51
17 DE MAIO, DÍA DAS (http://www.diadasletrasgalegas.com/) O 20 de marzo de 1963, tres membros da Real Academia Galega presentaron nesta institución unha proposta histórica: Que se declarase o dia 17 de maio de cada ano "Dia das Letra Galegas" como data para "recolle-lo latexo material da actividade intelectual galega". Manuel Gómez Román, Xesús Ferro Couselo e Francisco Fernández del Riego, expuñan que "con motivo de se celebrar aquel ano o centenario da publicación dos CANTARES GALLEGOS de Rosalia de Castro", a Academia deberia consagrar, con carácter de perdurabilidade, o simbolismo da data nunha celebración anual. Estimaban que o libro rosaliano editado en 1863 "foi a primeira obra maestra coa que contou a literatura galega contemporánea" e que "a súa aparición veu a lle dar prestixio unviersal á nosa fala como instrumento de creación literaria", concluindo que representa "un fito decisivo na historia da renacencia cultural de Galicia". Medio século de “Letras Galegas” AUTORES HOMENAXEADOS (DE 1963 A 2012)

Autores Letras Galegas de 1963 a 2012 17 DE MAIO

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Literatura, galega

Citation preview

Page 1: Autores Letras Galegas de 1963 a 2012 17 DE MAIO

17 DE MAIO, DÍA DAS

(http://www.diadasletrasgalegas.com/)

O 20 de marzo de 1963, tres membros da Real Academia Galega presentaron nesta institución unha proposta histórica: Que se declarase o dia 17 de maio de cada ano "Dia das Letra Galegas" como data para "recolle-lo latexo material da actividade intelectual galega". Manuel Gómez Román, Xesús Ferro Couselo e Francisco Fernández del Riego, expuñan que "con motivo de se celebrar aquel ano o centenario da publicación dos CANTARES GALLEGOS de Rosalia de Castro", a Academia deberia consagrar, con carácter de perdurabilidade, o simbolismo da data nunha celebración anual. Estimaban que o libro rosaliano editado en 1863 "foi a primeira obra maestra coa que contou a literatura galega contemporánea" e que "a súa aparición veu a lle dar prestixio unviersal á nosa fala como instrumento de creación literaria", concluindo que representa "un fito decisivo na historia da renacencia cultural de Galicia".

Medio século de “Letras Galegas”

AUTORES HOMENAXEADOS

(DE 1963 A 2012)

Page 2: Autores Letras Galegas de 1963 a 2012 17 DE MAIO

Rosalía de Castro

Homenaxeada Ano 1963

Naceu en Santiago en 1837 e morreu en Padrón en 1885. Rosalía de Castro, é unha das

voces máis importantes da literatura española do s.XIX, e a máis importante da literatura

galega; ó dicir de Ramón Piñeiro, é "a primeira imaxe espiritual de Galicia".

Foi "a primeira", a que abriu os camiños para a dignificación dunha lingua por medio da

creación literaria. Partindo da lingua recollida do pobo, denunciou as mágoas de Galicia á

vez que as súas propias; cantou á terra e ás súas xentes... Foi, en fin, a que recuperou o valor

literario da nosa fala.

CANTARES GALLEGOS e FOLLASNOVAS, en galego; e EN LAS ORILLAS DEL SAR, en

castelán, fixeron de Rosalía una figura capital do século XIX hispano, e unha figura de tal

altura na literatura galega, que ningunha outra que despois xurda conseguirá superala.

O ano 1963 cumpríronse cen anos da dedicatoria por Rosalia de Castro, a Fernán Caballero,

do seu libro CANTARES GALLEGOS. E o día da dedicatoria -17 de maio- escolleuse pola

Real Academia Galega como "Día das Letras Galegas". O primeiro destes días foi, por

suposto, para Rosalía de Castro.

Page 3: Autores Letras Galegas de 1963 a 2012 17 DE MAIO

Castelao

Homenaxeado Ano 1964

Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, naceu en Rianxo no ano 1886, e morreu no

exilio -en Bos Aires- en 1950. Soubo da emigración nos primeiros anos da súa vida e este

feito marcouno fondamente.

Estudiou medicina, pero confesaba: "Fixenme médico por amor a meu pai; non exerzo a

profesión por amor á humanidade". Desde a súa primeira mocidade destacou como

caricaturista, debuxante e como teórico da arte. Era home de especial sensibilidade como

amosan os seus debuxos que, complementados con agudísimos textos, amosan a Galicia

rural, o caciquismo, os pobres, os cegos, os desamparados, o pobo que sofre... E nos últimos

álbumes, os horrores da guerra civil.

Como narrador, arrinca con UN OLLO DE VIDRIO en 1922 e forxa con COUSAS,

RETRINCOS e OS DOUS DE SEMPRE, un conxunto único na narrativa galega que, con

SEMPRE EN GALIZA, se converte en monumento da nosa literatura e conecta co papel de

Castelao como político e teórico do galeguismo, máxima expresión do sentir autonómico da

nosa terra, e un dos principais impulsores do Estatuto de 1936.

Castelao, como artista, escritor ou politico, é -sen dúbida- o galego máis destacado do

século XX.

Page 4: Autores Letras Galegas de 1963 a 2012 17 DE MAIO

Eduardo Pondal

Homenaxeado Ano 1965

No ano 1835 naceu en Ponteceso (A Coruña) un dos máximos representantes do

Rexurdimento das Letras Galegas, e quizáis o máis orixinal da Literatura galega do XIX,

Eduardo Pondal, que morrería na Coruña en 1917.

Desde os seus primeiros estudios na casa natal, "á beira do rio Anllóns", e "mirándose nas

súas augas", tomou conciencia do pasado de Galicia. O estudio en Santiago, pero sobre todo

a revolución de Solís e os fusilamentos de Carral, forxaron o Pondal cantor da raza, bardo

dos tempos idos pero tamén poeta dos tempos gloriosos por vir.

Médico da sanidade militar, abandonouesta profesión retirándose á súa casa de Ponteceso

para dedicarse exclusivamente á poesía, da que é mostra principal QUEIXUMES DOS

PINOS.

No banquete de Conxo, leu un poema que lle valeu un proceso na Audiencia da Coruña,

pero neste banquete tamén é onde nace verdadeiramente o Pondal grande poeta da raza, o

grande poeta nacional de Galicia. Deixou sen rematar e inédito o poema épico "Os Eoas".

Page 5: Autores Letras Galegas de 1963 a 2012 17 DE MAIO

Francisco Añon Paz

Homenaxeado Ano 1966

O 20 de abril de 1878, morreu no Hospital da Princesa de Madrid Francisco Añón Paz, que

nacera en outubro de 1812 en Boel, do concello de Outes (A Coruña). Foi enterrado no

cemiterio do Norte, e poucos anos despois os seus restos foron parar a unha fosa común.

Estudiara Teoloxía no seminario santiagués, anque sen chegar a ordenarse. Licenciouse

logo en Dereito civil e canónico pola Uníversidade compostelana.

Para Curros Enríquez foi un guía, para todos un grande mestre; para a literatura galega, un

dos Precursores.

Inquedo e revolucionario, fuxíu a Portugal despois da revolución de 1846, para logo ser de

alí expulsado. Viaxou por Francia e Italia. A súa vida foi unha continua aventura, case

sempre lonxe da terra presente semprenos seus poemas.

Ensinou idiomas, tivo un cargo no que quedou cesante, exerceu o xornalismo... ó remate da

súa vida chegou esquecido, e namaior miseria. A súa obra, en galego, caste lán e portugués,

espallada por xornais e revistas, foi recollida en 1920 por Carré Aldao.

Page 6: Autores Letras Galegas de 1963 a 2012 17 DE MAIO

Manuel Curros Enríquez

Homenaxeado Ano 1967

Gloria do Rexurdimento galego foi Manuel Curros Enríquez, nacido en Celanova de

Ourense no 1851, e morto na Habana no ano 1908.

Ós 15 anos, foxe do fogar paterno, e en Madrid estudia bacharelato e Dereito. Ós 18 anos

escribe o seu primeiro poema, "Cántiga", que hoxe en día coñecemos como "Unha noite na

eira do trigo". Ós 19, xa está exiliado en Inglaterra, onde imparte leccións de castelán.

De novo en Madrid, foi xornalista. En 1877, acada un moi importante premio literario en

Ourense, e xorde entón o verdadeiro Curros, poeta galego.

Volve a Ourense cun emprego oficial, e alí, publica en 1880 a súa obra AIRES DA MIÑA

TERRA, que lle traería un complicado proceso do que finalmente resulta absolto. Nesta

obra fustiga duramente á Igrexa oficial.

Emigrado a Cuba, funda xornais, ten problemas coas autoridades, ingresa no Diario de la

Marina primeiro como corrector e logo como redactor... En Galicia, en 1904, foi coroado

multitudinariamente, na cidade da Coruña. Unha asociación, presidida por Curros, é o

xermolo da Real Academia Galega. Morreu en Cuba, anque o seu cadáver foi logo

trasladado a Galicia para descansar na Terra.

Page 7: Autores Letras Galegas de 1963 a 2012 17 DE MAIO

Florentino López Cuevillas

Homenaxeado Ano 1968

Florentino López Alonso-Cuevillas naceu en Ourense en 1886 e morreu en 1958.

Licenciouse en Farmacia pola Uníversidade de Santiago, anque nunca exercería, xa que

profesionalmente foi funcionario de Facenda. Estudiou, así mesmo, Filosofía e Letras en

Madrid.

