13
Guia PAU 2012-2013 Mónica Diz Besada (Orientadora) AS PROBAS DE ACCESO Á UNIVERSIDADE (P.A.U.) UN BREVE REPASO A proba de acceso á universidade divídese en dúas fases: unha chamada fase xeral, e outra denominada fase específica, con exames vinculados á titulación que queiras estudar. Esta última fase é voluntaria, pero se a fas axúdache a subir a túa nota de acceso á universidade ata 4 puntos (poderías sacar un 14). Se non a fas, a túa nota de acceso calcúlase sumando o 60% da túa nota de bacharelato, e un 40% da túa nota da fase xeral. Neste último caso, a nota máxima que podes sacar é un 10. Máis adiante explicarémosche cómo decidir se presentarte á fase específica ou non. EN QUE CONSISTE A FASE XERAL? Na fase xeral examínaste das materias comúns de 2º de bacharelato. Consta dos seguintes exercicios: Primeiro exercicio: Lingua Castelá e Literatura. Consiste en facer un comentario por escrito, dun texto non especializado e de carácter informativo e divulgativo, relacionado cos contidos desta materia. O exercicio presentará dúas opcións diferentes entre as que deberás elixir unha. Segundo exercicio: Lingua Galega e Literatura. Igual que no primeiro exercicio pero relacionado cos contidos desta materia. Tamén terás dúas opcións das que deberás elixir unha. Pódese solicitar a exención deste exercicio no impreso de matrícula da proba de acceso, se se estivo exento da materia nalgún dos cursos de bacharelato ou se non se realizou algún dos cursos en Galicia. Terceiro exercicio: Examinaraste sobre unha das seguintes materias comúns de 2º de bacharelato: Historia da Filosofía ou Historia de España. Consistirá na resposta por escrito a unha serie de cuestións da materia. Cando realices a inscrición na proba de acceso, terás que indicar a materia común da que te examinarás para este exercicio que presentará dúas opcións diferentes entre as que deberás elixir unha. Cuarto exercicio: Lingua estranxeira. Para este exercicio podes elixir entre alemán, francés, inglés, italiano e portugués. Ao igual que no exercicio anterior, na solicitude de inscrición debes indicar de qué lingua estranxeira queres examinarte. Non é necesario que a cursaras en bacharelato. Este exercicio valora a comprensión lectora e a expresión escrita e non se poderá empregar o diccionario nin ningún outro material didáctico. Quinto exercicio: Materia de modalidade de 2º de bacharelato. É dicir, dunha das materias especializadas asociadas a unha das tres modalidades que se cursan en Bacharelato: Artes, Ciencias e 1

As probas de acceso á universidade blog

Embed Size (px)

DESCRIPTION

guia das probas

Citation preview

Page 1: As probas de acceso á universidade   blog

Guia PAU 2012-2013Mónica Diz Besada (Orientadora)

AS PROBAS DE ACCESO Á UNIVERSIDADE (P.A.U.)

UN BREVE REPASO

A proba de acceso á universidade divídese en dúas fases: unha chamada fase xeral, e outra denominada fase específica, con exames vinculados á titulación que queiras estudar. Esta última fase é voluntaria, pero se a fas axúdache a subir a túa nota de acceso á universidade ata 4 puntos (poderías sacar un 14). Se non a fas, a túa nota de acceso calcúlase sumando o 60% da túa nota de bacharelato, e un 40% da túa nota da fase xeral. Neste último caso, a nota máxima que podes sacar é un 10. Máis adiante explicarémosche cómo decidir se presentarte á fase específica ou non.

EN QUE CONSISTE A FASE XERAL?

Na fase xeral examínaste das materias comúns de 2º de bacharelato. Consta dos seguintes exercicios:

Primeiro exercicio: Lingua Castelá e Literatura. Consiste en facer un comentario por escrito, dun texto non especializado e de carácter informativo e divulgativo, relacionado cos contidos desta materia. O exercicio presentará dúas opcións diferentes entre as que deberás elixir unha.

