem-pre ligado a termos como extorsión, fraude en liña, pederastia oupiratería, non é (por si mesma) culpable de case nada malo do queocorre na sociedade actual e, amais, tampouco ten a responsabili-dade no bo que nos rodea. As persoas temos a teima de conside-rar que todo o que hai ao noso arredor é susceptible de ser trata-do como unha máis, e a Internet non é unha excepción. Así lle vai:acusámola dos máis diversos crimes, porque son os que máis ven-den en case todos os medios informativos (sobre todo naquelesque máis ven no eido dixital unha ameaza para o seu futuro e o seunegocio, coma se a Rede, unha vez máis, tivese a face da compe-tencia, neste caso concreto desleal) e moi raras veces falamosdela para louvar o que ten de positivo, porque iso (como facemoscoas persoas) non é novidade nin soa tan ben nos beizos (as malasnovas, non sabemos moi ben porqué, atraen a atención con máisintensidade: dinse con meirande claridade e amplitude de banda).En ocasións, un case ten a impresión de que a Internet ten os díascontados, e que mesmo hai xente que vai poñendo unha cruz nosalmanaques sobre os días de vida que vai restando. En certa medi-da, é coma se estiveramos a convertela en consciente xa antes deselo, esquecendo que detrás, movéndoa e dándolle feitura e fondo,non hai lexións de robots senón moitos individuos actuando en soli-tario ou en colectividade, anónimos ou con nome, pondo en liña abagaxe humana da historia. Se a Rede é como é, é porque así aimos facendo cada día. Coma un espello que se fai en mancomún.

O máis preocupante é que xa case ninguén se preocupa cando notelexornal dunha cadea de televisión alguén ceiba estes termos: “AInternet é hoxe a culpable da meirande parte dos casos de fraudebancario”. E xa está. Pasamos a outra cousa. E apenas pensamosno que pode imaxinar unha persoa que nunca antes accedeu áSociedade da Información e que tiña dúbidas sobre facelo ou non.En certa maneira, ela mesma pechará para sempre a porta da eradixital. E quedará máis segura que antes. De igual xeito, porquecase todo o que sei fai en liña é unha reprodución máis ou menosfiel do que fixemos durante anos na vida analóxica (e a Rede estárebordante de metáforas da vida cotiá previa), tería que deixar deviaxar para limitar a posibilidade de sinistros ou de roubos.

Ou indo aínda un pouco máis preto da cuestión: tería que renun-ciar a ler libros para non imaxinar máis que outro mundo é posible.Neste punto, chegados a este nivel de carga metafórica (non pre-tendida, xa que isto que vostede ten nas súas mans, lectora/ lec-tor, é unha revista de tecnoloxías e non un suplemento literario), secadra non andamos fóra de rumbo se imaxinamos o acto de pres-cindir de Internet coa renuncia a escoitar.

4

8

DIRECTOR_Xosé María Fernández [email protected]

SUBDIRECTORES_Marcus Ferná[email protected] [email protected]

REDACTORES-XEFES_Fernando [email protected] [email protected]

FOTOGRAFÍA_Adolfo Enríquez Calo · Joferpa

REDACCIÓN_Diego Rosales (Linux)Manolo Gago (Opinión)David Lombardía (Nova Economía)Raquel Noya (Reportaxes)Moncho Paz (Opinión)Modesto Pena (Redes)Víctor Salgado (Dereito)Sevi Martínez (Xogos)

COLABORADORES_Sevi Martínez, Marcus Fernández,Diego Rosales, Fernando Sarasquetae Raquel Noya

SUPERVISIÓN LINGÜÍSTICA_María Xesús Vázquez

DESEÑO GRÁFICO_Grupo Código Cero ComunicaciónConxo de Arriba nº 49, 1ºC15706, Santiago de [email protected]

IMPRIME_Celta Artes Gráficas, S.L.Rúa Colón , 30. VigoTel. 986 81 46 00 · Fax 986 81 46 38

EDITA_Grupo Código Cero ComunicaciónConxo de Arriba nº 49, 1º C15706 Santiago de CompostelaTel.-fax: 981 530 268http://[email protected]

CÓDIGO CEROrevista de novas tecnolóxicas de GaliciaNÚMERO 62 _xuño-xullo 2008_

Publicación periódica. Prezo 1 euro.Depósito Legal: C-2301/01I.S.S.N. (edición impresa): 1579-7546I.S.S.N. (edición dixital): 1579-7554

O “Grupo Código Cero S. L.” reserva para si mesmo tódolos dereitos comoautor colectivo desta publicación ó amparo dos artigos 8 e 32.1 da Lei dePropiedade Intelectual. Quedan expresamente prohibidas a reprodución, dis-tribución e a comunicación pública da totalidade ou parte dos contidos destapublicación con fins comerciais, en calquera soporte ou por calquera mediotécnico sen a autorización da editorial.

NESTE NÚMERO...

3staff

9

10

12

14

16

17

19

20

18

22

11

Mándanos as túas suxestións, opinións, páxinas recomendadas, blogs ou sitios persoais ao

correo electrónico: [email protected]. As páxinas seleccionadas recibirán de

balde, por correo, a nosa revista en papel durante seis meses.

NNOOVVAASSRESUMO DE ACTUALIDADE DE E-COMERCIO EDE EMPRESAS RELACIONADOS COAS NOVASTECNOLOXÍAS

RREEPPOORRTTAAXXEESSIMAXIN PRESENTA MELLORAS NO OPENTRAD(AGORA TRADUCINDO GALEGO-PORTUGUÉS-CASTELÁN)

A CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN CONVOCAAXUDAS PARA PROXECTOS RELACIONADOSCOAS NOVAS TECNOLOXÍAS NOS CENTROS DEENSINANZA

CHAVES PARA ENTENDER O FUTURO DOXORNALISMO TRADICIONAL NAS NOVASCANLES DIXITAIS

A TDT E OS SEUS SEGREDOS, UN POUCO MÁISPRETO DE NÓS GRAZAS AOS RECURSOS DAREDE

A COMUNIDADE INTERNAUTA COMPROMÉTESECADA VEZ MÁIS CO ACCESO DAS PERSOAS CONDIVERSIDADE FUNCIONAL Á SOCIEDADE DAINFORMACIÓN

NOVIDADES SOBRE O DESPREGUE DETECNOLOXÍA SEN FÍOS NO CONTORNO DOCOUREL

UNHA PRAGA CHAMADA SPAM. QUEN O ENVÍA?CON QUE FINALIDADE?

AS TIC PROPICIAN A CHEGADA DE NOVOS TIPOSDE TRABALLO MENOS DEPENDENTES DOCONSUMO DE COMBUSTIBLE DERIVADODO PETRÓLEO

GRANXAFAMILIAR.COM, A WEB QUE SERVE DEPUNTO DE VENDA AO MUNDO DE PRODUTOS DASFAMILIAS DO RURAL GALEGO, SUMA E SEGUE

A SOCIEDADE DA INFORMACIÓN E OS NOVOSNEGOCIOS DA MÚSICA SEGUEN A PROVOCARDEBATE, E MESMO AMEAZAS

lliinnuuxx eedduuccaattiivvooHAI UN MILLÓN DE ANOS, DE DIEGO ROSALESGALIÑANES

xxOOGGOOSSLEGO INDIANA JONES: TRILOXÍA ORIXINAL, DESEVI MARTÍNEZ

Moza con blog vista no caderno de Mike Licht en

Flickr

Page 4: A IInntteerrnneett cchhaaiirraa · Hai novas que dependendo de como teñamos o día semellarán positivas ou negativas e sen posibilidade algunha de achegar un termo medio. Unha destas

4 novas_rreeddaacccciióónn

Política Lingüística convida a xogarás palabras encadeadas con axudada Rede

A secretaria xeral de Política Lingüística, Marisol López, presentou en Santiagoos contidos de campaña baixo o lema En galego, tes todo por vivir, que vai terpresenza en medios de comunicación impresos,audiovisuais e dixitais de Galicia, e que será omarco dunha serie de actividades lúdicas edinamizadoras en distintos ámbitos sociais.

A mocidade será o principal obxectivodesta campaña, por ser o sector con menoruso do galego, convidando aos novos a xogarás palabras encadeadas, actividade quepoderán trasladar ao mundo real nunha ins-talación multimedia itinerante coñecida comoA Cova.

A Internet tamén xogará un papel importan-te nesta iniciativa, centrándose as activida-des baixo a web de palabrasencadeadas.com,na que se publicarán as iniciativas na Rededirixidas a todos os públicos, que comezancun concurso para achegar imaxes nas queestean capturadas palabras galegas. O xogoproposto consiste en elixir unha palabra quedende a Secretaría Xeral remitirán en sopor-te físico para que o participante (maior deidade) poida levala á oficina, de festa, de acampada ou a cal-quera outro lugar no que retratarse (en imaxe ou vídeo) paradeixar constancia das palabras galegas no mundo actual.Logo, os internautas poderán votar as mensaxes recibidas dosparticipantes. Finalmente o concurso rematará nunha festa na queos participantes devolverán a palabra recibida e recollerán a cambio o premioque lle corresponda.

Atasco.org achega información dotráfico ao móbil

Os usuarios que queiranevitar os atascos de tráfi-co poden agora consultarestas incidencias dende onavegador web do seumóbil dun xeito moi doado,pois só teñen que visitar apáxina web atasco.org/mpara ver se hai algúninforme de tráfico para asúa comunidade autóno-ma.

Tamén existe unha ver-sión para o iPhone sita enatasco.org/i, que adapta asúa aparencia ao móbil deApple que o vindeiro día 11de xullo se comezará avender en España.

Atasco.org non sería asíun servizo

m o ic o m -pleto edetallado, pero pode resultar de utilidade igualmente, des-tacando especialmente pola súa facilidade de uso, a súaaccesibilidade e a gran variedade de dispositivos dende oque se pode consultar.

Destacamos o detalle de que dende atasco.org/m/gali-cia ou atasco.org/i/galicia podemos acceder directamen-te á información da nosa comunidade autónoma.

R chega ás 18.000 liñas demóbil logo de medio ano

ofertando o servizo

O operador galego R vén de facer reconto sobre o acadado nos últi-mos meses en materia de liñas de telefonía móbil, logo da recente deci-

sión (hai xusto agora seis meses) de abrir cara a este eido en concretoa súa liña de negocio, unha liña que comezou sendo sobre todo de servizos

de rede, telefonía e televisión por cable. Segundo vén de apuntar a compañía,no mes de xuño que vimos de deixar atrás acadáronse un total de 18.000liñas, dando como resultado unha contratación media de 150 rexistradas porxornada. Na súa meirande parte, prosegue R, estes servizos están a ser soli-citados por clientes que teñen xa á súa disposición algún outro servizo do

operador (telefonía fixa, internet ou televisión de pagamento). Por segmentos, di R, “arredor dun 80% das liñas pertencen a clientes

particulares, mentres que o 20% restante se corresponde con profesio-nais e empresas (dato que está a medrar e que supuxo o 26% das liñasactivadas no mes de xuño)”.

O informe tamén achega unha serie de datos positivos para a firmasobre as vantaxes da portabilidade (que nos mantén un número concretomesmo se trocamos de empresa se servizos de telefonía), sendo a porcen-taxe de liñas acadadas por esta vía do 60%. Ou sexa: liñas procedentesdoutras empresas do sector. Segundo sinala o operador galego, unha dasprincipais razóns que están a animar aos cidadáns a solicitarlle servizos detelefonía móbil reside na posibilidade de falar a 0 céntimos o minuto entreos móbiles e os fixos contratados. Tamén se está a valorar especialmenteo consumo mínimo de seis euros, que deixa marxe para compensarse entreas liñas dun mesmo contrato. Amais do devandito, cómpre ter en conta queunha boa cantidade dos clientes de R son galegos e falan en galego, entran-do polo tanto en xogo os factores “proximidade” e “lingua común”.

Na imaxe, ofertas de móbiles subministrados por R en galego.

No mundo xa hai máis de 1.000 millóns de PCs... e a cifra segue a subirHai novas que dependendo de como teñamos o día semellarán positivas ou negativas e sen posibilidade algunha de achegar un termo medio. Unha destas informacións

é sen dúbida a que vén de publicar El País facéndose eco dun estudo de Gartner e no que se indica o número máis ou menos aproximado de PCs que hai a día de hoxe nomundo. Nada máis e nada menos que máis de 1.000 millóns de unidades, e cun ritmo de medre de preto do 12%, co que se pode-ría ir alén dos 2.000 millóns en 2014. Estas cifras de computadores en uso, que se nos collen de boas teñen feitura de bosaugurios para a Sociedade da Información (unha orde de cousas que teoricamente achegaría un mundo mellor comunicado einformado e máis participativo no social e político), subministran sen embargo un dato preocupante: que vai pasar con todoseses computadores cando chegue un día, non moi afastado, en que fiquen obsoletos?

De feito, sábese que unha boa parte destes equipos teñen importantes cantidades de cromo ou cadmio, materiais moi con-taminantes que xa nos países teoricamente desenvolvidos están a dar crebadeiros de cabeza, e máis aínda nos países máispobres, onde non hai xente algún de regular o seu tratamento e reciclaxe. Enleadas aparte e volvendo ao informe de Gartner,dicir que a cantidade devandita de ordenadores persoais fica moi concentrada en mercados que xa teñen anos de experienciacoa Sociedade da Información, pero no informe (e isto está en relación co problema dos refugallos tecnolóxicos do que fala-mos) tamén se especifica un gran incremento da súa presenza nos países en vías de desenvolvemento. Así, malia as diferen-zas que aínda existen entre países ricos (os máis introducidos na era dixital) e os máis pobres (os menos), o estudo apunta aunha máis ou menos rápida desaparición das diverxencias no nivel medio de vida e, en consecuencia, no esmorecemento dafenda dixital.

Page 5: A IInntteerrnneett cchhaaiirraa · Hai novas que dependendo de como teñamos o día semellarán positivas ou negativas e sen posibilidade algunha de achegar un termo medio. Unha destas

Novas consolas portátileseducativas para cativos

CLeapFrog vén de lanzar ao mercado norteamericano un par de consolasde videoxogos para cativos orientadas tamén ao uso educativo. O modelosuperior sería o Didj, que se vende a 89,99 dólares e podería ser unha rela-tiva ameaza para a Nintendo DS. Está dirixida a un público de entre 6 e 10anos, e xa conta con varios xogos educativos protagonizados por persona-xes coma Bob Esponxa ou Sonic, que se poden personalizar conectando aconsola a un PC ou Mac conectado á Internet (deixando ao usuario a perso-nalización do seu usuario, o escenario de fondo, as cores ou a música doxogo). Tamén se poden personalizar os contidos educativos.

Orientándose a un público máis novo tamén lanzan a Leapster 2, que sevende a 69,99 dólares. Cómpre destacar que esta consola tamén se podeconectar ao PC, o que permitiría que os pais puidesen seguir os progresosdos seus cativos nos distintos xogos.

Telefónica inaugurou a súa tendainsignia en Madrid

Recentementeinaugurouse dexeito oficial a tendamáis emblemáticade Telefónica nonúmero 28 da GranVía madrileña, anti-ga sede da compa-ñía, que se recon-verteu nun espazocomercial de 3.000metros cadradosque se abrirá ao

público o vindeiro venres ás 10:00 horas para pór á venda por primeira vezen España o agardado iPhone 3G de Apple.

A nova tenda abrirá de luns a venres de 10:00 a 22:00 horas, e para unhamellor atención contará cun equipo de 80 profesionais especializadosnos distintos produtos e servizos de Telefónica, e que guiará aovisitante polas distintas zonas da tenda para coñecer e probarsolucións audiovisuais de Showcase, emisión de contidos en direc-to, produtos e servizos de telefonía fixa para a familia e o fogardixital, servizos orientados a discapacitados, zona para nenos epais, exposición e venda de dispositivos móbiles, área de experi-mentación coa Internet, para viaxeiros, sala de televisión, sectorde xogos, solucións para empresas e domótica.

