74

Auga para os sentidos

Embed Size (px)

DESCRIPTION

O aumento que o turismo termal experimentou en Galicia colocou a súa oferta nun indiscutible primeiro posto dentro da Península. Proba disto é a guía que ten nas súas mans, que nesta segunda edición incorpora unha nova vintena de establecementos xurdidos nos últimos tres anos.

Citation preview

Page 1: Auga para os sentidos
Page 2: Auga para os sentidos

ÍNDICEÍNDICE

2

3

5

6

8

10

12

14

15

16

18

20

22

24

26

28

30

32

33

34

35

36

37

39

40

42

45

46

47

48

49

50

51

52

53

54

55

56

57

58

61

62

63

64

65

67

68

69

70

71

72

MAPA DE SITUACIÓN

INTRODUCIÓN

HOTEIS BALNEARIO

Gran Hotel Hesperia La Toja H*****

Balneario Aguas Santas H****

Balneario de Mondariz H****

Termas de Cuntis

Castro do Balneario H****

La Virgen H***

Hesperia Balneario de Guitiriz H****

Hesperia Isla de La Toja H****

Lobios Caldaria H****

Arnoia Caldaria H***

Balneario de Compostela H***

Balneario do Río Pambre H***

Balneario y Termas de Lugo H***

Laias Caldaria H***

Balneario Acuña H**

Balneario Dávila H**

Balneario de Carballo H**

Baños de Molgas H*

Hotel Balneario H*

Os Baños da Brea H*

HOTEIS TALASO

Louxo La Toja H****

Talaso Atlántico H****

HOTEIS SPA

Augusta Spa Resort I H****

Augusta Spa Resort II H****

Carlos I H****

Ego H****

Fonte Sacra H****

Galatea H****

Gran Hotel de Lugo H****

Gran Talaso Hotel Sanxenxo H****

Husa Spa Villalba H****

Mar Atlántico H****

Oca Katiuska H****

Río do Pozo H****

As Maceiras H**

TURISMO RURAL BALNEARIO / SPA

Abadía Caldaria Grupo A (Casa Reitoral)

Doña Blanca Grupo A (Casa Grande)

Pazo de Bendoiro Grupo A (Pazo)

Pazo do Castro Grupo A (Pazo)

BALNEARIOS

Termas da Chavasqueira

NOVOS PROXECTOS TERMAIS

PROGRAMAS

ABC DO LÉXICO TERMAL

ENDEREZOS DE INTERESE

Page 3: Auga para os sentidos

O aumento que o turismo termal experimentou en Galicia colocou a súa oferta nun indiscutible

primeiro posto dentro da Península. Proba disto é a guía que ten nas súas mans, que nesta segunda

edición incorpora unha nova vintena de establecementos xurdidos nos últimos tres anos.

Non obstante, máis que a cantidade de balnearios, talasos ou hoteis con spa, resulta aínda máis

salientable a súa variedade, que permite que cada cliente atope, sen saír de Galicia, o que máis se

axuste ás súas necesidades, gustos ou orzamento: dende un modesto balneario tradicional no que

mellorarse dalgunha afección ata un establecemento á última no que optar por un tratamento de

relax, estética ou saúde, ou mesmo combinar todas estas facetas ao tempo que se goza da natureza,

dos deportes ao aire libre e, claro, da gastronomía local.

Certo é que a Galicia, unha terra callada de lendas, de literatura e ata de cancións populares dedica-

das ás súas augas, a tradición termal vénlle de lonxe. Xa os romanos, que sabían ben o que facían,

souberon utilizar os seus moitos mananciais para mellorar a saúde, mais tamén para divertirse,

relaxarse e debater nas súas termas sobre o divino e o humano. E, sen ir tan atrás no tempo, tamén

a xeografía galega está sementada daquelas pozas de sandar nas que os nosos tataravós encon-

traban alivio.

Durante a época dourada do termalismo –de mediados do s. XIX a comezos do s. XX– os balnearios

galegos con máis tradición convertéronse en grandes centros sociais que congregaban a fl or e a

crema da sociedade. Tras a guerra, e coa moda de tomar o sol na praia, foron poucos os que se

libraron da decadencia ou do peche, aínda que hoxe, impulsados pola cultura do culto ao corpo e

por un ritmo de vida que obriga a frear e recuperar o equilibrio físico e mental, os balnearios viven

un segundo renacer.

Moitos recuperaron a súa gloria de outrora incorporando instalacións de vangarda. Así atraeron un

público máis novo, que, ademais dos seus tradicionais fi ns terapéuticos, buscan uns días de acougo

e coidados, aboando a idea de que non é preciso estar enfermo para ir a un balneario. Outros, de

nova planta, abriron as súas portas ligados a hoteis de ata catro e cinco estrelas e, á calor da de-

manda, fóronselles sumando os centros de talasoterapia e os spas.

Os balnearios, cuxos tratamentos se basean nas propiedades preventivas e curativas das súas au-

gas mineromedicinais e que deben contar cun médico que as administre nos tempos axeitados,

pódense decantar pola vertente máis lúdica ou a máis terapéutica do termalismo, aínda que cada

vez é máis frecuente que combinen ambas, igual que ocorre coa talasoterapia, que basea os seus

tratamentos nas propiedades do mar e do que o rodea. Pola súa banda, os spas, onde a auga que

se emprega non conta con propiedades especiais, oriéntanse a brindarlles unhas horas de relax e

diversión aos seus clientes nas súas piscinas dinámicas ou nas súas bañeiras de burbullas, aínda que

algúns dos máis completos propoñen tal cantidade de servizos que resultan tamén unha opción

idónea para aqueles que teñen como única enfermidade a necesidade de desconectar e coidarse

uns días, que non é pouco nos tempos que corren.

INTRODUCIÓNINTRODUCIÓNGALICIA

MAPA DE SITUACIÓNMAPA DE SITUACIÓN

2

Page 4: Auga para os sentidos

O aumento que o turismo termal experimentou en Galicia colocou a súa oferta nun indiscutible

primeiro posto dentro da Península. Proba disto é a guía que ten nas súas mans, que nesta segunda

edición incorpora unha nova vintena de establecementos xurdidos nos últimos tres anos.

Non obstante, máis que a cantidade de balnearios, talasos ou hoteis con spa, resulta aínda máis

salientable a súa variedade, que permite que cada cliente atope, sen saír de Galicia, o que máis se

axuste ás súas necesidades, gustos ou orzamento: dende un modesto balneario tradicional no que

mellorarse dalgunha afección ata un establecemento á última no que optar por un tratamento de

relax, estética ou saúde, ou mesmo combinar todas estas facetas ao tempo que se goza da natureza,

dos deportes ao aire libre e, claro, da gastronomía local.

Certo é que a Galicia, unha terra callada de lendas, de literatura e ata de cancións populares dedica-

das ás súas augas, a tradición termal vénlle de lonxe. Xa os romanos, que sabían ben o que facían,

souberon utilizar os seus moitos mananciais para mellorar a saúde, mais tamén para divertirse,

relaxarse e debater nas súas termas sobre o divino e o humano. E, sen ir tan atrás no tempo, tamén

a xeografía galega está sementada daquelas pozas de sandar nas que os nosos tataravós encon-

traban alivio.

Durante a época dourada do termalismo –de mediados do s. XIX a comezos do s. XX– os balnearios

galegos con máis tradición convertéronse en grandes centros sociais que congregaban a fl or e a

crema da sociedade. Tras a guerra, e coa moda de tomar o sol na praia, foron poucos os que se

libraron da decadencia ou do peche, aínda que hoxe, impulsados pola cultura do culto ao corpo e

por un ritmo de vida que obriga a frear e recuperar o equilibrio físico e mental, os balnearios viven

un segundo renacer.

Moitos recuperaron a súa gloria de outrora incorporando instalacións de vangarda. Así atraeron un

público máis novo, que, ademais dos seus tradicionais fi ns terapéuticos, buscan uns días de acougo

e coidados, aboando a idea de que non é preciso estar enfermo para ir a un balneario. Outros, de

nova planta, abriron as súas portas ligados a hoteis de ata catro e cinco estrelas e, á calor da de-

manda, fóronselles sumando os centros de talasoterapia e os spas.

Os balnearios, cuxos tratamentos se basean nas propiedades preventivas e curativas das súas au-

gas mineromedicinais e que deben contar cun médico que as administre nos tempos axeitados,

pódense decantar pola vertente máis lúdica ou a máis terapéutica do termalismo, aínda que cada

vez é máis frecuente que combinen ambas, igual que ocorre coa talasoterapia, que basea os seus

tratamentos nas propiedades do mar e do que o rodea. Pola súa banda, os spas, onde a auga que

se emprega non conta con propiedades especiais, oriéntanse a brindarlles unhas horas de relax e

diversión aos seus clientes nas súas piscinas dinámicas ou nas súas bañeiras de burbullas, aínda que

algúns dos máis completos propoñen tal cantidade de servizos que resultan tamén unha opción

idónea para aqueles que teñen como única enfermidade a necesidade de desconectar e coidarse

uns días, que non é pouco nos tempos que corren.

INTRODUCIÓNINTRODUCIÓNGALICIA

MAPA DE SITUACIÓNMAPA DE SITUACIÓN

3

Page 5: Auga para os sentidos

4

Page 6: Auga para os sentidos

A categoría destes hoteis, que contan nas súas dependencias cun balneario

en toda regra, oscila entre unha e cinco estrelas, polo que as súas caracterís-

ticas, a súa clientela e o seu ambiente son do máis dispar. Polo xeral, os que

teñen menos estrelas están máis orientados ao aspecto terapéutico máis

tradicional dos balnearios; os máis luxosos, pola contra, adoitan mesturalo

co aspecto máis recente e lúdico destes establecementos, polo que os seus

programas de estética, benestar e relax se suman habitualmente aos des-

tinados a previr ou tratar infi nidade de afeccións, que variarán en función

das indicacións do tipo de augas mineromedicinais con que conte cada un

deles. Tanto uns coma outros teñen as súas instalacións abertas a hóspedes

do hotel e a clientes non aloxados nel. Ademais, todos eles, á marxe da

súa categoría, deben realizar os seus tratamentos baixo a supervisión dun

médico, que marca a duración necesaria e o tipo de técnicas que se deben

aplicar para lograr un fi n terapéutico efi caz.

HOTEIS - BALNEARIOHOTEIS - BALNEARIO

5

Page 7: Auga para os sentidos

SERVIZOSAdmite tarxetas de crédito | Aire acond. nos cuartos| Aire acondicionado | Alugamento de bicicletas | Alugamento de equipos audiovisuais | Antena parabólica | AscensorAscensor acces. entre plantas | Bar-cafetería | Caixa forte individual | Calefacción central | Cambio de moeda | Disco-teca | Ximnasio | Golf | Cuartos con salón-suites | Internet Internet nos cuartos | Xardín terraza | Minibar | PádelPáxina web | Piscina | Piscina climatizada | Restauranteaccesible | Sala de reunións| Salón de convencións | Sauna Secador de pelo nos cuartos | Servizo de fax | Servizo de cuartos 24 h. | Servizo médico | Sitio pintoresco | Spa Teléfono nos cuartos | Tenis | Tendas | TV nos cuartos

CARACTERÍSTICAS DAS AUGASCloruradosódicas, radioactivas, bromuradas, ferruxinosas, fl uoradas e litínicas, que

emerxen a 40 e 60 ºC.

INDICACIÓNSAfeccións dermatolóxicas, respiratorias, otorrinolaringolóxicas, reumáticas, circulatorias,

nerviosas, de risco cardiovascular e rehabilitacións.

EQUIPAMENTO E TÉCNICASDepartamento médico, ATS, clínicas de fi sioterapia, rehabilitación e de doenzas mus-

culares, baño termal e de esencias, bañeiras de hidromasaxe, ducha jet, masaxe baixo

auga, inhalacións, aerosois e pulverizadores, masaxes, drenaxe linfático, refl exoloxía

podal, envolvementos de algas e paralama, ultratone ou ximnasia pasiva, presotera-

pia, cabinas de beleza, ximnasio e club termal –piscina termal cuberta con chorros su-

bacuáticos, contracorrentes, jacuzzi e hidromasaxe– e o circuíto Universo Acuático, con

catro tipos de auga (doce, salgada, aromatizada e mineromedicinal a distintas tem-

peraturas), ademais de estanques de aroma mariño e mar termal, sauna fi nlandesa,

hammán, duchas de efectos, mármores cálidos e zona de relaxación.

PROGRAMASDescubre o Balneario, Benestar A Toxa, Termal con Aromaterapia, Termohidratación,

Bebé-mamá, Especial Silueta, Liña e Beleza, Rexuvenecemento, Gran Benestar, Gran Be-

nestar e Beleza, Reumatolóxico, Dermatolóxico, Respiratorio e Swing A Toxa (para xoga-

dores de golf), ademais de novidades como o peeling de sales da Toxa, Hot Chocolate,

Hot Stones, Shiatsu, etc.

O MÁIS: O AROMA ARISTOCRÁTICO QUE EMANA CADA RECUNCHO DESTE EDI-FICIO CALLADO DE TERRAZAS QUE SE ABREN Á LUZ TRANSPARENTE DA RÍA DE AROUSA.

Nº cuartos:198

6

Page 8: Auga para os sentidos

Illa da Toxa. 36991 O Grove, PontevedraTel: 986 730 025. Fax: 986 730 026. [email protected]

GRAN HOTEL HESPERIA LA TOJA H¨̈ ¨̈ ¨

O AMBIENTE ELEGANTE E A SOFISTICACIÓN DO ÚLTIMO EN TERMALISMO

Reformado a comezos de 2005, o seu elegante edifi cio branco

volve lucir como un dos recunchos máis aristocráticos de toda

Galicia. Entre xardíns de palmeiras e hortensias, este gran clási-

co da illa da Toxa observa dende a súa privilexiada situación

as mareas da ría de Arousa, en cuxas beiras pode verse ben

de mañá como traballan as mariscadoras. Os seus elegantes

salóns e as súas terrazas lembran a época dourada dos máis

selectos balnearios de principios do s. XX, pero as súas insta-

lacións adecuáronse ás esixencias dos nosos tempos: un cam-

po de golf de nove ocos, tenis, fútbol sala, tiro ao voo e pádel,

ademais dun club termal concibido para gozar da auga de mar

na súa vertente máis lúdica, así como un íntimo balneario no

que deixar coidarse coas últimas terapias termais.

Balneario da ToxaBalneario da Toxa

7

Page 9: Auga para os sentidos

SERVIZOS Acceso para discapacitados | Admite tarxetas de crédito Aire acondicionado nos cuartos | Aire acondicionado no salón comedor | Antena parabólica | AscensorBar-cafetería | Caixa forte individual | Calefacción indi-vidual | Custodia de valores | Garaxe | Golf | Cuartos con salón-suites | Minigolf | Minibar | Aparcadoiro | Piscina Piscina climatizada | Salón de convencións | SaunaSecador de pelo nos cuartos | Servizo médico | Sitio pintoresco | Spa | Teléfono nos cuartos | Televisión nos cuartos | Xardín terraza | Ximnasio | Acceso a Internet nos cuartos e no salón social | Fío musical nos cuartos

CARACTERÍSTICAS DAS AUGASSulfuradas e bicarbonatadas sódicas, que emerxen a 16 ºC.

INDICACIÓNSDeterminados procesos reumatolóxicos, dermatolóxicos, respiratorios, gástricos e de

páncreas.

EQUIPAMENTO E TÉCNICASCircuíto acuático cunha piscina de hidroterapia e relax con chorros de hidromasaxe, co-

los de cisne, fervenzas e piscina interior e exterior con circuíto contracorrente, jacuzzi

panorámico, camas de osixenación, piscina de contraste e cadeiras quentes, ademais de

distintos tipos de duchas –Vichy, linfodrenante, tres estacións, nebulizadas e escocesas–,

bañeiras de hidromasaxe, burbullas e ozonoterapia, baño turco, sauna fi nlandesa e sau-

na húmida, circuíto de pediluvio, gruta de xeo, ximnasio e distintos tipos de masaxes e

tratamentos de estética facial e corporal; todo dispoñible tanto para hóspedes do hotel

como para clientes externos.

PROGRAMASAntiestrés e benestar, Beleza e saúde, Relax termal e Paquete Golf.

ESPECIAL PARA NENOSCatro cuartos familiares, obradoiros infantís e gardería en determinadas datas da tem-

porada alta.

O MÁIS: O RELAXANTE AMBIENTE E O COMPLETO DA OFERTA DESTE ESTABLECE-MENTO, CUN GRAN BALNEARIO E UN CAMPO DE GOLF, AMAIS DOS MOITOS ALICIENTES QUE OFRECEN OS SEUS APRACIBLES ARREDORES.

Nº cuartos:105

8

Page 10: Auga para os sentidos

Aberto en xuño de 2006 nas proximidades dunha antiga casa

de augas e a apenas oito quilómetros dos alicientes de Mon-

forte de Lemos, este hotel de nova planta, edifi cado todo en

pedra de cantería e illado en plena natureza, non só conta cun

centenar de cuartos de moi bo gusto e dun campo de golf de

dezaoito ocos, senón tamén cun balneario á última distribuído

en dous andares ao longo e largo de 2000 m2. Decorado en

relaxantes tons malva e verde menta, na súa planta baixa

aparece unha gran piscina dinámica, con ata oito colos de

cisne a distinta presión cos que masaxear as cervicais, tres fer-

venzas e catro camas de auga, dende a que saír nadando ao

exterior franqueando a inmensa cristaleira que a enmarca e

que o inunda todo de luz natural e de vistas a unhas paisaxes

saturadas de verdor. Tanto esta piscina como os demais servi-

zos do seu chamado circuíto acuático son de libre acceso para

os hóspedes do hotel, que tamén poden aliñar a escapada ter-

mal cos tratamentos do balneario e, por suposto, cunha visita

ás bodegas da Ribeira Sacra, unha ruta en catamarán polos

canóns do Sil e infi nidade de rutas sendeiristas ou culturais

polos arredores.

Balneario de Augas SantasBalneario de Augas Santas

Os Baños, s/n. 27430 Pantón, LugoTel: 982 292 800. Fax: 982 456 [email protected]

BALNEARIO AGUAS SANTAS H¨̈ ¨̈

UN COMPLEXO EN PLENA NATUREZA CUN MODERNO BALNEARIO E UN CAMPO DE GOLF

9

Page 11: Auga para os sentidos

SERVIZOSAdmite tarxetas de crédito | Aire acond. nos cuartosAire acondicionado | Alugamento de bicicletas | Aluga-mento equipos audiovisuais | Antena parabólica | Ascen-sor | Ascensor acces. entre plantas | Bar-cafetería | Caixa forte individual | Calefacción central | Calefacción indi-vidual | Cambio de moeda | Discoteca | Edifi cio histórico Garaxe de pagamento | Ximnasio | Golf | Cuartos con salón-suites | Internet nos cuartos | Jacuzzi | Xardín te-rraza | Minibar | Páxina web | Piscina | Piscina climati-zada | Restaurante accesible | Sala de reunións | Salón de convencións | Sauna | Secador de pelo nos cuartos Servizo de fax | Servizo médico | Sitio pintoresco | Spa Teléfono nos cuartos | Tenis | Tendas | TV nos cuartos

CARACTERÍSTICAS DAS AUGASCarbogasosas, bicarbonatadocálcicas e ferruxinosas, que emerxen entre 18 e 23 ºC.

INDICACIÓNSAfeccións metabólicas, do aparello locomotor, respiratorio, sistema nervioso e cardio-

vascular.

EQUIPAMENTO E TÉCNICASpiscina interior e exterior, baños termais, bañeiras de hidromasaxe, chorros, ducha cir-

cular, aerosois, nebulizadores, pulverizadores, paralama, envolvementos en lamas ou

algas, masaxes, auga en bebida, sauna fi nlandesa, baños de vapor, ximnasio, raios UVA,

salas de relaxación con cromoterapia e musicoterapia, cabinas de estética e sauna celta;

todo isto dispoñible tanto para hóspedes do hotel como para clientes do exterior. Tamén

aberto aos clientes da rúa, o complexo termolúdico Palacio da Auga, con saunas e varias

piscinas activas.

PROGRAMASAntiestrés, Descanso, Beleza, Adelgazamento, Termal e Beleza, Respiratorio antitabaco,

Reumatolóxico, Circuíto Celta, combinados hotel+balneario+golf e diversos programas

de estética facial e corporal.

