12
ANTE OS PEQUENOS ACCIDENTES APRENDE A PREVIR E ACTUAR! SUMATE A PRACTICAR OS PRIMEIROS AUXILIOS Cada vez máis preto das persoas Xuntos sumamos máis

ANTE OS PEQUENOS ACCIDENTES SUMATE A PRACTICAR OS ... · as lesións articulares (escordaduras, luxacións) ou mesmo a fractura dalgún óso. A aparición de inflamación ou inchazo

  • Upload
    others

  • View
    0

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: ANTE OS PEQUENOS ACCIDENTES SUMATE A PRACTICAR OS ... · as lesións articulares (escordaduras, luxacións) ou mesmo a fractura dalgún óso. A aparición de inflamación ou inchazo

ANTE OS PEQUENOS ACCIDENTES

APRENDE A PREVIR E ACTUAR!

SUMATE APRACTICAR OS

PRIMEIROS AUXILIOS

Cada vez máis preto das persoas

Xuntos sumamos máis

Page 2: ANTE OS PEQUENOS ACCIDENTES SUMATE A PRACTICAR OS ... · as lesións articulares (escordaduras, luxacións) ou mesmo a fractura dalgún óso. A aparición de inflamación ou inchazo

2

Que facer en caso de accidente?En xeral, a maioría dosaccidentes que ocorren no ámbitodoméstico non revistengravidade. Non obstante, candoacontecen, temos que actuar conorde e serenidade, para que aatención á persoa sexa o máiscorrecta posible.

P Protexer

A Avisar

S Socorrer

1 A Conducta PAS

Fai seguro o medio, cofin de evitar que seproduza un novoaccidente. Por exemplo,se estás cociñando e atixola prende lume, ponunha tapa enriba paraafogar a lapa ou, se tecortaches cun coitelo,retírao, para non odeixar ao alcance dosmáis pequenos.

Protexero lugar

Unha gran parte dos accidentes queacontecen no fogar pódense solucionarse temos uns coñecementos básicos de primeiros auxilios.Agora ben, se o cres necesario,pide axuda (a un veciño ou veciña,por exemplo...).E, se a situación reviste gravida-de, chama ao 112 ou acode aocentro de saúde máis próximo,segundo creas oportuno.

Avisar112

PProtexer o lugar

AAvisar

Page 3: ANTE OS PEQUENOS ACCIDENTES SUMATE A PRACTICAR OS ... · as lesións articulares (escordaduras, luxacións) ou mesmo a fractura dalgún óso. A aparición de inflamación ou inchazo

3

Conduta PAS

En Cruz Vermella sabemos que nos primeirosmomentos que seguen a un accidente domésticoxorden os nervios e é doado perder a calma, xaque normalmente as persoas afectadas son coñeci-dos (fillos, nais, irmáns, veciñas...) e moitas vecesnon sabemos que hai que facer. Por iso, desenvolvemos un esquema de actuación doadode recordar, ao que denominamos “Conduta PAS”(Protexer, Avisar e Socorrer).

Se a vítima aparenta gravidade, o primeiroé valorar os signos vitais, para saber comoestán a funcionar o cerebro (consciencia), os pulmóns (respiración) e o corazón.

Asegúrate de que está consciente:Se a persoa ferida non reacciona ao falarlle, ao tocarlle ou ao estimulala suavemente (porexemplo cun belisco), probablemente esteainconsciente.

Comproba que respira:Para saber se unha persoa respiraespontaneamente, debes “ver, oír e sentir” a súa respiración.Se non respira normalmente, actúa como seexplica no punto n.º 6 desta guía:“Como realizar a reanimacióncardiopulmonar (RCP)”.

Socorrer

SSocorrer

Page 4: ANTE OS PEQUENOS ACCIDENTES SUMATE A PRACTICAR OS ... · as lesións articulares (escordaduras, luxacións) ou mesmo a fractura dalgún óso. A aparición de inflamación ou inchazo

4

As lesións máis habituais son as contusións, as lesións articulares (escordaduras, luxacións) ou mesmo a fractura dalgún óso.

