23
XI R XI R XI R XI R LE LE LE LE Amou a ve Amou a ve Amou a ve Amou a ve Día da Paz Equipo de Recital Poético Recital Poético Recital Poético Recital Poético EIRAS PULPEIRO EIRAS PULPEIRO EIRAS PULPEIRO EIRAS PULPEIRO verdade e practicou o verdade e practicou o verdade e practicou o verdade e practicou o z, mércores 30 de xan e Dinamización Lingü o o o o o ben o ben o ben o ben. neiro. üística

Amou a verdade e practicou o ben

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Textos poéticos de Leiras Pulpeiro

Citation preview

Page 1: Amou a verdade e practicou o ben

XI Recital PoéticoXI Recital PoéticoXI Recital PoéticoXI Recital Poético

LEIRAS PULPEIROLEIRAS PULPEIROLEIRAS PULPEIROLEIRAS PULPEIRO

Amou a verdade e practicou o benAmou a verdade e practicou o benAmou a verdade e practicou o benAmou a verdade e practicou o ben

Día da Paz, mércores 30 de xaneiro.Equipo de Dinamización Lingüística

XI Recital PoéticoXI Recital PoéticoXI Recital PoéticoXI Recital Poético

LEIRAS PULPEIROLEIRAS PULPEIROLEIRAS PULPEIROLEIRAS PULPEIRO

Amou a verdade e practicou o benAmou a verdade e practicou o benAmou a verdade e practicou o benAmou a verdade e practicou o ben

Día da Paz, mércores 30 de xaneiro.Equipo de Dinamización Lingüística

XI Recital PoéticoXI Recital PoéticoXI Recital PoéticoXI Recital Poético

Amou a verdade e practicou o benAmou a verdade e practicou o benAmou a verdade e practicou o benAmou a verdade e practicou o ben....

Día da Paz, mércores 30 de xaneiro. Equipo de Dinamización Lingüística

Page 2: Amou a verdade e practicou o ben

RECITADORES. RECITADORAS

1. Á Mariña Música: Carlos Núñez. A Moura. Recita: Marina Villamarín 2. ¡Ai, ai!

Música:Milladoiro. Romance de Triacastela.

Recita: Arón Formoso 3. Cantares costumistas Música: Milladoiro. Valsvöda.

Recitan: Teresa Llano e Jesús Coucheiro

4. Danse ao pé dos toxos bravos Música: Susana Seivane. Os soños que volven.

Recita: Marcos Rodríguez 5. Antes - Despois

Música: Carlos Núñez. Os tres gaiteiros. Recitan: Peter Hernández e Oana Munte

6. Era raiola maiega Música: Emilio Cao. Vals do mencer.

Recita: Paula Portela 7. Cantares amorosos Música: Luar na lubre. Canteixere.

Recitan: Antía Ceide e Gloria García 8. Desque lle a peta botaron Música: Milladoiro. Alborada.

Recitan: Jennifer Luaces, María Veiga e David Castro

9. Ás veces… Música: Luar na Lubre. Ancares. Recita: Cristina Andreu 10. Pan que se solta… Música: Rodrigo Leão. Alma mater

Recita: Beatriz Iglesias 11. Cantares intimistas Música: Carlos Núñez. Bretona.

Recitan: Alazne Lodeiro e Xoel López

12. ¡E hai que roela…! Música: Fía na roca. Ou sube a terra ou baixa o ceo.

Recita: Eva R. Carretero 13. Se querés desmorriñarme

Música: Matto Congrio. Camiño de Santiago. Recitan: Ana López e Nuria Méndez

14. Enriba todo é negruras Música: Luar na Lubre. Desterro. Recita: Natividad González 15. Cantares anticlericais Música: Berrogüetto. Indosesta.

Recitan: Adrián Castro e Alejandro Sánchez

16. ¡Eso xa!... Música: Son de seu. Noite. Recita: Daniel Coira 17. Muiñeira Música: Berrogüetto. Cancro cru. Recita: Ana Laura Correa 18. Cantares paisaxísticos Música: Milladoiro. Abril.

Recita:Andrea Blanco e Yaiza Fernández

19. ¡Non o sei! Música: Rodrigo Leão. O labirinto. Recita: Driss Daki 20. Cantares de denuncia Música: Luar na Lubre. Vía lactea.

Recita: Marcos Varela e Pedro González

21. Se cando me fine, as campáMúsica: Rodrigo Leão. A valsa do equador.

Recitan: Cristina Soto, Dolores Varela e Juncal Martínez.