ESPECIAL PARA NENOSClub termal infantil e zona especial para nenos no Palacio da Auga, piscina infantil con

xogos e monitores, zona de animación as fi ns de semana e no verán e profesores para

nenos e clases de iniciación no Club de Golf do balneario.

O MÁIS: O CIRCUÍTO CELTA, CUNHA PISCINA TERMAL DE INSPIRACIÓN XAPONE-SA NA QUE BAÑARSE EN GRUPO AO AIRE LIBRE TRAS PASAR POLA DUCHAPEELING, O CHORRO E A SAUNA.

Nº cuartos:94

10

Page 12: Auga para os sentidos

Balneario MondarizBalneario de Mondariz

Avenida Enrique Peinador, s/n36890 Mondariz-Balneario, PontevedraTel: 986 656 156. Fax: 986 656 [email protected] www.balneariodemondariz.com

BALNEARIO DE MONDARIZ H¨̈ ¨̈

UNHA VILA TERMAL DE RAIZAME QUE CONXUGA Á PERFECCIÓN SAÚDE, BENESTAR E DIVERSIÓN

Entre fi nais do século XIX e comezos do XX, esta vila termal che-

gou a protagonizar tal vida social e cultural que ata contaba

cunha pequena imprenta na que se editaba o semanario La

temporada de Mondariz. Dende Emilia Pardo Bazán a Isaac

Peral, Primo de Rivera ou Rockefeller deixáronse coidar neste

balneario do val do Tea, rodeado pola tranquilidade infi nita

que mana da minúscula vila que lle dá nome. Tanto a súa zona

termal como o seu hotel, repartido en varios edifi cios de Anto-

nio Palacios e Genaro de la Fuente, en cuxa rehabilitación se

combinou con talento a luz, a pedra e a madeira, non deixan

de incorporar novos servizos ano tras ano. O máis recente, in-

augurado en abril de 2005, é o complexo termolúdico Palacio

da Auga, con 3000 metros cadrados nos que gozar de varias

piscinas, ademais de varias saunas a distintas temperaturas e

humidades, así como doutra piscina con espazo de xogos só

para nenos. Noutra zona máis tranquila queda o balneario á

carta, que, amais de infi nidade de terapias e programas per-

sonalizados, conta cun singular Circuíto Celta e, nos arredores,

cun campo de golf de dezaoito ocos e moitas propostas depor-

tivas como sendeirismo, ráfting, equitación ou mountain-bike.

Nas vacacións e fi ns de semana funciona unha gardería con ac-

tividades para nenos e, para adultos, organízanse en ocasións

concertos, rutas, catas de viño, queimadas e ata charlas sobre

nutrición ou sobre a historia deste balneario de raizame.

11

Page 13: Auga para os sentidos

CARACTERÍSTICAS DAS AUGASSulfurado sódicas, con varios mananciais que emerxen entre 27 e 60 ºC.

INDICACIÓNSProcesos artrósicos, respiratorios e dermatolóxicos.

EQUIPAMENTO E TÉCNICASAcquaform (piscinas termais, tanto exteriores como interiores, con zona contracorrente,

jets de masaxe nas costas e nos pés, fervenza, colos de cisne, camas de masaxe, jacuzzi,

etc.) e Vital Club (sauna fi nlandesa/estufa seca, jacuzzi, estufas de vapor con cadeiras

térmicas, cabina de xeo e sala de repouso), ademais de baños termais, bañeiras de hidro-

masaxe, ducha circular e ducha Vichy, masaxes, inhalacións, pulverizacións e aerosois,

paralama e envolvementos en algas, lodos e barros do Mar Morto, ximnasio e zona

de fi sioterapia. Todo isto dispoñible tanto para hóspedes dos dous hoteis como para

clientes externos.

PROGRAMASAntiestrés, Adelgazamento, Cura antitabaco, Posta en forma, Novas mamás, Reuma-

tolóxico, Pernas cansas, Dorsolumbalxias, Respiratorio, Hidratación corporal, circuítos

Termarium e Senda Natural, Coñeza o balneario, Pel, Anticelulítico, Redutor, Evasión,

Reafi rmante, Relax e beleza e diversos programas de estética facial e corporal.

ESPECIAL PARA NENOSBerces gratis e menús infantís baixo petición, zona de xogos, sala infantil no balneario e

prezos especiais para o acceso á súa zona lúdica.

O MÁIS: OS CIRCUÍTOS DA SENDA NATURAL, INSPIRADOS NA TRADICIÓNORIENTAL E PARA REALIZAR EN PARELLA, CON BAÑOS DE AROMATERAPIA Á LUZ DAS VELAS, ACEITES ESENCIAIS, MASAXES E MÚSICA RELAXANTE.

12

Page 14: Auga para os sentidos

Termas de CuntisTermas de CuntisUNHA VILA TERMAL CUN AMPLO E MODERNO BALNEARIO E DOUS HOTEIS CON MOITO ENCANTO

A vila de Cuntis é unha das que maior tradición termal atesou-

ra en toda Galicia. Non obstante, o seu antigo balneario foi

substituído no ano 2000 por outro de nova planta, cun deseño

de vangarda en que a luz se apropia de cada recuncho e con

2600 m_ de instalacións, ás que catro anos despois se lles en-

gadiu unha piscina exterior.

Así, o actual balneario ofrece, ademais da zona terapéutica,

un espazo máis lúdico denominado Acquaform, dende onde

se accede ás piscinas termais, tanto exterior coma interior,

con jets e camas de masaxe, circuíto contracorrente, fervenza,

jacuzzi ou colos de cisne, así coma ao Vital Club, con sauna

fi nlandesa, estufas de vapor, cabina de xeo, ximnasio ou sala

de repouso. Ao complexo súmanse os seus dous hoteis de catro

estrelas: Castro do Balneario e o inaugurado hai pouco, hotel

La Virgen.

13

Page 15: Auga para os sentidos

Rúa do Balneario, 5. 36670 Cuntis, PontevedraTel: 986 532 525 y 986 532 535. Fax: 986 532 [email protected]

CASTRO DO BALNEARIO H¨̈ ¨̈

Termas de CuntisTermas de Cuntis

SERVIZOSAdmite tarxetas de crédito | Antena parabólica | Ascensor | Ascensor acces. entre plantas | Caixa Forte individual | Calefacción central | Ximnasio | Cuartos con salón-suites Internet nos cuartos| Xardín terraza | Minibar | Páxina web | Piscina | Piscina climatizada | Restaurante accesible | Salón de convencións | Sauna | Secador de pelo nos cuartos | Servizo médico | Sitio céntrico | Teléfono nos cuartos| TV nos cuartosNº cuartos: 18

Da mesma propiedade que o balneario e que o reinaugurado

hai pouco, hotel La Virgen, levántase xunto a ambos a xoia da

coroa: o pazo no que outrora viviu o propietario do complexo

e que no 2002 abriu como un delicioso hotel con encanto, en-

volto por sosegados xardíns á beira do río Gallo, callados de

hortensias e árbores centenarias.

UN COQUETO HOTEL CON TODO O ENCANTO DOS PAZOS GALEGOS

O MÁIS: O PERSOALÍSIMO ESTILO DE CADA CUARTO E AS HORAS DE LECTURA NA TERRAZA QUE ABEIRAN AS TUPI-DAS PÓLAS DO OLMUS PÉNDULA DO XARDÍN.

14

Page 16: Auga para os sentidos

Termas de CuntisTermas de Cuntis

Rúa do Balneario, 1. 36670 Cuntis, PontevedraTel: 986 532 [email protected] www.termascuntis-sl.es

LA VIRGEN H¨̈ ¨(Pendente¨̈ ¨̈ )

SERVIZOSAdmite tarxetas de crédito | Ascensor | Ascensor acces. entre plantas | Bar-cafetería | Calefacción central | Edifi cio histórico | Ximnasio | Cuartos con salón-suites | Jacuzzi Xardín terraza | Páxina web | Piscina | Piscina climatizada | Restaurante accesible | Salón de convencións | Sauna | Servizo médico | Sitio céntrico | Sitio pintoresco Teléfono nos cuartos | TV nos cuartos

Nº cuartos: 84

Reinaugurado en setembro de 2006, este hotel de raizame que

se comunica co balneario, estrea unha cuarta estrela grazas á

reforma integral que sufriron todas e cada unha das súas de-

pendencias, contidas nun edifi cio de gran valor que responde á

estética dos pazos e cuxos bosquexos orixinais foron proxecta-

dos en 1945 polo famoso arquitecto galego Antonio Palacios.

UN HOTEL DE TRADICIÓN REINAUGURADO TRAS A SÚA TOTAL REMODELACIÓN

O MÁIS: A ACERTADA REMODELACIÓN DUN EDIFICIO CON ESTIRPE E A PAZ QUE EXHALAN OS XARDÍNS AO PÉ DO RÍO QUE O CERCAN.

15

Page 17: Auga para os sentidos

SERVIZOSAcceso discapacitados | Admite tarxetas de crédito | Aire Acond. nos cuartos | Aire acondicionado | Alugamento de bicicletas | Antena parabólica | Ascensor | Ascensor acces. entre plantas | Bar-cafetería | Caixa Forte individual | Cale-facción central | Calefacción individual | Edifi cio histórico Ximnasio | Cuartos especialmente adaptados | Cuartos con salón-suites | Internet | Internet nos cuartos | Jacuzzi Xardín terraza | Minibar | Minigolf | Pádel | Aparcadoiro de superfi cie | Piscina infantil | Restaurante accesibleSala de Reunións | Salón de convencións | Sauna | Seca-dor pelo nos cuartos | Servizo de fax | Servizo médico Sitio pintoresco | Spa | Teléfono nos cuartos | Tenis | TV nos cuartos | Vídeo DVD nos cuartos | WC accesible

CARACTERÍSTICAS DAS AUGASSulfuradas, fl uoradas sódicas e radioactivas, que emerxen a 15º.

INDICACIÓNSAfeccións hepáticas, do aparello dixestivo, dermatolóxicas e reumatolóxicas.

EQUIPAMENTO E TÉCNICASPiscina termal cuberta con chorros subacuáticos, géyser, circuíto contracorrente, camas

de burbullas, jacuzzi e colos de cisne; solarium interior e exterior, auga en bebida, masa-

xes, envolvementos en algas e lodos, ducha Vichy, inhalacións, chorro, sala de fi siotera-

pia, cabinas de estética e raios UVA, ximnasio, sala de aerobic, club termal infantil con

piscina, área de recreo e vixilancia; circuíto termal con saunas húmidas e secas, sala de

pulverización con aromaterapia, sala de xeada, piscinas de contraste frío/calor, sala de

hidratación, masaxe e relaxación e cabinas de estética; todo isto dispoñible tanto para

hóspedes do hotel como para clientes externos.

PROGRAMASBenestar, Benestar e beleza, Relaxante e descontracturante, Antiestrés, Redutor e antice-

lulítico, Rexuvenecemento e beleza, Benestar en familia, Gran Relax, Adelgazamento,

Bebé & mamá, Reumatolóxico, Hepático-dixestivo, Adelgazamento e relax, Antita-

baco, Circuíto Termal, diversos tratamentos de estética corporal e facial e combinados

hotel+balneario+golf.

O MÁIS: O CLUB TERMAL INFANTIL, QUE LLES PERMITE DIVERTIRSE AOS MÁIS PEQUENOS SEN ALTERAR O REPOUSO DOS ADULTOS.

Nº cuartos:80

16

Page 18: Auga para os sentidos

Balneario de GuitirizBalneario de Guitiriz

Carretera del Balneario s/n. 27300 Guitiriz, Lugo Tel: 982 022 200. Fax: 982 022 210reservas@hesperia-balneariodeguitiriz.comwww.hoteles-hesperia.es

HESPERIA BALNEARIO DE GUITIRIZ H¨̈ ¨̈

UNHA REHABILITACIÓN DE VANGARDA PARA UN DOS BALNEARIOS DE MAIOR TRADICIÓN DE GALICIA

Este balneario de tradición centenaria abriu por todo o alto no

verán do 2003. Mentres o hotel, que se engalanou cunha ex-

quisita reforma de deseño, ocupa un edifi cio de principios do

XX, o balneario, conectado a este por unha pasarela e inun-

dado de luz natural, é totalmente de nova construción. Nos

seus 4000 m2 de instalacións pode gozarse do último en bal-

neoterapia: dende un ecobar xunto á piscina no que tomar a

cura hidropínica de auga mineromedicinal, ou calquera tipo de

infusión relaxante ou revitalizante, a infi nidade de programas

cos que acariñar ao tempo o corpo e o espírito, e mesmo un

Club Termal Infantil con piscina, tobogán, colchonetas ou jet

de auga mineromedicinal exclusivamente para os máis peque-

nos, vixiado polo socorrista e vixiable tamén polos pais a través

dunha cristaleira que dá á piscina de adultos. Un campo de golf

de 9 buratos e un bosque privado de 30 hectáreas cheo de car-

reiros rodea o establecemento, que ofrece vistas marabillosas,

tanto dende os cuartos como, incluso, dende as bañeiras de

hidromasaxe do balneario, que contan todas cunha xanela que

mira cara aos xardíns.

17

Page 19: Auga para os sentidos

SERVIZOSAcceso discapacitados | Admite tarxetas de crédito | Aire Acond. nos cuartos | Antena parabólica | Ascensor | As-censor acces. entre plantas | Bar-cafetería | Caixa Forte individual | Calefacción central | Calefacción individual Cambio de moeda | Garaxe gratuíto | Ximnasio | Cuar-tos con salón-suites | Internet | Jacuzzi | Xardín terrazaMinibar | Páxina web | Aparcadoiro de superfi cie | Apar-cadoiro praza discapacitados| Piscina | Piscina accesiblePiscina climatizada | Piscina climatizada accesible | Res-taurante accesible | Salón de convencións | Sauna | Seca-dor pelo nos cuartos | Servizo médico | Sitio pintorescoTeléfono nos cuartos | Tenis | TV nos cuartos | WC accesible

CARACTERÍSTICAS DAS AUGASCloruradosódicas, radioactivas, bromuradas, ferruxinosas, fl uoradas e litínicas, que

emerxen a 20 e 60º.

INDICACIÓNSAfeccións dermatolóxicas, respiratorias, otorrinolaringolóxicas, reumáticas, circulatorias,

nerviosas, de risco cardiovascular e rehabilitacións.

EQUIPAMENTO E TÉCNICASPiscina cuberta de auga de mar con chorros subacuáticos, circuíto contracorrente, camas

de burbullas, jacuzzis e colos de cisne, e piscina exterior igualmente de auga mariña con

chorros e jacuzzis; departamento Médico, ATS, clínicas de fi sioterapia, rehabilitación e

de doenzas musculares; baño termal, chorro, bañeiras de hidromasaxe, baños de esen-

cias, envolvementos en barros e algas, paralama, inhalacións, aerosois e pulverizacións,

maniluvios e pediluvios, ducha circular, masaxes e masaxes baixo auga, drenaxe lin-

fática, refl exoloxía podal, ximnasio, electroterapia, ultratone ou ximnasia pasiva, pre-

soterapia, salas de relaxación e cabinas de beleza; todo dispoñible tanto para hóspedes

do hotel como para clientes externos.

PROGRAMASTermal descontracturante, Talaso Termal, Beleza Illa da Toxa, Termal Relaxante, Drenante,

Coida a túa Liña, Beleza Sales da Toxa, Escapada Relaxación Illa da Toxa, Descontractu-

rante Mineromedicinal, Benestar A Toxa, Renovador, Respiratorio, Reumatolóxico e Der-

matolóxico.

O MÁIS: AS INSTALACIÓNS DE VANGARDA DO CLUB TERMAL, CON 4.000 M2 E AS VISTAS MÁIS FABULOSAS Á RÍA DE AROUSA.

Nº cuartos:104

18

Page 20: Auga para os sentidos

Balneario illa da ToxaBalneario Illa da Toxa

Illa da Toxa. 36991 O Grove, PontevedraTel: 986 730 050. Fax: 986 730 101. [email protected]

HESPERIA ISLA DE LA TOJA H¨̈ ¨̈

UNHA DAS MÁIS COMPLETAS E MODERNAS INSTALACIÓNS TERMAIS DE GALICIA

Inaugurado no 2001, este hotel amosa unha liña minimalista

de gusto exquisito. Conectada á zona hoteleira aparece a súa

zona termal, tamén de vangarda e con 4000 m2, dedicados

por unha banda ao balneario terapéutico e, por outra, á ver-

tente máis lúdica da auga, servizos estes aos que se lles enga-

diu nos primeiros meses de 2006 unha piscina infantil dentro

do Club Termal. Este, presidido por unha gran piscina de auga

de mar, quentada a 33 ºC, atesoura unha inmensa cristaleira

que deixa ver as vistas máis sublimes da ría de Arousa. Pero

esta piscina, con fervenzas e chorros subacuáticos que masa-

xean cada centímetro do corpo, é só o relaxante último paso

dun circuíto precedido de saunas e baños de vapor aromati-

zado e intercalado con xeada para provocar un choque térmico

que reactiva a circulación, ou cuns instantes de repouso sobre

os mármores cálidos nos que relaxar os músculos ou aliviar

dores de costas. Golf, tenis, pádel e actividades náuticas com-

pletan a súa oferta.

19

Page 21: Auga para os sentidos

SERVIZOSAcceso discapacitados | Admite tarxetas de crédito | AireAcond. nos cuartos | Antena parabólica | Ascensor | Ascen-sor acces. entre plantas | Bar-cafetería accesible | Caixa Forte individual | Calefacción central | Calefacción individual Garaxe | Ximnasio | Internet | Jacuzzi | Xardín terraza | Mini-bar | Páxina web | Aparcadoiro de superfi cie | Perruquería Piscina | Piscina accesible | Piscina climatizada | Restau-rante accesible | Salón de convencións | Sauna | Secador pelo nos cuartos | Servizo médico | Sitio pintoresco | Telé-fono nos cuartos | Tendas | TV nos cuartos | WC accesible

CARACTERÍSTICAS DAS AUGASBicarbonatadas sódicas, oligometálicas, fl uoradas e hipertermais, que emerxen a 77º.

INDICACIÓNSEstrés, procesos dermatolóxicos, respiratorios, reumatolóxicos, do aparello locomotor e

tratamento vía oral de procesos dixestivos e renais.

EQUIPAMENTO E TÉCNICASBaños de vapor, sauna, piscinas termais interiores e exterior con chorros subacuáticos

e colos de cisne, ducha circular e ducha escocesa, circuíto Termarium con bañeiras de

hidromasaxe, jacuzzi, duchas Vichy e fi liforme, maniluvio-pediluvio, cadeiras térmicas,

piscinas de contraste, termas húmidas e secas, duchas de orballo aromático e zonas de

relaxación con cromoterapia; chorros, paralama, envolvementos de algas e lodos, ma-

saxes e masaxes baixo ducha, ximnasio convencional e ximnasio de rehabilitación con

fi sioterapeutas, electroterapia e tratamentos de estética corporais e faciais, realizados

con produtos da súa propia liña de cosmética termal «De Balneis», elaborada con auga

mineromedicinal e compoñentes biolóxicos. Todo isto dispoñible tanto para hóspedes

do hotel como clientes do exterior.

PROGRAMASAntiestrés, Relax e Beleza, Forfait Relax e Semana «De Balneis», así como programas

terapéuticos personalizados, programas para familias e para grupos de séniors, distin-

tos tratamentos de 1 día de relaxación e estética facial e corporal, ou a posibilidade de

ampliar os programas cunha estadía «lúdica» extra. Ademais, Caldaria oferta ao longo

do ano programas especiais, coma as escapadas de Outono e Inverno, ou os paquetes

Primavera Caldaria, Vacacións Caldaria, Bono Saúde, Relax Termal, etc.

ESPECIAL PARA NENOSUn programa Especial Familia, menú infantil e servizo de animación nas horas en que os

nenos non poden acceder ao balneario (talleres, teatro, pintura, papirofl exia, etc).

O MÁIS: A SÚA LOCALIZACIÓN NO PARQUE NATURAL, CON INFINIDADE DE RU-TAS PARA OS APAIXONADOS DA ECOLOXÍA E, PARA REPOÑER FORZAS, AS ESPE-CIALIDADES EXÓTICAS DO SEU RESTAURANTE.

