4
Dende hai algún tempo os veciños e veciñas de Brión veñen asistindo a unha serie de actuacións, declaracións e comportamentos por par- te do Partido Popular de Brión nos que deixa patente a súa forma de entender a política. Unha actuación que derivou nunha espiral de acusacións gratuítas, alusións e incluso intromi- sións na vida privada das persoas a través da difusión de mentiras, rumores, me- dias verdades e “DISQUES” carentes da máis mínima fundamentación. Unha ac- titude que nada ten que ver coa defensa do ben común dos veciños de Brión e que só se explica como unha estratexia electoral baixo a premisa do “todo vale” con tal de chegar ao poder. O Partido Socialista de Brión, convencido de que a política debe estar ao servizo do interese xeral, lamenta o camiño inicia- do polo Partido Popular e amosa a súa vontade de manterse á marxe deste modo perverso de facer política. Por iso invitamos aos compañeiros do PP a que desistan desta liña de actuación, centren os seus esforzos nos asuntos de interese xeral para os veci- ños e deixen de inventarse cousas, que en Brión non hai “audis” que os podan levar ao poder que tanto desexan, por moito que leven 4 anos inventándoos. Porén, e en vista do al- cance e gravidade das “es- tratexias políticas” adop- tadas polo Partido Popular e polo seu voceiro, Carlos Tomé Fondo, no seu último panfleto nos vemos na obri- ga de trasladar aos veciños unha serie de aclaracións para deixar en evidencia esa forma noxenta de facer política. Unhas considera- cións que, a diferenza da práctica habitual do PP, se basean en feitos reais e non en rumores e “disques”. BOLETÍN INFORMATIVO DA AGRUPACIÓN LOCAL DO PSdeG-PSOE DE BRIÓN Páxina 1 Por riba de todo... Brión Abril 2011 www.psoebrion.com O Partido Socialista de Brión denuncia a política de acusacións gratuitas e mentiras do Partido Popular reflectidas nun panfleto electoral A Xustiza e os corpos de seguridade desminten que se acosase ao PP O voceiro do PP, Car- los Tomé, denunciou no pleno e nos medios de comunicación que as agresións sofridas por un membro do seu par- tido, o señor Couselo, eran consecuencia da súa actividade política e non dubidou en sinalar a “veciños de Brión” como os culpables. O problema chegou cando os corpos de seguridade e a Xustiza demostraron con probas que non existira tal per- secución política. Ademais, descubriuse que as agresións denun- ciadas por Couselo es- taban relacionadas coa súa vida privada e por frecuentar lugares pouco recomendables. Este fei- to, á marxe de demostrar a inexistencia da perse- cución política, non foi usado polos socialistas como arma política por respecto á vida privada das persoas. Incluída a do señor Couselo. Pedimos unha campaña electoral limpa.

Adiante Brión - Abril 2011

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Revista da agrupación socialista de Brión

Citation preview

Page 1: Adiante Brión - Abril 2011

Dende hai algún tempo os veciños e veciñas de Brión veñen asistindo a unha serie de actuacións, declaracións e comportamentos por par-te do Partido Popular de Brión nos que deixa patente a súa forma de entender a política. Unha actuación que derivou nunha espiral de acusacións gratuítas, alusións e incluso intromi-sións na vida privada das persoas a través da difusión de mentiras, rumores, me-dias verdades e “DISQUES” carentes da máis mínima fundamentación. Unha ac-titude que nada ten que ver coa defensa do ben común dos veciños de Brión e que só se explica como unha estratexia electoral baixo a premisa do “todo vale” con tal de chegar ao poder.

O Partido Socialista de Brión, convencido de que a política debe estar ao servizo do interese xeral, lamenta o camiño inicia-do polo Partido Popular e amosa a súa vontade de manterse á marxe deste modo perverso de facer política. Por iso invitamos aos compañeiros do PP a que desistan desta liña de actuación, centren os seus esforzos nos asuntos de interese xeral para os veci-ños e deixen de inventarse

cousas, que en Brión non hai “audis” que os podan levar ao poder que tanto desexan, por moito que leven 4 anos inventándoos.

