Upload
maria-sanchez
View
57
Download
0
Embed Size (px)
Citation preview
A narrativa na ditadura
Tendencias e autores
As promocións literarias Autores de Nós ou discípulos de Nós
Otero Pedrayo Ricardo Carvalho Calero (A xente da Barreira)
Os alicerces da prosa de posguerra A elaboración do conto popular A imaxinación como fuxida en A. Cunqueiro Entre o realismo duro e o realismo máxico: E. Blanco-Amor Realismo e compromiso. X. Neira Vilas
A NNG Os cronistas da guerra
R. Valenzuela Otero Antón Alonso Ríos Silvio Santiago
As singularidades da prosa de posguerra
Teñen en común que continúan co vello proxecto de Nós de fundamentar unha prosa que sendo xenuinamente galega se sitúe á altura de calquera outra prosa contemporánea sen ignorar os avances e tendencias das narrativas occidentais
Están marcados polas limitacións que impón a represión franquista e deben sortealas empregando camiños moi persoais.
Ánxel Fole
Indagando no conto popular, refacéndoo e reinterpretándoo, o autor recrea un imaxinario galego que non esconde un telón social de fondo no que se deixan entrever a crueldade, a miseria e a opresión do momento e no que a paisaxe é un personaxe constante.
Por outra banda, hai un certo seguimento da temática de ultratumba xa cultivada na época Nós, ás veces, co mesmo tratamento humorístico, cheo de elementos autobiográficos ou pretendidamente autobiográficos.
A estrutura narrativa é sinxela, case sempre con narrador interposto ou con contrapunto no punto de vista, o léxico variado, rico e popularizante.
Anxel Fole (obras)
Á lus do candil (1953)http://es.slideshare.net/MaraSnchez6/nxel-fole-44411620
Terra brava (1955) Contos da néboa (1973) Historias que ninguén cre (1981)
Álvaro Cunqueiro
Autor polifacético e orixinal, deixa o persoal cuño do seu estilo en todos os xéneros que cultiva:
Vangardista na poesía ( surrealista, neotrobadorista, cubista...) Renovador no teatro
Absolutamente orixinal na narrativa Novelas
Se o vello Simbad volvese ás illashttp://es.slideshare.net/MaraSnchez6/outro-pas-que-non-hai-a-illa-novena
Merlín e familiahttp://es.slideshare.net/MaraSnchez6/a-primeira-na-casa
Crónicas do sochantrehttp://es.slideshare.net/MaraSnchez6/todos-estes-viaxes
Libros de relatos Xente de aquí e de acolá Escola de menciñeiros Os outros feirantes
O mito e a realidade
Lector incansábel, a súa materia literaria nútrese dos personaxes e das historias da literatura universal: textos clásicos, novela bizantina, materia artúrica orientalismo das Mil e unha noites, ambiente dezaoitesco, teatro isabelino...De Cervantes a Shakespeare, pasando pola nosa propia mitoloxía oral.
Os mitos en Cunqueiro son da familia, desmitifícanse e humanízanse
A realidade
É un observador intelixente, que devolve unha imaxe amábel, aínda que crítica, peneirada pola ironía e pola tolerancia fronte ás miserias e mesquindades do corazón humano.
Os seus tipos populares engrandécense, acadan o rango de mito nunha estratexia de compensación que ofrece unha visión marabillada do cotián, fronte a unha visión desprovista de asombro fronte ao marabilloso.
A técnica narrativa
A súa obra está sementada de narradores que van cedendo a voz uns a outros e que permiten unha técnica narrativa de caixas chinesas (historias dentro doutras historias).
Os seus narradores son como os cervantinos, como os das Mil e unha noites ou coma os paisanos que acudían á rebotica de seu pai con novidades de toda a bisbarra.
A harmonización de mito e realidade prodúcese seguindo a lóxica do delirio.
Eduardo Blanco-Amor
Autor tamén polifacético que cultiva os tres xéneros, deixándose influír polas tendencias da literatura contemporánea en todos tres; aínda que a súa contribución á poesía e ao teatro galegos non son desprezábeis ( Poema en catro tempos, Teatro para máscaras...) as súas achegas fundamentais caen no territorio da narrativahttp://es.slideshare.net/MaraSnchez6/o-autor-comeza-o-relato-informndonos-de-que-o-narrado-algo-que-sucedeu-hai-tempo-xa-na-cidade-onde-naceu A esmorga http://youtu.be/vOfFCOYMdWo Os biosbardos Xente ao lonxe
http://es.slideshare.net/MaraSnchez6/xente-ao-lonxe-eduardo-blanco-amor-44411831
Xosé Neira Vilas
Pertencente por xeración á PDE, é un autor con estilo independente.