Page 3: Amou a verdade e practicou o ben

Á Mariña

Terra, que o sol, sempre amante, mornea tódolos días; agros, que dáde-lo millo de canas de catro espigas; xunqueiras onde as gaivotas se apousan e se agariman cando co seu voo calmoso non van ó mar trala vida; quen non vos veu ben de preto, nin pasou unha invernía nos vosos burgos, estrados de perfumada pinica, ouvindo os rolos, non sabe o que é a Mariña.

Manuel Leiras Pulpeiro

Page 4: Amou a verdade e practicou o ben

¡ AI, AI! Quixen contar miñas coitas, pra desfogar miñas penas, que son moitas, moitas, moitas: E ao ir, coitado, buscando quen o sentir meu sentira, foi meu penar agrandando, Vendo que, en onde coidaba seguro atopar consolo, desenganos atopaba …! ¡ Pobre do que a outros acode cobizoso de sosego que só a morte dar pode!

Manuel Leiras Pulpeiro

Page 5: Amou a verdade e practicou o ben

CANTARES COSTUMISTAS Como te ves con camisa, xa coidas que eres grandeza; non sal o toxo de toxo por froleado que esteña. Como, e bebo, e durmo, e folgo, e bailo e brinco coas mozas; non pode nadie decirme que se me acán poucas cousas. Miña nai quere unas zocas branquiñas de abidueira; mándemas vir de Vilalba, daquelas que hai de chinela. Meu San Antonio bendito, como me cases hogano, heiche levar una vela coma un fungueiro dun carro. Non che volvo a vir de noite, anque me deas o ceio; que vin andar unha cousa no camposanto correndo. Non teño lei a ninguén , fóra da miña vaquiña, que me dá un par de canadas de leite todos os días.

Page 6: Amou a verdade e practicou o ben

DANSE AO PÉ DOS TOXOS BRAVOS

Danse ao pé dos toxos bravos as margaridas sinxelas; entre espiñonas xibardas, o cambifollo florea; e o fero acibro e a abrula Xuntos nos cómaros medran … ¿ Cando uns para os outros os homes seremos desa maneira? …

Manuel Leiras Pulpeiro

Page 7: Amou a verdade e practicou o ben

ANTES

¡Vaite noite correndo, e pasade, auga e pedra, que teño nos agros o panciño que piden os meus nenos, que levan, de fame, seguido xa un ano! DESPOIS

¡Vente, noite, correndo, e volvede, auga e pedra, e levaime con todo; que, apedrados os agros, non queda pra nós outra cousa que o fondo dun pozo!

Manuel Leiras Pulpeiro

Page 8: Amou a verdade e practicou o ben

A.D. CÉSAR SECO Na lembranza da súa neniña

Era raiola maiega que esvaía as névoas pardas, i ós avisíos máis fondos alegría daba a ialma por eso todo desloce donde ela adoito folgaba, dendes que o Nubro engafado puido, pra sempre, entoldala; por eso secas xa teñen as doces fontes caladas do consolo, os que en seus ollos noite e día se espellaban... os que finarse se sinten, de non sentir súa baralla nin apaxar súas manciñas, nin llas mazmir a chucharllas!

Page 9: Amou a verdade e practicou o ben

CANTARES AMOROSOS ¡Quen fora reichiño rubio pra cantar na túa figueira, pra non saír do teu horto, e aniñar na túa silveira! Dan cen voltas as formigas pra dar co mel na colmea; pro dou máis eu buscando o da boquiña das nenas. Hei de ir contigo esta quenda si é que baixas ó muíño, e heiche axudar a varrelo que pra eso son mañosiño. Fun á feira nun vinteoito, por ir coa miña Sabela; e, sen mercar nin vendermos, fixemos señora feira. Déixao, me dicían todas, cando me á porta cucaba. ¡Déixao, déixao! ¡Quen puidera! ¡Non se fai como se manda! Teño un galán tarabelas, que parece anda coa lúa; ora, non sal do meu rabo, ora, nin de min se cuida.

Page 10: Amou a verdade e practicou o ben

SOBRE PARDO DE CELA Desque lle a peta botaron, naide máis foi á Frouseira; sóilo Dios puxo froliñas por entremedias das penas. Froliñas pequerrechiñas, i agrouladas, que semellan bágoas de sangue calladas no bico das carrasqueiras. Froliñas, que, con ser froles, caladamente se queixan de que tanto, tanto, tarden en cobrarse contas vellas!