Nº cuartos:85

20

Page 22: Auga para os sentidos

Balneario de LobiosBalneario de Lobios

Riocaldo s/n. 32870 Lobios, Ourense Tel: 988 01 00 50. Fax: 988 01 00 55 [email protected]

LOBIOS CALDARIA H¨̈ ¨̈

MODERNAS INSTALACIÓNS TERMAIS DENTRO DUN ESPECTACULAR PARQUE NATURAL

Este balneario de decoración minimalista abriu as súas portas

en xuño de 2002 no lugar de Río Caldo, enmarcado por unha

das áreas de maior valor ecolóxico de Galicia: o Parque Natural

Baixa Limia-Serra do Xurés. Como testemuñan os xacementos

próximos ao campamento de Porto Quintela (Bande), as au-

gas da zona xa foron utilizadas polos romanos e, inspirado nas

técnicas que eles empregaban, destaca como produto estrela

da casa o circuíto Termarium, a perdición de todo hedonista

que de tal se gabe. A súa situación dentro do Parque Natural

permite realizar fantásticas camiñadas por infi nidade de rutas,

e a súa proximidade á fronteira con Portugal, a apenas seis

quilómetros, regala alicientes como facer unha escapada ao

país veciño, así como a Celanova ou Santa Comba de Bande. E

para os nenos, as actividades con monitores que se organizan

todas as fi ns de semana e nas épocas de maior ocupación.

21

Page 23: Auga para os sentidos

SERVIZOSAcceso discapacitados | Admite tarxetas de crédito | Aire Acond. nos cuartos | Alugamento de bicicletas | Ascen-sor | Ascensor acces. entre plantas | Bar-cafetería | Caixa Forte individual | Calefacción central | Calefacción in-dividual | Garaxe | Ximnasio | Cuartos con salón-suites Xardín terraza | Minibar | Páxina web | Aparcadoiro de superfi cie | Perruquería | Piscina | Piscina accesiblePiscina climatizada | Recepción | Restaurante accesi-ble | Salón de convencións | Sauna | Secador pelo nos cuartos | Servizo médico | Sitio pintoresco | Teléfono nos cuartos | Tenis | Tendas | TV nos cuartos | WC accesible

CARACTERÍSTICAS DAS AUGASSulfuradas, bicarbonatadas sódicas e fl uoradas e hipotermais, que emerxen a 22º.

INDICACIÓNSEstrés, afeccións dermatolóxicas e respiratorias, reumatismos, procesos poscirúrxicos e

postraumáticos e alteracións menstruais.

EQUIPAMENTO E TÉCNICASBaños de vapor, sauna, piscinas termais interiores e exterior con chorros subacuáticos

e colos de cisne, ducha circular e ducha escocesa, circuíto Termarium con bañeiras de

hidromasaxe, jacuzzi, duchas Vichy e fi liforme, maniluvio-pediluvio, cadeiras térmicas,

piscinas de contraste, termas húmidas e secas, duchas de orballo aromático e zonas de

relaxación con cromoterapia; chorros, paralama, envolvementos de algas e lodos, ma-

saxes e masaxes baixo ducha, ximnasio convencional e ximnasio de rehabilitación con

fi sioterapeutas, electroterapia e tratamentos de estética corporais e faciais, realizados

con produtos da súa propia liña de cosmética termal «De Balneis», elaborada con auga

mineromedicinal e compoñentes biolóxicos. Todo isto dispoñible tanto para hóspedes

do hotel como clientes do exterior.

PROGRAMASAntiestrés, Relax e Beleza, Forfait Relax e Semana «De Balneis», así como programas

terapéuticos personalizados, programas para familias e para grupos de séniors, distin-

tos tratamentos de 1 día de relaxación e estética facial e corporal, ou a posibilidade de

ampliar os programas cunha estadía «lúdica» extra. Ademais, Caldaria oferta ao longo

do ano programas especiais, coma as escapadas de Outono e Inverno, ou os paquetes

Primavera Caldaria, Vacacións Caldaria, Bono Saúde, Relax Termal, etc.

ESPECIAL PARA NENOSUn programa Especial Familia, menú infantil e servizo de animación nas horas en que os

nenos non poden acceder ao balneario (talleres, teatro, pintura, papirofl exia, etc).

O MÁIS: A ABADÍA, UN ANTIGO PRIORADO PRÓXIMO AO BALNEARIO QUE ESTE PON A DISPOSICIÓN DOS HÓSPEDES QUE QUEIRAN GOZAR DOS SEUS SERVI-ZOS TERMAIS MENTRES SE ALOXAN NESTA PEQUENA XOIA CON SÓ 16 CUARTOS, CADA UN MÁIS APETECIBLE CA O OUTRO.

Nº cuartos:50

22

Page 24: Auga para os sentidos

Balneario de ArnoiaBalneario de Arnoia

R/Vila Termal, 1. 32417 Arnoia, Ourense Tel: 988 492 400. Fax: 988 492 [email protected] www.caldaria.es

ARNOIA CALDARIA H¨̈ ¨

NUNHA CONTORNA SOSEGADA ENTRE OS VIÑEDOS DAS BEIRAS DO MIÑO

Entre montes, viñedos e carballeiras, e á carreiriña dun can da

xudería de Ribadavia, en Arnoia destaca, sobre todo, a súa gran

piscina exterior, unha atalaia que se levanta sobre esta agreste

revolta da comarca do Ribeiro e que se complementa coas pis-

cinas interiores do balneario, termais e con chorros subacuáti-

cos que masaxean todo o corpo, así coma con outros praceres

entre os que fi gura o seu circuíto Termarium. O balneario, inau-

gurado en 1995, foi sufrindo dende entón pequenas reformas,

tanto na súa zona termal coma na súa parte hoteleira; a últi-

ma, terminada en febreiro de 2006. Arnoia foi un dos pioneiros

en combinar o aspecto terapéutico tradicional dos balnearios

coa súa máis recente vocación lúdica. Así, mentres a súa con-

torna ofrece relaxantes paseos para quen busca acougo, os

que queren algo máis de actividade poden practicar alí mesmo

tenis, baloncesto, fútbol sala, rutas en bicicleta ou actividades

náuticas no Miño e no Arnoia, entre as que destacan os paseos

en catamarán. E, cando o tempo acompaña, tamén se poden

tomar unhas copas á beira do río no pavillón xunto ao embar-

cadoiro. Ata os nenos teñen o seu parque infantil, e ás horas

nas que non poden entrar no balneario, contan nas épocas de

maior afl uencia con actividades especiais con monitores para

que os seus pais se poidan relaxar. Todos os servizos do bal-

neario están tamén a disposición dos hóspedes da Abadía de

Arnoia, un antigo priorado reconvertido nun delicioso hoteliño

con encanto situado á volta da esquina do balneario e perten-

cente á mesma propiedade.

23

Page 25: Auga para os sentidos

SERVIZOSAcceso discapacitados | Actividades de lecer/animaciónAdmite tarxetas de crédito | Aire Acond. nos cuartos | Aire acondicionado | Alugamento equipos audiovisuais | Antena parabólica | Área de xogos para nenos | Ascensor | Ascensor acces. entre plantas | Bar-cafetería | Caixa Forte individual Calefacción central | Calefacción individual | Cambio de moeda | Espazo reservado fumadores | Garaxe gratuítoXimnasio | Cuartos especialmente adaptados | Cuartos fa-miliares | Internet | Internet nos cuartos | Jacuzzi | Xardín terraza | Páxina web | Aparcadoiro de superfi cie | Aparca-doiro praza discapacitados | Piscina climatizada | Piscina infantil | Restaurante accesible | Sala de Reunións | Salón de convencións | Sauna | Secador pelo nos cuartos | Servizo de canguro | Servizo de fax | Servizo médico | Sitio pintoresco Spa | Teléfono nos cuartos | TV nos cuartos | WC accesible

CARACTERÍSTICAS DAS AUGASSulfatadas, bicarbonatado-sódicas, silicatadas e fl uoradas.

INDICACIÓNSProblemas psicolóxicos como estrés, ansiedade ou depresión e do sistema nervioso;

trastornos metabólicos, como obesidade e factores de risco cardiovascular; reumatismos

crónicos; enfermidades respiratorias crónicas, como asma ou bronquiectasias, enfermi-

dades da pel e do aparello dixestivo.

EQUIPAMENTO E TÉCNICASBaños mineromedicinais con bañeiras Niágara e Xamaica, chorros, inhalacións, ducha

Vichy, piscina de rehabilitación, envolvementos de algas e lodos, masaxes, presoterapia,

ultratone e fi sioterapia, así coma numerosos tratamentos de estética facial e corporal.

PROGRAMASDescontracturante, Relaxante, Antiestrés, Redutor & Anticelulítico, Rexuvenecemento

& Beleza e Día Gran Relax Compostela, así como o circuíto Club Termal, con dúas pis-

cinas activas de auga mineromedicinal, distintos tipos de saunas e duchas e zona de

relaxación con mármores quentes, así coma distintos tipos de masaxes e tratamentos

de estética facial e corporal.

ESPECIAL PARA NENOSUnha sala lúdica no ximnasio na que poden xogar mentres os seus pais fan deporte, e

algúns cuartos concibidos para familias con nenos.

O MÁIS: AS SÚAS VELADAS TERMAIS, QUE COMBINAN UNHA SESIÓN NO CLUB TERMAL DO BALNEARIO CUN MENÚ DEGUSTACIÓN NO RESTAURANTE DO HOTEL A UN PREZO TENTADOR.

Nº cuartos: 59

24

Page 26: Auga para os sentidos

Balneario de CompostelaBalneario de Compostela

Estrada Santiago-Noia, km 8.Os Ánxeles 15280 Brión, A CoruñaTel: 981 559 000. Fax: 981 884 817 [email protected]

BALNEARIO DE COMPOSTELA H¨̈ ¨

UN ESTABLECEMENTO DE NOVA PLANTA A TIRO DE PEDRA DO CENTRO DE SANTIAGO

Aínda que a súa elegante decoración, a tecnoloxía implantada

tanto nos seus cuartos coma na súa área termal, e ata o seu

cheiro a novo insistan en recordarnos que este hotel-balneario,

situado nunha área residencial de Santiago, abriu as súas por-

tas a fi nais do 2004, o certo é que as xentes da zona aínda

se refi ren a el coma a Burga do Tremo, custodia do histórico

manancial de Nosa Señora dos Ánxeles ao que aínda acoden

hoxe moitos a encher algunha garrafa. Do vello balneario ape-

nas queda un carballo centenario no xardín do hotel, as vellas

casas de pedra nas que antano se aloxaban os auguistas, e que

aínda se poden ver nos seus arredores e, por suposto, as súas

augas fortemente mineralizadas; porque todo o demais neste

establecemento, levantado xunto á estrada que liga Santiago

con Noia, é rotundamente novo. E aínda que iso xa se intúe así

que se pon un pé na súa ampla recepción, faise máis evidente

ao acceder aos seus 2000 m2 de impecables instalacións ter-

mais, repartidas por dúas plantas e divididas na Zona de Trata-

mentos e o Club Termal, inundado de luz natural e cun toque

de deseño. A estes servizos, que combinan o aspecto lúdico co

máis terapéutico do termalismo, súmase un completísimo xim-

nasio cunha morea de clases con monitor, e mesmo gratuítas,

para os hóspedes. Todo iso fai deste balneario unha opción

moi a ter en conta por quen soñe con gozar duns días nos que

coidarse ou poñerse en forma sen renunciar aos alicientes cul-

turais e de lecer que brinda unha cidade coma Santiago, a dez

minutos en coche.

25

Page 27: Auga para os sentidos

SERVIZOSAcceso discapacitados | Admite tarxetas de crédito | Aire Acond. nos cuartos | Aire acondicionado | Alugamento de bicicletas | Ascensor | Ascensor acces. entre plantasBar-cafetería | Caixa Forte individual | Calefacción centralCalefacción individual | Ximnasio | Cuartos especialmente adaptados | Jacuzzi | Xardín terraza | Aparcadoiro de super-fi cie | Piscina accesible | Piscina climatizada | Restaurante accesible | Sauna | Servizo de fax | Servizo médico | Sitio pintoresco | Spa | Teléfono nos cuartos | TV nos cuartos

CARACTERÍSTICAS DAS AUGASSulfuradas fl uoradas, que emerxen a 16 ºC.

INDICACIÓNSEstrés e afeccións dermatolóxicas, reumáticas e respiratorias.

EQUIPAMENTO E TÉCNICASPiscina termal cuberta con chorros subacuáticos e camas de burbullas, zona de re-

laxación, sauna seca e húmida, jacuzzi e poza de contraste, baños termais, bañeiras

de burbullas, chorros, ducha circular, masaxes e drenaxe linfática ou presoterapia, en-

volvementos en algas e lodos, inhalacións, shiatsu e tratamentos de estética facial e

corporal.

PROGRAMASAntiestrés, Beleza, Descanso, Termal e Beleza, Pernas Cansas, Reumatolóxico e Respira-

torio ou Antitabaco.

ESPECIAL PARA NENOSParque infantil, horario específi co de acceso ás instalacións termais e programa de bal-

neario para nenos (ata 14 anos), con baño de burbullas e masaxe infantil.

O MÁIS: OS SEUS ARREDORES, QUE INVITAN A COMBINAR OS TRATAMENTOS NO BALNEARIO CON SOLITARIOS PASEOS E OUTRAS ACTIVIDADES AO AIRE LI-BRE.

Nº cuartos: 11

26

Page 28: Auga para os sentidos

Balneario de Río PambreBalneario de Río Pambre

Lugar de Vilariño. 27203 Palas de Rei, LugoTel: 982 153 232. Fax: 982 153 [email protected]

BALNEARIO DO RÍO PAMBRE H¨̈ ¨

UN HOTEL CON ENCANTO, ILLADO NA NATUREZA, NO QUE COMBINAR OS SEUS TRATAMENTOS COA PAZ MÁIS ABSOLUTA OU OS DEPORTES AO AIRE LIBRE

Enmarcado nunha agreste paisaxe á que se chega seguindo

unha pista forestal, este establecemento, inaugurado o verán

de 2003 e levantado en pedra, madeira e lousa, apenas se

afasta uns quilómetros do Camiño de Santiago. A maioría dos

seus coquetos cuartos, tanto os do edifi cio principal como os

situados nas dúas pallozas anexas, contan con fi estras que

miran cara ao río e ao tupido bosque autóctono que o rodea

e, con sorte, ata deixan albiscar ao fondo a bucólica ruína do

castelo do Pambre, un dos mellores vestixios da arquitectura

medieval militar de toda Galicia. O seu ambiente e o agarimo

na súa decoración, acrecentados no inverno de 2006 por un

salón con cheminea e pequenos recunchos de lectura en que

seguir relaxándose tras unha sesión no balneario, fan que se

asemelle a un pazo de turismo rural ou a un hotel con encanto.

A todo isto únese ademais a súa apetecible oferta deportiva,

con sendeirismo ou bicis, entre outras posibilidades que ofre-

cen os arredores.

27

Page 29: Auga para os sentidos

SERVIZOSAcceso discapacitados | Actividades de lecer/animación Admite tarxetas de crédito | Alugamento de bicicletasAntena parabólica | Ascensor | Ascensor acces. entre plantasBar-cafetería | Caixa Forte individual | Calefacción central Edifi cio histórico | Ximnasio | Cuartos especialmente adaptados | Internet | Jacuzzi | Xardín terraza | Páxina web Aparcadoiro de superfi cie | Piscina climatizada | SaunaServizo de fax | Servizo médico | Sitio céntrico | Sitio pinto-resco | Teléfono nos cuartos | TV nos cuartos | WC accesible

CARACTERÍSTICAS DAS AUGASSulfurado-sódicas, bicarbonatadas e hipertermais, que emerxen a 43,8 ºC.

INDICACIÓNSAfeccións reumatolóxicas, respiratorias e dermatolóxicas.

EQUIPAMENTO E TÉCNICASBaños termais, bañeiras de hidromasaxe e de burbullas, maniluvios e pediluvios, cho-

rros, ducha circular, ducha Vichy, piscina terapéutica con chorros subacuáticos e colo de

cisne; duchas nasais, pulverizacións, inhalacións e aerosois termais; auga en bebida,

sala de masaxes de distintos tipos, sala de fi sioterapia e ximnasio; envolvementos de al-

gas e lodos, paralama, vendas frías, presoterapia, salas de estética e circuíto termal con

cadeiras térmicas, jacuzzi, piscina termal, vaporarium e sauna seca con cromo e aroma-

terapia; todo iso dispoñible tanto para hóspedes do hotel como para clientes externos.

PROGRAMASReumatolóxico, Respiratorio básico, Respiratorio antitabaco, Antiestrés, Pernas cansas,

Anticelulítico, Circuíto termal e programas de estética facial e corporal.

ESPECIAL PARA NENOSTratamentos para nenos a partir de 3 anos, descontos no restaurante e berces gratuí-

tos.

O MÁIS: AS VELLAS TERMAS ROMANAS QUE SE PODEN VISITAR NO PROPIO BALNEARIO, UNHA DELAS CASE INTACTA COAS SÚAS BÓVEDAS EN LOUSA.

Nº cuartos:64

28

Page 30: Auga para os sentidos

Balneario de LugoBalneario de Lugo

Barrio da Ponte, s/n.27004 Lugo Tel: 982 22 12 28. Fax: 982 22 16 59. [email protected]

BALNEARIO Y TERMAS DE LUGO H¨̈ ¨

INSTALACIÓNS DO SÉCULO XXI ENTRE AS RUÍNAS DUNHAS TERMAS ROMANAS

As augas do seu manancial xa eran utilizadas polos romanos

e, como proba, o balneario exhibe as súas antigas termas, de-

claradas Ben de Interese Cultural e abertas ás visitas, e ata ten

previsto escavar no exterior unha vella piscina romana na que,

quizais no futuro, poidan bañarse os termalistas. Unha das

súas captacións de auga é tamén a que utilizaron no seu día os

romanos, e mesmo a antiga palestra na que estes realizaban

os seus exercicios saíu á luz cando hai anos se efectuaron as

obras de ampliación da cafetería. É probable que outros pobos

anteriores se servisen tamén dos benefi cios das súas augas,

pero do que non hai dúbida é de que, ata a data, xeracións e

xeracións de lucenses foron forxando ao redor deste balneario

unha gran tradición termal. Situado á entrada da cidade, ao

longo dun paseo axardinado duns dez quilómetros á beira do

Miño, este establecemento alberga a maioría dos cuartos e

o chamado balneario terapéutico nun edifi cio do século XIX

totalmente renovado. Nun anexo, outro edifi cio levantado no

2001 suma outra vintena de cuartos e o moderno balneario

lúdico, máis orientado a tratamentos de relax e beleza. E todo

iso a dous pasos dos alicientes da cidade de Lugo.

29

Page 31: Auga para os sentidos

SERVIZOSAcceso discapacitados | Admite tarxetas de crédito | Aire Acond. nos cuartos | Alugamento de bicicletas | Ascensor Ascensor acces. entre plantas | Bar-cafetería | Caixa Forte individual | Calefacción individual | Garaxe gratuíto | Garaxe prazas discapacitados | Ximnasio | Cuartos con salón-suites Jacuzzi | Xardín terraza | Minibar | Páxina web |Aparcadoiro de superfi cie |Aparcadoiro praza discapacitados | Perru-quería | Piscina accesible | Piscina climatizada | Restaurante accesible | Salón de convencións | Sauna | Secador pelo nos cuartos | Servizo médico | Sitio pintoresco | Teléfono nos cuartos | Tenis | Tendas | TV nos cuartos | WC accesible

CARACTERÍSTICAS DAS AUGASBicarbonatadas-sódicas, alcalinas e hipertermais, que emerxen a 51 ºC.

INDICACIÓNSEstrés, procesos poscirúrxicos e postraumáticos, afeccións respiratorias, gástricas e reu-

matolóxicas.

EQUIPAMENTO E TÉCNICASBaños de vapor, sauna, piscinas termais interiores e exterior con chorros subacuáticos

e colos de cisne, ducha circular e ducha escocesa, circuíto Termarium con bañeiras de

hidromasaxe, jacuzzi, duchas Vichy e fi liforme, maniluvio-pediluvio, cadeiras térmicas,

piscinas de contraste, termas húmidas e secas, duchas de orballo aromático e zonas de

relaxación con cromoterapia; chorros, paralama, envolvementos de algas e lodos, ma-

saxes e masaxes baixo ducha, ximnasio convencional e ximnasio de rehabilitación con

fi sioterapeutas, electroterapia e tratamentos de estética corporais e faciais realizados

con produtos da súa propia liña de cosmética termal «De Balneis», elaborada con auga

mineromedicinal e compoñentes biolóxicos. Todo isto dispoñible tanto para hóspedes

do hotel como clientes do exterior.