A súa temática reflicte a realidade galega dun xeito diverso do que o fan autores como Cunqueiro, Fole ou Blanco-Amor: emigración, explotación e atraso do rural galego, tradición e mundo da infancia están moi presentes na súa obra
As novelas do agro O ciclo do neno
Memorias dun neno labrego Cartas a Lelohttp://es.slideshare.net/MaraSnchez6/neira-vilas-memorias-
dun-neno-labrego-1 Aqueles anos do Moncho
Novelas de adultos Xente no rodicio A muller de ferro Querido Tomás
Libros de relatos Camiño bretemoso Historias de emigrantes Remuíño de sombras
Libros infantís A marela taravela O cabaliño de buxo Espantallo amigo
Estilo en Neira Vilas
O autor é un autor “realista”, con punto de vista non neutral, que nos ofrece textos maiormente sobre o rural galego, que empregan técnicas narrativas novedosas coma o monólogo interior, o multiperspectivismo ou narración en primeira persoa…
A contribución máis salientábel á literatura galega e o seu maior achado de estilo é o emprego dunha linguaxe enxebre, cun léxico variado e moi ben modulado en función da situación e o personaxe
http://www.fundacionxoseneiravilas.com/portada.php
A Nova Narrativa Galega
Son autores de formación universitaria Tiveron acceso á literatura en galego dos autores de
períodos anteriores, pero rexeitan e superan os paradigmas establecidos por aqueles (xeración Nós, autores como Cunqueiro ou Blanco-Amor
Coñecen e admiran as tendencias de renovación narrativa vixentes nas literaturas estranxeiras, especialmente a francesa, anglosaxona e os achados do boom da literatura latinoamericana
Aproveitan as canles editoriais que ofrecen os fundadores de Galaxia (Illa Nova)
A Nova Narrativa Galega
Participan dunha ideoloxía de esquerda nacionalista Comprométense coa lingua galega e non publican en
español Literariamente son fillos do existencialismo francés,
do nouveau roman e o obxectalismo (Alain Robbe Grillet), e teñen influencia do expresionismo.
Asimilan técnicas narrativas como o multiperspectivismo e a recorrencia ao monólogo interior e á corrente de conciencia e as aproximacións á realidade que empregan técnicas cinematográficas (zoom, lente deformante...)
A Nova Narrativa Galega
Asimilan técnicas narrativas como o multiperspectivismo e a recorrencia ao monólogo interior e á corrente de conciencia
Xogan co significado e a función do tempo e o espazo narrativos ( ruptura da narración lineal, valor simbólico dos espazos, tempos difusos e espazos opresivos )
Os personaxes adoitan ser opacos cunha caracterización é distante, ou ben son individuos torturados como habitantes de pesadelos, pechados nas súas propias paranoias
En canto ás motivacións dos personaxes, ás veces son inexistentes; malia iso, a violencia é un denominador común das realidades que viven
A Nova Narrativa
As temáticas que tratan son moi diversas: O desarraigo O mundo urbano e a súa deshumanización A incomunicación O “nonsense” da existencia O sexo desentimentalizado e a miúdo
asociado á violencia Unha certa crueza na presentación do
universo narrativo
A Nova Narrativa Galega Autores dunha ou dúas obras ou que, se desenvolven
unha carreira literaria máis longa, mudan de rumbo, evolucionando lonxe dos presupostos iniciais dos primeiros libros.
Xohán Casal O camiño de abaixo
Gonzalo R. Mourullo Nasce unha árbore Memoria de Tains
Camilo González Suárez-Llanos Lonxe de nós e dentro Coma calquera outro día http://bvg.udc.es/ficha_obra.jsp?id=Cocaoud
%ED1&alias=Camilo%20Gonsar
A Nova Narrativa Galega
María Xosé Queizán A orella no buraco
Xohana Torres Adiós, María
Xosé Luís Méndez Ferrín Percival e outras
historiashttp://es.slideshare.net/MaraSnchez6/que-agora-nas-vacacins-de-verntanme-e-cllenme-ausente
O crepúsculo e as formigas Arrabaldo do Norte
Carlos Casares Vento feridohttp://es.slideshare.net/MaraSnchez6/o-xogo-
da-guerra Cambio en tres