24
XUÑO 2015 Nº 30 Teléfono e fax 981562522 / http://www.edu.xunta.es/centros/ceippio12/ e-mail [email protected] / Edita CEIP Pio XII /Tirada 1000 ud. b anzo CEIP Pío XII SANTIAGO 23 P C E I P í O X I I B B L T 0 E C I I A 21 22 Recomendados A Biblioteca en cifras 4 6m 15s MALLORCA 2015 EXTRAESCOLARES 15-16 O día 10 de xuño realizamos un simulacro de evacuación no centro. O suposto consistíu nun incendio na zona dos baños do segundo andar, quedando atrapadas nun aula unha profesora e unha alumna que foron rescatadas polo servizo de bombeiros. O tempo de resposta dos bombeiros foi de 6m 15s similar ao empregado na evacuación total do centro. O día 3 de xuño as alumnas e alumnos de 1º e 2º de EP fomos de excursión á Granxa Escola Alvarella. Estampamos camisetas, alimentamos gando... e pasámolo moi ben. 11 6 Kailash Satyarthi, premio Nóbel en 2014, estivo no IES Rosalía o día 8 de maio. A charla versaba sobre a escravitude infantil e a favor dos dereitos da infancia. Os equipos de baloncesto do CEIP Pío XII, masculino e feminino, veñen de proclamarse campións de Galicia e terceiro respectivamente na súa categoría. Parabéns. 13 Outro ano máis o alumnado de 6º de EP despide o seu paso polo centro cunha excursión a Mallorca. Entre os días 23 e 30 de maio visitou os lugares máis emblemáticos, divertíuse nos parques acuáticos e pasouno moi ben.

Banzo 30

Embed Size (px)

DESCRIPTION

 

Citation preview

Page 1: Banzo 30

XUÑO 2015 Nº 30

Teléfono e fax 981562522 / http://www.edu.xunta.es/centros/ceippio12/ e-mail [email protected] / Edita CEIP Pio XII /Tirada 1000 ud.

banzo CEIP Pío XIISANTIAGO

23

P

CEIPíOXIIB

BL T0 ECII A

2122Recomendados

A Biblioteca en cifras

4

6m 15s

MALLORCA 2015EXTRAESCOLARES 15-16

O día 10 de xuño realizamos un simulacro de evacuación no centro. O suposto consistíu nun incendio na zona dos baños do segundo andar, quedando atrapadas nun aula unha profesora e unha alumna que foron rescatadas polo servizo de bombeiros.O tempo de resposta dos bombeiros foi de 6m 15s similar ao empregado na evacuación total do centro.

O día 3 de xuño as alumnas e alumnos de 1º e 2º de EP fomos de

excursión á Granxa Escola Alvarella.

Estampamos camisetas,

alimentamos gando... e pasámolo moi ben.11

6

Kailash Satyarthi, premio Nóbel en 2014, estivo no IES Rosalía o día 8 de maio. A charla versaba sobre a escravitude infantil e a favor dos dereitos da infancia.

Os equipos de baloncesto do CEIP

Pío XII, masculino e feminino, veñen de

proclamarse campións de Galicia e terceiro respectivamente na

súa categoría. Parabéns.13

Outro ano máis o alumnado de 6º de EP despide o seu paso polo centro cunha excursión a Mallorca. Entre os días 23 e 30 de maio visitou os l u g a re s m á i s e m b l e m á t i c o s , divertíuse nos parques acuáticos e pasouno moi ben.

Page 2: Banzo 30

CALENDARIO ESCOLAR 15-16 CEIP Pío XIISANTIAGO

Entrega de notas

10 de setembro30 de outubro21 de decembro a 6 de xaneiro8, 9 e 10 de febreiro21 a 28 de marzo22 de xuñoPendente

CURSO

2015-2016

LUNS MARTES MÉRCORES XOVES VENRES SÁBADO DOMINGO

1 2 3 4 5 6

7 8 9 10 11 12 13

14 15 16 17 18 19 20

21 22 23 24 25 26 27

28 29 30

SETEMBRO 2015LUNS MARTES MÉRCORES XOVES VENRES SÁBADO DOMINGO

1 2 3 4

5 6 7 8 9 10 11

12 13 14 15 16 17 18

19 20 21 22 23 24 25

26 27 28 29 30 31

OUTUBRO 2015LUNS MARTES MÉRCORES XOVES VENRES SÁBADO DOMINGO

1

2 3 4 5 6 7 8

9 10 11 12 13 14 15

16 17 18 19 20 21 22

23 24 25 26 27 28 29

NOVEMBRO 2015

30

LUNS MARTES MÉRCORES XOVES VENRES SÁBADO DOMINGO

1 2 3 4 5 6

7 8 9 10 11 12 13

14 15 16 17 18 19 20

21 22 23 24 25 26 27

28 29 30 31

DECEMBRO 2015LUNS MARTES MÉRCORES XOVES VENRES SÁBADO DOMINGO

1 2 3

4 5 6 7 8 9 10

11 12 13 14 15 16 17

18 19 20 21 22 23 24

25 26 27 28 29 30 31

XANEIRO 2016

LUNS MARTES MÉRCORES XOVES VENRES SÁBADO DOMINGO

1 2 3 4 5 6 7

8 9 10 11 12 13 14

15 16 17 18 19 20 21

22 23 24 25 26 27 28

29

FEBREIRO 2016

LUNS MARTES MÉRCORES XOVES VENRES SÁBADO DOMINGO

1 2 3 4 5 6

7 8 9 10 11 12 13

14 15 16 17 18 19 20

21 22 23 24 25 26 27

28 29 30 31

MARZO 2016LUNS MARTES MÉRCORES XOVES VENRES SÁBADO DOMINGO

1 2 3

4 5 6 7 8 9 10

11 12 13 14 15 16 17

18 19 20 21 22 23 24

25 26 27 28 29 30

ABRIL 2016LUNS MARTES MÉRCORES XOVES VENRES SÁBADO DOMINGO

1

2 3 4 5 6 7 8

9 10 11 12 13 14 15

16 17 18 19 20 21 22

23 24 25 26 27 28 29

MAIO 2016

30 31

LUNS MARTES MÉRCORES XOVES VENRES SÁBADO DOMINGO

1 2 3 4 5

6 7 8 9 10 11 12

13 14 15 16 17 18 19

20 21 22 23 24 25 26

27 28 29 30

XUÑO 2016

Os festivos correspondentes aos meses do ano 2016 poden verse modificados cando se aprobe o calendario laboral respectivo.

páxina 23

ANPABIBLIOTECApáxinas 21 e 22

ESCOLARESpáxinas 12 a 20

COMPLEMENTARIASpáxinas 4 a 11 COLABORACIÓNS

páxinas 2 e 3

2 XUÑO 2015

Page 3: Banzo 30

Xosé Manuel CasaleiroDirector

Preguntas e respostasCalendario escolar. Sumario / Editorial

Mallorca 2015

Museos científicosKailash SatyarthiEssan Ullah KhanEntrevista a JeremyRubén RiósCousas de lobosUxía SenlleSons dos nenosMuseo de Historia Natural

Parlamento GalegoO espantallo amigoLugo e castro de ViladongaO raposo e a mestraGranxa Escola Alvarella

As familias participan na aulaTamgranDeporte escolar

Premios ANPALetras Galegas 2015Entrevistamos a MariféA Granxa do XestoA Praza de Abastos

O Río SarelaQue sabes da AlamedaOs ríos Sar e SarelaAs gárgolas da zona vella

23

4

566778889

910101011

121213

1415161717

18181920

anpa

páxina 23

ANPABIBLIOTECApáxinas 21 e 22

ESCOLARESpáxinas 12 a 20

COMPLEMENTARIASpáxinas 4 a 11 COLABORACIÓNS

páxinas 2 e 3

3 XUÑO 2015

Estamos rematando o curso e, como todos os anos, compre realizar un breve balance do acontecido.Un curso cheo de traballo e de actividades, tanto as organizadas desde o centro: concertos, teatro, contacontos, conferencias, visitas culturais... que poblan os tres trimestres do curso con actividades de gran calidade, como as desenvolvidas desde a ANPA, que xestiona tamén de xeito magnífico os servizos complementar ios e as actividades extraescolares.Ademáis da propia dinámica do centro, que ten que funcionar de xeito inexorable, este curso que remata tamén foi o ano de implantación da LOMCE en 1º, 3º e 5º de EP, que non estivo exento de polémica tanto a respecto dos libros de texto, agudizada polas Ordes

publicadas recentemente, que regulan o banco de libros, como pola aplicación das probas de avaliación ao alumnado de 3 º de EP que p rovocou un considerable rexeitamento por parte das familias.Tamén foi o curso no que se deron os primeiros pasos de cara á implantación dos Camiños Escolares. Iniciativa esta na que o Pío XII exercía de centro piloto e que se veu aprazada a raíz dos cambios no governo municipal.Foi un ano tamén no que non desistimos de insistir na necesidade do desexado patio cuberto e que non está a ter resposta por parte da administración.

Como todos os anos é tempo de benvidas e despedidas. O vindeiro curso incorporaranse ao centro 75 novos

alumnos e alumnas de 3 anos aos que desexamos unha feliz estancia no centro.Como deciamos antes tamén é momento de despedidas. Profesorado, alumnado ou familias cambian as súas rutinas diarias e deixan de ter vinculación directa co centro, en moitos casos, despois de anos de convivencia.Entre os primeiros, neste curso xubílanse dúas mestras con longos anos de experiencia: Marifé con d e z a s e t e c u r s o s n o c e n t r o e Maricarmen con dez. Desexámoslles que na nova etapa que comezan sexan tan felices como demostraron selo aquí no seu traballo diario. Despídense tamén por este curso mestres provisionais no centro como Ana , Diana , Eva , Gema, José Antonio... que esperamos teñan estado a gusto e aos que esperamos volver a ver nun futuro.Seguro que volveremos a ver no centro, agora de visita, é ao alumnado de 6º de EP que inicia , caseque na súa totalidade, unha nova etapa no IES Rosalía.Como adianto desta o xoves 11 de xuño, acudiron ao seu futuro centro, onde foron recibidos cun agasallo polo director e a xefa de estudos, Ubaldo e Milbia. Alí coñeceron as instalacións, os proxectos nos que participa o IES, e participaron nunha charla coas profesoras de aleman e francés, linguas optativas en 1º de ESO.

A todos desexámoslle un futuro cheo de felicidade e que non se esquezan do CEIP Pío XII.

Aproveitamos para lembrar que o xoves 25, as 16:30 realizaremos un acto de despedida desta nova promoción de alumnas e alumnos de 6º de EP, ao que está convidado o profesorado do centro, e especialmente que ao longo destes nove cursos lles impartíu docencia, o persoal do centro, persoal da ANPA, e por suposto as familias.

