2
A música como recurso curricular en educación infantil e primaria Lugo do 11 o 14 de xuño de 2018 Facultade de Formación do Profesorado da USC Campus de Lugo PRESENTACIÓN: Integrar hoxe a música no contexto educativo debe dar lugar a suscitar cambios e melloras reais que transformen as prácticas educativas. Pensamos que as pretensións educativas da actual educación musical deben de ir máis aló da pura instrución musical. A música debe ser percibida non de forma illada senón en estreita relación cos demais elementos curriculares. Neste sentido, a música, ademais de facer a súa propia e característica contribución ao currículo da escola, tamén debe enriquecer outras aprendizaxes, pasando a formar parte da rutina diaria integrándose dentro das actividades cotiás que se realizan na aula por parte dos diferentes especialistas ou o propio xeneralista de educación primaria ou infantil. Por tanto, constituiríase nun recurso curricular que, en relación cos outros elementos canónicos do mesmo, pode axudar a unha maior calidade e efectividade do proceso educativo e, consecuentemente, promover unha maior aprendizaxe do alumnado, tanto en termos cuantitativos como cualitativos. Este curso pretende dar pé a este cambio, ofrecendo aos futuros mestres e mestras ocasión de experimentar e reexionar sobre como a música pode contribuír ao desenvolvemento formativo discente dende a súa consideración como recurso ao servizo da aprendizaxe nas distintas áreas curriculares. Máis concretamente, o obradoiro céntrase naquelas áreas consideradas troncais tanto na Lei Orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa (BOE de 10.12.2013), como no Decreto 105/2014, do 4 de setembro, polo que se establece o currículo de educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG de 9.09.2014): Ciencias Naturais, Ciencias Sociais, e Lingua e Literatura. OBXETIVOS: Desenvolver unha nova visión da música que supere a súa concepción como contido de ensino para entenderse como un recurso útil para o traballo nas distintas áreas e materias Coñecer estratexias para a planicación didáctica en distintas materias nas que a música sexa un recurso privilexiado Desenvolver habilidades e destrezas musicais que permitan aos participantes aumentar a conanza no uso da música na aula. Valorar a música como contido transversal no curriculum de educación infantil e educación primaria Reexionar sobre o enfoque multifacético e integral que enmarca a educación musical no desenvolvemento da aprendizaxe doutras materias. DESTINATARIOS: Estudiantes del Grado de Maestro en Educación Primaria y Educación Infantil Profesores generalistas en activo de Educación Primaria y Educación Infantil Prerrequisitos: No se requieren conocimientos y/o experiencia musical previas para poder abordar de manera satisfactoria este taller, aunque para alcanzar una perspectiva más sólida del mismo sería recomendable que el estudiante tenga conocimientos sobre los elementos de la música (ritmo, melodía, estructura…), conocimientos a nivel básico de lecto-escritura musical y prácticas de escuchar música, cantar o tocar algún instrumento musical de percusión escolar. ACREDITACIÓN: Concederase certicado acreditativo de asistencia a aqueles que participen con regularidade no curso (80%), equivalente a 2 créditos ECTS ou 2 créditos de libre conguración para todas as titulacións da USC. HORAS LECTIVAS: 25 PLAZAS: 30 Dirección: Mª Ángeles López de la Calle Sampedro [email protected] Mª del Carmen Sarceda Gorgoso [email protected] Secretaría: Juan Alejandro Pallares Ferreiro [email protected] Colaboradora: Rosario Gómez Alcalde [email protected] Organiza: Colabora:

A música como recurso curricular ACREDITACIÓN: …A música como recurso curricular en educación infantil e primaria Lugo do 11 o 14 de xuño de 2018 Facultade de Formación do

  • Upload
    others

  • View
    7

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: A música como recurso curricular ACREDITACIÓN: …A música como recurso curricular en educación infantil e primaria Lugo do 11 o 14 de xuño de 2018 Facultade de Formación do

A música como recurso curricular

en educación infantil e primaria

Lugo do 11 o 14 de xuño de 2018

Facultade de Formación do Profesorado da USCCampus de Lugo

PRESENTACIÓN:

Integrar hoxe a música no contexto educativo debe dar lugar a suscitar cambios e

melloras reais que transformen as prácticas educativas. Pensamos que as

pretensións educativas da actual educación musical deben de ir máis aló da pura

instrución musical. A música debe ser percibida non de forma illada senón en

estreita relación cos demais elementos curriculares.

