24
GRUPO DE FAMILIAS 12 de decembro IES FIN DO CAMIÑO

AUTORIDADE FAMILIAR

Embed Size (px)

DESCRIPTION

A IMPORTANCIAS DAS NORMAS NA FAMILIA

Citation preview

Page 1: AUTORIDADE FAMILIAR

GRUPO DE FAMILIAS

12 de decembro

IES FIN DO CAMIÑO

Page 2: AUTORIDADE FAMILIAR

PRINCIPAIS CONFLITOS

COMO ORGANIZAR A CONVIVENCIA NA CASA?

FALAR CUN ADOLESCENTE

Page 3: AUTORIDADE FAMILIAR

• “Non hai quen o aguante” • “Cústalle obedecer, aceptar as normas, cree que ten máis

experiencia da que ten e pensa que nunca se equivoca” • “todo lle senta mal,parece que a casa é unha pensión, so o

utiliza para comer e durmir” • “non fala e non quere escoitar” • “leva sempre a contraria, fagas o que faga e digas o que

digas sempre está mal.” • “ Non vale de nada o que lle diga eu, so vale o que lle digan

os seus amigos e os pais dos seus amigos” • “Quere saírse sempre coa súa e ter razón” • “ Non me acordo a última vez que falamos con calma, sen

discutir”

Page 4: AUTORIDADE FAMILIAR

• “Sempre din o mesmo. Unha e outra vez. Repiten as cousas mil veces. Non se cansarán …..”

• “Nunca están contentos. Non se dan conta de que si non quero, non o vou a facer...”

• “Non respectan a miña intimidade, as miñas cousas, a miña habitación”

• “Non se fían de min” • “Ninguén me entende e meus pais menos” • “ Por que todo me pasa a min” • “Berran todo o día, non fago nada ben” • “ Eu sei que me queren, pero estou fart@”

Page 5: AUTORIDADE FAMILIAR

As tensións na vida familiar son algo normal a un tempo que necesario, porque somos distintos e temos visións diferentes sobre algunhas cuestións do día a día.

Estas tensións poden ser momentos de avance nas relacións familiares.

Polo tanto o importante é cómo se afronten estas tensións normais da vida familiar. O máis importante non é o conflito en si mesmo senón a maneira e a forma que se resolva.

Cando unha tensión ou conflito se vive como unha batalla, como un pulso de posicións, adoita a levar repercusións negativas para os proxenitores e para os adolescentes.

O resultado e que o adolescente péchase máis nas súas posicións e nos acabamos esgotados e resolvendo con esa frase de “ porque yo lo digo”.

Polo tanto non se trata de evitar o conflito trátase de aprender a solucionalos sen confrontación.

Page 6: AUTORIDADE FAMILIAR

Estilo autoritario: Consiste na imposición da

solución polos pais/nais ante un conflito sen que os desexos e necesidades do adolescente se teñan en conta.

Estratexia inadecuada,so sería

adecuada en: - situacións moi excepcionais

de emerxencia que requiran solucións inmediatas.

- cando as cousas xa están moi faladas e o único que quere o adolescente é “liarnos”

Consecuencias:

O adolescente percibe que os pais impoñen as normas, isto orixina rexeitamento(inconformismo).

Os pais/nais pola súa parte, dominan a situación impoñendo normas a través de gritos, enfado e interrupcións no discurso do adolescente

Sentimentos negativos tanto en adolescentes como na familia.

Falta de motivación no adolescente que levará case con toda seguridade a incumprir a norma ( ou cumprimento da norma a

Page 7: AUTORIDADE FAMILIAR

Estilo permisivo: A forma de rematar co

conflito pasa por conceder todos os desexos e intereses do rapaz/a.

Estratexia inadecuada.

Consecuencias:

O adolescente é o que domina a situación. Isto é negativo xa que el por se mesmo ten unha confianza excesiva nas súas ideas e así pensará que sempre ten razón.

Os pais non teñen ningún control sobre a situación.

Sentimentos negativos na familia debido a sensación de falta de control da situación.

No adolescente provoca:

- falta de respecto polas normas

-non aprenden a esperar para obter resultados.

-problemas de autocontrol.

Page 8: AUTORIDADE FAMILIAR

Evitación do conflito: A forma de resolver o conflito

é evitando, non recoñecendo que existe.

Estratexia inadecuada. A non ser en casos de menor

importancia que non verdadeiramente conflitos( por exemplo non fixo unha tarefa accesoria)

Consecuencias:

Os desexos e necesidades do adolescente non se teñen en conta.

Non hai comunicación nin diálogo, ferramentas claves na familia

Sentimentos negativos en todos os membros da familia debido a que seguen en tensión.