Preocupado ó comezo pola cultura universal, en 1917 entra nas recén nadas Irmandades da

Fala, e en 1920 forma destacada parte do grupo Nós, ó que aportou os seus profundos

coñecementos de arqueólogo e as investigacións no eido da Prehistoria. Con Risco e Otero

Pedrayo formou ese conxunto glorioso das letras e da cultura de Galicia que agromou en

Ourense.

No seu libro póstumo, PROSAS GALEGAS, publicado en 1962, recóllense as mellores das

súas páxinas que de xeito literario ofrecen profundos coñecementos e investigacións. Son

ademais de grande valor estético, xa que o seu estilo amosa unha grande sinceridade e

emoción poética.

Pódese dicir que, con Florentino Cuevillas, Galicia soubo, por fin, que tiña unha riquísima

prehistoria.

Page 8: Autores Letras Galegas de 1963 a 2012 17 DE MAIO

Antonio Noriega Varela

Homenaxeado Ano 1969

Antonio Noriega Varela naceu en Mondoñedo en 1869 e morreu en Chavín de Viveiro en

1947. Formado no Seminario de Mondoñedo, como tantos outros poetas lucenses, foi amigo

de Leiras Pulpeiro co que coincidía poeticamente.

Noriega, que representa o vínculo da poesía do século XIX coa do XX, foi o poeta da

montaña de Lugo, e MONTAÑESAS é o título do seu primeiro libro publicado en 1904. Foi

o poeta sinxelo das cousas humildes e da natureza.

Exerceu como mestre de escola en Foz, onde coñeceu a Antón Vilar Ponte. De alí foi

trasladado a Calvos de Randín na montaña de Ourense, como represalia polos seus artigos

xornalisticos anticaciquís. Mestre logo en Trasalba, trabou fonda amistade con Otero

Pedrayo, quen o poñería en contacto coa literatura portuguesa. Esta etapa supón a súa

maduración poética.

Finalmente, conseguíu o traslado á escola de Vilarente e, xa xubilado, vivíu en Viveiro.

Cómpre suliñar na súa obra o conxunto de ditos populares publicado pola Editorial Nós, co

título de COMO FALAN OS BRAÑEGOS, e -especialmente- D'O ERMO, do que a primeira

edición en 1920 foi publicada por Losada, Risco e Noguerol.

Page 9: Autores Letras Galegas de 1963 a 2012 17 DE MAIO

Marcial Valladares Núñez

Homenaxeado Ano 1970

Marcial Valladares Núñez naceu en Vilancosta-Berres-A Estrada, no ano 1821, e alí morreu

en 1903. Estudiou leis en Santiago, e chegou a Xefe superior de Administración Civil, pero

en 1866 deixouno todo para retirarse ó seu casal de Vilancosta, e dedicarse ó xornalismo e á

literatura.

Fixo en 1867 un CANTIGUEIRO POPULAR, que permaneceu inédito ata 1970 en que o

publicou a Real Academia Galega. Escribiu uns ELEMENTOS DE GRAMÁTICA GALEGA

en 1892, tamén inéditos ata 1970 e tamén un DICCIONARIO GALEGO-CASTELÁN.

Foi un precursor na poesfa galega (versificador de estilo familiar e sentido), pero

especialmente na narrativa, xa que a súa novela MAXINA OU A FILLA ESPUREA –unha

narración de temática contemporánea e costumista-, vén se-la primeira novela en lingua

galega. Foi publicada en 1880, pero xa antes vira a luz como folletón en "La llustración ga-

llega y asturiana".

Page 10: Autores Letras Galegas de 1963 a 2012 17 DE MAIO

Gonzalo López Abente

Homenaxeado Ano 1971

Gonzalo López Abente naceu en Muxía no ano 1878, e alí morreu en 1963. Estudiou

bacharelato en Santiago, e Dereito na Universidade compostelá.

Membro das Irmandades da Fala desde a súa constitución, presidíu a de Muxía. Formou

parte do Seminario de Estudios Galegos, e cultivou o xornalismo, a narrativa, oteatro e a

poesía.

Como poeta, as súas primeiras obras,con certos elementos modernistas, son de temática

amorosa e de loita, pero evolucionan cara a unha linguaxe máis sinxela e máis intimista...

Paisaxes do mar e da terra -rías, costas, vales, montañas...- son recorrentes nesta poesía.

Viúvo ó ano de casar, e despois de viaxar por varios paises de Europa, afincouse en Muxía,

onde permanecería xa o resto da súa vida. As súas máis coñecidas obras en narrativa son O

DIPUTADO POR VEIRAMAR, FUXIDOS, VAOSILVEIRO; en teatro MARIA ROSA; e en

poesía, ESCUMA DA RIVEIRA, ALENTO DA RAZA, D'OUTONO, NEMANCOS e

CENTILEOS NAS ONDAS.

Page 11: Autores Letras Galegas de 1963 a 2012 17 DE MAIO

Valentín Lamas Carvajal

Homenaxeado Ano 1972

Valentin Lamas Carvajal naceu en Ourense no ano 1849, e morreu nesta cidade en 1906.

Moi novo quedou orfo de pai. Os primeiros estudios cursounos en Ourense. Tamén o

bacharelato. Acudíu a Santiago para cursar Medicina na Uníversidade. Quizais foi entón

cando empezaron os síntomas da enfermidade que acabaría por deixalo cego.

Comezou a escribir en galego no 1874. E coñecido polo seu labor xornalístico, poético e

narrativo. Como xornalista colabora no semanario EL HERALDO GALLEGO, do que tamén

seria director e propietario, pero acadaría popularidade con O TIO MARCOS DA PORTELA,

publicación integramente en galego -a primeira que houbo en Galicia- que aparecía dúas

veces ó mes.

Escribíu dúas obras en prosa: GALLEGADA e O CATECISMO DO LABREGO (narración de

linguaxe popular, que foi a máis coñecida da súa obra). E da súa poesía en galego as obras

máis coñecidas son SAUDADES GALLEGAS, A MUSA DAS ALDEAS e -a máis

representativa- ESPINAS, FOLLAS E FRORES.

Page 12: Autores Letras Galegas de 1963 a 2012 17 DE MAIO

Manuel Lago González

Homenaxeado Ano 1973

Manuel Lago González naceu en Tui no ano 1865, e morreu en Santiago, onde era

arcebispo, en 1925.

Estudiou no Seminario de Tui e logo,en Compostela, Hebreo e Grego. Ós 21 anos obtivo a

Cátedra destes idiomas no Seminario tudense, e ós 22 dixo a súa primeira misa. Comezou a

escribir ós 14 anos e a publicar ós 15. Pronuncia a primeira disertación ós 17 anos. Moi

novo, exerce o xornalismo.

Doutor en Teoloxía por Santiago, foi bispo de Osma en 1910, Senador en 1914, bispo de Tui

no 17, e arcebispo de Santiago no ano 23. En 1924, ingresou no Seminario de Estudios

Galegos.

A pesar de que a Igrexa Católica estaba á marxe da loita cultural e nacionalista de Galicia e

de que Lago González pertencía á Xerarquía Eclesiástica, comprometeuse decididamente na

defensa da lingua e identidade do Pobo galego.

A súa obra en galego ou sobre Galicia, foi publicada no ano 1965, ó cumprirse o centenario

do seu nacemento.

Page 13: Autores Letras Galegas de 1963 a 2012 17 DE MAIO

Xoan Vicente Viqueira

Homenaxeado Ano 1974

Xoán Vicente Viqueira Cortón naceu en Madrid en 1886, e morreu en Bergondo (A Coruña),

en 1924. Vivíu na Coruña, as Mariñas de Betanzos, e con estadías máis ou menos longas en

Madrid, París e Alemaña.

Estudiou na "lnstitución Libre de Enseñanza" de Madrid' onde chegaría a dar clases.

Licenciouse primeiro, e doutorouse despois en Filosofía pola Uníversidade de Madrid.

En 1917 foi nomeado por oposición Catedrático de filosofía do Instituto de Santiago, para

pasar case inmediatamente ó da Coruña.

Tiña fondos coñecementos musicais; tocaba violín e piano, e compuxo música para temas

seus e de Rosalía de Castro. Postumamente, en 1930, foi publicado o libro ENSAYOS Y

POESIAS, con diversas prosas e versos en galego, estes últimos de temáticaamorosa e

paisaxística. Foi un dos precursores do neotrobadorismo galego. Pertenceu ás Irmandades

da Fala da Coruña desde a súa constitución.

Page 14: Autores Letras Galegas de 1963 a 2012 17 DE MAIO

Xoan Manuel Pintos Villar

Homenaxeado Ano 1975

Xoán Manuel Pintos Villar naceu en Pontevedra o 1811, e morreu en Vigo en 1876. Estudiou

Humanidades na Coruña, e Leis na Uníversidade de Santiago.

Exerceu a avogacía en Pontevedra, e tamén o ensino. Foi, durante un tempo, xuíz en

Cambados, fiscal en Pontevedra e logo Rexistrador da Propiedade en Vigo. Poesía, música e

pintura foron as súas querencias.

Amosou un especial interese polo idioma e por Galicia. Crese que empezou a escribir no ano

1844. A súa obra máis coñecida é A GAITA GALEGA TOCADA POLO GAITEIRO, primeiro

libro da literatura galega contemporánea, que vén ser un manual de iniciación ó idioma

galego e apoloxía de Galicia.Tamén escribiu un breve diccionario galego e numerosas

composicións en follas soltas e xornais.

Este autor pode ser considerado o primeiro dos precursores do Rexurdimento galego, polo

labor que realizou en favor da lingua galega da que era un grande coñecedor.

