2
CONCURSO FOTOGRÁFICO 25 N Bases do V Concurso de Fotografía 25 de novembro Tratámonos ben Destinatarios: Comunidade escolar do IES Antón Losada Diéguez Temática e lema: xirará sobre a necesidade de establecer límites nas nosas relacións que nos protexan de imposicións e sometementos, respectándonos, chegando a acordos e procurando a nosa autonomía persoal. O lema será "Tratámonos ben". Paricicipación: cada participante poderá presentar un máximo de dúas fotografías que deberán ser orixinais. As fotografías presentaranse en formato dixital, cun tamaño mínimo de 500 kb, en formato jpg, png, tiff... e irán acompañadas dun pé de imaxe (título). Valorarase a relación co tema proposto, a calidade estética, a forza expresiva e a orixinalidade da fotografía e do título. Presentación: poden enviarse por correo electrónico ao enderezo: [email protected]. Xunto ás fotografías, deben incluírse o nome, apelidos e o curso. Tamén poden entregarse nunha memoria USB aos profesores Inés Vidal ou Xabier Camba. O prazo límite será o 25 de novembro de 2015. Premios: un xurado formado por alumnado e profesorado escollido polo Equipo da Biblioteca concederá dous premios por categoría: A) Alumnado de 1º, 2º, 3º da ESO e PCPI B) 4º da ESO, 1º e 2º de Bacharelato, Ciclos e Adultos PREMIOS: 25 € As fotografías poderán ser expostas en distintos lugares do Centro e tamén poderán inserirse na páxina web e/ou no blog Os retelladores do galiñeiro, así como incluírse na revista escolar. Os premios poden declararse desertos. A participación neste concurso supón a aceptación destas bases. VICEDIRECCIÓN DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES BIBLIOTECA ANTÓN LOSADA DIÉGUEZ

Bases Concurso 25 n

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Aquí temos as bases do concurso do 25 de Novembro:"Día Internacional de la Eliminación de la Violencia contra la Mujer"

Citation preview

Page 1: Bases Concurso 25 n

CONCURSO FOTOGRÁFICO 25 N Bases do V Concurso de Fotografía 25 de novembro

Tratámonos ben Destinatarios: Comunidade escolar do IES Antón Losada Diéguez

Temática e lema: xirará sobre a necesidade de establecer límites nas nosas relacións que nos protexan de imposicións e sometementos, respectándonos, chegando a acordos e procurando a nosa autonomía persoal. O lema será "Tratámonos ben".

Paricicipación: cada participante poderá presentar un máximo de dúas fotografías que deberán ser orixinais. As fotografías presentaranse en formato dixital, cun tamaño mínimo de 500 kb, en formato jpg, png, tiff... e irán acompañadas dun pé de imaxe (título).

Valorarase a relación co tema proposto, a calidade estética, a forza expresiva e a orixinalidade da fotografía e do título.

Presentación: poden enviarse por correo electrónico ao enderezo: [email protected]. Xunto ás fotografías, deben incluírse o nome, apelidos e o curso. Tamén poden entregarse nunha memoria USB aos profesores Inés Vidal ou Xabier Camba. O prazo límite será o 25 de novembro de 2015.

Premios: un xurado formado por alumnado e profesorado escollido polo Equipo da Biblioteca concederá dous premios por categoría:

A) Alumnado de 1º, 2º, 3º da ESO e PCPI

B) 4º da ESO, 1º e 2º de Bacharelato, Ciclos e Adultos

PREMIOS: 25 €

As fotografías poderán ser expostas en distintos lugares do Centro e tamén poderán inserirse na páxina web e/ou no blog Os retelladores do galiñeiro, así como incluírse na revista escolar.

Os premios poden declararse desertos. A participación neste concurso supón a aceptación destas bases.

VICEDIRECCIÓN DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES BIBLIOTECA ANTÓN LOSADA DIÉGUEZ

Page 2: Bases Concurso 25 n

CONCURSO LITERARIO 25 N Bases do V Concurso de Relato Curto 25 de novembro

Tratámonos ben Destinatarios: Comunidade escolar do IES Antón Losada Diéguez

Temática e lema: xirará sobre a necesidade de establecer límites nas nosas relacións que nos protexan de imposicións e sometementos, respectándonos, chegando a acordos e procurando a nosa autonomía persoal. O lema será "Tratámonos ben".

Participación: Cada participante pode presentar un relato que non debe conter máis de 3.000 caracteres con espazos (arredor de 500 palabras) en Times New Roman 12, a dobre espazo. De ser escritos a man, o tamaño do texto non debe ser superior a 4 caras tamaño A-4.

Valorarase a corrección da escritura, a forza expresiva e a orixinalidade do relato.

Presentación: O relato pode enviarse por correo electrónico ao enderezo: [email protected] e debe incluírse o nome, apelidos e o curso. Tamén pode entregarse en man aos profesores Inés Vidal ou Xabier Camba. O prazo límite para entregar os textos será o 25 de novembro de 2015.

Premios un xurado formado por alumnado e profesorado escollido polo Equipo da Biblioteca concederá dous premios por categoría:

A) Alumnado de 1º, 2º, 3ºda ESO e PCPI;

B) 4º da ESO, 1º e 2º de Bacharelato, Ciclos e Adultos.

PREMIOS: 25 €

Os relatos poderán ser expostos en distintos lugares do Centro e tamén poderán inserirse na páxina web e/ou no blog Os retelladores do galiñeiro, así como incluírse na revista escolar.

Os premios poden declararse desertos. A participación neste concurso supón a aceptación destas bases.

VICEDIRECCIÓN DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES

BIBLIOTECA ANTÓN LOSADA DIÉGUEZ