21

23

Page 4: Banzo 30

páxina 23

ANPABIBLIOTECApáxinas 21 e 22

4 XUÑO 2015

ESCOLARESpáxinas 12 a 20 COLABORACIÓNS

páxinas 2 e 3COMPLEMENTARIAS

páxinas 4 a 11

EXCURSIÓN DE FIN DE ETAPAMALLORCA 2015

6ºEP

Chegou o gran día! Todo estaba preparado para irnos de excursión. A emoción non nos dexou durmir moito esa noite.Xuntámonos no aeroporto e hora e media de voo, chegamos ao noso destino, MALLORCA.Despois de acomodarnos no hotel tocaba relaxarse na Praia do Arenal. Alí xogamos e démonos un merecido chapuzón nas augas do Mediterráneo.O día 24 fomos coñecer a Fábrica de vidro. Tamén visitamos a Fábrica de perlas de Majorica, e a localidade de Porto Cristo, onde nos bañamos na súa fermosa praia, comemos o picnic e un riquísimo xeado. O día rematou coa visita ás fermosas Covas do Drach. Primeiro fixemos un percorrido por dentro da cova, onde poidemos observar moitísimas estalactitas e estalagmitas de diferentes tamaños e formas. Sentámonos nas gradas e poidemos disfrutar dun concerto onde uns músicos tocaban dous violíns, un violonchelo e un armónium nas barcas que facían o percorrido polo lago Martel; unha actuación preciosa. Pouco despois, tivemos o privilexio de ir en barcas polo lago.

O luns tocou ir ao Western Park. Un parque acuático dos máis coñecidos de Mallorca. Unha experiencia inolvidable.O día 26 houbo que madrugar para ir a visitar o Castelo de Bellver e o seu museo. Dende o alto da torre podía verse toda a cidade de Palma. Despois disto fomos visitar o Pazo da Almudaina, de orixe romano, que serviu de residencia aos valíes musulmáns. A guía que nos acompañou explicounos toda a súa historia; tamén visitamos a Praza Maior de Palma.O día 27 tocaba visitar Valdemossa, un municipio que transmite fantasía. Alí Chopin compuxo os seus preludios Op.28. Despois fomos a Sóller para coller un barco que nos levaría a Praia da Calobra. A súa area é substituida por rochas e a auga é dun azul verdoso. A praia está situada nun canón fermosísimo. Logo volvemos a Sóller en barco para coller un tranvía turístico e outro que nos levaría a Bunyola; alí nos recolleu o autobús que nos levaría ao hotel. Foi un día moi bonito pero moi canso.

O xoves tocou ir a Aqualand. Un parque acuático situado cerca do hotel, por iso fomos andando. Pasamos alí toda a mañá e parte da tarde.O noso penúltimo día estivemos todo o día na praia. Había que aproveitar o bo tempo, porque as vacacións chegaban ao seu fin.Día 30, que pena!! A nosa excursión chegaba ao seu fin. O único positivo era que íamos ver de novo ás nosas familias, que seguro que xa nos botaban de menos. O que máis nos gustou de esta excursión foi poder facer actividades cos amigos que nunca poidemos facer e que tivemos a oportunidade de coñecer mellor a outras rapazas e rapaces de 6º que estiveran moi cerca de nós pero cos que case non nos falaramos.Foi unha experiencia que nunca esqueceremos!!!Levabamos pensando nesta excursión dende o comezo de curso, así que estábamos moi contentos aínda que fose a última á que íamos como alumnos do colexio PÍO XII, en realidade era una despedida do noso querido COLEXIO.

Alumnos de 6º curso

Page 5: Banzo 30

clínica médica Dra. Lucía García

Dra. Lourdes Gago

NUTRICIÓN E DIETÉTICA

Rúa Xaime Quesada 1, 1ºC. 15706. Santiago.Tlf 981593860

CITA PREVIA

MEDICINA XERAL

páxina 23

ANPABIBLIOTECApáxinas 21 e 22

5 XUÑO 2015

ESCOLARESpáxinas 12 a 20 COLABORACIÓNS

páxinas 2 e 3COMPLEMENTARIAS

páxinas 4 a 11

MUSEOS CIENTÍFICOS 5ºEP

A CASA DAS CIENCIASFoi o primeiro que fixemos ao chegar á Coruña. Pero, antes de ir pola nosa conta, vimos un vídeo nun “Planetario” moi pequeno. Trataba sobre un vampiro, que coma todos os vampiros, non podía ver a luz do sol. Pero a este vampiro non lle gostaba chuchar o sangue das persoas, senón que sentía unha forte pasión pola astronomía. Pero el quería ver os planetas de cerca, ou estar neles. Por iso, contratou a un científico chamado Dagoberto, que construíu un simulador para que o seu desexo se poidera facer real idade. Entón, v imos como Dagoberto explicáballe ao vampiro todas as constelacións, planetas e o Sol.

Despois de ver aquel vídeo, poidemos visitar o museo pola nosa conta. Había un par de columpios que estaban unidos entre sí. Se un neno se columpiaba nun columpio mentres o outro non se movía, ao final o segundo acabábase movendo. Tamén había ovos de poliños, péndulos, e moitas outras cousas, coma un bolígrafo que atravesaba unha bola de villar, e facía uns debuxos espectaculares.

O MUSEO DO HOMEDespois de comer visitamos o museo do home. Antes de nada vimos un vídeo onde che explicaba cousas moi curiosas da Idade de Xeo. Pero sobre todo, centrábase nos mamuts: onde habitaban, que especies había… Chamoume a atención que algúns

deses mamuts afundíanse nas ciénagas. Esas ciénagas existen na actualidade, pero se as vacían, atopan ósos de toda clase de animais que viviron nesta época. Explicáronnos que en 2008 un home atopou unha cría de mamut conxelada no xeo, cos órganos intactos tanto por fóra coma por dentro. Miña nai, máis de 3.000 anos conxelado!Cando miramos o museo pola nosa conta, descubrimos cantidade de cousas, tanto vídeos coma programas, exercicios de relaxación, preguntas, concursos e o teu cerebro por dentro; e tiñan unha sala especializada para o corazón, no que che explicaba todo sobre el.

A CASA DOS PEIXESXa entrada a tarde, fomos á Casa dos Peixes. Ao principio, deixáronnos mercar cousas na tenda de recordos. Cada un tiña os seus cartos e mercaba o que máis lle apetecía: tazas, peluches, colares, pulseiras… Logo dividíronnos en dous gupos, pois había dúas monitoras.Primeiro, vimos unha sala con moitos acuarios, cada un coa súa paixaxe diferente: tropical, de porto…Cada unha coas súas características e cos seus peixes.Máis tarde, observamos cabalos de mar, medusas e estrelas de mar. Aprendemos algunhas cousas, coma que os cabalos de mar, cando teñen fillos, é o macho o que se queda embarazado! Había cousas curiosas, coma a relaxante música de fondo que tiñan estas especies, e as luces de cores que cambiaban de cor e alumeaban os acuarios das medusas.Case ao final saímos fóra a ver as focas nas súas “piscinas” con rocas e fondos profundos. Había unha que se chamaba Antía, e vimos como os seus coidadores lle daban de comer peixes. Eran moi listas!E por último baixamos a un soto para ver as quenllas.

Paseino xenial!

O martes 19 de maio, fomos todos os alumnos de 5º curso a unha excursión á Coruña. Foi do máis emocionante! A viaxe foi un pouco ruidosa, pois todos estabamos emocionadísimos. Houbo de todo: libretas, libros, conversacións, chistes, sestas pero sobre todo, risas.

CAROLINA RENDO MUÑÓZ

Page 6: Banzo 30

O día 7 de maio fomos a unha charla de Eshan Ullah Khan, un home que leva máis de 40 anos axudando aos nenos que sofren escravitude infantil no seu país, Paquistán. Eshan non pode entrar no seu país e ten dúas penas de morte por protexer os dereitos dos nenos.

Todos os nenos teñen dereito a xogar, a ir á escola e ser libres e non escravos. Sen embargo, moitos nenos traballan moitísimo, entre dez e doce horas ao día. A maior parte deles fabrican ladrillos para despois construír escolas, hospitais e casas pero moitos deles non poden ir á escola e nen sequera teñen casas.

ESHAN ULLAH KHANEnsinounos alguna foto de nenos traballando duramente. Nalgunha aparecían uns nenos arredor dun mestre e una pizarra ao aire libre. Para eles eso é un privilexio e non como aquí, que temos moitas instalacións. Preguntounos que podíamos facer para liberar a eses nenos e parar a escravitude infantil. Propúxonos buscar en páxinas web interactivas nas que se indica que productos están feitos por nenos. Explicounos onde era máis habitual que pasara isto: Arxentina, Chile, Brasil ou China.Contounos o que lle pasou a un neno paquistaní chamado Iqbal-Masih. Iqbal levaba traballando dende os catro anos facendo alfombras para Ikea. Traballaba catorce horas ao día e non lle deixaban ter descansos, comer ou dormir. Cando Eshan o coñeceu, Iqbal tiña dez anos. Ao principio tiña medo pero Eshan levouno a vivir con el e en tres anos conseguiu facer cinco cursos. Durante esta etapa Iqbal conseguiu liberar a máis de 3000 nenos que facían alfombras. Viaxaron e recolleron moitos premios. Iqbal foi asasinado o 16 de Abril de 1992, cando

se atopaba en Paquistán. Foi un gran exemplo para os nenos escravos e aínda o segue sendo. Unha das súas frases máis coñecidas era “Os nenos deberían ter bolígrafos nas mans, non ferramentas”.As principais empresas que explotan nenos son Zara, Mango e H&M. Fai dous anos derrumbouse una fábrica destas marcas. Morreron 1127 persoas, entre elas moitos nenos que traballaban alí día e noite.Eshan continúa loitando e anímanos a que nós tamén o fagamos. O ano pasado concertou una entrevista con Amancio Ortega pero el enviou a dous representantes. Eshan recriminoulles que explotaban nenos pero eles dixéronlle que non tiñan producción en Bangladesh. Preguntáronlle que podían facer e el pediulles que deixaran de explotar nenos e que trouxeran a produción para España, xa que hai moito paro pero eles puxéronlle escusas.Eshan loita cada día por defender os dereitos dos nenos e por cumprir o desexo de Iqbal.

ALICIA GAYOSO CRUZ

6ºB

KAILASH SATYARTHIPREMIO NOBEL DA PAZ 2014O día 8 maio os alumnos e alumnas de 5º e 6º de Ed.