Segundo exercicio: Lingua Galega e Literatura. Igual que no primeiro exercicio pero relacionado cos contidos desta materia. Tamén terás dúas opcións das que deberás elixir unha. Pódese solicitar a exención deste exercicio no impreso de matrícula da proba de acceso, se se estivo exento da materia nalgún dos cursos de bacharelato ou se non se realizou algún dos cursos en Galicia.

Terceiro exercicio: Examinaraste sobre unha das seguintes materias comúns de 2º de bacharelato: Historia da Filosofía ou Historia de España. Consistirá na resposta por escrito a unha serie de cuestións da materia. Cando realices a inscrición na proba de acceso, terás que indicar a materia común da que te examinarás para este exercicio que presentará dúas opcións diferentes entre as que deberás elixir unha.

Cuarto exercicio: Lingua estranxeira. Para este exercicio podes elixir entre alemán, francés, inglés, italiano e portugués. Ao igual que no exercicio anterior, na solicitude de inscrición debes indicar de qué lingua estranxeira queres examinarte. Non é necesario que a cursaras en bacharelato. Este exercicio valora a comprensión lectora e a expresión escrita e non se poderá empregar o diccionario nin ningún outro material didáctico.

Quinto exercicio: Materia de modalidade de 2º de bacharelato. É dicir, dunha das materias especializadas asociadas a unha das tres modalidades que se cursan en Bacharelato: Artes, Ciencias e Tecnoloxía, ou Humanidades e Ciencias Sociais. Na solicitude de inscrición na proba de acceso, deberás indicar de qué materia de modalidade de 2º de bacharelato queres presentarte. O exercicio tamén presentará dúas opcións diferentes entre as que deberás elixir unha, e consistirá na resposta por escrito a unha serie de cuestións sobre a materia.

- Cada un destes exercicios terá unha duración máxima dunha hora e media. Haberá un intervalo mínimo de 45 minutos entre o final dun exercicio e o comenzo do seguinte.

- Para cada exercicio pódese utilizar calquera das linguas oficiais da Comunidade Autónoma, excepto para Lingua Castelá, Lingua Galega e Lingua estranxeira, que deberá realizarse nos seus respectivos idiomas.

- Cada un dos exames desta fase xeral puntúase de 0 a 10 puntos, con dúas cifras decimais

COMO SE CALCULA A NOTA DE SELECTIVIDADE?

A nota calcúlase tendo só en conta as notas da fase xeral. A fase específica, como leerás máis adiante, é só para subir a túa nota de admisión.

1

Page 2: As probas de acceso á universidade   blog

Guia PAU 2012-2013Mónica Diz Besada (Orientadora)

A nota desta fase será a media aritmética das cualificacións de todos os exercicios, expresada en forma numérica de 0 a 10, con tres cifras decimais, arredondada á milésima máis próxima e en caso de equidistancia á superior.

Poñamos un exemplo:

- Primeiro exercicio: 7´30- Segundo exercicio: 4´20- Terceiro exercicio: 5´90- Cuarto exercicio: 6´10- Quinto exercicio: 7´80

Nota desta fase xeral: 7´30 + 4´20 + 5´90 + 6´10 + 7´80 = 31´30/5 = 6´260

QUÉ NOTA NECESITO PARA SUPERAR A PROBA DE ACCESO Á UNIVERSIDADE

Considérase superada cando se obteña unha nota igual ou maior a 5 puntos na media ponderada entre a cualificación obtida na fase xeral da Selectividade (que conta un 40%) e a nota de Bacharelato (que conta un 60%), e que se expresará con dous decimais, sempre que se acadara un mínimo de 4 puntos na cualificación da fase xeral.

Se acadas un 4 na fase xeral necesitarás alomenos un 5´67 en Bacharelato para superar a PAU. O cálculo é así: (5´67 * 0´60)+ (4* 0´40) = 5. Se acadas menos dun 5´67 en Bacharelato, necesitarás acadar máis dun 4 en Selectividade para que a media ponderada sexa alomenos o 5 necesario para aprobar.

Para o cálculo da nota media de bacharelato, para efectos de acceso á universidade, non se computará a cualificación da materia de relixión.

EN QUE CONSISTE A FASE ESPECÍFICA?