Page 15: Autores Letras Galegas de 1963 a 2012 17 DE MAIO

Ramón Cabanillas Enríquez

Homenaxeado Ano 1976

Ramón Cabanillas Enríquez naceu en Cambados o ano 1876 e finou en 1959.

Estudiou no Seminario compostelán de San Martiño Pinario.

Emigrou a Cuba en 1910, onde foi contable de comercio e Administrador do Teatro

Nacional, do Centro Galego da Habana. Alí comezou as súas publicacións: narrativa, teatro,

e moi especialmente poesía, eido no que se lle considera o máis relevante e completo dos

autores galegos. Tamén na Habana publicou o seu primeiro libro.

Volve a Galicia en 1915, e colabora en A NOSA TERRA, revista das Irmandades da Fala.

VENTO MAREIRO, DA TERRA ASOBALLADA, NA NOITE ESTRELECIDA, VERSOS DE

ALLEAS TERRAS E PE TEMPOS IDOS... son outras tantas estrelas do seu fecundo labor

poético.

Pertenceu ás Reais Academias Galega e Española. Os seus restos repousan no Panteón de

Galegos llustres, en Compostela.

Page 16: Autores Letras Galegas de 1963 a 2012 17 DE MAIO

Antón Vilar Ponte

Homenaxeado Ano 1977

Antón Vilar Ponte naceu en Viveiro o ano 1881. Estudiou en Lugo e Santiago. Nesta cidade

cursou a carreira de Farmacia.

Desde moi novo exerceu o xornalismo político, primeiro en Viveiro e logo en Compostela.

Foi farmacéutico e editor dun xornal en Foz.

Despois dun breve período como xornalista en Madrid, volve a Galicia e logo emigra a Cuba

onde dirixe varias publicacións. De novo en Galicia, Vilar Ponte desenvolve un moi

importante labor xornalístico.

Xunto co seu irmán Ramón, en 1916, impulsa a primeira das Irmandades da Fala na

Coruña, da que será Presidente. Pouco despois aparece A NOSA TERRA, xornal no que

Antón ten un primeirísimo papel.

Publicou teatro, novela, e milleiros de artigos xornalísticos. NUESTRA AFIRMACIÓN

REGIONAL, é unha das súas máis brillantes creacións. Na política galega desempeñou un

papel vital para o galeguismo de preguerra.

Pouco despois de ser elixido deputado polo Fronte Popular, en marzo de 1936, finou na

cidade da Coruña.

Page 17: Autores Letras Galegas de 1963 a 2012 17 DE MAIO

Antonio López Ferreiro

Homenaxeado Ano 1978

Antonio López Ferreiro naceu en 1837 na cidade de Santiago e morreu en Vedra en 1910.

Estudiou a carreira eclesiástica, Filosofía e Letras e Dereito en Compostela. Foi coengo da

Catedral de Santiago, e destacou como arqueólogo, historiador e novelista.

Como historiador, é o autor da grande HISTORIA DE LA SANTA APOSTÓLICA

METROPOLITANA IGLESIA DE SANTIAGO DE COMPOSTELA. Como Arqueólogo, na

propia catedral, da pescuda e achádego dos restos do apóstolo Santiago.

Pero a súa maior importancia é como novelista histórico, o máis importante dos do século

XIX en Galicia. Con A TECEDEIRA DE BONAVAL, O CASTELO DE PAMBRE e O NIÑO

DE POMBAS, contribuíu a crea-la conciencia da dignidade da lingua galega.

Page 18: Autores Letras Galegas de 1963 a 2012 17 DE MAIO

Manuel Antonio

Homenaxeado Ano 1979

Manuel Antonio Pérez Sánchez naceu en Rianxo no ano 1900, e alí morreu en 1930.

Estudiou Filosofía e Letras en Compostela, pero abandonou a carreira pola de Mariño

Mercante en Vigo.

Ós 17 anos, xa era membro do Centro Republicano de Santiago. Comezou a publicar versos

ós 18 anos, na revista santiaguesa SUEVIA. En 1920, afíliase á Xuventude Nazonalista

Galega. Na súa vila, preside as Irmandades da Fala.

Navegou como mariño mercante pola Península, América e África.

En 1922 redacta o manifesto "Máis alá", que evoca un movemento ultraísta. A escola do

creacionismo tivo nel unha forte influencia. A súa poesía supuxo unha renovación radical

dentro da poesía galega.

Só publicou un libro -DE CATRO A CATRO- anque o resto da súa obra coñecida foi

publicada por García Sabell en 1972, co título de POESIAS. Ó morre-lo poeta, a súa nai

queimou boa parte dos seus papeis.

Page 19: Autores Letras Galegas de 1963 a 2012 17 DE MAIO

Alfonso X "O Sabio"

Homenaxeado Ano 1980

Alfonso X, O sabio, rei de Castela e de Galicia, naceu en Toledo no ano 1221 e morreu en

Sevilla en 1284. Con él, a lírica galega chegou á súa maior altura.

Foi un rei que, sen abandona-los asuntos de estado, dedicou os seus esforzos á cultura, pola

que sentía unha grande devoción. Fomenta a "Escuela de Traductores de Toledo" e no seu

labor de mecenazgo dirixe a redacción e traducción dunha extensa obra cultural.

Tiña unha grande formación, mesmo musical. E se ben a súa obra científica e histórica

escribea en castelán, cando de lírica se trata elixe o galego aprendido de neno en Maceda de

Galicia.

Deixounos cantigas de amor, de escarnio, pero especialmente o maior monumento da

poesía en lingua galega, as CANTIGAS DE SANTA MARÍA, 420 cantos á Virxe, sendo as

máis representativas as “Cántigas de loor”, verdadeiras transposicións ó divino da cantiga

de amor trobadoresca. As CANTIGAS DE SANTA MARÍA constitúen a xoia máis preciada

da literatura galego-portuguesa.

Page 20: Autores Letras Galegas de 1963 a 2012 17 DE MAIO

Vicente Risco

Homenaxeado Ano 1981

Vicente Martínez Risco e Agüero, naceu en Ourense en 1884 e morreu nesta cidade no ano

1963. Vivíu na rúa da Paz, na mesma casa que o seu amigo Otero Pedrayo.

Estudiou Dereito na Universidade de Santiago, e logo acudíu ó Centro de estudios

superiores de Maxisterio en Madrid, obtendo a cátedra de Historia da Escola Normal do

Maxisterio de Ourense.

Foi en 1910 cando entrou na redacción de EL MIÑO. Logo fundou con Noguerol a revista

LA CENTURIA, e con Losada, Noguerol e Castelao a revista NOS, órgano do grupo do

mesmo nome.

Risco foi narrador marcadamente didáctico, autor teatral, e no ensaio acadou o máis alto

cume da nosa literatura.

En 1920 publica TEORÍA DO NACIONALISMO GALEGO.

Despois da guerra adicouse especialmente ós estudios de etnografía.

Page 21: Autores Letras Galegas de 1963 a 2012 17 DE MAIO

Luis Amado Carballo

Homenaxeado Ano 1982

Luís Amado Carballo naceu en Pontevedra no ano 1901, e morreu na mesma cidade no

1927. Mestre e xornalista, colaborou en diversos xornais e revistas.

Ós 21 anos publicou o conto “Maliaxe” na revista ALBORADA, de Pontevedra, e logo o

conto “Os probes de Deus”, na colección coruñesa LAR.

Pero o seu papel na literatura galega está marcado polos seus versos, nos que predomina a

temática paisaxística e a percura dunha humanización da paisaxe.

Os libros que conteñen o seu labor poético son PROEL e o GALO -este último publicado

postumamente- nos que cunha métrica tradicional soubo cantar dun xeito novo.

Foi unha das voces máis prometedoras deste século, e aínda que non puido deixarnos unha

obra rematada e madura, na súa corta existencia evidenciouse como un importantísimo

poeta con grande influencia nas seguintes xeracións de escritores.

Page 22: Autores Letras Galegas de 1963 a 2012 17 DE MAIO

Manuel Leiras Pulpeiro

Homenaxeado Ano 1983

Manuel Leiras Pulpeiro naceu en Mondoñedo no ano 1854, e morreu nesta cidade en 1912.

Estudiou Latín e Humanidades no seminario mindoniense, e Medicina en Madrid. Exerceu

a Medicina en Mondoñedo, cun grandísimo recoñecemento popular.

Republicano, foi Presidente do Comité Republicano Federal de Mondoñedo Liberal, e

profundamente anticlerical, o seu talante creoulle numerosas dificultades nunha cidade

bispal como Mondoñedo, pero sempre conseguiu mante las súas conviccións con total

firmeza.

Rexeitou o nomeamento de membro da Real Academia Galega por coidar non merecelo,

pero doou a esta Institución importante material por el recollido.

Escribiu un só libro -CANTARES GALLEGOS- con cántigas de tipo popular e de temática

costumista, patriótica e sátira anticlérical, e onde eleva á categoría de mito a figura do

Mariscal Pardo de Cela.

Cantou a Mondoñedo e ás súas terras, a Galicia e ós seus problemas. Os seus restos

recibiron sepultura, nunha grande manifestación popular, no cemiterio civil de

Mondoñedo. Poucos anos despois da súa morte xuntáronse en OBRAS COMPLETAS as

composicións que deixara inéditas.

Page 23: Autores Letras Galegas de 1963 a 2012 17 DE MAIO

Armando Cotarelo Valledor

Homenaxeado Ano 1984

Armando Cotarelo Valledor naceu na Veiga no ano 1879, e morreu en Madrid no 1956.

