27
Reconstrucción da antiga ponte gótica de Pontedeume (Fdo. Sarmiento, sobre textos de J. Fco. Correa). ANO I ANO I ANO I ANO I NÚMERO 1 NÚMERO 1 NÚMERO 1 NÚMERO 1 25 de outubro de 2003. 25 de outubro de 2003. 25 de outubro de 2003. 25 de outubro de 2003. A A A T T T E E E N N N E E E O O O E E E U U U M M M É É É S S S F F F E E E R R R N N N Á Á Á N N N

AATENEEOO EUMÉS “FERNÁN · da música tradicional galega, fannos un percorrido polas diversas manifestación da nosa música, axudados pola interpretación dalgunhas delas. D

  • Upload
    others

  • View
    1

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: AATENEEOO EUMÉS “FERNÁN · da música tradicional galega, fannos un percorrido polas diversas manifestación da nosa música, axudados pola interpretación dalgunhas delas. D

Reconstrucción da antiga ponte gótica de Pontedeume (Fdo. Sarmiento, sobre textos de J. Fco. Correa).

ANO I ANO I ANO I ANO I NÚMERO 1 NÚMERO 1 NÚMERO 1 NÚMERO 1 25 de outubro de 2003. 25 de outubro de 2003. 25 de outubro de 2003. 25 de outubro de 2003.

AAATTTEEENNNEEEOOO EEEUUUMMMÉÉÉSSS “““FFFEEERRRNNNÁÁÁNNN

Page 2: AATENEEOO EUMÉS “FERNÁN · da música tradicional galega, fannos un percorrido polas diversas manifestación da nosa música, axudados pola interpretación dalgunhas delas. D

Redacción: ATENEO EUMÉS FERNÁN MARTÍS.

Casa da Cultura de Pontedeume Praza do Convento, s/n Apartado de correos, nº 80 15600 – PONTEDEUME

Editorial: IMPRENTA GONMAR S.L. R/ Cambre, 6-8 – A Gándara. 15407 – NARÓN

Deseño logotipo: PEPE BARRO. Composición: JUAN LORENZO CRESPO

Page 3: AATENEEOO EUMÉS “FERNÁN · da música tradicional galega, fannos un percorrido polas diversas manifestación da nosa música, axudados pola interpretación dalgunhas delas. D

EDITORIAL

O Ateneo Eumés Fernán Martís vai pronto cara ós dous

anos de vida. É unha andaina moi curta para presentarmos un

balance pretencioso. Estamos, sen embargo, moi satisfeitos dos

logros acadados: conferencias, charlas sobre temas de actualidade,

presentación de libros, divulgac ión de revistas..., nunca pensamos

aquel primeiro feixe de persoas interesadas pola cultura chegar tan

lonxe nun periodo tan breve de tempo. Isto non sería posible sen o

apoio dun monllo de socios que cómpre aínda ampliar, a

colaboración altruista do mundo da cultura e un salientable público

que coa súa asistencia ós actos nos anima a seguir con este labor

cultural.

As necesidades son moitas: ausenc ia dun local estable,

escasas subvencións, cativos recursos económicos propios, etc. Pero

agardamos solventalos segundo o tempo vaia transcurrindo.

Hoxe inauguramos este primeiro “Caderno do Ateneo

Eumés”. Sabemos que é unha publicación modesta que coa axuda

de todos pode chegar a ser un referente máis do ben facer cultural

de Pontedeume.

Iso desexamos coa axuda de todos vós.

Pontedeume, outubro de 2003.

Page 4: AATENEEOO EUMÉS “FERNÁN · da música tradicional galega, fannos un percorrido polas diversas manifestación da nosa música, axudados pola interpretación dalgunhas delas. D

AACCTTIIVVIIDDAADDEESS DDOO AATTEENNEEOO EEUUMMÉÉSS

Ó longo destes case dous anos de funcionamento, o Ateneo tentou organizar unha

serie de actividades culturais variadas: conferencias, mesas redondas, charlas, coloquios,

presentacións de libros, divulgación de revistas... sobre temas moi variados e case

sempre de actualidade.

Esperamos, cando menos, seguir coa mesma dinámica nun futuro para contribuír á

mellora da cultura na nosa vila.

ANO 2002

TÍTULO POÑENTES

Conferencia inaugural: “O PAI SARM IENTO E A ILUSTRACIÓN” Disertación sobre a ilustre f igura deste frade benedictino do século XVIII, o cal se lle adicou no ano 2002 o Día das Letras Galegas, así como á f igura do Padre Feijoo.

D. Pexerto Saavedra Fernández.

Charla-coloquio: “ENCONTROS CON ISAAC DÍAZ PARDO” Repaso sobre á historia e situación social de Galicia na dictadura franquista, no exilio e sobre os personaxes que máis contribuíron ó mantemento da nosa cultura.

D. Isaac Díaz Pardo.

Conferencia: “A FIGURA DO ILUSTRADO ARCEBISPO RAXOI” Seguindo co estudio da Ilustración, D. Xesús Andrés, grande experto na f igura do arcebispo Raxoi, f íxonos unha lembranza da vida e obra deste personaxe intimamente ligado á historia de Pontedeume.

D. Xesús Andrés López Calvo.

Mesa redonda: “A GLOBALIZACIÓN NO MUNDO ACTUAL” Tres visión diferentes sobre un fenómeno tan de actualidade, que se está a producir no mundo actual e que tanta importancia pode ter para o futuro do desenvolvemento da humanidade.

D. Raimundo Viejo

D. Xabier Vence Deza

D. José Mª Cardesín

Page 5: AATENEEOO EUMÉS “FERNÁN · da música tradicional galega, fannos un percorrido polas diversas manifestación da nosa música, axudados pola interpretación dalgunhas delas. D

ANO 2002

ORIENTE M EDIO, UN CONFLICTO PERMANENTE Versión israelí deste conflicto que dura tantos anos, que xa custou un montón de vidas humanas e segue sen resolverse. Esta parte bótalle a culpa ó terrorismo palestino fundamentalmente.

D. David Saranga

ORIENTE M EDIO, UN CONFLICTO PERMANENTE A versión do mesmo conflicto anterior, desde o punto de vista do pobo palestino. Esta parte séntese como un pobo invadido e masacrado polo imperialismo xudeo e reclama o dereito á unha patria propia.

D. Ibrahim Halet.

A LINGUA GALEGA HOXE Unha visión deste representante da Mesa pola Normalización Lingüística sobre a situación na que se atopa o uso da lingua galega hoxe en día, dentro do noso país e as perspectivas futuras pouco favorables.

D. Xosé M. Sarille

A CATASTROFE DO PRESTIGE Análise desde distintos puntos de vista da importancia e posibles consecuencias que esta catástrofe pode ter para as nosas costas, así como das principias causas que a provocaron.

D. Fernando Junco.

D. José Luís Mier.

D. Celestino Regueiro.

O SAHARA: SITUACIÓN ACTUAL Exposición pormenorizada das causas deste problema tan antigo e que aínda segue sen resolver, da situación deste pobo que vive nos campamentos de refuxiados e as vías de solución que se propoñen.