Porén, e en vista do al-cance e gravidade das “es-tratexias políticas” adop-tadas polo Partido Popular e polo seu voceiro, Carlos

Tomé Fondo, no seu último panfleto nos vemos na obri-ga de trasladar aos veciños unha serie de aclaracións para deixar en evidencia esa forma noxenta de facer política. Unhas considera-cións que, a diferenza da práctica habitual do PP, se basean en feitos reais e non en rumores e “disques”.

BOLETÍN INFORMATIVO DA AGRUPACIÓN LOCAL DO PSdeG-PSOE DE BRIÓN

Páxina 1

Por riba de todo... Brión

Abril 2011

www.psoebrion.com

O Partido Socialista de Brión denuncia a política de acusacións gratuitas e mentiras do Partido Popular reflectidas nun panfleto electoral

A Xustiza e os corpos de seguridade desminten que se acosase ao PP

O voceiro do PP, Car-los Tomé, denunciou no pleno e nos medios de comunicación que as agresións sofridas por un membro do seu par-tido, o señor Couselo, eran consecuencia da súa actividade política e non dubidou en sinalar a “veciños de Brión” como os culpables. O problema chegou cando os corpos de seguridade e a Xustiza demostraron con probas que non existira tal per-secución política.

Ademais, descubriuse que as agresións denun-ciadas por Couselo es-taban relacionadas coa súa vida privada e por frecuentar lugares pouco recomendables. Este fei-to, á marxe de demostrar a inexistencia da perse-cución política, non foi usado polos socialistas como arma política por respecto á vida privada das persoas. Incluída a do señor Couselo.

Pedimos unha campaña electoral limpa.

Page 2: Adiante Brión - Abril 2011

Recentemente, e insis-tindo na súa filosofía de reducir a política municipal a continuos chismes e ru-mores, o PPde Brión divul-gou un boletín electoralista entre a veciñanza no que verquía unha serie insinua-cións e acusacións contra traballadores do Concello que poñían en tela de xuízo a súa obxectividade, impar-cialidade e profesionalida-de. Unhas acusacións que mereceron o rexeitamento absoluto do conxunto dos empregados municipais, que fixeron un escrito (asi-nado por 67 dos 70 traba-lladores) no que amosaban a súa repulsa polo intento do PP por involucralos na batalla política.

Ante a gravidade da situación, e en resposta á solicitude de amparo dos traballadores, a Alcaldía le-vou este asunto ao Pleno do mes de abril, instando aos tres grupos municipais a non utilizar electoralmente aos empregados municipais e deixalos á marxe do deba-te político. Un compromiso que foi ratificado por todos os grupos políticos, incluído o Partido Popular.

Non obstante, tras ad-herido a este compromiso e recorrendo novamente a un exercicio de hipocresía e deslealdade política, o Partido Popular volvía a reincidir, ao día seguinte, en declaracións á prensa escri-ta nas mesmas insinuacións e acusacións respecto dos traballadores municipais.

O PP usa o seu panfleto electoral para atacar aos traballadores municipaisUn día despois de comprometerse no pleno a deixar aos traballadores fóra do debate político, o señor Tomé rompe a súa palabra e volve atacar ao persoal municipal

Páxina 2

Adiante Brión

Un dos casos máis sangrantes de ataque aos traballadores é a denuncia da realización dunha captación de augas e arqueta particulares en Sanín por parte dun empregado municipal e unha presun-ta permisividade do Alcalde ao respecto. Novamente rumores e medias verdades.

Así, o señor Tomé non di que a actua-ción da Alcaldía, aló polo 1995, seguíu as directrices da Dirección Xeral de Obras Públicas. Saben quen gobernaba daque-la?, o PP. E os compañeiros de partido do señorTomé ordearon á Alcaldía “requerir al infractor para que cese de inmediato en las actuaciones denunciadas”, “no procediendo, por tanto, al otorgamiento

de licencia municipal de obras hasta que recaiga la previa y preceptiva autori-zación otorgada por la Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vi-venda”. Dúas ordes que foron cumpridas de inmediato pola Alcaldía.