Neste sentido, a música, ademais de facer a súa propia e característica

contribución ao currículo da escola, tamén debe enriquecer outras aprendizaxes,

pasando a formar parte da rutina diaria integrándose dentro das actividades

cotiás que se realizan na aula por parte dos diferentes especialistas ou o propio

xeneralista de educación primaria ou infantil.

Por tanto, constituiríase nun recurso curricular que, en relación cos outros

elementos canónicos do mesmo, pode axudar a unha maior calidade e

efectividade do proceso educativo e, consecuentemente, promover unha maior

aprendizaxe do alumnado, tanto en termos cuantitativos como cualitativos.

Este curso pretende dar pé a este cambio, ofrecendo aos futuros mestres e

mestras ocasión de experimentar e reexionar sobre como a música pode

contribuír ao desenvolvemento formativo discente dende a súa consideración

como recurso ao servizo da aprendizaxe nas distintas áreas curriculares. Máis

concretamente, o obradoiro céntrase naquelas áreas consideradas troncais tanto

na Lei Orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa

(BOE de 10.12.2013), como no Decreto 105/2014, do 4 de setembro, polo que se

establece o currículo de educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia

(DOG de 9.09.2014): Ciencias Naturais, Ciencias Sociais, e Lingua e Literatura.

OBXETIVOS:

• Desenvolver unha nova visión da música que supere a súa concepción como

contido de ensino para entenderse como un recurso útil para o traballo nas

distintas áreas e materias

• Coñecer estratexias para a planicación didáctica en distintas materias nas que

a música sexa un recurso privilexiado

• Desenvolver habilidades e destrezas musicais que permitan aos participantes

aumentar a conanza no uso da música na aula.

• Valorar a música como contido transversal no curriculum de educación infantil e

educación primaria

• Reexionar sobre o enfoque multifacético e integral que enmarca a educación

musical no desenvolvemento da aprendizaxe doutras materias.

DESTINATARIOS:

• Estudiantes del Grado de Maestro en Educación Primaria y Educación Infantil

• Profesores generalistas en activo de Educación Primaria y Educación Infantil

Prerrequisitos:

No se requieren conocimientos y/o experiencia musical previas para poder abordar

de manera satisfactoria este taller, aunque para alcanzar una perspectiva más sólida

del mismo sería recomendable que el estudiante tenga conocimientos sobre los

elementos de la música (ritmo, melodía, estructura…), conocimientos a nivel básico

de lecto-escritura musical y prácticas de escuchar música, cantar o tocar algún

instrumento musical de percusión escolar.

ACREDITACIÓN:

Concederase certicado acreditativo de asistencia a aqueles que participen con

regularidade no curso (80%), equivalente a 2 créditos ECTS ou 2 créditos de libre

conguración para todas as titulacións da USC.

HORAS LECTIVAS: 25

PLAZAS: 30

Dirección:

Mª Ángeles López de la Calle Sampedro

[email protected]

Mª del Carmen Sarceda Gorgoso

[email protected]

Secretaría:

Juan Alejandro Pallares Ferreiro

[email protected]

Colaboradora:

Rosario Gómez Alcalde

[email protected]

Organiza:

Colabora:

Page 2: A música como recurso curricular ACREDITACIÓN: …A música como recurso curricular en educación infantil e primaria Lugo do 11 o 14 de xuño de 2018 Facultade de Formación do

PROGRAMA

LUNS, 11 DE XUÑO

9:00 h. Inauguración e recepción dos participantes

9:30-13:00. Obradoiro:

Considerando a unión de actividades musicais coa narración e o drama

Mª Ángeles López de la Calle Sampedro. Profesora Área de Didáctica

da Expresión Musical. Universidade de Santiago de Compostela

Aos estudantes se lles brindará a oportunidade de considerar como a

unión das actividades musicais cos contos e co drama poden axudar a

promover a aprendizaxe da música e a dicción.

