26
“COS PÉS NA TERRA” ESCOLA INFANTIL AS GALERAS 1º TRIMESTRE GURSO 2010-11

“COS PÉS NA TERRA” · senón que tamén este se adecue ás situacións concretas e necesidades dos nenos. Entendemos por tanto este tipo de avaliación como un elemento fundamental

  • Upload
    others

  • View
    0

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: “COS PÉS NA TERRA” · senón que tamén este se adecue ás situacións concretas e necesidades dos nenos. Entendemos por tanto este tipo de avaliación como un elemento fundamental

“COS PÉS NA TERRA”

ESCOLA INFANTIL AS GALERAS

1º TRIMESTRE GURSO 2010-11

Page 2: “COS PÉS NA TERRA” · senón que tamén este se adecue ás situacións concretas e necesidades dos nenos. Entendemos por tanto este tipo de avaliación como un elemento fundamental

Este curso a nosa escola xirará en torno á Horta, tema escollido polo equipo educativo fai uns meses, e en relación a ela xurdirán unha serie de proxectos dos que xa tiñamos idea e pode que outros que nin se quera imaxinamos. Aínda que se trata dun grande proxecto global que ten continuidade no tempo ao longo de todo o curso dividímolo en tres grandes bloques que corresponden aproximadamente con cada trimestre:

• COS PÉS NA TERRA (investigamos a terra, os sus tipos, habitantes..,)• XERMINANADO• A COLLEITA

Dentro destes bloques faremos pequenos proxectos de duración máis breve.

Familias, nenos e equipo educativo vivimos a Horta dende as experiencias que nos aporta o traballo por proxectos, que adaptamos ás necesidades dos nosos nenos e nenas segundo o momento evolutivo no que se atopa. Cremos neste método de traballo porque defendemos que aprender non é almacenar información, a aprendizaxe é experiencia, equivocarse non é malo senon o camiño para descubrir a vía correcta; o que intentamos é brindar, aínda que non sempre o consigamos, as condicións para que os nenos e nenas fagan os seus propios descubrimentos.

Page 3: “COS PÉS NA TERRA” · senón que tamén este se adecue ás situacións concretas e necesidades dos nenos. Entendemos por tanto este tipo de avaliación como un elemento fundamental

Baseámonos nunha concepción constructivista da aprendizaxe, os nenos e nenas dentro das súas capacidades elaboran activamente o seu coñecemento a través das experiencias que se lles presentan e daquelas que eles mesmos escollen e así mesmo na recollida de información na que se convirten en verdadeiros investigadores na compaña das familias e da escola.

Así intentamos buscar a participación de todos, con esta forma de traballo as familias síntense máis motivadas xa que ofrece diferentes maneiras de implicación: aportación de información, “visita do experto”, libro viaxeiro do proxecto, saídas...

Tendo en conta todo isto aproximadamente a finais de setembro principios de outubro, cando as educadoras xa coñecen algo mellor aos nenos e nenas e ás familias, as parellas educativas reunímonos por niveis para propoñer unha serie de actividades máis concretas que se levarán a cabo en cada grupo sempre sen esquencer a diversidade dentro do nivel, cada aula é diferente e ten nenos e circunstancias distintas.

Despois disto reunímonos de novo todo o equipo para expoñer as propostas para o proxecto, así todos sabemos en que andan os compañeiros e tamén a modo de avaliación, facendo suxestións uns niveis aos outros.

Page 4: “COS PÉS NA TERRA” · senón que tamén este se adecue ás situacións concretas e necesidades dos nenos. Entendemos por tanto este tipo de avaliación como un elemento fundamental

E xa está posta en marcha a maquinaria...

Seguidamente facemos cómplices a nenos, nenas e familias. Xa todos saben polas reunións de primeiros de curso que somos a Horta, incluso que vexetal ou hortaliza é o seu fillo ou neta, incluso que terán que traballar cos seus fillos volvendo a ser un pouco nenos, volvendo a sentir o gozo que se acada con cada descubrimento sexa mais o menos grande, para nós ningún é pequeño, porque o que temos claro é que todos son importantes.