Esta grande proxecto de Telefónica completarase en brevecoa apertura dos andares 3º e 4º do edificio, un total de4.000 m2 que amosarán arte e cultura ao acoller os fondosdas Coleccións de Arte de Telefónica e as distintas exposiciónstemporais da Fundación.

Desenvolven un dispositivo paraestragar imaxes e gravacións de vídeo

Todo sexa pola non violencia na prensa do corazón, tanto de uns (os fotografados)coma dos outros (os que fotografan). Este co que abrimos ben podería ser o lema dunequipo de investigadores da Universidade de Bar Ilán (no extrarradio de Tel Aviv) quevén de presentar un dispositivo tecnolóxico que é quen de neutralizar imaxes ou gra-vacións de vídeo en cámaras dixitais que estean a piques, precisamente, de obterimaxes ou gravacións. O dispositivo, que no caso de converterse en realidade no mer-cado podería remediar de xeito pacífico e rápido (e cun só clic) unha boa parte dasincursións (en moitas ocasións ao límite do legal) dalgúns xornalistas, está aínda enfase de deseño, pero pasando xa o limiar da proba crítica, tal e como se sinala estesdías en La Voz.

Tanto é así, que a tecnoloxía mesmo acaba de ser impulsada cun financiamentonada desprezable de 900.000 dólares procedente dun fondo público de investimen-to. Nas fontes da nova, nas que non hai nada que indique quen está detrás dese fondo(se cadra unha especie de corporación ou clúster de maridos ou esposas infieis uni-dos ó abeiro da tecnoloxía para protexer a privacidade das súas manobras), sinálasepor outra banda que non se trata dun escudo ou protección de longo percorrido con-tra fotografías non desexadas, senón máis ben do que poderíamos chamar “estraga-dor electrónico de imaxes a curta distancia”. Ou sexa, que se limita a luxalas para quenon se vexan. Así de sinxelo.

FADEMGA formará en recursos dixitaisa 250 persoas con discapacidade

intelectualA Internet, entre outras moitas cousas (todo o que se nos ocorra, en realidade),

tense empregado moito como plataforma da acción social e nada hai que indique unhacaída nesta actividade. En calquera caso, o que se agarda é o contrario: que esteacada vez máis aberta a todos e cada un dos cidadáns de calquera país do mundo,como canle principal que é dun dereito universal: o da información. Asemade e comoplataforma de acción social que pode ser, xa non se trata de favorecer que os colec-tivos en risco de exclusión teñan acceso ao coñecemento, senón de usala (á Rede)para que teñan acceso á sociedade enteira. Este é o obxectivo de FADEMGA FEAPSGalicia, que vén de recibir preto de 100.000 euros de Caja Madrid para, entre outras,mellorar a formación tecnolóxica de persoas con discapacidade intelectual co obxec-tivo de favorecer a inserción laboral e a mellora na súa calidade de vida.

Máis polo miúdo, desta axuda que concede a Obra Social da dita entidade financei-ra, unha contía de 42.000 euros destinarase a desenvolver o II Plan integral de for-mación de persoas con discapacidade intelectual para a súa capacitación laboral a

través das novas tecnoloxías. Segundo informa a propia plata-forma galega, as actividades educativas terán como benefi-

ciarios nesta convocatoria a preto de 250 persoas, amaisdas súas familias. O método para conseguir a formaciónmáis axeitada: a organización de seminarios que “mellorenas súas posibilidades de empregabilidade”.

Este proxecto integral, que como dixemos ten o granobxectivo de achegar o mundo a informática a estes colec-tivos de galegos e galegas con diversidade funcional,

parte este ano dos bos resultados obtidospolo primeiro plan (desenvolvido o ano pasa-

do) e cun engadido a ter moi en conta: a incor-poración de computadores dentro do fondo e a

feitura do propio programa, sendo como é “unhaferramenta fundamental no eido do traballo”, sina-

la FADEMGA Galicia. O acordo entre a entidade galega e Caja Madrid foi

dado a coñecer onte, nun acto (na imaxe) que contoucoa presenza do presidente da plataforma social, Julio

Cortiñas, e do director da sede en Santiago de dita caixade aforros, Juan Izquierdo. No transcurso do encontro,

ambos asinaron dous convenios mediante os cales a Obra Social Caja Madrid conce-de a FADEMGA FEAPS a cantidade de 95.750 euros para que, como dixemos, desen-volva programas formativos que axuden a implementar a formación e inserción labo-ral dos colectivos que representa a plataforma galega.

Relaxan as condicións parapreinstalar Windows XP enultraportátiles

Dende este mes o Windows XP deixa de estar dispoñible para a súa vendade xeito independente e preinstalado en equipos informáticos normais,podendo só incluírse de serie en equipos de baixas prestacións que non fun-cionarían baixo Windows Vista, pero estas condicións que deben cumprir osequipos para poder venderse con XP veñen de relaxarse, e agora permitirá asúa incorporación a ordenadores con pantallas de ata 14,1 polgadas e discoduro de 160 Gb (fronte os límites anteriormente mencionados de 10,2 polgadase 80 Gb). Tamén se elimina a restrición de velocidade (que marcaba un máxi-mo de 1 GHz) aínda que se mantén o tope de RAM en 1 Gb.

Deste xeito a dispoñibilidade de Windows XP para ordenadores ultraportá-tiles de baixo custo mellora substancialmente, para poder acadar unha pene-tración importante nun sector dominado habitualmente polo sistema operati-vo Linux (que vén preinstalado na opción máis básica deste tipo de equipos).

5NOvas_rreeddaacccciióónn

Puesto 2
Rectangle
Page 6: A IInntteerrnneett cchhaaiirraa · Hai novas que dependendo de como teñamos o día semellarán positivas ou negativas e sen posibilidade algunha de achegar un termo medio. Unha destas

Innovación contrata a achega debanda larga para os polígonosindustriais

Finalmente, o proxecto da Consellería de Innovación de levar a Rede aos polí-gonos industriais galegos (proxecto doque falamos nesta revista co gallo dasúa presentación) vai collendo corpo.Cómpre lembrar que a iniciativa, acom-pañada por un orzamento de 5 millónsde euros, ía dirixida a habilitar Internetsen fíos en 43 complexos industriais danosa terra que a día de hoxe non contancon ela. Agora, segundo fai saber denovo a Consellería, vense de publicar noDiario Oficial de Galicia unha resoluciónpara o desenvolvemento destas infraes-truturas. Nela, entre outras disposicións,

anúnciase a contratación por procedemento aberto do contrato administrativoespecial que consiste na adquisición e implantación das redes, ademais da súaexplotación e conservación.

O orzamento destinado só á licitación do servizoé de 1,6 millóns de euros e o prazo límite daposta en funcionamento é o 30 de novembrode 2008. O prego de condicións atópase noenderezo http://www.xunta.es/contrata-cion/resultado.jsp?N=9848.

Unha vez se cumpra este trámite, sinalaInnovación, “os polígonos industriais e par-ques empresariais de Galiza poderán disporde conexións á rede de calidade, o que axuda-rá a ampliar a súa produtividade, competitivi-dade e posibilidades de negocio”.

Estaleiros Barreiras oficializa oseu compromiso co galego (vía

web e presencial)O compromiso que xa anunciamos a semana pasada dos Estaleiros

Barreiras a prol da promoción do galego na súa comunicación (tradicional evirtual) vén de coller un novo pulo coa sinatura dun pacto coa Secretaría de

Política Lingüística. Segundo fai saber este departamento daXunta, o acordo (asinado esta mesma mañá na sede da com-

pañía en Vigo) entre ámbalas dúas partes significaráentre outras cousas a potenciación do emprego da nosalingua “na actividade no funcionamento desta empresa”,unha das de máis peso e influenza (cara a nosa xeografíae alén dela) dentro do tecido económico galego.

O convenio, nado -segundo indica Política Lingüística-ao abeiro do interese deste departamento por acadarmáis presenza do galego no sector empresarial, establé-cense máis polo miúdo os seguintes obxectivos: incorpo-rar e incrementar a presenza do noso idioma na páxinaweb dos Estaleiros, nas conversas telefónicas e grava-cións de mensaxes do contestador, na sinalización inte-rior das instalacións e na emisión de documentos, comonóminas e contratos.

“Ao mesmo tempo”, sinala o departamento que dirixeMarisol López, “a empresa impulsará o emprego da linguagalega nas comunicacións internas entre traballadores etraballadoras e entre o persoal directivo”.Por outra banda, o convenio tamén abrangue a inclusión

da nosa lingua na súa comunicación coas institucións públicas coasque decote se comunica ou leva a cabo algún tipo de trámite. Por exem-

plo: o Concello de Vigo, a Autoridade Portuaria, Zona Franca, Xunta deGalicia e Administración de Xustiza.

Guitar Hero: On Tourarrasa en EE UU

Activision anunciou que oxogo Guitar Hero: On Tourconseguiu superar as300.000 copias vendidasen Norteamérica nos seus7 primeiros días á venda, oque o convertería no mei-rande lanzamento paraNintendo DS da empresa(superando ata 8 veces oanterior título máis vendi-do). Incluso entraría a for-mar parte dos 5 xogosmáis vendidos deActivision en toda a histo-ria (esquecendo a platafor-ma) confirmando así tantoo éxito dos xogos musicaiscoma da súa orixinal adaptación á consola portátil de Nintendo.Parece serque o feito de que o xogo se venda cun periférico preciso para xogar (e querevoluciona a experiencia de usuario na DS) é chave no éxito en vendas destetítulo que chegará a España en dúas semanas a un prezo de venda ao públi-co recomendado de 49,95 euros).

Un xuíz forza a Google a entregar datos deuso de YouTube a Viacom

Google deberá revelar a Viacom os enderezos IP dos usuarios que ven vídeos a través de YouTubesegundo determinou un xuíz de New York, Louis L. Stanton, despois de que o grupo mediático acusa-

se ao buscador de difundir vídeos da súa propiedade sen os permisos pertinentes.Viacom pretende utilizar os datos para comprobar que YouTube utiliza principalmente material prote-xido por dereitos de autor e que os vídeos creados polos usuarios son minoritarios, o que lle podería

servir para pedir unha indemnización que superase os 1.000 millóns de dólares por danos e prexuí-zos.

Pola súa banda dende Google estiman que os enderezos IP dos usuarios son datos persoais e a súadivulgación violaría o seu dereito á intimidade, pero o xuíz considerou que tal información era funda-mental para a investigación do caso, e tamén reclamou unha copia de todos os vídeos vistos, ao igual

que os datos de conexión de cada usuario.

A Wikipedia, de novoen entretido porreproducirintereses políticos esociais da vida real

Kaos en La Red, que segundo Carlo Fabretti é un dos poucosmedios de comunicación fiables que operan na Internet, está estesdías a poñer en tela de xuízo a unha das plataformas que mellor vénrepresentando o espírito participativo, libre e social da nova orde de Internet,máis (polo menos no plano teórico) ao servizo dos cidadáns e dos seus puntos devista. Estamos a falar da Wikipedia, que segundo un extenso artigo do analistaSantiago Alba Rico publicado na dita canle (www.kaosenlared.net) non é xa nintan libre nin tan de esquerdas como se pensaba nun principio, polo que se podededucir do feito de ter unha versión en español mantida por unha relativa mino-ría de 5.000 internautas para logo ser consultada e crida por centos de millónsde persoas no mundo.

Isto, dise no informe de Alba Rico, tradúcese nunha inevitable loita de intere-ses ideolóxicos e políticos dado o gran potencial da plataforma web, reproducin-do esta de xeito fiel as eivas e os tirapuxas sociopolíticos da realidade previa eparalela. Un exemplo disto é o que acontece con Palestina, “ocupada sobre oterreo por Israel e ocupada tamén na Wikipedia”. A xuízo do analista, non é pre-ciso introducirse moito nas entradas da enciclopedia en liña sobre OrientePróximo para decatarse de parcialidade da información, neste caso concretocunha serie de puntos de vista que favorecen sen dúbida a causa sionista. Oestudo, que se para a avaliar exemplos claros de manipulación informativa (queinforman de xeito innegable, pero logo da elección de adxectivos e construciónsverbais que están feitos á medida de certos poderes), tamén se lanza a criticara posibilidade de discutir en foros abertos os contidos publicados na enciclope-dia, supostamente unha vantaxe pero logo, constatándose que a participaciónvén da man dun número reducido duns “mesmos de sempre”, convertida en exem-plo de democracia limitada.

6 NOvas_rreeddaacccciióónn

Page 7: A IInntteerrnneett cchhaaiirraa · Hai novas que dependendo de como teñamos o día semellarán positivas ou negativas e sen posibilidade algunha de achegar un termo medio. Unha destas

O Prime Time de Internet en Españanon coincide co da media europea

Ó igual que sucede coa hora de comer, de durmir, de traba-llar ou de ir de festa, os españois temos horarios distintos(respecto do resto de europeos) para navegar por Internet e onoso Prime Time (a hora de máxima audiencia ou uso do ser-vizo) difire bastante do de outros países veciños que, en apa-rencia, teñen os mesmos hábitos.

Segundo vén de revelar un estudo elaborado porXiTiMonitor, unha empresa especializada na medición deaudiencias en liña, tal e como sucede coa televisión, osespañois teñen uns intres no día para navegar pola Redeque se foron establecendo en función de variables comoos hábitos culturais e horario laboral.

Deste xeito, mentres en Europa a metade das visitas aInternet entre semana se concentran entre as 07:00 e as17:00 horas, tendo o máximo auxe entre as 13:00 e as 14:00e a máxima audiencia entre as 19:00 e as 20:00 horas,en España o horario de máxima audiencia retárdase de20:00 a 21:00 horas, unha hora máis tarde cá media europea. Entre as14:00 e as 16:00 tamén se reducen as conexións pero aquí faise dun xeitomoito máis drástico que no resto de Europa ó coincidir coa hora de xantar.

O estudo revela ademais outras características específicas de comporta-mento horario entre os internautas españois, que se resumen deste xeito:

-Os internautas españois madrugan menos, así, mentres no resto deEuropa, un 11,2 por cento de internautas navegan entre as 7:00 e as 10:00, enEspaña a cifra cae ata o 9,1 por cento.

-A pausa para xantar está moi marcada e prodúcese máis tarde: de 14:00a 16:00 horas prodúcese un forte descenso.

-Os internautas españois navegan máis durante a tarde e a noite, todo ocontrario do que sucede no resto de Europa, onde as visitan que se producenentre as 18:00 e as 2:00 sitúanse 5 puntos por debaixo da media española (31fronte ó 36 por cento de usuarios).

Música por Internet conRockola.fm

Se es dos que che gusta escoitar música até debaixo da auga e estás unpouco canso de pór as coleccións que tes na casa unha e outra vez, na redac-ción de Código Cero vimos de dar cunha solución á túa medida na Rede:Rockola.fm, unha páxina web que che permitirá poñer cancións axeitadas ó teuestado de ánimo ou de décadas pasadas sen ter que remexer e botar man dediscos que nin sequera sabías que tiñas.

Trátase dunha radio por Internet ao estilo de Last.fm que conta cun comple-to buscador de cancións ás que se poden acceder a través de múltiplesopcións de personalización para o usuario: por década á que pertence, artistaque a interpreta, título ou etiquetas adxudicadas por outros usuarios.