PROGRAMASAntiestrés, Relax e Beleza, Forfait Relax e Semana «De Balneis», así como programas

terapéuticos personalizados, programas para familias e para grupos de séniors, distintos

tratamentos de 1 día de relaxación e estética facial e corporal, ou a posibilidade de am-

pliar os programas cunha estancia «lúdica» extra. Ademais, Caldaria oferta ao longo

do ano programas especiais, coma as escapadas de Outono e Inverno, ou os paquetes

Primavera Caldaria, Vacacións Caldaria, Bono Saúde, Relax Termal, etc.

ESPECIAL PARA NENOSUn programa Especial Familia, menú infantil e servizo de animación nas horas en que os

nenos non poden acceder ao balneario (talleres, teatro, pintura, papirofl exia, etc).

O MÁIS: VER COMO DO OUTRO LADO DA CRISTALEIRA VAI CAENDO A NOITE SOBRE OS MONTES MENTRES UN CHORRO DE AUGA A PRESIÓN SE OCUPA DAS CERVICAIS.

Nº cuartos:98

30

Page 32: Auga para os sentidos

Balneario de LaiasBalneario de Laias

R/Vila Termal, 1. 32459 Laias, Ourense Tel: 988 280 409. Fax: 988 280 [email protected] www.caldaria.es

LAIAS CALDARIA H¨̈ ¨

UNHAS INSTALACIÓNS DE EXCEPCIÓN NUNHA PAISAXE BUCÓLICA XUNTO AO MIÑO

Á beira do Miño, na comarca do Ribeiro, este establecemento

de deseño inaugurado en abril de 2001 permite, illado como

está na parroquia, un total recollemento, aínda que a dous

pasos dos alicientes da cidade, xa que se atopa a só quince

minutos de Ourense e a menos dunha hora de Vigo. Preto

quedan tamén recunchos tan bucólicos como a xudería de

Ribadavia ou Pazos de Arenteiro, pero o certo é que, unha vez

dentro, apetece pouco saír do seu balneario, amplo e diáfano,

presidido por unha inmensa cristaleira que o inunda todo de

luz natural e que permite gozar das vistas dos montes e do río

mentres se repousa nas súas hamacas. Tamén o balneario in-

vita a sucumbir aos praceres dun circuíto polo seu sofi sticado

Termarium, ou a mergullarse nas súas piscinas de auga termal

a 34 ºC, con chorros subacuáticos que van masaxeando cada

centímetro do corpo. Mesmo dende unha delas pode saírse

nadando á piscina exterior, perfecta tamén no inverno. Trátase

dun balneario idóneo para todo tipo de público, ata para fa-

milias con nenos, que poden acceder a determinadas horas ao

balneario e, cando este se reserva aos adultos, os máis peque-

nos poden, nas temporadas de maior afl uencia, participar

en actividades organizadas por monitores. A estación termal

conta tamén cun peirao no río e prevé a curto prazo poñer en

marcha actividades náuticas.

31

Page 33: Auga para os sentidos

CARACTERÍSTICAS DAS AUGASCloruradas, fl uoradas, silicatadas, bicarbonatadas, sódico-litínicas,

azoadas, sulfuradas e radioactivas, que emerxen a 39 ºC.

INDICACIÓNSReumatismos e afeccións de vías respiratorias e psiconerviosas.

EQUIPAMENTO E TÉCNICASPiscina termal exterior, baños termais, baños de burbullas, masa-

xes, chorros,aerosois, inhalacións simples e en chorros de vapor,

ducha nasal, ducha escocesa, néboa, vaporizacións e paralama;

todo isto dispoñible tanto para hóspedes do hotel como para cli-

entes externos.

PROGRAMASO médico confecciónaos a medida, en función das características

de cada persoa.

ESPECIAL PARA NENOSPiscina infantil e zona de xogos.

R/Herrería, 2. 36650 Caldas de Reis, PontevedraTel: 986 540 010. Fax: 986 540 055 www.relaistermal.com

BALNEARIO ACUÑA H¨̈UN BALNEARIO CON SABOR TRADICIONAL ASOMADO AO RÍO UMIA

Enmarcada xunto ao mostrador de recepción pódese ler unha cróni-

ca publicada en 1908 no Faro de Vigo que reza “El exministro Pedro

Acuña recuperó la salud en los baños del manantial, que lleva su

nombre, y construyó de su peculio en el año 1813 el primer cuerpo

de una sólida edifi cación sobre la cual se levanta hoy el soberbio bal-

neario-hotel”. Era a época na que este establecemento erixido xunto

ao río Umia vivía os tempos dourados da balneoterapia; cando antes

da guerra a xente ben se daba cita neles verán tras verán. O edifi cio

do hotel, todo de pedra e con grandes salóns panelados en madeira,

cos seus espellos e lámpadas e portóns de cristal biselado, recorda o

esplendor daquela época. O balneario, reconstruído en 2001, devól-

venos con todo á nosa, aínda que arredor del se conservan algunhas

vellas bañeiras de mármore recicladas en testos que lle engaden ver-

dor ao emparrado da entrada. Xunto á piscina termal do Xardín le-

vántanse tamén 16 bungalós moi demandados no verán por familias

con nenos. Tras cambiar de propietarios, está prevista a súa reforma

integral para 2007: fachadas, cuartos e a planta nobre, así como a

ampliación de cuartos e unha nova sala de baños que complete os

tratamentos.

Balneario AcuñaBalneario Acuña

SERVIZOSAdmite tarxetas de crédito | Ascensor | Calefacción central Cuartos con salón-suites | Xardín terraza | Aparcadoiro de superfi cie | Piscina | Servizo médico | Sitio céntrico | Sitio pin-toresco | Teléfono nos cuartos

O MÁIS: A FACHADA QUE DÁ AO RÍO, LEVANTADA XUSTO Á BEIRA DAS SÚAS AUGAS, COS SEUS MUROS DE PEDRA E AS SÚAS GALERÍAS ACRISTALADAS.

Nº cuartos: 21

32

Page 34: Auga para os sentidos

CARACTERÍSTICAS DAS AUGASClorurado-sódicas, sulfurosas e nitroxenadas, que emerxen a 48 ºC.

INDICACIÓNSAfeccións respiratorias, reumatolóxicas, dermatolóxicas e trata-

mentos de relaxación.

EQUIPAMENTO E TÉCNICASBaños termais, chorros, inhalacións, pulverizacións e ducha nasal,

masaxes, piscina terapéutica interior de auga termal, sauna e auga

en bebida; todo isto dispoñible tanto para hóspedes do hotel como

para clientes

externos.

PROGRAMASRelaxación, Reumatolóxico e Vías aéreas.

ESPECIAL PARA NENOSXardín para xogar e actividades ao aire libre con monitor en deter-

minadas datas.

Este balneario levantado xunto ao río Umia, en pleno casco histórico

de Caldas, é un bo exemplo de cómo se pode conservar a tradición

sen renunciar á profesionalidade e o bo gusto. Unha estilosa reforma

encheuno de cor e aires renovados, sen que o conxunto perda un

ápice do seu sabor de outrora. A cheminea, que se segue acendendo

no inverno, convida a recollerse para ler ou charlar, namentres do

outro lado das cristaleiras do salón asoman as copas do fantástico

canaval que, segundo contan, plantou a principios do XX un ante-

pasado dos propietarios que viaxou a Filipinas e ao que probable-

mente se lle deba o sabor colonial do edifi cio de 1780. A sexta

xeración da mesma familia é a que hoxe se ocupa deste balneario,

erixido sobre un manancial no que probablemente xa se mergulla-

ban os celtas, polo que a vontade de conservar todo o conservable

se deixa sentir en cada recuncho: os mobles de época, os espellos,

as portas de cristal biselado, as lámpadas e ata algún dos aparellos

de inhalacións; todo restaurado e perfectamente operativo. Algun-

has das súas peculiaridades son a súa pequena piscina termal, que

os clientes deben reservar para bañarse acompañados só con quen

un elixa, ou a altísima temperatura á que se traballan as súas augas

–48 ºC–, ademais de estar situado no Camiño de Santiago, polo cal

lavar os pés nas súas augas ou nas da burga da entrada se converteu

nunha tradición entre os peregrinos.

Balneario DávilaBalneario DávilaR/Laureano Salgado, 11.35650 Caldas de Reis, PontevedraTel: 986 530 211. Fax: 986 540 012 www.balneariosdegalicia.com

BALNEARIO DÁVILA H¨̈TESTEMUÑA DA ÉPOCA DOURADA DOS BALNEARIOS

O MÁIS: UN PASEO NOCTURNO ENTRE O ROMÁNTICO CA-NAVAL DO XARDÍN, BAUTIZADO POR ÁLVARO CUNQUEIRO COMO A CATEDRAL DE BAMBÚ.

SERVIZOSAdmite tarxetas de crédito | Ascensor | Ascensor acces. entre plantas | Bar-cafetería | Calefacción central | Edifi cio históri-co | Ximnasio | Jacuzzi | Xardín terraza | Minibar | Piscina climatizada | Servizo médico | Sitio céntrico | Sitio pintoresco TV nos cuartos Nº cuartos: 27

33

Page 35: Auga para os sentidos

SERVIZOSAcceso discapacitados | Admite tarxetas de crédito | AscensorAscensor acces. entre plantas | Bar-cafetería | Calefacción individual | Garaxe gratuíto | Jacuzzi | Piscina | Piscina cli-matizada | Restaurante accesible | Servizo médico | Sitio céntrico | Teléfono nos cuartos | Tendas | TV nos cuartos

CARACTERÍSTICAS DAS AUGASSulfurado-sódicas, que emerxen a de 42 ºC.

INDICACIÓNSReumatismo, afeccións de vías respiratorias e dermatolóxicas, dos

sistemas circulatorio e nervioso, procesos xinecolóxicos e cirúrxicos,

afeccións hepáticas, trastornos metabólicos, de vías urinarias e

odontoestomatolóxicos.

EQUIPAMENTO E TÉCNICASBaños termais, baños de burbulla, bañeiras de hidromasaxe, cho-

rros, ducha circular, inhalacións,aerosois, vaporizadores e ducha

nasal, piscina termal con chorros subacuáticos e dous colos de

cisne, paralama, masaxes, vaporarium e auga en bebida; todo

isto dispoñible tanto para hóspedes do hotel como para clientes

externos.

PROGRAMASAntiestrés, Reumatolóxico e Respiratorio.

R/ Estrella, 10. 15100 Carballo, A Coruña. Tel: 981 70 33 54. Fax: 981 70 34 51. [email protected]

BALNEARIO DE CARBALLO H¨̈UNHAS INSTALACIÓNS TOTALMENTE RENOVADAS NUN AMBIENTE URBANO

Xa os romanos e os árabes se servían das augas do manancial deste

que hoxe é balneario. Quizais por este uso que lle vén de antigo ca-

bería imaxinar un establecemento con maior tradición. Con todo, o

edifi cio, que alberga tanto o hotel coma o balneario situado na súa

planta baixa, apenas suma unha década. A súa zona termal, ademais,

foi completamente renovada a principios de 2005, incorporando as

máis modernas instalacións nun espazo que combina mármore, acei-

ro e cristal. O resultado é, en consecuencia, un establecemento moi

novo levantado sobre o terreo que ocupaba a antiga casa de baños

en pleno centro de Carballo, a capital da comarca de Bergantiños, a

oito quilómetros do soberbio areal da praia de Razo, a unha trintena

da Coruña e pouco máis de Santiago, e a apenas un paseo en coche

doutros alicientes viaxeiros da categoría do Espazo Natural de Verdes

ou das vilas da Costa da Morte.

O MÁIS: O XABÓN DE ALGAS DA COSTA DA MORTE DA SÚA LIÑA DE COSMÉTICA TERMAL.

Balneario de CarballoBalneario de Carballo

Nº cuartos: 60

34

Page 36: Auga para os sentidos

CARACTERÍSTICAS DAS AUGASBicarbonatadas, sódicas, silicatadas, radioactivas e oligometálicas,

que emerxen a 49 ºC.

INDICACIÓNSAfeccións respiratorias, dermatolóxicas, de vías urinarias, o sistema

nervioso e o aparello locomotor.

EQUIPAMENTO E TÉCNICASBaños termais totais ou parciais, baños de hidro e aeromasaxe, pis-

cina termal, chorros a presión, chorro subacuático, ducha escocesa,

paralama, masaxes, máscaras faciais termais, inhalacións naturais,

nebulizadores, aerosois, ducha nasal e cura en bebida; todo isto

dispoñible tanto para hóspedes do hotel como para clientes exter-

nos.

PROGRAMASO médico confecciónaos a medida, en función das características

de cada persoa.

SERVIZOSAcceso discapacitados | Admite tarxetas de crédito | Ascen-sor | Ascensor acces. entre plantas | Calefacción central | Xardín terraza | Piscina | Piscina climatizada | Restaurante accesible | Salón de convencións | Servizo médico | Sitio cén-trico | Sitio pintoresco | Teléfono nos cuartos | TV nos cuartos

A súa fachada de pedra, restaurada en 2005, queda tan á beira do

río Arnoia que non é raro oír saltar xunto a ela as troitas de ata tres

quilos que se pescan pola zona e que ata se poden ver dende a nova

galería con vistas ao río que nesta mesma data se acondicionou

como sala de estar no hotel. É este un balneario familiar no que aos

clientes se lles acaba coñecendo polo seu nome e onde á hora da co-

mida ou á cea aínda se toca a campá para que os comensais acudan

ao seu comedor, que amosa parte do seu mobiliario dos anos 20. As

lexións de Decio Junio Bruto recalaron por Molgas, e seica lle deron o

seu nome, do latín «mollicas»; quer dicir, sedantes, que é a principal

característica das súas augas, que son tan abundantes que, ademais

de para os tratamentos, se seguen a usar para a auga corrente e a

calefacción. Molgas, que viviu ao grande a época dourada dos bal-

nearios, nunca deixou de funcionar dende a súa construción en 1873.

E se as súas augas non fosen abondo para recuperar a forma, sempre

se pode intentar cun paseo ata o próximo Santuario dos Milagres,

que concentra cada setembro unha das romarías máis concorridas de

Galicia. Outras excursións apetecibles, a vila monumental de Allariz

ou os Canóns do Sil.

R/Samuel González Movilla, 26.32701 Baños de Molgas, OurenseTel: 988 430 246. Fax: 988 430 405. [email protected]

BAÑOS DE MOLGAS H¨UN AMBIENTE ACOLLEDOR CO SABOR DE ANTANO

O MÁIS: UN PASEO Á TARDIÑA POLO VECIÑO PARQUE DE ANSUÍÑA, COAS SÚAS ÁRBORES CENTENARIAS ENTRE AS QUE CONFLÚEN TRES RÍOS.

Balneario de Baños de MolgasBaños de MolgasBalneario de Baños de Molgas

Nº cuartos: 28

35

Page 37: Auga para os sentidos

CARACTERÍSTICAS DAS AUGASCluoradas-sódicas, sul� ídrico-azoadas e radioactivas, que emerxen

a 47 ºC, 52 ºC e 56 ºC.

INDICACIÓNSAfeccións respiratorias, dermatolóxicas e do aparello locomotor.

EQUIPAMENTO E TÉCNICASInhalacións, aerosois, ducha nasal, baños termais, chorros, baños

de burbullas, baño de hidromasaxe e masaxes; todo isto dispoñible

tanto para hóspedes do hotel como para clientes externos.

PROGRAMASO médico confecciónaos a medida, en función das características

de cada persoa.

ESPECIAL PARA NENOSPequenas zonas con xoguetes para que se entreteñan mentres es-

peran a recibir o seu tratamento.

SERVIZOSAdmite tarxetas de crédito | Ascensor | Bar-cafetería | Cale-facción central | Xardín terraza | Piscina | Servizo médico Sitio céntrico | Sitio pintoresco | Teléfono en cuartos

O MÁIS: A SÚA PROXIMIDADE A TUI E A VALENÇA DO MIÑO, CANDIDATAS AMBAS A SER GALARDOADAS POLA UNESCO COMO PATRIMONIO DA HUMANIDADE.

Este balneario levantado nun tranquilísimo lugar na ribeira do Miño

leva moi a gala a súa condición de centro sanitario. Aínda que antiga-

mente se afi rmaba que as súas augas eran aínda máis benefi ciosas se

se tomaban con leite de burra, hoxe prescindiuse deste último ingre-

diente, pero o seu manancial basta e sobra para lograr recuperacións

en ocasións case milagrosas para, sobre todo, numerosas afeccións

respiratorias. E non só en persoas maiores, senón tamén na rapazada

que cada tarde acode puntualmente a recibir os seus tratamentos. O

seu edifi cio principal de 1886, de tres plantas por completo en pedra

de costa, alberga coquetos salóns con espellos e lámpadas da época

en que os balnearios eran o lugar de vacacións das xentes podentes.

Nun edifi cio anexo de pouco máis de dez anos quedan os cuartos, que

se abren aos viñedos e ás hortas de cana e millo ás beiras do río.

R/Baños, s/n. Caldelas de Tui. 36460 Tui, PontevedraTel: 986 629 005. Fax: 986 629 049. [email protected]

HOTEL BALNEARIO H¨UN BALNEARIO DE VOCACIÓN TERAPÉUTICA NA RIBEIRA DO MIÑO, MOI PRETO DE PORTUGAL

Balneario de Caldelas de TuiBalneario de Caldelas de Tui

Nº cuartos: 27

36

Page 38: Auga para os sentidos

SERVIZOSAdmite tarxetas de crédito | Antena parabólica | Ascensor Bar-cafetería | Calefacción central | Xardín terraza | Restau-rante accesible | Salón de convencións | Sauna | Servizo de cuartos 24 h. | Servizo médico | Sitio céntrico | Sitio pinto-resco | Teléfono nos cuartos | TV en cuartos

CARACTERÍSTICAS DAS AUGASSulfurosas, bicarbonatadas e alcalinas, que emerxen a 28 ºC.

INDICACIÓNSAfeccións reumatolóxicas, dermatolóxicas, respiratorias, metabóli-

cas e do sistema nervioso.

EQUIPAMENTO E TÉCNICASBaños termais, bañeiras de hidromasaxe, chorro, chorro subacuáti-

co, ducha circular, cámara de vapor, inhalacións, masaxes e pa-

ralama; todo isto dispoñible tanto para hóspedes do hotel como

para clientes externos.

PROGRAMASAntiestrés, Dermatolóxico, Costas, Respiratorio, Reumatismo, Circu-

latorio, Anticelulítico, programas a medida de dietética e nutrición

e tratamentos de estética facial.

R/ Paradela, 4. Merza.36580 Vila de Cruces, Pontevedra Tel: 986 583 614. Fax: 986 583 619. [email protected]

OS BAÑOS DA BREA H¨UN BALCÓN A UN VERDÍSIMO VAL DE ECOS MONACAIS

Ata este illado balneario, levantado sobre as ruínas dunha antiga casa

de baños serpea unha estradiña entre piñeirais e montes, xa que o

lugar se enmarca nunha zona de protección agrícola-forestal. O edi-

fi cio, todo de pedra, construíuse hai unha quincena de anos, aínda

que as súas augas mineromedicinais xa eran coñecidas e utilizadas

no século XI polos monxes dos mosteiros próximos. Fronte a un val

verdísimo, adornado polas casas grandes de Merza, as vistas dende

cada recuncho son asombrosas, polo que, ademais de para entre-

garse a tratamentos coma os tradicionais nove baños no seu lumi-

noso e renovado balneario, Baños de Brea resulta un retiro perfecto

do mundanal ruído, amais dun destino idóneo para emprender rutas

a pé. A que une o Mosteiro de Carboeiro, a praia fl uvial da Carixa

e as fervenzas do Toxa é unha das máis demandadas, aínda que se

algo sobra por estes lugares son rutas para camiñar, pedalear e ata

cabalgar ou navegar en canoa. En 2007 está previsto que se lles en-

gadan algúns cuartos máis ao hotel, e que o balneario amplíe os seus

servizos cunha piscina lúdica que complemente a súa vocación máis

puramente terapéutica.

O MÁIS: A TRANQUILIDADE QUE SE RESPIRA NESTE ILLADO BALCÓN SOBRE O MONTE.

