4
Curso 2009/10 número 24 Boletín de biblioteca Artígos de interés especial Mundo Dixital Exposición: O Muro de Berlín Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil Por fin, un enterro digno! Os de sempre: Sabías que? Toponimia Novidades Editorial Din que o curso 2009/10 podería ser o da universalización do uso do ordenador portátil nas escolas, cada vez máis chégannos noticias da dixitalización de obras de literatura, os e-books ensinan a súa patiña por debaixo da porta da nosa biblioteca... e nós tan tranquilos. Calquera cambio no soporte das ideas non nos asusta: xa o vimos na exposición sobre a historia do libro o curso pasado, lembrades?, da pintura rupestre á escritura cuneiforme, da pedra ao papiro, pergameo ou papel, o home sempre inventando. O caso é que Mundo Dixital? teñamos algo que ler, algo para gozar. E niso estamos, este curso xa ocorrerásenos algunha novidade, pero de momento aquí seguimos coas actividades de fomento de lectura, concursos, aniversarios, mochilas viaxeiras, hora de ler, club de lectura... e por enriba esperando o voso consello e colaboración. Benvidos unha vez máis á vosa biblioteca! Outubro: Mes da biblioteca escolar Todos os anos celebrábamos o día das bibliotecas escolares no 4º luns de outubro, pero desde o ano pasado, en lugar dun día temos un mes para pensar no que significan e representan as bibliotecas escolares. Na súa visita a un IES Mª José Queizán dicía que os centros de ensino son lugares que poñen o saber ao servizo da sociedade.E por extensión as bibliotecas son os centros de recursos para todos,nelas facilítanse os coñecementos para toda a poboación, sen consideracións de sexo, relixión ou clase social. Este ano o noso lema é: Pero ademais recordamos a Edgar Allan Poe, polo dobre aniversario, de nacemento e morte. Si queredes saber máis visitade a exposición no instituto, o post no blogfesquío ou o artigo final. Este ano o noso lema é: "Biblioteca Escolar: o gran cadro"

Boletín de Biblioteca Outubro 09

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Este é o primeiro boletín da biblioteca do noso IES para o curso 2009/10

Citation preview

Curso 2009/10

número 24 Boletín de biblioteca

Artígos de interés

especial

Mundo Dixital

Exposición: O Muro de Berlín

Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil

Por fin, un enterro digno!

Os de sempre:

Sabías que?

Toponimia

Novidades

Editorial

Din que o curso 2009/10 podería ser o da universalización do uso do ordenador portátil nas escolas, cada vez máis chégannos noticias da dixitalización de obras de literatura, os e-books ensinan a súa patiña por debaixo da porta da nosa biblioteca... e nós tan tranquilos. Calquera cambio no soporte das ideas non nos asusta: xa o vimos na exposición sobre a historia do libro o curso pasado, lembrades?, da pintura rupestre á escritura cuneiforme, da pedra ao papiro, pergameo ou papel, o home sempre inventando. O caso é que

Mundo Dixital?

teñamos algo que ler, algo para gozar. E niso estamos, este curso xa ocorrerásenos algunha novidade, pero de momento aquí seguimos coas actividades de fomento de lectura, concursos, aniversarios, mochilas viaxeiras, hora de ler, club de lectura... e por enriba esperando o voso consello e colaboración.

Benvidos unha vez máis á vosa

biblioteca!

Outubro: Mes da biblioteca escolar

Todos os anos celebrábamos o día das bibliotecas escolares no 4º luns de outubro, pero desde o ano pasado, en lugar dun día temos un mes para pensar no que significan e representan as bibliotecas escolares. Na súa visita a un IES Mª José Queizán dicía que “os centros de ensino son lugares que poñen o saber ao servizo da sociedade.” E por extensión as bibliotecas son os centros de recursos para todos,nelas facilítanse os coñecementos para toda a poboación, sen consideracións de sexo, relixión ou clase social. Este ano o noso lema é:

Pero ademais recordamos a Edgar Allan Poe, polo dobre aniversario, de nacemento e morte. Si queredes saber máis visitade a exposición no instituto, o post no blogfesquío ou o artigo final.

Este ano o noso lema é: "Biblioteca

Escolar: o gran cadro"

Página 2 de la 4

"Por las sendas que conducen

al sepulcro del Patrón

un peregrino camina

con su concha y su bordón”

(Romance leonés)

Neste trimestre conmemoramos a caída dun emblema importante neste século. A nosa historia recente non se explica nin se entende se non vemos o que hai detrás. Tras a derrota do réxime nazi na II Guerra Mundial Alemaña dividiuse en catro zonas tendo en conta os catro países aliados vencedores. Pero có paso do tempo quedaron marcadas dúas zonas. A occidental e capitalista, e a oriental e comunista. O denominado "Muro de Protección Antifascista" pola comunista Alemaña Oriental (República Democrática Alamana) e ás veces alcumado "Muro da vergoña" por parte da opinión pública occidental, foi creado para impedir o paso das persoas que non estaban dacordo có réxime dependente da URSS que lles fora imposto.

