3
APOIO Ó TRABALLO ESCOLAR NA CASA Dende a casa tamén podemos axudar os/as nosos/as fillos/as nas súas tarefas demostrando así que nos interesamos polas súas cousas. Isto non quere dicir que teñamos que estar sempre presentes a hora de facer os deberes, pouco a pouco os nenos/as teñen que facerse responsables e saber traballar sos. Se lles ensinamos dende o principio todo será máis doado. Un lugar adecuado: Facer os deberes sempre no mesmo lugar: Sería ideal que a nena ou neno tivese no seu cuarto unha mesa de estudo onde reciba boa luz natural ou, no seu defecto, un flexo con boa luz artificial. Este lugar debe estar afastado de estímulos distractores: TV, música, ruídos molestos, irmáns xogando, maiores falando… Se é posible, poñer un panel de corcho onde colocar o horario de clase para ver as materias que “tocan” ao día seguinte e por cales empezar a traballar. Comprobar na axenda o que teño que facer: deberes, estudar, un debuxo, un esquema, repasar… Establecer un tempo determinado e limitado para o estudo e os deberes, e comprobar que se cumpre ese horario. Unha vez feitos os deberes, comprobar que meto todo na mochila: cadernos, libros, estoxo, lapis… Deixar a mesa ordenada para empezar a traballar en orde ó día seguinte, aínda que non leve “deberes”. Hábitos de estudo: Estudar tódolos días. Aínda que non teña deberes o hábito diario é importante. Dedicar como mínimo media hora a repasar ,ler… crea unha rutina que favorece o traballo na casa. Comezar a estudar ou a facer os deberes con decisión, empezando por algo agradable e pouco a pouco polo que máis custa, deixando o máis sinxelo para o final, cando non se requira moita atención, xa que estará máis cansado/a. Ler as veces que sexan necesarias ata comprender o lido, para saber que é o importante a estudar ou que teño que facer no exercicio.

APOIO Ó TRABALLO ESCOLAR NA CASA_0

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Dende a casa tamén podemos axudar os/as nosos/as fillos/as nas súas tarefas demostrando así que nos interesamos polas súas cousas. Isto non quere dicir que teñamos que estar sempre presentes a hora de facer os deberes, pouco a pouco os nenos/as teñen que facerse responsables e saber traballar sos. Se lles ensinamos dende o principio todo será máis doado. Un lugar adecuado: Hábitos de estudo: Aspectos a ter en conta: Departamento de Orientación

Citation preview

Page 1: APOIO Ó TRABALLO ESCOLAR NA CASA_0

APOIO Ó TRABALLO ESCOLAR NA CASA

Dende a casa tamén podemos axudar os/as nosos/as fillos/as nas súas tarefas demostrando así que nos interesamos polas súas cousas. Isto non quere dicir que teñamos que estar sempre presentes a hora de facer os deberes, pouco a pouco os nenos/as teñen que facerse responsables e saber traballar sos. Se lles ensinamos dende o principio todo será máis doado.

Un lugar adecuado:

• Facer os deberes sempre no mesmo lugar: Sería ideal que a nena ou neno tivese no seu cuarto unha mesa de estudo onde reciba boa luz natural ou, no seu defecto, un flexo con boa luz artificial.

• Este lugar debe estar afastado de estímulos distractores: TV, música, ruídos molestos, irmáns xogando, maiores falando…

• Se é posible, poñer un panel de corcho onde colocar o horario de clase para ver as materias que “tocan” ao día seguinte e por cales empezar a traballar.

• Comprobar na axenda o que teño que facer: deberes, estudar, un debuxo, un esquema, repasar…

• Establecer un tempo determinado e limitado para o estudo e os deberes, e comprobar que se cumpre ese horario.

• Unha vez feitos os deberes, comprobar que meto todo na mochila: cadernos, libros, estoxo, lapis…

• Deixar a mesa ordenada para empezar a traballar en orde ó día seguinte, aínda que non leve “deberes”.

Hábitos de estudo:

• Estudar tódolos días. Aínda que non teña deberes o hábito diario é importante. Dedicar como mínimo media hora a repasar ,ler… crea unha rutina que favorece o traballo na casa.

• Comezar a estudar ou a facer os deberes con decisión, empezando por algo agradable e pouco a pouco polo que máis custa, deixando o máis sinxelo para o final, cando non se requira moita atención, xa que estará máis cansado/a.

• Ler as veces que sexan necesarias ata comprender o lido, para saber que é o importante a estudar ou que teño que facer no exercicio.

Page 2: APOIO Ó TRABALLO ESCOLAR NA CASA_0

• Subliñar o máis importante e facer esquemas para que sexa máis fácil ver e estudar o tema.

• Inventarse posibles preguntas de exame e contestalas. • Facer esquemas: As ideas subliñadas pódense recoller logo nun

esquema, que permite, despois dunha ollada, captar o esencial e diferenciar o importante de cada cousa.

• Descansar se leva moito tempo estudando (depende sempre do/da neno/a) :merendar, beber, estirar as pernas… e volver se aínda non rematou.

• Repasar: o repaso garantirá a asimilación. Non facelo só en vésperas do exame. Antes destes é necesario ter feitos algúns repasos, resumos ou esquemas elaborados polos/as nenos/as(xa que o facelos supón xa un coñecemento do que van a estudar).

• Os exames hai que preparalos coa suficiente antelación. É un erro pensar que o estudado se esquece se se aprende moito antes de facer o exame.

Aspectos a ter en conta:

• Segundo a idade, elaboremos con eles/elas un horario de estudo para casa, hai tempo para todo: estudar, actividades, descansar…

• Recordarlles cal é o seu papel na casa e no cole, facerlles ver que ese é o seu traballo, igual que nos cumprimos co noso.

• Falar con eles/elas: é importante saber o que fan, por qué o fan, como se atopan no colexio, cales son os seus amigos, o que lle preocupa….

• Para educar hai que poñer límites e eles deben coñecer cales son e a razón de poñelos, así como as razóns polas que poñemos un castigo

• Evitar poñer etiquetas e o trato desprezativo tanto os/as fillos/as coma os amigos/as, como ao profesorado ou centro educativo. Se é necesario aclarar calquera situación con respecto.

• Procurar mostrar acordo coa parella sobre a forma de educar • Darlle pouco a pouco máis responsabilidades, que comproben que se

son responsables confiamos neles/nelas.

Departamento de Orientación

Page 3: APOIO Ó TRABALLO ESCOLAR NA CASA_0