Upload
others
View
0
Download
0
Embed Size (px)
Citation preview
Papá bolechas doa sanguePapá bolechas doa sangue
A solidariedade está dentro de tihttps://ados.sergas.gal
Club
Podes informarte de todo o que acontece na familia Bolechas no noso teléfono 902 18 20 10
Terás vantaxes especiais, descontos, agasallos e poderás acceder aos divertidos xogos dos Bolechas.
Ilustracións e textos: Pepe Carreiro / Estudio CarreiroDepósito Legal: C 766-2018Impreso en Galicia
Entra na nosa web e faite do club!
#súmatedoasangue
Máis información en [email protected]
ou no teléfono 900 100 828
Papá bolechas doa sanguePapá bolechas doa sangue
2
Papá Bolechas vai doar sanguenunha unidade móbil daAxencia de Doazón deÓrganos e Sangue (ADOS).Mamá Bolechas xa doou hai un mes.Os fillos non poden doar, porqueaínda son pequenos.Uxía, a doutora da unidade móbil,espéraos na porta.
3
4
Antes da doazón, a doutora Uxíarevisa a saúde de papá Bolechas.Tómalle a tensión, mídelle opulso sanguíneo, o pesocorporal e desbota que teña unhaanemia.
Zona derevisión médica
Doutora
Zona deespera
Persoalsanitario
Chofer
Zona dedoazón
Zona derecuperación
5
76
Os homes poden doar sanguecada 3 meses e as mullerescada 4, pero sempredeixando pasar alomenos 2meses entre cada doazón.Poden doar as persoasmaiores que teñan o pesoadecuado e non padezanenfermidades que se poidantransmitir polo sangue.
Poden doar as persoas maiores de 18 anos. Deben de estar ben de saúde. Deben de pesar máis de 50 kg.
8
O sangue é un líquido vermello que circulapolas veas e arterias. A cantidade de sanguedunha persoa adulta depende da súa altura edo seu peso. Normalmente, teñen entre 4 e 5litros de sangue.
O sangue realiza funcións vitais para o nosoorganismo:Nutritivas: leva os alimentos e elimina os residuos.Respiratorias: transporta osíxeno a todas as partes do corpoe tamén leva o aire malo aos pulmóns, para eliminalo.Termorreguladoras: regula a temperatura do corpo.
CORAZÓN
VEAS: levan o sangue aocorazón e tamén o aire usado
aos pulmóns.
ARTERIAS: levan o sanguedesde o corazón ao resto docorpo con osíxeno e alimentos.
9
1110
O sangue está formado polo plasma eas células sanguíneas.
O plasma é a parte líquida do sangue,por onde circulan as células sanguíneas.
As células sanguíneas son:–Os glóbulos vermellos ou hemacias.–Os glóbulos brancos ou leucocitos.–E as plaquetas.
As persoas temos millóns de célulassanguíneas.
PLAQUETA
GLÓBULO VERMELLOOU HEMACIA
GLÓBULO BRANCOOU LEUCOCITO
PLASMA
PLASMAÉ o líquido que leva as células do sangue, os
alimentos, as vitaminas...
GLÓBULOS VERMELLOSTransportan osíxeno a todas as partes do corpo.Tamén levan o aire malo aos pulmóns, para
eliminalo.
GLÓBULOS BRANCOSSon os encargados de defender o corpo contraas bacterias que producen as enfermidades.
PLAQUETASSon as encargadas de pechar as feridas, paraque non saia o sangue fóra do noso corpo.
1312
14
Non se pode acudir a doarsangue en xaxún e despois de
comer ao mediodía hai queesperar alomenos 2 horas.
Antes da doazón, a doutoraUxía informa a papá Bolechas
das causas que impiden doar.
Zona deespera
Zona dedoazón
Zona derecuperación
15
1716
Papá Bolechas di que aextracción de sangue nondoe nada nin debilita onoso organismo.A doazón dura
entre 7 e 10minutos.
Tamén se recollenuns tubos consangue para asanálises.
Na doazón utilízasematerial esterilizado
e dun só uso.
1819
Papá e mamá Bolechas doan sangue porquequeren axudar a persoas enfermas eferidas que o necesiten.
Os hospitais galegos precisan 500doazóns todos os días.
Zona dedoazón
O sangue non se pode fabricar.
2120
Todas as doazóns desangue que se recollencada día en Galiciavan as dependenciascentrais de ADOS. Alí analizan o sangue,sepárano nos 3compoñentes ealmacénano.
Os tubos pasan pormoitas análises e controis
de calidade.
O sangue sepárase en3 compoñentes.
GlóbulosVermellos
Plaquetas
Plasma
Centrifugadora
Axencia de Doazón de Órganos e Sangue Organismo público da Consellería de Sanidade
Bolsas de sangue
Tubos de sangueHospitaisde Galicia
2322
Cada tipo de enfermidadeprecisa un compoñente dosangue. Unhas persoasprecisan plasma, outrasplaquetas e outras glóbulosvermellos. Así que, unha soadoazón de sangue podeaxudar a tres persoasdiferentes.
As plaquetas son necesarias para axudara doentes con cancro ou leucemia, e tamén
nos transplantes de medula ósea, porexemplo.
O plasma dedícase ao tratamento degrandes queimados, nos transplantes defígado e en enfermos que perderon moito
sangue.
Os glóbulos vermellos axudan en moitasintervencións cirúrxicas, a persoas que sofren
accidentes de tráfico ou que precisan untransplante de órganos.
2524
Os compoñentes do sangueconsérvanse na Axencia deDoazón de Órganos e Sangue eenvíanse cada día a todosos hospitais de Galicia, paraque as persoas enfermasrecuperen a sáude.Mais o sangue non dura moito,por iso precisamos doazónstodos os días.
Os glóbulos vermellos consérvansenunha neveira a 4°C.Duran 42 días.
As plaquetas consérvanse a 22°Cnunhas bandexas en movemento.
Duran 7 días.
O plasma consérvase nunconxelador a 30°C baixo cero.
Dura 2 anos.
26
Non todas as persoas temos o mesmo sangue.Cada unha pertence a un grupo sanguíneo.
Os principais grupos sanguíneos son:
O + lese positivo e o – negativo.
A+ A- B+ B-
AB+ AB- O+ O-
A+A–B+B–
AB+AB–O+O–
27
2928
Uns días despois de facer a súa doazón de sangue papá Bolechasrecibe unha carta na súa casa coas análises realizada s e o seugrupo sanguíneo.
Só 7 de cada 100 persoas son doadorasuniversais do grupo O –. Poden darllesangue a calquera doente. #súmatedoasangue
3130
Papá Bolechas rematou a súadoazón de sangue. Agora vai ázona de recuperación para beberauga e comer un bocadillo.En poucos minutos xa podemarchar. A doutora Uxíadespídese de toda a familia edálle as grazas a papá Bolechas.–Cando cumprades 18 anosespérovos nesta unidademóbil –dilles aos Bolechas.
Zona derecuperación
A Axencia Galegade Doazón de
Órganos e Sanguedispón de locais de
doazón de sangue nas 7grandes cidades de
Galicia e 10 unidadesmóbiles que se achegan
cada día a concellos,parroquias, empresas ecentros docentes parafacilitar a doazón das
persoas solidarias.
FERROLLocal doazón:Hospital Arq. Marcide
A CORUÑALocal doazón: CHUAC
SANTIAGOLocal doazón: CHUS
LUGOLocal doazón:Hospital Lucus Augusti
OURENSELocal doazón: CHUO
PONTEVEDRALocal doazón:Hospital Provincial
VIGOLocal doazón:Hospital Nicolás Peña