A aparición de inflamación ou inchazo (croque) nazona afectada indica que houbo un traumatismo localinterno, que adoita acompañarse de dor máis oumenos intensa.

Como pauta xeral tras unha caída, se a vítimamanifesta unha dor acusada nunha zona concretae/ou observas unha deformidade evidente, non aforces a moverse nin a poñerse de pé (se non podefacelo por si mesma).

Mantén en repouso azona afectada, sen movela,e aplica frío localmente (xeoenvolto nunha compresa)para calmar a dor e,dependendo da súaintensidade deste, consideraa necesidade de pedir axudaao 112, para que valoren aposible gravidade da lesión.

Se tras un golpe na cabeza, a persoa sangra polooído, ten vómitos ou perde o coñecemento, pideaxuda canto antes: chama ao 112.

Cando como consecuencia dun golpe se produce a rotura dun dente, conserva o anaco na saliva do accidentado, en leite ou en soro fisiolóxico. Se saíuenteiro, tenta volver metelo no oco quedeixou tocándoo pouco e sempre polazona que non encaixa na enxiva. Acode oantes posible ao dentista.

Caso especial

Roturadundente

2 Caídas e golpes

Page 5: ANTE OS PEQUENOS ACCIDENTES SUMATE A PRACTICAR OS ... · as lesións articulares (escordaduras, luxacións) ou mesmo a fractura dalgún óso. A aparición de inflamación ou inchazo

5

3 Cortes e feridas

Antes de curar unha ferida, lava ben as mans conauga e xabón. Tamén ao rematar.

A continuación, lava a ferida con auga e xabón ou con soro fisiolóxico a chorro para arrastrar a sucidade. Realiza a limpeza de dentro cara a fóra,para evitar a entrada de xermes na ferida.

Nunha gasa estéril, pon un desinfectante iodado(povidona iodada) e aplícao sobre a ferida, de dentrocara fóra e sen tocar a parte da gasa que vaia entraren contacto con ela.

Tápaa cun apósito ou cunha gasa estéril suxeitacunha venda ou esparadrapo.

Non empreguesalgodónnin alcoholpara limpar unha ferida.

Non apliquespos, ungüentosou pomadasque conteñanantibióticos, nin remedioscaseiros.

Nunca extraias un obxecto grandecravado nunhaferida, pois podeestar facendo detapón e impedindoque sangre.Inmobilízao e consegue axudamédica.

Page 6: ANTE OS PEQUENOS ACCIDENTES SUMATE A PRACTICAR OS ... · as lesións articulares (escordaduras, luxacións) ou mesmo a fractura dalgún óso. A aparición de inflamación ou inchazo

6

Cobre a ferida con gasas ou cun pano limpoe comprime sobre esta firmemente coa mandurante 10 minutos.

Utiliza unha vendaxe compresiva, se a tes á man na caixa de primeiros auxilios. A presión sobrea ferida será máis uniforme e eficaz.

Se as compresas se empapan de sangue, nonas quites, coloca outras enriba e continúa apertando.

Pide axuda médica ou acode a un servizo deurxencias se ves que continúa saíndo sangue.

A perda de sangue alarma moito, porque o manchatodo, así que cando se produce unha hemorraxia éimportante que manteñas a calma e tranquilicesá persoa ferida.

Séntaa nunha cadeira ou tómbaa no chan, podesufrir un esvaecemento e unha caída podería causar novas lesións.

4 Hemorraxias

Page 7: ANTE OS PEQUENOS ACCIDENTES SUMATE A PRACTICAR OS ... · as lesións articulares (escordaduras, luxacións) ou mesmo a fractura dalgún óso. A aparición de inflamación ou inchazo

7

O primeiro é apartar a fonte de calor que causou a queimadura (tapar a tixola se prendeu lume,desenchufar o ferro de pasar...).