Asemade, este servizo permítelles aos internautas crear as súas propiasemisoras coa música que prefiran ou premer na ligazón de “emisoras xa cre-adas” que conteñen diferentes estilos e artistas acordes ás súas necesidadesmáis específicas; por exemplo Rockola.fm xa ten creada a emisora Érase unhavez que inclúe temas infantís e bandas sonoras de series de debuxos anima-dos e contos ou a emisora Guateque80, que ten todo o que precisamos paraanimar a festa de aniversario dos nosos pais e non fracasar no intento.

Podemos incluso ir máis alá e escoller as cancións máis axeitadas para anosa disposición no intre no que nos conectamos, ou os temas dunha décadaen concreto. Con estes parámetros, o servizo buscaranos a música acorde ásnosas peticións e permitiranos opinar se nos gusta ou se non nos gusta parater en conta a nosa decisión en vindeiras ocasións. Deste xeito, a medida quevaiamos escoitando máis e máis cancións, o sistema irá ao gran á hora deofrecernos os temas, sen ter que dar voltas ou rexeitando o que soa unha eoutra vez.

Tratándose dunha web recente non podía faltar, asemade, unha rede socialcon múltiples opcións, onde os usuarios poden compartir as súas emisoras emúsicas preferidas.

A Escola de Informática deOurense desenvolve unha illavirtual en Second Life

Os alumnos da Escola Superior de Enxeñería Informática de Ourense veñende facerse cunha parcela virtual en Second Life (xa que no mundo real o mer-cado inmobiliario non está a pórlles as cousas doadas á xente nova) crean-do, nin máis nin menos que, a súa propia illa na que non falta detalle algún.

Esta illa (que nada ten que envexarlle a outros terreos xa edificados naweb) conta co seu propio centro comercial no que os personaxes se podenmover ao seu antollo por “vangardistas pabillóns”, nun entorno tridimensionalmoi realista que permite asistir ao cine, a videoconferencias e incluso a tito-rías para “discutir con outros colegas sobre o asunto”.

Segundo recolle o xornal dixital Lavozdegalicia.es, esta illa da escola infor-mática “vaise a integrar cun proxecto do vicerreitorado para a aprendizaxevirtual” máis, de momento, a devandita escola só conta cunha materia deno-minada Mundos Virtuais, aberta a tódolos alumnos do campus.

Telefónica ofrece tarifa plana demóbil e Wi-Fi por 15 euros ó mes

A operadora nacional Telefónica vén de anunciar o lanzamento de novas tarifasplanas de conexión a Internet en mobilidade aplicables a todo tipo de dispositivosmóbiles tales como teléfonos, PDAs ou ordenadores portátiles e que permiten,entre outras cousas, que tanto profesionais como particulares teñan acceso a“Internet á carta” dende calquera dispositivo e sen ter que vender un ril para sufra-gar os gastos de conexión e descarga.

Unha das ofertas que máis chamou a atención dos usuarios deste tipo de servi-zos foi a tarifa de 15 euros ó mes por conectarse aos 2.000 postos da rede Wi-Fida operadora de xeito ilimitado así como ter acceso á telefonía. Está deseñadapara teléfonos móbiles ou PDAs e permite unha velocidade de baixada de tresmegabytes por segundo e unha de subida de 1,4 megabytes. Pese a isto, Telefónicaanunciou que cando se superen os 200 megabytes de baixada ó mes, a velocidadereducirase a 128 kilobits por segundo.

Entre as prestacións que ofrece a compañía cos seus novos servizos destacana navegación e a descarga de contidos sen límite e o lanzamento de tres tarifasdistintas que se adaptan ás necesidades de cada usuario segundo se conectedende un dispositivo ou doutro.

Deste xeito, a tarifa plana máis económica (tamén para móbil) é de 10 euros ó mespor gozar dunha velocidade de un megabit ata os 10 megabytes de

tráfico e a partires desta cantidade a velocidade baixa a 64 kilo-bits por segundo.

Para os usuarios máis intensivos, que empregan o PC enmobilidade, Telefónica vén de presentar unha tarifa de 30euros cunha velocidade de un megabit por segundo con fran-quicia de datos ata un xigabyte. Superado este volume manten-se a velocidade e factúranse 15 euros máis ata os novos 0,5

xigabytes descargados, cun límite de prezo de 90 euros ómes. Asemade, para este mesmo perfil de usuarios,

Telefónica ofrece a tarifa Internet Plus, que ade-mais da conexión por móbil inclúe a ilimitada por Wi-

Fi por un importe de 39 euros ó mes.E por último, para os internautas máis esixentes, a

operadora deseñou a tarifa Premium de 59 euros ó mespor tres megabits de velocidade e un límite de descarga

de 10 xigabytes. A partires dese volume a velocidade redú-cese a 128 kilobits por segundo.

7NOvas_rreeddaacccciióónn

Page 8: A IInntteerrnneett cchhaaiirraa · Hai novas que dependendo de como teñamos o día semellarán positivas ou negativas e sen posibilidade algunha de achegar un termo medio. Unha destas

8 tradutor en liña_rreeddaacccciióónn

Álusofonía

polocamiño

máisdoado

De achegar culturas irmáns víaferramentas tecnolóxicas é do quetrata a nova proposta da empresa deSantiago Imaxin e máis do GrupoTalg da Universidade de Vigo e dePaulo Gamallo, da USC: oOpentrad galego-español-portugués(opentrad.imaxin.com), que, porcerto, xa estamos a empregar napáxina web de Código Cero. O des-envolvemento, tal e como o seupropio nome indica, consiste nunengadido ao OpenTrad (ferramentade tradución xa existente e empre-gada por múltiples internautas emesmo por medios de comunica-ción) que o posibilita para a transla-ción de textos e webs entre as ditaslinguas, incluíndo unha base dedatos con doce mil termos.

Asemade, contribúe –coa súaollada cara a lusofonía, da que for-mamos parte- a corrixir o que axuízo dos responsables desta pro-posta tecnolóxica é un erro non sóaplicable ás novas tecnoloxías: ateima de coller emprestados doinglés termos que ben puidéramoster atopado no latinismo e, máispolo miúdo, no portugués.

A ferramenta, que tamén nossitúa un pouco máis preto da que xaé por dereito propio unha das gran-des potencias económicas mun-diais, Brasil (de feito, xa hai moitosanalistas que queren que se inclúexa no grupo G-8, por diante deRusia), foi presentada este xoves enCompostela por Xavier Alcalá(enxeñeiro de Telecomunicacións eescritor), Diego Vázquez e JoseRamon Pichel (ambos os dous deImaxin). Entre outras moitas cou-sas, todos eles fixeron fincapé norespecto que cómpre ter cara a lin-

gua e a cultura das persoas, institu-cións ou empresas coas que tecomunicas, e, xa que cada vez noscomunicamos máis con Portugal eBrasil, xa vai sendo o tempo dedeixar de lado o castelán para face-lo. E máis tendo en conta este dato:Galiza é a primeira comunidade envolume de importacións dendePortugal.

Entre as grandes característicasdo OpenTrad galego-español-por-tugués, atopamos estas: bidireccio-nalidade entre as tres linguas inclu-ídas, o uso de código aberto (queabre vías importantes de colabora-ción con outros grupos de desen-

volvedores) e opcións de personali-zación dos resultados. Segundoinforman os responsables destaferramenta, a nova aplicación doOpenTrad permite afacer o tradutorao libro de estilo dunha empresa oumedio informativo, adaptándose elmesmo aos fondos textuais dunhafonte coa finalidade de achegarunha tradución máis precisa.

A ferramenta aparece estes díasreflectida polo miúdo na web doPEGSI (sociedadedainforma-cion.eu) de Innovación e máis enVieiros (www.vieiros.com), entreoutros moitos sitios.

O galego e o portugués, para moitos unha pequena varia-ción sobre unha mesma cousa (que hai tempo e porrazóns impostas por outros tomaron camiños diferen-tes), semellan cada vez máis preto no virtual. Dito doutroxeito: é coma se a Rede estivese a contribuír a recupe-rar o tempo perdido.

Imaxin dá acoñecer o seu

tradutorautomático

portugués-galego,bidireccional

e libre Captura do espazo web da ferramenta de traducción Opentrad.

Tradución ao portugués da web da Xunta feita coa ferramenta de Imaxin.

Page 9: A IInntteerrnneett cchhaaiirraa · Hai novas que dependendo de como teñamos o día semellarán positivas ou negativas e sen posibilidade algunha de achegar un termo medio. Unha destas

9publirreportaxe educación_rreeddaacccciióónn

-oaorular

so-ne

.

Pulo áensinanza

dixital

Educaciónconvoca axudas

para aaplicación das

TIC nos centrosde ensinogalegos

A Consellaría de Educación vénde convocar un total de 54 premiosá innovación educativa para profe-sorado e centros públicos galegosde ensino non universitario. Odevandito departamento investirá87.500 euros nesta iniciativa, coaque quere recoñecer aquelas expe-riencias innovadoras que se están adesenvolver nos centros educativosgalegos e que supoñen unha mello-ra da calidade do ensino. Haberágalardóns en catro modalidadesdiferentes, unha das cales corres-ponde a proxectos de centros, queengloba o plan anual de lectura,plan de convivencia, plan de intro-dución ás Tecnoloxías daInformación e Comunicación (TIC)e máis plans que recollan medidasorganizativas e curriculares para aescolarización de alumnado estran-xeiro. Sinalar que esta categoríaestá dirixida aos centros educativospúblicos de ensino non universita-rio que teñan realizado o proxectoeducativo no curso 2007/08.

O prazo de presentación de soli-citudes para tódalas modalidades eremata o vindeiro 15 de setembrode 2008.

Innovando na aplicación didác-tica das TIC

A Administración educativa con-vocou ademais axudas para a reali-zación de 10 proxectos de innova-ción educativa, que se desenvolve-

rán no curso 2008/09, para a reali-zación de experiencias que permi-tan innovar e mellorar a calidade daensinanza mediante a aplicaciónpedagóxica e didáctica das tecnolo-xías da información e a comunica-ción (TIC) ao proceso educativo. Oprazo de presentación de solicitu-des é dun mes contado a partir dovenres, 16 de maio de 2008.

Poderán participar na convocato-ria os centros públicos de ensinonon universitario da Comunidadegalega que presenten proxectos deintervención pedagóxica baseadosno uso das TIC para validar mode-los de ensino-aprendizaxe quefomenten o tratamento das compe-tencias básicas a partir dun uso sig-nificativo das TIC no currículo.Estes proxectos deberán incluírcambios significativos nos rolestradicionais do/a profesor/a e doalumnado; cambios na metodoloxíae estratexias didácticas; cambiosnas estratexias e recursos da avalia-ción; e incorporación de temas econtidos vinculados cos interesespróximos do alumnado ou relevan-tes na sociedade actual.

Os centros que resulten seleccio-nados recibirán da Consellería deEducación unha dotación económi-ca de ata 2.000 euros para a postaen marcha do proxecto; unha dota-ción material que incluirá ata unmáximo de 10 ordenadores portáti-

les, un encerado dixital e un canónde proxección; asesoramento parao profesorado do centro para unmellor aproveitamento dos recur-sos informáticos e da súa incorpo-ración á docencia; acceso á web daREDE TIC(www.edu.xunta.es/contidos/rede_tic/) para facilitar a creación e orga-nización de materiais e recursoseducativos por medio das TIC; e adifusión das experiencias a travésda rede e publicación dos materiaiseducativos producidos no portal decontidos educativos,www.edu.xunta.es/contidos/rede_tic/.

Esta iniciativa recolle a políticada Consellería de Educación para“favorecer o acceso e emprego dastecnoloxías da información e acomunicación, en igualdade decondicións para toda a poboaciónescolar e o apoio ao desenvolve-mento docente, nas vertentes peda-góxica e didáctica, que demandanovos perfís profesionais que supo-ñen un desafío constante e crecentecara o concepto da aprendizaxe aolongo de toda a vida”. O propósitofinal desta convocatoria é que oalumnado aprenda a pensar, a con-vivir, e adquiran unha formaciónética e un coñecemento global econtextualizado dos temas de ensi-no a través do emprego das TIC.

Laura Sánchez Piñón, conselleira de Educación, presentou recentemente apáxina web (www.octuga.es) do Observatorio de Ciencia e TecnoloxíaUniversitario de Galicia (OCTUGA) nun acto no que tamén participaron JulioAbalde, director da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia(ACSUG), e Rogelio Conde-Pumpido, director xeral de Promoción Científica eTecnolóxica do Sistema Universitario de Galicia (SUG).A conselleira definiu o novo espazo coma “un escaparate virtual actualizado,fiable e exhaustivo de estatísticas relacionadas co sector da investigación uni-versitaria e contextualizada no sistema de innovación galego» que permite«facer un seguimento de todo o que ten que ver coa investigación no SistemaUniversitario de Galicia, xa que a medida deste axente proporciona unha mellorcomprensión do que sucede no conxunto da nosa I+D”.A nova páxina web foi desenvolvida coa participación das 3 universidades gale-gas, ACSUG, o Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia e o Instituto deXestión da Innovación e o Coñecemento de Valencia, e permite acceder a datoscoma o gasto en I+D do sector do ensino superior respecto do PIB, que enGalicia era en 2006 do 0,35% e en España do 0,33%.

OOOO OOOObbbbsssseeeerrrrvvvvaaaattttoooorrrr iiii oooo ddddeeee CCCC iiii eeeennnncccc iiii aaaa eeee TTTTeeeeccccnnnnoooo llll ooooxxxx íííí aaaa UUUUnnnn iiii vvvveeeerrrrssss iiii ttttaaaarrrr iiii oooo ddddeeee GGGGaaaa llll iiii cccc iiii aaaa eeeesssstttt rrrreeeeaaaa ppppááááxxxx iiii nnnnaaaa wwwweeeebbbb

Pizarra dixital nunha aula

Puesto 2
Rectangle
Page 10: A IInntteerrnneett cchhaaiirraa · Hai novas que dependendo de como teñamos o día semellarán positivas ou negativas e sen posibilidade algunha de achegar un termo medio. Unha destas

O futuroda prensae as tic adebate

Os distintos poñentes coincidíanen que o mercado norteamericanoda prensa escrita estaba a vivir unhacrise de vendas moi importante quepodería contaxiarse a Europa, o quedebería compensarse mediante acapitalización das edicións en liñaque cada día teñen mellor acepta-ción polo público, destacando odirector de La Voz de Galicia,Xosé Luís Vilela, que aínda quese tenda a dicir que a prensa estáen crise, o certo é que a comuni-cación nunca estivo mellor.

Lembremos que no actualpanorama de desacele-

ración económica, osmedios tradicionais

están a ver cómo redu-cen os seus ingresos

publicitarios, pero naInternet estas achegas

económicas non deixan demedrar, e a Asociación

Mundial de Xornais (WAN)estima que nos vindeiros 5 anos deduplicarán os ingresos por tal canlechegando a supor o 12% da publici-dade total dos periódicos en 2011.

Para avanzar neste eido a prensatamén ten un conflito que se está asolucionar de xeitos moi diversos,que é a integración das redacciónstradicionais e dixitais. Un mediosestán a apostar por unha fusiónabsoluta, mentres que outros traba-llar pola colaboración entre os dis-tintos equipos, coincidindo todosque é un reto importante, que enboa medida se ten que solucionarcon formación e investimento,posto que escribir para unha edi-ción impresa non é o mesmo quepara a web (como ben destacouRoberto de Celis, director deInternet de ABC-Vocento, quen

tamén destacou a tendencia de levara televisión á web).

Tamén comentou que os novosmedios abrían posibilidades deéxito sen precedentes, comentandoo caso dun fotógrafo que captouunhas imaxes co seu móbil que enpoucos minutos se incorporaron áweb de Elcorreodigital.com, adian-tándose na información ás propiascanles de televisión, sen ter queempregar uns recursos técnicos ele-vados.