Representantes en Galicia da Fronte Polisaria.

Page 6: AATENEEOO EUMÉS “FERNÁN · da música tradicional galega, fannos un percorrido polas diversas manifestación da nosa música, axudados pola interpretación dalgunhas delas. D

ANO 2003

TÍTULO POÑENTES

A VIOLENCIA DE XÉNERO Análise deste tema de tanta actualidade na sociedade actual, que esta a aparecer tódolos días nos medios de comunicación e que ten unhas consecuencias tráxicas moitas veces.

Dª. Ana Molíns de Sas.

Dª. Natalia Pico.

Dª. Natalia Lema.

O REXURDIM ENTO DA CULTURA GALEGA DURANTE O FRANQUISM O Charla coloquial sobre os difíciles avatares polos que pasou a nosa cultura naqueles tempos tan difíciles, así como unha serie de curiosidades e anécdotas sobre os principais personaxes que colaboraron neste feito.

D. Xosé Luís Franco Grande.

ARREDOR DA M ÚSICA TRADICIONAL Estes dous personaxes xa clásicos no estudio da música tradicional galega, fannos un percorrido polas diversas manifestación da nosa música, axudados pola interpretación dalgunhas delas.

D. Baldomero Iglesias “MERO”.

D. José Luís Rivas “MINI”.

(Grupo A Quenlla).

PONTEDEUM E NOS PRÓXIMOS 4 ANOS Cada un dos candidatos de catro partidos dos que concorren ás eleccións locais no noso goberno, expoñen as liñas mestras do seu programa político para a vindeira lexislatura.

D. Belarmino Freire Bujía (PSOE)

D. Celestino Sardiña (PP)

D. Manuel Rei Romeu (BNG)

D. Manuel Agras (IEP)

ANTÓN AVILÉS DE TARAM ANCOS Para conmemora-lo día da Letras Galegas, este escritor lémbrano-la f igura do seu amigo Avilés desde un punto de vista familiar, non só da súa faceta de poeta.

D. Cesáreo Sánchez Iglesias

PRESENTACIÓN DE BIBLOS Club de lectores en lingua galega Acto divulgativo do primeiro club de lectura na nosa lingua, da súa f inalidade e as súas pretensións. Tamén presentación de dous dos libros que se ofrecen ós socios do club.

Dª. Eva Veiga (Presentadora)

D. Tucho Calvo (Director do Club)

D. Francisco Fernández Naval

D. Lois Diéguez

Page 7: AATENEEOO EUMÉS “FERNÁN · da música tradicional galega, fannos un percorrido polas diversas manifestación da nosa música, axudados pola interpretación dalgunhas delas. D

ACTOS PREVISTOS A CURTO PRAZO

• NO PRIMEIRO CABODANO DO PRESTIXE

Acto recordando esta catástrofe que asolou as nosas costas e as consecuencias

da mesma.

• REVISTA DA ASOCIACIÓN “FUCO BUXÁN”

Presentación da revista desta asociación cultural a cargo de D. Rafael Pillado.

• OS PARTIDOS POLÍTICOS EN GALICIA

Presentación do libro do mesmo título da Editorial Xerais a cargo de destacados

personaxes do mundo cultural e polít ico galego.

• AS LISTAS DE ESPERA NA SEGURIDADE SOCIAL

Mesa redonda sobre este tema de tanta actualidade con representantes da

Sanidade Pública da comarca de Ferrolterra.

• ALEXANDRE BÓVEDA

Lembranza sobre a f igura deste personaxe no centenario do seu nacemento.

• A CORUÑA DE PACO VÁZQUEZ

Presentación do libro de José Luís Monje que, con este título, analiza a traxectoria

política do alcalde de A Coruña e das súas realizacións ó longo de todos estes

anos.

• CADERNOS DO ATENEO EUM ÉS

Presentación da revista desta Asociación, da que sae á luz o primeiro número, coa

pretensión de ser un dos referentes culturais da vila de Pontedeume no futuro

inmediato.

Outubro de 2003.

Page 8: AATENEEOO EUMÉS “FERNÁN · da música tradicional galega, fannos un percorrido polas diversas manifestación da nosa música, axudados pola interpretación dalgunhas delas. D

DDEENNOOMMIINNAACCIIÓÓNN DDAA AASSOOCCIIAACCIIÓÓNN

¿Por que Fernán Martís?

Fai cerca de tres anos, un grupo de persoas da vila eumesa, creamos o Ateneo Fernán

Martís, escollendo este nome como referencia dunha institución que, pretendemos, teña unha

historia moi longa. O autor arriba aludido alá polo 1373, fixo posible, xunto cos seus colaboradores

e baixo o patrocinio do primeiro señor de Pontedeume, Fernán Pérez de Andrade, O Boo, a

traducción ó galego do Román de Troie de Benoit de Sainte-Maure. Esta obra, que recolle unha

parte importante da mitoloxía grega, conservada integramente, converteuse nun monumento

literario da lingua galega da Baixa Idade Media e, especialmente do século XIV, século no que

aínda non se iniciara, alomenos ata o momento de publicación da obra citada, o proceso de

castelanización do noso idioma. Por eso mesmo e polo feito de que, se ben non é posible probar que

Fernán Martís fora natural das terras eumesas, si é obvio que por ser capelán de Fernán Pérez,

debeu percorrer e habitar nas rúas da nosa vila, escollemos o seu nome como elemento identificador

dun Ateneo que pretende, sobre todo, ser foro de debate e institución promotora de cultura.

Asemade escollemos unha das letras empregadas no manuscrito da Crónica Troiana, como

emblema e logotipo dos nosos escritos para que sexa un acicate permanente para a creación e

difusión da obra cultural.

Nos máis de vinte anos que o autor destas letras leva vinculado á Pontedeume, fun testemuña

de onomásticas, aniversarios e recoñecementos públicos de personaxes considerados importantes.

Sen embargo, en poucas ocasións tiven a oportunidade de constatar eses mesmos esforzos

dedicados a recordar ós homes e mulleres que, coa súa labor cultural, contribuíron á enaltecer á

vila de Pontedeume e aumentar a bagaxe cultural das súas xentes. Estas palabras, así como o honor

co que o Ateneo utiliza a Fernán Martís e a súa obra como emblemas da institución, pretende

resarcilo minimamente pola ausencia de celebración do setecentos aniversario da publicación da

súa obra, e, o mesmo tempo, animar á aqueles que teñen a posibilidade de facelo, para que

promovan o recoñecemento público daqueles homes e mulleres que, no pasado realizaron actos que

nos fixeron a todos un pouco máis cultos e, o que o mesmo, un pouco mellores.

Page 9: AATENEEOO EUMÉS “FERNÁN · da música tradicional galega, fannos un percorrido polas diversas manifestación da nosa música, axudados pola interpretación dalgunhas delas. D

¿Quen foi Fernâ Martiis?