Estudiou Filosofía e Letras en Madrid. No ano 1904 foi nomeado Catedrático de Lingua e

Literatura españolas en Santiago. Foi membro da Real Academia Española en

representación da Academia Galega.

Non era, certamente, pola súa orixe, alleo a Galicia e ó galego. A Veiga de Ribadeo está,

anque administrativamente en terras de Asturias, na zona de influencia de Galicia e do seu

idioma.

Cotarelo traballou amplamente sobre a literatura española e galega, pero a súa maior

contribución á literatura galega, está nas súas obras de teatro: TREBÓN, SINXEBRA,

LUBICÁN, HOSTIA, BEIRAMAR e MOURENZA -de temas mariñeiros, campesiños,

señoriais e históricos-, son o agromar dun teatro galego, e que no mesmo ano de seren

escritas foron xa representadas.

Ademais de hábil dramaturgo, cultivou tamén a narrativa e publicou unha colección de

contos populares co título de CONTOS DE NADAL.

Page 24: Autores Letras Galegas de 1963 a 2012 17 DE MAIO

Antón Losada Diéguez

Homenaxeado Ano 1985

Antón Losada Diéguez naceu en 1884 en Boborás-Ourense, e finou en Pontevedra no ano

1929. De familia emparentada coa nobreza galega era -segundo Otero Pedrayo- moi

relixioso, tradicional, culto, carlista, e cun gusto especial polas cousas da Idade Media.

Estudiou en Deusto. Doutor en Filosofía e Licenciado en Dereito, gañou a cátedra de

Psicoloxía, Lóxica, Ética e Rudimentos de Dereito do Instituto Xeral e Técnico de Canarias,

de onde pasou a Toledo, Ourense e Pontevedra.

Losada foi quen conseguíu a Risco e Otero Pedrayo para o galeguismo, e quen impulsou a

idea galeguista, anque ó remate da súa breve existencia estivo dedicado exclusivamente ós

temas docentes e culturais. En relación coa súa intensa actividade política e cultural

publicou moi pouco: Poesía, ensaios filosóficos e literarios, contos e un ensaio drámático,

na revista NÓS e en ALBORADA. Foi moi respetado e tivo moita influencia nos homes da

Xeración Nós.

Pertenceu ás Irmandades da Fala. E, dado o seu altísimo prestixio, foi quen presidiu a

Asamblea Nacionalista de 1918 en Lugo.

Page 25: Autores Letras Galegas de 1963 a 2012 17 DE MAIO

Aquilino Iglesia Alvariño

Homenaxeado Ano 1986

Aquilino Iglesia Alvariño naceu en Seivane, Vilarente, Abadín, no ano 1909. Morreu en

Santiago en 1961.

Estudiou no Seminario de Mondoñedo, berce de tantos escritores lucenses. E logo, na

Uníversidade de Santiago. Ensinou e dirixiu o Colexio León XIII, de Vilagarcía de Arousa e,

posteriormente, foi catedrático dos Institutos de Lugo, Pontevedra e Santiago, e axudante

na Unversidade. Foi membro do Seminario de Estudios Galegos e da Real Academia

Galega. Traductor de clásicos, crítico, ensaista... O seu gran labor foi a poesía, cargada de

humanismo e bucolismo. Os primeiros versos publicounos ós 16 anos. Estes, debido á súa

grande formación humanística, son de feitio clasiscista.

O seu primeiro libro -SEÑARDÁ- vería a luz en 1930, ó que seguíu CORAZÓN AO VENTO,

pero a súa madurez definitiva prodúcese despois da guerra civil.

Logo dun longo silencio en 1947 aparece CÓMAROS VERDES, e por fin LANZA DE

SOLEDÁ, NENIAS e LEVA O SEU CANTARE (libro póstumo a cargo dos seus amigos, de

recopilación, de diversos materiais poéticos).

Page 26: Autores Letras Galegas de 1963 a 2012 17 DE MAIO

Francisca Herrero Garrido

Homenaxeada Ano 1987

Francisca Herrera Garrido naceu na Coruña en 1869, e alí finou en 1950. Viviu na Coruña e

Madrid, pasando os veráns en Oleiros, onde escribiu a meirande parte da súa obra.

Autodidacta, aprendeu a querela poesía con Rosalía de Castro, á que tratou. E Murguía foi o

prologuista do seu segundo libro de poemas ¡ALMAS DE MULLER... VOLALLAS NA LUZ!

no ano 1915. No 1913 vira a luz o seu primeiro libro, co título SORRISAS E BÁGOAS.

Escribiu en castelán PEPIÑA, REPROBA e FAMILIA DE LOBOS. En galego, tres libros de

versos, nos que se enxerga un sentimento da vida campesiña e da alma popular semellante

ó de Rosalía. Tamén unha novela e varios relatos e ensaios. A súa novela NÉVEDA é a obra

máis coñecida da autora.

Francisca Herrera Garrido foi a primeira muller elixida -ano 1945- para entrar na Real

Academia Galega.

Page 27: Autores Letras Galegas de 1963 a 2012 17 DE MAIO

Ramón Otero Pedrayo

Homenaxeado Ano 1988

Don Ramón Otero Pedrayo -dos poucos literatos ós que habitualmente se lle antepón o

Don-, naceu en Ourense na rúa da Paz, na mesma casa que Risco, no ano 1888. Morreu no

ano 1976.

Tivo na súa familia un ambiente culto e liberal, e en Risco un amigo desde os anos de neno.

Estudia bacharelato en Ourense, e -en Madrid- Filosofía e Dereito.

Foi Catedrático de Xeografía e Historia en Burgos, Santander -onde casou- e Ourense.

Colaborou en LA CENTURIA, e foi membro do Seminario de Estudios Galegos. En 1937,

despois dun expediente, foi dado de baixa no escalafón de catedráticos, e non sería reposto

ata 1948.

En 1950, ós 62 anos, oposita e gaña a Cátedra de Xeografía da Uníversidade de Santiago.

Participa na fundación de Editorial Galaxia, e dá a luz unha amplísima obra que abrangue

poesía, relatos, novela, xeografía, ensaios, libros de viaxes... Destaca o seu papel de orador,

de comunicador... Recibíu o calificativo de O Patriarca, tanto chegou a significar na vida e

na cultura de Galicia.

Page 28: Autores Letras Galegas de 1963 a 2012 17 DE MAIO

Celso Emilio Ferreiro

Homenaxeado Ano 1989

Celso Emilio Ferreiro Míguez, naceu en Celanova -Ourense, no ano 1912 e morreu en Vigo

en 1979.

A súa familia era de campesiños acomodados, de talante galeguista. Ós 22 anos, en 1934,

fundou con Xosé Velo Mosquera a Federación de Mocedades Galeguistas. Pouco despois,

por un artigo publicado en GUIEIRO, que el mesmo dirixía, foi procesado.

Fai a guerra, mobilizado no bando vencedor. Estudia Dereito, colabora en diversos xornais

e revistas... En 1966 emigra a Venezuela, onde colaborou coa “Hermandade Galega” fundou

o “Patronato da Cultura Galega”, e traballou no gabinete do Presidente Caldera.

Ó volver da emigración, instalouse en Madrid, onde traballou de xornalista. Ten prosa e

poesía en castelán e galego, pero é a poesía en galego, forte, rexa, de fondo contido social, a

que lle deu a sona de grande escritor.

Os seus libros teñen títulos como CARTAFOL DE POESÍA, O SONO SULAGADO, ViAXE

AO PAÍS DOS ANANOS, TERRA DENINGURES, ONDE O MUNDO SE CHAMA

CELANOVA... Pero o máis sobranceiro é, sen dúbida, LONGA NOITE DE PEDRA, que dá

nome a toda unha época da nosa historia contemporánea.

Page 29: Autores Letras Galegas de 1963 a 2012 17 DE MAIO

Luis Pimentel

Homenaxeado Ano 1990

Luís Benigno Vázquez Fernández, coñecido como Luís Pimentel, naceu en Lugo no ano

1895, e morreu nesta cidade en 1958. Estudiou Medicina en Santiago de Compostela e

Madrid, exercendo logo de médico en Lugo ata a súa morte.

En principio atraído pola pintura e pola música, afeccións que sempre mantivo, a poesía foi

o seu refuxio e a súa expresión. Sen esquecer outras actividades culturais, como as

desenvoltas no Círculo das Artes de Lugo, e mesmo as tertulias e xuntanzas cos máis

sobranceiros personaxes da Galicia do seu tempo.

Foi un poeta practicamente póstumo, porque os seus libros foron case todos publicados

despois da súa morte... Colaborou na re-vista RONSEL, e preparou durante moito tempo o

seu libro BARCO SlN LUCES, pero non chegaría a velo publicado. En 1950, en vida do

autor, con prólogo de Fole, editouse TRISCOS.

Despois da súa morte, SOMBRA DO AIRE NA HERBA no 59, e BARCO SIN LUCES no 60;

logo víria OBRA INEDITA O NO RECOPILADA, de Araceli Herrero; a ANTOLOXÍA,

publicada por González Garcés; POESiA ENTEIRA, publicada no 81; e a edición do

poemario CUNETAS.

Pimentel escribíu dos nenos, de Lugo, de Galicia, da propia poesía... Esta, desprende

humanitarismo, conciencia galega, sensibilidade... Pimentel é o poeta dos nenos, das

cunetas, dos silencios, dos solpores...