Oportunidades tecnolóxicas

Pero as xornadas non só contaroncon relatorios de expertos de dentrodos medios, senón que tamén seviron algunhas visións alleas, comoa do profesor de Xornalismo en liñada City University London, ChrisBrauer, quen falou das novas ten-dencias, e do éxito que teñen naweb certos contidos anecdóticos ecase irrelevantes, que parecenatraer a máis público, e que deberí-an chamar á reflexión para atoparnovos xeitos de dar peso á informa-ción en profundidade, para que oxornalismo en liña non se convertana exaltación do superficial.

Tamén considera que a importan-cia que se lle estaba a dar aos víde-os na web foi esaxerada, e queagora hai que buscar o tipo de vídeomáis axeitado ao medio.

Ícaro Moyano, responsable decomunicación de Tuenti, taménilustrou aos asistentes sobre o poderdas redes sociais e a súa capacidadede fidelización, aínda que entre aaudiencia reinaba a incredulidadepor non considerar viable o modelo

de negocio deste tipo de platafor-mas que, pese a ter moitos usuariose xerar millóns de impresións,aínda non se sabe se serán rendiblesno futuro.

Cambio dos hábitos de consumo

Do que non hai dúbidas é de queos medios tradicionais cada día per-den máis peso, e a xente mozatende a informarse a través dosnovos medios, o que fai dubidarsobre o futuro de medios impresose incluso da televisión, á que osmedios dixitais xa superaron nasfranxas de idade máis interesantespara o mercado publicitario (apoboación activa).

Pero aínda que o crecementoactual que se está a vivir en mediosen liña non parece compensar aperda de ingresos das súas versiónsimpresas, o que crea auténticosparadoxos, coma o caso de LosAngeles Times, que vén de recortar250 empregos e reducir o 15% dassúas páxinas pese a que na actuali-dade ten máis lectores que nunca e,pese a que se asegure que esta criseaínda non é tan acusada en España,a publicación levantina ValénciaHui abandona a súa edición impre-sa para converterse nun mediopuramente en liña. Estes exemplossó son sinais dun cambio que está achegar paseniño, coma unha nubede tormenta, polo que haberá queagardar a que escampe para coñecero futuro duns medios que teñen queafrontar unha metamorfose parasobrevivir nun contorno en evolu-ción constante.

O 19 de xuño celebráronse na Coruña as V Xornadas sobre aPrensa e Novas Tecnoloxías organizadas pola Asociación deEditores de Diarios Españois (AEDE), que contaron coa presen-za de representantes de moitos dos grupos de comunicacióndo Estado, e que serviu coma espazo de reflexión sobre o futu-ro da prensa tanto no papel como na Internet.

10 xornalismo e internet_marcus f.

ad

p

u

v

r

A publicación levantina Valéncia Hui abandona a

súa edición impresa para converterse nun medio

puramente en liña.

Gráfica comparativa da evolución do consumo glo-

bal de medios durante o tempo de lecer por grupos

de idade.

Puesto 2
Rectangle
Page 11: A IInntteerrnneett cchhaaiirraa · Hai novas que dependendo de como teñamos o día semellarán positivas ou negativas e sen posibilidade algunha de achegar un termo medio. Unha destas

11plataforma tdtgalicia.es_rreeddaacccciióónn

O apagamentoanalóxico, ao día

grazas a Tdtgalicia.es

Segundo vén de informar a web daSociedade da Información (PEGSI),o portal enmárcase dentro dunhaserie de iniciativas dinamizadaslevadas a cabo dende a Xunta deGalicia e que están “encamiñadas aasegurar o correcto despregamentoda TDT no país”.

Esta iniciativa xurde como “unhapeza fundamental de consulta” quese pon a disposición de aquelesusuarios que demandan unha seriede necesidades de información rela-cionada tanto coa propia tecnoloxíacomo cos axentes que se desenvol-ven no seu contorno (fabricantes,operadores de rede, radiodifuso-res...).

Ademais de información xeral daTDT, os internautas que accedan aeste sitio web poderán manterse ao

tanto dos pasos básicos que debendar para gozar da nova televisión, dalexislación vixente e demais datostécnicos da televisión dixital e dosobxectivos que se perseguen coneste servizo posto en marcha pologoberno galego.

Asemade, os usuarios deste sitiopoderán consultar novas, recibirdatos sobre eventos salientables e detodo tipo de actos relacionados coprogreso de dixitalización dos foga-res así como coñecer con precisión adata do apagamento analóxico nunhalocalidade en concreto grazas á liga-zón Conta atrás, que especifica osdías, as horas, os minutos e os segun-dos que restan para proceder á des-conexión final.

Vemos pois, que este portal webresulta de axuda para tódolos cida-

dáns galegos que queren manterse aodía en materia de apagamento analó-xico definitivo (que xa está ao caer)para que non lles colla de sorpresacomo lle pasou a algún veciño daFonsagrada (lembremos que foi oprimeiro concello do Estado en levara cabo a reconversión total da televi-sión analóxica á dixital) que aíndanon tiña o seu receptor semanas des-pois de deixar de recibir o sinal ana-lóxico tradicional.

A estrutura deste novo sitio web,que se distribúe en catro grandesáreas temáticas, é a que segue:

• Información xeral da TDT. Estebloque contén información detalladaacerca da TDT e das súas vantaxes.

• Consumidores. Neste apartadoexplícanse cales son os tres pasosbásicos que deben tomar os usuarios

para poder acceder á nova televisión(aínda que ás veces máis nos valeradesfacernos dela dunha vez portodas).

• Axentes. Esta ligazón achégalleaos distintos profesionais, datos rela-cionados coa TDT, tales como, alexislación vixente, apuntamentos decarácter técnico...

• Oficina Técnica de TDT. Aquíespecifícase unha visión xeral daTelevisión Dixital Terrestre, da súaestrutura, dos servizos que presta edos obxectivos que se perseguen conesta nova tecnoloxía.

Segundo veñen de informar os res-ponsables deste portal, os contidospresentados en cada un dos aparta-dos evolucionarán progresivamentena medida en que avance o procesode despregamento da televisión dixi-tal terrestre na nosa comunidade.

Esta nova plataformaachéganos todo o que temos

que saber (e máis) sobre aTelevisión Dixital Terrestre na

nosa terra

A Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual vén de pór en marcha un portal temá-tico da TDT en Galicia que achega información específica sobre a situación da televi-sión dixital terrestre no noso país. A web Tdtgalicia.es vai dirixida a cidadáns en xerale profesionais relacionados coas telecomunicacións en particular que desexan obterinformación sobre as vantaxes que presenta esta nova tecnoloxía, os pasos precisospara acceder á mesma ou o progreso do proceso de despregamento da nova televi-sión.

Aqueles que están agardando a que a chegada do apagamento analóxico sexa inminente para mer-car un receptor de TDT o máis moderno posible, deben saber que o ano que vén lles sairá 12 eurosmáis caro do que lle ía custar se o mercase agora. Así o vén de anunciar o goberno no Boletín Oficial do Estado (BOE) que fixou a data de entrada envigor do polémico canon dixital para o vindeiro 1 de xullo de 2008. A partir dese momento, todo dis-positivo que teña capacidade para almacenar datos dixitais como os CDs, DVDs, teléfonos móbiles,Mp3, Mp4, discos duros, memorias USB... terán un incremento no seu prezo en compensación “porcopia privada”. A coñecida listaxe de equipos afectados semellaba deixar lugar a poucas sorpresas logo de dousanos de negociacións para sacala adiante, nembargantes, si as houbo, e moitas, cando a norma publi-cada no BOE apuntaba que así que pasara un ano dende a súa entrada en vigor, “determinados equi-pos decodificadores de sinais de televisión dixital con disco duro integrado”, quedarían suxeitosautomaticamente ó pago do devandito canon, é dicir, os equipos de TDT e as televisións por ADSL ecable como Imagenio e ONO. O goberno estableceu unha contía de 12 euros por cada decodificador con disco duro integrado, algonotoriamente importante debido a que para o 2009 se agarda que os consumidores compren deco-dificadores deste tipo de xeito masivo xa que permiten a gravación e o almacenamento de contidosno mesmo aparello.En todo caso, merquémolo ou non, a recadación prevista polo canon en España seguirá estando entreos 110 e os 118 millóns de euros no conxunto dos dispositivos taxados e, case inevitablemente, poralgún deles teremos que pagar.

OOss eeqquu iippooss ppaaggaarráánn 1122 eeuurrooss ddee ccaannoonn eenn 22000099

Page 12: A IInntteerrnneett cchhaaiirraa · Hai novas que dependendo de como teñamos o día semellarán positivas ou negativas e sen posibilidade algunha de achegar un termo medio. Unha destas

12 tic para discapacitados_rreeddaacccciióónn

Tecnoloxíapara entrar

na tecnoloxía

Espe

cial

Tec

nolo

xía

para

dis

capa

cita

dos

Damos conta das últimasferramentas presentadas

para axudarlleaos colectivos

máis desfavorecidos

XXXXooooggggoooossss ppppaaaarrrraaaa iiiinnnnvvvviiiiddddeeeennnntttteeeessss

Coa chegada das novas videoconsolas como a Wii, a Nintendo DS ou a PSP, as per-soas maiores e as mulleres (dous sectores da poboación que en xeral non estaban inte-resados neste tipo de lecer), pasaron a formar parte do público obxectivo dos fabri-cantes de videoxogos, ao ter sido creadas tecnoloxías polas que se podían sentir atra-ídos dalgún xeito.Pero ata o de agora, malia os avances que se teñen acadado en investigación, aíndahabía un colectivo que non “sucumbira” xa aos mandos destes aparellos, e non por-que non fosen atractivos para os seus integrantes senón pola falta de adaptación dosdispositivos para xogar con eles. Trátase das persoas con deficiencias visuais, quegrazas a un videoxogo desenvolvido por estudantes do Instituto de Tecnoloxía deMassachussets (MIT) e de Singapur tamén poderán xogar coas modernas consolasque tanto éxito levan acadado nos últimos anos pola revolución no xeito de interac-tuar con elas.

AudiOdyssey, que é como se coñece a este peculiar videoxogo, simula o funciona-mento dunha cabina dun DJ na que hai que pulsar un botón xusto ao ritmo da músi-ca “para facer tolear aos congregados” nunha pista de baile virtual. Polo de agora, oprimeiro prototipo está dispoñible para Nintendo Wii e para PC e, segundo vén deinformar o xornal dixital Elmundo, “os que o probaron aseguran que é realmentedivertido”. Asemade, o que converte a este produto nun verdadeiro pioneiro na industria do lecermoderno é que permite que as persoas con problemas de visión poidan xogar ómesmo tempo contra os seus amigos sen diversidades funcionais, algo que ata o deagora non se acadara con ningún outro videoxogo xa que, os que había no mercadoata a creación de AudiOdyssey “eran tan específicos e estaban tan adaptados ós cegosque era case imposible que unha persoa sen problemas nos ollos puidera emprega-los”. Así o afirma Eitan Glinert, un dos creadores do produto, que se dedicou a inves-tigar todo o que había no mercado antes de desenvolver a súa ferramenta idea para ogoce de todos e todas.Estas e outras aplicacións pódense descargar de balde a través da seguinte ligazón:http://gambit.mit.edu/loadgame/index.php.

SSSSooooffff ttttwwwwaaaarrrreeee ggggaaaa llll eeeeggggoooo ppppaaaarrrraaaaddddiiii ssssccccaaaappppaaaacccc iiii ttttaaaaddddoooossss vvvv iiii ssssuuuuaaaaiiii ssss

Pero non só en materia de videoxogos melloraron as cousaspara as persoas con discapacidade visual. Para ledicia detodos, e grazas a un novo software de orixe galega, as perso-as invidentes poden “desenvolverse con total autonomía” nouso de computadores e realizar, sen ningún tipo de axuda,tarefas básicas como editar textos, consultar o correo electró-nico ou navegar polo sistema. Así o veñen de afirmar os coruñeses Juan Buño e SerxioRodríguez, membros do equipo responsable desta ferramentabaseada no software libre á que bautizaron como Lazarux. Se xa de por si este tipo de programas son unha excelenteopción da que non nos cansaremos de falar polas súas múlti-ples funcionalidades á hora de crear ferramentas de calidade,cando se empregan para axudar aos colectivos de risco sem-pre nos vemos na obriga de louvar a todos cantos participanno seu desenvolvemento e mellora.No caso deste programa (que se pode descargar de balde a tra-vés da ligazón: http://www.grupomads.org/download/) per-mite que as persoas invidentes non precisen da axuda doutraspersoas para usar con normalidade os seus ordenadores, des-envolvéndose con total autonomía en tarefas nas que anterior-mente tiñan que pedir a colaboración de amigos ou familiares,o que o converte nun software sen igual no panorama galegoe internacional. Incluso, nunha entrevista concedida a Europa Press, JuanBuño afirmaba que “no prazo dun ou dous anos as persoasinvidentes poderán chegar a instalar programas sen axudadoutras persoas grazas ó Lazarux”, algo totalmente inimaxi-nable ata hai ben pouco. Malia que este tipo de ferramentas xase están a probar e a perfeccionar en programas privativos,Lazarux é o primeiro ao que se pode acceder de balde, o quesupón un grande aforro de diñeiro para as persoas cegas.Segundo vén de informar o portal do PEGSI, o informáticoimpartiu recentemente unha conferencia na Facultade deInformática da Coruña na que tratou de “concienciar” ós futu-ros licenciados da necesidade de favorecer a accesibilidadedas persoas con discapacidade ás novas tecnoloxías.

Page 13: A IInntteerrnneett cchhaaiirraa · Hai novas que dependendo de como teñamos o día semellarán positivas ou negativas e sen posibilidade algunha de achegar un termo medio. Unha destas

13tic para discapacitados__rreeddaacccciióónn

Especial Tecnoloxía para discapacitadosMMMMááááiiii ssss aaaacccccccceeeessss iiiibbbbiiii llll iiiiddddaaaaddddeeee ttttaaaammmméééénnnn

ppppaaaarrrraaaa aaaassss ppppeeeerrrrssssooooaaaassss xxxxoooorrrrddddaaaassss

De entre tódalas categorías que estableceron na pasada edición os organi-zadores dos Premios Eganet (un total de nove), vén a conto desta voltadestacar o Premio á Tecnoloxía Accesible, ó que podían optar todas aque-las iniciativas dirixidas a crear e difundir unhas NTIC accesibles (hard-

ware, software, accesibilidade a sitios web) para aqueles colectivos quese atopan nunha situación de desvantaxe, como as persoas maiores, aspersoas con discapacidade ou mobilidade reducida, as persoas invidentes,ou os membros dos colectivos máis expostos aos riscos que poden supo-ñer as novas tecnoloxías: menores, persoas con algún tipo de discapaci-dade intelectual ou persoas inexpertas en materia das TIC.As entidades que o xurado decidiu máis meritorias deste galardón forona Asociación de Persoas Xordas de Lugo e máis a Rede de Dinamizaciónda Sociedade da Información da Consellaría de Innovación e Industria,polo dicionario E-SignoVisual, un catálogo práctico e virtual de termostecnolóxicos quelle fai máis acce-sible este tipo delinguaxe ás per-soas xordas. E-Signo Visualconxuga a lin-guaxe de signoscoa lingua gale-ga e o softwarelibre, algo pio-neiro no nosopaís e un pasomoi importantepara este colecti-vo. Este peculiardicionario está a disposición dos usuarios a través das páxinas web daAsociación de Persoas Xordas de Lugo (www.asorlu.org) e da Rede(dinamiza.sociedadedainformacion.eu/esignovisual), o que permitiráestender os seus beneficios a toda a colectividade de xordos de Galicia.Pero non só Eganet recoñeceu o labor de integración de ASORLU. AAsociación de Redes de Telecentros celebrou na illa de Fuerteventura oseu 7º Congreso Anual de Telecentros e Redes de Telecentros e alí galar-doou ó dicionario E-SignoVisual por facerlles accesibles as novas tecno-loxías ás persoas xordas xa que, a miúdo, supoñen para elas unha fonte denovas oportunidades de integración.