Balneario de Baños da BreaaBalneario de Baños da Brea

Nº cuartos: 35

37

Page 39: Auga para os sentidos

38

Page 40: Auga para os sentidos

O nome de talasoterapia provén do grego thálassa, que signifi ca mar, e

therapeia, curación. A diferenza dos balnearios, que utilizan augas mine-

romedicinais, os centros de talasoterapia sérvense con fi ns preventivos ou

terapéuticos da auga mariña e outros elementos da súa contorna coma

algas, limos, lodos e ata o aire mariño, motivo polo que teñen que estar

inevitablemente preto da costa. Outro requisito fundamental destes centros

é contar cunha tecnoloxía capaz de asegurar a pureza da auga captada e

o seu constante reciclado, xa que a auga mariña apenas mantén as súas

propiedades biolóxicas durante 48 horas. Esta auga, quentada a 37 ºC, fa-

cilita a absorción a través da pel de oligoelementos e minerais, polo que,

ademais de hedonistas programas de relax e beleza, a talasoterapia está

moi recomendada para recuperarse de traumatismos e intervencións do

aparello locomotor, procesos reumáticos e desgaste articular, así como de

afeccións respiratorias, cutáneas ou xinecolóxicas.

HOTEIS - TALASOHOTEIS - TALASO

39

Page 41: Auga para os sentidos

SERVIZOSAcceso discapacitados | Admite tarxetas de crédito | Aire Ac-ond. nos cuartos | Alugamento de bicicletas | Alugamentoequipos audiovisuais | Antena parabólica | Ascensor Ascensor acces. entre plantas | Bar-cafetería | Caixa Forte individual | Calefacción central | Cambio de moedaXimnasio | Golf | Cuartos especialmente adaptadosCuartos con salón-suites | Internet | Jacuzzi | Xardínterraza | Minibar |Aparcadoiro praza discapacitadosPiscina | Piscina climatizada | Restaurante accesibleSala de Reunións | Salón de convencións | Sauna | Seca-dor pelo nos cuartos | Servizo de canguro | Sitio pinto-resco | Spa | Teléfono nos cuartos | Tradución simultánea TV nos cuartos | Vídeo DVD nos cuartos | WC accesible

EQUIPAMENTO E TÉCNICASPiscina exterior salgada e piscina interior con chorros subacuáticos, fervenza e colos de

cisne; jacuzzi, sauna seca, baño de vapor, baño con esencias, bañeiras de burbullas e

hidromasaxe, chorro, ducha circular, nebulizacións, pulverizador farínxeo, aerosois, pa-

ralama, masaxes, aplicacións de algas e limos, ximnasio e diversos servizos de estética

facial e corporal; todo isto dispoñible tanto para hóspedes do hotel como para clientes

do exterior.

PROGRAMASEspecial beleza, Louxomar, Relax, Benestar, Descanso, Anticelulítico, Pernas cansas,

Doenzas musculares, Tonifi cación muscular e numerosos servizos de estética facial e

corporal.

ESPECIAL PARA NENOSMenús infantís, piscina exterior para nenos no verán e canguro previa petición.

O MÁIS: A SÚA SITUACIÓN, NUNHA ESQUINA QUE LINDA COA INCRIBLE LUZ E AS VISTAS DA RÍA DE AROUSA.

Nº cuartos:116

40

Page 42: Auga para os sentidos

TalasoTalasoTalasoTalasoTalasoTalaso

Illa da Toxa. 36991 O Grove, PontevedraTel: 986 730 200. Fax: 986 732 [email protected]

LOUXO LA TOJA H¨̈ ¨̈

Á BEIRA DA RÍA DE AROUSA, NA ARISTOCRÁTICA CONTORNA DA ILLA DA TOXA

A súa piscina interior, acoutada por unha cristaleira que o

inunda todo de luz natural, deixa asomar o coidado céspede

dos xardíns do hotel, tras os que se estenden as marabillosas

vistas da ría de Arousa. Cando o tempo acompaña, un dos

seus restaurantes permite comer ao aire libre para gozar da

paisaxe e, se chove, nada daquela como concentrarse nas es-

pecialidades galegas do seu outro restaurante, ou achegarse

ao Grove a coñecer algún dos moitos e bos restaurantes que

fi xeron que esta localidade sexa coñecida como a capital do

marisco. Outros alicientes da estadía: os paseos pola ría, o golf

e a infi nidade de deportes náuticos que practicar na zona, ou

unha escapada a Santiago, Pontevedra, Baiona ou A Garda.

41

Page 43: Auga para os sentidos

SERVIZOSAdmite tarxetas de crédito | Aire Acond. nos cuartosAire acondicionado | Alugamento de bicicletas | Aluga-mento equipos audiovisuais | Antena parabólica | Área de xogos para nenos | Ascensor | Ascensor acces. entre plantas | Bar-cafetería | Caixa Forte individual | Calefac-ción central | Calefacción individual | Ximnasio | Gardería Cuartos especialmente adaptados | Cuartos con salón-suites | Cuartos familiares | Internet | Internet nos cuartos Jacuzzi | Xardín terraza | Minibar |Aparcadoiro praza dis-capacitados | Piscina | Piscina infantil | Restaurante ac-cesible | Sala de Reunións | Salón de convencións | SaunaSecador pelo nos cuartos | Servizo de fax | Servizo médico Sitio pintoresco | Teléfono | TV nos cuartos | WC accesible

EQUIPAMENTO E TÉCNICASPiscina interior de auga mariña a 37 ºC con jacuzzi, jets subacuáticos a alta presión,

colos de cisne, camas de hidromasaxe e circuíto contracorrente; sauna, hammán, bañei-

ras de hidromasaxe, ducha Vichy e ducha jet, ximnasio, cabinas de beleza, inhalacións,

envolvementos en lodos e algas, masaxes; todo isto dispoñible tanto para hóspedes do

hotel como para clientes do exterior.

PROGRAMASPosta en forma, Cura oceánica, Talaso-relax, Silueta e nutrición, Benestar circulatorio,

Osixenación mariña, Reeducación postural, Vital homeVital muller, Mamá en forma e

Rexuvenecemento.

ESPECIAL PARA NENOSParque infantil gratuíto atendido por profesionais e aberto diariamente a determinadas

horas para nenos de 1 a 14 anos.

O MÁIS: DEIXARSE MASAXEAR POLOS JETS DA SÚA PISCINA DE AUGA MARIÑA MENTRES O ATLÁNTICO BATE FORTE DO OUTRO LADO DA CRISTALEIRA.

Nº cuartos: 70

42

Page 44: Auga para os sentidos

TalasoTalasoTalasoTalasoTalasoTalaso

Faro Silleiro. Ctra. Baiona-Oia. 36309 Oia, Pontevedra Tel: 986 38 50 90. Fax: 986 35 80 51. [email protected]

TALASO ATLÁNTICO H¨̈ ¨̈

UN ESPECTACULAR MIRADOIRO AO OCÉANO DOTADO DUNHAS MAGNÍFICAS INSTALACIÓNS

Entre os penedos e o mar, aos pés case do Faro Silleiro, este

establecemento de nivel aparece literalmente entalado na aba

do risco que lle garda as costas. Tanto dende os seus amplos

cuartos como dende a envexable terraza que dá servizo á súa

cafetería-xamonería, o Atlántico está sempre presente, pero

tamén o está na súa piscina de auga mariña, cuxos 280 m2 de

lámina de auga locen rodeados por unha gran cristaleira que

permite saborear as vistas do océano mentres se está mergu-

llado nela. Moi preto atópanse as cabinas nas que se realizan

os seus tratamentos de saúde e beleza baseados na talasotera-

pia. E, para que os pais os poidan gozar coa máxima tranquili-

dade, dúas puericultoras poden ocuparse dos máis pequenos

na ludoteca e o parque infantil; un servizo co que tamén poden

contar se deciden achegarse a algún dos campos de golf dos

arredores, facer unha escapada ás Cíes ou, simplemente, dei-

xarse tentar por unha boa lagosta en calquera vila mariñeira

da zona coma A Garda.

43

Page 45: Auga para os sentidos

44

Page 46: Auga para os sentidos

HOTEIS - SPAHOTEIS - SPA

O seu nome vén das siglas en latín de Saúde pola auga. Sen as propiedades

das augas mineromedicinais, estes centros están orientados máis ben a un

gozo máis lúdico da auga e aos programas de beleza, benestar e relax a

través de técnicas que tamén se empregan na talasoterapia ou a balneo-

terapia, como as bañeiras de hidromasaxe, chorros, duchas circulares, ma-

saxes, piscinas dinámicas ou jacuzzis.

45

Page 47: Auga para os sentidos

EQUIPAMENTO E TÉCNICASPiscina interior e exterior con distintos tipos de chorros cervicais e

lumbares, camas de auga, jacuzzis e fervenzas; envolvementos en

barros e algas; chocoterapia, viñoterapia, Eosonic, osixenoterapia,

bañeiras de hidromasaxe Florida e Atlantis Royal, baño turco, baño

celta, sauna fi nlandesa, baño de xeada, chorro jet con duchas cir-

culares, cadeiras anatómicas quentes, solarium, Flotarium, Photon

Platino, ximnasio, unha decena de tipos de masaxes –Thai, Vichy,

Shiatsu, Watsu, con pedras volcánicas (Heavenly Stone), para be-

bés e nenos, etc.–, un Circuíto Termal e infi nidade de técnicas de

estética facial e corporal para home e muller; todo isto dispoñible

tanto para hóspedes do hotel como para clientes do exterior.

PROGRAMASCaprice Spa, Luxury Relax Beleza, Luxury Love Weekend, Gastro-

nomic Weekend, Caprice Relax, Sibaritas Spa, Dolce Vita, Adelga-

zante, Golf & Spa Weekend, ademais de preto dunha decena de

programas de relax e beleza de medio día.

ESPECIAL PARA NENOSHai unha piscina para nenos e zona de xogos infantil, e en tempo-

rada alta organizan actividades para os máis pequenos.

Lugar de Padriñán, 25.36960 Sanxenxo, PontevedraTel: 986 72 78 78. Fax: 986 72 70 60. Correo electrónico:[email protected]

AUGUSTA SPA RESORT I H¨̈ ¨̈UNHA ATMOSFERA COIDADA E UN SPA MINIMALISTA NO ALTO DE SANXENXO

A decoración cálida, acolledora e con sumo estilo deste hotel, envolto

todo polo monte no alto de Sanxenxo, parece máis propia dunha casa

de nivel ca dun establecemento hoteleiro. O spa, no entanto, revístese

dunha atmosfera máis minimalista, con música de relaxación e aro-

mas sutís, un ambiente xaponés nas súas salas de masaxe e de es-

tética e, en conxunto, un contorno de liñas puras, mobles de deseño

realizados en materiais nobres e unha iluminación moi conseguida

que invita a recollerse, coidarse e deixarse coidar. Todo denota aga-

rimo e bo gusto, dende a orientación das cadeiras térmicas nas que

relaxarse mirando á piscina e ao ceo a través da cristaleira que as

cobren, ata as hamacas de madeira tropical ou a piscina exterior, que

se cobre en apenas uns minutos cuns paneis acristalados para podela

seguir utilizando mesmo no inverno.

SpaSpa

SERVIZOSAcceso discapacitados | Actividades de lecer/animación | Admite tarxetas de crédito | Aire Acond. nos cuartos | Aire acondicionado | Alugamento de bicicletas | Aluga-mento equipos audiovisuais | Animación infantil | Antena parabólica | Ascensor | Ascensor acces. entre plantas | Bar-cafetería | Caixa Forte individual | Calefacción central Calefacción individual | Garaxe de pago | Ximnasio | Gardería | Cuartos especialmente adaptados | Cuartos con salón-suites | Internet | Internet nos cuartos | Jacuzzi Xardín terraza | Minibar | Minigolf | Pádel | Piscina | Piscina climatizada | Piscina infantil | Restaurante accesible | Sala de Reunións | Salón de convencións | SaunaSecador pelo nos cuartos | Servizo de fax | Sitio céntrico | Sitio pintoresco | Spa | Teléfono nos cuartos | Tendas | TV nos cuartos | Vídeo DVD nos cuartos | WC accesible

O MÁIS: OS DETALLES DE BO GUSTO E A DECORACIÓN TANTO DO HOTEL COMA DO SEU SPA DE AIRES XAPONESES.

Nº cuartos: 56

46

Page 48: Auga para os sentidos

EQUIPAMENTO E TÉCNICASPiscinas exteriores con distintos tipos de chorros cervicais e lum-

bares, camas de auga, jacuzzis e fervenzas; envolvementos en ba-

rros e algas; chocoterapia, viñoterapia, osixenoterapia, bañeiras

de hidromasaxe Florida e Atlantis Royal, baño turco, baño celta,

sauna fi nlandesa, baño de xeada, chorro jet con duchas circulares,

cadeiras anatómicas quentes, solarium, ximnasio, múltiples tipos

de masaxes –Thai, Vichy, Shiatsu, Watsu, con pedras volcánicas

(Heavenly Stone), Ayurveda, hidroacupresión, masaxes para bebés

e nenos, etc.–, un Circuíto Termal e infi nidade de técnicas de estéti-

ca facial e corporal para home e muller; todo isto dispoñible tanto

para hóspedes do hotel como para clientes do exterior.

PROGRAMASCaprice Spa, Luxury Relax Beleza, Luxury Love Weekend, Gastro-

nomic Weekend, Caprice Relax, Sibaritas Spa, Dolce Vita, Adelga-

zante, ademais de preto dunha decena de programas de relax e

beleza de medio día.

ESPECIAL PARA NENOSHai unha piscina para nenos e zona de xogos infantil; todos os

cuartos poden aloxar familias, xa que teñen capacidade para 4 ou

6 persoas e contan con cociña, e en temporada alta organízanse

actividades para os máis pequenos.

SpaSpa

Este luminoso establecemento, coa súa decoración de gusto exquisito,

recrea unha relaxante atmosfera zen, que se acentúa máis se cabe no

seu sibarítico spa, inaugurado ao igual ca o hotel no verán de 2004.

Plantada entre o céspede do Xardín aparece a súa piscina, acristalada

no inverno e descuberta no verán, con chorros subacuáticos, camas

de auga, cadeiras jet, linfodrenaxe, cogomelo máxico e colos de cisne

para traballar as cervicais e, ao seu lado, os jacuzzis, a piscina infantil e

as hamacas nas que gozar da tranquilidade que garante a situación –a

600 metros da praia e a uns 250 do centro de Sanxenxo– deste hotel

no que todos os cuartos teñen capacidade para catro ou seis persoas e

contan cunha pequena cociña. No interior do spa quedan as zonas de

repouso, a súa espectacular sauna fi nlandesa –con toda unha fronte

acristalada que se asoma aos viñedos–, así coma as súas sofi sticadas

cabinas para infi nidade de tratamentos de relax e beleza; exteriores e

con vistas moitas delas e ata con posibilidade de realizar algúns pro-

gramas en parella.

Lugar de Padriñán, 2336960 Sanxenxo, PontevedraTel: 986 72 78 78. Fax: 986 72 70 [email protected]

AUGUSTA SPA RESORT II H¨̈ ¨̈RELAXADO AMBIENTE ZEN NA ZONA VACACIONAL POR EXCELENCIA DE GALICIA

O MÁIS: A INFINIDADE DE TÉCNICAS ORIENTAIS QUE PROPÓN A SÚA CARTA DE MASAXES E QUE SE REALIZAN NUNHA ESPECTACULAR SALA SOBRE UN TATAMI.

SERVIZOSAcceso discapacitados | Actividades de lecer/animación | Admite tarxetas de crédito | Aire Acond. nos cuartos | Aire acondicionado | Alugamento de bicicletas | Alugamen-to equipos audiovisuais | Animación infantil | Antena parabólica | Ascensor | Ascensor acces. entre plantas | Bar-cafetería | Caixa Forte individual | Calefacción central | Cale-facción individual | Garaxe de pago | Ximnasio | Gardería | Cuartos especialmente adaptados | Cuartos con salón-suites | Cuartos familiares | Internet | Internet nos cuartosJacuzzi | Xardín terraza | Minibar | Minigolf | Pádel |Aparcadoiro de superfi cie | Piscina | Piscina climatizada | Piscina infantil | Sala de Reunións | Salón de convencións | Sau-na | Secador pelo en cuartos | Servizo de fax | Sitio céntrico | Sitio pintoresco | Spa | Teléfono nos cuartos | Tendas | TV nos cuartos | Vídeo DVD nos cuartos | WC accesible

Nº cuartos: 40

47

Page 49: Auga para os sentidos

SpaSpa

SERVIZOSAcceso discapacitados | Admite tarxetas de crédito | Aire Acond. nos cuartos | Aire acondicionado | Alugamento equipos audiovisuais | Antena parabólica | Ascensor Ascensor acces. entre plantas | Bar-cafetería | Caixa Forte individual | Calefacción central | Calefacción individual | Espazo reservado fumadores | Garaxe de pagoXimnasio | Cuartos con salón-suites | Internet | Internet nos cuartos | Jacuzzi | Xardín terraza | Minibar |Aparcadoiro praza discapacitados| Piscina | Piscina clima-tizada | Piscina infantil | Restaurante accesible | Sala de Reunións | Salón de convencións | Sauna | Secador pelo nos cuartos | Servizo de fax | Servizo de cuartos 24 h. | Servizo de secretaría | Sitio céntrico | Sitio pintoresco | Spa | Teléfono nos cuartos | Tenis | Tendas | Tradución simultánea | TV nos cuartos | WC accesible

O MÁIS: A CARTA SA DA CAFETERÍA E O SPA, CON INFUSIÓNS MEDICINAIS E ZUMES NATURAIS.

EQUIPAMENTO E TÉCNICASPiscina climatizada cuberta con chorros subacuáticos e colos de

cisne, piscina dinámica interior con jacuzzis, piscina de contraste

frío/calor, bañeiras de hidromasaxe con aceites esenciais, sales ou

lodos mariños; envolvementos en algas ou barros, chorro, ximna-

sio, sistema Photon, sauna seca con aromas e hammán con cro-

moterapia, ducha de aromas, cadeiras térmicas, raios UVA, distin-

tos tipos de masaxes, presoterapia, ultratone e cabinas de estética

facial e corporal; todo isto dispoñible tanto para hóspedes do hotel

como para clientes do exterior.

PROGRAMASAntiestrés, Cleopatra beleza, Golf, Home moderno, Ondas de ben-

estar e Soños de Asia, ademais de diversos servizos de estética fa-

cial, corporal e circuítos termais.

ESPECIAL PARA NENOS Canguro baixo petición e, en xullo e agosto, monitor para nenos

de 6 a 12 anos cos que se realizan xogos, actividades, sesións na

piscina, etc.

R/Vigo, s/n. 36960 Sanxenxo, PontevedraTel: 986 727 036. Fax: 986 721 108. Correo electónico: [email protected]

CARLOS I H¨̈ ¨̈PRÓXIMO AO PORTO DEPORTIVO DE SANXENXO E Á PRAIA DE SILGAR

Unha recepción ampla e diáfana dános a benvida a este hotel inau-

gurado no ano 2000 con aires de deseño que impregnan os seus es-

tilosos cuartos e, sobre todo, o seu spa. Este está inspirado nos baños

romanos, nos que se pasaba pola fase de sudación no Tepidarium, a

zona de aire quente do Laconium e a área de auga quente do Calda-

rium, antes de fi nalizar nas augas frías do Frigidarium. Tanto se se

elixe este percorrido clásico como algún dos moitos outros progra-

mas de estética, benestar e relax que brinda o spa, ao fi nalizar cada

sesión o cliente pode acomodarse nas súas cadeiras térmicas e re-

laxarse cun zume natural ou unha infusión servida alí mesmo. Este

hotel-spa, situado a apenas 50 metros da praia de Silgar e a pouco

máis do porto deportivo de Sanxenxo, conta con pistas de tenis e, nas

proximidades, numerosas propostas de sendeirismo, deportes náu-

ticos e golf, ademais do aliciente da próxima illa de Ons, que xunto

con Sálvora e as Cíes integran o espléndido Parque Natural das Illas

Atlánticas.

Nº cuartos: 130

48

Page 50: Auga para os sentidos

EQUIPAMENTO E TÉCNICASPiscina interior con chorros a presión, fervenza e circuíto contra-

corrente, sauna, jacuzzi e ximnasio.

PROGRAMASMasaxes baixo demanda.