Resulta case un pleonasmo falar da pegada que deixaron os Andrade na paisaxe que adorna a v ila

de Pontedeume. Unha parte moi significativa patrimonio histórico-artístico da v ila de Pontedeume, débese

ós señores do castelo de Nogueirosa e, fundamentalmente o primeiro gran señor desta familia, Fernán Pérez

de Andrade, o Boo. A modo de exemplo,recordemos a capela maior da igrexa, o torreón, mudo vestixio do

outrora esplendoroso pazo que presidía a v ila; a ponte cos verracos qua aínda a adornan, os mesmos

escudos, entre eles o escudo municipal, símbolos do seu pasado brillante da casa de Andrade así coma os

castelos que aínda coroan as nosas cumes.

Sen embargo poucas veces nos paramos a pensar na importancia inigualable dunha obra, non

menos monumental, pero de natureza literaria que, por vontade do primeiro señor de Pontedeume, Fernán

Pérez, O Boo, nos transmitiu a posteridade as formas doces e suaves do idioma galego de finais do século

XIV. O instrumento de que se valeu Fernán Pérez de Andrade, para levar a cabo esta tarefa, foi o seu

capelán Fernâ Martíis.

Estamos a referirnos á Crónica Troiana, que narra, entre outras cousas, a cronoloxía dos reis de

Troia, o rapto de Helena e as 23 batallas entre troianos e gregos nas que teñen lugar as loitas heroicas

entre Héctor e Aquiles, heroes considerados como paradigmáticos polos cabaleiros europeos da Baixa Idade

Media. O interese de Fernán Pérez, reafirmado polo feito de que esta fora unha das primeiras obras

artísticas promovidas por el, ademais do que acabamos de afirmar, explícase pola antiga costume dos

cabaleiros de que lles leran libros de natureza cabaleiresca en momentos de descanso ou durante as

comidas, tal e como recollen xa en As Partidas de Don Afonso X : “E porende ordeno, que assi como en

tiempo de guerra aprendiessen fecho de armas por cista o por prueua, q otrosi en tiêpo de paz la prisiessen

por oyda por entendimiento. E por esso acostumbrauan los caualleros, quâdo comian, q les leyessen las

estorias delos grandes fechos, de armas q los otros fizierân,e los fechos, e los esfuerços, que ouieron para

saberlos vencer...”1

No senso anterior Manuel Murguía Martís(2) afirma que Fernán Pérez era afeccionado á poesía e ó s

libros de cabalerías, sobre todo ós de ficción cabaleiresca dos que coleccionou algúns. Sen embargo

Victoria Armesto afirma que esta obra responde máis á vontade do clérigo Fernán Martíns de Andrade

que a do primeiro señor de Pontedeume.(3).

O feito anterior, explícase no contexto dunha sociedade cada vez máis convulsa e dominada polos

cabaleiros e o culto á guerra o que provoca, sobre todo ó longo do século XIV, que a lírica galaico-

portuguesa- unha literatura considerada por algúns como de retagarda- deixe paso a unha literatura

1 Partidas, Título XXI, lei 20 2 Manuel Murguía.-Galicia, Barcelona, 1888, p 1162 3 Victoria Armesto.- Tradicións y reformas en la Vieja Coruña., Coruña 1987, p 183. Ramón Lorenzo.-Crónica Troiana, Coruña 1985 p 76

Page 10: AATENEEOO EUMÉS “FERNÁN · da música tradicional galega, fannos un percorrido polas diversas manifestación da nosa música, axudados pola interpretación dalgunhas delas. D

baseada na violencia das batallas e dos torneos cabaleirescos elevando os seus protagonistas á categoría de

arquetipos.

Na segunda metade do século XIV, coñécense en Galicia lendas cabaleirescas do ciclo bretón,

incluso se fala da traducción galega do Amadís de Gaula, composto entre 1367 e 1383 en Galicia ou Portugal

por Vasco de Lobeira, dunha familia galega na que houbo varios poetas, segundo o cronista portugués

Gomes Eanes de Azurara.(4) Tamén circulan, nesta época, versións en francés do Lanzarote del Lago, da

Demanda do Sto Grial e da Crónica Turpinou, do suposto Arcebispo de Reims, traducida do latín e que narra

as conquistas de Carlomagno contra os mouros e os milagres de Santiago etc.(5). A materia prima destes

relatos de natureza épica debemos buscala na materia de Bretaña e nos temas épicos de orixe greco-latino,

temas nos que se inscribiría a Crónica Troiana.

Xa obras como “El Libro de Alexandre” recollían alusións á tradición greco-latina, como a historia de

rei macedonio Alexandre. A orixe da materia greco-latina precede a versións latinas destes temas

traducidos ó latín entre os séculos IV e VI da nosa era. Unha destas versións, concretamente a titulada “De

excidio Troiae historia” de Daves Phrigias, foi traducida ó francés en 1262 por Jean Flixecourt, pero tivo

maior éxito unha adaptación realizada entre 1155 e 1165 por Benoit de Sainte-Maure titulada Roman de

Troie, dando lugar ó xénero literario denominado Roman Antique que mestura os feitos históricos coa

fábula. Unha destas versións foi traducida ó castelán e deste ó galego a partir dunha copia castelán

ordenada por Afonso XI, como se sabe, un gran amante de todo o relacionado co mundo da cabalería. (6).

O autor e a obra.

Polo dito anteriormente, dedúcese que autor da obra da que estamos falando é Fernâ Martiis que,

por outra parte, el mesmo así o afirma no folio 100 do mesmo manuscrito: “Sabbean quantos este liuro

v irê que eu Fernâ Martiis, clerigo et capelan de fernâ pérez d´Andrade, escriuiu este liuro des onde sse

começa esta estoria ata aquí...et escriujo per mâdato do dito fernâ pérez...”(7). A data en que se copia e

traduce esta obra, 1373, esclarece dun xeito manifesto que o de Andrade tiña as cousas claras sobre o seu

aprecio por este tipo de literatura xa que, non facía aínda dous anos en que se convertera en señor de

Pontedeume: “...Este liuro fuy acabado vîjte dias do mes de janeyro, era de mill et quatroçentos et onze

ânos.”(8). Sen embargo, Fernâ Martiis non é autor único desta obra de 185 folios en pergamiño,

conservados no manuscrito 10233 da Biblioteca Nacional. A Fernâ Martiis, clérigo e capelán de Fernán Pérez,

4 Citado Por Núñez Rodríguez en :El sepulcro de Fernán Pérez... p 6 5 Vicente Risco.- Historia de Galicia, 4ª edición,Galaxia, 1978, p 176 e 177. No mesmo senso, véxase A.Couceiro Freijomil.-Historia de Pontedeume e a súa Comarca,4ª edición, 1995, p 128 6 Ramón Mariño Paz.- Historia da lingua galega, Santiago de Compostela, 1998, p 155. Non é menos importante a información que nos facilita Ramón Lorenzo.-Crónica Troiana , Edición Crítica, Coruña 1985 pp 9 á 13 7 É neste mesmo folio onde o clérigo Fernán Martís, ademais de deixar constancia da súa intervención na versión galega de Roman de Troie, pregona loubanzas incluso esaxeradas a favor de Fernán Pérez, o seu amo : Et Sabede que este fernâ pérez foy fillo de roy freire dandrade et por muy creede de çerto que aeste tenpo que este liuru foi escripto que este fernà pérez era omellor hom que auia entonce en galiza dos condes ou rrico homes afora..( Ramón Lorenzo.-Crónica Troiana, Coruña 1985 p 76) 8 A firma de Fernán Martíns atópase no folio 100 do manuscrito 10233 que conserva íntegra a versión en galego. (Ramón Lorenzo.-Crónica Troiana., Coruña 1985 p 77.)

