Upload
a-nube-da-lingua
View
215
Download
1
Embed Size (px)
DESCRIPTION
Revista EScolar, Nadal 2012
Citation preview
AGROMAR 50 C.E.I.P. DE LEIRADO “A VOZ DA ESCOLA” NADAL 2012
pax 35
COCIÑAMOS DOCE
DE MARMELO Continuando co costume, levouse a cabo o obradorio de cociña. Nenas e nenos elaboraron unha receita cuxo ingrediente principal era este froito do Outono, moi habitual da zona.
EXPOSICIÓN DE
CABAZAS
O Samaín trouxonos unha chea de cabazas. Únha vez máis as familias sorprenderon coa súa creatividade.
MAGOSTO
Celebrouse esta tradicional festa, con xogos, fogueira, e papatoria de casta-ñas asadas. Por suposto, non faltou o costume de enfarruscarse.
DECORACIÓN
OTOÑAL Para ambientar o colexio, os corre-dores enchéronse de divertidos es-pantallos que non asustaron a nin-gún paxariño.
pax 2
pax 32 e 33 pax 35
2 ACTUALIDADE Agromar 50
Nadal 2012
Como tódolos anos levamos a cabo
o obradoiro de cociña, con produtos
de outono. Este ano utilizamos o
marmelo para elaborar doce de
marmelo, merenda e sobremesa
moi tradicional en Galicia.
Descubrimos un sistema tradicional
para conservar os froitos longo
tempo: as conservas con azucre.
Preparamos os froitos, cociñamos e
logo probámolo. ¡¡Estaba moi rico!!
E levamos a proba para casa.
Agromar 50
Nadal 2012 EDITORIAL 3
Co gallo da publicación do número 50 do noso xornal “Agromar”, dende o
Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística queremos agradecer a
tódalas persoas que fixeron posible o seu nacemento en Maio de 1988 e a
súa continuidade ao longo de vintecinco anos.
A nosa intención é que a nosa lingua e as nosas tradicións estean aí, que
sigan vivas e así traballamos para conseguilo. Neste empeño contamos coa
axuda de todo o alumnado e o profesorado do centro.
Desexamos que o noso xornal teña un longo e sin fin percorrido e cando
menos chegue a cumplir os cen anos. Sen dúbida ese sería un bo sinal para a
nosa lingua.
4 Agromar 50
Nadal 2012
Esta revista escolar foi coordinada polo Equipo de
Normalización Lingüística do Colexio de Educación
Infantil e Primaria de Leirado.
Subvencionada pola Secretaría Xeral de Política Lin-
güística da Consellería de Educación e Ordenación
Universitaria.
Nadal de 2012
Cociña de Outono ............. ..................................................................................................... 2
Editorial ......................... ..................................................................................................... 3
E.Infantil 3 ........................... O noso retrato ........................................................................ 5
E.Infantil 4 3 5 anos .......... Cousas que fixemos ............................................................. 7
Primeiro ................................ Os almorzos de primeiro .................................................. 11
Segundo ................................. A castaña que rebentou de risa ..................................... 14
Terceiro ................................. Investigando .......................................................................... 18
Cuarto .................................... A tira cómica .......................................................................... 20
Quinto .................................... Mafalda ...................................................................................... 24
Sexto ...................................... ..................................................................................................... 26
A Biblioteca ......................... Recomendacións ................................................................... 28
A Aula de Música ............... ..................................................................................................... 30
Actualidade .......................... Magosto .................................................................................... 33
Actualidade .................... Samaín ..................................................................................... 35
Actualidade .......................... Froitos tropicais ..................................................................... 36
Agromar 50
Nadal 2012 EDUCACIÓN INFANTIL 3 ANOS 5
@s nen@s de 3 anos, fixemos o noso retrato. Mirade o guap@s que saímos!!!
Agromar 50
Nadal 2012 EDUCACIÓN INFANTIL 4 E 5 ANOS 7
AS NENAS E NENOS DE 4 E 5 ANOS DE EDUCACIÓN INFANTIL QUERE-MOS CONTARVOS QUE LEVAMOS TRABALLADO MOITO DENDE QUE CO-MEZOU O CURSO, NON TEMOS DESCANSO ! AHÍ VAN ALGUNHAS DAS COUSAS QUE NOS TEÑEN TODO O DÍA OCUPAD@S.
(DEBUXAMOS FROITOS DE OUTONO)
( CUMPRIMOS ANOS)
8 EDUCACIÓN INFANTIL 4 E 5 ANOS Agromar 50
Nadal 2012
(COCIÑAMOS MARMELO)
(O MARMELO NON ESTÁ MOI RICO)
Agromar 50
Nadal 2012 EDUCACIÓN INFANTIL 4 E 5 ANOS 9
(FIXEMOS CESTAS DE CASTAÑAS)
(COCIÑAMOS RECEITAS)
10 EDUCACIÓN INFANTIL 4 E 5 ANOS Agromar 50
Nadal 2012
(LAVAMOS OS DENTES)
(FREGAMOS OS PRATOS)
(CANTAMOS E BAILAMOS)
Agromar 50
Nadal 2012 SEGUNDO 17
Adaptación do conto orixinal,
escrita e ilustrada polas nenas e nenos
de 2º de Primaria
18 TERCEIRO Agromar 50
Nadal 2012
AS NENAS E NENOS DE TERCEIRO QUIXERON COÑECER CALES SON OS GUSTOS DOS SEUS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS DE PRIMARIA RESPECTO DAS PERSONAXES DOS COMICS. ESTE FOI O PROCESO QUE SEGUIRON.