SERVIZOSAcceso discapacitados | Admite tarxetas de crédito | Aire Acond. nos cuartos | Aire acondicionado | Antena parabólica | Ascensor | Ascensor acces. entre plantas Bar-cafetería | Caixa Forte individual | Calefacción central | Calefacción individual | Garaxe de pago | Ximnasio | Cuartos especialmente adaptados | Cuartos con salón-suites | Internet | Internet nos cuartos | Xardín terraza | Minibar |Aparcadoiro de superfi cie |Aparcadoiro praza discapacitados | Piscina climatizadaSala de Reunións | Salón de convencións | Secador pelo nos cuartos | Servizo de fax | Sitio pintoresco | Spa | Teléfono nos cuartos | TV nos cuartos | WC accesible

Praia de Area. 27850 Viveiro, LugoTel: 982 560 987. Fax: 982 561 [email protected]

EGO H¨̈ ¨̈UN PEQUENO SPA CON VISTAS Á RÍA DE VIVEIRO NUN HOTEL AMPLIADO CON AIRES DE VANGARDA

Os que coñezan este hotel con tres décadas ás súas costas probable-

mente non o recoñezan tras a ampliación que se ultimou en xullo de

2006. As espectaculares vistas á ría de Viveiro, que asoman dende

cada recuncho, son as mesmas de sempre, e ata os cuartos, aínda

que reformados, non distan tanto de como eran outrora. Porén, os 18

cuartos do novo edifi cio anexo, as súas terrazas e salóns e, sobre todo,

o spa incorporado nos seus baixos, convérteno nun establecemento

á última. Todas as dependencias novas deste establecemento das

proximidades de Viveiro mostran un deseño atrevido e acertadísimo.

Envoltos por unha atmosfera de vangarda, os seus hóspedes poden

acceder libremente a un pequeno spa e na súa piscina, con chorros

subacuáticos e circuíto contracorrente, deixar que o corpo se relaxe

mentres a mente fai o propio admirando as vistas ao mar que se

poden ver do outro lado das cristaleiras mentres se está placidamente

mergullado na piscina.

SpaSpa

O MÁIS: AS VISTAS Á RÍA DENDE OS SEUS CUARTOS E DENDE O SPA, ENMARCADO TODO ISTO NUNHA DECORACIÓN EX-QUISITAMENTE VANGARDISTA.

Nº cuartos: 46

49

Page 51: Auga para os sentidos

SpaSpa

O MÁIS: O AMBIENTE DE COQUETO CHALÉ DE MONTAÑA QUE SE RESPIRA EN TODO O HOTEL E AS MOITAS RUTAS A PÉ QUE PROPOÑEN OS SEUS ARREDORES.

EQUIPAMENTO E TÉCNICASCircuíto termal cunha piscina activa, poza fría de contraste térmico,

baño de vapor, sauna seca, cabina de xeo, ducha peeling, ducha de

esencias e ducha de contraste, ademais de salas con bañeira Niá-

gara, chorros para realizar distintos tipos de masaxes e tratamen-

tos de estética facial e corporal; todo isto dispoñible para hóspedes

do hotel e clientes externos.

PROGRAMASBeleza, Antiestrés, Do peregrino, Fontesacra e Termal.

Inaugurado en xaneiro de 2006, este hotel, presidido pola pedra

e a madeira, atópase á entrada da vila da Fonsagrada pero, unha

vez dentro, diríase un precioso chalé de montaña illado na natureza,

porque dende as ventás do seu coquetísimo salón social, dende ese

balcón ás pradarías que é a súa terraza principal, e dende moitos dos

seus cuartos o único que asoma son as bucólicas vistas aos outeiros

e aos pobos da Serra de Maderne, tras as que se agocha o sol ofre-

cendo en ocasións espectaculares solpores. Á súa cociña de nivel a

prezos incriblemente módicos, ao seu acolledor salón, presidido por

unha cheminea e con recunchos nos que recollerse a charlar ou ler,

e ás moitas posibilidades de gozar da natureza que ofrecen os seus

arredores, en outono do 2006 está previsto engadirlles nos seus bai-

xos un spa cun circuíto termolúdico colectivo e outra zona destinada

a tratamentos individuais de benestar e beleza con, tamén, vistas ao

vizoso verdor da montaña lucense.

Lugar das Rodas. Comarcal 630, s/n. 27100 A Fonsagrada, LugoTel: 982 340 327. Fax: 982 340 [email protected]

FONTE SACRA H¨̈ ¨̈O AMBIENTE DUN COQUET CHALÉ DE MONTAÑA CON VISTAS ÁS PRADARÍAS

SERVIZOSAcceso discapacitados | Ascensor | Bar-cafetería | Caixa Forte individual | Calefacción central | Garaxe | Minibar |Aparcadoiro de superfi cie | Secador pelo nos cuartosServizo médico | Teléfono nos cuartos | TV en habitaciónsNº cuartos: 38

50

Page 52: Auga para os sentidos

SpaSpa

EQUIPAMENTO E TÉCNICASPiscina exterior e piscina interior climatizada con chorros cervicais

e lumbares, colo de cisne e circuíto contracorrente; bañeiras de

hidromasaxe e bañeira Niágara, baños con esencias ou con leite

rexenerante, chorros, jacuzzi, baño de vapor con antesala e con-

traste, sauna seca, envolvementos en algas, limos, derivados da

uva e chocolate, solarium, ximnasio, fi sioterapia, ultratone e dis-

tintos tipos de masaxes e sesións de estética facial e corporal; todo

isto dispoñible tanto para hóspedes do hotel como para clientes

do exterior.

PROGRAMASRelax, Beleza e Especial Nature.

ESPECIAL PARA NENOSGardería, parque infantil e animación en determinadas temporadas.

O spa deste hotel, a 250 metros da praia de Paxariñas e a apenas

un paseo en coche dende Sanxenxo, Portonovo, Cambados e a Illa

da Toxa, ou praias tan espectaculares coma A Lanzada, conta coa

particularidade de que debe reservarse con antelación, xa que só

se admiten quince persoas ao tempo para que unha maior aglome-

ración non impida gozar das súas instalacións. Estas, con plantas por

todas as partes e moita luz natural, ademais de servizos máis con-

vencionais, ofrecen técnicas de inspiración oriental coma as masaxes

de refl exoloxía, a masaxe Tui-na ou o chakra stone, ou tratamentos

de estética nos que se combinan os principios activos dos produtos

con técnicas de respiración, masaxe en puntos de díxitopuntura cos

que relaxar o cliente e unha aplicación fi nal de pedras de cuarzo

nas zonas de tensión do rostro e o corpo. E, entre un servizo e outro,

apenas uns minutos de espera na súa coqueta sala de repouso,

con cadeiras de brazos de teka e o son constante dunha cortina de

auga.

Lugar de Paxariñas s/n. 36970 Sanxenxo, PontevedraTel: 986 727 027. Fax: 986 727 [email protected]

GALATEA H¨̈ ¨̈FRONTE Á PRAIA DE PAXARIÑAS, A UN TIRO DE PEDRA DE SANXENXO E PORTONOVO

O MÁIS: AS SÚAS MASAXES SWEDANA, DE INSPIRACIÓN ORIENTAL, CON RELAXANTES APLICACIÓNS DE TAMPÓNS QUENTES IMPREGNADOS EN ACEITES ESENCIAIS.

SERVIZOSAcceso discapacitados | Actividades de lecer/animación | Admite tarxetas de crédito | Aire Acond. nos cuartos | Alugamento de bicicletas | Alugamento equipos au-diovisuais | Animación infantil | Antena parabólica | Área de xogos para nenos | Ascensor | Ascensor acces. entre plantas | Bar-cafetería | Caixa Forte individual | Calefac-ción central | Calefacción individual | Cambio de moeda | Discoteca | Garaxe de pago | Ximnasio | Gardería | Cuartos especialmente adaptados| Cuartos con salón-suites Internet | Internet nos cuartos | Jacuzzi | Xardín terraza | Minibar | Pádel |Aparcadoiro praza discapacitados | Piscina | Piscina climatizada | Restaurante accesible | Sala de Reunións | Salón de convencións | Sauna | Secador pelo nos cuartos | Spa | Teléfono nos cuartos | Tenis | Tendas | Tradución simultánea | TV nos cuartos | WC accesible

Nº cuartos: 86

51

Page 53: Auga para os sentidos

SERVIZOSAcceso discapacitados | Admite tarxetas de crédito | Aire Acond. nos cuartos | Alugamento equipos audiovisuais | Antena parabólica | Ascensor | Ascensor acces. entre plantasBar-cafetería | Caixa Forte individual | Calefacción central | Calefacción individual | Cambio de moeda | Garaxe de pagamento | Cuartos especialmente adaptados | Cuartos con salón-suites | Internet nos cuartos | Xardín terraza | Minibar | Páxina web | Aparcadoiro de superfi cie | Restaurante accesible | Sala de Reunións | Salón de convenciónsSecador de pelo nos cuartos | Servizo de fax | Servizo de cuartos 24 h. | Servizo médico | Sitio céntrico | Teléfono nos cuartos | Tendas | TV nos cuartos | Vídeo DVD nos cuartos

Avda. Ramón Ferreiro, 21. 27002 LugoTel: 982 22 41 52. Fax: 982 24 16 [email protected]

GRAN HOTEL DE LUGO H¨̈ ¨̈NA CAPITAL LUGUESA, CUN COMPLETO SPA PENSADO TAMÉN PARA OS NENOS

O hotel por antonomasia da cidade, con case tres décadas ás súas

costas aínda que totalmente renovado no 2005, incorporou ás súas

instalacións en xaneiro do ano seguinte un completo spa de máis de

1500 m2 situado na entreplanta e revestido de madeira e paredes

estucadas en cores vivas. Á súa infi nidade de técnicas e programas

orientados ao benestar, á relaxación e á estética, engadíuselle un

Club Termal infantil no que os máis pequenos tamén poden divertirse

na auga mentres os adultos se deixan coidar a poucos pasos. E todo

iso a cinco minutos do casco histórico desta cidade milenaria e a 250

metros da súa muralla, declarada Patrimonio da Humanidade.

O MÁIS: A GRAN VARIEDADE DE PROGRAMAS DO SPA E A SÚA ZONA INFANTIL.

EQUIPAMENTO E TÉCNICASClub Termal cunha gran piscina termolúdica con río contracorrente,

guéiseres, colos de cisne, camas de auga, hot tubs, cogomelo, ca-

mas de burbullas e chorros subacuáticos, e un Circuíto Termal con

duchas de aromas, de sensacións, de contraste e circulares, baño

turco, terma, sauna fi nlandesa, masaxe xabonosa, gruta de xeo,

jacuzzi e zona de relax, ademais de ximnasio, un Club Termal Infan-

til e a zona de tratamentos, con bañeiras de hidromasaxe, chorro

manual a presión, envolvementos de algas, aceites esenciais e lo-

dos, duchas Vichy, raios UVA, presoterapia, ultratone e cabinas para

distintos tipos de masaxe e tratamentos de estética facial e corpo-

ral. Todo iso dispoñible para hóspedes do hotel e clientes externos.

PROGRAMASDescanso de luxo, Descanso de luxo e beleza, Escapada Relax,

Descontraturante e relaxante, Antiestrés, Redutor e anticelulítico,

Rexuvenecemento e beleza.

ESPECIAL PARA NENOSUn Club Termal infantil para nenos de ata 7 anos anexo á zona de

adultos.

Nº cuartos: 167

SpaSpa

52

Page 54: Auga para os sentidos

SpaSpa

SERVIZOSAcceso discapacitados | Admite tarxetas de crédito | Aire Acond. nos cuartos | Aire acondicionado | Alugamento equipos audiovisuais | Antena parabólica | Ascensor | Ascensor acces. entre plantas | Bar-cafetería | Caixa Forte individual | Calefacción central | Cambio de moeda | Discoteca | Garaxe de pagamento | Ximnasio | Internet | Minibar | Aparca-doiro praza discapacitados | Piscina | Restaurante accesible | Sala de Reunións | Secador de pelo nos cuartos | Servizo de fax | Sitio céntrico | Teléfono nos cuartos | TV nos cuartos

Paseo Praia de Silgar, 3. 36960 Sanxenxo, PontevedraTel: 986 72 79 74. Fax: 986 72 79 [email protected]

GRAN TALASO HOTEL SANXENXO H¨̈ ¨̈UN BALCÓN AO ATLÁNTICO CO ÚLTIMO EN SPA MARIÑO

Por se este hotel esquinado no alto da praia de Silgar e con vistas a ela

dende cada cuarto non tivese xa mar abondo, no verán do 2005 fi xo

entrar o Atlántico mesmo dentro das súas dependencias ao inaugurar o

completo spa mariño do que hoxe gozan tanto os seus hóspedes como

clientes non aloxados nel. Nun ambiente de deseño que encaixa co con-

xunto deste hotel que se acaba de reformar e ampliar, o seu Spa aparece

presidido por unha piscina de auga de mar na que se pode simplemente

nadar, continuada por outra piscina tamén salgada dotada de jacuzzi,

contracorrente e camas de burbullas ou colos de cisne a distinta presión e

chorros subacuáticos cos que ir masaxeando cada zona do corpo. Xunto a

elas, o baño turco, a sauna fi nlandesa, a terma romana, o pozo de auga

fría, as numerosas duchas de contrastes e esencias, o seu mar morto ou

Flotarium e as hamacas e cadeiras térmicas nas que repousar. Todos eles

integran un circuíto no que gozar durante unhas dúas horas, quedando

anexa a zona máis tranquila destinada aos tratamentos de saúde e es-

tética, na que o cliente está sempre acompañado por algún profesional

e, ao terminar unha sesión, dispón dunha estilosísima zona de repouso

na que agardar polo seguinte tratamento.

O MÁIS: A SÚA SITUACIÓN: NUN EXTREMO DA PRAIA DE SIL-GAR, AFASTADO DO BARULLO DE SANXENXO, CO SEU MAR MORTO NO QUE SE ESQUECER DA GRAVIDADE E, DE PASO, DO RESTO DO MUNDO, MENTRES SE FLOTA ESCOITANDO MÚSICA SOBRE AS AUGAS SATURADAS DE SAL.

EQUIPAMENTO E TÉCNICASPiscina exterior, unha piscina interior de auga salgada para nadar

e outra con chorros, jacuzzis, colos de cisne, camas de burbullas

e circuíto contracorrente; mar morto ou Flotarium, sauna fi nlan-

desa, baño turco e terma romana, pozo de auga fría, ducha blue de

pulverización fría, ducha jet, ducha bitérmica con esencias, ducha

de cubo e ducha de sensacións; cadeiras térmicas, bañeiras de hi-

dromasaxe, chorro, ducha circular, ducha Vichy, envolvementos en

algas e lodos, presoterapia, ultratone, ximnasio e distintos tipos

de masaxes e tratamentos de estética facial e corporal. Todo iso

dispoñible tanto para os hóspedes do hotel como para clientes do

exterior.

PROGRAMASRelax, Relax e beleza, Relaxante e descontraturante, Antiestrés, Cor-

poral e Redutor e anticelulítico, Rexuvenecemento e beleza.

ESPECIAL PARA NENOS En temporada alta contan con gardería en determinadas horas e

teñen horarios especiais para acceder ao centro de talasoterapia.

Nº cuartos: 44

53

Page 55: Auga para os sentidos

SpaSpa

EQUIPAMENTO E TÉCNICASClub Termal con unha gran piscina termolúdica con río contra-

corrente, guéiseres, colos de cisne, camas de auga, hot tubs, asen-

tos de burbullas, chorros subacuáticos e cúpula de nebulización,

ademais de jacuzzi e sala de relaxación, e un Circuíto Termal con

duchas aromatizadas, de sensacións, nebulizada, bitérmica, ducha

con cromoterapia, ducha cubo, baño turco, terma romana, sauna

fi nlandesa, gruta de xeo, mar morto, zona de relax, pediluvios, pa-

seo de choiva e paseo de pedras quentes, ademais dun Club Termal

infantil, ximnasio, unha área de estética e outra de tratamentos

con bañeiras de hidromasaxe, chorro manual a presión, salas de

envolvementos de algas, aceites esenciais e lodos, duchas Vichy e

distintos tipos de masaxes. Todo iso dispoñible tanto para os hós-

pedes do hotel como para clientes do exterior.

PROGRAMASDescanso Vilalba, Descanso Vilalba e beleza, Revitalización natural,

Revitalización natural e beleza, Relax Vilalba entre semana, Grande

antiestrés, Redutor e anticelulítico, Adelgazamento, Rexuvenece-

mento e beleza, Relaxación e multiaventura Terra Chá.

ESPECIAL PARA NENOSO Club Termal infantil, para nenos de ata 8 anos, con piscina dota-

da de cogomelos máxicos, chorros saltareiros e bosque de choiva.

O MÁIS: A VARIEDADE DE TÉCNICAS E SERVIZOS DO SEU MODERNO E INMENSO SPA E A SITUACIÓN DO HOTEL, PER-FECTA PARA DESCONECTAR E GOZAR DA NATUREZA E DOS DEPORTES AO AIRE LIBRE.

En xullo do 2006 quedou inaugurado este espectacular hotel de

deseño vangardista illado en plena natureza a uns oito quilómetros

de Vilalba, en cuxos baixos propón un spa «á última» de máis de

2100 m2 que no futuro está previsto que sexa un balneario, xa que

conta con poder servirse das augas mineromedicinais da chamada

Charca do Alligal. O spa distribúese en dúas plantas ao redor dunha

gran fonte central inundada pola luz natural que descende dende

o teito, e a súa zona principal goza aínda de moita máis luz que lle

chega a través das inmensas cristaleiras que rodean a piscina activa,

con chorros, colos de cisne, jacuzzis e ata oito camas de burbullas nas

que relaxar cada músculo, mentres o espírito se contaxia da paz que

emanan os verdísimos campos que se divisan.

Charca do Alligal, s/n. Santaballa27830 Vilalba, LugoTel: 982 515 000. Fax: [email protected]

HUSA SPA VILLALBA H¨̈ ¨̈O ÚLTIMO EN INSTALACIÓNS NUN ESTABLECEMENTODE VANGARDA EN PLENA NATUREZA

SERVIZOSAcceso discapacitados | Ascensor | Bar cafetería | Caja fuerte individual | Cuartos especialmente adaptados | Garaxe | Piscina | Piscina infantil | Sauna | Spa | Teléfono nos cuartos | Televisión nos cuartos | Xardín terraza

Nº cuartos: 42

54

Page 56: Auga para os sentidos

SpaSpa

Enmarcado entre piñeirais na península do Grove, a uns 500 metros

dalgunhas das praias máis intactas de Galicia e non moito máis lonxe

dalgunhas das súas máis famosas marisquerías, este hotel das afo-

ras de San Vicente do Mar exhala paz e trato personalizado. No seu

exterior cómpre salientar unha piscina rodeada de céspede e, no in-

terior, unhas galerías acristaladas nas que sentar placidamente a ler

ou a charlar, o coqueto Snack no que xantar a mediodía e o comedor

no que degustar algunha das especialidades da zona que propón o

alumno de Arola e Berasategui que está á fronte dos seus fogóns.

E, por suposto, o seu spa. Inaugurado no 2002 e inundado de luz

natural, atesoura unha piscina climatizada con jacuzzi e outra piscina

con chorros e colos de cisne cos que masaxear cada zona do corpo,

ademais de distintos tipos de duchas de contrastes, saunas e unha

sala de masaxes.

San Vicente do Mar.36989 O Grove, PontevedraTel: 986 73 80 61. Fax: 986 73 82 [email protected]

MAR ATLÁNTICO H¨̈ ¨̈RODEADO DE PIÑEIRAIS, XUNTO A PRAIAS INTACTAS E O MELLOR MARISCO

SERVIZOSAdmite tarxetas de crédito | Aire Acond. nos cuartos | Alugamento de bicicletas | Antena parabólica | Ascensor | Bar-cafetería | Caixa Forte individual | Calefacción central Ximnasio | Cuartos con salón-suites | Jacuzzi | Xardín terraza | Minibar | Páxina web | Piscina | Piscina climatizada | Restaurante accesible | Sauna | Secador de pelo nos cuartos | Sitio pintoresco | Spa | Teléfono nos cuartos | TV nos cuartos

O MÁIS: O PRIVILEXIO DE PODER COMBINAR UNHASESIÓN NO SPA CUN RELAXANTE PERCORRIDO POLO PASEO DE MADEIRA CONSTRUÍDO ENTRE AS ROCHAS DUNHA PRAIA PRÓXIMA E O OCÉANO ATLÁNTICO.

EQUIPAMENTO E TÉCNICASPiscina exterior e piscina interior con chorros e colos de cisne,

jacuzzi, baño turco, ducha blue pulverización, ducha cubo, pedilu-

vio, presoterapia, envolvementos con algas, ducha Vichy, masaxes

e ximnasio. Todo iso dispoñible tanto para hóspedes do hotel como

para clientes do exterior.