Page 11: AATENEEOO EUMÉS “FERNÁN · da música tradicional galega, fannos un percorrido polas diversas manifestación da nosa música, axudados pola interpretación dalgunhas delas. D

corresponden os 100 primeiros folios como, por outra parte, se pode deducir do fragmento que

transcribimos máis arriba. Pero, ademais destes cen primeiros folios, polas características ortográficas,

gramaticais e de estilo, os entendidos atribúenlle a parte correspondente ós folios que van entre o 119 e o

28. O resto da obra corresponde a copistas que traballaban no escritorio de propio Fernâ Martís que

probablemente estaba en Betanzos ou Pontedeume (9).

Non sabemos con exactitude o lugar de nacemento do autor da Crónica Troiana. O apelido Martiis

atopámolo sobre todo en A Coruña e o seu alfoz. O 23 de Marzo de 1344, o concello de A Coruña, asina

un acordo sobre a forma de elixir e mudar de alcaldes; un dos veciños gardiáns do selo, que tamén o vemos

como confirmante, é Roy Martis; no mesmo documento aparece outro Afonso Martís como confirmante

(10). Case medio século máis tarde no documento polo que Diego Pérez Sarmiento, renuncia ó dereito de

xurisdicción para poder entrar en A Coruña, figuran entre os testemuñas , como escudeiros e vasalos do rei

en A Coruña, Pedro Martís del Burgo e Gonzalo Martís de Baldaio, este co engadido de escudeiro de Roy

Xordo das Mariñas , o que lle toma xuramento ó Adiantado Maior do reino de Galicia, o xa citado Diego

Pérez Sarmiento; o documento é de 1388 (11).

Torreón dos Andrade – Praza do Conde (PONTEDEUME)

Estes e outros documentos, sobre todo relacionados coa administración do concello de A Coruña no

século XIV nos que, con relativa frecuencia, aparece o apelido Martís ou Martiis, inclínannos a pensar que os

9 Ramón Mariño Paz.- Historia da lingua galega, Santiago de Compostela, 1998, p 122 10 AHMC.-Privilexios ou diplomas, número 17, 23-III- 1344 11 Documento levantado polo notario da Bailía de O Burgo, Rodrigo Arias. (Isabel Martínez Barbeito.- Privilexios y diplomas de A Coruña, número IX, colección do propio arquivo AHMC)

Page 12: AATENEEOO EUMÉS “FERNÁN · da música tradicional galega, fannos un percorrido polas diversas manifestación da nosa música, axudados pola interpretación dalgunhas delas. D

Martíns desenvolveron case permanentemente tarefas importantes na cidade herculina polo que, nunha

deducción obvia, deberíamos concluír que Fernâ Martíis, o autor da Crónica Troiana xunto cos seus

axudantes, debería ser coruñés. Pensemos, por outra parte que, desde finais de 1371, Fernán Pérez de

Andrade, O Boo, de quen era capelán, ostenta a tenencia do castelo da cidade herculina o que nos inclinaría

aínda máis a pensar que o autor da versión galega do Román de Troie, podería ser coruñés.

Sen embargo, o tema dos apelidos, durante o século XIV, non está, nin moito menos regularizado.

Así atopamos que, dos catro fillos varóns de Rui Freire de Andrade, soamente dous levan o apelido do pai:

Juan Freire de Andrade e Nuño Freire de Andrade; os outros dous Lopo Núñez de Montenegro e Fernán

Pérez de Andrade, O Boo, non seguen o mesmo procedemento. O mesmo podería pasar co apelido Martiis

-fillo de Martín- que aparece reiteradamente polas comarcas do Eume, Ferrol, Monfero e Betanzos pero coa

variante Martiz ou Martiis, que moi ben podería deberse a variantes debidas ó copista o mesmo que

acontece coa forma Martís á que podemos ver con unha ou dúas ies indistintamente. En orixe, Martiz tería a

mesma procedencia que Martís ou Martiis, esto é, fillo de Martín (12).

Un tal Johan Martiz aparece como Abade en Monfero en 1270 no mesmo documento no que firma

como notario de Pontes de Eume, Lourenço Martiz (13). Outro, Pedro Martiis, aparece coa súa dona

Guntroda Pérez comprando unha herdade a Pedro Pérez en San Xurxo de Torres en 1272. Noutro

documento, firmando en 1274 en Pontes de Heumy por Lourenço Martiz, notario do rei na v ila, vemos a un

tal Fernán Martiz. Outro Joán Martiz Çereygo de Ferrol e súa muller María Rodríguez fan un convenio co

mestre de Graña de Brión Frey Afonso, en representación de Sobrado, sobre un preito por unha parte da

graña de Brión, en 1291 (14).

Finalmente,en 1354, Frei Pedro Páez, Abade de Monfero, afora unha terra en Miño. Presentan

testemuña García Martiz, fillo de Martín Froyaz, Reynaldo Martiz e Incio Martiz de Pousadeira; firma Fernán

Pérez notario nos coutos de Monfero.(15)

Estes e outros moitos documentos que poderíamos citar, fannos ver que, incluso o nome de

Pontedeume, escrito polo mesmo notario, aparece escrito con diferente grafía en documentos distintos, polo

que, se ben é máis probable que a familia do autor da Crónica Troiana, fora de A Coruña, non podemos

determinar con exactitude o lugar de nacemento do citado autor, algo que, por outra parte, na Idade Media,

non tiña demasiada importancia para nobres e cabaleiros que viaxaban constantemente polos seus

territorios ou polos territorios dos seus amos, nacendo e morrendo en lugares ás veces insospeitados. Os

Andrade son un bo exemplo por ter como centro emblemático o antigo castelo de Andrade e estender o seu

radio de acción a Ferrol, Xubia, Ortigueira, Monfero ou A Coruña por citar só os lugares máis comúns do seu

percorrer v ital.