Page 11: Amou a verdade e practicou o ben

ÁS VECES… Cando tras o Pombeiro, gardando o gado miúdo, topo unha nena que eu quero, Sempre, a comer dúas codiñas, vamos ao pé dunha fonte, que hai, nun campelo, alá enriba; E alí horas mortas pasamos, contándonos catro contos nun abeiro, arrechegados, vendo vir a iauga correndo, vendo as folgueiras e as uces, e vendo ás veces… o ceio!

Manuel Leiras Pulpeiro

Page 12: Amou a verdade e practicou o ben

PAN QUE SE SOLTA... Os corvos das ideas; os que, pra eles trunfar, afogar queren doutrinas que han crebar nosas cadeas; os que, roendo latín, sin o entenderen, dan pró ceio boletas ás maus cheas, vendo que hai pouca fe nas argalladas, que aínda hoxe lles valen boas talladas, bouran, e con razón: pan que se solta, pan perdido pra sempre; e non ten volta!

Page 13: Amou a verdade e practicou o ben

CANTARES INTIMISTAS Non se acanea una folla; todo esta noite está calmo; ¡ai quen poidera dicire, coa mau no peito, outro tanto! ¡Pobre de min, que non teño, se caio, quen me a mau bote! ¡pobre de min, que, se choro, non teño quen me console! ¡Calade, campás laionas; calade, por Dios calade; calade, que se me acorda cando se finou mi madre! ¡ Dios me leve e Dios me deixe dormir o meu sono grande su as nervias do recantiño onde os meus velliños xacen! Tal a miña pena era, e tanto e tanto chorei, que a mesma Pena da Roca co pranto meu abrandei. Voume pra a beira do río, que consola ouvir a iauga; porque a iauga vai dicindo: ¡todo pasa, todo pasa!

Page 14: Amou a verdade e practicou o ben

¡ E HAI QUE ROELA … Unha lomba con penas e pinos; unha valga dos ventos gardada; unha fonte e un regato coas beiras con moito sabugo e con moita espadana; e a un recanto saíndo entre teixos, coas ventás vendo o mar, unha casa, e ao pé dela un cabozo branqueando que chame, e que teña o lousado ás catro augas ... Tal é o mundo que piden meus feles; tal é o porto que, dado, me cadra; tal é o niño en que, tendo aleados, e xuntos os nitos da miña larada, vivira contento, labrando meus leiros, e ao vir logo a morte, sorrindo a agardara. Pero teño unha casa batida de todos os aires, e soia, e sen leiras; sen cabozo, e sen rego, e sen fonte, sen pinos, nin teixos, nin aira sequera; nun campiro onde non hai máis que cardos, e onde erguer nunca ben se ergue a nebra, nin un sacre dá o vello plantío e o novo non prende, e se prende non leva …; e esmorezo entre os catro penales; e mazmíndome vou cheo de penas; e, de sempre lidare, xa canso, sen ver un mal cabo, nin mar, nin ribeira, cos fillos ¡meus pobres! estrados por lonxe; Estou coma o can cando a onda lle pega!

Manuel Leiras Pulpeiro

Page 15: Amou a verdade e practicou o ben

SE QUERÉS DESMORRIÑARME Se querés desmorriñarme, levaime pra onde o mar vexa, e os seus airiños me cheguen, e o sinta cando referva; levaime para onde máis zoupe, e máis se esfache nas penas, e, ao reventaren as ondas, mover os salseiros sexan; ou, de non, levaime a onde poida ver á man, sequera, pra espellarme, unas pociñas, entre os xuncos da ribeira!

Manuel Leiras Pulpeiro

Page 16: Amou a verdade e practicou o ben

Enriba todo é negrura, e embaixo todo é laceiras, e traballos e esquiveces que a alma nos apodrenta. Pro chega o día dun Santo, e sona a gaita na festa... e esquéncense os roementos, e aformíganos o corpo; e ferve o sangue nas testas; e éntranlle a un ganas de troula, de aturuxar e de muiñeira... ¡Por algo dicen que a gaita demachiños no fol leva, e por algo os bos galegos, onde non a oen, non alean!