Mentres a fase xeral é obrigatoria, a fase específica é completamente optativa e permíteche sumar ata 4 puntos a túa nota de admisión.

A que materias debería presentarme na fase específica?

Se necesitas facela para subir nota, débeste examinar das materias da modalidade de 2º de bacharelato que se corresponden coa rama de coñecemento da titulación que che interesa.

As materias que elixes para examinarte na fase específica deben ser distintas á materia de modalidade que elixes para examinarte no quinto exercicio da fase xeral. Pero non é necesario que estudaras esa modalidade de bacharelato á que pertencen as materias das que te examines. Por exemplo, imaxina que estudache o bacharelato de Humanidades e Ciencias Sociais, pero queres estudar Medicina. Pois neste caso, na fase específica debes examinarte de materias vinculadas á rama de coñecemento de Ciencias da Saúde. Obviamente, será máis fácil se estudaches a modalidade de bacharelato relacionada, pero nada che impide optar á titulacións “fóra” da túa modalidade. Actualmente xa non existe o concepto de “vías preferentes” que daban prioridade a estudiantes de determinadas modalidades de bacharelato según a titulación que quixeran estudiar.

A cantas materias me podo presentar na fase específica?Ti decides de cantas te examinas. En Galicia pódeste presentar ata 4 materias. O normal é

presentarse como mínimo a dúas ou a tres, e excepcionalmente a 4 exames. Se decides examinarte de máis de 2 materias, só se terán en conta as dúas mellores notas.

En que consisten os exercicios da parte específica?Consistirá na resposta por escrito a unha serie de cuestións relacionadas coa materia. A

duración de cada exercicio será de unha hora e media. Terás dúas opcións das que terás que elixir unha e poderás contestar en Lingua Castelá ou Lingua Galega. Na solicitude de matrícula deberás indicar as materias de modalidade das que te examinarás.

2

Page 3: As probas de acceso á universidade   blog

Guia PAU 2012-2013Mónica Diz Besada (Orientadora)

CÓMO SE CALCULAN OS PUNTOS QUE OBTEÑO PRESENTÁNDOME Á FASE ESPECÍFICA?

As cualificacións dos exames desta fase irán de 0 a 10 e para que conten é necesario acadar un 5. A notas que acadas en cada materia desta fase multiplícanse por 0´2 se a universidade designou a materia como prioritaria para a titulación á que queres acceder ou 0´1 se non, pero pertence á rama de coñecemento da titulación.

Estes resultados logo súmanse e engádense á túa nota de acceso que é a media ponderada entre a túa nota de bacharelato e a túa nota da fase xeral.

No mellor caso, se te examinas de dúas materias cualificadas como prioritarias para a titulación que queres estudiar, e acadas un 10 en ambas, sumarás 4 puntos adicionais directamente á túa nota de admisión. Calcúlase así: (10*0´2) + (10*0´2) = 4

Poñamos outro exemplo:- Nota de Bacharelato: 7´80- Nota da fase xeral: 7´200- Nota de acceso: (0´60*7´80) + (0´40*7´200) = 7´560

Fase específica:- Materia 1 (clasificada como prioritaria): 9´20- Materia 2 (clasificada como non prioritaria): 8´40- Puntos adicionais: (9´20*0´2) * (8´4*0´1) = 2´68- Nota de admisión: 7´560 + 2´68 = 10´240

DEBERÍAME PRESENTAR Á FASE ESPECÍFICA?

A nosa recomendación é moi sinxela. Se a titulación que queres estudar non ten límite de prazas na universidade onde queres estudar, non che fai falta que fagas a fase específica. Só necesitas aprobar a fase xeral para entrar nesa titulación, pois na Selectividade apróbase unicamente tendo en conta a túa nota na fase xeral. A fase especifica non afecta a se aprobas ou non, só sirve para subir nota.