12 “ conoçuda cousa seÿa a quantos esta carta viren que nios Miguel Martiz et

Johán Martíz et Tome Martiz de Móómaÿ, fillos que f fomos de Martín Iohanes

dicto Monteÿro que fuÿ de Cabanas de Virijs ”.(A. Martínez Salazar.-Documentos

Gallegios del siglo XIII al XVI , Coruña 1911, documento nº29, pp68/69)

13 A. Martínez Salazar.-Documentos Gallegos del siglo XIII al XVI , Coruña 1911, documento nº 19, p 62/62 14 Martínez Salazar.-Documentos Gallegos del siglo XIII al XVI , Coruña 1911, documentos nº 46, pp 95/96 15 Martínez Salazar.-Documentos Gallegos del siglo XIII al XVI , Coruña 1911, documentos nº 55, pp 114/115

Page 13: AATENEEOO EUMÉS “FERNÁN · da música tradicional galega, fannos un percorrido polas diversas manifestación da nosa música, axudados pola interpretación dalgunhas delas. D

Fernâ Martíis sería entón un membro do séquito ambulante de Fernán Pérez de Andrade que, se ben

tiña moitas residencias, pasaba pouco tempo en cada unha delas.

Se ben, desde 1371, Fernán Pérez de Andrade era señor de Pontedeume, a construcción do seu

pazo nesta v ila debeuse demorar alomenos ata finais de 1373, ano no que se publica a Crónica Troiana, e

ano no que se firma a paz entre os partidarios dos Trastamara -entre os que se atopaba O Boo- e os

lexitimistas que agora defendían ó pretendente Fernando I de Portugal (16). Pensemos que a construcción

do castelo de Nogueirosa comeza en 1369 e remata en 1377 (17). Fernán Pérez de Andrade, tenente do

castelo de A Coruña e con moito poder en Betanzos, (18) posiblemente tivera como lugar de residencia máis

habitual a v ila betanceira onde é moi posible, se non o fora en A Coruña, que se realizara a traducción e

copia do libro que fixo transcender no futuro o nome de Fernâ Martiis a quen hoxe dedicamos estas

palabras.

Fora ou non fora nacido na bisbarra do Eume, Fernâ Martiis, como criado e capelán do primeiro

señor de Pontedeume, sen dúbida residiu entre os seus muros, encargado de entender o culto na antiga

capela de San Miguel, ata principios do século XX, pegada ó pazo dos Andrade polo lado oeste; pero, sen

dúbida, as responsabilidades do noso autor abarcarían tarefas culturais en función da súa educación,

superior ó entorno da corte señorial de Fernán Pérez. O seu influxo, ademais de ser claro e decisivo na

Crónica Troyana, como xa se dixo, posiblemente axudara de forma definitiva a unha gran parte da

iconografía deixada polo de Andrade, sobre todo aquela que amosa contido relixioso e/ou simbólico, temas

dos que Fernán Martís era moito máis coñecedor que o propio Fernán Pérez, O Boo.

Por todo elo, o nome de Fernán Martís, como home que, contribuíndo a ensalzar a lingua galega,

engrandeceu a v ila de Pontedeume e ensanchou os seus horizontes, pensamos que debe ser recordado e

recoñecido.

Francisco Correa Arias.

Pontedeume, 1 de outubro de 2003.

16 Ese mesmo ano, polo mes de agosto, Fernán Pérez de Andrade redondea o seu señorío coa adquisición, mediante privilexio do Rei, de Vilalba 17 J García Oro.- Don Fernando de Andrade, Conde de Villalba, Santiago, 1994, p 27 18 Fernán Pérez xoga un papel importante na defensa de Betanzos contra os portugueses e así llo recoñece un privilexio do Rei concedido á esta cidade en 1372( García Oro.- Don Fernando de Andrade..., p 28)

Page 14: AATENEEOO EUMÉS “FERNÁN · da música tradicional galega, fannos un percorrido polas diversas manifestación da nosa música, axudados pola interpretación dalgunhas delas. D

RREECCUUPPEERRAACCIIÓÓNN DDOO PPAATTRRIIMMOONNIIOO

A

R

Arco de Maldonado, visto desde a rúa Real.

Page 15: AATENEEOO EUMÉS “FERNÁN · da música tradicional galega, fannos un percorrido polas diversas manifestación da nosa música, axudados pola interpretación dalgunhas delas. D

TEMAS DE ACTUALIDADE

A GLOBALIZACIÓN

Unha reinterpretación en clave galega

O último cuarto do século XX e os primeiros anos do século XXI están marcados por unha

dinámica de cambio estructural acelerado que afecta a todos os planos da realidade económica e

social, que ven sendo denominada como GLOBALIZACIÓN. Fondas transformacións afectan aos

planos da producción e da distribución, ao plano financeiro, ao plano institucional, etc. Todos eles

veñen sendo cruzados por un intenso proceso de cambio estructural, coa pretensión de eliminar as

barreiras á libre circulación e intercambio de bens, servicios e capitais, na procura de reforzar a

eficiencia asignativa dos mercados.

Este fenómeno derivado da sacralización dos mercados non ten en conta que estes deixan

fóra da súa consideración a millóns de persoas: (a) as que non teñen capacidade de demanda

efectiva para ser consideradas como consumidores e (b) as que non poden producir con eficiencia.

A globalización ten, en definitiva, un comportamento caracterizado pola destrución das estructuras

de producción preexistentes sen substituílas por outras alternativas. En consecuencia, agranda as

diferencias entre o centro e a periferia, entre pobres e ricos, destrúe ou precariza como nunca ate

hoxe o emprego, e intenta desmontar os servicios públicos creados polo estado do benestar,

alegando que este os presta de xeito caro e pouco eficiente.

O aumento do paro e da pobreza son constatables a nível mundial. Segundo o Informe de

Desenvolvemento Mundial 2000/2001 publicado polo Banco Mundial no noso planeta hai uns 6.000

millóns de habitantes; deles case a metade, uns 2.800 millóns viven con menos de 2,2 € ao día e

destes, 1.200 millóns teñen que contentarse con 1,2 € diarios. Máis aínda, 6 nenos de cada 100 que

nacen non chegan a vivir un ano, e 8 non sobreviven máis aló do ano. Dos que acaden a idade

escolar, 9 nenos e 14 nenas de cada 100 non van nin á escola primaria. Ningún deles contan para os

mercados eficientes loubados polos defensores da globalización.

A nova economía globalizadora non aumentou a pobreza, pero si aumentou ata níveis

escandalosos a desigualdade. Segundo a revista Forbes do mes de agosto de 1999 as 400 persoas

Page 16: AATENEEOO EUMÉS “FERNÁN · da música tradicional galega, fannos un percorrido polas diversas manifestación da nosa música, axudados pola interpretación dalgunhas delas. D

máis ricas de USA tiñan activos por valor dun billón de dólares. Esta cifra segundo Forbes

representaba o triple dos ingresos anuais dos 30 millóns de pobres dos Estados Unidos. Á vista

destes datos comparto a idea de Luís de Sebastián cando afirma que a desigualdade económica é

mala, porque pon en perigo a democracia mesma é porque é ineficiente e implica un mal uso dos

recursos. En consecuencia cómpre dicir da globalización conducida polos mercados e a esaxeración

do espírito de lucro aquelo de que non se fixo o home para os mercados senón os mercados para o

home. ¿Cómo se produciu esta evolución na economía mundial?