Arrefriar a queimadura inmediatamente, botando unchorro suave de auga fría sobre a zona afectadadurante 10 ou 15 minutos, ou máis se continúa a dor.

Se a dor persiste, aparecen ampolas (cun líquidoclaro no seu interior), a zona afectada ten o aspectode estar “carbonizada” ou o tamaño da queimadura ésuperior ao da palma da man da vítima, acode a uncentro sanitario.

Se a queimadura se produce por unhalapa que prende a roupa, hai que impedirque a persoa corra, pois avivaríase o lume.Hai que envolvelo nunha peza ampla deabrigo ou tiralo ao chan e envorcallalo, facelo rodar. A continuación, hai que arrefrialocon auga fresca, envolvelo cunha tea limpaampla (unha saba) e chamar ao 112. Non lledebe quitar nunca a roupa que esteaadherida á pel.

Se a queimadura se produciu por unproduto corrosivo (lixivia, sosa, amoníaco,augarrás, etc.), retira a roupa (con coidado de non te salpicar) e lava á persoaaccidentada con auga abundante (na bañeirapor exemplo), durante un mínimo de 15minutos.

En caso de electrocución, desconectainmediatamente a rede xeral. Se non éposible desconectala, aparta á vítimada fonte de electricidade utilizando unobxecto illante, coma un pau, unha toallaseca, etc. Chama ao 112. Se non respira,realiza a reanimación cardiopulmonar.(Ver punto seguinte)

Casos especiais

Roupaardendo

Produtocorrosivo

Electro-cución

5 Queimaduras

Page 8: ANTE OS PEQUENOS ACCIDENTES SUMATE A PRACTICAR OS ... · as lesións articulares (escordaduras, luxacións) ou mesmo a fractura dalgún óso. A aparición de inflamación ou inchazo

8

Cando tras un accidente no fogar e, aínda que non saibas a causa, vexas que unha persoa estáinconsciente e non respira espontaneamente,debes iniciar rapidamente as manobras dereanimación cardiopulmonar.

1Asegura o lugar dos feitos. Elimina os perigosque ameacen a túa seguridade, a da vítima oua das persoas que estean alí.

2Comproba o estado de consciencia da vítima.Axeónllate á altura dos seus ombros da vítimae sacódeos con suavidade. Achégate á súacara e pregúntalle en voz alta se se atopa ben:Se responde: déixaa na posición na que seatope e pasa a realizar unha valoración secun-daria poñendo solución aos problemas quevaias detectando.

Se non responde:

3Pide axuda sen abandonala e colócaa en posición de reanimación. Bocaarriba cos brazos e pernas aliñados sobre unhasuperficie ríxida e co tórax ao descuberto.

4Abre a vía aérea. Coloca unha man sobre afronte e coa outra tira do queixo cara a arriba,para evitar que alingua impida o pasodo aire aos pulmóns.

6 Reanimación cardiopulmonar(RCP) Como detectar a parada

cardiorrespiratoria e que debes facer.

Page 9: ANTE OS PEQUENOS ACCIDENTES SUMATE A PRACTICAR OS ... · as lesións articulares (escordaduras, luxacións) ou mesmo a fractura dalgún óso. A aparición de inflamación ou inchazo

9

Reanimación cardiopulmonar (RCP)

5Comproba se respira normalmente mantendoa vía aérea aberta (ver, oír, sentir durante nonmáis de 10 segundos).

Se respira normalmente:· Colócaa en posición lateral de seguridade

(PLS).· Chama ao 112 ou busca

axuda.· Comproba periodicamente

que segue respirando.

Se non respiranormalmente:

6Pide axuda,chama ao 112 oupídelle a alguénque o faga e inicia 30 compresións torácicas no centro do peito.

7Realiza 2 insuflacións coa vía aérea aberta(fronte-queixo) e o nariztapado. Se o aire non pasa naprimeira insuflación,asegúrate de estar a facerben a manobra fronte-queixo e realiza asegunda insuflación, entreou non entre aire.