En cambio, se onde queres estudar hai prazas limitadas para a titulación que máis che interesa, deberías sen dúbida facer a fase específica, incluso se tes moi boas notas. Por qué? Supoñamos que tes un 9 en Bacharelato. Sacas tamén un 9 na fase xeral e a titulación que queres estudiar tivo o ano pasado unha nota de corte de 7. Entrar parece sinxelo, non? Pois se non fas a fase específica, non. Ten en conta que é probable que a maioría da xente que quere estudiar o mesmo ca ti vai facer a fase específica. Imaxina a alguén que ten un 6´50 en bacharelato, saca un 6´500 na fase xeral, e logo fai a fase específica e saca 6´50 e 6´50 en dúas materias prioritarias. Pois a súa nota de acceso sería 9´100. Entraría antes ca ti, co seu 6´50 e tí co teu 9´00 en Bacharelato. O cálculo é así:

- Nota de Bacharelato: 6´50- Nota da fase xeral: 6´500- Nota de acceso: (0´60*6´50) + (0´40*6´500) = 6´500

Fase específica:- Materia 1 (clasificada como prioritaria): 6´50- Materia 2 (clasificada como prioritaria): 6´50- Puntos adicionais: (6´50*0´2) + (6´50*0´2) = 2´60- Nota de admisión: 6´500 + 2´60 = 9´100

Conclusión: Se a titulación que che interesa ten as prazas limitadas, deberías facer a fase específica. Do contrario, por moi boas notas que teñas, arríscaste a quedarte fóra.

CÓMO SEI A QUÉ ASIGNATURAS PRESENTARME PARA SUBIR MÁIS NOTA?

Como cada universidade poderá sinalar as asignaturas concretas que considera prioritarias para determinado título, se xa sabes qué titulación queres estudiar e en qué universidade, o mellor é que consultes directamente na universidade que che interesa. As universidades están publicando

3

Page 4: As probas de acceso á universidade   blog

Guia PAU 2012-2013Mónica Diz Besada (Orientadora)

estes datos, que denominan táboas de ponderación na súa web e que en moitos casos son comúns para tódalas universidades dunha mesma comunidade (como é o caso de Galicia).

É moi importante decidir ben qué asignaturas escolles para examinarte nesta fase pois cada un dos exames voluntarios suporá sumar como mínimo medio punto a túa nota de admisión, e ata dous puntos se a universidade sinalou esa asignatura como unha das prioritarias.

COMO SE CALCULA A NOTA DE ADMISIÓN?

Se te presentas só á fase xeral a fórmula é a seguinte: Nota de admisión: 0´6*NMB (nota media de bacharelato) + 0´4*CFG (Cualificación da fase xeral)

Se ademais te presentas á fase específica para subir puntos, a fórmula é a seguinte:Nota de admisión: 0´6*NMB (nota media de bacharelato) + 0´4*CFG (Cualificación da fase xeral) + a*M1 + b*M2

Sendo a e b os parámetros de ponderación (0´1 e 0´2) das materias da fase específica, e M1 e M2 as dúas materias superadas da fase específica con mellor cualificación unha vez aplicados os parámetros de ponderación.

POR QUE É TAN IMPORTANTE A NOTA DE ADMISIÓN?

Cando unha carreira ten límite de prazas, é dicir, ten menos prazas dispoñibles que número de estudantes queren estudiar esa carreira en dita universidade, o único criterio que as universidades públicas teñen para conceder ou denegar unha praza é a nota de admisión dos estudiantes.

O proceso é o seguinte: todas as solicitudes que a universidade recibe de estudiantes que queren estudiar unha determinada carreira as ordena de máis a menos nota e vai dando as prazas a aqueles estudantes que teñen mellor nota de admisión. O último estudante que consigue entrar nunha determinada carreira e universidade é o que marca a nota de corte para ese ano, e sirve de estimación para o ano seguinte. Por iso, as notas de corte cambian dun ano a outro, xa que depende do número de prazas que se oferten na carreira e do número e da nota media dos alumnos que soliciten entrar nesa carreira. Será sempre unha nota diferente para cada ano e para unha mesma carreira. Son só unha orientación para o ano seguinte, porque podemos ver cal foi o alumno que entrou coa peor nota.

ENTÓN, PODEREI TER DIFERENES NOTAS DE ADMISIÓN?

Sí. Un estudante terá diferentes notas de admisión en función das universidades e titulacións nas que solicite admisión.