VVVViiii cccceeeepppprrrreeeessss iiiiddddeeeennnncccc iiii aaaa ffffoooorrrrmmmmaaaa

ccccoooo iiiiddddaaaaddddoooorrrreeeessss eeee ccccoooo iiiiddddaaaaddddoooorrrraaaassss aaaa tttt rrrraaaavvvvééééssss ddddaaaa WWWWeeee bbbb

Vicepresidencia está a reforzar o seu servizo en liña Coidanet(www.coidanet.com), encamiñado a achegar servizos e apoio ás persoas en situa-ción de dependencia, aos seus coidadores e aos profesionais do eido da promo-ción da autonomía persoal. Máis polo miúdo, a idea do departamento da Xunta éafondar na achega formativa do dito espazo dixital, subministrando máis e mello-res posibilidades no desenvolvemento de cursos a distancia. Nesta liña é onde seinsiren as iniciativas presentadas recentemente en Lugo para este mes de xuño enas que poden participar xa coidadores e coidadoras non profesionais de depen-dentes. Estas actividades, que forman parte do Plan de Formación de Coidadores nonProfesionais da Secretaría Xeral de Benestar, inclúen varias modalidades de for-mación: a distancia a través do portal Coidanet, presencial ou a domicilio (enca-miñado) a aquelas persoas que polas súas circunstancias non poidan acceder aoscursos nas devanditas modalidades. As accións formativas repártense en tres módulos –un módulo básico e dous deformación avanzada–, cada un cunha duración de 10 horas.

A posición das novas tecnoloxías cara ás persoas con diversidade funcional éunha posición que non semella admitir termos medios. Ou son importantes ferra-mentas para o medre da súa calidade de vida ou non son nada (unha barreira ou unmuro máis co agravante de que se lles pechan as portas á Sociedade da Información).Na nosa terra, un dos entes que máis está a traballar para que as redes sexan lugar detraballo, de comunicación e de integración destes colectivos é o CESGA, que volveestar de actualidade pola súa colaboración coa Universidade da Coruña (UDC) nocamiño de perfeccionar un sistema de atención virtual destinado ás persoas con estetipo de diversidade.

Máis polo miúdo, o traballo da Unidade Clínico Asistencial de Trastornos deEspectro Autista e Xerais do Desenvolvemento (UCATEA) da UDC e do CESGAbaséase na formación tecnolóxica de varias familias situadas en diferentes vilas daCoruña e Lugo co fin último de poñelas ao día no emprego do dito contorno virtual,o que implica a achega dun equipo informático e acceso á Rede de banda larga. Aidea é subministrarlles a porta de entrada, ou sexa, o propio contorno (desenvolvidopola Área de e-Learning do CESGA e encamiñado a afacer o contacto coa Sociedadedo Coñecemento aos requirimentos das persoas con diversidade funcional), para quea conexión á Internet sexa posible. Non xa dende o punto de vista tecnolóxico ou da

infraestrutura, senón atendendo ao caso particular de cada internauta. Polo tanto, con esta achega do CESGA favorécese a realización de todo tipo de acti-vidades ligadas ao medre da calidade de vida no eido familiar: Benestar emocional,Saúde física, Benestar económico, Apoios, Produtividade, Relacións e funcionamen-to familiar, Implicación na comunidade e defensa, Ocio e tempo de lecer eAutodeterminación).

O labor do dito equipo da Universidade da Coruña é fundamental para saber atéonde poden chegar os valores e vantaxes das novas tecnoloxías e deste proxecto enconcreto para as persoas con diversidade funcional e as súas familias. Segundo apun-tan os responsables da iniciativa, o abano de actividades semanais desenvolvidas noproceso de avaliación do equipo da UDC é abondo amplo: e-mails con informacións,novas relativas a aspectos fundamentais na vida das persoas con diversidade funcio-nal, discusión mediante foros, sesións de atención individual e grupal a través dechat. “A través deste proceso detéctase que aqueles aspectos onde as familias pre-cisan maior apoio están relacionados coas dimensións de Produtividade, Saúde físi-ca e apoios para as familias e as persoas con diversidade funcional”, sinala o equi-po da Universidade.

FFFFeeeerrrrrrrraaaammmmeeeennnnttttaaaa ppppaaaarrrraaaa qqqquuuueeee oooo mmmmóóóóbbbbiiii llllcccchhhheeeegggguuuueeee aaaa ttttooooddddaaaassss eeee aaaa ttttooooddddoooossss

Que pasa cando os internautas con problemas de audición precisan empregar oteléfono móbil para concluír algún tipo de procuras ou descargas na Rede? Poispara isto tamén foi pensada unha ferramenta. Vodafone e Spinvox foron os cre-adores de Dicta SMS, un novo servizo que lles permite aos clientes da operado-ra nacional converter as súas chamadas de voz en texto a través de dúas modali-dades: Dicta SMS automático e Dicta SMS 115. O servizo automático permite que cando se chame a un teléfono de fóra decobertura, en vez de deixar unha mensaxe no contestador se poida ditar un textoque se remitirá mediante SMS. Este mesmo mecanismo tamén se pode empregarcon móbiles que non estean apagados ou fóra de cobertura, utilizando o prefixo115, que activa o sistema para converter a voz do usuario en texto e remitilo porSMS.Esta nova solución xa hai tempo que está a ser avaliada e resulta de especial inte-rese para aquelas persoas con discapacidades auditivas, sobre todo porque vai serde balde para o receptor en calquera das dúas modalidades. Desafortunadamente, o servizo só está dispoñible en español, devolvendo unerro no caso de deixar unha mensaxe en galego, pero todo se andará e segura-mente moi pronto se poderá empregar esta ferramenta coa lingua coa que mellorse sinta cada un.

OOOO CCCCEEEESSSSGGGGAAAA eeee aaaa UUUUDDDDCCCC ccccoooo llllaaaabbbboooorrrraaaannnn nnnnoooo aaaacccccccceeeessssoooo áááá RRRReeeeddddeeee ddddeeee ppppeeeerrrrssssooooaaaassss ccccoooonnnn ddddiiiivvvveeeerrrrssss iiiiddddaaaaddddeeee ffffuuuunnnncccc iiii oooonnnnaaaa llll

Page 14: A IInntteerrnneett cchhaaiirraa · Hai novas que dependendo de como teñamos o día semellarán positivas ou negativas e sen posibilidade algunha de achegar un termo medio. Unha destas

14 cobertura wifi no courel_rreeddaacccciióónn

Rede contra oesquecemento

O 60% do Courel xaten Wimax, segundo

Medio Rural

Pois está claro que non, e nisto tamén é case seguroque coincidan as institucións. Porén, un dos entes públi-cos dos que depende esta situación, a Dirección Xeralde Desenvolvemento Rural, vén de sinalar que xa haiun importante treito do camiño andado e (tamén) de darconta de todo o que se acadou nos últimos meses enmateria de despregue da rede de comunicacións contecnoloxía Wimax: en liñas xerais, cubrir o 60% dapoboación do Courel.

Nas imaxes, a aldea de Visuña e a Devesa daRogueira vistas por Franes.

Máis información sobre o despregamento da rede enmediorural.xunta.es.

A habilitación desta infraestrutura, artellada coma unproxecto piloto para conseguir o acceso ás tecnoloxíasda información en espazos de montaña e de orografíacomplicada (para logo seren aplicadas as experiencias aoutros escenarios), non só inclúe a achega do equipopara acceder á Rede en lugares públicos, sedes de aso-ciacións e empresas ou casas de particulares, senóntamén a posta en marcha de actividades formativas. Porcerto que o proxecto, do que xa falamos nesta revistacon motivo da presentación, estase a desenvolver dexeito paralelo ao levado a cabo en Samos, a moi poucadistancia do Courel.

Na presentación dos datos devanditos, que tivo lugarhai unhas semanas en Folgoso na casa consistorial, par-ticiparon os directores xerais de Promoción Industrial eSociedade da Información e de DesenvolvementoRural, Helena Veiguela e Edelmiro López. O miolo daconvocatoria perante os veciños non foi outro queinformar do acadado co despregue do Wimax, que,como dixemos, xa chega (segundo datos das ditas direc-cións xerais) ao 60% do territorio da comarca, estandoprevisto o seu afianzamento no 90% nun prazo de dousmeses. Na actualidade, informaron os dous departa-mentos da Xunta, está xa executada a rede principal, coservizo xa implantado nos núcleos máis poboados. Aomesmo tempo, trabállase neste intre por ampliar ainfraestrutura ao resto do territorio. “Máis polomiúdo”, informan, “xa existe cobertura WiFi/Wimaxnos núcleos de Folgoso, Seoane, Meiraos, Vilasibil,Vilamor, Froxán e Eiriz, ao tempo que se está traba-llando nunha segunda fase de ampliacións que incluiráSeceda, Mercurín, Miraz, Moreda do Courel, Noceda,Paderne e Teixeira”.

O proxecto está a desenvolverse cunha serie de medi-das complementarias na propia Rede, encamiñadas nonsó a soster a parte máis teórica da iniciativa no eidodixital (achegando unha sorte de oficina de información

aberta as 24 horas), senón tamén a ofrecer unha escol-ma dos servizos fornecidos polo Wimax que máis poi-dan interesar aos veciños do Courel, de maneira queentren na Sociedade da Información non polos seusatrancos (como se ten feito hai anos) senón polas súasvantaxes. Esta face na Web do proxecto materialízaseen www.galizarural.net. Como dixemos, este portalinforma sobre unha serie de cousas se poden facer coaaxuda da Internet: acceder a partes do tempo actualiza-dos, prensa e radio en liña, banca electrónica, enciclo-pedias e bibliotecas, foros, taboleiros de anuncio, catas-tro, axudas públicas, mapas, etc.

Visuña

Que na comarca do Courel fai falla máis Redee máis comunicación e comercio en liña emenos explotacións mineiras é algo no queprobablemente coincidan unha boa parte dosveciños. Pódese dicir que na actualidade hai

Internet abonda como para inverter a situa-ción de desvantaxe que sofren as grandesparaxes naturais da bisbarra e os servizosque agardan por unha mellor infraestruturapara o seu afianzamento e medre?

Alto da devesa de rogueira.

O conselleiro de Innovación, Fernando XabierBlanco, asinou hai uns días cinco conveniosde colaboración cos alcaldes dos concellosde Cuntis, Curtis, Manzaneda, Riotorto e SanSadurniño para a ampliación da coberturaWiMAX nestes municipios. Nos devanditosconcellos a Consellaría desenvolveu o anopasado un proxecto piloto mediante o cal seimplantaron redes de telecomunicación senfíos de acceso público a Internet cun inves-timento total nestes municipios de 500.000euros. Innovación compromete con esta nova sina-tura a ampliación da cobertura xeográficada rede WiMAX co fin de garantir un mellornivel de penetración das novas tecnoloxíasno territorio dos concellos asinantes. A estaampliación, o departamento de FernandoBlanco destina 342.928,22 euros (Cuntis -70.489,35-; Curtis -57.983,17-; Manzaneda -74.484,4-; Riotorto -55.481,94-; SanSadurniño -84.489,35-), que sufragará asestruturas precisas para a distribución dosinal nas áreas xeográficas que determina-rá unha comisión constituída para o segui-mento do proxecto piloto. A maiores, os convenios asinados conManzaneda e San Sadurniño permitirándotar estes dous termos de dinamizadoresda Sociedade da Información.

Máis cobertura WiMAX enCuntis, Curtis, Manzaneda,Riotorto e San Sadurniño

Page 15: A IInntteerrnneett cchhaaiirraa · Hai novas que dependendo de como teñamos o día semellarán positivas ou negativas e sen posibilidade algunha de achegar un termo medio. Unha destas

HP introduciu no mercado un novo ordena-dor todo-en-un con pantalla táctil. Trátase daserie TouchSmart que comeza polo modelo HPTouchSmart IQ504 PC, que conta cun proce-sador Core 2 Duo T5750 a 2 GHz, 4 Gb deRAM, disco duro de 320 Gb a 7.200 rpm, gra-vadora de DVD, tarxeta gráfica Intel X3100con 128 Mb de memoria dedicada, Bluetooth,Wi-Fi, altofalantes, lector de tarxetas dememoria, 5 portos USB, entrada e saída deaudio, webcam e unha pantalla táctil de 22polgadas; mentres que o modelo IQ506 PCinclúe un sintonizador de televisión; custandoestes equipos 1.299 (844,35�) e 1.499 dólares

(974,35�) respectivamente.Os equipos HP TouchSmart achegan unha

nova experiencia de uso centrada na súa pan-talla táctil, que serve para ver fotografías,reproducir vídeos e moitas outras funciónsde lecer dixital.

O uso dos novos equipos de HP lembra aodo iPhone, pois cos dedos se poden exploraros contidos do ordenador e acceder aos mes-mos, converténdose nunha revolución para osequipos domésticos, aínda que o seu prezopode ser un atranco para que chegue aosfogares.

O fabricante de navegadores GPS Mio sor-prende ao mundo licenciando un dos seus dis-positivos coa marca Knight Rider (o CocheFantástico da serie de televisión protagoniza-da por David Hasselhoff nos anos 80). Pero onavegador de Mio non só inclúe o logotipo daserie televisiva no seu exterior, senón quetamén destaca por contar coa voz de WilliamDaniels (o actor que dobraba a KITT na serieorixinal) que mesmo se dirixe ao condutorchamándolle Michael.

Para rematar de redondear o produto, aoslados da pantalla LCD do navegador GPStemos unha serie de LED que lembran ao sis-tema gráfico que representaba o falar doCoche Fantástico, polo que este trebello quesairá á venda no outono por 270 dólares será

imprescindible para moitos nostálxicos.O Mio Knight Rider GPS incluirá de serie os

mapas de EE.UU. e Canadá, aínda que existiráa posibilidade de adquirir novos mapas inter-nacionais, para que os interesados poidanfacerse con este orixinal dispositivo dendecalquera parte do mundo (aínda que non pare-ce que vaian a dobrar a voz de KITT para mer-cados distintos ao norteamericano).

Os marcos dixitais son un dispositivoscada vez máis habituais nos fogares,pero algúns fabricantes optan por dota-los de máis prestacións que a mera pre-sentación de fotografías en pantalla easí temos opcións coma o TranscendT.photo 720, que na súa pantalla de 7polgadas cunha resolución de 800 x 480píxeles permite amosar imaxes JPEG eBMP así coma vídeos (AVI, MOV, MPG,MP4 e 3GP). Tamén reproduce ficheirosmusicais en MP3 (conta con altofalantesestéreo) e incorpora un sintonizador deradio FM.

O ficheiros deste marco gárdanse nasúa memoria interna de 2 Gb, aínda quetamén se poden achegar os contidosgrazas ao seu lector de tarxetas dem e m o r i a(microSD/SD/SDHC/MMC/MS/M2/CF).

Para completar este dispositivo quese vende a 129 dólares temos que detec-ta automaticamente se está en posiciónvertical ou horizontal, pode programarsepara apagados automáticos, ten alarma(que pode activar a radio ou reproducirun tema en MP3) e tamén conta con fun-cións de reloxo e calendario.

MOTOROKR E8, COMBINACIÓN PERFECTTELEFONÍA MÓBIL E REPRODUCIÓN MUSICAL

En xaneiro Motorola anunciara o seu móbil Motorokr E8pensado para a reprodución de música (soporta ficheirosMIDI, MP3, AAC, AAC+, Enhanced AAC+, WMA, WAV, AMR-NBe Real Audio v10), que finalmente chega a España, e aíndaque non teña unhas características técnicas impresionan-tes si promete ser un terminal moi práctico para melóma-nos.