Page 30: Autores Letras Galegas de 1963 a 2012 17 DE MAIO

Álvaro Cunqueiro Mora

Homenaxeado Ano 1991

Álvaro Cunqueiro Mora naceu en Mondoñedo en 1911, e morreu en Vigo en 1981. Estudiou

bacharelato no Instítuto Xeral e Técnico de Lugo. Matriculouse na Facultade de Filosofía e

Letras da Universidade de Santiago, pero abandonaa para dedicarse ó seu labor como

xornalista, figurando como redactor e colaborador de diversos xornais e revistas.

Escritor polifacético, a súa extensa obra literaria abrangue os eldos xornalístico, poético,

narrativo e teatral, sen esquecer os seus traballos de traducción.

Recibiu o Premio Nacional da Crítica en 1959 por LAS CRÓNICAS DEL SOCHANTRE, que

escribiu primeiro en galego. Así mesmo foille concedido o Premio Nadal, e por HERBA DE

AQUÍ E DE ACOLÁ o premio “Frol da Auga”, en 1979. Tamén, como xornalista, recíbiu o

Premio Conde de Godó. Foi membro da Real Academia Galega.

O primeiro Cunqueiro foi fundamentalmente poeta, de xeito vangardista, neotrobadoresco

e culturalista, e logo da guerra civil dedicouse sobre todo á narrativa e ó xornalismo,

deixando innumerables artigos en VALLIBRIA, LA VOZ DE GALICIA, EL PROGRESO e

FARO DE VIGO, entre outros. Das súas narracións cómpre destacar MERLIN E FAMILIA E

OUTRAS HISTORIAS e AS CRÓNICAS DO SOCHANTRE, e dous libros de poesía:

CANTIGA NOVA QUE SE CHAMA RIBEIRA e HERBA DE AQUÍ E DE ACOLÁ.

Page 31: Autores Letras Galegas de 1963 a 2012 17 DE MAIO

Fermín Bouza-Brey

Homenaxeado Ano 1992

Fermín Bouza-Brey Trillo naceu en Ponteareas o ano 1901, pero criouse en Vilagarcía de

Arousa. Estudiou a carreira de Dereito na Uníversidade de Compostela, e despois Filosofía e

Letras.

Vinculado ós novos movementos literarios e culturais de Galicia, foi -en 1923- un dos

fundadores do Seminario de Estudos Galegos.

Gañou en 1928 oposicións a Xuíz de Primeira instancia, pero adicouse durante toda a súa

vida ós estudios de prehistoria e etnografía, temas sobre os que publicou gran cantidade de

monografías e artigos. Escribíu tamén ensaios sobre Rosalía e a poética pondaliana.

En 1925 publicou a curta novela CABALGADA EN SALNÉS, e en 1933 o libro de poemas

NAO SENLLEIRA, estandarte do neotrobadorismo no que anticipara Xoán Vicente

Viqueira. En SEITURA, editado en Portugal no 1954, recolle tamén poemas posteriores.

Outros dispersos en revistas foron reunidos na súa OBRA LITERARIA COMPLETA,

publicada en 1980. Morreu en Santiago en xuño de 1973.

Page 32: Autores Letras Galegas de 1963 a 2012 17 DE MAIO

Eduardo Blanco-Amor

Homenaxeado Ano 1993

Naceu en Ourense en 1897, e moi novo emigrou á República Arxentina, onde pasou a maior

parte da súa vida. Alí desenvolveu actividades culturais dentro da comunidade galega,

vivindo do seu traballo na prensa bonaerense. Como corresponsal viaxou a España, e foi

amigo dos poetas do 27, especialmente de Lorca, do que prologou os "Seis poemas galegos".

Volto á Arxentina, defendeu a causa da República e, vencida esta, colaborou nas actividades

políticas e culturais dos galegos exiliados.

Xa vello, voltou para Galicia e residiu en Vigo ata a súa morte en decembro de 1979.

Antes do 36, Blanco Amor fora fundamentalmente poeta (ROMANCES GALEGOS, 1928; e

POEMA EN CATRO TEMPOS, 1931). Pero a partir destas datas empeza a súa obra

narrativa, primeiro en castelán e logo en galego.

A ESMORGA foi unha novela esencial no desenvolvemento da narrativa galega. Despois

publicou a recolla de contos OS BIOSBARDOS, a ambiciosa novela longa XENTE AO

LONXE, e dous volumes de tea-tro. O CANCIONEIRO, de 1956, é a súa única obra poética

publicada nestes tempos.

Page 33: Autores Letras Galegas de 1963 a 2012 17 DE MAIO

Luis Seoane

Homenaxeado Ano 1994

Luís Seoane naceu en Buenos Aires en 1910, fillo de emigrantes. Fixo o bacharelato na

Coruña e Dereito en Santiago, onde participou na actividade política e cultural estudiantil.

Exerceu de avogado laboralista na Coruña e foi membro do Partido Galeguista.

No 1937 exilouse no Buenos Aires nativo, e foi o principal promotor de moitas empresas

culturais da emigración e do interior (revistas, editoriais o complexo de Sargadelos, etc.) . A

súa obra como artista gráfico foi importantísima: debuxante, gravador, deseñador de libros

e de obxectos cerámicos, cartelista, pintor, Luís Seoane é un dos máis grandes plásticos

galegos de tódolos tempos, e sen dúbida o máis completo e uníversal. Nas últimas décadas

da súa vida, alternou a residencia en América con viaxes a Galicia. Morreu na Coruña en

1979. Publicou numerosos estudios e ensaios de arte, obras de teatro, crónicas

radiofónicas...

Como poeta publicou FARDEL DE ElSILADO (1952), NA BRÉTEMA, SANTIAGO (1956),

AS CICATRICES (1959), e A MAIOR ABONDAMENTO (1972). No 1977 saíu un volume coa

súa OBRA POETICA enteira.

Page 34: Autores Letras Galegas de 1963 a 2012 17 DE MAIO

Rafael Dieste

Homenaxeado Ano 1995

Rafael Dieste naceu en Rianxo no ano 1899 e finou en Santiago de Compostela no 1981. Moi

novo viaxa a México e participa nas campañas en Marrocos. Xornalista tamén moi novo,

dirixiu e fundou as publicacións: Nova Galicia, Hora de España, El mono azul, e El Buque

Rojo.

Pensionado pola “Junta de Ampliación de Estudios” estudiou o feito teatral en Francia e

Bélxica, sendo o teatro un dos seus nortes vitais. Creou e dirixiu o “Teatro Guiñol de las

Misiones”, publicando entre outras obras teatrais “Al Amanecer”, “Nuevo retablo de las

maravillas” (ámbalas dúas, teatro de guerra) “Viaje duelo y perdición” e “Viaje y fin de Don

Fontán” e sobre todo “A Fiestra Valdeira” a peza emblemática do teatro galego deste século,

e símbolo do rexurdir teatral en Galicia.

Exerce como lector de español en Cambridge e profesor en Monterrey (México). Voltou a

España en 1978, residindo en Rianxo e A Coruña.

Foi prolífico conferenciante e publicou numerosos traballo monográficos. Entre a súa obra

non teatral hai que destacar “Historias e Invenciones de Felix Muriel”(a xeito de

autobiografía), “Testamento Geométrico”, “Dos arquivos do trasno” (contos), “Rojo farol

amante” (versos)… e outros moitos títulos que van do ensaio á pintura; da historia á

investigación xeométrica. En 1970 ingresou na Real Academia Galega cun discurso sobre “A

Vontade de estilo na fala popular”.

Page 35: Autores Letras Galegas de 1963 a 2012 17 DE MAIO

Xesús Ferro Couselo

Homenaxeado Ano 1996

Xesús Ferro Couselo nace en Louro, no concello de Valga (Pontevedra). Cursou os estudios

no seminario de Santiago.

En 1926 comezou Filosofía e Letras na Universidade de Santiago ó tempo que proseguía os

seus estudios eclesiásticos, que culminou co grao de doutor na Universidade Pontificia.

Licenciouse en Filosofía e Letras en 1931. Aproba as oposicións de cátedra de Instituto, pero

en Madrid anulan o resultado como represalia por proceder dun centro educativo de

xesuitas. No curso 1934-35 incorpórase como profesor interino de filosofía no Instituto de

Tui. Por estas datas afíliase aos grupos galeguistas de Ultreya. A guerra civil sorpréndeo en

Madrid.

Rematada a guerra volve a Galicia e o resto da súa vida discorre como funcionario adscrito

ao Corpo facultativo de Arquiveiros, Bibliotecarios e Arqueólogos, destinado a cidade de

Ourense, que o fará Fillo de Adopción, vivindo para a historia e para o Museo da cidade. En

1963 entra a formar parte do Consello de redacción da revista Grial. Morreu nesta cidade o

23 de abril de 1975.

Page 36: Autores Letras Galegas de 1963 a 2012 17 DE MAIO

Ánxel Fole

Homenaxeado Ano 1997

Ánxel Fole naceu en Lugo en 1903. A súa infancia transcorreu en estreito contacto coa nosa lingua,

a escoitar historias ao pé da lareira: na casa señorial da familia en Campo de Castelo; máis tarde en

Fingoi e, desde 1910, na cidade de Lugo. Foi na capital lucense onde Fole descubriu a literatura e a

música. Na ampla biblioteca do seu pai coñeceu a obra dos autores do Renacemento, de Cabanillas,

Manuel Antonio, Luís Pimentel... En 1912 comezou a estudar cos Irmáns Maristas; posteriormente

pasou seis anos no Seminario Diocesano e, finalmente, concluíu o Bacharelato no Instituto de Lugo

aos vintetrés anos.