Poñamos un exemplo dun estudante que ten as seguintes notas e que quere estudar Medicina:

- Nota media de bacharelato: 9´00- Nota da fase xeral: 8´00

Nota de admisión antes de realizar a fase específica: (0´60*9´00) + (0´40*8´00) = 8´600

Fase específica: - Materia 1: Química 8´50- Materia 2: Bioloxía 8´20

Na universidade onde quere estudar Medicina dixéronlle que tanto Química como Bioloxía se consideran materias prioritarias e, polo tanto, teñen multiplicador de 0´2.

No caso deste estudiante, a súa nota de admisión para Medicina nesta Universidade sería: (0´60*9´00) + (0´40*8´00) + (0´2*8´50) + (0´2*8´20) = 11´940

Se ademais decide solicitar praza noutra titulación da mesma rama de coñecemento (Ciencias da Saúde), pero onde nin Química nin Bioloxía se consideran asignaturas prioritarias, o multiplicador para estas materias serían 0´1. Entón, a súa nota de admisión sería: (0´60*9´00) + (0´40*8´00) + (0´1*8´50) + (0´1*8´20) = 10´270

4

Page 5: As probas de acceso á universidade   blog

Guia PAU 2012-2013Mónica Diz Besada (Orientadora)

Polo tanto, os estudantes que soliciten praza en diferentes estudos e universidades, terán diferentes notas de admisión que se calcularán en función da ponderación (0´1 ou 0´2) das materias ás que se presentou na fase específica e que pode variar dependendo da titulación e da universidade.

PODERIA ENTRAR NUNHA CARREIRA COMO MEDICIÑA AINDA QUE O MOI BACHARELATO SEXA O DE ARTES?

En principio sí. Cando un estudante quere acceder a unha carreira onde hai máis demanda que oferta, a admisión faise por orde estricto da nota de admisión. Só en caso de empate entre dous ou máis estudantes coa mesma nota de admisión (os casos son mínimos pois se consideran dous decimais) terán preferencia os que se examinaran na fase xeral dunha materia de modalidade vinculada á rama de coñecemento á que pertence o estudio solicitado.

Quizás penses entón que a modalidade de bacharelato que se estuda non ten tanta importancia pois un estudiante de Artes pode solicitar praza para estudar unha carreira de outra rama, como por exemplo en Medicina. Efectivamente é posible, pero non hai que esquecer que as carreiras máis demandadas teñen asignaturas vinculadas que permiten aos estudantes interesados neses estudos subir nota. E se para Medicina as asignaturas de Bioloxía e Química, entre outras, permiten sumar puntos na nota de acceso á universidade, loxicamente un estudante que se preparou no Bacharelato afín terá menos dificultades para subir nota, así que seguirá sendo importante.

Por outra banda, hai que pensar que o Bacharelato debe darche unha base para levar a carreira con éxito. Se por exemplo un estudiante que cursa o Bacharelato de Artes decide solicitar praza nunha enxeñaría que non ten límite de prazas, é 100% seguro que entrará na carreira. Pero o máis probable é que a abandone, pois é moi difícil seguir o ritmo das clases sen ter unha base.

SE SUPERO A PROBA, PODO VOLVER A PRESENTARME PARA SUBIR NOTA?

Si. Haberá dúas convocatorias anuais: ordinaria (xuño) e extraordinaria (setembro). Poderás presentarte en sucesivas convocatorias para mellorar a cualificación da fase xeral ou de calquera das materias da fase específica. Considerarase sempre a cualificación superior entre as obtidas. A superación da fase xeral da proba terá validez indefinida pero a cualificación das materias da fase específica terá validez nos dous cursos seguintes á súa superación.

Debes ter en conta que en setembro podes repetir as fase que queiras para subir nota, pero aínda que acades mellor nota non terás prioridade para entrar nese ano sobre os de xuño pois estes xa foron admitidos e matriculados. Se queres ter prioridade deberás esperar ao ano seguinte para solicitar praza no período ordinario, que é en xuño.

SE CANDO ME DEAN AS NOTAS NON ESTOU DACORDO, CÓMO PODO RECLAMAR?

