8
BIBLIOBOLETÍN INFORMATIVO DO C.E.P. MARCOS DA PORTELA XANEIRO 2013 Nº12

BIBLIOBOLETÍN INFORMATIVO DO C.E.P. MARCOS DA …Nº... · chea de libros –como podedes ver no expositor amarelo do “cole”- e obtido numerosos premios. Síntome moi feliz escribindo

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: BIBLIOBOLETÍN INFORMATIVO DO C.E.P. MARCOS DA …Nº... · chea de libros –como podedes ver no expositor amarelo do “cole”- e obtido numerosos premios. Síntome moi feliz escribindo

BIBLIOBOLETÍN INFORMATIVO DO C.E.P. MARCOS DA PORTELA XANEIRO 2013 Nº12

Page 2: BIBLIOBOLETÍN INFORMATIVO DO C.E.P. MARCOS DA …Nº... · chea de libros –como podedes ver no expositor amarelo do “cole”- e obtido numerosos premios. Síntome moi feliz escribindo

Chámome ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO.

Nacín en Vigo no ano 1952.

Era eu un rapaz tímido, pero con moita imaxinación e bo deportista. Xoguei

ao fútbol –son do Celta- e ao balonmán na División de Honra.

Gustábame ler e, metido entre libros, escribía. Como todos fixemos, supoño.

Se vía unha rapaza que me gustaba ¡pois a facerlle un poema!

Algunha curiosidade? Non bebo: son abstemio. E síntome ben.

Encántanme os sombreiros, a pintura e o cine.

Non podo vivir sen música e sen poesía. Estudei inglés principalmente para

poder entender as cancións de Bob Dylan.

Son mestre , escritor e crítico de literatura infantil. Levo publicados unha

chea de libros –como podedes ver no expositor amarelo do “cole”- e obtido

numerosos premios.

Síntome moi feliz escribindo poesía. Aínda que escriba contos, novelas,

artigos… necesito ter aberto un caderno para ir enchéndoo de poemas pouco

a pouco. Como mestre e escritor, loito para que a poesía

entre con naturalidade nas escolas.

Non che digo nada… pero ¡vaia! Simplemente tés que lelo e deixar que as palabras te leven paseninño, paseniño polos camiños da poesía.

Gustoume moito porque fala da auga e o ritmo e a música acompañan a cada poema. Silvia García, 6º

Eu recomendaría Acuario a todos os nenos polas súas ilustracións, porque nos ensina cousas sobre o mundo mariño, os distintos tipos de peixes e as súas características. É divertido. Brais González, 2º

Bicos para bailar, para choutar, para cantar… para rir con ganas e pasalo ben. Non o perdas!

Esta banda de ratos eche o demo! Devora pinturas! Convírtete en restaurador de arte, descubrindo de que cadro forma parte cada anaquiño roído.

O libro que máis me gustou foi El gran libro de los seres fantásticos porque explica como son e que fan todos os monstros que hai na natureza. Ainoa Franco, 4º

Page 3: BIBLIOBOLETÍN INFORMATIVO DO C.E.P. MARCOS DA …Nº... · chea de libros –como podedes ver no expositor amarelo do “cole”- e obtido numerosos premios. Síntome moi feliz escribindo

Había un ventiño que non tiña ollos. Había outro vento con cara de tolo. Había un ventiño vestido de azul. Había outro vento que viña do sur. “Ventos”

Seguro que ti coñeces algún vento máis. Que tal se nolo presentas?

Que si,si, un día de xullo nacín. Que non, non, un día de xullo,non,non. Que si,si, a ruta do Cacarabín. Que non,non, a ruta do Cacarabón. “Cacarabín, cacarabón”

Que si,si, Que non, non, Que si,si, Que non,non, ________________________________

Gustaríache axudar a García Teijeiro a atopar resposta a estas preguntas?

1. Por que choran o lagarto e a lagarta?

2. Por que tremen as árbores? 3. Por que está doente o ceo?

Page 4: BIBLIOBOLETÍN INFORMATIVO DO C.E.P. MARCOS DA …Nº... · chea de libros –como podedes ver no expositor amarelo do “cole”- e obtido numerosos premios. Síntome moi feliz escribindo

________________________ no /na ______________________________________ 1 2 ____________________________ 1 ______________________________ 1 ____________________________ 1 _____________________________ ___________________________________ 1 3 ____________________________ 1 ____________________________ 1 _____________________________ 1 _______________________ no /na _________________________________ 1 2 _______________________ _________________________________ 1 3 ________________________ ________________________________ 1 4

Se cambias os números por palabras, ti tamén serás poeta. NORABOA! 1. Que ocorre? 2. Onde? 3. Como? 4. Como? (distinto ao anterior)

Chove no muíño Chove Chove Chove Chove miudiño Chove Chove Chove Chove no muíño Chove miudiño Chove caladiño Durme, meu meniño! “As catro estacións”

Page 5: BIBLIOBOLETÍN INFORMATIVO DO C.E.P. MARCOS DA …Nº... · chea de libros –como podedes ver no expositor amarelo do “cole”- e obtido numerosos premios. Síntome moi feliz escribindo

Coas verbas paseniño vou xogando no camiño.