Aos maiores (aulas de 2-3 anos) chégalles ao buzón que cada neno e nena ten na escola unha carta anunciando que nos metemos de cheo no proxecto que chamamos co nome deste primeiro bloque “COS PÉS NA TERRA”, nos niveles 0-1 e 1-2 faráselles un anuncio que se coloca no taboleiro informativo de aula e nos buzóns de maneira individual. E en todos os casos e para que todos ou a maioría participen botamos man da tan estimada comunicación directa, falando coas familias.

Nesta carta ou anuncio despois dunha pequena introducción poñemos tres sinxelas tarefas que terán que realizar xunto coas súas fillas, netos...

• Pedimos que recollan material (neste caso terra de distintos tipos)

•Unha reportaxe gráfica da experiencia anterior.

•Lanzamos a pregunta: que animais viven debaixo da terra?, pedíndolles que unha resposta creativa (conto, mural,...)

Page 5: “COS PÉS NA TERRA” · senón que tamén este se adecue ás situacións concretas e necesidades dos nenos. Entendemos por tanto este tipo de avaliación como un elemento fundamental

E pouco a pouco entre todos ímoslle dando forma aos recuchos do proxecto que cada grupo ten naula

Page 6: “COS PÉS NA TERRA” · senón que tamén este se adecue ás situacións concretas e necesidades dos nenos. Entendemos por tanto este tipo de avaliación como un elemento fundamental
Page 7: “COS PÉS NA TERRA” · senón que tamén este se adecue ás situacións concretas e necesidades dos nenos. Entendemos por tanto este tipo de avaliación como un elemento fundamental

Cos máis pequenos levamos a cabo o proxecto dende o xogo heurístico e o cesto dos tesouros

Page 8: “COS PÉS NA TERRA” · senón que tamén este se adecue ás situacións concretas e necesidades dos nenos. Entendemos por tanto este tipo de avaliación como un elemento fundamental

Saimos ao monte a recolleitar materiais para o noso rincón

Page 9: “COS PÉS NA TERRA” · senón que tamén este se adecue ás situacións concretas e necesidades dos nenos. Entendemos por tanto este tipo de avaliación como un elemento fundamental

Comezamos a elaborar o noso rincón cos materiais recolectados e os aportados polas familias

Page 10: “COS PÉS NA TERRA” · senón que tamén este se adecue ás situacións concretas e necesidades dos nenos. Entendemos por tanto este tipo de avaliación como un elemento fundamental

Coñecemos os distintos tipos terras que hai

Page 11: “COS PÉS NA TERRA” · senón que tamén este se adecue ás situacións concretas e necesidades dos nenos. Entendemos por tanto este tipo de avaliación como un elemento fundamental

Misturamos os diferentes tipos de terra con auga

Page 12: “COS PÉS NA TERRA” · senón que tamén este se adecue ás situacións concretas e necesidades dos nenos. Entendemos por tanto este tipo de avaliación como un elemento fundamental

Fumos buscar animais que viven na terra e despois vimos as súas características na aula

Page 13: “COS PÉS NA TERRA” · senón que tamén este se adecue ás situacións concretas e necesidades dos nenos. Entendemos por tanto este tipo de avaliación como un elemento fundamental

Elaboramos as nosas propias miñocas e

fixémoslle unha casiña

Page 14: “COS PÉS NA TERRA” · senón que tamén este se adecue ás situacións concretas e necesidades dos nenos. Entendemos por tanto este tipo de avaliación como un elemento fundamental

Plantamos castiñeiros, nogais e carballos

Page 15: “COS PÉS NA TERRA” · senón que tamén este se adecue ás situacións concretas e necesidades dos nenos. Entendemos por tanto este tipo de avaliación como un elemento fundamental

Interpretamos a terra facendo murais con terra,

pintura...