Terás dúas vías para reclamar:Reclamación ante a comisión organizadora: O exame non volve a corrixirse. Os exercicios sobre os que se presenta a solicitude de

reclamación serán revisados por un profesor diferente co obxecto de verificar que todas as preguntas están puntuadas, que todas as cuestións foron avaliadas cunha correcta aplicación dos criterios xerais de avaliación e específicos de corrección e que as notas están ben sumadas. A cualificación definitiva da materia será a que resulte desta revisión, sempre que sexa superior á outorgada despois da primeira corrección, agás nos casos de erros de suma, en que a cualificación será a que resulte correcta. Esta vía exclúe a posibilidade de solicitar despois a segunda corrección.

Solicitar segunda corrección: O estudiante solicitará unha segunda corrección dos exercicios nos que considere incorrecta

a aplicación dos criterios xerais de avaliación e específicos de corrección. O exame será corrixido por un profesor especialista diferente ao que fixo a primeira corrección. Coas dúas cualificacións faise a media aritmética e o resultado será a nota final. Ésta pode ser igual, superior ou inferior á primeira cualificación. Se entre a corrección inicial e a segunda corrección houbese unha diferencia de 2 ou máis puntos, farase unha terceira corrección. A cualificación final será a media aritmética das tres cualificacións. Se o alumno non está conforme co resultado da segunda corrección, ou coa terceira se

5

Page 6: As probas de acceso á universidade   blog

Guia PAU 2012-2013Mónica Diz Besada (Orientadora)

a houbera, pode presentar unha reclamación ante a Comisión Organizadora. A cualificación definitiva da materia será a que resulte desta revisión, sempre que sexa superior á outorgada despois da segunda corrección.

O prazo para solicitar calquera dos dous procedementos será de tres días hábiles dende a data de publicación das notas. A solicitude preséntase nos LERDs cun impreso específico.

Ademais o estudante ten dereito, previa solicitude, a ver o exame corrixido unha vez finalizado na súa totalidade o proceso de corrección e reclamación, no prazo de 10 días, na data e lugar que se lle indique.

QUE É MELLOR?

Solicitar segunda corrección ou reclamación?. A resposta non está nada clara. Pero ten en conta que trala segunda corrección aínda podes solicitar unha reclamación, mentres que se realizas a reclamación como primeira opción logo non terás posibilidade de solicitar novas correccións.

MÁIS DÚBIDAS...

Se suspendo os exames da fase específica, baixaranme a nota? Non. Os exames da fase específica só poden subir nota. Para que o resultado destes exames che permita subir a nota debes ter unha nota mínima de 5.

Debo presentarme á fase específica se quero estudar nunha universidade privada? A fase específica é de carácter voluntario, pero como cada universidade privada pode establecer criterios propios de acceso, debes consultado nas universidades que che interesan.

Que asignaturas elixo para cada fase, no caso de querer entrar nunha carreira con límite de prazas? Se contas con aprobar a fase xeral convén deixar para a fase específica as asignaturas onde cres que tes mellores posibilidades de sacar nota. É cuestión de matemáticas. Na fase específica ten moito máis valor a túa puntuación pois se é unha asignatura prioritaria multiplícase por 0´2, mentres que na fase xeral dilúese o valor que obteñas nesa materia, porque primeiro entra a formar parte dunha media con todas as asignaturas da fase xeral e co resultado obtido faise unha media ponderada coa túa nota de bacharelato. Tamén convén escoller sempre asignaturas prioritarias para a fase específica. Un 5 nunha materia prioritaria (5´00*0´2=1) é igual que un 10 nunha non prioritaria (10´00*0´1=1).

Quero estudar noutra comunidade: Se queres asegurar a mellor nota posible deberás ter en conta as súas propias táboas de ponderación das materias prioritarias para a fase específica, que non teñen porque coincidir coa ponderación establecida na nosa comunidade. Ten en conta ademais que para estudar en universidades públicas de comunidades diferentes debes realizar unha preinscripción por cada comunidade autónoma que estás considerando. Esta preinscripción é compatible coa que fagas en Galicia.