PROGRAMASClub lúdico, Degustación Atlántico, Antiestrés, Beleza, Relax, Posta

en forma, Chocolate delice, Benestar, Especial home, Semana

Atlántico e Semana Beleza, así como distintos tipos de masaxes e

tratamentos de estética facial e corporal.

ESPECIAL PARA NENOSSete cuartos pensados para familias; máis grandes e con dous

cuartos de baño.

Nº cuartos: 43

55

Page 57: Auga para os sentidos

O MÁIS: A TRANQUILIDADE QUE EXHALAN OS OUTEIROS IN-ZADOS DE ÁRBORES QUE O RODEAN, MALIA ESTAR A UNS VINTE MINUTOS EN COCHE DE SANTIAGO.

EQUIPAMENTO E TÉCNICASCircuíto Termal con piscina activa, sauna seca, baño de vapor, du-

chas de esencias, duchas de contrastes, duchas peeling, fonte de

xeo e pediluvio, ademais de bañeiras de hidromasaxe e de burbu-

llas, chorros, paralama, masaxes e numerosos tratamentos cor-

porais e faciais; todo isto dispoñible tanto para hóspedes do hotel

como para clientes externos.

PROGRAMASBeleza, Antiestrés, Do peregrino, Katiuska e Termal.

ESPECIAL PARA NENOSEstá previsto contar con animación infantil nalgúns momentos da

temporada alta.

SERVIZOSAcceso discapacitados | Admite tarxetas de crédito | Aire Acond. nos cuartos | Antena parabólica | Ascensor | Ascensor acces. entre plantas | Bar-cafetería | Caixa Forte individual | Calefacción central | Calefacción individual | Garaxe | Garaxe prazas discapacitados | Ximnasio | Cuartos con salón-suites | Internet | Xardín terraza | Minibar Aparcadoiro de superfi cie | Restaurante accesible | Salón de convencións | Secador pelo nos cuartos | Sitio pintoresco | Teléfono nos cuartos | Tenis | TV nos cuartosWC accesible

Rúa Outeiro, nº 52. 36540 Silleda, PontevedraTel: 986 59 25 25. Fax: 986 59 26 [email protected]

OCA KATIUSKA H¨̈ ¨̈UNHA CONTORNA RELAXANTE NO CORAZÓN VERDE DE GALICIA

Este hotel espazoso e moderno inaugurado no 2002 podería imaxi-

narse en calquera gran cidade, pero as vistas aos verdísimos outeiros

que se poden contemplar dende as súas terrazas e miradoiros, ou o

son dos grilos que cada noite chega dende os 16 000 metros de xardín

que o rodean, avalan a este hotel, situado nos arredores da vila de

Silleda, en pleno val do Deza, como un lugar idóneo para relaxarse.

Aos seus cuartos elegantemente vestidos cun toque de deseño, ás

súas coquetas salas de estar ou ao restaurante panorámico da última

planta engadíuselles un spa de 900 metros que quedará inaugu-

rado no outono do 2006 cun circuíto termolúdico colectivo e unha

zona individual para tratamentos de benestar e beleza: un comple-

mento perfecto para combinar con visitas a lugares próximos como

o mosteiro de Carboeiro e os saltos da Fervenza do Río Toxa, ou cos

alicientes para gozar da natureza que ofrece a zona, con rutas a pé,

cabalos, quads e un par de bos ríos troiteiros e salmoneiros.

SpaSpa

Nº cuartos: 88

56

Page 58: Auga para os sentidos

SpaSpa

EQUIPAMENTO E TÉCNICASPiscina climatizada interior con chorros, cadeiras acuáticas, jacuzzi,

fervenza e colo de cisne; sauna fi nlandesa, hammán, mármores

quentes, solarium, bañeiras de hidromasaxe con cromoterapia,

cama de auga, maniluvio e pediluvio, ximnasio con fi sioterapeuta,

distintos tipos de masaxes e envolvementos en algas, mel, choco-

late, esencias ou ouro, e sesións de beleza facial e corporal; todo

isto dispoñible tanto para hóspedes do hotel como para clientes

do exterior.

PROGRAMASFin de semana, Cura mediterránea, Happy weekend, Programa Río

do Pozo, Praceres divinos e «Chocolatéate».

ESPECIAL PARA NENOSO spa propón a diario unhas horas concretas para gozar da auga

tamén en familia.

Inaugurado en maio do 2006, este establecemento de liñas van-

gardistas e bo gusto disimula á perfección a súa situación na zona

industrial de Narón xa que, unha vez dentro, as vistas que predomi-

nan do outro lado da inmensa cristaleira que preside as súas estilosas

zonas comúns son os piñeirais que tamén o rodean. Ademais duns

cuartos cunha decoración coidada e persoal, un pub, un restaurante

de nivel e varias salas de reunións, os seus hóspedes nin sequera

teñen que saír do establecemento para gozar dos praceres da auga,

xa que nos baixos conta cun completo spa no que abandonarse a

algún tratamento de relax ou estética tras unha xornada de traballo

nas empresas dos arredores ou dunha escapada máis ociosa polas

praias e vilas da zona ou polo casco vello de Ferrol.

Polígono Río do Pozo, P-129 15578 Narón, A CoruñaTel: 981 396 044. Fax: 981 380 [email protected]

RÍO DO POZO H¨̈ ¨̈NOVO SPA PRETO DE FERROL, ONDE UNIR ATMOSFERA DE LECER E NEGOCIOS

O MÁIS: A COIDADA DECORACIÓN DESTE HOTEL, CAPAZ DE OFRECER UN TRATO PERSONALIZADO AO VIAXEIRO DE NE-GOCIOS, QUE NON NECESITA SAÍR DEL PARA ATOPAR OS MÁIS VARIADOS SERVIZOS NAS SÚAS HORAS DE LECER.

SERVIZOSAcceso discapacitados | Actividades de lecer/animación | Admite tarxetas de crédito | Aire Acond. nos cuartos | Aire acondicionado | Alugamento de bicicletas | Alugamento equipos au-diovisuais | Animación infantil | Antena parabólica | Ascensor | Ascensor acces. entre plantas | Bar-cafetería | Caixa Forte individual | Calefacción central | Calefacción individual | Cambio de moeda | Espazo reservado fumadores | Ximnasio | Golf | Cuartos especialmente adaptados | Cuartos con salón-suites | Cuartos familiares | Internet | Internet nos cuartos | Jacuzzi | Xardín terraza | Minibar | Aparcadoiro de superfi cie | Aparcadoiro praza discapacitados | Restaurante accesible | Sala de Reunións | Salón de convencións | Sauna | Secador pelo nos cuartos | Servi-zo de canguro | Servizo de fax | Servizo de secretaría | Servizo médico | Spa | Teléfono nos cuartos | Tendas | Tradución de documentos | Tradución simultánea | TV nos cuartos | WC accesible

Nº cuartos: 48

57

Page 59: Auga para os sentidos

O MÁIS: A SÚA PROXIMIDADE Á ESTACIÓN DE MANZANEDA, CON ESQUÍ NO INVERNO E INFINIDADE DE RUTAS A PÉ, ASÍ COMO A VASTA OFERTA DEPORTIVA QUE SE ORGANIZA DENDE O HOTEL.

EQUIPAMENTO E TÉCNICASPiscina cuberta con dous jacuzzis, un colo de cisne, chorro e cir-

cuíto contracorrente; bañeira de hidromasaxe, baño turco e sauna

fi nlandesa; todo isto dispoñible tanto para hóspedes do hotel como

para clientes do exterior.

PROGRAMASNon ten.

ESPECIAL PARA NENOSParque infantil con randeeiras.

SERVIZOSAcceso discapacitados | Admite cans | Admite tarxetas de crédito | Alugamento de bicicletas | Antena parabólica | Bar-cafetería | Calefacción central | Calefacción individualEdifi cio histórico | Garaxe | Garaxe prazas discapacitados | Jacuzzi | Xardín terraza | Páxina web | Aparcadoiro de superfi cie | Piscina | Piscina accesible | Piscina climatizada Restaurante accesible | Salón de convencións | Sauna | Servizo de cuartos 24 h. | Sitio céntrico | Sitio pintoresco | Teléfono nos cuartos | TV nos cuartos | WC accesible

San Lourenzo. 32778 A Pobra de Trives, OurenseTel: 988 33 00 34. Fax: 988 33 10 [email protected]

AS MACEIRAS H¨̈UN HOTEL RURAL CUN PEQUENO SPA XUNTO Á ESTACIÓN DE ESQUÍ DE MANZANEDA

Rodeado por unha propiedade de 8000 m2 e a uns 12 quilómetros

da estación de esquí de Manzaneda, este hotel rural de montaña,

con estilo rústico e ambiente familiar e deportivo, engadiulles ás súas

instalacións no outono do 2005 un pequeno spa. Este conta cunha

piscina activa de acceso gratuíto para os seus hóspedes, ademais

dunha bañeira de hidromasaxe para ata oito persoas, un baño turco

e unha sauna fi nlandesa. Todo isto supón un novo atractivo para os

seus clientes, que poden gozar de infi nidade de propostas deportivas

organizadas polo hotel, como rutas guiadas en quad, en bicicleta, en

piragua ou a pé por moitos carreiros das proximidades, así como a

visita a numerosos mosteiros da zona ou o paseo en catamarán que

se organiza pola Ribeira Sacra, a unha media hora das Maceiras.

SpaSpa

Nº cuartos: 21

58

Page 60: Auga para os sentidos

59

Page 61: Auga para os sentidos

60

Page 62: Auga para os sentidos

A vocación de axuntar os praceres do turismo rural e o hedonismo dunhas

horas nun spa motivou que, nos últimos anos, xurdisen pola Galicia rural

un feixe de establecementos deste tipo que inclúen este servizo dentro das

súas instalacións. Estas instalacións, confabuladas coa tranquilidade das

contornas nas que se atopan, resultan unha combinación moi apetecible

para gozar duns días de desconexión.

TURISMO RURAL BALNEARIO/SPATURISMO RURAL BALNEARIO/SPA

61

Page 63: Auga para os sentidos

Turismo rural balnearioTurismo rural balneario

O MÁIS: O ACERTO CON QUE SE REHABILITOU O EDIFICIO E SE DECOROU CADA ESTANCIA, ASÍ COMO OS PROGRAMAS QUE SE PODEN ORGANIZAR PARA GRUPOS: NOITE DE MEI-GAS, AVENTURA MEDIEVAL E O TENTADOR AO LÍMITE DO PECADO.

SERVIZOSBiblioteca | Camas supletorias | Comedor | Dispoñibleaxencias de viaxes | Instalacións accesibles a discapacitadosXardín Horta | Lavado ropa clientes | Salón estarTarxetas crédito (consultar) | Teléfono nos cuartosTelevisión común | Televisor nos cuartos

Outeiro Cruz, s/n. 32417–A Arnoia, OurenseTeléfono: 988492428 / 902492400. Fax: [email protected] www.caldaria.es

ABADÍA CALDARIA Grupo A - Casa ReitoralUN PRIORADO DO SÉCULO XII TRANSFORMADO EN ALOXAMENTO SINGULAR

O seu inspirador edifi cio en pedra alberga apenas 17 cuartos, cada cal

decorado ao seu xeito, aínda que mantendo todos unha coherencia e

un acerto moi capaces de engaiolar a todo o que se decida por buscar

refuxio neste priorado do século XII recuperado no 2003 como un de-

licioso aloxamento rural. Rodeado de viñedos e sosegadas paisaxes

á beira do río Arnoia, nas súas dúas plantas dispón tamén dunha

biblioteca na que recollerse ao calor da cheminea, un comedor, dous

salóns nos que se combinan sabiamente pedra e madeira e, tamén,

unha sauna, aínda que os tratamentos termais non se realizan na

Abadía senón no balneario de Arnoia, a un quilómetro e medio e

propiedade do mesmo grupo empresarial que rexe a Abadía.

Nº cuartos: 17

CARACTERÍSTICAS DAS AUGAS*

INDICACIÓNS*

EQUIPAMENTO E TÉCNICAS*

PROGRAMAS*

ESPECIAL PARA NENOS*

(*) Ver condicións do Balneario de Arnoia, pág 22.

62

Page 64: Auga para os sentidos

Turismo rural spaTurismo rural spa

EQUIPAMENTO E TÉCNICASPiscina interior a 32º C con circuíto contracorrente, sauna fi nlan-

desa, baño turco, cadeiras térmicas e piscina exterior.

Plaza San Clodio, s/n32428 Leiro, OurenseTel: 988 485 688. Fax: 988 485 614www.hotelruraldonablanca.com

DOÑA BLANCA Grupo A - Casa GrandeUN COQUETÍSIMO REFUXIO CUN PEQUENO SPA NO CORAZÓN DO RIBEIRO

Este antigo caserón do XIX, que antano fi xo as veces de escola, loce

hoxe transformado nun estilosísimo hotel rural tras a rehabilitación

levada a cabo polo arquitecto Fernando Branco, na que se logrou

darlle a todo o edifi cio un toque de vangarda sen por iso renunciar

nin ao cálido nin ao tradicional que é obrigado dada a súa situación,

xunto ao mosteiro de San Clodio e envolto en viñedos e paisaxes ver-

dísimas no corazón do Ribeiro. Os seus únicos seis cuartos son todos

diferentes e, do mesmo xeito que o recolecto xardín, presidido pola

piscina, ou o salón, no que facerse un oco entre os libros e a coidada

escolma de pezas traídas de medio mundo polos seus propietarios,

revelan tranquilidade e bo gusto. E se necesitan aínda máis relax, os

hóspedes poden acceder libremente ao pequeno spa do piso inferior,

cunha piscina climatizada con circuíto contracorrente, así como sauna

e baño turco nun ambiente selecto e recollido que se inspira nos fres-

cos de Pompeia.

O MÁIS: A SENSACIÓN DE ESTAR, MÁIS CA NUN HOTEL, NUNHA CASA PRIVADA DE GUSTO EXQUISITO E ENVOLTAEN PAZ.

SERVIZOSDispoñible axencias de viaxes | Acceso discapacitadosXardín Horta | Piscina | Salón de estar | Spa | Tarxetas crédi-to (consultar) | Teléfono nos cuartos | Televisor nos cuartos

Nº cuartos: 6

63

Page 65: Auga para os sentidos

Turismo rural spaTurismo rural spaTurismo rural spa

EQUIPAMENTO E TÉCNICASPiscina climatizada interior con chorros e colos de cisne cuxa

cristaleira pode abrirse cando o tempo acompaña, jacuzzi, pedi-

luvio, cadeiras térmicas, bañeira relax con cromoterapia, chorro,

ducha Vichy, sauna de vapor, masaxes e ximnasio.

ESPECIAL PARA NENOSEstá previsto contar con animación infantil nalgúns momentos da

temporada alta.

O MÁIS: O SEU FANTÁSTICO EDIFICIO DE PEDRA, RODEADO POR EVOCADORES XARDÍNS QUE ATESOURAN UN PASEO DE PRETO DUN QUILÓMETRO QUE LEVA ATA O RÍO.

Tras franquear o portalón de entrada, custodiado polo escudo de ar-

mas dos Taboada e Churruchaos, este pazo do XVI, que foi recupera-

do das súas ruínas ao abrir como hotel rural no 2003, non o ten difícil

para transportar ao viaxeiro ao ambiente máis lexítimo da Galicia in-

terior. A pedra e a madeira presiden as súas estancias e un aire de

clasicismo antigo aprópiase de cada recuncho. Onde antano estaban

as cortes dos cabalos hoxe aparecen moi nobres salóns, comedores

e suites. E onde tempo atrás se atopaban as cociñas, hoxe pode o

hóspede urxido de serenidade recollerse a ler, ou a charlar, á calor da

inmensa lareira que o preside. Ademais dunha capela e unha carpa

para vodas, o pazo conta dende o verán do 2006 cun coqueto spa con

bucólicas vistas ás fragas e praderías que rodean esta propiedade de

60 000 m2.

O Xubín - Bendoiro-Prado. 36512 Lalín, PontevedraTel: 986 794 289. Fax: 986 794 [email protected]

PAZO DE BENDOIRO Grupo A - PazoUN PAZO DO XVI RESTAURADO CON GRAN COIDADO ENTRE BUCÓLICOS XARDÍNS

SERVIZOSAparcadoiro | Bar | Biblioteca | Bicicletas (consultar) | Camas supletorias | Comedor | Berce | Días Verdes | Días Verdes de ouro | Dispoñible axencias de viaxes | Acceso discapacitados Xardín / Horta | Lavado roupa clientes | Piscina | Restau-rante | Reunións directivos | Salón estar | Fálase francés Fálase inglés | Spa | Tarxetas crédito (consultar) | Telé-fono nos cuartos | Televisión común | Televisión en cuartosNº cuartos: 12

64

Page 66: Auga para os sentidos

Turismo rural spaTurismo rural spaO Castro. 32318 O Barco de Valdeorras, OurenseTel: 988 34 74 23. Fax: 988 34 74 [email protected]

PAZO DO CASTRO Grupo A - PazoUN PAZO FIEL Á TRADICIÓN CUN COQUETO SPA

Este sosegado pazo das aforas do Barco de Valdeorras, edifi cado en

1630 por Don Pedro de Losada e Quiroga, foi rehabilitado coa fi rme

vocación de conservar o clasicismo do seu ambiente e do propio edi-

fi cio, declarado patrimonio histórico-artístico e rodeado de xardíns.

O mobiliario, os cadros de familia e ata a biblioteca, a capela ou as

vellas carruaxes que atesoura nos moitos recunchos que aparecen

por todas as partes, locen case como antano neste sobrio caserón no

que cada habitación ten nome propio e a cuxos servizos se incorporou

recentemente un coqueto spa que engade novos alicientes a quen

decida pasar uns días neste recanto tan apetecible, dacabalo entre

a Ribeira Sacra, a estación de esquí de Manzaneda, As Médulas, o

Camiño de Santiago de Inverno ou o Camiño Sur –aínda non recoñe-

cido ofi cialmente pero xa moi concorrido–, a Ruta da Vía Nova ou

Vía XVII de Braga a Astorga, e a acabada de crear, Ruta das adegas

de Valdeorras.

EQUIPAMENTO E TÉCNICASPiscina exterior acristalada que se descobre no verán, jacuzzi, sau-

na fi nlandesa, terma de vapor con aromaterapia e cromoterapia,

duchas de contrastes e aromas e cadeiras térmicas, ademais de dis-

tintos tipos de masaxes e servizos de estética corporal.

PROGRAMASAcougo e deleite, e Placidez e sensacións.

ESPECIAL PARA NENOSParque infantil, sala de xogos e menús para os pequenos.

SERVIZOSActividades guiadas | Aparcadoiro | Bar | Biblioteca | Bici-cletas (consultar) | Camas supletorias | Comedor | BerceDías Verdes | Dispoñible axencias de viaxes | Acceso a dis-capacitados | Instalacións para nenos | Xardín / Horta | Xogos de mesa | Xogos populares | Lavado roupa clientes | Piscina Restaurante | Reunións directivos | Sala de xogos | Salón es-tar | Acéptase «Carné Xove» | Fálase francés | Fálase inglésSpa | Tarxetas crédito (consultar) | Teléfono nos cuartosTelevisor nos cuartos | Tenis | Tenda produtos artesanais

O MÁIS: A CONSERVACIÓN DO SEU NOBRE EDIFICIO E O SEU AMBIENTE TAL COMO ERA ANTANO.

Nº cuartos: 18

65

Page 67: Auga para os sentidos
Page 68: Auga para os sentidos

BALNEARIOSBALNEARIOS

NOVOS PROXECTOS TERMAISNOVOS PROXECTOS TERMAIS

67

Page 69: Auga para os sentidos

R/Mercado da Feira, s/n.32001 OurenseTel: 988 214 821.www.termaschavasqueira.com

TERMAS DA CHAVASQUEIRA

CARACTERÍSTICAS DAS AUGASBicarbonatadas, sódicas, fl uoradas, litínicas e sulfuradas de mine-

ralización media, que xorden a 63º.

INDICACIÓNSAfeccións dermatolóxicas e reumáticas, trastornos hepatodixes-

tivos do metabolismo e vías urinarias.

EQUIPAMENTO E TÉCNICASBaños colectivos, sauna e masaxes de relaxación e, en determina-

das datas, masaxes con cuncas tibetanas.