Page 16: “COS PÉS NA TERRA” · senón que tamén este se adecue ás situacións concretas e necesidades dos nenos. Entendemos por tanto este tipo de avaliación como un elemento fundamental

Creamos un composteiro que sera utilizado durante

todo o curso

Page 17: “COS PÉS NA TERRA” · senón que tamén este se adecue ás situacións concretas e necesidades dos nenos. Entendemos por tanto este tipo de avaliación como un elemento fundamental

Fixemos un bancal no xardín da escola, que evolucionará ao longo dos proxectos do curso

Page 18: “COS PÉS NA TERRA” · senón que tamén este se adecue ás situacións concretas e necesidades dos nenos. Entendemos por tanto este tipo de avaliación como un elemento fundamental

RELACIÓN ENTRA A ESCOLA E NAIS E PAIS

Page 19: “COS PÉS NA TERRA” · senón que tamén este se adecue ás situacións concretas e necesidades dos nenos. Entendemos por tanto este tipo de avaliación como un elemento fundamental

13. RELACIÓN ESCOLA-PAIS-NAIS. A familia é o primeiro e máis importante núcleo no que se desenvolve os primeiros anos de vida da persoa.

O noso proxecto ten como primeiro obxectivo o desenvolvemento harmónico da personalidade do neno, dentro dun ambiente relaxado e feliz no que as actitudes positivas e cordiales presidan as relacións de tódolos membros da sociedade que interveñen na educación destes cativos que están empezando e comprendendo a vivir.

Como xa sabemos todos, os nenos non descubren o arte de facer amigos por si sos, copian os modelos da familia, educadores e distintos adultos, que ofrecen estes cando saben estar, traballar, discutir, pensar e investigar xuntos e isto ten que suceder na escola e canto máis mellor.

A amizade coa escola desenvólvese na participación e colaboración. E os nenos a descubren cando por exemplo, a nai ou o pai din algunhas tardes, “esta tarde teño que ir a túa escola a unha reunión, ou vou a un obradoiro para axudar a decorar a escola para a festa do nadal,ou esta tarde temos que traballar todos xuntos e dar resposta a todas as preguntas que nos plantexa o novo Proxecto de traballo que comezamos a realizar na escola …..”

Deste xeito os nenos danse conta que os seus pais e nais traballan xuntos, falan e discuten xuntos coas súas educadoras, que investigan preparan propostas, documentan pacientemente o seu traballo, faremos fotografías e videos de todos estes procesos, para que quede plasmado no calendario da escola , deste xeito os nenos verán que todas as persoas que están implicadas na escola axúdanse unhas ás outras.

O noso obxectivo principal a conseguir cos pais e nais, ademais de ter unha boa comunicación con eles é conseguir a súa colaboración permanente na escola, a súa implicación en todo aquilo que concerne á escola. Os pais teñen que entender o grande valor que a escola ten para os seus fillos, a importancia da boa comunicación para transmitir ós nenos seguridade e tranquilidade.

Page 20: “COS PÉS NA TERRA” · senón que tamén este se adecue ás situacións concretas e necesidades dos nenos. Entendemos por tanto este tipo de avaliación como un elemento fundamental

Dada a sensibilidade dos nenos consideramos de suma importancia que a relación entre os pais e a escola sexa:Positiva.De colaboración.De intercambio constante de información.De confianza e valoración positiva mutua.De comprensión cordial.De disponibilidade e flexibilidade

Os contactos coa familia deberán ser:Día a día: intercambiaremos información diaría do máis relevante entre a escola e a familia. Este intercambio de información servirá para crear uns lazos de confianza entre educadoras e familias,falaremos dos traballos que teñen que realizar nos Proxectos de traballo desde a casa.

Grupales: nos que a familia reuniráse coa súa educadora para observar en video, fotos e traballos realizados polos seus fillos de todo o relacionado co Proxecto de traballo.

Individuais: para tratar de maneira tranquila e relaxada aspectos persoais relativos e comportamentos, actitudes, evolución persoal , realizado entre educadora e familia.