Page 17: Amou a verdade e practicou o ben

CANTARES ANTICLERICAIS Cando na porta te atopes con frades que anden de questa ceiba o chito, se é que traba, e a vaca, se turra, ceiba. Non digan que pra o que chora ten sempre o ceo consolo; que ben teño eu chorado ¡e pra min sempre foi xordo! Oe misa onde te vexan, e reza diante os cruceiros; que, anque mates e anque esfoles, has de ter terra e mais ceio. Se queres ter algo de teu fai en todo coma os cregos; que nunca dan nada a naide ... agás que sexan consellos. Dice o meu cura que levo, polo que vou, mal camiño; e ten razón, e non hai volta: mellor é o del, que é o do trigo! Non vaias cocer pra o cura, que che ha dar mel e manteiga; e nunca tal mistura sentou ben ás costureiras.

Page 18: Amou a verdade e practicou o ben

¡ESO XA!... Se un pobriño a pidir vai onda un crego, inda que estea famento, manco e cego, soilo ás veces atopa un “Dio-o ampare”, que nin fai nazan codas no talego, nin que a andorga se farte sin xantar. Se un crego, pola contra, pide a un pobre o que chama el ofrendas, sempre o move, cando menos, a darlle algunha espiga, que, vendéndoa, cal fai, cando o gran sobe, deixa sobro pra encher ben a barriga. Esto di que inda rixe a lei do embudo prós que o pobo ter queren cego e mudo, anque dice a doutrina verdadeira: naide faga ninguén o que el non queira.

Page 19: Amou a verdade e practicou o ben

MUIÑEIRA ¡Ai, Maruxiña, si qués que te quiera, dille a teu pai que che done unha leira, carro, e xugada, e unha meda de pan… e non andes ao rabo con tanto galán! Que si teu pai por ahí non me leva, oxe inda teña unha coda e febra; e, para alampare, non compre casar, Que tempo ha de vir sobro para un se afogar!

Page 20: Amou a verdade e practicou o ben

CANTARES PAIXASÍSTICOS Non quero a vida na vila, anque folgada ma dean; quero ir e vir polos pousos ó sol e ó aire da aldea. Batédeme, aires batede; batédeme aires da serra; que aqueles gafos da vila botándome ían da terra. ¡ Non saiades mariñeiros, que brúa o mar na Burela! ¡ Mariñeiros, non saiades, que os marzaliños arrecian! Cando no mar me chapuce, nadando, xunto á Corneira, que non me falen de nadia, que a miña gloria é aquela

Page 21: Amou a verdade e practicou o ben

¡NON O SEI! Sen millo o cabozo, e o leito sen lairas, sen cartos a hucha, e a corte sen res... ¿Que agardan os pobres, que a fouce non abranguen, e a súa, ben feita, non fan dunha vez?... Se calan, nin coiro lles deixan os fartos; se piden xusticia, non os ouza ninguén... ¿Que agardan os pobres, que a fouce non abranguen, e a súa, ben feita, non fan dunha vez?... Sabendo que o mundo non é foro de nadia, e en todo pra todos quiñón debe haber, ¿Que agardan os pobres, que a fouce non abranguen, e a súa, ben feita, non fan dunha vez?...

Page 22: Amou a verdade e practicou o ben

CANTARES DE DENUNCIA

¡Moito me queren os meus amos, os amos moito me queren; por iso me traen descalza..., descalza, chova que neve! ¡Non temos pan, meus filliños, non hai en onde ganalo! ¡Témonos que ir polo mundo, témonos que ir buscalo! ¡Alá van os nosos mociños pasar as penas da sega, da sega, onde se asan vivos, sen probar a auguiña fresca!

Pobre do pobriño que anda polas portas a pedir, se outros pobriños non deran onde quentarse e durmir. ¡Miña casiña, meu horto, meu caxigo e meus loureiros, párteme a ialma o deixarvos, pro non teño máis remedio!

Dálles unha carda ós fillos, Galicia, que che se malvan; que os hai que de ti renegan, i a fala túa non falan.

Page 23: Amou a verdade e practicou o ben

SE, CANDO ME FINE, AS CAMPÁS

Se, cando me fine, as campás do meu lugar non me choran; se, onde aos meus, achegadiña, non abren logo, a miña cova, e enriba dela non poñen roseiras de rosas roxas, ben roxas,como as que eu cuido con amor na miña horta ...; que non me chamen pra o ceio; que non vou, non sendo á forza, sen botarme antes de noite, pola aldea de riola, ata que comigo pegue quen me requira... e me oia... E faiga tanguer as campás; e que onde quero me poñan, e, despois, ao pé meu teña roseiras de rosas roxas.

Manuel Leiras Pulpeiro