Primaria tivemos a oportunidade de ver en persoa ao Premio Nobel da Paz 2014 KAILASH SATYARTHI no IES Rosalía Castro. Kailash gañou este prestixioso premio por loitar contra a escravitude infantil e a favor dos dereitos da infancia. Coa súa actividade na Fundación Bachpan Bachao Andolan, puideron liberar da escravitude a uns oitenta mil nenos. Comparte este premio con Malala Yousafzai, a adolescente pakistaní que loita polos dereitos das mulleres e pola necesidade de concienzar a poboación do dereito das nenas a asistir á escola. Ámbolos dous sufriron moitas agresións por loitar contra a inxustiza.Comezou esta loita sendo moi novo xa que no seu país, a India, o sistema de castas (unha xente nace para traballar ou servir, outros para estudar e outros para ser totalmente invisibles) xunto a pobreza extrema, fai que os nenos traballen dende moi pequenos con horarios exhaustivos e salario de miseria, en fábricas de alfombras, de roupa, de material deportivo, etc., para grandes empresas multinacionais.Cando Kailash entrou no salón de actos aplaudimos moitísimo. Había moita xente e tamén moitas cámaras de televisión.Foi moi emocionante estar tan cerca del.Primeiro tocou un alumno do centro a Fantasía nº 5 de Telemann para violín solo. Despois Kailash explicounos que tiñamos moita sorte porque podemos ir á escola, xogar, ter unha boa alimentación, … mentres que a outros nenos e nenas non se lles permite nin descansar. Dixo que o que lle impulsa a seguir axudando aos nenos é a seu sorriso e velos felices.

Insistiu moito en que se queremos conseguir algo, debemos loitar para conseguilo. Dixo que el non se sinte especial, senón unha persoa máis. Pero a nós pareceunos moi boa persoa e moi simpático. Unha forma de combatir a escravitude infantil é non mercar produtos das grandes marcas, que para que os seus produtos sexan máis baratos utilizan mao de obra infantil e que el nunca acepta regalos que el saiba que están feitos por nenos escravos.Despois da súa intervención e a do presidente de ABanca, os alumnos e alumnas do IES Rosalía fixéronlle preguntas moi interesantes en inglés que logo eran traducidas polos compañeiros e por unha intérprete. Unha pregunta que nos gustou foi como sabe que a súa roupa non está feita por escravos. Contestou que solo viste roupa tradicional feita por artesáns da súa rexión.Esta charla valeunos para darnos conta da situación doutros nenos en outros países e que nos fixo pensar en que podemos facer nós polos demais. Gustounos moito a súa frase: “Non podemos ter un mundo de igualdade perfecta, tendo o problema da escravitude infantil, non ás nosas costas, senón á nosa cara”.

CANDELA, MANUEL, NIDIA, NEREA, JAVIER, MATÍAS E ESTHER5ºC

páxina 23

ANPABIBLIOTECApáxinas 21 e 22

6 XUÑO 2015

ESCOLARESpáxinas 12 a 20 COLABORACIÓNS

páxinas 2 e 3COMPLEMENTARIAS

páxinas 4 a 11

Page 7: Banzo 30

FARMACIA GINARTE VALFARMACIA GINARTE VAL

ABIERTO TODOS LOS DIAS de 9 de la mañana a 10 de la noche

Excepto Domingos

C/ Galeras, 14- Santiago de Compostela. Telf. : 981 585 351

páxina 23

ANPABIBLIOTECApáxinas 21 e 22

7 XUÑO 2015

ESCOLARESpáxinas 12 a 20 COLABORACIÓNS

páxinas 2 e 3COMPLEMENTARIAS

páxinas 4 a 11

- De onde eres?- Son de St.Luis, Missouri nos Estados Unidos.- Canto tempo levas vivindo en España?- Vivo en España dende Xaneiro de 2013.- Viviches en Galicia todo o tempo?- Si, primeiro vivín en Lugo e agora en Santiago.- De que traballaches en Estados Unidos?- Estudei deseño de paisaxes e traballei para unha

compañía de paisaxes.

5ºC

ENTREVISTA A JEREMY

- Antes de vir a España visitaches algún outro país?

- Si, visitei Canadá e Australia.- Cal foi o teu proxecto preferido na nosa clase?- A miña actividade favorita foi as máscaras de

Entroido.- Cando tiñas a nosa idade, a que escola ías?- Ía á escola Stix Elementary.

ANTÍA TATO SÁNCHEZ

Jeremy Rueg foi durante o curso 2014-2015 o auxiliar de conversa asignado ao centro dentrodo programa de seccións bilingües.

O mércores 6 de maio o actor, director e productor Rubén Riós veu darnos unha charla sobre a súa vida e como conseguira cumprir o seu soño. Rubén é ourensá e o seu apelido cambiouno el mesmo polo nome do seu pobo natal, Riós.Rubén é un gran defensor da lingua galega e defínese a si mesmo como un rapaz de aldea ao que lle encanta o que fai. Cando comezou a darse conta de que quería ser actor tiña doce anos, cando interpretou o papel protagonista na súa primeira obra.Tras rematar de estudar arte dramático na universidade de Vigo fíxose actor. Non lle importaba non conseguir moitos papeis porque pensaba que se queres algo tes que intentalo, e se fallas no intento, tes que volver a levantarte. Os seus traballos máis impor tan te s f o ron “L ibro de f ami l ia” e “Matalobos“. Pero despois interesouse no mundo da dirección e foi aprendendo autodidácticamente dos directores da súa época como actor.Ensinounos unha das súas curtametraxes: “Coser e cantar”, que estaba inspirada nunha señora de 85 anos de Verín. Esta muller chamábase Doña Elena e cando era una rapaza quería ser actriz, como dicía ela, quería subir moi alto, pero a súa nai non lle deixaba. Agora é a raíña do carnaval de Verín e séntese tremendamente orgullosa de si mesma.Rubén descubriu á actriz protagonista da curtametraxe, Arancha, unha nena de doce anos, nun programa de televisión cantando moi ben. Pouco despois Rubén enterouse de que era de Galicia e escolleuna para que cantara en galego na curtametraxe.Despois de ensinarnos a curtametraxe Rubén púxonos un “making off” no que Arancha contaba como o pasara durante a grabación da curtametraxe. Contou que escolleron tres lugares de Ourense: Mesquita, Riós e Verín. Tamén dixo que lle encantaran os cinco días que durou a gravación e que o pasou en grande con todo o equipo.Por último, Rubén díxonos que se tiñamos un soño nos esforzáramos moito e que de seguro o conseguiríamos.

RUBÉNRIÓS ALICIA GAYOSO CRUZ

6ºB

Page 8: Banzo 30

páxina 23

ANPABIBLIOTECApáxinas 21 e 22

8 XUÑO 2015

ESCOLARESpáxinas 12 a 20 COLABORACIÓNS

páxinas 2 e 3COMPLEMENTARIAS

páxinas 4 a 11

SONS DOS NENOS

UXÍA SENLLEMaría Fumaça

MÚSICA

CELSO SANMARTÍN

O alumnado de educación infantil 3 anos tivo a sorte de poder desfrutar dunha sesión de “Contos de lobos” a cargo de Celso F. Sanmartín, recoñecido contacontos que ven de rematar unha xira con Carlos Blanco “Contos na lareira”, e que fixo un oco na súa axenda para deleitarnos coas súas historias e cántigas.

COUSAS DE LOBOS

4ºEI

No marco do proxecto sobre “Lobos” que está desenvolvendo o alumnado de 3 anos tivemos unha charla a cargo de Pedro Alonso, biólogo adicado á conservación e recuperación destes animais nos montes do Invernadoiro (Ourense). O acto foi na sala de vídeo e, ademais de participar na nosa primeira conferencia, puidemos completar a información que levábamos recabando noutras fontes informativas como textos expositivos ou documentais.

PEDRO ALONSO

O día 12 de maio o alumnado de EI e 1º de EP asistíu no salón de actos a este espectáculo no que se puxo banda sonora aos contos clásicos máis coñecidos. Nesta actividade que pretende achegar aos nenos ao fascinante mundo da música contamos coa presenza de Marta Fernández Pan e Roberto Santamarina ao violín, Ana Isabel Rivas á viola, María Jesús Hervás ao cello e Alejandra Escolante ao piano, todos profesores do CMUS Profesional de Santiago. Como narradora, dirixindo aos alumnos participantes, Adela Maroño, mestra de música no CEIP Pío XII.

Sobe á locomotora da familia María Fumaca. É, quizais, un dos proxectos editoriais máis sorprendentes e fermosos dos últimos anos. Trátase dun libro que vén acompañado dun CD e dun DVD, que pretende achegar optimismo sobre a minusvalidez na infancia. A alma máter de María Fumaça... cantar e bailar para ser máis feliz! é a artista Uxía Senlle.Agradecémoslle a Minia as xestións para poder contar con este espectáculo no centro ao que asistíu o alumnado de EI e 1º ciclo.

CMUS Santiago

Page 9: Banzo 30

PARLAMENTOGALEGO

O 5 de maio os alumnos de 6º B fomos visitar o Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago de Compostela. Saímos do colexio ás nove e media, en dirección ao parque de Vista Alegre, onde se atopan as novas instalacións do museo. Alí estaba esperándonos María, a nosa guía. Despois de quitar os abrigos e deixar os paraugas, demos comezo a visita. O primeiro que vimos foron unhas representacións planas dos seis continentes. Enriba de cada continente aparecían disecados os animais máis típicos de cada un deles. A continuación vimos as representacións dunha sabana africana, dunha sabana sudamericana e tamén dunha selva cos animais máis característicos de cada un destes hábitats. O que máis me chamou a atención sobre os animais da selva foi o que María nos contou sobre o oso perezoso. Este animal pasa 20 horas ao día durmindo entre as ramas das árbores e as 4 horas restantes, dedícaas a comer moi lentamente. Só baixa das árbores nas que habita por dous motivos, para mexar nun lugar distinto do que habita e así non deixar rastro para os seus predadores ou para aparearse. A seguinte parada que fixemos foi diante da representación da árbore da vida. Nela María explicounos os reinos Fungi, Plantae e Animalia, é dicir, os reinos dos fungos, das algas e dos animais. Como curiosidade contounos que os cervos teñen unha abertura preto dos ollos que lles serve para marcar o seu territorio. A continuación ensináronnos unha representación dunha fraga de Galicia cos animais que viven nela. Alí explicáronnos que os machos das aves, como a pita do monte, por exemplo, tiñan unhas cores máis rechamantes para destacar e atraer ás femias. Máis adiante, observamos a representación dunha zona típica dos entornos dos ríos de Galicia. Alí puidemos ver parrulos, rás, cágados, anguías, lagartas, salamandras e ratas de auga, unha especie que indica coa súa presenza que o río no que habita non está contaminado. Non lle vale calquera río para vivir!No primeiro andar estaba a zona dos minerais. Nela había unha exposición de figuras feitas con madeira de pereira, que representaban as distintas formas xeométricas que poden ter os minerais. Só hai no mundo outra exposición semellante a esta, encóntrase en París. Continuamos a visita vendo tartarugas, meteoritos, fósiles de mamuts e dinosauros, etc. Tamén vimos unha representación das distintas capas do solo e dos animais que habitan debaixo del (coellos, toupas, grilos, ...). A visita finalizou no soto, onde había unhas vitrinas con máis animais disecados. Foi unha visita xenial e divertida!