OS ESTUDOS UNIVERSITARIOS

6

Page 7: As probas de acceso á universidade   blog

Guia PAU 2012-2013Mónica Diz Besada (Orientadora)

Xa debes saber que os títulos universitarios divídense en títulos de:1º) GRAO: Obtense o título de graduado.2º) POSGRAO:

- MASTER: trala superación dun grao obtense unha formación especializada e máis avanzada. Obtense o título de master.

- DOUTORAMENTO: trala superación dun grao e un master , obtense unha formación avanzada en técnicas de investigación. Obtense o título de doutor.

Todos estes títulos están organizados en 5 ramas de coñecemento, que coinciden, máis ou menos, coas modalidades de bacharelato. E a cada rama de coñecemento pertencen os diferentes títulos de grao que se ofertan nas diferentes universidades de toda España.

1. Ciencias Sociais e xurídicas.2. Artes e humanidades.3. Ciencias da saúde.4. Ciencias.5. Enxeñaría e arquitectura.

Na explicación das PAU dicíase que para que a fase específica sume nota á fase xeral, as materias deben estar adscritas á rama de coñecemento do título ao que solicitas acceso. Polo tanto debes saber que materias de bacharelato están vinculadas a cada rama de coñecemento e tamén como se vinculan os títulos universitarios ás distintas ramas.

A continuación presentámosche o vínculo entre as materias de modalidade de bacharelato e as diferentes ramas de coñecemento das ensinanzas universitarias, así como os diferentes títulos de grao que se ofertan en cada rama (é só unha recompilación representativa de toda España que debes revisar na web da universidade á que queres acceder). En canto á adscrición de graos ás ramas de coñecemento debes fixarte en que moitos deles están adscritos a varias ramas, e incluso dependendo da universidade, un mesmo título pode estar adscrito a unha rama ou a outra.

VINCULACIÓN DAS MATERIAS DE MODALIDADE DE BACHARELATO E AS RAMAS DE COÑECEMENTO DAS ENSINANZAS UNIVERSITARIAS

1. CIENCIAS SOCIAIS E XURÍDICAS Análise Musical II

Anatomía aplicadaArtes escénicasBioloxíaCiencias da terra e medioamb.Cultura audiovisualDebuxo artístico IIDebuxo Técnico IIDeseñoEconomíaEconomía da EmpresaFísicaXeografíaGrego IIHª da Música e da DanzaHª da ArteHª do mundo contemporáneoLatín IILinguaxe e Práctica MusicalLiteratura UniversalMatemáticas IIMatemáticas aplicadas ás CCSSQuímicaTécnicas de Exp. gráf.-plásticaVolume

2. ENXEÑERÍA E ARQUITECTURA

BioloxíaCC. da Terra e medioambientais

7

Page 8: As probas de acceso á universidade   blog

Guia PAU 2012-2013Mónica Diz Besada (Orientadora)

Debuxo Técnico IIDeseñoEconomíaEconomía da EmpresaElectrotecniaFísicaMatemáticas IIQuímicaTecnoloxía industrial II

3. ARTES E HUMANIDADES

Análise musical IIAnatomía aplicadaArtes escénicasCultura audiovisualDebuxo artístico IIDebuxo Técnico IIDeseñoEconomíaEconomía da empresaXeografíaGrego IIHª da música e da danzaHª da arteHª do mundo contemporáneoLatín IILinguaxe práctica musicalLiteratura universalMatemáticas aplicadas ás CCSSTécnicas de exp. Gráf.-plásticaVolume

4. CIENCIAS BioloxíaCC. da terra e medioambientaisElectrotecniaFísicaMatemáticas IIQuímicaTecnoloxía industrial

5. CIENCIAS DA SAÚDE

Anatomía aplicadaBioloxíaCC. da terra e medioambientaisFísicaMatemáticas IIQuímica

8

Page 9: As probas de acceso á universidade   blog

Guia PAU 2012-2013Mónica Diz Besada (Orientadora)

PROCESO DE ADMISIÓN ÁS ENSINANZAS UNIVERSITARIAS

OFICIAIS DE GRAO DO SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA

1. O proceso de acceso constará de dúas convocatorias de preinscripción: Ordinara (xuño) e extraordinaria (setembro). As datas para a entrega de solicitudes de acceso serán as mesmas para todo o sistema universitario de Galicia e faranse públicas na web da CIUG.