Os problemas non se resolven e a comunicación vaise pechando cada día máis.

Page 9: AUTORIDADE FAMILIAR

Estilo negociador: A diferenza dos outros tres é o

único que resolve verdadeiramente o conflito.

Trátase de buscar solucións que satisfagan a todos, mantendo unha actitude de escoita das necesidades do outro.

Estratexia adecuada de

resolución de conflitos aínda que supoña esforzo, paciencia e tempo.

ollo!!!!!A negociación é adecuada cando falamos de algúns aspectos de normas accesorias e importantes, aínda que non o cumprimento global da mesma.

Consecuencias:

O adolescente sinte que se teñen en conta os seus desexos e necesidades.

Se emprega o diálogo.

Existe un conflito pero non se ve como unha batalla ( se gañas ti, perdo eu …) senón como unha oportunidade de falar e chegar a acordos.

Sentimentos positivos na familia (diálogo,axuda na toma de decisións e escoita) e adolescentes (clima de comprensión e apoio).

A comunicación familiar vai crecendo.

Page 10: AUTORIDADE FAMILIAR

Actividade: : 1º parte: IMOS LER TRES SITUACIÓNS:

En cada unha das situacións indicar:

-estratexias e estilos empregados para resolver a situación.

-que vantaxes e inconvintes credes que ten esa forma de resolver o problema.

:

2º parte: Imos ler unha proposta de resolución dunha situación pola vía da

negociación.

Page 11: AUTORIDADE FAMILIAR

RECORDAR: ESTILO AUTORITARIO: Estratexia inadecuada xa que os desexos e necesidades doa

adolescente non se teñen en conta. Isto leva a falta de motivación para cumprir a norma e leva a sentimentos negativos en todos.

ESTILO PERMISIVO: Estratexia inadecuada xa que leva a falta de respecto as normas,

problemas de autocontrol e impulsividade( non sabe esperar para obter resultados).

ESTILO EVITACIÓN: Estratexia inadecuada xa que cerra a ponte da comunicación e as

relacións fanse cada vez máis difíciles.

NEGOCIACIÓN: estratexia adecuada. :

Page 12: AUTORIDADE FAMILIAR

O manexo do diñeiro As cantidades a asignar deben

establecerse de acordo con tres criterios: as posibilidades económicas das familias, o grao de cumprimento das normas e as obrigas impostas na familia.

É conveniente coñecer se outros membros da familia danlles asignacións complementarias, para pactar con eles o seu importe e forma de canalizalas.

Horario de regreso a casa:

Debe ser adaptado á idade, ás características do adolescente(ao grao de madurez) e a determinadas circunstancias espaciais.

Os horarios deben ser estables, aínda que poidan verse alterados ante un acontecemento singular.

É posible que un día exista un acontecemento que xustifique o prolongamento da hora de regreso a casa.

Importante falar cos pais/nais dos amigos e fixar unha hora de referencia de regreso a casa para o grupo,se é posible.

Page 13: AUTORIDADE FAMILIAR

Os pais/nais non poden ser amigos dos seus fillos, deben asumir que teñen como responsabilidade a educación dos seus fillos, a transmisión duns valores e poñer normas e límites.

A palabra autoridade deriva do latín “augere” que quere dicir axudar a medrar. É importante distinguir entre: “ ser autoridade”, “ ter poder” e “ter autoridade”. Os pais/nais teñen autoridade polo feito de ser pais/nais; pero a autoridade pode perderse , manterse ou recuperarse.

Cómo manter a autoridade?

Exercéndoa día a día: deben tomar decisións que axuden a respectar os límites e madurar como persoa.

Fuxindo do autoritarismo

Tendo congruencia entre o que di o pai e nai e o que fan.

Page 14: AUTORIDADE FAMILIAR

A permisividade: os adultos debemos ser o que lles digamos o que está ben e o que está mal e explicarlle o porque. Os rapaces necesitan normas e límites.

Ceder despois de dicir que non: a primeira regra a respectar e a do NON. O NON non se pode negociar. Este é o error máis frecuente e que máis dano fai aos rapaces. Polo tanto antes de dicirlle que non temos que pensalo ben para non dar marcha atrás.

O autoritarismo: é o outro extremo da permisividade. O autoritarismo é intentar que faga todo o que queremos sen contar as súas opinións, sentimentos ….isto é tan negativo como a permisividade.

Gritar, perder o control: aínda que ás veces é difícil non perder o control, isto con leva un deterioro da autoestima do rapaz. Ademais acostumarse e acaba por non facer caso.