O Motorokr E8 é un móbil cuatribanda sen soporte 3G(soportando como máximo conectividade EDGE), mide 115 x53 x 10,6 milímetros, pesa 100 gramos, conta cunha panta-lla de 2 polgadas cunha resolución de 240 x 320 píxeles,cámara de 2 Mpíxeles e 2 Gb de memoria interna (amplia-ble ata 4 Gb), pero polo que destaca é por ser un dos móbi-les máis parecidos a un iPod que se poden atopar no mer-cado (con permiso do iPhone).

Por exemplo, o teclado do terminal pode cambiar demodo pulsando un botón, polo que funciona coma tecladode teléfono ou control de reprodución musical segundo ocontexto no que se utilice (os textos das teclas non estángravadados fisicamente, senón que son cambiantes);tamén conta cunha roda de navegación táctil (moi seme-llante á dos reprodutores de Apple) que fai moi doadomoverse polos menús e controlar a reprodución multime-dia; o teclado virtual conta con retroalimentación (cando sepulsa e solta unha tecla se produce unha leve vibración queengade realismo e mellora a experiencia de uso); e paraescoitar a música podemos optar por auricularesBluetooth (pois soporta a modalidade estéreo desta tecno-loxía) o incluso por auriculares ordinarios, xa que contacun conector de jack estéreo de 3,5 milímetros.

MARCO DIXITAL CON REPRODUCIÓNMULTIMEDIA E RADIO FM

TOUCHSMART, O NOVO TODO-EN-UN DE HP

NAVEGADOR GPS DO COCHE FANTÁSTICO

15selección de gadgets__rreeddaacccciióónn

TTrreebbeellllooss ddaa wweebb ddee CCóóddiiggoo CCeerroo

Page 16: A IInntteerrnneett cchhaaiirraa · Hai novas que dependendo de como teñamos o día semellarán positivas ou negativas e sen posibilidade algunha de achegar un termo medio. Unha destas

16 correo electrónico lixo_rreeddaacccciióónn

A Redeobsoleta

Deste xeito, todo o mundo ten asúa propia cruz á hora de verificar abandexa de entrada cada mañá,nada novo (por outra banda) conrespecto ó correo tradicional (o depapel), que é cada vez máis insubs-tancial (os carteiros de hoxe seme-llan xa, e que ninguén se ofenda,mensaxeiros de bancos e operado-ras de telefonía). Leas aparte, a grannovidade dunha investigacióncomo Estudo sobre a situación,natureza e impacto económico esocial do correo electrónico spamque vén de presentar INTECO(www.inteco.es) para España residebasicamente nos números.

É dicir, que entre outras estatísti-cas de interese se rexistra un claroincremento da porcentaxe da pallanas nosas contas de correo con res-pecto á presenza do gran: entre odía 1 de xaneiro e o 11 de marzo de2008, a través de 14 servidores,identificouse o 84,6% das mensa-xes que corrían pola Rede comopura e dura morralla informativa.

A base do estudo, que é a primei-ra edición do que se prevé unhaserie longa (e cada ano), non é des-prezable: 92 millóns de correosavaliados. O informe, que sitúa aEspaña como un dos principais pro-dutores de refugallos vía Internet(concretamente no posto 10º doranking de emisión de basura epis-tolar no virtual, e moi preto deseguir rubindo chanzos), taméndetecta de onde provén o groso dospam que circula na Rede: entreEstados Unidos, China, Corea doSur e Rusia repártense máis dametade do mesmo.

A investigación tamén lanzaalgunhas posibles respostas a esteincremento de correo lixo: hai máisinternautas (polo tanto, máis tenta-tivas de calotes e estafas diversasen liña e máis posibles vítimas) e onúmero de redes de computadores

infectados que fan depalestras de envío decorreos (e sen que ousuario teña constanciade nada) tamén sufriu unconsiderable aumento.

O correo lixo, amaisde infectar ordenadoresou servir de anzol paraposibles roubos, taménafecta xa ao funciona-mento das empresas,roubándolle tempo aostraballadores, que,segundo o dito estudo,xa dedican entre 2 e 4minutos da súa xornadalaboral a eliminar o

spam, o que se traducenun custe económico ligado a cadaempregado (con conta de correo)por valor de 179 euros.

Vínculos do spam

farmacéutico coas mafias rusasO spam é sempre spam. Ou sexa:

lixo. Con todo, pódense facer clasi-ficacións, do mesmo xeito que éposible poñerlle etiquetas aos refu-gallos. Disto trata un estudo recentede IronPort Systems no que se tratade buscar as causas, as motivaciónse a natureza mesma desa lacra que

asolaga cada día as nosas contas dee-mail. No estudo, en boa medida,non se di moito que non saibamos.Por exemplo, que o groso do correolixo segue a estar constituído portentativas de venda de produtos far-macéuticos ilegais en liña. Destexeito, no informe constátase certobo ollo por parte dos spammers, aopór á venda (supostamente) mate-rial que, ben por cuestións de restri-cións lexislativas ben porque a súacompra compromete ó cliente (tipoViagra), fica un pouco a contrapelodos cidadáns. Até aquí nada novo.Onde de verdade comeza o mioloda investigación é nas relacións queestablece entre os creadores de mal-ware e os negocios farmacéuticosilegais por Internet, unidos elesagora por un nexo común: o empre-go das redes bot para enviar a esga-lla os correos spam onde promovenos seus sitios web.

Segundo o informe de IronPort(empresa especializada en seguri-dade informática), máis do 80% docorreo lixo enviado pola rede botStorm serve para comercializarmarcas farmacéuticas da Rede. Apregunta que nos podemos facer aorespecto é a seguinte: a quen se diri-xe todo iso? Fanse diferenzas eestudos de mercado para sacarllemáis rendibilidade aos envíos? Polovisto, os spammers páranse algoneste tema, aínda que non moito.Os ditos correos son subministra-dos por millóns de ordenadores per-soais dos consumidores que foroninfectados con Storm mediante“sofisticados trucos de enxeñeríasocial e vulnerabilidades en páxinasweb”. Na investigación mesmo seachegan detalles sobre a proceden-cia dunha parte importante destecorreo lixo: detrás dela atópaseunha organización criminal rusaque se fai con colaboradores paraenviar correos a través de redes bote que reciben un 40% de comisiónsobre o custo da venda. Resultado?Segundo a firma IronPort, queimporte máis o negocio a toda costaque a calidade do produto submi-nistrado, que adoita a vir co ingre-diente activo requirido pero noncoa dose correcta do mesmo (arre-dor dos dous terzos destes medica-mentos ilegais cumpre esta tristenorma).

Respecto aos beneficios xerados,Storm e outras redes bot xeran pedi-dos a comisión que se serven a tra-vés das cadeas de distribución eachegan un beneficio de 150millóns de dólares ao ano. O infor-me de IronPort tamén subministraos métodos de acción do dito mal-ware empregado para infectar PCse, en consecuencia, unha serie deconsellos sobre que é aquilo quenon hai que facer na nosa navega-ción senón queremos converternosen lanzadeiras involuntarias despam.

Seis millóns de dólares de multa

A ollos da xustiza e de MySpace,mandar correo lixo a esgalla é unhacousa mala, pero facelo tirando par-tido arredo da dita rede social écheaínda moito peor. E senón que llodigan a Scott Richter, directivo deMedia Breakaway, que vén de serinformado do que vai ter pagar pormor de ter feito uso de MySpacecomo plataforma para enviar spamaos seus usuarios: unha multa de 6millóns de dólares, segundo seespecifica do fallo do tribunal. Contodo, a cifra final que vai ter queabonar Richter, que hai dous anosfoi levado perante a xustiza porMicrosoft en base a motivos seme-llantes (tendo que pagar 7 millónsde multa), dista moito do que pedíapreviamente a acusación: 234millóns de dólares.

Segundo fai saber MySpace nuncomunicado, o que se quere dar aentender con accións da maneira éque non se vai andar con mediastintas á hora de iniciar accións con-tra os que usen a tecnoloxía postaao servizo da comunidade en liñapara o seu propio lucro e interesepersoal. “Estamos comprometidosa que prevaleza a xustiza contraaqueles que tentan danar aos nososmembros”, sinalan os responsablesda rede social. Con todo, e volve-mos ao tema de antes, a sanciónfinal está a moita distancia do quepedía a firma MySpace. O motivo?Semella que responde a un interesedos tribunais de non descargarsobre dous ombreiros (os deRichter) un peso que debería vircompartido con outras moitasempresas afiliadas á mesma.

Cada pouco chegan ó noso correo electrónico estudosque avalían o resto do correo, concretamente aquilo quepoderíamos cualificar sen dúbida algunha como “auténti-co lixo”. As novidades a este respecto son poucas. Ousexa: segue a haber spam.

Só arredor do15% dos correos

da Rede teñenalgún tipode valor

O spam, un novo xeito de encher taquillas con merda visto no caderno

de Yogma en Flickr

Page 17: A IInntteerrnneett cchhaaiirraa · Hai novas que dependendo de como teñamos o día semellarán positivas ou negativas e sen posibilidade algunha de achegar un termo medio. Unha destas

17menos combustible máis rede_f.s.

Traballarsen

gasóleoé posible

Certo: de nada serve tirar parti-do destes servizos nunha empresade transportes para rebaixar adependencia ao transporte mesmo,pero si que hai un bo número de tra-balladores (segundo certos estudos,arredor do 25%) que poden facer naInternet practicamente o mesmoque facían até o de agora de xeitofísico e presencial. Toda esta enlea-da está a ter unha consecuencia: asempresas que achegan todo tipo derecursos pola Rede poderían versebeneficiadas da crise do combusti-ble.

Isto non o dicimos nós, senón(entre outros) o vicepresidente deGoogle, Viton Cerf, para quen estáclaro que, malia os efectos negati-vos na economía mundial derivadosda suba dos prezos dos derivadosdo petróleo, é innegable que aindustria de Internet pode tirar par-tido da situación.

O directivo da primeira empresado mundo en cuestión de buscado-res en liña fixo estas declaraciónsen Seúl co gallo dunha xuntanza deministros da OCDE (Organizaciónpara a Cooperación e oDesenvolvemento Económico),onde aproveitou para deixar benclaro que tipo de tecnoloxía ten

máis posibilidades de converterseen alternativa seria ás viaxes portraballo: a videoconferencia, hoxeen día abondo desenvolvida (sem-pre e cando teñamos un bo accesoás canles do coñecemento, claro)como para achegar unha situaciónben semellante a un encontro direc-to e presencial. Asemade, sinalou aimportancia de ferramentas infor-máticas de cálculo e de situaciónxeográfica para –no caso de que aviaxe sexa inevitable- determinar odesprazamento máis curto e cómo-do do traballador (por avión ou encoche), co obxectivo de reducir ogasto en combustibles.

Na imaxe (vista en Motor Full),unha estación de servizo co nomedunha coñecida mutinacional dopetróleo lixeiramente variado(abondo como para facernos pensarno que tanto ela como as restantesdo sector están a representar para asnosas economías).

Relacións e consecuenciasTeñen algunha relación a alza dos

prezos dos combustibles e o incre-mento do emprego das novas tecno-loxías do coñecemento? Pode unfactor influír no outro? Segundocertos estudos de analistas e deempresas vinculadas ó eido tecno-lóxico, o primeiro está a afectar dexeito moi negativo ás economíaspero, ó mesmo tempo, tamén lles dáazos ós novos vieiros de vida labo-ral que non impliquen para o/a tra-ballador/a a necesidade de despra-zarse e, polo tanto, crearlles gastosinnecesarios ás compañías. Ditodoutro xeito e para que se entenda:esta que vivimos ben podería serunha boa oportunidade para que oproceso produtivo mundial comeceun novo rumbo, lonxe dun réximede dependencia cos combustiblesderivados do petróleo que xa raia

coa escravitude. Resultado de todoisto? Aforramos custos, contamina-mos menos e non perdemos nintempo nin paciencia nas estradas.

A pregunta que nos podemosfacer agora é: pódese aplicar a fór-mula do teletraballo a todos osniveis? Evidentemente non. Haitarefas que é preciso facer in situ,pero, tal e como se reflicte en inves-tigacións da universidade deMaryland e da firma Rockbridgereferentes a 2006, o 25% dos traba-lladores estarían en situación delevar a cabo a súa vida laboralvaléndose do emprego das novastecnoloxías. Isto que é aplicable a2006, éo máis aínda a día de hoxe,un intre no que a Internet ferve deservizos gratuítos encamiñados afavorecer a comunicación. A maio-res, as condicións actuais son espe-cialmente propicias se temos enconta a predisposición dos empre-sarios. Segundo Society of HumanResource, case a metade dos res-ponsables das compañías dosEstados Unidas ofrecen xa opciónsserias de traballo no fogar polomenos unha vez por semana (nondeixa de ser curioso, polo tanto, queagora, co petróleo que non para desubir, se alente o que antes se cen-suraba: a vida laboral no eidodoméstico e, máis ou menos, porlibre).

Con todo, e malia os bos prog-nósticos, a cifra de persoas quefinalmente vai estar en disposiciónde cruzar ó cen por cen a liña dodixital é aínda difícil de calcular. Oque si se sabe é que en boa medidase incrementará e a todos os niveise ó mesmo tempo que prácticas tansaudables como compartir o vehí-culo privado, empregar máis otransporte público e as bicicletas ouapostar por vehículos limpos (eléc-tricos, solares).

Cos combustibles convertidos cada vez máis en obxec-tos de luxo, as opcións de facer traballo sen necesida-de de desprazarse e tirando partido das novas redesda información e dos seus recursos (por exemplo, avideoconferencia, as chamadas pola Rede, o correoelectrónico ou a mensaxeiría instantánea) teñen cadavez máis peso e máis corpo.

Google auguraque a suba dopetróleo vaibeneficiar á

industria da Rede

Traballando dende a

casa, visto no sitio de

Almost Lucid en Flickr

Estación de servizo

Hell vista de noite.

Page 18: A IInntteerrnneett cchhaaiirraa · Hai novas que dependendo de como teñamos o día semellarán positivas ou negativas e sen posibilidade algunha de achegar un termo medio. Unha destas

Hai un millón de anos

Se hai algunha disciplina que contri-búa a facerte máis vello esa é a informá-tica. Se hoxe lle digo a un dos meusalumnos “ZX81” ou “Amiga”, pensarán(no mellor dos casos) que o primeiro éalgún tipo de reprodutor multimeidampeg4, e que o segundo é unha especiede coñecida con certo grao de confianza.É o que teñen os anos e ter medrado cos8 bits. Pero o peor de todo é a melanco-lía, aquela doenza que na antigüidadegrega era a peor de todas por restar for-taleza ós guerreiros. Cando sae un novosoftware, un vese asaltado polas lem-branzas de ouros programas do nosopasado semellantes en funcionalidade.Programas que, coas súas peculiarida-des, déronnos horas de ilusión e estrés.

O programa que estes días me trouxorecordos é o lector Evince. Coa súasaída como algo inmediato, TrisquelGNU/Linux 2.0 inclúe a actualizacióndeste paquete. Son moitas as mellorasque trae na súa pretensión de tentar serun lector de formatos universal. A máisimportante é que, agora, ademais de serun lector de formato pdf, tamén é editor.Ou sexa, o que é o Adobe AcrobatProfessional para o “outro” sistema ope-rativo. Como valor engadido tamén équen de eliminar os contrasinais dos pdfencriptados. Non está mal. De feito, estámoi ben.