2. Tódolos trámites administrativos do proceso de acceso, o alumnado deberá facelos no LERD (lugar de entrega e recollida de documentación), que están repartidos polos diversos campus de Galicia. Deberá elixir o LERD do campus escollido en primeiro lugar na solicitude de preinscripción. Tamén poderá facerse a preinscripción a través dos procedementos telemáticos que se establezan.

3. O alumnado deberá cubrir un único impreso de solicitude, onde poderá indicar ata cinco titulacións universitarias diferentes, cun máximo de dez peticións no caso de que a ensinanza se imparta en máis dun centro de Galicia.

4. Resérvanse prazas para determinados colectivos: os que acceden por proba para maiores de 25 anos, os maiores de 40 anos que acrediten experiencia laboral, para os que superen a proba de acceso para maiores de 45 anos, para os que teñan recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 33%, para deportistas de alto nivel, e para os que teñan unha titulación universitaria.

5. A orde de adxudicación das prazas é a seguinte:1º Primeiro adxudícanse as prazas a quen cumpra os requisitos en xuño deste curso ou en xuño ou setembro de anos anteriores. 2º En segundo lugar, adxudicaranse prazas aos estudiantes que cumpran os requisitos de acceso en setembro.En todo caso, deberase ter en conta que o alumnado que presente a preinscripción na convocatoria de setembro, terá prioridade en só en setembro, ainda que cumprira os requisitos en xuño deste ano ou en anos anteriores.

6. En cada colectivo do apartado anterior adxudicaranse as prazas por maior nota de admisión.

7. Nos casos de empate na nota de admisión, terán preferencia:- Os estudiantes (de bacharelato) que na fase xeral da PAU elixisen unha materia de

modalidade vinculada á rama de coñecemento do ensino a que se solicita acceder. - Os estudiantes de FP cuxo título esté adscrito ás ramas de coñecemento do ensino a

que se solicita acceder.

8. A CIUG asignará as prazas en cada titulación en cada un dos prazos que se establezan. Normalmente hai varias adxudicacións. Saen 5 listados de admitidos ao longo do mes de xullo e 3 en setembro (para os que fixeron a preinscripción en setembro). Despois de cada listado soe haber dous días para realizar a matrícula. Se o alumno foi admitido na titulación de maior preferencia, deberá facer a matrícula, pois do contrario perderá tódolos seus dereitos. De ser admitido nunha de menor preferencia pode matricularse ou esperar a ver se é admitido nunha titulación de maior preferencia ata que se anuncie o peche da matrícula nesa titulación. Poderá consultar os listados de espera en Internet e valorar a súa posición na lista de espera.

9. O alumnado poderá presentar reclamación á súa asignación de prazas no LERD onde presentou a súa solicitude de acceso.

9

Page 10: As probas de acceso á universidade   blog

Guia PAU 2012-2013Mónica Diz Besada (Orientadora)

MÁIS INFORMACIÓN NAS SEGUINTES WEBS:

ESTUDOS UNIVERSITARIOS:www.ciug.cesga.esPáxina oficial de Información sobre o acceso á universidade e PAU en Galicia : notas de corte, prazos, listados, calendarios e horarios das PAU, enlace coas universidades de toda España, matrícula na universidade, … .www.usc.esPáxina oficial da Universidade de Santiago de Compostelawww.uvigo.esPáxina oficial da Universidade de Vigowww.udc.esPáxina oficial da Universidade de Coruñawww.uned.esUniversidade a distanciawww.guiauniversidades.uji.es/base/Buscador de graos en toda Españawww.educación.esBecas do Ministerio de Educación

ESTUDOS DE FORMACIÓN PROFESIONALwww.edu.xunta.es/fpPáxina oficial de Formación Profesional en Galicia: Información da oferta, descrición dos ciclos, probas de acceso, … .

10