O modelo económico keynesiano da posguerra, sobre o que se asentou a etapa máis longa de

crecemento mundial e a xeneralización nos polos europeo e americano dos estados do benestar,

entrou en crise na segunda metade da década dos setenta do pasado século. As crises das materias

primas, desatadas trala Guerra dos Seis Días entre árabes e xudeus, particularmente a elevación por

parte da OPEP dos prezos do petróleo, a extensión do sindicalismo e da contestación social e en

Europa, e a emerxencia dos novos competidores asiáticos –Xapón, Corea, Taiwán, Singapur-

presionaron á baixa ós beneficios empresariais das empresas ubicadas no primeiro mundo. Actuaron

por unha banda sobre os custos de produción, elevándoos, por mor da subida dos prezos das

materias primas, da enerxía, e dos custos laborais, e pola outra sobre os prezos de venda, por mor

da presencia nos mercados de bens e manufacturas de calidade contrastada e prezos moderados,

procedentes dos novos competidores asiáticos. Xerouse, en definitiva, unha tendencia continuada de

caída das marxes que levou a unha caída dos beneficios empresariais e ralentizou, falando en termos

marxianos, a acumulación dos excedentes a nível mundial.

Deste proceso derivouse unha fortísima competencia entre as grandes corporacións

multinacionais polo reparto dos mercados que afectou ao mesmo tempo aos planos da produción e

da distribución. No plano da produción, a obrigada optimización dos custos tivo que focalizarse na

redución dos custos laborais e na optimización dos procesos productivos, xa que os prezos das

materias primas escapaban naquela altura ao control das multinacionais. Desatouse como

consecuencia un proceso de innovación tecnolóxica centrado no aforro e na substitución das

materias primas sobre as que se tiña menor capacidade de control por parte das multinacionais, na

definición de procesos productivos cada vez máis intensivos en capital e aforradores de man de

obra, por medio da reorganización das actividades productivas e da súa automatización e

robotización e, para ter maior rapidez de resposta aos cambios, na satisfación dos gustos dos

consumidores e na interiorización no plano da produción dos dictados do mercado, por medio da

función de marketing.

Page 17: AATENEEOO EUMÉS “FERNÁN · da música tradicional galega, fannos un percorrido polas diversas manifestación da nosa música, axudados pola interpretación dalgunhas delas. D

A capacidade de adaptación aos novos retos impostos polos mercados depende en grande

medida da capacidade de innovación das empresas. Esta non é igual para todas. As grandes

empresas, con canles de distribución eficientes poden coñecer mellor e con maior rapidez os

cambios nos gustos e nas necesidades dos consumidores. Están mellor situadas nos mercados e

poden, polo tanto, extraer unha taxa de beneficio suficiente para permitirlles a realización de plans

de innovación tecnolóxica. Contan ademais cun decidido apoio da banca e dos mercados financeiros

internacionais para conseguir os capitais complementarios para financiar os seus proxectos de

innovación. Polo contrario, as pequenas e medianas empresas teñen sempre unha posición máis

feble nos mercados e, consecuentemente, unha menor capacidade de xeración de excedente para

financiar os novos, e sempre custosos, planos de investimento que precisan para interiorizar a

innovación tecnolóxica. Por outra banda, ao contrario do que acontece coas grandes corporacións,

son obxecto de fortes restriccións para o financiamento dos proxectos de innovación.

A creación da moeda única e do Sistema Financeiro Europeo é unha parte substancial do

cambio estructural que se está a rexistrar en Europa. Este cambio institucional insírese, en realidade,

no fenómeno máis xeral da GLOBALIZACIÓN FINANCEIRA. Mais ¿que ten de malo este

proceso? Podería permitir, segundo a versión de carácter neoliberal, a eliminación de calquera caste

de barreira á libre circulación dos capitais que facilitaría que os créditos necesarios para o

financiamento xeral das empresas, e en particular o financiamento da innovación, estiveran máis ao

alcance das PEMES. Pero podería ocorrer xusto o contrario se, finalmente, predominaran no

conxunto de Europa os afáns especulativos que na actualidade están a conducir os recursos

financeiros a velocidade online, alí onde acaden unha maior retribución, asumindo e desfacendo

posicións a unha gran velocidade. Os aforros das economías domésticas depositados nas entidades

de depósito son conducidas por estas, cada vez en maior medida, a colocacións nos mercados

internacionais por medio dos instrumentos derivados dos fondos de pensións privados e dos fondos

de investimento dos que son xestoras, en detrimento da realización preferente da función de

intermediación que debería ser a súa misión fundamental, a esencia mesma do negocio bancario.

Nun contorno tal, non interesa ás entidades financeiras comprometer recursos nin en forma de

capital nin en forma de crédito, sobre todo de crédito a longo prazo, nas pequenas e medianas

empresas, xa que as colocacións en accións das PEMES, teñen problemas de liquidez por non

cotizaren en bolsa, e o investimento crediticio en medianas e pequenas empresas ten unha elevada

incerteza, especialmente se están destinadas a financiar plans de innovación tecnolóxica, moi

alonxados da súa posible realización nos mercados por medio das vendas. É moito máis seguro

especular en accións de grandes empresas, ou mercar títulos de débeda pública, ou ceder fondos a

Page 18: AATENEEOO EUMÉS “FERNÁN · da música tradicional galega, fannos un percorrido polas diversas manifestación da nosa música, axudados pola interpretación dalgunhas delas. D

outras entidades financeiras máis dinámicas a través do interbancario, ou conceder créditos ao

consumo e créditos hipotecarios á vivenda, ou destinar cada vez en maior medida o crédito

empresarial ás grandes empresas ben situadas en mercados estratéxicos –grandes empresas dos

sectores enerxéticos, das comunicacións, da construcción, das manufacturas avanzadas, das novas

tecnoloxías da información, grandes superficies comerciais, etc.- nas que os grandes bancos e

caixas de aforros teñen intereses estratéxicos ou, simplemente, actuar como xestores de fondos de

pensións e fondos de investimento, conducindo unha gran parte do aforro privado cara ao exterior

do país. O conxunto das PEMES, especialmente as ubicadas nas rexións periféricas que son

fundamentais na xeración de renda e emprego do conxunto de Europa, vense así arredadas por uns

sistemas financeiros que, en lugar de colaborar con elas na innovación, establecendo un circuíto de

financiación que permita garantir a súa continuidade productiva e a súa presencia nos mercados,

procura por medio de colocacións máis especulativas en mercados de valores cada vez máis

concentrados e alonxados das súas necesidades, a realización de maiores beneficios nos menores

prazos de tempo posibles.

Estamos a falar, contra o que moitos puideran pensar, dun segmento empresarial vital para o

futuro do noso país e da mesma Unión Europea.