Porén, a pretensión dun lector en planesperanto –para os que non o saiban, eraunha linguaxe artificial feita con anacosdoutras linguaxes previas que debía ser-vir como koiné ou fala común- fixéron-me lembrar os tempos nos que os forma-tos requirían cada un o seu propio lector,e un tiña que aprender as tres letras que

están despois do punto do nome doficheiro para saber cal diaño empregar.(Sigh!) Tempos que, vistos dende hoxe,semellan os tempos dos bárbaros deValusia, Cimmeria e demais de RobertE. Howard.

A reflexión primeira que me fagodende a miña saudade é a seguinte: nonserá que de tan doadas e cómodas queestamos a facer as aplicacións informáti-cas lles estamos a quitar moita da ilusiónque xeraban entre os integrantes da pri-meira xeración dos que se achegaron áscomputadores, a xeración dos Amstrad,Commodore, Sinclair de demais? Écerto que as cousas deben progresar(deben?), que o usuario final quere un“aquí te pillo y aquí te mato” tecnolóxi-co... pero alguén terá que deterse a refle-xionar no custo de todo isto. Un célebrepolítico norteamericano expresou que osque sacrifican a súa liberdade en aras daseguridade, non merecían ningunha dasdúas cousas. Algo disto semella que estáa pasar no noso mundo técnico. Poreiunha analoxía non informática: antescalquera amañaba o monitor dun SeatSeiscentos co cinto dun pantalón e unhamarreta, agora os motores, tan electróni-cos eles, veñen cubertos e se nos presen-tan máis misteriosos cós xerogríflicosexipcios antes de Champollion. Coidoque a batalla do software libre é a deacadar transmitir á mocidade a virtudede aprender a programas para que osrapaces saiban que iso lles abre millei-ros de opcións –isto é, dálles máis liber-dade- na informática ó poder modificaro código do software existente, non nouso dun software gratuíto. En fin, deixode pórme filosófico que me enleo.

Nos tempos nos que navegar porInternet era facelo á incrible velocidadedun fax, 9.600 baudios, e o navegadorestrela era o Netscape Navigator, quetraía un botón de moita sona para noncargar as imaxes das páxinas web, proli-feraban milleiros de formatos e os seusvisores. Isto que debía de ser un proble-ma produciu que apareceran os primei-ros drivers de impresión asociados a for-matos. Desta época na que todo omundo usaba o Windows 3.X, e unhaminoría o OS/2 Warp, é o nacemento doformato pdf de Adobe a popularizacióndo Adobe Acrobat Reader como lectorde balde do devandito formato.

Porén, non foi a mellor nin a únicaproposta desa época. Lembro queNovell, a actual deseñadora de SuSeLinux, construíu unha tecnoloxía cha-mada Envoy. A virtude de Envoy é quese tiñamos a versión completa –ó igualca no produto de Adobe, podíase acadarun lector de formato separado- o driverde impresión tiña a posibilidade de xerarun executable que incluía o propio visorde documentos.

Iso era a caña. Podías enviar un docu-mento sabendo que o remitente podía

lelo sen problemas e sen complicarse avida dicindo “tes que ir a tal páxina web–lembrade os 9.600 baudios– e premeraquí e acolá para descargalo”. Novelltamén desenvolveu para a súa suite ofi-mática Appware, algo así como o VisualBasic para aplicacións, pero sinxelo efuncional.

O malo é que, como lle aconteceu óHome de Neanderthal, desapareceu nomain stream. Eran máis fortes, conmaior capacidade cranial, pero desapa-receron. Coma os dinosauros xa son sóunha curiosidade para paleontólogos ouunha lembranza para os saudosos.

Evince é un herdeiro deses tempos. Éde balde, é sinxelo de usar e é multifor-mato. Soporte pdf, postscript apoiado enghostscript, tiff, dvi e djVu. Entre as pre-sentacións da aplicación Impress deOpenOffice, as presentacións deMicrosoft Powerpoint, os formatos deproceso de textos de Microsoft Word, oOpenDocument, Abiword, lectura decómicos (cbz, etc) e ampliar os formatossoportados de imaxes a Gif e outros.Todo isto fará a nosa vida máis doada ónon ter que procurar a instalar cincuentalectores diferentes, pero vainos sumir namelancolía de ter a posibilidade de cazaro noso propio mamut para a cena.

RRaaqquuee ll WWee ll cchh eenn bb iikk iinn ii?? OOss dd iinnoossaauurrooss ee ddeemmaa iiss

“Evince é un her-deiro deses tem-pos. É de balde, ésinxelo de usar e émultiformato”.

18 linux educativo_diego rosales

Por Diego Rosales Galiñanes

Page 19: A IInntteerrnneett cchhaaiirraa · Hai novas que dependendo de como teñamos o día semellarán positivas ou negativas e sen posibilidade algunha de achegar un termo medio. Unha destas

19granxa familiar_F.Sarasqueta

A plataforma, que foi anunciada xahai meses no propio ámbito da USC e–hai pouco- nunhas xornadas na Estradasobre as posibilidades de Internet naGaliza non urbana, atópase neste intreplenamente operativa. Iso, a súa postaen marcha e o que esta significa (unhaoportunidade de facer riqueza na Redeque se perdeu e que agora os galegostentamos recuperar) foi o miolo da pre-sentación devandita no Colexio de SanXerome da Universidade. O acto, dirixi-do polos responsables da creación doportal (o Grupo de Investigación GIS-TIdea da USC), contou coa presenza derepresentantes dos devanditosConcellos, da Cooperativa Feiraco e deCáritas Diocesana de Santiago, aos quese sumou un novo participante: oConcello de Lalín. De feito, ese foi

outro dos obxectivos da xuntanza anteos medios de comunicación: dar a coñe-cer a incorporación deste novo socio e,máis concretamente, das explotaciónsrurais do ámbito familiar que, proceden-tes deste termo municipal, únense agora

ás xa integradas de Brión e Antas deUlla.

Durante o acto en San Xerome (naimaxe), no que tamén se aproveitou paraexplicar a fondo as características da ini-ciativa, asinouse un convenio de colabo-ración entre os responsables primeirosde Granxafamiliar.com e o alcalde deLalín, Xosé Crespo.

SSSSoooobbbbrrrreeee oooo eeeesssspppp íííí rrrr iiii ttttoooo ddddeeeeGGGGrrrraaaannnnxxxxaaaaffffaaaammmmiiii llll iiii aaaarrrr .... ccccoooommmm

Granxafamiliar.com é en certa medidaun proxecto de inspiración irlandesa,país no que xa hai anos que se están adar iniciativas da maneira, xeradas noeido rural e ó abeiro do cooperativismoe das asociacións de tipo veciñal (clubssociais, clubs de fútbol, clubs de mulle-res do rural, etc). Por certo que estacuestión en concreto, a de como enIrlanda se apostou dende hai anos porempregar máis Rede ca infraestruturaspuramente físicas (o contrario có casogalego) foi tratada polo miúdo hai unscantos meses en Compostela polo profe-sor Patrick O´Flanagan (daUniversidade de Cork). En certa manei-ra, unha das conclusións ás que se che-gou no dito encontro e noutros seme-llantes foi a seguinte: a aposta de Galizapolas infraestruturas foi incompleta eperdeuse a oportunidade de pór en valorunha boa parte do seu territorio coemprego racional das redes da informa-ción. Segundo os responsables deGranxafamiliar.com, debaixo deste por-tal latexa un fin ben claro: recuperar o

camiño deixado atrás e, xa que logo,abrir novas vías para que outras empre-sas e cooperativas do rural galego gañenen competitivade co uso do dixital.

Máis polo miúdo, Granxafamiliar.comabrangue até o de agora (sen contar coasda nova incorporación, as do Concellode Lalín) unhas 15 explotacións familia-res dos concellos de Antas de Ulla eBrión. En liñas xerais, a medida consis-te en poñer ó alcance da man destasfamilias as vantaxes de xestión, promo-

ción e distribución que achega Internet.Con este obxectivo, cada granxa contana dita plataforma web cun espazo pro-pio para o seu uso, un microsite ondepresenta os seus produtos concretos,ofrecendo servizos de información e aposibilidade de recibir visitas.

Detrás deste proxecto (agora xa unharealidade) está, como dixemos, aFundación Feiraco (en labores de finan-ciamento), o Grupo Gis-T-Idega e aUniversidade de Santiago.

A Universidade de Santiago acolleu hai unsdías a presentación dun proxecto que, encerta maneira, é xa un vello coñecido deCódigo Cero: Granxafamiliar.com, unha páxina

web e tenda en liña para distribuír cara aomundo produtos galegos do rural e máis con-cretamente (polo menos, até o de agora) dosconcellos de Brión e Antas de Ulla.

Explotacións familiares de Lalín incorpóranse ao portalGranxafamiliar.com, un portal que presenta e distribúe

produtos do rural galego cara ao mundo

Galicia inspírase en Irlanda

Captura da web de Granxa Familiar.

Granxafamiliar presentouse o Colexio de Fonseca. Algún dos produtos típicos que podemos atopar na web

granxafamiliar.com

“Granxa Familiar éun proxecto de inspi-ración irlandesa queabrangue unhas 15explotacións familia-res dos Concellos deAntas de Ulla e Lalín”.

Page 20: A IInntteerrnneett cchhaaiirraa · Hai novas que dependendo de como teñamos o día semellarán positivas ou negativas e sen posibilidade algunha de achegar un termo medio. Unha destas

20 máis música na rede_rreeddaacccciióónn

A Rede eos seus

recursos:anxos oudiaños?

Erradicar a piratería en Internet. Este semella ser o lema da fronte común creada pola industria co fin de pro-texerse a si mesma e, sobre todo, aos seus intereses, dunha das prácticas máis estendidas nos últimos temposentre os seareiros da música e do cinema e dos videoxogos en xeral e que máis pesadelos lles provoca aos repre-sentantes do sector: a descarga de ficheiros pola Rede protexidos con licenzas copyright. A nova fronte, que sedá a coñecer cun nome que fala por si só e que sen dúbida causará arrepíos enunciado de corrido na porta dunfogar ou oficina conectado á Internet (chámase Coalición de Creadores e Industrias de Contidos de España), nonxorde precisamente da nada: xorde do feito de que se teña constatado que en España máis da metade dos inter-nautas baixan música, filmes e xogos protexidos, o que vén a ser para coma a pinga que reborda o vaso da pacien-cia.

Detrás deste acordo de entes velando polo respecto ás licenzas pechadas de protección de autoría, sitúanse osrepresentantes dos artistas e máis dos produtos de contidos españois: PROMUSICAE e SGAE (dous vellos coñe-cidos), a entidade de xestión dos dereitos dos produtores audiovisuais (EGEDA), a Asociación de DistribuidoresCinematográficos (a ADICAN), a Federación para a Defensa de Propiedade Intelectual (FAP) e a Asociación deDistribuidores de Vídeos (ADIVAN).

En total, a nova fronte común representa a máis de 6.500 produtores de música (que é o 95% do sector enEspaña), 91.200 creadores de cinema, música e artes escénicas e seis colectivos de produtores, distribuidores eprovedores. Como dixemos, o gran reto desta coalición é combater (vía presencial e na Internet) que os usuariosdas novas tecnoloxías da información empreguen estas ferramentas para descargar música e cinema e outrotipo de produtos protexidos por licenzas de autor pechadas, copyright. Co fin de levar a cabo esta tarefa (nadadesprezable, tendo en conta o asentada que está a costume de usar redes p2p para compartir ficheiros e coñe-cemento), a alianza procurará un cambio na lexislación vixente, co fin de que dunha vez por todas se identifiqueen España como ilegal o feito de baixar arquivos de xeito non autorizado pola Rede. Para comezar, os seus inte-grantes xa anuncian que presionarán ao Goberno para que “lidere a loita contra a piratería”, que ao seu xuízosegue a ser motivo de grandes perdas económicas e até culturais (estas prácticas, din, afogan a posibilidade dedar a coñecer filmes ou cancións e mesmo vivir das artes).

AAAA llll iiii aaaannnnzzzzaaaa ddddeeee aaaa llll iiii aaaannnnzzzzaaaassss ppppaaaarrrraaaa iiiimmmmppppeeeedddd iiii rrrr aaaa ddddeeeessssccccaaaarrrrggggaaaa ddddeeee ccccaaaannnncccc iiii óóóónnnnssss eeee ffff iiii llllmmmmeeeessss nnnnaaaa RRRReeeeddddeeee

OOOO llll íííí ddddeeeerrrr ddddeeee KKKK IIIISSSSSSSS ddddeeeecccc llll aaaarrrraaaa mmmmoooorrrr ttttaaaaáááá IIII nnnndddduuuusssstttt rrrr iiii aaaa dddd iiii ssssccccooooggggrrrrááááffff iiii ccccaaaa

O grupo Metallica parece que xa non é o únicoque se leva mal coa Internet, senón que dende KISStamén están a facer méritos para convertesenunha formación musical pouco amigable coasredes, pois o seu líder, Gene Simmons, nunha entre-vista televisiva feita polo tamén músico DaveNavarro dixo unhas duras palabras sobre o sectore os seus seareiros: “A Industria discográfica estámorta. Está a dous metros baixo terra e desafortu-nadamente foi cousa dos afeccionados. Eles deci-diron descargar e compartir. Non queda unha

Industria discografía polo que imos agardar a que todo calme e se civilicen. Tan pron-to a Industria discográfica rexurda gravaremos novo material”. Ou sexa, que o grupoKISS podería deixar de gravar discos para sempre por mor dun panorama ao que nonpoden ou non queren afacerse, o que non queren dicir que deixen a música. Simmonsaté precisou que a Industria reaccionou moi tarde, e que servizos coma iTunes che-garon cando os usuarios xa estaban afeitos a descargar a música de balde, de xeitoque os músicos xa non poden gañar cartos dos seus discos, senón que teñen quevivir das actuacións en directo. Dende Mania TV (www.maniatv.com) podemos ver unfragmento da entrevista a Gene Simmons no que fala dos cambios da Industria dis-cografía e a súa morte.

Arredor das redes P2P (esas portas abertas nos nosos computadores a travésdas que compartimos todo tipo de ficheiros) semella haber só opinións encontradas.Se nestas páxinas facemos mención de Gilberto Gil e o seu chamamento a apoiar oemprego das devanditas ferramentas, agora damos conta dunha postura notoria-mente contraria, a de Virgin Media (a meirande ISP do Reino Unido) que, coa axuda daBPI (a British Phonographic Industry), vén de facer algo máis que ollar con xenreira atodos aqueles internautas que fagan descargas a través das ditas canles ou de file-sharing (que vén a ser o mesmo: compartir ficheiros). En realidade, o de Virgin é entoda regra unha rechamada de atención (logo de semi-advertencias das que xa fala-mos nesta revista e na nosa web) ou, mellor dito, unha ameaza ben concreta lanzadaa uns usuarios ben concretos: ou deixan de facer “descargas ilegais” (denominadasasí pola compañía) ou cortaralles o servizo e, no caso de o “delito” sexa especialmen-te fragrante, iniciar demandas xudiciais.

A pregunta que nos podemos facer é: ten Virgin armas abondo como para saberquen usa e quen non as ditas redes? Segundo Barrapunto e o xornal TheIndependent, semella que a ameaza tería algo no que asentarse, xa que se ten cons-tatado que a dita compañía controla e supervisa a información que procesa. Destexeito, a manobra é inminente: comezará co envío de correos electrónicos aos 6,5millóns de usuarios identificados que usan redes abertas tipo Soulseek, BitTorrentou eMule e logo, dez semanas despois, nos casos nos que non se obteña un cambiode rumbo do comportamento, comezará a quenda das actividades máis “drásticas”.