MUSEO DE HISTORIANATURAL DA USC

ANDREA NOYA PRIETO

6ºB

MARTÍN ROSENDE PIÑEIRO

O día 27 de Abril do 2015 fomos ao Parlamento de excursión. Ao chegar á clase non nos preparamos para saír, foi moito peor, tiñamos un exame. Fixémolo nas dúas primeiras horas . Nos 20 minutos que quedaban para saír estivemos lendo.Cando saímos, fixémolo pola parte de arriba do colexio e fomos pola Alameda e por moitas rúas e cruces.Cando entramos fomos ata a sala de recepcións onde había moitos retratos de reis de España e de presidentes de Galicia.Despois estivemos na biblioteca imitando un debate de deputados. Uns propoñían temas para debatir e outros defendían ese tema ou o modificaban.Máis tarde vimos os escanos e onde se sentaba cada deputado no hemiciclo. Íannos poñer un vídeo sobre isto pero non puideron porque tiñan que facer unha presentación nesa mesma sala sobre o libro que nos deron.Tamén vimos a sala de cada grupo parlamentario e a diferenza de tamaño de cada unha. Nestas salas preparan os temas que van propoñer na sala de plenos.Ao final de todo fomos á sala de plenos. Cada un sentouse nun escano do hemiciclo e, se quería, podía saír a falar como un deputado de verdade.Cando xa íamos volver ao colexio, pedíronnos que dixeramos o que nos gustou e que puxeramos algunhas críticas, e case todos dixeron que estivo moi ben pero tiñan que poñer un paragüeiro para deixar os paraugas e non cargar con eles.

5ºC

páxina 23

ANPABIBLIOTECApáxinas 21 e 22

9 XUÑO 2015

ESCOLARESpáxinas 12 a 20 COLABORACIÓNS

páxinas 2 e 3COMPLEMENTARIAS

páxinas 4 a 11

Page 10: Banzo 30

páxina 23

ANPABIBLIOTECApáxinas 21 e 22

10 XUÑO 2015

ESCOLARESpáxinas 12 a 20 COLABORACIÓNS

páxinas 2 e 3COMPLEMENTARIAS

páxinas 4 a 11

3ºCO ESPANTALLO AMIGOResumo do libro “Espantallo amigo” de Xosé Neira Vilas (1989).

Un velliño, chamado Ramón de Reborneda, estaba farto de que os merlos lle viñeran comer os figos da figueira da horta da súa casa.Canso de espantalos, ocorréuselle unha idea: facer un espantallo. Os merlos voltaron, pero tíñanlle medo ó espantallo.Como o espantallo se sentía só, falou cos merlos para dicirlles que quería ser o seu amigo. Fixeron un trato: serían amigos a cambio de que non peteirasen os figos. Así foi como se foi facendo amigo de todos os animais que se achegaban.A Penexo, o can do tío Ramón, tamén lle propuxo ser amigo se non lle ladraba ás persoas. Díxolle que lle ladrara ao río, á lúa, etc. E Penexo aceptou o trato.Outro día chegou o grilo co seu cri-cri e, ao contarlle que o tío Ramón estaba só, aconselloulle cantarlle na casa.O espantallo conseguira que todos fosen amigos. Él estaba canso de estar sempre na eira, quería ver mundo. Os seus amigos axudáronlle ceibándoo, pero non podía andar. Puido facelo grazas ao vento, do que tamén se fixo amigo. Saíu voando, viu as leiras, o río,… desde o ceo. Cando amainou, foi caendo ata chegar a unha morea de cestas.Penexo seguiuno e díxolle que preto dalí había uns rapaces pobres. O espantallo quixo axudalos dándolle a súa propia roupa. Penexo contoulle aos demáis o que pasou. Todos o recordaban como un bo amigo: un amigo de verdade.

ÁLVARO SOUTULLO BLANCO

O RAPOSO E A MESTRAVisita ao PIO XII de Manolo Rivas e Jacobo Fernandez Serrano

Un día estábamos na aula e dixéronnos que tiñamos que ir ao salón de actos. Cando chegamos estaba alí Manolo Rivas, o autor do conto O RAPOSO E A MESTRA. Manolo Rivas díxonos que hai moito tempo os raposos non subiran á Arca de Noé, pero el cree que os raposos agocháronse nalgún sitio do barco, no que ninguén podía entrar. Alí estiveron agochados ata que todos baixaron da arca, xa que aos raposos non lle gustan os cans e na arca había cans.O conto O RAPOSO E A MESTRA trata dun raposo chamado Pindo que usaba un casco de aviador e que podía falar cos homes e cos animais. E podía entendelos. Tamén tiña visión nocturna. A Pindo gustáballe moito comer pitas, e a nova mestra do pobo era vexetariana. Só comía vexetais e ovos. E non quería que ninguén comera ás súas pitas. Pindo escoitou á mestra falar que mercara un can moi grande para que o raposo non se achegase ás súas pitas. Pindo xa tiña ideado un plan. Pola noite foi ao galiñeiro e hipnotizou ao can. E todas as noites facía o mesmo. As pitas tiñan moito medo cando vían a Pindo. Pero unha noite a mestra estaba tocando o piano e Pindo quedouse á escoita, e quedou dormido. A mestra deuxe conta de que a música era a maneira de convencer a Pindo para que deixase de atacar ás súas pitas e reirse do seu can.

Foi moi divertido como Manolo Rivas nos contou o conto. Facía sonidos, chistes de todo e de todos. Nenos e mestres riamos moito. Ademais tamén estaba Jacobo Fernández Serrano, o ilustrador do conto. Pero ese día encargábase de facer a música. A historia durou aproximadamente unha hora. Foi espectacular coñecer a Manolo Rivas e Jacobo Fernández Serrano. Para todo o colexio foi un día inolvidable.

LUGO E CASTRO DE VILADONGAO martes día 9 de xuño saímos todos os grupos de 3º de primaria en dirección a Castro de Rei (Lugo). Visitamos o Museo e o Castro de Viladonga. Alí uns monitores puxéronnos unha reportaxe sobre a historia do Castro. Despois puidemos ver por nós mesmos os traballos que se están a realizar para recuperar este importante castro. Os monitores explicáronnos todo moi ben, e ata nos amosaron unha especie de musgo moi chamativa de cor fosoforescente. Desprazámonos ata Meira onde recuperamos folgos. Voltamos para o bus e nos diriximos ata Lugo, cidade romana, onde visitamos a súa catedral, e famosa muralla. Despois de tanta cultura xogamos todos nunha praciña da cidade, e de volta a casa, á que chegamos sobre as 7 da tardiña.

CAROLINA LÓPEZ QUINTELA. 3ºB

MARÍA LAMA FERNÁNDEZ. 3º B

Page 11: Banzo 30

páxina 23

ANPABIBLIOTECApáxinas 21 e 22

11 XUÑO 2015

ESCOLARESpáxinas 12 a 20 COLABORACIÓNS

páxinas 2 e 3COMPLEMENTARIAS

páxinas 4 a 11

1º e 2ºGranxa escola AlvarellaO mércores 3 de xuño, os alumnos e alumnas de 1º e 2º fomos de excursión á Granxa Alvarella... e xogamos todo o día.

Page 12: Banzo 30

páxina 23

ANPABIBLIOTECApáxinas 21 e 22

COMPLEMENTARIASpáxinas 4 a 11 COLABORACIÓNS

páxinas 2 e 3ESCOLARESpáxinas 12 a 20

12 XUÑO 2015

AS FAMILIAS PARTICIPANNA VIDA DA AULA

1ºC

A nai de Javi contounos un conto

moi divertido en inglés. O protagonista

era un robot. Logo fixemos cada un de

nós o noso robot, co material reciclable que

foramos traendo á clase. Pero era ela quen nos dirixía e

tamén o dicía en inglés!

.

A nai de Alberto veunos falar da

enerxía. A enerxía é o motor de todas as

actividades: as plantas precisan enerxía, a tele

non funciona se non ten enerxía, … se

comemos chocolate a enerxía que nos da está

no chocolate e cando nós facemos a

dixestión, esa enerxía utilizámola para saltar, xogar, nadar, estudar...

Tamén nos falou das enerxías renovables,

que non contaminan, e da necesidade de non

malgastar a enerxía.

Ao longo deste trimestre tivemos na nosa clase tres visitas moi especiais.

A tía de Adriana veunos contar un

conto que escribiu ela titulado “o gato

maragato”. Utilizou o kamishibai, palabra

xaponesa que significa pequeno

teatro. Uns eramos gatos, outros ratos e a

profe era a vella Colasa. Tiñamos que

facer xestos cando ela nos nomeaba

Moitas grazas ás tres pola vosa colaboración!

Como cambiou o conto!

A non guerra de Troya - Elena, queres que che secuestre para

comezar unha guerra?- Non, grazas, se non me levas en limusina… paso!

Rapuncel. ( Na torre…)- Non me gusta o pelo longo!- Vouno cortar! CRAC, CRAC.

(Belén, Alejo, Isma) 3ºBCarapuchiña azul- Cómo vas de azul?- Porque quero cambiar o “luc”.

Ismael Noya, 3ºBHansel e Gretel Eran uns nenos tan feos que a bruxa tirouse ao

forno.María Lama. 3ºB

Cincenta Era un príncipe tan feo que Cincenta volveu a

casa as once e media.

3ºB

Na clase de Matemáticas, os alumnos de 4ºA fixemos un mural cheo de “TANGRAMS” Aquí tedes unha foto de como quedou.

Pero… que é un Tamgram ? O “TANGRAM” é un xogo de orixe chinés moi antigo, que consiste en formar figuras con sete pezas. As sete pezas chamadas “TANS” son as seguintes: - 5 triángulos de distintos tamaños - 1 cadrado - 1 romboide ou paralelogramo.Normalmente os “TANS” gárdanse formando un cadrado.

LENDA Conta unha lenda chinesa que un criado do emperador levaba un mosaico de cerámica, tropezou e esnaquizouno en moitos cachiños pequenos. Tentou facer de novo o mosaico, pero non o conseguiu. En cambio, deuse conta de que podía facer moitas, moitas figuriñas con esas pezas. Daquela naceu o Tamgram.Esperamos que vos gustara o mural !!!