Despois de prestar o servicio militar en Zamora, entre os anos 1927 e 1933 realizou estudos de

Dereito e Filosofía e Letras nas universidades de Valladolid, Madrid e Compostela, sempre máis

preocupado pola lectura que pola formación académica. Mais a guerra obrigouno a interromper os

estudos.

Desde 1930, ademais, promoveu e dirixiu diversas publicacións e colaborou en diferentes xornais

galegos. Ao tempo, participaba na vida política, primeiro en círculos republicanos e, desde 1935,

militando no Partido Galeguista.

O caos que trouxo a guerra obrigou a Fole a vivir agachado durante certo tempo; perdeu o traballo e

ficou sen recursos económicos. Sobreviviu impartindo aulas particulares até 1941, ano en que foi

contratado como preceptor en Quiroga, onde seguiu colaborando con publicacións galegas e

españolas. Aquí recuperou o contacto co mundo rural e a literatura oral, da que tirará argumentos e

técnicas. A pesar do seu afastamento xeográfico, participou na fundación da editorial Galaxia, en

que publicou a súa obra narrativa dos anos 50: Á lús do candil. Contos a carón do lume (1953) e

mais Terra brava. Contos da solaina (1955). O seu único texto dramático, Pauto do demo (1954), viu

a luz na editorial Citania de Bos Aires.

En 1957 volveu instalarse en Lugo, onde recuperou a súa actividade xornalística, que foi moi intensa

nas décadas seguintes. Parte desta actividade foi recompilada, en 1981, baixo o título Historias que

ninguén cre. Na produción narrativa desta nova etapa urbana, constituída por ¿E decímolo ou non-

o decimos? (1972) e Contos da néboa (1973), Fole abandonou a temática rural, aínda que mantivo a

mesma linguaxe e técnicas narrativas dos anos cincuenta.

Page 37: Autores Letras Galegas de 1963 a 2012 17 DE MAIO

Martín Codax, Johan de Cangas e Meendinho

Homenaxeados Ano 1998

Ata o momento, fóra da excepción que foi Alfonso X o Sabio, o Día das Letras Galegas

dedicóuselle fundamentalmente a escritores da época contemporánea. Considerouse nesta

ocasión que había que consagrar, dalgún xeito, o Día das Letras Galegas a algunha figura da

época medieval, tan significativa na orde universalizadora da nosa cultura.

Decidiuse elixir tres poetas, en vez de un só, pola escaseza da súa obra: Martín Codax,

que deixou sete poemas; Johán de Cangas, que deixou tres; Meendinho, unha belísima

composición poética que ten como escenario a illa de San Simón. Tres poetas da ría viguesa.

Martín Codax cantou e bailou no seu poema na igrexa de Vigo. Johán de Cangas en San

Mamede do Mar, na abra de Aldán, ría pontevedresa. Meendinho cantou á illa de San

Simón na capela que existía daquela.

Martín Codax invoca en seis das súas cantigas vinteunha veces o nome de Vigo. A paisaxe, o

mundo do mar vigués están reproducidos. A de San Mamede do Mar é a romaría sonada

daquela época.

O poema de Meendinho, é un dos mellores poemas da lírica medieval, dunha extraordinaria

fermosura. É unha pena que só se conserve ese poema do autor.

Page 38: Autores Letras Galegas de 1963 a 2012 17 DE MAIO

Roberto Blanco Torres

Homenaxeado Ano 1999

Roberto Blanco Torres naceu o 18 de marzo de 1891, en Santa María dos Baños de Cuntis

(Pontevedra), o menor de dez irmáns. Cando ten sete anos morre a súa nai e sete anos despois seu

pai. En 1907 emigra a Cuba, onde están asentados dous dos seus irmáns e alí desenvolve un labor

xornalístico nas publicacións da illa, baixo o acrónimo de Fray Roblanto e publica algúns dos

primeiros poemas.

En decembro de 1911 edítase por vez primeira o semanario La Alborada, órgano de la colonia gallega

de Cuba, que dirixe Blanco Torres. En 1915 promoveu a aparición de La Tierra Gallega, desde onde

se fustiga aos membros de Centro galego de A Habana. No verán de 1916 torna a Galicia e instálase

na vella casa natal de Cuntis. Comezou unha grande actividade xornalística en medios galeguistas e

agraristas como Galicia Nueva, Heraldo de Galicia, El Estradense, Vida gallega, El Ideal Gallego,

Faro de Vigo… En 1920 é nomeado director de El Correo Gallego e reside maiormente en Ferrol. En

1922 reside en Ourense e dirixe primeiro La Zarpa e despois simultaneamente o Progreso de

Pontevedra. En 1924 faise cargo da dirección de Galicia-Diario de Vigo, fundado por V. Paz Andrade

dous anos antes, deixándose de publicar en plena dictadura de Primo de Rivera. O 10 de xullo de

1930 participa na creación da Asociación de Escritores Galegos, xunto con Otero Pedrayo, Risco,

entre outros. En 1932 é nomeado gobernador de Palencia, cargo do que dimite por desavenencias

cun sector do republicanismo. O 30 de maio de 1936 é nomeado Xefe do Gabinete de Prensa do

Ministerio da Gobernación e trasládase a Madrid. Cando comeza a Guerra Civil está na Peroxa, onde

é detido en setembro dese ano. O 2 de outubro é asasinado nun foxo por un grupo de falanxistas.

A obra poética de Blanco Torres ten un carácter altruísta, onde as ideas priman sobre a fonética,

buscando un vangardismo complementario ao de Manuel Antonio. Pero foi o seu labor xornalístico

o máis fructífero.

Page 39: Autores Letras Galegas de 1963 a 2012 17 DE MAIO

Manuel Murguía

Homenaxeado Ano 2000

Naceu Manuel Martínez Murguía en Frexel-Arteixo o ano 1833. Perteneceu ao corpo de

arquiveiros, exercendo o cargo dentro e fora do seu país.

Casou con Rosalía de Castro, e consagrouse ás ciencias da cultura no seu tempo.

Erudito, periodista e guieiro da intelectualidade galega, foi autor, entre outras, das

seguintes obras: “Diccionario de escritores gallegos”, “Historia de Galicia”, “Los

Precursores” e “Galicia”.

Anque Murguía non escribiu habitualmente en galego, promoveu a obra galega de Rosalía,

emprestoulle todo o apoio á de Pondal, e mantivo con Curros unha constante e afervoada

relación.

Os poucos textos en prosa que escribiu na nosa lingua, redúcense a tres: O “Discurso nos

xogos frorais de Tui”, do ano 1891; as breves liñas do “Homenaxe a Curros Enríquez”, do

1919; e do mesmo ano, o traballo aparecido no “Boletín de la Real Academia Gallega” do 17

de maio de 1933, co título de “Eduardo Pondal e a súa obra”.

Finou na Coruña en 1923.

Page 40: Autores Letras Galegas de 1963 a 2012 17 DE MAIO

Eladio Rodríguez González

Homenaxeado Ano 2001

Home de dous séculos, Eladio Rodríguez González naceu un 27 de xullo de 1864 nas terras de O

Ribeiro de Avia, na parroquia de San Clodio do concello ourensán de Leiro. Alí pasou a súa infancia

e parte da súa mocidade, ata que comezou a traballar como funcionario municipal en A Coruña

(1888-1937), o que compaxinaba con outras vocacións: a xornalística e a poesía, ademáis de ocupar

unha cadeira da Academia Galega, da que consta como un dos corenta membros numerarios

fundadores.

Íntimamente vencellado á súa cidade de adopción –A Coruña-, e sentindo un acordo constante cara

a súa terra natal que reflexaba nos seus versos, de Eladio Rodríguez consérvanse tres libros de

poemas: FOLERPAS (1894), “RAZA E TERRA ” (1922) e “ORACIÓS CAMPESIÑAS ” (1927).

A súa poesía está considerada como eminentemente costumista, con notas patrióticas, de rebeldía

ou loita e moi influenciada por Lamas Carvajal, Curros, Cabanillas e Pondal. Ademáis de que moitas

das súas composicións poéticas chegaron a ser galardonadas en distintos certames, na súa obra

tamén destaca o DICCIONARIO ENCICLOPÉDICO GALLEGO-CASTELLANO no que traballou

toda a súa vida e que foi publicado tralo seu falecemento. Cómpre mencionar este diccionario, máis

que polo seu valor filolóxico, polas súas aportacións etnográficas, xa que chegou a compilar gran

cantidade de refráns, cantigas e modismos populares.

Eladio Rodríguez González -funcionario, xornalista e poeta- morreu en A Coruña o 14 de abril de

1949.

Page 41: Autores Letras Galegas de 1963 a 2012 17 DE MAIO

Frei Martín Sarmiento

Homenaxeado Ano 2002

Considerado un dos pais da lingüística galega, Pedro Xosé García Balboa –verdadeiro nome

de Frei Martín Sarmiento- nace en Vilafranca do Bierzo o 9 de marzo de 1695. Con 15 anos

de idade, marcha a Madrid para ingresar na Orden benedictina. Catro anos despois, en

1714, viaxa a Salamanca para estudiar Teoloxía, e é entón cando decide cambiar de nome e

se matricula na Universidade como Frei Martín Sarmiento.

A influencia das súas visitas a Galicia da lugar a obras como Coloquio de 24 gallegos

rústicos, onde narra algúns feitos con fidelidade histórica e propiedade filolóxica servindo

de base parao comentario lingüístico das voces recollidas na súa terra; e xa en 1755 inicia o

Catálogo de voces vulgares, y en especial de voces gallegas de diferentes vexetales. Estudios,

todos eles, que soncalificados como excelentes repertorios de materiais lingüísticos galegos

dunha época na queera impensable aínda a elaboración dun Diccionario Gallego, aínda que

éste fose un dosseus máis inconfesables e desexados anhelos.