A. García Teijeiro

“E as ondas maiores cos peixes pequenos falaban de amores…” “ Verbas de sal ”

Tradúcenos o diálogo, por favor. Temos moita curiosidade por saber o que din.

Teño unha barca, teño un cortello, teño dous porcos e un limoeiro. Teño un can branco e un can marelo, teño dous gatos bos mariñeiros. Pescan de noite preto do ceo; pescan de día lonxe do rego. Teño medusas, dous caranguexos, tres calamares, fumes espesos. Miña naiciña! Que cousas teño! Xa non me collen no meu caderno. “ Caderno de fume”

E ti que tes? Cóntasnolo en verso ?

E na rúa, un bico de lúa. E no chan, dous bicos de pan. E no río, tres bicos de frío. E no lume, seis bicos de fume. E no ceo, dez bicos de xeo. E na cor, cen bicos de amor. “Para cantar e contar”

Crea un poema, aproveitando este modelo. Non esquezas que os versos deben rimar de dous en dous.

Chop, chop....…

Page 6: BIBLIOBOLETÍN INFORMATIVO DO C.E.P. MARCOS DA …Nº... · chea de libros –como podedes ver no expositor amarelo do “cole”- e obtido numerosos premios. Síntome moi feliz escribindo

Sei dun vento mentireiro, que endexamais di verdaddes. Brúa contos, trabalinguas, adiviñas e cantares. “Ventos”

Buscamos adiviñas de auga e trabalinguas de todo tipo. Ollo! Non vale copialos. Tócache inventar!

Lúa mollada , deixa unha pinga na praia. Lúa tristeira, ____________________________________________________________________ . Lúa enmeigada, ____________________________________________________________________ . Lúa riseira, Lúa calada, “Honorato, o rato namorado”

Completa o poema ao teu xeito.

Page 7: BIBLIOBOLETÍN INFORMATIVO DO C.E.P. MARCOS DA …Nº... · chea de libros –como podedes ver no expositor amarelo do “cole”- e obtido numerosos premios. Síntome moi feliz escribindo

A miña guitarra chora na tardiña e na aurora. A miña guitarra chora dorme o medo calma as horas. A miña guitarra chora mira aos ollos e namora. “Recendos de aire sonoro”

Sabemos que che gusta a música. Que tal se escolles un instrumento e lle adicas un poema?

Ela sempre quixo ver o mar. Contáranlle que tiña os ollos verdes, e grises e, moitas veces, de cristal. Dixéronlle que sabía a sal, que arrolaba barcos e veleiros, que os seus dedos eran ondas de escuma. Estaba desesperada alá ,na terra adentro porque devecía por ver o mar. “O que ven os ollos dos nenos”

A Traslí encantaríalle ter un cadro do mar na súa galería de arte. .Anímaste a píntalo?

O sol non saíra en dous días. Decidiu facer folga de luz, debido ás moitísimas inxusticias que está a detectar no planeta. Representantes oficiais dos distintos gobernos da Terra queren entrar e´n negociación con el para facelo desistir da súa actitude. O sol nada quere saber deles e atópase ilocalizable. “A chave dos soños”

Usa o teu encanto persoal para convencer ao sol de que volva a saír. Podes escribirlle unha carta ou un telegrama, lanzarlle un piropo, crear un pareado…

Unha lura pola terra. Unha serpe polo mar. Caranguexos para adiante, os coellos para atrás… “Caderno de fume”

Gústannos as mentiras poéticas. Podes inventar algunha?

Page 8: BIBLIOBOLETÍN INFORMATIVO DO C.E.P. MARCOS DA …Nº... · chea de libros –como podedes ver no expositor amarelo do “cole”- e obtido numerosos premios. Síntome moi feliz escribindo

Rachapedras corres medras cruzas ríos e ribeiras Corremedras rachas pedras secas fontes e pingueiras Secapedras pintas hedras plantas nubes e noceiras Nubepedras mollas tebras cobres pólas e silveiras. “Paseniño, paseniño”

Le o poema como se fose un xogo de sortes. Gústache? Deixándote levar polo ritmo das palabras, crea ti unha rifa.

Busco na praia tres caracolas porque me sinto soa, moi soa. “Paseniño, paseniño”

Completa: Busco no/na _____________ __________________________ porque ___________________ ____________________________ .

Luís

Seoane

Maruja

Mallo

Urbano

Lugrís

ALGUNHAS PROPOSTAS

A galería TRASLIARTE busca cadros con temática de auga, preferiblemente de artistas galeg@s. Coñeces algún? Podes utilizalo como excusa para escribir un texto ou ben transformalo, introducindo nel os cambios que desexes. GRAZAS por compartir con nós a túa creatividade!