4ºA

TERESA ANDIÓN E NOA CAMPOS

TAMGRAM

Page 13: Banzo 30

páxina 23

ANPABIBLIOTECApáxinas 21 e 22

13 XUÑO 2015

ESCOLARESpáxinas 12 a 20 COLABORACIÓNS

páxinas 2 e 3COMPLEMENTARIAS

páxinas 4 a 11

CAMPIONATO GALEGO DE BALONCESTO FEMININO

Esta tempada o noso equipo feminino “Pío XII” clasificouse para a fase final do Campionato Galego de Baloncesto.Nós viñemos de Mallorca para xogar o sábado os cuartos de final, que gañamos contra Calasancias e permitiunos xogar a semifinal ao día seguinte contra “Giraldo” un equipo de forte nivel. Pero ao final conseguiron gañarnos.Pola tarde aínda tiñamos unha oportunidade de quedar terceiras de Galicia. O noso rival era “Peleteiro”contra o que finalmente conseguimos gañar.O noso esforzo durante toda a tempada reflectiuse no resultado.

Celia e eu, Aitana, practicamos ximnasia rítmica. Pertencemos ao Club Viravolta Santiago. A práctica deste deporte ensínanos a ter compañeirismo e a ser disciplinados. Este ano fomos campionas galegas de conxunto a nivel escolar, Celia na categoría prebenxamín, e eu en alevín.O 28 de xuño faremos unha exhibición no pavillón Lorenzo Latorre.

FASE FINAL DA LIGA GALEGA DE BALONCESTO

Este ano tivemos que tomar unha decisión moi importante e complicada á vez. Como estamos rematando 6º curso de Primaria, tiñamos a tan agardada excursión a Mallorca, pero non contabamos con que as datas do Torneo de Baloncesto e as da Excursión fosen a coincidir.Cando nos informaron que había que decidirse por unha cousa ou por outra, ao principio tiñámolo claro que queriamos xogar o torneo, pero a medida que se ía acercando a data da excursión, sentimos moita mágoa de non poder disfrutar da viaxe cos nosos compañeiros de etapa. Xogamos os cuartos de finais da Liga Galega de Baloncesto contra o Bosco Salesianos de Ourense. Tiñan un base moi bo, pero aínda así gañámoslles cunha diferenza de 30 puntos.O domingo pola mañá, xogamos as semifinais contra Novobasket Vigo. Nós coñeciamos moi ben a Edu, o mellor do equipo contrario, xa que Santi fora á Selección Galega con él. Ao principio, o partido foi moi emocionante porque a diferenza era dun punto ou dous, pero finalmente, acabamos gañando.A revelación do torneo foi Peleteiro, xa que o entrenador dicía que para eles era difícil chegar á final.Só gañaron na prórroga dun punto contra Blanco Amor Edo na semifinal. Gañamos a final contra Peleteiro e proclamámonos CAMPIÓNS DE GALICIA.Ás 20:00 horas foi a entrega de premios na Estrada e a verdade é que mereceu a pena, xa que:

FOI UNHA FIN DE SEMANA DE CAMPIÓNS!!!E todos quedamos moi ledos.

SANTI, TOM E GABRIEL, ALUMNOS DE 6º C E 6ºA.

MARTA LÓPEZ E LUCÍA GÓMEZ. 6ºB

XIMNASIA RÍTMICA

DEPORTE ESCOLARDEPORTE ESCOLAR

Page 14: Banzo 30

A TROITA E O PESCADORÉrase unha vez un río chamado Eume, no cal vivía unha troita chamada Froita.Un día estaba un pescador no río que se chamaba Xoán e estaba pescando. De repente a presa soltou moitísima auga e o río aumentou o seu caudal e arrastrou ao pescador río abaixo.-Socorroooo! Axuda!Entón Froita oíu as voces de Xoán e tirouse ao río para rescatalo, pero non podía e chamou aos seus irmáns. Entre todos sacaron a Xoán do río e agora Xoán volveu á casa.Tsadiku Antón Pose Barbazán (1ºC)

O PAIASO PIPOÉrase unha vez un paiaso medoso que vivía na sabana africana e se chamaba O Paiaso Pipo.O Paiaso Pipo lle tiña moito medo ós leóns, tigres e elefantes.Vamos a comezar a resumir a historia.Un día o Paiaso Pipo enterouse que había un colexio na sabana africana que se chamaba Pío XII, onde os nenos lles daban de comer e xogaban cos animais. Pipo foi a ata alí e falou cos profes que lle deixaran pasar uns días con eles. Agora, grazas a eses días, Pipo xa non ten medo os animais.

André Gontá Martínez (2ºB)

O RATO E O QUEIXOÉrase unha vez un rato que lle gustaba moito o queixo.El vivía nunha aldea. Nunha casiña pequerrecha.Pero un día deulle por ir a unha cidade moi próxima.Alí, foi a unha casa onde había un anaco de queixo enriba dun frigorífico. O rato púxose a pensar como chegar ata el. De súpeto o rato dixo:-Xa o teño!- Era unha idea que lle viñera á testa.

o mundodos selos

El pensou que podería subir a unha cadeira dando un salto. Seguido diso subiría ata un moble e seguiría un pouco ata diante e xa estaba alí, no frigorífico.

Helena Pazos Fajardo (3ºC)

PAQUIÑO NA PASTELERÍAOs sábados de verán, Paquiño estaba na pastelería da súa tía Maruxa. Ía axudala a cociñar pasteliños. Maruxa atendía aos clientes e Paquiño cociñaba. Pero Paquiño non sabía cociñar, deixaba a cociña feita un desastre, botáballe sal aos pasteis, nata polo chan, chocolate polas paredes…Cando Maruxa entraba na cociña enfadábase. Mandouno atender clientes. Paquiño non vendía pasteis, comíaos! Cando Maruxa rematou de limpar foi xunto Paquiño. Non quedaba nada para vender! Maruxa rifoulle e Paquiño foi cara unha xigante ola de chocolate. Asomouse e… caeu dentro!Agora Paquiño xa sabe o que non vai ser de maior.

Ana Rodríguez Aguirre (5ºC)

OS TRES DESEXOS DE ANAFai moito tempo, nunha fermosa casa, había unha nena pequena de sete anos. A rapaza vivía coa súa nai, nunha casa ao pé da montaña.Eran unha familia humilde porque vivían exclusivamente da recollida de mazás no verán, por iso non tiña diñeiro. Ana sempre quixo ir ao colexio e ter amigas ou roupa bonita… pero a súa nai non se podía permitir comprarlle nada.Un día a nena volvía de apañar algunhas mazás e encontrouse cunha pequena fada. Esta concederíalle tres desexos. Ana dixo: saúda para a miña familia, boas colleitas e moita alegría.

Sabela Ferrás García (6ºB)

ORGANIZAEquipo de Dinamización Lingüística

Un conto en palabras99

concurso tecnolóxicoGañadora: Alicia Gayoso. 6º B

concurso de relato oralGañadoras: Inés, Estela, Jimena e Alba. 5º B

Sara Varela Míguez de 6ºC recibíu o premio do concurso de debuxo “O selo da túa localidade”, que consistíu nun selo de curso legal elaborado pola Fábrica Nacional de Moneda e Timbre.

páxina 23

ANPABIBLIOTECApáxinas 21 e 22

COMPLEMENTARIASpáxinas 4 a 11 COLABORACIÓNS

páxinas 2 e 3ESCOLARESpáxinas 12 a 20

14 XUÑO 2015

Page 15: Banzo 30

páxina 23

ANPABIBLIOTECApáxinas 21 e 22

COMPLEMENTARIASpáxinas 4 a 11 COLABORACIÓNS

páxinas 2 e 3ESCOLARESpáxinas 12 a 20

15 XUÑO 2015

LETRAS GALEGAS 2015Xosé Fernando Filgueira Valverde naceu en Pontevedra en 1906. Realizou estudos de Dereito, Filosofía e Letras (alcanzando o título de doutor) e Psicoloxía nas Universidades de Santiago de Compostela e Zaragoza. En 1923 formou parte do grupo de fundadores do Seminario de Estudos Galegos, onde dirixiu a sección de Historia da Literatura. Desde ese momento e até a súa morte, acontecida en Pontevedra en 1996, o erudito pontevedrés mantería unha gran actividade na promoción de iniciativas culturais.Filgueira Valverde iniciou o seu amplo labor docente en 1927 no Instituto de Ensino Medio de Pontevedra. En 1935 gañou unha cátedra no Instituto Balmes de Barcelona e posteriormente exerceu en Lugo e na cidade do Lérez, da que foi alcalde. Pola súa dedicación ao ensino recibiría o alcume do "vello profesor".Membro numerario da Real Academia Galega desde 1942 e correspondente das Reais Academias de Historia, de Lingua e de Belas Artes de San Fernando, en 1972 foi nomeado vocal do Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela. Dirixiu ademais o Museo "Rosalía de Castro", o Instituto Padre Sarmiento de Estudos Galegos e o Museo de Pontevedra. No bienio 1982-83 exerceu o cargo de Conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia.A maior aportación de Filgueira Valverde constitúena os seus traballos no campo da investigación. Moitas destas prosas, espalladas pola imprensa diaria, foron recollidas polo autor nos nove volumes editados baixo o título xenérico de Adral entre os anos 1979 e 1996. As súas aportacións ao coñecemento da lírica medieval

Equipo de Dinamización Lingüística

No centro celebramos o Día das letras Galegas con distintas actuacións, que tiveron por denominador común a difusión e normalización do noso idioma.

verían a luz en 1992 no libro Estudios sobre lírica medieval: traballos dispersos (1927-1987).