Agromar 50
Nadal 2012 SEXTO 27
Tamén neste primeiro trimestre estivemos participando nun concurso, “Un ju-
guete una ilusión”, xunto cos alumnos e alumnas da aula de 5º. Tiñamos que
inventar un conto de solidarizade no que o deporte fora o eixo da solidarizade.
Ao final non fomos seleccionados xa que participaron moitos colexios de toda
España e foi moi difícil a competencia. Podedes ler o noso conto no blog do
terceiro ciclo.
Unha das páxinas do noso conto
28 A BIBLIOTECA Agromar 50
Nadal 2012
Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis Chema Heras / Kiko Dasilva Reeditado recentemente pola Editorial Kalan-
draka.
Lendo, contando, regalando, compartindo… ou levando
da Biblio de Leirado:
Crictor Tomi Ungerer Editorial Kalandraka Unha mascota moi orixi-
nal…
Revista Caracola Bayard revistas Número de Nadal
Sete irmáns chineses Rodolfo Castro André da Loba Editorial OQO
Agromar 50
Nadal 2012 A BIBLIOTECA 29
Da Colección Contos da igualdade, Editorial Baía: Necesarios.
Alfombriña Cristina Ferreirós Inclúe CDrom
Un día de treboada María Mata Inclúe DVD
Xela volveuse vampira Fina Casalderrey Inclúe DVD
Da editorial SM, clásicos da literatura uni-versal, en formato Cómic. Moitos títulos.
Agromar 50
Nadal 2012 A AULA DE MÚSICA 31
Tamén neste trimestre temos un novo blog da aula de música e o seu enderezo
de correo electrónico é fusasemifusaleirado.blogspot.com nel temos as partitu-
ras que traballamos na clase e tamén temos mais páxinas con información de
plástica e música.
As nenas e nenos de ed. Infan-
til estamos coñecendo a unha nova
amiga: Melodía e a súa casa. Son
moi divertidas e cantan moitas can-
cións. Podedes ver un debuxo da
nosa amiga.
32 A AULA DE IDIOMA Agromar 50
Nadal 2012
HOW A NEW PLANT GROWS
1)You need:
-A seed - Cotton
-A jar -Water
2)The seed shell opens 3)A small root grows
4)Small shoot grows.The seed leaves are on the shoot. The baby plant uses the food in these.
alumn@s de 6º
5)The new plant grows
Agromar 50
Nadal 2012 A AULA DE IDIOMA 33
ACTIVITIES:3º,4º,5º AND 6º 3)Write tick v or cross x : 4)Write true or false:
Seeds need to germinate: The root grows first
Insects Oxygem The seed shell opens second
Water temperature A plant needs light to grow
Light fire A plant needs water to grow
34 A RADIO ESCOLAR Agromar 50
Nadal 2012
A VOZ DA ESCOLA
Neste trimestre fixemos dous programas de ra-
dio. No primeiro, que foi no mes de outubro, fala-
mos sobre os diferentes cómics que se ían traballar
no obradoiro de lingua. Neste programa participa-
ron os/as alumnos/as de 4º, 5º e 6º de primaria. Ex-
plicouse as personaxes que tiña cada cómic e quen foi o debuxante. Ta-
mén se explicou un pouco de cal era a temática destes.
No segundo programa que foi presentado o 30 de outubro se fixo a
presentación das diversas actividades do Magosto e Halloween. Falamos
da receita que fixemos para facer marmelo con queixo, e tamén falamos
dos xogos populares e das quendas destes.
No mesmo día tiñamos que votar pola palabra mais bonita do outo-
no, palabra que cada aula seleccionaba e que logo se xuntaba coas das
outras aulas, ao final gañou MARMELO.
E como non, nese día tíñamos que comer moitísimas castañas.
Durante o trimestre cada semana nas entradas e saídas das aulas es-
coitamos diferentes cancións, relacionadas co outono, algunha canción
de Halloween, outra relacionada coas cabazas, escoitamos algunha can-
ción cos días da semana, e outra que falaba dos fenómenos atmosféricos
da época do ano no que estamos. E como non, no mes de decembro es-
coitaremos moitas panxoliñas!
Agromar 50
Nadal 2012 ACTUALIDADE 35
¿ POR QUE O PIÑEIRO,
O ABETO E O XENEBREIRO
non perden AS FOLLAS
no INVERNO ?