Frei Martín Sarmiento, que faleceu en 1772, foi un home adiantado ó seu tempo e loitador

pola súa terra familiar: en vez de admirar, estudiar e louba-la lingua castelá céntrase na

análise da lingua galega, a máis desprestixiada da nación naqueles tempos en que o

centralismo afogaba as manifestacións populares localistas.

Page 42: Autores Letras Galegas de 1963 a 2012 17 DE MAIO

Antón Avilés Taramancos

Homenaxeado Ano 2003

Sensual, robusto e delicado

Antón Avilés Vinagre naceu en Taramancos, preto de Noia, dunha familia agraria e

mariñeira. Imposible contar aqui sequera un resume da súa biografia de emigrante: nos

paises andinos foi labrador, contrabandista, cazador, traficante de cabezas reducidas,

nunha vida de incrible novela. Baste dicir que antes da súa marcha tratou na Coruña cun

grupo de xentes de esquerda e nacionalistas coas que traballou a reo pola recuperación do

galego, e que os seus últimos anos volto das Américas, gañou a súa vida como taberneiro en

Noia, e militou no nacionalismo cultural e político de esquerdas.

A súa obra poética iniciouse con As moradías do vento (1955), e A frauta y o garamelo

(1959). Durante a súa estadía americana non tivo máis contacto co mundo literario galego

ca algunha correspondencia con Salvador García-Bodaño, que fixo publicar en Gríal (1971)

algúns seus novos poemas precedidos dunha noticia. Volto en 1980, publícase dous anos

despois O tempo no espello, incluíndo os dous libros xa éditos e tres inéditos. En 1985

edítanse os Cantos caucanos, en 1989 As torres no ar, e -xa póstumo- "Última fuxida a

Harar".

Poeta de verso férreo e cristalino, épico e elexíaco, Avilés de Taramancos constrúe unha

poesía poderosísima, grandiosa e coral. O amor, a ira nacionalista, a nostalxia imposible do

home de dous mundos, flúen cunha forza arrebatadora nos poemas dun home

rabiosamente vital que amou sen mesura a vida, a patria, a liberdade, a materia.

Page 43: Autores Letras Galegas de 1963 a 2012 17 DE MAIO

Xaquín Lorenzo "Xocas"

Homenaxeado Ano 2004

Natural de Ourense, Xaquín Lorenzo Fernández –máis coñecido como Xocas- naceu o 23

de xuño de 1907. Ten como mestre a Ramón Otero Pedrayo. Cursa estudios superiores de

Filosofía e Letras (Sección Historia) en Santiago de Compostela, primeiro, e en Zaragoza,

despois. Fillo do escritor e caricaturista José Lorenzo Álvarez, Xocas exerce a docencia en

Ourense onde falece en 1989.

Incorporouse ó Grupo Nós con Risco, Florentino Cuevillas e Otero Pedrayo, colaborando na

revista Nós que dirixía Vicente Risco.

Xocas sería un dos encargados da montaxe do Museo Etnográfico que que desapareceu coa

dictadura de Franco. Tamén foi membro do Seminario de Estudios Galegos (ó que accede

cun estudio sobre o carro), da Real Academia Galega e presidiu o Padroado do Museo do

Pobo Galego.

Prolífico etnógrafo e home de bo carácter, Xocas pertence á vella escola do galeguismo

culturalista, demostrando un especial interese pola arqueoloxía. Xaquín Lorenzo chega

tamén a coñecer moi directamente a escrita dos clásicos galegos e portugueses gracias á

influencia do seu pai e á ferida de guerra durante a contienda Civil en España, o que lle

obriga a permanecer unha temporada na cama.

Page 44: Autores Letras Galegas de 1963 a 2012 17 DE MAIO

Xesús Lorenzo Varela Vázquez

Homenaxeado Ano 2005

Xesús Lorenzo Varela, fillo de emigrantes galegos orixinarios de Monterroso (Lugo), naceu o 10 de

agosto de 1916 a bordo do barco “La Navarre” á entrada do porto da Habana (Cuba). Algúns anos

despois trasládase a Bos Aires (Arxentina) desde onde regresa a Galicia –Lugo- onde se relaciona

cos galeguistas destacados da época.

Estudia o Bacharelato en Lugo e participa na fundación da FMG lucense con Ramón Piñeiro.

Proclamada a República en 1931, Lorenzo Varela participa en 1932 nun acto do Partido Galeguista

no Teatro Principal de Lugo, no que interveñen Castelao e Valentín Paz Andrade, entre outros.

Declaradas arredistas, as Mocidades Galeguistas contan con militantes como Celso Emilio Ferreiro,

Ricardo Carvalho Calero, Xosé Velo ou Francisco Fernández del Riego.

Afastado de Galicia, continúa en Madrid o seu vencello coa República a través das Misións

Pedagóxicas da República... Ó final da guerra, e debido á derrota republicana, marcha a Francia

onde recala no campo de concentración de Saint Cyprian, de onde foxe a México para continuar co

seu labor xornalístico e de creación literaria .A finais de 1941 Lorenzo Varela decide regresar a

Arxentina onde estivera de neno. Recala en Bos Aires onde traba amizade con Dieste, Luis Seoane

ou Eduardo Blanco Amor. É neste país onde desenvolve a sua obra poética integrada polos libros:

Torres de Amor (1942, íntegramente en castelán), Catro poemas galegos (1951) e Lonxe (1954). De

publicación póstuma é Homaxes (1979), que inclúe poemas en galego e castelánMilitante do Partido

Comunista Arxentino, Xesús Lorenzo Varela ten que abandonar o seu exilio arxentino a raíz do

golpe de Estado de Videla en 1976, regresando a España para afincarse en Madrid, onde reside con

dificultades ata a súa morte en 1978.

Page 45: Autores Letras Galegas de 1963 a 2012 17 DE MAIO

Manuel Lugrís

Homenaxeado Ano 2006

Natural Sada (A Coruña) naceu en febreiro de 1963 e morreu en febreiro de 1940.

Ós vinte anos emigrou a Cuba e alí permaneceu ata 1896. No ano 1885 funda o periódico A

Gaita Galega, o primeiro dos publicados na emigración que estaba integramente redactado

en galego. Ó volver de América instalouse na Coruña e traballou como administrativo no

Servicio de Augas. Foi un dos membros fundadores da Academia Galega, que presidirá

durante 1934 e 1935. En 1923 ingresa como membro no Seminario de Estudios Galegos.

Participou no Partido Galeguista e foi membro da comisión que redactou o anteproxecto do

Estatuto de Autonomía de 1932.

Iniciouse literariamente na poesía. Na Habana publicou o seu primeiro libro de poemas

Soidades (1894). O seu segundo libro de versos Noitebras (1901) está dedicado á súa

defunta muller Concepción Orta e Iglesias. Pero o seu mellor libro poético foi Ardencias

(1927), que está dedicado á xuventude galega. O seu último libro poético, As Mariñas de

Sada, foi publicado en 1928 e é unha homenaxe á sociedade de Sada e os seus contornos. A

súa actividade teatral foi moi importante, destacan obras como A ponte (1903), Mareiras

(1904), os dramas Minia (1904) e Esclavitú (1906) e as comedias O pazo (1917) e Estadeíña

(1919). A súa preocupación polo galego levouno a escribir Gramática do idioma galego

publicada en 1922 cunha segunda edición en 1931.

Page 46: Autores Letras Galegas de 1963 a 2012 17 DE MAIO

María Mariño

Homenaxeada Ano 2007

Naceu en Noia no ano 1918. Despois de vivir en varios sitios de Galicia e de fóra, sobre o

ano 1948 asentouse no Courel, onde morrería prematuramente no ano 1967.

No 1963 publica "Palabra no Tempo", libro que esperta grande atención da crítica doutros

poetas, aínda que o público en xeral apenas a percibiu. Moitos anos despois, xa en 1990, o

Concello de Noia publicou o seu inédito "Verba que comenza".

Trátase dunha poeta totalmente fóra da vida literaria, próxima por veciñanza, amizade e

poesía a Novoneyra, que presentando o seu libro dicía: "En M.M. confírmase o mito da

profundidá da alma galega. Angustia, Espranza, Memoria, Nostalxia e Arelanza: todo o

mundo do esprito. Unha poesía de son esencial -muitas veces no xeito da canción popular e

sempre no estilo de Galicia que é o estilo da fala- donde o misterio nos chega".

Mais segundo Ramiro Fonte, con quen cadramos conformes, tamén "foi resaltada en exceso

a súa relación con Novoneyra", pero "María Mariño brilla con luz propia, e o seu mundo

lírico é un dos máis persoais entre os poetas galegos da posguerra. É coincidente co poeta

do Courel o tema propiciado pola serra e o seu cosmos, a ansia de ver o seu 'ser'

transcendido no ámbito da Natureza. (...) Pero se en Novoneyra nunca adiviñaremos se

quen fala son os ecos silentes da terra ou o poeta, na nosa poetisa sempre se escoita a voz do

eu empírico na súa máis intrínseca esencia do existir".

Page 47: Autores Letras Galegas de 1963 a 2012 17 DE MAIO

Xosé María Álvarez Blázquez

Homenaxeado Ano 2008

Naceu en Tui (Pontevedra) en 1915, e faleceu en Vigo en 1985.