Page 16: Banzo 30

Cantos anos levas traballando de profesora?Un pouco máis de trinta e cinco.Cando e porqué decidiches ser profesora?Creo que nunca pensei ser outra cousa. Nacín nunha casa escola, os meus pais eran mestres e supoño que todo isto influíu .Gústache ser profesora?Disfrutei moito séndoo.Cantos anos levas neste colexio?17 anos.Cal é a túa materia preferida?As ciencias humanas é a especialidade que escollín na miña carreira.Traballaches noutros colexios, a parte do Pío Xll? En cales?Traballei en varias escolas unitarias dende Vimianzo ata Sobrado. O meu primeiro centro agrupado foi o CEIP de Roxos. Pensaba que sería para sempre pero tiven que concursar coa implantación da LOXSE. Así rematei no Pío XII e considérome moi afortunada porque manteño na memoria moi bos recordos de todos, dos alumnos e dos profesores .Cales foron os teus mellores anos de profesora?Cada etapa da miña vida profesional foi enriquecedora. O ensino require unha formación continuada para adaptarse aos cambios que a sociedade vai esixindo. Canto máis aprendes máis satisfeita estás.Que tal o pasaches no Pio Xll? Tes algún recordo ou anécdota especial?Deste colexio levo un recordo inesquecible e téñollo que agradecer ao alumnado, aos meus compañeiros e ao persoal non docente que me fixeron sentir querida. Isto é impagable.Que aprendiches dos alumnos?Que cada día pode ser sorprendente.Que diferencias hai entre os alumnos de cando empezaches a traballar de mestra e os de agora?Algúns dos meus primeiros alumnos eran auténticos heroes, recordo un, que para poder chegar á escola tiña que andar dúas horas e como había clase de tarde xa se quedaba. Agradecían moito o que lles ensinabas.Como eran as escolas dos teus comenzos no ensino?Eran escolas unitarias en moi mal estado, faltaba auga corrente nos servicios, fotocopiadoras non había e usaba o papel de calco para facerlles fichas aos nenos.Os teus fillos ou fillas viñeron a este colexio?Si, as miñas fillas foron alumnas do Pío XII.Como te sintes ao xubilarte?Agora mesmo aínda non asumín a xubilación. É coma se fosen unhas vacacións.Qué pensas facer cando te xubiles. Tes algo en proxecto?Esquecerme un pouco do reloxo, retomar o contacto con amizades que tiña un pouco desatendidas e si podo, viaxar sen présas, ao meu xeito, non me gustan as viaxes programadas, gustaríame coñecer pobos pequenos nos que a xente se reúne nas prazas e simplemente conversan.Coa tua dilatada experiencia como ensinante, que melloras pensa ti que se deberían levar a cabo no ensino?Diminuír o número de alumnos por aula.

Agradecémosche de corazón este tempo que nos adicaches.Grazas a vós.Unha aperta moi grande!

ENTREVISTAMOSA MARIFÉ GÓMEZ

3ºC

MARÍA, MARA, ANA, ÁLVARO SHWIDOP, ALBERTO P., RUBÉN,ADRIÁN. MATEO, ÁLVARO SOUTULLO, MANUEL, HELENA, ISA, ÁNGELA,...

páxina 23

ANPABIBLIOTECApáxinas 21 e 22

COMPLEMENTARIASpáxinas 4 a 11 COLABORACIÓNS

páxinas 2 e 3ESCOLARESpáxinas 12 a 20

16 XUÑO 2015

Page 17: Banzo 30

páxina 23

ANPABIBLIOTECApáxinas 21 e 22

COMPLEMENTARIASpáxinas 4 a 11 COLABORACIÓNS

páxinas 2 e 3ESCOLARESpáxinas 12 a 20

17 XUÑO 2015

6ºEIPraza de abastos

Gran espazo natural na aba do monte Pedroso, a medio camiño entre parque -pola súa configuración e equipamentos- e bosque, sendo de feito a antesala do parque forestal dese monte, que é o máis emblemático de Compostela.

Na Granxa do Xesto conviven o bosque (eucaliptos, piñeiros e especies autóctonas), os prados e pequenos lagos alimentados por minas naturais de auga. Consta con 3 km de paseos, parque infantil e diversos elementos deportivos.

As nenas e nenos de 5º de EI visitamos o parque os días 27, 28 e 29 de maio.

A GRANXADO XESTO

5ºEI

Que sabesda túa cidade?

P

CEIPíOXIIB

BL T0 ECII A

de aea veh n c ta u

h ran sU

PROXECTO INTERDISCIPLINARSon moitas as perspectivas desde as que se pode mirar a nosa cidade, adaptándonos aos ollos do noso alumnado: a natureza, os monumentos, a historia, as persoas... son parte das olladas deste proxecto iniciado a principio de curso.

A Praza de Abastos é o segundo monumento máis visitado da cidade despois da Catedral. Leva desde 1873 achegando unha gran variedade de produtos naturais e frescos aos fogares e establecementos hostaleiros de Santiago e bisbarra. A gran maioría destes produtos proveñen das nosas terras, polo que descubrir a Praza de Abastos de Santiago permítelle ao visitante descubrir a esencia da gastronomía galega.A Praza de Abastos recupera a memoria histórica das feiras e mercados populares de Galicia. Representa outra maneira de comprar, ligada ás tradicións rurais e mariñeiras da nosa terra e afastada das grandes superficies comerciais. Nela séguense mantendo as formas de comercio tradicional; a especialización das súas tendas e o trato directo co cliente constitúen algúns dos seus principais encantos. Ademais, o prezo do produto resulta inferior e con máis garantías que os doutros establecementos ao non sufrir o custo dos intermediarios.

Page 18: Banzo 30

Que sabesda túa cidade?

P

CEIPíOXIIB

BL T0 ECII A

de aea veh n c ta u

h ran s

UQUE SABES...DA ALAMEDA

5ºEP

1ºB

Río SarelaINVESTIGAMOSÉ indudabel o valor pedagóxico das saídes didácticas como un complemento ao labor educativo na aula e, non menos importante, o traballo iterdisciplinar para abordar o estudo de diferentes centros de interese.Co proxecto interdisciplinar de centro “Que sabes da túa cidade?”, intentamos acercarnos á historia e realidade da nosa cidade para coñecermos mellor a súa formación e evolución ao longo dos tempos. A Alameda forma parte de Compostela, un espazo adicado ao descanso e lecer dos seus habitantes. Con esta experiencia, o alumnado de 5º nivel de EP foi descubrindo como xurde e se vai conformando o parque: O seu primeiro xerme remóntase ao ano 1546, cando os condes de Altamira,

propietarios do convento de San Lourenzo, ceden a carballeira de Santa Susana ao Concello para beneficio e lecer da cidade.

Séculos despois, o parque, propiamente dito, comeza a construirse como necesidade dunha volta á natureza dacordo co espíritu romántico da época, ano 1835. Consta dun único paseo delimitado por árbores e bancos de pedra e ferro da fábrica de Sargadelos ao que se accedía por unha portada composta de dous templetes con reixa de ferro.

En sucesivas etapas irase ampliando con novos espazos, monumentos, esculturas e especies arbóreas: Paseo da Ferradura, ano 1853. Inicio das obras do xardín diante dos terreos da igrexa do Pilar e traslado dos

templetes ao emprazamento actual no Paseo dos Leóns, ano 1885. Construcción de dous estanques no ano 1930 e un grande no ano 1947. Quiosco de música, ano 1894, e banco acústico detrás deste no ano 1915. “Paseo de inverno” con prantas tropicais e romántica fonte de mármore (1873)

que procede da Praza de Abastos detrás do Paseo da Ferradura, anos trinta. Por último, no lado norte do Paseo da Ferradura fíxose un novo xardín, ano

1919. O parque foi prantado en sucesivas etapas con árbores de todos os continentes,

destacando especies do Leste de Asia, China e Xapón, Norteamérica e de Europa.

Durante o percorrido o alumnado realizou actividades relacionadas coas distintas áreas curriculares de Ciencias da Natureza, Ciencias Sociais, Arte, Matemáticas e Plástica co fin de darlle o enfoque interdisciplinar perseguido no proxecto. Asemade, dende o primeiro momento, como fin inherente á educación, foi inculcar no alumnado o respecto polo medio natural e fomentar actitudes positivas cara este, para, finalmente, ter a idea de que o coñecemento das cousas enriquece o seu disfrute.

MANUEL BELLO. TITOR 5ºA

páxina 23

ANPABIBLIOTECApáxinas 21 e 22

COMPLEMENTARIASpáxinas 4 a 11 COLABORACIÓNS

páxinas 2 e 3ESCOLARESpáxinas 12 a 20

18 XUÑO 2015

Page 19: Banzo 30

4ºBOs ríos Sar e SarelaINVESTIGAMOS

ISABEL FRAGA, LUCAS NOYA, HELENA FRANCO

Río Sar

O río Sar nace na parroquia de Bando (Santiago de Compostela) na paraxe coñecida como Agro das Vidas, ao lado de Amio, nas faldas do Monte do Gozo. A continuación inicia o seu percorrido caro o Sur da cidade, pasando polas ladeiras do Monte Gaiás. Percorre a parroquia compostelá de Sar onde se rodea de antigas hortas, que xa na Idade Media abastecían de alimentos á cidade. Continúa por Santasmariñas, atravesando o parque do Paxonal, cara a Conxo. Ao seu paso por Ponte Vella-Vidán únese ao seu afluente máis coñecido, o río Sarela e continúa cara a Laraño.U n h a v e z a b a n d o n a Compostela,discorre polos concellos de Ames e Brión, onde forma o caloroso val da Maía e percorre lugares emblemáticos da coñecida Ruta Rosaliana (chamada así en honor á escritora galega Rosalía de Castro),como O r t o ñ o , O s A n x e l e s , Bastavales, e finalmente, ao chegar á parroquia de IriaFlavia (Padrón), desemboca no río Ulla, polo seu lado dereito. O río Sar foi protagonista dun

dos máis coñecidos libros de poemas da escritora galega, Rosalía de Castro,“En las orillas del Sar”. Neste libro Rosalía cantou á chuvia nas fermosas paisaxes do Sar, “Como chove miudiño, como miudiño chove... Pola banda de Laíño, pola banda de Lestrove”.Laíño e Lestrove son dous dos lugares que percorre o Sar e que sorprenden pola súa beleza; Laiño polas súas

brañas, un espazo natural con terras de cultivo onde habita unha interesante avifauna e Lestrove polo entorno do Pazo de Lestrove, que foi residencia de descanso dos canónigos da Catedral.

Río Sarela

O río Sarela, cunha distancia aproximada de 10 km., nace na ladeira nororiental do Monte Pedroso, na Peregrina (Santiago de Compostela). Tralo seu nacemento diríxese cara o Norte achegándose á Igrexa da Peregrina e despois de pasar polos núcleos rurais de a Peregrina e Sarela de Arriba, diríxese cara o Sur, onde se une con algúns regatos que son os seus afluentes. O máis importante destes regatos é o río Corvo. A continuación o Sarela segue dirixíndose ao Sur ata desembocar no río Sar,

cerca de Ponte Vella-Vidán. O río Sarela proporcionou a u g a á c i d a d e d e C o m p o s t e l a p a r a u s o agrario, doméstico (para beber e lavar) e industrial (muíños, fábricas de coiro), de pesca e recreativo. Ao longo dos anos tamén sufriu moitas alteracións, desviacións da súa auga, construción de muros , estradas, deforestación e vertidos.