Esta historia aconteceu hai moito tempo.
Ía moito frío; o inverno estaba cerca. Todos os paxaros emigrantes marcharan cara ao sur, para quedar alí ata que chegase a primavera. Pero quedaba un paxa-riño que tiña unha á rota e non podía voar. Non sabía que facer. Mirou ao seu arredor para ver se encontraba un lugar onde abrigarse e viu as fermosas árbo-res do enorme bosque: - Quizais as árbores me resgardarán durante o inverno-, pensou o pobre paxari-ño. Chegou ao lindeiro do bosque. A primeira árbore que atopou foi un chopo branco de follas prateadas. - Chopo precioso. ¿ Déixasme vivir nas túas ramas ata que chegue o bo tempo?
- ¡Ahhh...! ¡Vaia unha idea! Bastante traballo teño con vixiar as miñas propias ra-mas. Fóra de aquí!
O pobre paxariño, batendo as ás o mellor que puido coa súa á rota, chegou á se-guinte árbore . Era un carballo grande e frondoso. - Carballo, bo carballo, ¿déixasme vivir nas túas ramas ata que chegue o bo tem-po? - Vaia unha pregunta! Se te deixo vivir nas miñas ramas picotearás todas as mi-ñas landras. ¡Fóra de aquí!
Batendo as ás o mellor que puido chegou a un gran salgueiro que medraba á beira do río. - Salgueiro fermoso, déixasme vivir nas túas ramas ata que chegue o bo tempo? - Non, de ningún xeito. Eu non acollo xamais a descoñecidos. ¡Fóra de aquí! O pobre paxariño non sabía xa a quen dirixirse. O abeto, que o viu tan aflixido díxolle:
36 ACTUALIDADE Agromar 50
Nadal 2012
O pobre paxariño non sabía xa a quen dirixirse. O abeto, que o viu tan aflixi-do díxolle: - ¿Onde vas, paxariño? - Non o sei, as árbores non queren acollerme e eu non podo voar lonxe coa miña á rota. - Ven ás miñas polas, podes escoller a que máis che guste; mira, paréceme que neste lado estarás máis quente. - Moitas grazas, pero ¿poderei quedar todo o inverno? - ¡Claro! Así farasme compañía.
O piñeiro estaba moi preto do seu primo o abeto, e cando viu ao paxariño que brincaba e voaba sobre as polas do abeto, díxolle: - As miñas ramas non son frondosas, pero podo protexer do vento ao abeto, porque son grande e forte. Cando o xenebreiro se decatou, dixo que daría comida ao paxariño durante todo o inverno. As súas polas estaban cubertas de fermosas bagas negras, e as bagas do xenebreiro son un grande alimento para os paxaros. O paxariño estaba moi contento na súa casa, tan quente e ben abrigado, e todos os días ía comer ás ramas do xenebreiro.
Unha noite o vento do norte pasou polo bosque. Soprou sobre as árbores co seu alento xeado e folla que tocaba, folla que caía. Quería tocar todas as fo-llas porque ao vento do norte lle gusta ver as árbores nuas. - Podo xogar con todas as árbores? -preguntou o vento do norte ao seu pai, o Rei da Xeada. - Non -dixo o Rei-, as árbores que foron boas co paxariño, poden conservar as súas follas. E o vento do norte deixounos en paz, e o piñeiro, o abeto e o xenebreiro conservaron as súas follas todo o inverno ata que agromaron as novas.
E dende entón, sempre foi así.
Agromar 50
Nadal 2012 ACTUALIDADE 37
Unha mañá de finais
de outubro celebra-
mos o tradicional ma-
gosto.
Para pasar o tempo
mentres se asaban as
castañas xogamos du-
rante un ratiño: A ca-
rreira de sacos, tira-
soga, a castaña na cu-
ller, a chave con pelo-
ta…... Pasámolo moi
ben
38 ACTUALIDADE Agromar 50
Nadal 2012
Despois dos xogos chegou o
momento de comer as castañas asa-
das ¡¡Que boas estaban!!
Por suposto, non perdemos a ocasión
de enfarruscarnos.
Agromar 50
Nadal 2012 ACTUALIDADE 39
As familias deron mostra da súa creati-
vidade elaborando auténticas obras de
arte coas cabazas ou cos espantallos
que decoraron o colexio para festexar o
Samaín.
¡¡ Vai ser difícil superalo!!
MOITAS GRAZAS POR COLABORAR CON NÓS SEMPRE QUE O PEDIMOS
DESCUBRINDO FROITOS
TROPICAIS Tivemos ocasión de coñecer máis polo miúdo
diversos froitos procedentes de outros países,
e que se adaptaron á nosa bisbarra: feixoa,
aguacate, kiwi, xuxú, figos chumbos ……..
Durante varios días puidemos observar o seu
aspecto, e finalmente probámolos.
Procedentes de países máis
cálidos, parece que o clima da
zona sur de Pontevedra non
lles resulta excesivamente frío
e que xa están adaptados a el.