Escritor en lingua galega e castelá, Álvarez Blázquez é fillo de Darío Álvarez Limeses, milito

una Federación de Mocedades Galeguistas e no Partido Galerista. Xunto con Luís Viñas

Cortegoso fundou a Editorial Monterrey no ano 1950. Xa en 1962 ingresou na Real

Academia Galega e dous anos despois, en 1964, fundou unha nova editorial: Edicións

Castrelos.

Da súa obra en galego destacan a colección de relatos Os ruíns (1936) e A pega rabilongo e

outras historias de tesouros (1971), no xénero da narrativa infantil. Entre a súa obra lírica, o

poemario, realizado xunto co seu irmán Emilio, Poemas de ti e de min (1949), Roseira do

teu mencer (1950), Cancioneiro de Monfero (1953), unha das obras claves do

neotrobadorismo, Romance do pescador peleriño (1954), ademais de Canle segredo, escrito

no 54 e publicado no 76.

Como ensaísta, publicou Escolma de poesía galega II: A poesía dos séculos XIV a XIX (en

1959), Escolma de epigramas (1968), e Escolma de poesía medieval (1975).

En castelán Álvarez Blázquez publicou a novela En el pueblo hay caras nuevas (1945).

Page 48: Autores Letras Galegas de 1963 a 2012 17 DE MAIO

Ramón Piñeiro López

Homenaxeado Ano 2009

Nacido en Armeá- Láncara (Lugo) o 31 de Xullo de 1915. Nos anos 50 publica varios

ensaios, como "Significado metafísico da Saudade" (1951), "A saudade en Rosalía" (1952),

"Para unha filosofía de saudade" (1953). Invitado por diversas universidades participa en

congresos, coloquios e conferencias. En 1984, estas obras foron integradas con "A Filosofía

e o Home" e "Saudade e Sociedade" nun só volume baixo o título "A Filosofía da Saudade".

En 1951 traduce ó galego con Celestino Fernández de la Vega, o "Cancioneiro da Poesía

Céltica" de Julius Pokorny. En 1956 publican en Galaxia a conferencia "Von Wessen der

Wahrkeit" de Martin Heidegger baixo o título galego "Da esencia da verdade".

Estuda o bacharelato en Lugo e despois regresa a Armeá, onde permanece ata 1930. A

lectura de El Pueblo Gallego esperta nel un grande interese polo movemento político e

cultural de Galicia. En 1932 regresa a Lugo e relaciónase con xoves galeguistas lucenses. En

1933 asiste ás Asembleas do Partido Galeguista, celebradas en Santiago e coñece a Castelao,

Alexandre Bóveda e outros. En 1936 é elixido secretario do Comité Provincial para o

plebiscito do Estatuto de Autonomía. Co comezo da guerra civil presentáronse varias

denuncias contra el, pero o azar e a axuda dalgunhas persoas fixeron que non fose detido.

Logo incorporouse a filas. Acabada a Guerra, comeza os seus estudos universitarios en

Santiago. En 1943 participa clandestinamente na reorganización do galeguismo e viaxa a

París, onde permanece exiliado o goberno republicano. Ó volver de París é detido en

Madrid e condenado a 6 anos de cárcere. En 1950 fundou en Santiago a editorial Galaxia da

que Ramón Piñeiro sería o director. En 1967 ingresa na Real Academia Gallega co

importante discurso "A lingoaxe i as lingoas". En 1983 convértese no primeiro Presidente

da Cultura Galega. ( ŷ Agosto de 1990)

Page 49: Autores Letras Galegas de 1963 a 2012 17 DE MAIO

Uxío Novoneyra

Homenaxeado Ano 2010

Uxío Novoneyra, considerado un dos poetas máis relevantes en lingua galega de tódolos

tempos, proxecta a súa obra enraizada na tradición e no popular, aínda que con destacadas

tonalidades vangardistas nas que destaca o lirismo da palabra.

Fillo de labregos, naceu na montaña lucense, en Parada do Courel, o 19 de xaneiro de 1930,

e adicou a súa obra a inmortalizar a fermosa paisaxe da serra. Sendo estudante en Lugo

coñeceu a Manuel María con quen frecuentou o trato de intelectuais da anterior xeración

como Luis Pimentel, Anxel Fole, Celestino Fernández de la Vega ou Ramón Piñeiro. Con 19

anos, Novoneyra trasládase a Madrid onde se matricula na Facultade de Filosofía e Letras.

En 1951 regresa para facer o servizo militar, e entre 1953 e 1962 vive de novo en O Courel

obrigado por unha doenza pulmonar que o tivo ás beiras da morte. Entre 1962 e 1966 volve

a Madrid onde traballa na radio e na televisión. Instálase definitivamente en Santiago de

Compostela en 1983.

En 1955 publica o seu primeiro libro de poemas, Os Eidos, con prólogo de Ramón Piñeiro.

Seguíronlle Elegías del Caurel y otros poemas (1966), en edición bilingüe, e Poemas

caligráficos.

O poeta foi elixido presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega, un cargo de

ocupa ata o seu falecemento en outono de 1999. Novoneyra foi un poeta de entrega total,

pero non de minorías, xa que sempre tivo unha gran preocupación pola comunicación co

pobo. As palabras pouquísimas evocan dun modo máxico o mundo no que o home esta

inmerso, designando as cousas para que estas aparezan perante nós. Non describe: evoca,

invoca. E hai outro Novoneyra coral, heroíco: o da Letanía de Galicia, do Viet Nam Canto.

Page 50: Autores Letras Galegas de 1963 a 2012 17 DE MAIO

Lois Pereiro

Homenaxeado Ano 2011

Lois Pereiro naceu en Monforte de Lemos (Lugo) en 1958. Con dezasete anos marcha a

Madrid para cursar estudos en Políticas que abandona logo para introducirse na

informática e nos idiomas. En Madrid inicia a súa traxectoria literaria na revista

experimental Loia xunto cun grupo de universitarios galegos como Antón Patiño, Menchu

Lamas, Manuel Rivas, Xosé Manuel Pereiro, Fermín Bouza e Vicente Araguas, e da que só

se coñecen catro números (o último é de 1978). Nesta publicación apareceron algúns dos

poemas do escritor monfortino que posteriormente se incluirán no seu libro Poemas para

unha loia (1996), no que tamén se inclúe o ensaio “Modesta proposición para renunciar a

facer xirar a rida hidráulica dunha cíclica historia universal da infamia”.

Xa de regreso en Galicia, Pereiro forma parte do Grupo de Amor e Desamor que editou

dous libros con ese mesmo título. Pereiro figura, pois, nas antoloxías colectivas De amor e

desamor (1984) e De amor e desamor II (1985) nas que tamén aparecen Pilar Pallarés,

Miguel Anxo Fernán-Vello, Manuel Rivas, Xavier Seoane, Francisco Salinas, Xulio

Valcárcel, Lino Braxe e outros poetas de tendencias moi diversas pero que compartían

inquedanzas culturais.Á iniciativa deste mesmo grupo débese tamén o mantemento da

revista Luzes de Galicia onde, ademáis do mencionado ensaio, viron a luz os oito primeiros

capítulos da súa novela inconclusa Náufragos do paradiso.

Aínda que publicou poemas e artigos en varias revistas culturais, non foi ata 1991 que

aparece a primeira das súas dúas únicas obras publicadas en vida: Poemas 1981/1991

(1992). Tres anos máis tarde edítase Poesía última de amor e enfermidade (1995).

Page 51: Autores Letras Galegas de 1963 a 2012 17 DE MAIO

Valentín Paz Andrade

Homenaxeado Ano 2012

Avogado, escritor e activista político, Valentín Paz Andrade naceu o 23 de abril de 1898 en Lérez

(Pontevedra). Faleceu o 19 de abril de 1987.

Estudiou Bacharelato en Pontevedra. Posteriormente Dereito en Santiago. Ó remata-los seus

estudios dirixe o diario 'Galicia', no que tamén colaboran Castelao, Risco, Maside e Vilar Ponte. En

1924 Valentín é condenado a un mes de cárcere polo carácter dos seus artigos. En 1931 foi candidato

a Deputado por Pontevedra nas Cortes Constituíntes. Despois do alzamento militar contra a

República é desterrado a Verín. Posteriormente é confinado a Villanueva de la Serena

(Estremadura). En 1942 empezou a dirixi-la revista Industrias Pesqueras e en 1950 viaxou a Bos

Aires invitado polo Centro Galego. En 1964 foi nomeado membro da RAG co discurso titulado A

Galeguidade na obra de Guimaraes Rosa. Despois da morte de Franco, formou parte da 'Comisión

dos 10' da oposición democrática (con Cañellas, Felipe González, Tierno Galván, etc.). En 1977 foi

elexido Senador por Pontevedra, dentro da Candidatura Democrática Galega.

Valentín Paz Andrade publicou numerosos artigos periodísticos. Como xurista amosou a

súa preocupación pola realidade socio-económica de Galicia. A súa personalidade

polifacética levouno tamén a publicar algunhas obras de poesía como Pranto matricial

(1954), Sementeira do vento (1968), Cen chaves na sombra (1979) e ensaios como La

Anunciación de Valle Inclán (1967), Transferencias etnológicas de Galicia en el Brasil

Ulterior (1976), e A galecidade na obra de Guimaraes Rosa (1978). Paz Andrade amosa

tamén a súa preocupación política en obras como O modelo federal para a constitución do

Estado galego y Testemuñas e prespectivas de homenaxe ao Seminario de Estudos Galegos

(1978). Ademais publicou a biografía máis importante que existe sobre Castelao titulada

Castelao na luz e na sombra (1982).