Page 21: “COS PÉS NA TERRA” · senón que tamén este se adecue ás situacións concretas e necesidades dos nenos. Entendemos por tanto este tipo de avaliación como un elemento fundamental

Conseguimos esta boa comunicación coas familias ademáis do trato diario e persoal a través de:

Libreta de clase: Donde apuntamos o que fixemos ao longo da xornada escolar, e o que necesitamos para o seguinte día, se é para todo o grupo o mesmo.

Correo-circulares: No corredor ao lado de cada clase cada neno e nena ten o seu coorreo-buzón persoal, simbolizando a temática de cada clase. Nel colocaránse todas as preguntas que queremos que traballen os pais e nais xunto cos seus fillos desde a casa.

Corcho: Haberá un por aula onde poñerase toda aquela información de interese para os pais e nais tanto relacionado co Proxecto de traballo como do día a día da escola.

Murais: onde os pais e nais poderán ver todos os avances que fan os seus fillos e fillas en relación co Proxecto de traballo, através de fotos comentarios que recollen as educadoras das distintas conversacións que fan os nenos na clase.

Page 22: “COS PÉS NA TERRA” · senón que tamén este se adecue ás situacións concretas e necesidades dos nenos. Entendemos por tanto este tipo de avaliación como un elemento fundamental

AVALIACIÓN

Page 23: “COS PÉS NA TERRA” · senón que tamén este se adecue ás situacións concretas e necesidades dos nenos. Entendemos por tanto este tipo de avaliación como un elemento fundamental

11. AVALIACIÓN:

Desde o noso plantexamento educativo, o término avaliación é sinónimo de mellora e perfeccionamento. Esta acepción lévanos a centrar o noso interese fundamental no proceso de ensinanza aprendizaxe, na convicción de que esta repercutirá inevitábelmente nos resultados finais. Esto supón a obtención continua de datos, tanto referidos á aprendizaxe como á ensinanza, ao longo de todo o proceso, de maneira que se posúa en todo momento do coñecemento apropiado da situación que se avalúa para poder tomar as decisións necesarias de forma inmediata. A reflexión permanente que isto implica, permítenos tanto poñer os medios didácticos para resolver calquera situación anómala ou problemática que poída xurdir, como detectar os tipos de actividades ou situacións educativas que favorezan os aprendizaxes para potencialos. Desde este plantexamento a avaliación unha función reguladora entre o proceso de ensinanza e o aprendizaxe, que non sexa o neno soamente o que deba adaptarse ás decisións do profesorado, senón que tamén este se adecue ás situacións concretas e necesidades dos nenos.

Entendemos por tanto este tipo de avaliación como un elemento fundamental do sistema educativo, que se incorpora desde o principio, ao camiño de aprender e ensinar e ofrece en consecuencia maiores aportaciones e apoios ao conxunto do proceso que transcurre. Alimenta tamén as nosas decisións a crenza de que unha práctica educativa non se xustifica só cos seus resultados de aprendizaxes esperados, senón sobre todo por aquelas actividades e experiencias, cos seus correspondentes estratexias, destrezas, materiais, tempo……., que se realizan na aula e que determinan no neno unha forma concreta de acceder ao coñecemento, de pensar, de traballar en grupo, de colaborar cos demais. En definitiva non só nos importa o que imos conseguir, senón tamén de qué maneira, con qué medios, a costa de qué, con qué fins, con qué ritmo, a qué precio, con cántos esforzos.