Desde hai uns anos iniciouse un proceso de recuperación con limpeza do leito, eliminación de vertidos, acondicionamento das beiras, restauración de elementos patrimoniais e habilitación dun paseo fluvial. Este paseo transcorre entre Ponte Romaño e Ponte Sarela e pasa polos barrios de San Lourenzo e Carme de Abaixo. No seu percorrido pódense atopar o antigo muíño Gasamáns e un c o n x u n t o e t n o g r á f i c o composto por unha fonte, u n l a v a d o i r o e u n acueducto.

Abaixo: Restos dun desvío de auga e dun muíño situados á beira do Sarela. Nas súas beiras pódense ver carballeiras e vexetación típica das ribeiras galegas: ameneiros, bidueiros, salgueiros, etc.

Que sabesda túa cidade?

P

CEIPíOXIIB

BL T0 ECII A

de aea veh n c ta u

h ran s

U

Río Sar ao seu paso polo Barrio de Sar

Ponte sobre o río Sar ao seu paso por Padrón.

O río Corvo desembocando no Sarelaao seu paso polo parque de Galeras

Ponte dos tres ollos.Río Sarela, en Santiago.

páxina 23

ANPABIBLIOTECApáxinas 21 e 22

COMPLEMENTARIASpáxinas 4 a 11 COLABORACIÓNS

páxinas 2 e 3ESCOLARESpáxinas 12 a 20

19 XUÑO 2015

Page 20: Banzo 30

páxina 23

ANPABIBLIOTECApáxinas 21 e 22

COMPLEMENTARIASpáxinas 4 a 11 COLABORACIÓNS

páxinas 2 e 3ESCOLARESpáxinas 12 a 20

20 XUÑO 2015

1ºCAs gárgolas da zona vellaINVESTIGAMOS

O venres 22 de Maio saímos do cole para dar un paseo pola nosa cidade.O día anterior miramos nun plano o percorrido que iamos facer e preparamos un libriño das gárgolas que tiñamos que atopar.Saímos do colexio ás 11 da mañá, cruzamos a Alameda e chegamos á Porta Faxeira, que ten ese nome porque así se chamaba a porta da muralla que rodeaba a zona vella.Na Praza do Toural observamos os edificios e nun deles descubrimos unha estatua: Hércules. No medio, unha fonte cadrada.Xa na Rúa do Vilar atopamos as primeiras gárgolas e anotámolas no libriño. Nesta rúa paseamos por debaixo dos soportais e chegamos á Praza das Praterías coa fonte redonda dos cabaliños de pedra.Fomos ata o mosteiro de San Paio para ver mais gárgolas e dende alí para a Praza da Quintana e a Casa da Parra onde se atopan unhas gárgolas con garras e cabeza de león e ás de aguia.Cando camiñabamos cara a Praza da Inmaculada vimos a Sara, a mamá de Gael e a mamá de Helena, que nos invitou a visitar o Concello.A profe Adela ensinounos o acibeche que é unha “pedra” negra coa que se fan xoias .Seguimos localizando gárgolas en San Martín Pinario e xa baixamos para a Praza do Obradoiro. Estaba chea de turistas! Vimos moitas gárgolas no Hostal (medio cento) , apareceu o papá de Mateo Rey e doulle un susto! Entramos na Casa do Concello. A mamá de Helena ensinounos o Salón de Plenos que é onde se reúnen os concelleiros e concelleiras co alcalde ou alcaldesa para falar de como organizar a cidade. Tamén estivemos no Salón Vermello que é onde se sentan os Reis Magos e onde se celebran as vodas.

Ufff, que cansadiños estamos , pero canto aprendemos e disfrutamos!

Temos unha cidade preciosa! Animádevos a descubrila paseando por ela coma se forades turistas!

Que sabesda túa cidade?

P

CEIPíOXIIB

BL T0 ECII A

de aea veh n c ta u

h ran s

U

Page 21: Banzo 30

OS MÁIS LIDOS

Aventuras

25%

Misterio13%

Fútbol

11%Humor

11%

Adolescencia

9%

Pandillas7%

Outros6%

Contos fantásticos

6% Irmáns

6% An

imais

6%

PREFERENCIAS

0

500

1000

1500

2000

2500

3000

Set Out Nov Dec Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ

EMPRÉSTITOS ACUMULADOS

A NOSA BIBLIOTECA

1ºT 2ºT

Diario de Greg Bob Esponja Junie B. Jones y el autobús apestoso El gran fracasado rosa Ottoline y la gata amarilla El misterio del portero fantasma A pantasma de Canterville

3500

3ºT

3280

4,85 libros por alumno

EFEMÉRIDES LITERARIAS

Rato PérezO 10 de xuño conmemórase o centenario da morte de Luis Coloma. Escritor, xornalista e xesuíta español.En 1894, por encarga da corte, Colomba escribiu un conto para o que, co tempo, se convertería no rei Alfonso XIII, que entón tiña 8 anos e lle caera un dente. O resultado foi a historia de "Rato Pérez". O conto vén encabezado por esta recomendable cita do autor: "Sementade nos nenos a idea, aínda que non a entendan: os anos encargaranse de descifrala no seu entendemento e facela florecer no seu corazón".

El polizón de Ulises50 aniversario da publicación deste libro de Ana María Matute.

PREMIOS

Premio Lazarillo O meu pesadelo favorito de María Solar foi galardoado co Premio Lazarillo de creación literaria. Agora é publicado en Galaxia, con ilustracións de María Lires.O protagonista, un neno con febre, vai sufrir soños fantasiosos como efectos secundarios polos antitérmicos que lle subministra. Unha homenaxe a Ana María Matute e Alicia a través do espello. Unha repartidora de bicos, un bar onde todo o mundo di mentiras, un alien que se move polos sumidoiros, un dinorrinco... pasean polos espazos imaxinarios do soño.

Premio Internacional Compostela de Álbum ilustrado.Resultou ganadora a obra presentada baixo o lema "Y se hizo la luz" do ilustrador Miguel Cerro.

11555554

páxina 23

ANPAESCOLARESpáxinas 12 a 20

21 XUÑO 2015

COMPLEMENTARIASpáxinas 4 a 11 COLABORACIÓNS

páxinas 2 e 3BIBLIOTECApáxinas 21 e 22

Page 22: Banzo 30

Primeiros lectoresA vaca que puxo un ovoRussell Ayto e Andy Cutbill, Patasdepeixe. Unha vaca que quere facer algo diferente, para destacar entre as demais, e que pola súa simpatía e tristura é axudada polas súas amigas galiñas. Claro que a envexa non é boa conselleira e as súas "comadres" están seguras de que todo é unha gran mentira.

Pollo y ErizoPablo Albo. Ilustracións de Lucía Serrano. Ed. AnayaPolo e Ourizo están a buscar comida no horto, e algo chama a súa atención no ceo. Ven pasar un rato, un gato, un lobo, un león e unha balea. Que farán eses animais aí arriba?

AbeCeCuentosDaniel Nesquens, Ilustraciones de Noemí Villamuza, Ed. Anaya.Que mellor forma de aprender o abecedario que xogar coas palabras. Conviven nestas páxinas: Alicia, Blancaneves, Carapuchiña, Pinocho ou Rapuncel, entre outros, nas situacións máis distintas.Neste disparatado libro todo é posible, a única regra dítaa a orde do abecedario.

RECOMENDADOS A...

A rula, o peluche e a nenaPaco Martín, Ed. Xerais

Unha familia de rulas con dúas fillas. Unha delas moi curiosa, descobre un oso nunha galería. Cando fala con el, cóntalle que nesa casa vai nacer unha nena, e decide agardala. Non se irá a países máis quentes, non acompañará aos pais e á irmá porque se quedará nesta casa para coñecer á cría dos humanos.

Lectores en marcha

Amizades secretas Agustín Fernández Paz. Editorial Rodeira. Cóntanos a historia de dúas familias que van a coincidir nunha casa: a dos ratos con tres crías e a dos humanos cunha nena. Non queda máis remedio que adiviñar entre quen se establecerá esa amizade secreta.

Mateo suelta sapos y culebrasDaniel Monedero. Ed Edelvives.Si, ser neno parece sinxelo, pero en realidade é unha auténtica lea. Que me dis de cando te enfadas e che dan ganas de soltar todo o que se che ocorre sen pensar nas consecuencias? E cando non sabes moi ben que é o que te sucede, levántaste triste ou enfadado e ao anaco estás tan contento? E como facer para non ter medo?... Non, ser neno non resulta nada doado.

O recendo das clementinas

Autor: An AlfayaEditorial: Ala DeltaEste libro trata de Abril, una nena á que lle gusta moito xogar con ferramentas. Un día faise amiga dun neno chamado Bernal e xuntos, nun baúl do faiado, descobren unha fotografía que agocha moitos segredos…

Alba Gigirey Vidal 6ºB

A negrura do mar

Autor: Ramón Caride

Editorial: MerlínEste libro narra a historia de dous irmáns que intentan salvar o mar dunha marea negra como a que tivo lugar cando afundiu o Prestige, un barco petroleiro que encallou nas costas galegas no ano 2002.

Nieves López Pollán 6º B.

Capitáns valentes

Autor: Rudyiard Kipling Editorial: KalafateEste libro trata dun adolescente malcriado chamado Harvey que un día cae dun transatlántico e é recollido por un barco pesqueiro onde a súa vida cambiará por completo.Se queres saber o que pasa invítote a lelo. Telo na nosa biblioteca.

Iván Garrido 6ºB

A pantasma telefónica.

Este texto narra a historia duns rapaces que van de excursión co colexio; pero alí sucédenlle cousas moi estranas: portas que se pechan soas, homes con pernas invisibles... Se queres descubrir qué pasa... anímate a leélo!

Alba Gil González. 6ºB

Lectoresautónomos

RubicundoMaría Canosa. Ed. Xerais.Trata da relación entre un vello e unha nena moi curiosa que non para ata adiviñar o que fai Rubicundo cada noite cando sae da casa, montado nunha bicicleta, enriba da árbore do seu xardín. Non deixará de sorprendernos o oficio deste home e o final, un final de afectos e esperanza.

O corazón da maxiaXavier Estévez e ilustrado por Santi Gutiérrez. Ed. Xerais.Remítenos a ese mundo paralelo (que tentamos descoñecer) dos nenos e nenas enfermas e hospitalizadas. A protagonista ten unha enfermidade grave, que toma con moita filosofía, repartindo alegría pola planta tan pronto se atopa con algo de forza.