Non cumprir as promesas nin as ameazas: con cada promesa ou ameaza non cumprida estamos a perder autoridade. As promesas e as ameazas deben ser realistas e fáciles de aplicar ( un día sen tele ou sen saír é posible, un mes non sería case posible levar a cabo).

Non negociar e non escoitar: isto implica rixidez e inflexibilidade. Un camiño ideal para que na adolescencia se rompan as relacións pais –fillos.

Page 15: AUTORIDADE FAMILIAR

A relación entre familia- adolescente non é unha relación de igualdade, senón xerarquizada.

En ocasións debe ser o adulto quen obrigue a realizar unha tarefa que nun principio non lle apetece.

Cando nós non temos autoridade, os rapaces convértense en autoridade ou buscan fóra da casa a autoridade.

Recordar: os adultos debemos ser o que lles digamos o que está ben e o que está mal e explicarlle o porque. Os rapaces necesitan normas e límites.

1. A disciplina familiar por tanto é necesaria, tanto para a convivencia familiar como para ensinar aos fillos comportamentos, actitudes e valores de convivencia necesarias para construírse como persoas.

2. A forma de impoñer a disciplina é o importante.

3. Hai distintos tipos de impoñer disciplina pero non todos son adecuados.

Page 16: AUTORIDADE FAMILIAR

ESTILO PERMISIVO SOBREPROTECTOR

EXCESIVA TOLERANCIA NO CUMPRIMETO NORMAS DE DISCIPLINA

Características: Cren que hai que darlles todo o

que pida. Tratan de evitar que os fillos se

enfronten os obstáculos que poidan xurdir.

Nos seus problemas diarios,os fillos gañan sempre.

Non hai orientacións, nin normas.

Consecuencias: Ao non ter referentes e un

código de conduta os rapaces non saben a que aterse.

Non teñen hábitos de traballo e esforzo.

Xeran rapaces caprichosos.

ESTILO AUTORITARIO NON SE PODEN CUESTIONAR NADA E AS COUSAS

FANSE CANDO EU O DIGO E PORQUE EU O DIGO

Características:

A razón sempre dos pais/nais. Os fillos respectan por temor.

Os pais/nais dirixen e controlan todo o proceso de toma de decisións e impoñen as solucións a todos os conflitos.

Critican sempre a persoa e non as accións que realizan mal.

Non hai comunicación.

Consecuencias:

Poden provocar sentimentos de culpabilidade ante a imposibilidade de cumprir os desexos dos seus pais/nais

Favorecen a agresividade, odio e non desenvolven autonomía persoal

Page 17: AUTORIDADE FAMILIAR

ESTILO COOPERATIVO E DEMOCRÁTICO Características: Os adultos consideran que se

poden equivocar nas decisións como calquera persoa.

Buscan potenciar que os seus fillos poidan aprender autonomamente e que saquen o mellor de si mesmos.

Axudan na busca de solucións intermedias.

As relacións entre pais/nais e fill@s están baseadas no respecto mutuo e na cooperación

ESTILO COOPERATIVO E DEMOCRÁTICO

Consecuencias:

Desenvolven nos adolescentes un sentido da responsabilidade para que asuman as consecuencias dos seus actos.

Induce no adolescente habilidades de traballo en equipo.

Os rapaces/as aprenden actitudes de cooperación, de toma de decisións e respecto polas normas.

Page 18: AUTORIDADE FAMILIAR

TER OBXECTIVOS CLAROS NA EDUCACIÓN: estes obxectivos teñen que ser poucos,claros e formulados polos dous membros da parella.

ENSINAR CON CLARIDADE COUSAS CONCRETAS: o adolescente non lle vale de nada instrucións xerais e moi complicadas, hai que darlle instrucións concretas de cómo se fan as cousas e como se teñen que comportar.

DAR TEMPO A APRENDER: as primeiras veces que se poñen en práctica temos que axudalos.

VALORAR SEMPRE OS SEUS INTENTOS E ESFORZOS: resaltando o que fan ben.

ACTUAR E EVITAR OS DISCURSOS: unha vez que teñen claro o que hai que facer é contraproducente inverter o tempo en discursos.

CONFIAR NELES: a autoridade positiva supón que o rapaz teña confianza nos pais e nais e iso é difícil que ocorra se nos non confiamos.

DAR EXEMPLO E RECOÑECER OS PROPIOS ERROS: xa que da seguridade e tranquilidade aos fillos/as. Danse conta cos erros non son fracasos senón equivocacións que podemos rectificar.

ESTABLECER normas claras, realistas, consistentes(independentemente do nosos estado de ánimo) e coherentes . Ter claro cales son as fundamentais, importantes e accesorias, por todos os membros da familia.