Segundo o informe de Chris Evans, presidente do grupo operativo BEST encargado da

avaliación do contorno empresarial da Unión Europea, as 18,5 millóns de pequenas e medianas

empresas europeas constituían a base da súa fortaleza económica, representando máis do 60% do

volume total dos negocios e do 66% do emprego da comunidade no ano 1995. Circunscribíndonos a

Page 19: AATENEEOO EUMÉS “FERNÁN · da música tradicional galega, fannos un percorrido polas diversas manifestación da nosa música, axudados pola interpretación dalgunhas delas. D

España e Galicia, segundo datos de Ardán, as PEMES representaban no mesmo ano un 63% do

volume de negocio e un 55% do valor engadido bruto (veb) español, e as pequenas e medianas

empresas galegas un 83% do volume de negocio e un 86% do veb galego. As PEMES serán

segundo o informe BEST, fundamentais para enfrontar os desafíos que os seus competidores

prantexan a Europa, pola súa contribución en termos de adaptabilidade, capacidade potencial de

innovación de productos e procesos e creatividade. Mais isto será só posible se entre todos-

políticos, empresarios, traballadores, sindicatos, ensinantes, estudiantes, etc.- creamos un contorno

empresarial que favoreza o seu éxito, facilitando as condicións axeitadas nos planos financeiro

fiscal e administrativo para desenvolver e poñer en marcha novos proxectos de investimento, e

definindo modalidades de apoio técnico e financeiro. A concentración da riqueza da man da

globalización financeira está acentuando, contra o que algúns predican e moitos pensan a

canalización dos aforros da periferia cara aos centros económicos, onde se ubican os grandes

mercados de valores, os grandes bancos, e os cuarteis xerais das grandes empresas. Ao mesmo

tempo, as rexións periféricas, están a distanciarse en termos de renda e emprego, e as súas

empresas están a padecer un contorno económico e administrativo ineficiente e un sistema

financeiro que realiza sobre elas un intenso racionamento de crédito, limitando á súa capacidade de

innovación e converxencia. En consecuencia, o paro está a medrar, a taxa de actividade diminúe, as

súas poboacións xoves, especialmente as mellor preparadas, están a emigrar, a poboación

avelléntase, e a taxa de natalidade diminúe.

Os perniciosos efectos da globalización son constatables en Galiza. No último cuarto do

século XX Galiza viviu unha transformación en sentido recesivo que agrandou a súa diferencia coas

rexións máis dinámicas de Europa e España. Segundo a análise do profesor Xavier Vence, os trazos

máis relevantes de tal evolución son os seguintes:

• O crecemento promedio do PIB no período 1975-1996 foi do 2,9%, menos da metade do

rexistrado no período desenvolvista do franquismo entre 1960 e 1975.

• O emprego mostra unha caída no período 1975-1996 duns 250.000 empregos netos,

aproximadamente un 20% do emprego existente en 1976.

• Galiza sitúase segundo a base de datos comunitaria REGIO entre as 18 rexións europeas que

perderon ao mesmo tempo poboación e emprego nas últimas dúas décadas do século XX.

• Segundo a mesma fonte Galiza tiña a remates do século XX un PIB per cápita que acadaba só

un 59,6% da media da Unión Europea dos 12. A sexta posición pola cola, só por riba de

Page 20: AATENEEOO EUMÉS “FERNÁN · da música tradicional galega, fannos un percorrido polas diversas manifestación da nosa música, axudados pola interpretación dalgunhas delas. D

Estremadura, o Alentejo portugués, Andalucía, Grecia Central e a rexión Centro-Portuguesa. A

nosa situación empeorou respecto a que ocupaba en 1980, ano en que segundo REGIO Galiza

tiña unha renda per cápita que representaba un 60,6% da media comunitaria.

• Galiza ubícase pois entre as rexións máis pobres e menos dinámicas de Europa e de España.

Cinguíndonos ao marco español a fenda entre a España rica – a oriental- e a España pobre –a

occidental- separadas por un eixo imaxinario Bilbao, Valladolid, Madrid, Málaga, aumentou

continuamente nas dúas últimas décadas do século XX.

• Os sectores básicos da economía galega foron suxeito dunha transformación que os fixo perder

peso na xeración de emprego: Así aconteceu no sector primario, que pasou de representar un

60% do emprego a mediados dos sesenta a representar só un 14% do emprego no ano 2000. Os

715.000 empregos de 1960 pasaron a ser soamente 130.000 empregos no 2000. Os outros

sectores productivos non puideron acoller o excedente do emprego agrario. Aínda que con

menor intensidade destructiva, algo semellante aconteceu na industria, que non tivo capacidade

de transformación para adaptarse aos profundos cambios que impuxo a crise industrial dos anos

setenta. As principais ramas industriais tiveron grandes dificultades de adaptación e moitas,

sirva de exemplo a construción naval, tiveron que pasar por traumáticos procesos de

reconversión, entendida no sentido recesivo de diminución e precarización do emprego. No

conxunto da industria galega a incidencia da crise dos setenta supuxo unha perda da cuarta parte

dos empregos industriais entre 1976 e 1985. Por último, o sector servicios experimentou un

ritmo de crecemento máis positivo, aínda que non acadou a media española nin, por suposto o

nível comunitario, dende un punto de vista cuantitativo e cualitativo. No período 1980-2000 o

aumento da produción do sector servicios acadou a penas a metade da taxa de crecemento do

español. Por outra banda, a súa expansión focalizouse en sectores tradicionais –comercio

minorista, restauración e hostalería- nos que non cabe esperar unha gran evolución no futuro, e

foi de pouca entidade no sector terciario avanzado –comunicacións e telecomunicacións,

servizos avanzados de asesoría empresarial, de financiamento, de seguros, de financiamento,

industrias culturais, etc.- o que en definitiva supuxo un atranco de contorno máis ao

desenvolvemento dun sector industrial moderno.

Ramón Yáñez Braxe.

Pontedeume, 2 de outubro de 2003.

Page 21: AATENEEOO EUMÉS “FERNÁN · da música tradicional galega, fannos un percorrido polas diversas manifestación da nosa música, axudados pola interpretación dalgunhas delas. D

A ACTUALIDADE DE ALEXANDRE BÓVEDA

Page 22: AATENEEOO EUMÉS “FERNÁN · da música tradicional galega, fannos un percorrido polas diversas manifestación da nosa música, axudados pola interpretación dalgunhas delas. D

Cúmprense neste ano os cen anos do nacemento de Alexandre Bóveda. E chama a atención que unha figura das máis importantes na época da República na Galiza, non sexa reivindicada socialmente por institucións, que tanto lle deben ao seu quefacer. Por suposto, Bóveda non entra nos curículums escolares. Os poderes públicos foxen da súa figura e institucións privadas das que foi cárrego sobranceiro, odian a súa persoa. Digámolo claro: trátase dun fusilado no comezo da guerra civil española e non é polit icamente correcto, nos tempos que corren, falar de persoas mortas contra un paredón ou tirados nunha cuneta. Para uns son un mal exemplo, para outros traen lembranzas que hai que esquecer.