8Alterna compresións-insuflacións nunhasecuencia 30:2 (30 compresións e 2insuflacións) a un ritmo de 100 compresións por minuto.

9Non interrompas ata que inicie a respiraciónespontánea, esteas esgotado/a ou chegueaxuda especializada.

Page 10: ANTE OS PEQUENOS ACCIDENTES SUMATE A PRACTICAR OS ... · as lesións articulares (escordaduras, luxacións) ou mesmo a fractura dalgún óso. A aparición de inflamación ou inchazo

A caixa de primeiros auxiliosdebe estar instalada nunlugar accesible e coñecidopolos habitantes da casa,aínda que fóra do alcancedos nenos pequenos. Podevaler unha caixa herméticaque sexa doada detransportar.

O seu contido ten que permitirnos facer fronte ássituacións que se presentan con máis frecuencia noámbito doméstico, polo que a súa composiciónpode variar segundo as circunstancias sendorecomendable que conteña, polo menos, osseguintes elementos:

10

7

Elementos que debe conter

A caixa de primeiros auxilios no fogar

Máscara de protección facial:utilizarémola en caso de que sexanecesario realizar a respiraciónartificial boca a boca. Deste xeito,evitaremos o contacto directo conposibles secrecións, vómitos, etc.da persoa á que esteamos a atender.Luvas de látex ou vinilo:utilizarémolas sempre que vaiamosrealizar unha cura. Protéxennos docontacto directo co sangue e outrosfluídos, secrecións, etc. Toalliñas de alcohol: utilizarémolaspara desinfectar as nosas mansantes de realizar unha cura.Recordar que NON se deben utilizardirectamente sobre as feridas.

Materialde auto-protección

Page 11: ANTE OS PEQUENOS ACCIDENTES SUMATE A PRACTICAR OS ... · as lesións articulares (escordaduras, luxacións) ou mesmo a fractura dalgún óso. A aparición de inflamación ou inchazo

11

A caixa de primeiros auxilios

Vendas hemostáticas (de diferentes tamaños) para o control de hemorraxias.

Material dehemostase

Soro fisiológico; utilizarémolopara limpar feridas.Antiséptico (tipo povidona iodada),para previr a infección no caso dasferidas.Gasas para cubrir feridas e/ouqueimaduras (diferentes tamaños).Esparadrapo.Apósitos (banda de apósitos, paraadaptar o tamaño ás necesidades).Tesoiras de puntas redondeadas.Pinzas sen dentes.

Material de curas

Pano triangular (140 x 100 x 100cm). Serviranos tanto paraimprovisar unha estribeira, comopara cubrir feridas, queimaduras,improvisar unha vendaxe, etc.Vendas de diferentes tamaños.

Materialpara pro-tección deferidas,queimadu-ras e trau-matismosarticulares

RECORDAA caixa de primeiros auxilios para o fogarNON debería conter medicamentos: unhacousa é a caixa de primeiros auxilios e outradistinta, o pequeno dispensario que temosna casa, que debería conter elementos talescoma: termómetro, aparato de tensiónarterial, analxésicos/ antitérmicos, cremaantiinflamatoria, pomada para pequenasqueimaduras, crema antihistamínica, etc.

Page 12: ANTE OS PEQUENOS ACCIDENTES SUMATE A PRACTICAR OS ... · as lesións articulares (escordaduras, luxacións) ou mesmo a fractura dalgún óso. A aparición de inflamación ou inchazo

Aprender a previr e reaccionar correctamenteante un accidente é vital

Infórmate en:www.hansaplast.es

www.cruzroja.es/formacion

Garda este folleto na caixa

de primeiros auxilios

www.cruzroja.es 902 22 22 92

Coa colaboración de:

Humanidade Imparcialidade Neutralidade Independencia Voluntariado Unidade Universalidade