Tamén chama a atención que no seu panfleto o PP insinúe un suposto trato de favor cunhas fotos coas que quere demostrar que se volveron facer obras aló en setembro de 2010. Pero as fotos só deixan claro que a maquinaria non é municipal. De feito, Tomé debería terlles dito aos veciños que esas máquinas per-tencen a unha empresa contratada por Unión Fenosa.

Inaudito: Tomé critica á Alcaldía por obedecer á Xunta do PP

Pedimos unha campaña electoral limpa, con propostas.

Page 3: Adiante Brión - Abril 2011

Adiante Brión

As mentiras do Partido Popular de Brión, desmontadas unha por unhaO Partido Socialista demostra que, por desgraza para o señor Tomé, unha mentira repetida un milleiro de veces non se converte en verdade, senón que segue sendo falso

TENEMOS UN BIPARTI-TO EN BRIÓN (ALCALDE Y BNG UNIDOS)

Páxina 3

O PP usa a cotío o argumento do biparti-dismo para relacionalo con dispendio de fondos municipais. Porén, Brión está gobernado por Xosé Luís García canda os outros sete concelleiros socialistas.

falso

CENTRO DE SALUD: PE-DIMOS MÁS PERSONAL Y UNA AMPLIACIÓN

Calquera veciño que pase polo centro de saú-de de Pedrouzos poderá ver como o Concello ten preparados dende hai tempo os terreos para a ampliación das insta-lacións. Onde están os investimentos da Xunta do PP?

MENTIRA

NUESTRO AYUNTA-MIENTO: ¿260 MILLO-NES/PTAS?

A reforma da casa do concello permite ofre-cerlles aos veciños unha mellor atención. Ade-mais, facer estas novas instalacións permitiu duplicar o espazo para a biblioteca municipal, dotala de sala para ne-nos e habilitar unha sala multiusos.

falso

INSTITUTO DE ESPARÍS: ¿POR QUÉ NO SE LE BUS-CA UTILIDAD?

Un claro exemplo de que o señor Tomé ante-pón os intereses do PP por riba dos veciños de Brión. Non só defende que a Xunta deixara apodre-cer o instituto, senón que pretende sexan os veci-ños quen paguen do seu peto o arranxo para así aforrarllo á Xunta do PP.

Por certo, os pais e nais

do IES aínda se preguntan onde estaban os conce-lleiros do PP cando lle pediron o ano pasado á Xunta que puxera máis

profesores. E iso que nas reunións da asociación de pais se facían pasar por “representantes da Consellería”.

falso

144 VIVENDAS PROTEXI-DAS: “VENDER FUME É BARATO”

Outra mentira máis do señor Tomé, que critica que o alcalde conseguira cartos para a primeira promoción de vivenda pública en Brión, 144 vi-vendas. Por certo, xa que fala de vender fume: adi-vinan quen está asinando o primeiro pola esquerda na foto?. Si, o conselleiro de Política Territorial do

PP, Agustín Hernández. Pensará Tomé que o seu conselleiro vende fume?. Iso si, nin unha palabra sobre a decisión da Xun-

ta do PP de anular Plan Sectorial de Vivenda do Bipartito, que contempla-ba a construción de 234 vivendas de protección.

MENTIRA

Din que hai dúas cou-sas seguras: a morte e os impostos. En Brión hai unha terceira: o señor

Tomé vai protestar pola cea de Nadal. Unha cea ofrecida polo Concello a todos os veciños que co-laboran como voluntarios nos distintos eventos ao longo do ano (cabalgata de Reis, Festa do Cabalo, San-

ta Minia...). Ter que contra-tar xente para facer este servizo non só sería máis caro, senón que impediría facer moitas cousas. Por certo, se o señor Tomé non estivo invitado é porque en 4 anos nada fixo por Brión.

falso

EL ALCALDE GASTA EN 3 CENAS DOS MILLONES DE PESETAS

Pedimos unha campaña electoral limpa, sen mentiras.