Page 24: “COS PÉS NA TERRA” · senón que tamén este se adecue ás situacións concretas e necesidades dos nenos. Entendemos por tanto este tipo de avaliación como un elemento fundamental

O principal método que utilizamos para avaliar é a observación, ao mesmo tempo que poñemos en práctica as estratexias formais e informais, estamos observando o seu desenvolvemento, as reaccións dos nenos, os seus comportamentos e as súas actitudes, a observación permítenos seguir todo o proceso evolutivo na vida cotiá, obter información sobre os elementos que participan no proceso educativo e sobre os efectos que produce no suxeito a acción educativa. Neste sentido é unha observación activa, simultánea á acción. Pero esta observación servirá de pouco se se quedara simplemente ahí, é preciso rexistrar o que percibimos para logo podelo estudar. Hai moitos momentos nos que podemos facer anotacións rápidas que nos permitan recordar con bastante exactitude o sucedido, así como reflexioar máis pausadamente sobre o proceso no que imos participar. Estas anotacións xunto coas reflexións, ideas, sentementos, que xurden ao pensar sobre a nosa acción e resultados, van configurando o díario da aula, no que da constancia tanto o que sucede na aula como da nosa propia evolución persoal. Utilizaremos dous tipos de observación:

Observación informal ou sensorial:Observación informal ou sensorial:Responde ás descripcións puntuais que se realizan sobre algunhas actividades dos nenos co fin de axudarnos a coñecelos mellor.

Page 25: “COS PÉS NA TERRA” · senón que tamén este se adecue ás situacións concretas e necesidades dos nenos. Entendemos por tanto este tipo de avaliación como un elemento fundamental

Recóllense a través das entrevistas personais que temos cos pais ó principio de curso para obter información sobre hábitos, saúde, carácter, datos familiares……., e tamén os rexistros audiovisuais que realizamos ó longo do curso.Observación sistemática:Observación sistemática:Refírese á recopilación de feitos, de conductas e de situacións relacionadas entre si. Esta observación lévase a cabo mediante procedementos sistemáticos de observación e de rexistro, os rexistros que utilizaremos son:Díario:Díario:As educadoras irán anotando diariamente todas os comentarios que sucedan na sala ao realizar os proxectos de trabalo, razoando e dando a súa explicación lóxica. Isto servirános entre outras moitas cousas para ver mellor a evolución do neno, tamén coas anecdotas máis representativas faremos exposicións en murais para que os pais e nais poídan ver e ler todo o que se lles pasa os seus fillos pola cabeza. Outras valiosas fontes de información que utilizamos son os traballos dos nenos, as conversacións intencioadas que temos con eles e sobre todo a información que obtemos da colaboración coa familia, tanto no que se refire ás actividades e aprendizaxes concretos, como aos comportamentos e actitudes dos mesmos. Pero non podemos esquecer que para levar a cabo unha boa avaliación non só debemos avaliar o proceso de desenvolvemento do neno, senón que a avaliación vai máis alá e implica tamén o marco escolar, o equipo educativo e en definitiva á totalidade de todo o proxecto educativo.

Page 26: “COS PÉS NA TERRA” · senón que tamén este se adecue ás situacións concretas e necesidades dos nenos. Entendemos por tanto este tipo de avaliación como un elemento fundamental

A autoevaluación para nós é moi importante, para levar a cabo unha boa valoración da tarefa educativa, realizada por todas as persoas que participan na escola, é unha toma de conciencia básica para a educación. A autoevaluación permítenos:Realizar os axustes necesarios mentres dura o proxecto, ou cando remata este.Os reaxustes teñen por finalidade adaptarse ás necesidades do grupo.Contribúen tamén ao perfecionamento das educadoras e dos elementos que interveñen no proceso didáctico. A autoevaluación depende do traballo díario e conxunto das educadoras, continua que nos permitirá saber en cada momento se o que estamos a traballar na sala está ben plantexado ou non, e iso o sabemos a través das experiencias diarías cos nenos. Faremos catro autoavaliacións conxuntas(co gruypo de nivel e entre todo o equipo educativo), por medio de xuntanzas de nivel e do equipo educativo, unha cada vez que se remate un trimestre, analizando, obxectivos que se marcaron, as actividades, materiais se son os adecuados….., e unha anual onde participará todas as persoas que traballan na escola,….., para facer autocrítica de todo o curso e mellorar todos aquiles aspectos nos que sexa posíbel.