Carrera mortal al espacioElizabeth Singer Hunt. Ed. SM.Colección Barco de Vapor.Na véspera da primeira misión tripulada a Marte, un tolo secuestra o enxeñeiro xefe a cargo do proxecto. O que pode ser un gran paso para a Humanidade pode irse ao traste... Conseguirá o noso heroe, o axente secreto Jack Stalwart, que a misión sexa un éxito?

páxina 23

ANPAESCOLARESpáxinas 12 a 20

22 XUÑO 2015

COMPLEMENTARIASpáxinas 4 a 11 COLABORACIÓNS

páxinas 2 e 3BIBLIOTECApáxinas 21 e 22

Page 23: Banzo 30

BIBLIOTECApáxinas 21 e 22

ESCOLARESpáxinas 12 a 20

COMPLEMENTARIASpáxinas 4 a 11 COLABORACIÓNS

páxinas 2 e 3páxina 23

ANPA

23 XUÑO 2015

BALLET (2º EP)PSICOMOTRICIDADE (5º e 6º EI)MÚSICA (5º e 6º EI)MÚSICA (1º e 2º EP)INGLÉS (3º EP)INGLÉS (5º e 6º EI)XADREZPIANO / GUITARRA / BATERÍA (LUNS)ÁBACOS (NIVEL 3)PATINAXEBAILE MODERNO (3º A 6º EP)

US

Cn

ata

ció

n

BALLET (3º EP)BAILE MODERNO (1º E 2º EP)INGLÉS (1º EP)INGLÉS (2º EP)MÚSICA (3º e 4º EP)MÚSICA (5º e 6º EP)PIANO / GUITARRA / BATERÍAPATINAXEÁBACOS (NIVEL 1)

BALLET (1º EP)TAEKWONDO (3º a 6º EP)INGLÉS (4º EP)PIANOGUITARRA / BATERÍA (XOVES)MULTIACTIVIDADE (EI)

BALLET (4º a 6º EP)TAEKWONDO (1º e 2º EP)INGLÉS (5º e 6º EP)PIANOGUITARRA / BATERÍA (XOVES)TEATRO (2º A 4º EP)ÁBACOS (EI)

BALLET (4º a 6º EI)INGLÉS (4º EI)

BAILE GALEGO (PERFEC.)

PIANO / GUITARRA /BATERÍABAILE GALEGO (INICIAC.)

SA

R

TEN

IS Actividade anual a realizar na pista cuberta de Sar en horario : 16:00h-17:00h17:00h-18:00h18:00h-19:00h

OFERTA DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES. CURSO 2015-2016

PATI

NA

XE

IES

XEL

MIR

EZ

16:00h-17:00h17:00h-18:00h18:00h-19:00h

Luns e mércoresPavillón do Xelmírez I

felices vacacións a todos

Page 24: Banzo 30

EDL

BIBLIOTECApáxina 21 e 22

ESCOLARESpáxinas 12 a 20

COMPLEMENTARIASpáxinas 4 a 11 COLABORACIÓNS

páxinas 2 e 3

páxina 23

ANPA24 XUÑO 2015

9 771885 495007 03

MATRÍCULADOCUMENTACIÓN NECESARIA

SOBRE DE MATRÍCULA. 3 FOTOGRAFÍAS TAMAÑO CARNÉ. FOTOCOPIA DA TARXETA SANITARIA. FOTOCOPIA DO LIBRO DE VACINAS. CERTIFICADO MÉDICO. AVALIACIÓN INICIAL (4ºEI). FORMULARIOS ANPA.

INICIO DE CURSO

Como aparece recollido no Calendario escolar para o curso 2015-2016, as clases en Infantil e Primaria daran comenzo o luns 10 de setembro.

EDUCACIÓN INFANTIL

3 anos. Xoves 3 de setembro ás 11:00 na aula de video. Explicación das normas xerais do centro e dos horarios durante o Plan de Adaptación que vai do . 10 ao 23 de setembro

EDUCACIÓN PRIMARIA

curso Lugar de entrada Hora 6º EP. Salón de Actos 09:30h. 5º EP. Salón de Actos 09:45h. 4º EP. Salón de Actos 10:00h. 3º EP. Salón de Actos 10:15h. 2º EP. Salón de Actos 10:30h. 1º EP. Salón de Actos 10:45h.

Máis información na web do centro.

MATRÍCULA DO 20 AO 30 DE XUÑO

curso Lugar de entrada Hora

4 anos. Salón de Actos 11:30h

5 anos. Salón de Actos 11:00h

Organización do 10 de setembro

2015-2016

Banco de libros de 3º e 5º ata o 30 de xuño

LIBROS de TEXTO 2015-2016 Mantéñense os actuais libros de 3º e 5º de EP.

Máis información na web do centro.

LENGUA 1. Aprender es crecer. Editorial Anaya.ISBN: 978-84-678-4527-3LINGUA 1. Aprender é crecer. Editorial Anaya. ISBN: 978-84-678-4707-9MATEMÁTICAS 1º. Editorial Vicens Vives. ISBN: 978-84-682-2028-4CIENCIAS NATURAIS 1º (Integrado) CELME. Editorial SM. ISBN: 978-84-985-4437-4CIENCIAS SOCIAIS 1º (Integrado) CELME. Editorial SM. ISBN: 978-84-985-4436-7INGLÉS: TIGER TALES 1. Class Book. Ed. Macmillan. ISBN: 978-02-304-7545-8

LENGUA 2. Aprender es Crecer. Editorial Anaya. ISBN: 978-84-678-7395-5LINGUA 2. Aprender é crecer. Editorial Anaya. ISBN: 978-84-678-7698-7MATEMÁTICAS 2º. Editorial Vicens Vives. ISBN: 978-84-682-2834-1CIENCIAS NATURAIS 2º (Integrado) CELME. Editorial SM. ISBN: 978-84-985-4509-8CIENCIAS SOCIAIS 2º (Integrado) CELME. Editorial SM. ISBN: 978-84-985-4513-5INGLÉS: TIGER TALES 2. Class Book. Ed. Macmillan. ISBN: 978-02-304-7546-5

LENGUA CASTELLANA Y LIT. CONECTA 2.0 -12 (Trimestres). Editorial SM, 2012. ISBN: 978-84-675-5392-5LINGUA GALEGA CONECTA 2.0 -12 (Trimestres). Editorial SM, 2012. ISBN: 978-84-985-4338-4MATEMÁTICAS CONECTA 2.0 -12 (Trimestres). Editorial SM, 2012. ISBN: 978-84-675-5388-8COÑECEMENTO DO MEDIO 3º (Trimestres). Editorial Anaya . ISBN: 978-84-678-2106-2MÚSICA. Método de Flauta. SIRINGA 1. Ed. TANDEM. ISBN: 978-84-8131-742-8LECTURAS 3º LA NAVE DE LOS LIBROS. Ed. Santillana. ISBN: 978-84-680-1123-3LECTURAS PARA CRECER 3º. Editorial Edelvives. ISBN: 978-842-637-4332EXPLORERS 3º CLASS BOOK. Ed. Oxford. ISBN: 9780194509961

LENGUA: - Lengua 4. Aprender es crecer. Editorial Anaya. ISBN: 978-84-698-0650-0 - Lengua 4. Cuaderno. Editorial Anaya. ISBN: 978-84-678-7890-5LINGUA GALEGA: - Lingua 4. Galicia. Editorial Anaya. ISBN: 978-84-678-8013-7 - Lingua 4. Caderno. Editorial Anaya. ISBN: 978-84-678-8014-4MATEMÁTICAS 4º Editorial Vicens Vives. ISBN: 978-84-682-2881-5CIENCIAS NATURAIS 4º (Integrado) CELME. Editorial SM. ISBN: 978-84-985-4528-9CIENCIAS SOCIAIS 4º (Integrado) CELME. Editorial SM. ISBN: 978-84-985-4527-2INGLÉS: TIGER TEAM 4. Class Book. Ed. Macmillan. ISBN: 978-02-304-7633-2Activity Book. Ed. Macmillan. ISBN: 978-02-304-7548-9

LENGUA 5º PROYECTO ABRE LA PUERTA. Anaya. ISBN: 978-84-667-7899-2LINGUA 5º PROXECTO ABRE A PORTA. Anaya. ISBN: 978-84-667-8067-4MATEMÁTICAS 5º. PROYECTO LA CASA DEL SABER. Editorial Santillana. ISBN: 978-84-294-9363-4COÑECEMENTO DO MEDIO 5º PROXECTO A CASA DO SABER. Ed. Santillana. ISBN: 978-84-8224-862-2“SURPRISE 5” CLASS BOOK-MULTI-ROM. V. Reilly. Ed. Oxford, 2007. ISBN: 978 0 19 4409490

LENGUA: - Lengua 6. Aprender es crecer. Ed. Anaya. ISBN: 978-84-698-0652-4 - Lengua 6. Cuaderno. Aprender es crecer. Ed. Anaya. ISBN: 978-84-678-8184-4LINGUA: - Lingua 6. Ed. Anaya. ISBN: 978-84-678-3511-3 - Lingua 6 Caderno. Ed. Anaya. ISBN: 978-84-678-3512-0MATEMÁTICAS 6º Editorial Vicens Vives. ISBN: 978-84-682-1554-9CIENCIAS NATURAIS 6º (Integrado) CELME. Ed. SM. ISBN: 978-84-985-4560-9CIENCIAS SOCIAIS 6º (Integrado) CELME. Ed. SM. ISBN: 978-84-985-4530-2INGLÉS: TIGER TRACK 6. Class Book. Ed. Macmillan. ISBN: 978-02-304-3143-0Activity Book. Ed. Macmillan. ISBN: 978-02-304-3146-1

Alumnado matriculado en Valores sociais e cívicos:VALORES SOCIAIS E CÍVICOS 1º CELME. Editorial SM. ISBN: 978-84-985-4441-1VALORES SOCIAIS E CÍVICOS 2º CELME. Editorial SM. ISBN: 978-84-985-4515-9VALORES SOCIAIS E CÍVICOS 4º CELME. Editorial SM. ISBN: 978-84-985-4534-0VALORES SOCIAIS E CÍVICOS 6º CELME. Editorial SM. ISBN: 978-84-985-4535-7

Alumnado matriculado en Relixión Católica:RELIXIÓN CATÓLICA 1ºEP KAIRÉ. Ed. SM. ISBN: 978-84-985-4406-0RELIXIÓN CATÓLICA 2ºEP KAIRÉ. Ed. SM. ISBN: 978-84-985-4407-7RELIXIÓN CATÓLICA 4ºEP KAIRÉ. Ed. SM. ISBN: 978-84-985-4409-1

VALORES SOCIAISE CÍVICOS

RELIXIÓN

*

* O Método de Flauta SIRINGA 1 empregarase desde 3º a 6º de EP.

CONSULTAR NO CENTROANTES DA SÚA ADQUISICIÓN

CONSULTAR NO CENTROANTES DA SÚA ADQUISICIÓN