15:00- 19:00. Obradoiro:

Música e Linguaxes: comunicación, representación e estrutura

Salvador López Outeiral. Profesor do CMUS de Culleredo e da Área de

Didáctica da Expresión Musical. Universidade de Santiago de

Compostela

Obradoiro de audición: aproximación á comprensión da semántica do

linguaxe da música e o das palabras. Utilización das capacidades

situadas en cada hemisferio cerebral para entender o seu signicado.

Obradoiro de son: a comprensión da estrutura do linguaxe da música. A

conexión entre as dúas linguaxes e a súa vinculación. Implicacións

educativas e formativas.

MARTES, 12 DE XUÑO

9:00-13:00. Obradoiro:

O movemento como instrumento para aprender matemáticas.

Lugar de impartición: Escola de danza Ritmolugo, Rúa Montirón, 47,

27002 Lugo

Juan Alejandro Pallares Ferreiro. Director da Escola de Danza

Ritmolugo.

Tentaremos por medio da música e do baile, tradicional, latino,… dar a

coñecer as ferramentas necesarias para poder dende a práctica da danza

chegar a tratar contidos básicos da área das matemáticas. Os números

ordinais, as sumas, as restas e as formas xeométricas serán parte dos

contidos que imos tratar neste obradoiro, tendo sempre en conta a súa

aplicación en nenos e nenas en idade escolar.

MÉRCORES, 13 DE XUÑO

9:00-13:00. Obradoiro:

Países, paisaxes, contornas… todo cantado

Susa Herrera. Profesora Área de Didáctica da Expresión Musical.

Universidade de Vigo

A Música é, ademais de moitas outras cousas, un comodín. Permite

descubrir, interesar, indagar, profundar… en calquera tema curricular

dentro da educación infantil e primaria. Só necesitamos, coñecementos,

paixón, metodoloxía, e unha gran dose de creatividade. Neste taller

abordaremos lugares, medio ambiente, ecoloxía, variadas contornas con

habitantes interesantes… e todo iso a través da combinación fascinante

que representa a música unida ao movemento.

15:00-19:00. Obradoiro:

Dinámicas de Expresión Corporal a través da Música

Francisco José Silvosa Costa. Fundador e director do Grupo de Teatro

de Magisterio (GTM). Universidade de Santiago de Compostela.

Con música ou sen música, en movemento ou en pausa, individualmente

ou en grupo, o noso corpo sempre está a expresar algo. No teatro, ná

música e na danza se adoita traballar sobre parámetros parecidos como o

ritmo, o tempo, as pausas, a repetición, o movemento, a velocidade, o

volumen, etc. Parámetros que fomentan o uso dá atención, da

percepción, e a escoita. Nesta sesión, proponse facer unha pequena

introdución no mundo do movemento expresivo a través de xogos e

diferentes dinámicas parateatrais que poden ser de utilidade para

traballar diferentes aspectos psicomotrices, tanto con nenos e nenas

como con adultos.

XOVES, 14 DE XUÑO

9:00-11:00. Obradoiro:

E que pasa coa Música na Escola?

Mª del Carmen Sarceda Gorgoso. Profesora Dpto. Pedagoxía e

Didáctica. Universidade de Santiago de Compostela

Neste obradoiro, a través da técnica grupal do dominó, faise unha

reexión sobre a oportunidade da música como recurso no proceso de

ensino-aprendizaxe. Os participantes no curso asumen un papel

protagonista na identicación das debilidades, amenazas, fortalezas e

oportunidades de integrar a música na metodoloxía discente.

11:00 Concerto didáctico:

En Cabárceno se oe cantar

Susa Herrera. Profesora Área de Didáctica da Expresión Musical.

Universidade de Vigo

Este concerto pon punto e nal ao obradoiro e recolle os contidos

traballados a través da interpretación do alumnado.

Clausura do curso e entrega de certicados