Exposición: O Muro de Berlín

Hai moitas portas santas ao longo do camiño en determinados lugares basílicas, igrexas con portas santas ou do perdón para que aqueles peregrinos que non podían chegar a Santiago, gañasen igualmente o Xubileu.

Os cabaleiros da Orde de Santiago foi unha orde fundada en 1161 para a protección dos peregrinos xacobeos. Indumentaria: cruz vermella en forma de espada rematada en cuncha, sobre manto branco.

Os gallofos eran falsos peregrinos que asaltaban os camiñantes.

O botafumeiro xigante antigamente desempeñaba a función de desinfección do templo.

Os atributos do peregrino son o sombreiro de á ancha, bordón, abrigo con esclavina, calzado forte, zurrón, a cabaza, a cuncha.

A credencial do peregrino é un carné de ruta onde se poñen os selos dos lugares por onde vai pasando.

A Compostela é unha certificación que obtén o peregrino sempre que fixese o camiño andando, en cabalo ou en bicicleta.

2010 Ano Santo. Sabías que...?

Toponimia

Os cidadáns intentaron escapar de moitos modos: a través de túneles ou saltando o muro dende ventás próximas. Algúns lograron saír, outros foron encarcerados ou morreron no intento. Dende o 13 de agosto de 1961 ata o 9 de novembro de 1989 houbo dous países. . O muro estendíase por 45 quilómetros que dividían a cidade de Berlín en dous e 115 quilómetros que separaban á parte occidental da cidade do territorio da RDA. Foi un dos símbolos máis coñecidos da Guerra Fría e da separación de Alemaña. Este mes celebramos a súa caída, a caída do muro da vergoña.

Seguimos sen coñecer onde vivimos?

No boletín anterior preguntabamos por Neda. Esta palabra podería vir do latín

“nepetam” que é o nome duhna pranta, e nébeda ou néboda, bastante común en

Galicia e moi apreciada polo seu aroma e as súas propiedades medicinais. Outra

posibilidade é que veña de “nepota” (neta ou sobriña) palabra que foi empregado

polo romanos como alcume e despois como nome familiar ou persoal..

Nesta ocasión queremos que nos faledes de O Portádego, onde está e de onde

provén a palabra.

Personaxes curiosos

Ficción para non deixar de ler

Banda deseñada e outros

Algunha película

Novidades

Nome e grupo:

Suxerencias

Autor Título Formato

Por fin… un enterro digno

Aquí vos recomendamos O gato negro aínda sendo dos máis coñecidos, non deixa por iso de ser formidable. Os crimes da rue Morgue. Posiblemente terédelo visto na tele, de todos os xeitos é moito máis arrepiante se le. Os feitos no caso do señor Valdemar, so para lectores de sangue moi frío. A caída da Casa Usher, un marabilloso relato nun ambiente realmente estremecedor. E dende logo recomendar a lectura das Aventuras de Gordon Pynn, aventura en estado puro.

Baixo este morboso título, atopamos a homenaxe a un dos autores que tantas noites nos fixo tremer. Este ano celébranse o 200 aniversario do seu nacemento e o recordo da súa morte. E na súa cidade natal Baltimore celebrouse un enterro digno porque o primeiro pasou desapercibido: en 1849 asistiron menos de 10 persoas contando có enterramortos e os seus axudantes. A vida deste escritor é case tan estremecedora como moitos dos seus relatos.

A Alfredo o coñecemos no club de lectura con Eskoria, e gustounos a súa maneira de describir os sentimentos. Despois enterámonos que empezara a escribir aos 11 anos, que inicialmente dedicouse ao teatro, pero a partir de 1982, cando gañou o segundo premio 'O Barco de Vapor' polo seu libro Las palabras máxicas, decantouse pola literatura infantil e xuvenil. Pero falemos da obra premiada Barrio de Medellín:

“Para Camilo e Andrés os días transcorren vagabundeando polas rúas do seu barrio en Medellín, o

mellor lugar do mundo. Camilo ten claro que, cando sexan maiores,

dirixirán unha banda de ladróns. Pero Andrés non quere ser ladrón. Iso si, sempre estarán xuntos. O que non

imaxinan é que a súa entrada fortuíta ao Parque Biblioteca tal vez cambie

as súas vidas” Visítanos

no noso blog:

www.blogfesquio.blogspot.com

IES Fernando Esquío

Empedrón 16

TELÉFONO:

981391080

FAX:

981391280

E-MAIL

[email protected]

Un dos nosos autores preferidos Alfredo Gómez Cerdá foi galardoado co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil correspondente a 2009 pola súa obra Barro de Medellín. O Premio concédeo anualmente o Ministerio de Cultura para distinguir unha obra de autor español, escrita en calquera das linguas oficiais do Estado e editada en España durante

2008. No comité seleccionador estaban os dous últimos galardoados Jordi Sierra i Fabra e Agustín Fernández Paz, sóannos, verdade?

Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2009