Pero o tema é que Bóveda, matado no 1936, segue a ser nas súas ideas unha personalidade actual. Foi unha desas personalidades históricas que se anticipan no tempo. E as súas ideas teñen valor aínda hoxe. Alexandre Bóveda naceu en Ourense no 1903. E fundamentalmente foi un polít ico que traballou pola construcción da personalidade nacional galega. E toda a súa praxes e pensamento están dirixidos a conquerir dito fin. Nado nunha familia obreira, Bóveda mantivo toda a súa vida unha ideoloxía progresista, aínda que dentro do pensamento católico. A súa relixiosidade entendeuna como un compromiso máis. Compromiso cos socialmente menos favorecidos e compromiso co seu pobo. As súas accións políticas levárono a posicións progresistas, en contraposición a mentalidades sociais e relixiosas conservadoras, que concordaban co pensamento que nos anos trinta emanaban do Vaticano. E o seu compromiso político que imbuía tamén o seu pensamento relixioso, levouno a potenciar a liturxia no idioma galego, que era o que falaba o pobo católico galego. E tamén, exercendo a súa ideoloxía católica, deixou escrita a noite no que o ían a fusilar unha carta, pedindo perdón para os que o ían matar. A súa, é a proba do erro cometido pola Igrexa católica ano 1936, ao predicar unha cruzada contra o marxismo. Máis actual non poder ser a súa idea sobre a financiación da autonomía galega. Entendía que para conseguir unha personalidade polít ica de seu, Galiza tiña que contar cun medio de f inanciación propio. Foi como concibiu a creación do Banco de Galiza. Este Banco viría a facer o que os Bancos Centrais fan en calquera Estado normalizado: ser peza fundamental para conquerir a financiación de proxectos que buscaran a riqueza no mar ou no campo. No anexo do proxecto pro Estatuto de

Page 23: AATENEEOO EUMÉS “FERNÁN · da música tradicional galega, fannos un percorrido polas diversas manifestación da nosa música, axudados pola interpretación dalgunhas delas. D

Autonomía que o Seminario de Estudos Galegos, presentou para o debate na Asemblea convocada pola Federación Republicana Galega, e que seguramente foi redactado por Bóveda, “regúlase –di Xosé Manuel Beiras- no tíduo IV a Facenda do Estado Galego, federado como Estado libre do Estado español”. Cuestión de máxima actualidade, que setenta e dous anos máis tarde é declarado tema tabú, nunha sociedade democrática, onde a liberdade de pensamento e proposición é o primeiro. Pero Bóveda foi tamén práctico. Formou parte dos fundadores de Caixa Pontevedra, sendo o seu primeiro director. Nestas alturas dos anos trinta do século XX as Caixas nacían con vocación puramente social. Buscaban máis o ser unha ferramenta que unha institución rendible. Outro tema no que se anticipou, e que serve como exemplo de actualidade, son as súas ideas sobre os impostos. Anticipouse a teorías económicas xurdidas despois da Segunda Guerra Mundial, ao reclamar uns impostos xustos. Bóveda propoñía un imposto único e progresivo. Segundo el pagaría máis quen máis gañase. Non aceptaba os impostos indirectos, por consideralos inxustos. Non é xusto que quen menos ten pague proporcionalmente máis que quen máis ten. O que hoxe nos queren vender como xusto, no ano 31, Bóveda trataba de explicar a súa inxustiza. O IVE, nos gasóleos, no azucre, no pan, en todo, repercute por igual ao pobre que ao rico, ao que gaña máis como ao que cobra unha mísera pensión. Para Bóveda non había método mais xusto que un imposto único e que iría subindo segundo as ganancias de cada cidadán. E por outro lado,. Bóveda foi o motor do Estatuto de Autonomía, que se votou no 1936. Gracias a aquel pr imeiro Estatuto, hoxe Galiza goza do actual. Non só dende o Seminario de Estudos Galegos, onde colaborou na redacción de proxectos, senón e sobre de todo como secretario de organización do Partido Galeguista. Como tal secretario, o pr imeiro que se debe salientar é a súa labor de coordinador das distintas ideoloxías que convivían dentro do partido. Sabido é que o Partido Galeguista foi interclasista, acochando dentro del, sensibilidades de dereita galeguista, ata mentalidades socialistas e marxistas. Sentiu como un fracaso cando na

formación da Fronte Popular, escindíronse do Partido un grupo de xente que formou a Dereita Galeguista. Tanto Bóveda como Castelao tildaron de inoportuna dita separación, por canto por riba de todo estaba o conseguir o Estatuto.

Nunha carta que dir ixe a Filgueira Valverde cando este se vai do partido, “na nosa IV Asemblea, o Partido, na orde doutrinal e de principios foi absolutamente fiel ao convenio que determinou (coa túa aprobación) o seu nacemento e do que era

Page 24: AATENEEOO EUMÉS “FERNÁN · da música tradicional galega, fannos un percorrido polas diversas manifestación da nosa música, axudados pola interpretación dalgunhas delas. D

punto básico a neutralidade no relixioso e na cuestión marxismo-antimarxismo, que todos conviñemos non podía aplicarse a Galiza na forma en que xa estaba de moda pola Europa adiante e que pouco tempo despois importaron as dereitas españolas”. Non só foi quen de facer dun partido minoritar io, de cadros e de intelectuais galeguistas, sobre de todo a partires do ano 1934, un partido de masas. E este partido foi o que consigue mobilizar ao resto dos partidos de disciplina española, integrados na Fronte Popular, para conseguir un plebiscito favorábel a un Estatuto Galego.

Sirvan estas liñas para chamar a atención sobre unha personalidade tan importante para a Historia de Galiza, como foi Alexandre Bóveda, e de quen neste ano 2003 celebramos os cen anos do

seu nacemento.

Xesús A. López Piñeiro. Pontedeume, outubro de 2003.

"Non enterran cadavres, enterran semente"

Debuxo de Castelao

Page 25: AATENEEOO EUMÉS “FERNÁN · da música tradicional galega, fannos un percorrido polas diversas manifestación da nosa música, axudados pola interpretación dalgunhas delas. D
Page 26: AATENEEOO EUMÉS “FERNÁN · da música tradicional galega, fannos un percorrido polas diversas manifestación da nosa música, axudados pola interpretación dalgunhas delas. D
Page 27: AATENEEOO EUMÉS “FERNÁN · da música tradicional galega, fannos un percorrido polas diversas manifestación da nosa música, axudados pola interpretación dalgunhas delas. D

Antigo

cruceiro co que remataba a ponte do Eume pola banda de Cabanas.

Subvenciona Consellería de Educación e OrdenacióSubvenciona Consellería de Educación e OrdenacióSubvenciona Consellería de Educación e OrdenacióSubvenciona Consellería de Educación e Ordenación n n n

Universitaria. Dirección Xeral de Política Lingüística.Universitaria. Dirección Xeral de Política Lingüística.Universitaria. Dirección Xeral de Política Lingüística.Universitaria. Dirección Xeral de Política Lingüística.