Page 4: Adiante Brión - Abril 2011

Adiante Brión

Páxina 4

As mentiras do Partido Popular de Brión, desmontadas unha por unha

LOS TRIBUNALES CON-DENAN AL AYUNTA-MIENTO POR EL DESPIDO DE UN TRABAJADOR Y CONFIRMAN PRÁCTICAS INDECENTES

O traballador en cuestión deixou o seu posto voluntariamente para ir traballar ao Con-cello de Padrón, pois ía cobrar máis.

MENTIRA

EL ALCALDE NO PERMI-TE A LA XUNTA HACER OBRAS GRATUITAS EN OS ÁNXELES

Facer unhas beira-rrúas onde non hai casas non é unha vinganza con-tra ningún veciño, é de sentido común. E menos se a zona conta cun ca-miño de zahorra en con-dicións. O señor Tomé debería saber que non está permitido pasear pola AG-65, que é a onde levarían esas beirarrúas.

falso

LA NUEVA PISCINA CLI-MATIZADA: ¿QUIÉN PA-GARÁ LAS PÉRDIDAS?

A teima do Partido Popular por torpedear a piscina climatizada de Brión é por todos co-ñecida. Non votaron a favor nin unha soa vez do proxecto e só se dedi-caron a malmeter todo o que puideron. Por sorte, o traballo dos socialistas de Brión, co apoio da Deputación, permitiron que Brión sexa o primeiro

municipio de menos de 10.000 habitantes con piscina climatizada cu-berta municipal. Xa se presentaron empresas

dispostas a xestionala e agardamos que en breve poidamos disfrutar todos destas instalacións. Inclu-so o señor Tomé.

FIESTAS DE SANTA MI-NIA: ¿QUÉ PASA CON EL DINERO?

Unha das actuacións máis noxentas do PP nes-ta lexislatura, xunto aos ataques aos traballadores municipais, é a referente ás Festas de Santa Minia. Insinuacións de fraude, ataques persoais aos en-cargados das festas... todo lle vale ao señor Tomé para tentar rabuñar un voto, aínda a costa da nosa máis querida festa. Insi-

nuar que non se sabe que se fai cos cartos nunha festa que leva tantos anos congregando a milleiros de persoas e cando cada ano

é evidente que o cartel de Santa Minia mellora con respecto ao ano anterior, ademais de mentira é de auténtica vergoña.

MENTIRA

Un novo exemplo de dobre moral: o PP de Brión critica que se fagan unhas obras mentras a Xunta do seu partido asina o compromiso de facelas. Despois culpa ao Concello

dos retrasos da Xunta nas obras en Soigrexa e na rúa da Senra. E, por último, para aforrarlle os cartos á Xunta do seu partido (pois os veciños de Brión xa pagamos a nosa parte), intenta deixar a Pedrou-zos sen a súa alternativa de crecemento ordeado e sostible. Iso sí é absurdo.

falsoDOS VIALES ABSURDOS DE GRAN “INTERÉS” PARA EL ALCALDE

EL ALCALDE PROHIBIÓ EL USO DEL CASTELLA-NO AL PP

Non se prohibíu nada, só se instou ao PP a cumprir co regulamento de Brión, que indica que as mocións deben pre-sentarse en galego, non só en castelán. Ao señor Tomé pouco lle importa que Brión fóra o primeiro concello en usar oficial-mente o galego.

ATENCIÓN: ¡LOS MEJO-RES SALARIOS ESTÁN EN BRIÓN!

Novo ataque gratuito aos empregados munici-pais, cuxos salarios son públicos e foron apro-bados por unanimidade no pleno. E o PP tamén votou a favor!.

MENTIRA

Pedimos unha campaña electoral limpa, ainda están a tempo.

falso falso