Na marxe dereita do Miño, a pasos escasos do centro de Ourense,

o seu pequeno recinto ofrece a imaxe máis insólita de todo o ter-

malismo galego: aos pés dunha réplica dun templo zen de arquitec-

tura xaponesa, cunha construción de madeira ensamblada sen un só

cravo, alíñanse entre o céspede os seus tres rotenburo ou piscinas xa-

ponesas nas que bañarse en grupo e ao aire libre ata cando a choiva

cae con forza. Seguindo o ritual, imponse comezar pola de auga a

41 ºC para provocar despois un choque térmico mergullándose uns

instantes na poza de auga fría. O seguinte paso é o rotenburo a 40

ºC e outra posterior ducha fría e, tras iso, un máximo de dez minutos

na húmida terma romana ou Templarium para eliminar toxinas. Tras

pasar de novo pola auga fría, haise que dirixirse ao ofuro, unha pis-

cina interior a 39 ºC, para terminar o circuíto no último rotenburo. As

hamacas de repouso son perfectas, cando o tempo acompaña, para

relaxarse ao sol, e ata se pode contratar alí mesmo unha masaxe.

Dende que abriu as súas portas, a Chavasqueira converteuse en todo

un éxito, tanto polos seus módicos prezos como pola súa orixinali-

dade e os seus horarios, xa que abre ata as tres da madrugada as fi ns

de semana.

O MÁIS: ENCARGAR CON ANTELACIÓN UN SUSHI PARA DE-GUSTAR NA SÚA CAFETERÍA E REMATAR ASÍ A EXPERIENCIA TERMAL NIPONA.

Termas da ChavasqueiraTermas da Chavasqueira Novos proxectos termais

68

Page 70: Auga para os sentidos

[BALNEARIO DE BERÁN, OURENSE]Entre fi nais do 2006 e principios do 2007 espérase abrir ao pú-

blico este balneario de nova planta, levantado xunto á antiga

casa de baños do mesmo nome á que levan moitas décadas

achegándose persoas de todo o país para beber ou bañarse nas

súas augas ricas en xofre, ferruxinosas e sulfuradas, que xorden

a 28 ºC e que son man de santo para algunhas enfermidades da

pel como psoriase, dermatite e eccemas, así como para deter-

minadas afeccións das vías respiratorias, o estómago, o fígado

e os riles. O novo balneario, que de momento non contará con

hotel e se agocha entre o arboredo nos arredores desta vila do

corazón do Ribeiro, deseñouse tanto para atender á función máis

terapéutica como á máis lúdica do termalismo, dotado dunha

completa piscina activa, hidromasaxes, jacuzzis, distintos tipos de

saunas e duchas de contrastes, ximnasio e salas para masaxes e

outros tratamentos.

[BALNEARIO DE CORTEGADA, OURENSE]Nun lugar solitaria das aforas de Cortegada e levantado sobre

o Miño, o novo balneario de Cortegada abrirá previsiblemente

as súas portas na primavera do 2007 albergado nun moderno

edifi cio dende cuxas cristaleiras divisar os humores do río e as

paisaxes, relaxantes e de gran verdor, que o rodean. As súas

augas sulfuradas, que xorden entre 25 e 30 ºC, levan décadas

atraendo a doentes de reumatismos ou enfermidades derma-

tolóxicas como a psoriase, ata a casa de baños do mesmo nome

que está situada algo máis abaixo, na mesma beira do río, den-

tro dun encantador edifi cio de 1937 que atesoura unha terraza

con vistas inesquecibles. O novo balneario, dotado dunha piscina

activa, distintos tipos de saunas e duchas de contrastes, bañei-

ras, jacuzzis e salas para os máis diversos tratamentos nos que

combinar saúde, beleza, relax e posta en forma, está previsto que

quede enmarcado dentro dun proxecto máis ambicioso que con-

teña hoteis de tres e catro estrelas, apartamentos de luxo, restau-

rantes, un salón de congresos, un museo temático da auga, un

campo de golf e unha zona de lecer e multiaventura.

[CENTRO TESAL TALASO SPA MOAÑA, PONTEVEDRA]Na primavera do 2008 espérase abrir este centro de talasotera-

pia de 3500 m2 –o primeiro da zona–, integrado nun hotel de

catro estrelas no concello de Moaña, a apenas 100 metros da

praia e con inmellorables vistas da ría de Vigo e da comarca do

Morrazo.

Novos proxectos temaisNovos proxectos termais

[TERMAS DE OUTARIZ, OURENSE] A imaxe e semellanza das Termas Chavasqueira da capital ourensá

pero tres veces máis grandes, está previsto que no verán do 2007 es-

tean terminadas estas novas termas ao aire libre de estilo xaponés.

A pouco máis de tres quilómetros da Chavasqueira, xusto ao extremo

do corredor sobre o río polo que, bordeado por unha praia fl uvial e

algún merendeiro, saen a pasear ou facer deporte moitos ourensáns á

tardiña, Outariz contará cun edifi cio de dúas alturas á beira do Miño e

con dezaseis vasos termais interiores e exteriores ou rotenburos, ade-

mais dun spa con jets de hidromasaxe, zona privada de grupos Onsen

Family, zona infantil, zona de verán con auga tépeda e diferentes fer-

venzas e chorros de estilo nipón, así como con tratamentos e saunas

mixtas inspiradas no Extremo Oriente.

[CASA DA AUGA, A CORUÑA]No 2007 está previsto que se inaugure no casco urbano da Coruña este

espectacular complexo termolúdico que, cos seus 6000 m2 de insta-

lacións á última, será o máis grande de Galicia e un dos máis punteiros

de Europa, con zona de piscinas, de saunas, de ximnasios, zona club e

un completísimo centro de talasoterapia.

Balneario de Berán, Ourense

Balneario de Cortegada, Ourense

69

Page 71: Auga para os sentidos

7070

ADELGAZAMENTO. Programas nos que, despois dun exame no que se indaga nos costumes alimentarios e há-

bitos da persoa, prescríbese un tratamento personalizado para perder peso a través da dieta, o exercicio físico

e técnicas como masaxes redutoras, duchas Vichy, envolvementos en lodos, limos ou algas, sauna, chorros a

presión e sesións de piscina termal, a miúdo complementado con auga mineromedicinal bebida.

ANTICELULÍTICO. As técnicas que se adoitan aplicar son bastante semellantes ás dos programas de adelga-

zamento, con sesións de peeling corporal, baños de hidromasaxe, algas drenantes, presoterapia, masaxes

redutoras, exercicios tonifi cantes, chorros ou envolvementos en lodos, limos ou algas.

ANTIESTRÉS. Programas que buscan a relaxación a través de distintas técnicas, como a piscina termal, baños

de hidromasaxe, duchas Vichy, sauna, chorros ou masaxes. Para casos graves existen terapias psicolóxicas

para aprender a relaxarse e xestionar o estrés, e ata unha dieta especial e un programa de exercicio físico.

ANTITABACO. As técnicas empregadas para axudar a deixar de fumar son bastante semellantes ás dos progra-

mas respiratorios, con inhalacións e nebulizacións con auga mineromedicinal, baños termais, envolvementos

de algas, vaporario e masaxes relaxantes. En ocasións, ata un programa de exercicio, unha dieta especial e

apoio psicolóxico.

BELEZA. Programas moi diversos de estética facial ou corporal que inclúen dende limpezas de cute, peelings,

rehidratación do rostro e o contorno de ollos, drenaxe e masaxes faciais, ata técnicas para o corpo como

baños de burbullas, duchas circulares, chorros a presión, masaxes, envolvementos en algas ou lodos redu-

tores ou reafi rmantes, peeling corporal ou raios UVA.

CIRCULATORIO. O fi n é estimular a circulación a través de técnicas como exercicios na piscina, hidromasaxes,

baños de burbullas, duchas circulares, masaxes circulatorias, drenaxes linfáticas ou presoterapia.

DERMATOLÓXICO. Programas para previr ou tratar diversos procesos crónicos da pel, como psoriase, der-

matite, eccemas ou acne, a través de baños en auga mineromedicinal, chorros e duchas, pulverizacións ou

sesións de estética.

POSPARTO / MENIÑO E MAMÁ. Están indicados entre o segundo e o décimo mes despois do parto e para

nenos a partir duns cinco meses. Adoitan incluír baños co neno e técnicas para axudar a recuperar a forma

física tras o embarazo, como baños de hidromasaxe, chorros, ximnasia pasiva ou masaxes redutoras e re-

afi rmantes da zona abdominal.

REXUVENECEMENTO / BELEZA E RELAX. Programas que adoitan propoñer unha combinación de técnicas

mencionadas nos programas Antiestrés e Beleza.

RESPIRATORIO. Tratamentos para previr ou tratar este tipo de afeccións a través de baños de vapor con esen-

cia de eucalipto, duchas nasais e farínxeas, pulverizacións, aerosois, inhalacións e ata ximnasia respiratoria.

REUMATOLÓXICO. Programas para previr ou tratar este tipo de afeccións a través de baños termais, chorros,

hidromasaxes, paralama, masaxes, electroterapia ou piscina termal, complementado en ocasións con auga

en bebida.

PROGRAMASPROGRAMAS

Page 72: Auga para os sentidos

7171

AUGA MINEROMEDICINAL: auga bacterioloxicamente incontaminada que, pro-

cedente dunha fonte subterránea, natural ou perforada, contén unha determi-

nada mineralización e pode inducir efectos favorables para a saúde, segundo

a OMS.

AQUAGYM: ximnasia dentro da auga, medio no que resulta máis suave realizar

exercicio.

BALNEARIO: establecemento no que poden realizarse tratamentos terapéuti-

cos ou preventivos baseados no uso da súa auga mineromedicinal declarada

de utilidade pública ou de lodos aplicados con diversas técnicas hidrotermais.

Todos os balnearios deben contar con supervisión médica e cada un está indi-

cado para tratar determinadas afeccións en función da composición das súas

augas. Son centros sanitarios, aínda que moitos deles combinan esta faceta

con outro tipo de servizos máis orientados ao benestar, á estética, á relaxación

e ao lecer.

BAÑO DE BURBULLAS: inmersión nunha bañeira á que se lle engade aire a

presión. Relaxa e estimula a circulación.

BAÑO DE HIDROMASAXE: inmersión nunha bañeira á que se lle engade auga a

presión, que fai unha lixeira masaxe. Hai distintos tipos de bañeiras –Niágara,

Xamaica, etc.– con maior ou menor potencia. Relaxa e estimula a circulación.

BAÑO TERMAL: inmersión en auga mineromedicinal. A través do seu uso con-

tinuado e pautado polo médico lógranse diferentes efectos terapéuticos que

varían en función das características de cada tipo de auga.

BAÑO DE VAPOR OU HAMMÁN, OU VAPORARIO: sala de calor húmido na que

se acada unha temperatura de 42-45 ºC cunha humidade relativa ambiental de

90-100%. Produce unha gran vasodilatación cutánea e estimula a sudoración,

axudando a eliminar toxinas e á limpeza das vías respiratorias.

CHORRO OU DUCHA JET: proxección dun chorro horizontal de auga a presión

aplicada cunha mangueira. Con movementos específi cos vai percorrendo o

corpo, relaxando músculos e axudando a desconxestionar os tecidos. Recomén-

dase dende para as contracturas e o estrés ata para a celulite. Cando a presión

é maior cunha saída moi fi na denomínase chorro fi liforme e cando se alternan

temperaturas, chorro de contraste.

CHORRO SUBACUÁTICO: dentro da bañeira, aplícase un chorro de auga a

presión localizado cara a unha ou varias zonas do corpo; efectivo para a circu-

lación, as contracturas e ata a celulite.

CIRCUÍTO CONTRACORRENTE, CAMAS DE BURBULLAS, JACUZZIS, COGOMELO E

COLOS DE CISNE: distintos tipos de aparellos cos que contan as chamadas pisci-

nas activas ou dinámicas e que, a través de fervenzas ou aire ou auga a presión,

masaxean distintas partes do corpo mentres se está en submersión na piscina.

DRENAXE LINFÁTICA: técnica de masaxe para activar o movemento do líquido

linfático e facilitar a súa circulación.

DUCHA CIRCULAR: ducha dentro dunha estrutura ou unha cabina circular con

varios puntos de saída de auga a unha determinada presión que relaxa e es-

timula a circulación.

DUCHAS PARCIAIS: auga a presión aplicada localmente (lumbar, vaxinal, nasal,

farínxea, xenxival, etc.)

ELECTROTERAPIA: aplicación de distintas intensidades de corrente eléctrica con

fi ns terapéuticos ou estéticos.

ENVOLVEMENTOS: cobertura de só unha zona ou de todo o corpo con algas,

lodos, lamas ou ata con chocolate, mel ou derivados da uva, seguidos a miúdo

dunha aplicación de calor, con distintos efectos terapéuticos ou estéticos.

ESTUFA: habitáculo natural ou artifi cial no que se inhalan vapores ou gases de

forma colectiva.

FANGOTERAPIA: tratamento baseado en barros termais.

FISIOTERAPIA: conxunto de técnicas que producen no organismo unha serie de

reaccións fi siolóxicas coas que se conseguen efectos terapéuticos. Aplicables en

procesos articulares, musculares, neurolóxicos, traumatolóxicos, reumatolóxi-

cos, respiratorios, etc.

FOTOTERAPIA: aplicación de distintos tipos de luz con fi ns terapéuticos.

MANILUVIOS: baños de brazos.

MASAXE MANUAL: técnica na que se aplican coas mans friccións ou presións

sobre o corpo. Hai moi diversas modalidades de masaxe manual (relaxante,

tonifi cante, deportiva, etc.), cada unha cos seus propios efectos.

MASAXE BAIXO DUCHA OU DUCHA VICHY: masaxe manual baixo unha ducha

de auga que activa o masaxista. Efecto relaxante e descontraturante.

PARALAMA: lodos ou lodos mesturados con parafi na e aplicados localmente a

unha temperatura de 42 ºC con grande efecto analxésico sobre a zona tratada.

PEDILUVIO: baños de pernas.

PELOIDES: axentes terapéuticos cun compoñente sólido e outro líquido como

auga mineromedicinal, de mar ou lago salgado, con limos, lamas ou lodos.

PISCINA ACTIVA OU DINÁMICA: piscina colectiva dotada de circuíto contraco-

rrente, camas de burbullas, jacuzzis, cogomelo, colos de cisne ou outros efectos

con auga ou aire a presión polos que ir rotando para ir masaxeando distintas

partes do corpo.

PISCINA TERMAL: baños colectivos en auga mineromedicinal. A miúdo teñen

chorros subacuáticos que masaxean distintas partes do corpo, entre outros efec-

tos relaxantes.

PULVERIZADORES, AEROSOIS, INHALADORES E NEBULIZADORES: diferentes

aparellos a través dos cales, ou ben en forma de pinga máis ou menos grosa

ou de gases ou vapores, se aplica a auga mineromedicinal directamente ás vías

respiratorias polo nariz ou pola boca. Indicados para infi nidade de afeccións

deste tipo.

REFLEXOLOXÍA PODAL: técnica oriental na que se presiona coas mans en puntos

refl exos de todo o organismo situados en ambos os pés. Contribúe á relaxación,

á eliminación de toxinas e ata á prevención de enfermidades se se efectúa con

regularidade.

SAUNA SECA OU FINLANDESA: sala de calor seca cunha temperatura de 60-90

ºC e unha humidade relativa inferior ao 50%, que axuda a eliminar toxinas e

a relaxarse.

SHIATSU: relaxante técnica oriental de masaxe manual sobre puntos e canles

enerxéticas utilizadas tamén en acupuntura. A súa variante realizada dentro da

auga denomínase watsu.

SPA: establecemento que utiliza a auga corrente con fi ns lúdicos e que adoita

tamén ofertar servizos de beleza, benestar e relaxación.

TALASOTERAPIA: uso con fi ns terapéuticos ou preventivos de todos os recursos

do medio mariño: auga, barro, algas e ata a brisa que se respira nas zonas

próximas ao mar.

ULTRATONE: aparello para realizar ximnasia pasiva.

ABC DO LÉXICO TERMALABC DO LÉXICO TERMAL

Page 73: Auga para os sentidos

7272

OFICINA DA CORUÑA

Dársena da Mariña

15001 A CORUÑA (A CORUÑA)

Tel.: 981 22 18 22 - Fax: 981 22 18 22

ofi [email protected]

OFICINA DE FERROL

Edif. Admtvo. Praza Camilo José Cela

Esq. R/ de Vigo.

15402 FERROL (A CORUÑA)

Tel.:981 31 11 79/981 33 71 31 - Fax: 981 33 70 13

(V) OFICINA DE RIBEIRA

Avda. do Malecón, 3

15960 RIBEIRA (A CORUÑA)

Tel.:981 87 30 07

OFICINA DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

Rúa do Vilar, 30-32

15705 SANTIAGO DE COMPOSTELA (A CORUÑA)

Tel.:902 33 20 10/981 58 40 81 Fax: 981 57 65 86

[email protected]

OFICINA DE LUGO

Praza Maior, 27-29 (Galerías)

27001 LUGO (LUGO)

Tel.:982 23 13 61 - Fax: 982 23 13 61

(V) OFICINA DE LUGO - FIELATO

Porta da Estación (Muralla)

27001 LUGO (LUGO)

OFICINA DE OURENSE

Edif. «Caseta do Legoeiro». Ponte Romana

Enlace N-120 con R/Progreso

32003 OURENSE (Ourense)

Tel.: 988 37 20 20 - Fax: 988 21 49 76

(V) OFICINA DA GUDIÑA

Casa da Viúva

Avda. Beato Sebastián de Aparicio, s/n

32540 A GUDIÑA (OURENSE)

Tel.: 988 59 40 03

OFICINA DO CARBALLIÑO

Centro Comarcal do Carballiño

Avda. de Pontevedra, N-541 km. 27

32500 O CARBALLIÑO (OURENSE)

Tel.: 988 53 02 52

OFICINA DE PONTEVEDRA

R/Gutiérrez Mellado, 1 - baixo (entrada galerías)

36001 PONTEVEDRA (PONTEVEDRA)

Tel.: 986 85 08 14 - Fax: 986 84 81 23

OFICINA DE TUI

Rúa Colón. Edif. Área Panorámica

36700 TUI (PONTEVEDRA)

Tel.: 986 60 17 89 - Fax:986 60 17 89

OFICINA DE VIGO

Av. Cánovas del Castillo, 22

36202 VIGO (PONTEVEDRA)

Tel.: 986 43 05 77 - Fax: 986 43 00 80

(V) OFICINA DE VIGO - PORTO

Estación Marítima, s/n

36201 VIGO (PONTEVEDRA)

Tel.: 986 43 25 41

OFICINA DE VILAGARCÍA DE AROUSA

R/ Juan Carlos I, 37

36600 VILAGARCÍA DE AROUSA (PONTEVEDRA)

Tel.: 986 51 01 44 - Fax: 986 51 01 44

OFICINA DE MADRID

R/Casado del Alisal, 8

28014 MADRID (MADRID)

Tel.: 91 595 42 14 Fax: 91 595 42 68

[email protected]

OFICINA DE BOS AIRES

Bartolomé Mitre 2550

C1039AAP ARXENTINA

Tel.: (5411) 4951-6671 / (5411) 4952-3993

TURGALICIA

Estrada Santiago-Noia, km 3

15896 SANTIAGO DE COMPOSTELA (A CORUÑA)

Tel.: 902 20 04 32 - Fax: 981 54 26 59

[email protected]

www.turgalicia.es

ASOCIACIÓN GALEGA DA PROPIEDADE BALNEARIA

R/Ramón Cabanillas, 14-1º - of. 2

15701 SANTIAGO DE COMPOSTELA (A CORUÑA)

Tel.: 981 59 82 21 Fax: 981 59 82 21

www.balneariosdegalicia.com

[email protected]

ENDEREZOS DE INTERESE ENDEREZOS DE INTERESE

*As ofi cinas marcadas con (V) abren nos meses de xullo, agosto e setembro

FOTOGRAFÍAS: Arquivo Turgalicia, Arquivo do balneario de Mondariz, Joan Mundó (Hoteis Hesperia), Eloy Lozano, Mark Ritchie, Miguel Ángel López

TEXTOS: Elena del Amo - TRADUCIÓN: Interlingua Traduccións, S.L. - DESEÑO INTERIOR: Eloy Lozano Publicidade S.L. - IMPRESIÓN: Gráfi cas Anduriña S.L. - D.L. XX XXX-XX

O contido deste folleto correspóndese coa recollida de datos realizada ata o mes de xuño de 2006.

Page 74: Auga para os sentidos