4
A LEDICIA DE LER é unha sección que Carlos Casares publicou en La Voz de Galicia a partir de 1975, onde trataba temas literarios e lingüísticos, ademais de dar conta das novidades editoriais da época. O texto está adaptado á normativa galega actual. Queremos agradecerlle a La Voz de Galicia a cortesía manifestada en todo momento e as facilidades para achegar este material ao público. A LEDICIA DE LER “Ensaios de García-Sabell” CARLOS CASARES La Voz de Galicia. 5 de setembro de 1976 DOCUMENTOS DA FUNDACIÓN CARLOS CASARES

A Ledicia de Ler - Ensaios de García-Sabell

Embed Size (px)

DESCRIPTION

"A Ledicia de Ler" é unha sección que Carlos Casares publicou en La Voz de Galicia a partir de 1975, onde trataba temas literarios e lingüísticos, ademais de dar conta das novidades editoriais da época. O texto está adaptado á normativa galega actual.

Citation preview

Page 1: A Ledicia de Ler - Ensaios de García-Sabell

A LEDICIA DE LER é unha sección que Carlos Casares publicou en La Voz de Galicia a partir de 1975, onde trataba temas literarios e lingüísticos, ademais de dar conta das novidades editoriais da época. O texto está adaptado á normativa galega actual. Queremos agradecerlle a La Voz de Galicia a cortesía manifestada en todo momento e as facilidades para achegar este material ao público.

A LEDICIA DE LER

“Ensaios de García-Sabell”

CARLOS CASARES

La Voz de Galicia. 5 de setembro de 1976

DOCUMENTOS DA FUNDACIÓN CARLOS CASARES

Page 2: A Ledicia de Ler - Ensaios de García-Sabell

1

A LEDICIA DE LER. “Ensaios de García-Sabell”

La Voz de Galicia 5 de setembro de 1976

EEEEnsaios de Garcnsaios de Garcnsaios de Garcnsaios de Garcíaíaíaía----SabellSabellSabellSabell

CARLOS CASARES – LA VOZ DE GALICIA. 5 DE SETEMBRO DE 1976

A altura intelectual acadada polo ensaísmo galego da posguerra é un feito que

xa non se pode ignorar, por máis que se siga ignorando, sobre todo de portas afora.

Traballos como os que García-Sabell dedicara no seu primeiro tomo de ensaios a

James Joyce ou a Van Gogh, merecían, segundo dixera no seu día Jorge Guillén,

unha atención internacional, que tampouco sería difícil de conseguir a pouco que os

galegos coidáramos un algo máis a promoción da nosa cultura fóra de Galicia,

especialmente agora que aparece asegurado o seu triunfo no interior. Triunfo, hai

que dicilo, no que o ensaio cumpriu tamén un papel importante. Recordo agora os

anos composteláns (falo do principio dos anos sesenta), cando fronte ao desprezo ou

á indiferenza da maioría dos estudantes, cuxos grupos máis espertos utilizaban a

cultura europea como arma contra a galega (á que consideraban cativa e sen

importancia), a minoría de estudantes galeguistas botaba por diante como argumento

que non se podía ignorar sen vergonza os ensaios de García-Sabell e dos seus

compañeiros de xeración. Entón, a evidencia intelectual trataba de negarse

raposeiramente cun argumento político moi pouco honesto e nada orixinal: si, pero

aquilo era pura metafísica. O caso é que con metafísica ou non, un grupo importante

dos nosos ensaístas conquistaron para a nosa cultura un respecto unánime.

E respecto é o que suscitará en calquera lector, por moi afastado que se atope

ideoloxicamente do autor, este novo libro de García-Sabell que acaba de publicar

Galaxia. Titúlase Ensaios II e contén catro traballos: “As facianas do erotismo

contemporáneo”, “Pintura e coñecemento”, “A realidade humana de Rosalía” e “

Page 3: A Ledicia de Ler - Ensaios de García-Sabell

2

A LEDICIA DE LER. “Ensaios de García-Sabell”

La Voz de Galicia 5 de setembro de 1976

Castelao, ou Galicia ao axexo”i. Dos catro, pois, os dous primeiros están dedicados a

problemas culturais universais (erotismo e pintura) e os outros dous a temas galegos

(Rosalía e Castelao). Das duascentas trinta e unha páxinas de que consta o volume,

máis da metade están consagradas ao ensaio sobre o erotismo, que publicado illado

faría perfectamente un libro.

Naturalmente que serán os coñecedores do tema os que poderán falar del

criticamente e valorar con xustiza estas páxinas nas que García-Sabell se encara cun

dos problemas máis característicos do noso tempo (o erotismo), pero o que resulta

evidente para o profano son tres cousas. Primeira: a abrumadora información que

nelas se dá, e non só desde o punto de vista bibliográfico; defínense pois e clarifícanse

moitos conceptos sobre algúns fenómenos (como o caso da homosexualidade, acerca

da cal aquí en Escandinavia, desde onde escribo estas liñas, fálase nos medios de

comunicación cunha seguridade que contrasta coa néboa que aínda revoa sobre os

aspectos máis profundos do problema, segundo se nos di no libro). Segunda: a

actitude comprensiva e tolerante, realmente científica, con que se enfronta o autor

aos fenómenos e que resulta tanto máis encomiable canto que case sempre eses temas

son tratados entre nós con paixón e sen ánimo intelectivo, máis ben con vontade

condenatoria ou nos casos menos agresivos cunha falsa pudibundez tinguida de

moralismo máis ou menos disfrazado. Terceira: a brillantez expositiva e a elegancia

de estilo tan características da prosa de García-Sabell, na que os recursos estilísticos

actúan non como simples adornos, senón como unha broca que fura e leva á mesma

noz das cousas.

Aínda poderiamos engadir outros valores, que imos deixar para o saber ler de

cadaquén. Son os mesmos que están presentes nos demais traballos, tanto no

dedicado á Pintura (no que se chega a unha moi suxestiva conclusión: no son xa as

teorías nin as doutrinas as que poden contribuír a conservar a obriga interna da

Page 4: A Ledicia de Ler - Ensaios de García-Sabell

3

A LEDICIA DE LER. “Ensaios de García-Sabell”

La Voz de Galicia 5 de setembro de 1976

Pintura, senón a vibración emocional que calla a favor de determinados medios

materiais) como os que se ocupan de Rosalía e Castelao, sempre tan vivos e neste

caso concreto tan cheos, tan de verdade, tan restituídos ao seu ser orixinal,

frecuentemente roubado polo apriorismo e os esquemas. É con esta vontade

restauradora, con este desexo de chegar ao fondo co que hai que estar de acordo por

riba de toda diferenza ideolóxica. Despois de todo, a verdade só se pode atopar entre

todos. Aquí está o que descubriron os ollos de García-Sabell.

* * *

i D. García-Sabell: Ensaios, II. Galaxia, Vigo, 1976.