VVVV iiii rrrrgggg iiii nnnn vvvvoooo llll vvvveeee áááá ccccaaaarrrrggggaaaa ccccoooonnnntttt rrrraaaa oooossss uuuussssuuuuaaaarrrr iiii oooossss ddddeeee PPPP2222PPPP :::: oooouuuu ddddeeeessss iiii sssstttteeeennnn oooouuuu hhhhaaaabbbbeeeerrrráááá ddddeeeemmmmaaaannnnddddaaaassss

MMMMeeeettttaaaa llll llll iiii ccccaaaa qqqquuuueeeerrrreeee qqqquuuueeee sssseeee rrrreeeetttt iiii rrrreeeennnn ddddaaaa wwwweeeebbbb aaaassss ccccrrrr íííí tttt iiii ccccaaaassss aaaaoooo sssseeeeuuuu nnnnoooovvvvoooo dddd iiii ssssccccoooo

Parecía que o grupo musical Metallica se quería reconciliar coa Internet, emesmo se está a preparar un Guitar Hero do grupo, polo que sorprende que vol-veran ás andadas, e hai uns días lanzáronse a atacar a certos críticos musicaisque publicaron en páxinas web e blogs críticas dun adianto do novo disco dabanda, pedíndolles que retiren os seus textos da Rede. Algúns medios eliminaronas críticas, pero curiosamente as críticas máis negativas fican na web, polo queestán a acadar o efecto contrario ao buscado.

Segundo parece, os críticos escoitaron unha versión do álbum sen rematar,pero tamén é certo que en ningún momento asinaron ningún documento de confi-dencialidade, ou sexa, que deberían ser libres de falar da música que escoitaron.

Publicacións coma The Quietus apartaron a crítica do disco da Internet mentreso consultaban co autor do texto, e finalmente decidiron deixar o artigo na web; eo que parece claro é que con esta actitude Metallica se está a converter nungrupo moi agresivo coa Rede, o que podería prexudicar seriamente a súa imaxe.

Escolmamos nestaspáxinas algunhas

das opinións(case sempreencontradas)xurdidas nas

últimas semanassobre o emprego

máis ou menos libreda Internet paragozar da música,

máis concretamentesobre as redes P2P

Puesto 2
Rectangle
Page 21: A IInntteerrnneett cchhaaiirraa · Hai novas que dependendo de como teñamos o día semellarán positivas ou negativas e sen posibilidade algunha de achegar un termo medio. Unha destas

21máis música na rede_rreeddaacccciióónn

O cantante brasileiro Gilberto Gil (a piques de publicar un novo álbum, de nome Banda Larga Cordel) tenseposicionado en repetidas ocasións a prol do software libre e dun tipo de transmisión da cultura e do coñe-cemento en xeral que sexa coma un diálogo de iguais e unha colaboración. Agora, dúas semanas antes dolanzamento do novo disco (que, como se deduce do título, xoga coa idea de evolucionar cara a diante, formal-mente no tecnolóxico, e tamén para atrás, aplicando ás cancións a arela de seren compartidas que teñen ascousas que hai nun patio de colexio), volve á carga situándose alén –aínda- do pensamento transmitido pre-viamente.

Fíxoo basicamente defendendo a cultura das redes P2P, á que el mesmo denomina peerarquía, perante osasistentes ó Google Zeitgeist, un evento celebrado en Watford (Reino Unido). As declaracións do que foicofundador do movemento tropicalista e actual Ministro de Cultura do Brasil aparecen recollidas e máis tra-ducidas ó portugués no blog Pelenegra, amais de en Chuza! e en Joi Ito (en inglés).

Unha boa parte da súa intervención baséase en defender a transmisión libre da cultura, sendo as ditasredes un boa canle para facelo, malia os moitos ataques dos que están a ser obxecto nos últimos tempos.Para Gil, este tipo de portas abertas nos ordenadores de particulares polas que entran e saen todo tipo deficheiros deberían ser estimuladas.

Ó seu xuízo, as tecnolóxicas do século XXI están a obrigarnos a reinvetalo todo, non sendo unha excepcióno xeito en que damos e recibimos coñecemento. Neste senso, propón que se reiventen tamén as políticas lexislativas e que se afagan ao novo tempo que vivimos, co fin deque se deixe de etiquetar como pirata a quen comparte libros, programas ou cancións.

Este é en liñas xerais o chamamento de Gilberto Gil aos poderes públicos do mundo: “Acredito que quem quer que exerça um cargo de responsabilidade pública deviaencarar a distribuição digital da Propriedade Intelectual como a forma mais directa e poderosa de democratizar o conhecimento que a história da humanidade já conheceu;mas em vez disso, o que acontece é que quase todas as instituições formais insistem em chamar a distribuição digital de ‘Pirataria’”.

E prosegue: “O que nós devíamos era ter em atenção os novos modelos de negócio e reinventar a análise das políticas legislativas”.

AAAA iiii llll bbbbeeeerrrr ttttoooo GGGG iiii llll pppp iiii ddddeeee qqqquuuueeee sssseeee eeeesssstttt iiiimmmmuuuu llll eeee aaaa ccccuuuu llll ttttuuuurrrraaaa PPPP2222PPPP

O novo disco dos Nine Inch Nails, The Slip, xa se pode descargar de balde a través da Internet (endl.nin.com/theslip/) en MP3 de alta calidade (87 Mbytes), FLAC sen perda (259 Mbytes), M4A Apple sen perda(263 Mbytes) e WAVE 24/96 de alta definición (1,2 Gb), incluíndo tamén un ficheiro PDF co libreto do disco, o queagradecerán os que non queiran agardar a xullo para o lanzamento do disco en CD e disco de vinilo.

O álbum consta de 10 títulos que suman unha duración de 43 minutos e 45 segundos, e o grupo anima aosseus seareiros a mesturar as súas cancións e a compartilas coas seus amigos, publicalas nos seus blogs oureproducilas nos seus podcasts. Un caso máis de aproveitamento da Internet coma plataforma de lanzamentode novos discos que permite ás bandas musicais desligarse das discográficas para acadar un contacto máisdirecto co seu público.

DDDDeeee bbbbaaaa llll ddddeeee oooo úúúú llll tttt iiiimmmmoooo dddd iiii ssssccccoooo ddddoooossss NNNN iiii nnnneeee IIII nnnncccchhhh NNNNaaaa iiii llll ssss

Semella que hai quen anda á procura de solucións que deixen satisfei-tas ás empresas do eido discográfico e aos artistas que defenden osseus dereitos de protección pechados (do tipo copyright). Por exemplo:os responsables da enquisa que se vén de levar a cabo en Gran Bretañaentre usuarios de redes P2P e que indica que o 80% dos mesmos esta-rían dispostos a pagar con tal de non deixar de facer o que están facen-do, ou sexa: ter portas abertas no seu computador para compartir can-cións ou películas de xeito libre (neste senso, a versión da Coalición daque falamos na outra páxina desta reportaxe é outra: di que non com-parten, senón que piratean, xa que descargan material protexido condereitos de autor do tipo copyright).

Leas aparte, á enquisa da que deu conta os días pasados El País -facéndose eco de datos de The Inquirer. non lle falta certo interese: conindependencia de que unha hipotética rede P2P de pago semelle máisunha iniciativa feita á medida das sociedades de xestión ca dos inter-nautas en xeral (a proposta procede dunha entidade afín ás primeiras),o caso é que parece evidenciar unha tentativa de busca de solucións águerra aberta.

Sobre todo se temos en conta que na enquisa (en contra do que era deagardar) non se identifica taxativamente aos usuarios de redes comoSoulseek ou BitTorrent coa práctica do pirateo. De feito, valórase a súaarela por compartir coñecemento e ofrecer algo á comunidade. Isto podeser algún tipo de comezo, polo tanto.

OOOOssss iiii nnnntttteeeerrrrnnnnaaaauuuuttttaaaassss bbbbrrrr iiii ttttáááánnnn iiii ccccoooossss ppppaaaaggggaaaarrrr íííí aaaannnn ppppoooorrrrsssseeeegggguuuu iiii rrrr eeeemmmmpppprrrreeeeggggaaaannnnddddoooo rrrreeeeddddeeeessss PPPP2222PPPP

O mítico grupo R.E.M. volveu estar de novo de actualidade na Rede, con motivo da publicacióndo seu novo traballo discográfico, o moi agardado Accelerate, no servizo en liña www.ilike.com.O obxectivo do grupo: tirar partido da Rede para acurtar o espazo que lles separa dos seusseareiros. Practicamente, só lles falta cantar preto das nosas orellas.

Con todo, os fins desta manobra comercial e promocional (porque, a fin de contas, non deixade ser unha manobra ligada á promoción, aínda que máis respectuosa cos oíntes) non rema-tan coa vontade de achegarse ós fans presentes e futuros, senón que tamén se fundamen-tan na procura de novas feituras de mercado, cada vez máis afastadas de ideas herdadas dascasas discográficas máis potentes e, polo tanto, xeralmente máis trosmas e con menor capa-cidade de movemento e adaptación. Amais disto, se cadra tamén hai un interese por reivindi-carse como banda cen por cen responsable da súa música perante o labor cada vez máisrexeitado das ditas discográficas, tal e como contou Agnix os días pasados na súa web,www.agnix.org.

Accelerate é o 14º albume en estudio do grupo de Athens, e –como dixemos- xa tivemos oca-sión de escoitalo e compartilo na aplicación iLike e máis nas redes sociais Facebook ouMySpace. Esta decisión, que achegou a posibilidade de escoitar as cancións de Accelerateunha semana antes da publicación oficial do mesmo en Estados Unidos, é aínda máis salienta-ble se temos en conta que REM, coma antes Radiohead, é unha das bandas máis senlleiras dasúltimas décadas, polo que o seu movemento cara ó seareiro acada valores especialmente sim-bólicos e abre novos camiños para outros grupos. O portal de iLike.com xa está a permitirllesa escoita a todos os seus usuarios rexistrados ó igual que os integrantes das redes sociaiscomo as devanditas e que empregan a anterior ferramenta. Segundo informa estes días EFE,a idea xurdiu dende fóra do grupo pero de contado foi asumida como propia. “Foi unha ideaque nos suxeriron e pareceunos ben, así que decidimos apostar por ela”, sinalou Michael Stapena revista Billboard, ó que engadiu unha interesante reflexión sobre como actuar perante oscambios que a música e o xeito de achegala experimentaron nos últimos anos: “Penso quepodes aceptalo ou sentar e deixar que ocorra, e eu prefiro estar no campo antes ca nas gra-das”.

RRRR .... EEEE ....MMMM.... ppppuuuuxxxxoooo oooo sssseeeeuuuu nnnnoooovvvvoooo aaaa llll bbbbuuuummmmeeee nnnnaaaa RRRReeeeddddeeee ppppaaaarrrraaaa llll iiii bbbbrrrreeee eeeessssccccoooo iiii ttttaaaa

Page 22: A IInntteerrnneett cchhaaiirraa · Hai novas que dependendo de como teñamos o día semellarán positivas ou negativas e sen posibilidade algunha de achegar un termo medio. Unha destas

Os que de pequenos foran fans do Tente(un servidor por exemplo) teñen no máis pro-fundo do seu subconsciente a certeza de queo Lego, aínda que guiri, tiña máis posibilida-des. Como de feito a historia amosou. E isoque eran practicamente iguais. E iso que oTente era nacional e polo tanto máis próximo.

En fin. Que LEGO acaparou o mercado enon ficou aí. Seguiu e seguiu demostrandoque os xogos de pezas de montar tiñan,teñen e terán un presente e un futuro máisque brillante.

LEGO converteuse nunha marca de culto. Eas licencias de películas míticas, iconas

dunha era e berce de frikismo vario fixeron oresto.

O que xogara algunha vez cun dos xogospara PC baseados en LEGO saben que engan-cha. O amalgama entre fichas (case píxeles) epelícula é moi atractiva e as posibilidades soncase infinitas. Porque os programadorestalento teñen (Que diría Yoda).

Agora, despois do éxito de Lego Star Warse a súa segunda parte que incluía a versióndas tres primeiras películas chégalle a quen-da a Indiana Jones. Unha licenza de GeorgeLucas que chegou xa os andares da túatenda favorita de videoxogos.

Chámase Indiana Jones The original adven-tures e recolle as aventuras do arqueólogonas tres primeiras películas da saga: Nabusca da arca perdida, O templo maldito e Aúltima cruzada.

Un total de 18 fases dunha aventura vividaen terceira persoa na que o obxectivo princi-pal é o de sempre: coleccionar as prezadaspezas de LEGO.

Deste xeito volveremos vivir as escenasmáis espectaculares das películas de Indianapero en versión plástica. Perseguidos porunha bola de pedra xigante... perseguindo aosmalos polos túneles en vagoneta... ou mesmofuxindo en moto xunto a Sean Connery (deplástico tamén).

Unha das características máis interesantesdo xogo segue a ser a posibilidade de xogar

dous viciados á mesma vez.O dito. Un xogo imprescindible para os que

conservan aínda o neno que levan dentro (Seestás lendo isto non necesitas máis compro-bante). Somentes contarvos que as xentes deTravellers Tales tamén quixeron engadirlle ahistoria o nexo de unión entre cada fasecunha recreación das escenas principais dapeli en animación.

En fin. Un gasto máis... Uns euros menos.Pero que a gusto.

LEGO: INDIANA JONES “TRILOXÍAORIXINAL”

Disney Interactive vai entrar no sector dosxogos musicais apuntando a un públicocasual e xuvenil, en vez da orientación máisadulta que fan títulos coma Guitar Hero ou

Rock Band.Ultimate Band será así un título

para Nintendo Wii que funcionarámediante o mando da Wii e oNunchuk, de xeito que non precisaráda adquisición de periféricos comaguitarras, o que agradecerán moitaseconomías familiares.

Tamén destaca por apostar porversións das cancións, o que dá unha maiorflexibilidade ao xogo, que non se ten que cin-guir a versións orixinais, de xeito que inclusoo vocalista pode ser home ou muller de xeito

indistinto.O xogador poderá manexar a batería, a gui-

tarra eléctrica, o baixo e mesmo ao cantante,aínda que neste último caso o control corres-ponderá ao xeito de bailar do mesmo.

Este novo título, que chegará a tempo parao Nadal e non está orientado a seguidores deanteriores títulos musicais (para os queresultará extremadamente doado) senón paraxogadores ocasionais, o que supón un cambioestratéxico neste tipo de xogos que poderíafacerse tamén cun importante nicho de usua-rios.

ULTIMATE BAND CONFÍRMASE COMAUN XOGO MUSICAL CASUAL

2222 xogos_sseevvii mmaarrttíínneezz

Os coellos tolos que acompañan a Rayman nosseus xogos eclipsaron totalmente ao protagonistadunha saga da que aínda queda moito por chegar,sendo o próximo título Rayman Raving Rabbids TVParty, que sairá para as consolas de Nintendo (DS eWii), destacando porque na plataforma domésticafará uso da nova táboa de equilibrio, que neste casoparece que se utilizará sentándose sobre a mesma,o que é un uso totalmente inesperado (aínda que ameirande parte dos mini-xogos funcionarán comando normal da Wii).

No novo xogo os Rabbids pretenden invadir astelevisións do mundo, de xeito que introducirán aosxogadores en múltiples xogos no que se parodia aprogramas de televisión, a cultura popular e inclusoalgúns anuncios.

RAYMAN RAVING RABBIDS TV PARTY PODERÁUSARSE COAS CACHAS

Page 23: A IInntteerrnneett cchhaaiirraa · Hai novas que dependendo de como teñamos o día semellarán positivas ou negativas e sen posibilidade algunha de achegar un termo medio. Unha destas

AL

Puesto 2
Rectangle
Page 24: A IInntteerrnneett cchhaaiirraa · Hai novas que dependendo de como teñamos o día semellarán positivas ou negativas e sen posibilidade algunha de achegar un termo medio. Unha destas