Page 19: AUTORIDADE FAMILIAR

1º) Ver o vídeo. Dúas formas de afrontar o conflito.

2º) Consellos:

Deixa que se explique. En función da importancia da norma, quizá a explicación pode matizar a súa resposta.

Despois tes dous recursos: ou suprimir privilexios ou castigar. Ambos poden ser útiles sempre e cando:

-Sexan proporcionais a conduta incorrecta.

-Prodúzanse cunha certa lóxica despois do incumprimento da norma.

-Que o adolescente coñeza porque está castigado e que coñeza con claridade que debe facer para que o castigo non se volva a dar.

E ademais recordade que a disciplina debe producirse nun ambiente de apoio incondicional, castigamos condutas non a el ou ela.

Page 20: AUTORIDADE FAMILIAR

O QUE NON AXUDA: Restar importancia ao que nos queren dicir: “non será para tanto, non é para poñerse así”. Reaccionar de forma explosiva e cun mandato: “ pecha a porta , este fillo meu quere darlle calefacción ao veciño”. Dar advertencias ou facer repoches “calmaches basta xa ….estaste pasando … non se che ocorra …” Aconsellalo prematuramente “ o que tes que facer” “ a próxima vez” Criticalos: “iso é unha parvada” Voz da conciencia “ves? Xa cho dixen eu … se me fixeras caso …..

É importante que:

o diálogo sexa aberto, xerando un clima de confianza e seguridade.

Evitar a discusión.

Falar con el non en contra de el

Deixar tempo para que se exprese.

Page 21: AUTORIDADE FAMILIAR

ESCOITAR CON GRAN ATENCIÓN: Demostrar que se está a poñer atención, establecer contacto visual con el, non interromper, escoitar sen estar preparando as respostas, tratar de entender os seus puntos de vista.

FACER CRÍTICAS CONSTRUCTIVAS: Moitas veces reaccionan negativamente ante a crítica non polo contido da crítica senón pola forma.

Ex: “sempre chegas tarde. Non volvo a traerche.” “Chegas as cinco e media e tiñas que chegar as 5,estou aquí perdendo o meu tempo,

se ves que non vas chegar a hora, chámame, falámolo e se o vexo adecuado eu organizareime de outro modo..”

MOSTRAR RESPECTO: Cando un adolescente fale con nós e nos conte o que lle pasou temos que recordar que ese é o momento de escoitar, sen facer xuízos de valor.

SER FIRME PERO CONSISTENTE: A FIRMEZA NON SIGNIFICA AUTORITARISMO. Significa que os seus fillos coñecen os seus puntos de vista e os respecta. Debes ser consistente e cumprir o que promete, nunca se deben facer tratos se non se van a cumprir.

SER COHERENTES.

NON FACER: interrogatorios,gritar, sermonear, non ter en conta a súa opinión, burlarse, ameazar …..

Page 22: AUTORIDADE FAMILIAR

SITUACIÓN: DECIR NON PARECE FÁCIL NON É CERTO?

-Mamá dásme 34 euros? Por favor?

-Non o sinto.

-Ah vale

-Papá lévasme ao centro agora mesmo.

-Non filla estou ocupado.

-Ah vale.

PERO NON É TAN FÁCIL

PORQUE É TAN DIFICIL DECIR NON?: Os adolescentes encántalles discutir, son espléndidos liantes e dicir “ non” é con diferenza unha das tarefas máis difíciles dos pais/nais de adolescentes.

Page 23: AUTORIDADE FAMILIAR

O ADOLESCENTE VAI DISCUTIR. Cando se lle di que non a un adolescente o que ven a continuación non importa demasiado. A única cousa que oe e o non, todo o que continúe despois do seu non será un intento de cambiar o non por un si. Non esperes convencer coas túas palabras e chegar nese momento a unha solución amistosa.

O ADOLESCENTE NUNCA SE RINDE: van a seguir sacando o tema “Porque non? Non me deches razóns, porque non? Es inxusto ….. E poden seguir insistindo todo o día a diferentes horas, hasta que esquezan o asunto.

TI NON DEBES CEDER E DEBES DEIXAR CLARA A TÚA POSICIÓN: despois de escoitados os adolescentes se ti consideras que sigue sendo non explica os teus motivos unha vez e intenta non ceder.

SE PERCIBES QUE CHE SUBE A TENSIÓN, DA POR FINALIZADA A CONVERSACIÓN,antes de que derivar en gritos e malas contestacións. A norma é fácil , despois de dicir non, escoita, comenta pero se tes claro que nada do que diga che fai cambiar a contestación pon fin a situación, antes de perder o control.

Page 24: AUTORIDADE FAMILIAR