10
Rúa Lisboa, 20 - baixo 15707 Santiago de Compostela A Coruña T 981552206 | F 981938274 [email protected] www.ceeesg.org nº 61 - xuño 2012 Boletín do Ceesg A profesión que sentes, o colexio que queremos

Boletín do Ceesgceesg.org/files/documentos/docs/boletin-01-07-2012-boletingxuao12.pdf · sección de Micro-machismos, on-de iremos colgan-do relatos breves e persoais sobre situacións

  • Upload
    vomien

  • View
    217

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Rúa Lisboa, 20 - baixo 15707 Santiago de Compostela

A Coruña

T 981552206 | F 981938274 [email protected] www.ceeesg.org

nº 61 - xuño 2012

Boletín do Ceesg

A profesión que sentes, o colexio que queremos

Tema do mes Fiadeiras Blogueiras Dende o nacemento mesmo de

Fiadeiras, grupo de traballo en

igualdade de xénero, tivemos moi

presentes as posibilidades que as

novas tecnoloxías brindan á educa-

ción social e tamén ao movemento

feminista. De aí, que pensaramos na

creación dun blogue como ferra-

menta útil para estar tamén na es-

fera virtual e seguir traballando

neste eido a prol dunha educación

social feminista.

O blogue fiadeiras-

ceesg.blogaliza.org xurdiu como

un desafío. Conscientes da fenda

dixital de xénero e das propias limi-

tacións e coñecementos no mundo

2.0, decidimos emprender a tarefa

de aprender para emprender un

proxecto dixital que hoxe está

pouco a pouco tomando forma.

Na actualidade, un paseo polo noso

espazo na rede pode levarnos a

saber un pouco máis de nós como

grupo a través do apartado Coñé-

cenos; a ter un acceso rápido á

lexislación internacional, nacional e

autonómica de relevancia en cues-

tións de igualdade entre mulleres e

homes, no espazo dedicado á Nor-

mativa; a recordar certas datas de

interese nas Conmemoracións

ou a contar un catálogo de recur-

sos online para traballar dende a

educación social con perspectiva de

xénero, a partir dos Recursos que

imos colgando.

Recentemente, inauguramos o

apartado de Recomendacións,

co que pretendemos contribuír á

posta en valor e visibilidade das

mulleres artistas. Así, contamos

cunha selección de libros, música e

películas/curtas que se irán selec-

cionando e incorporando cada

primeiros de mes, ata ter unha boa

web-blioteca que poida ser refe-

rencia para traballar determinadas

cuestións ou simplemente para dis-

frutar no tempo libre.

Neste momento,

propoñémonos

inaugurar unha

sección de Micro-

machismos, on-

de iremos colgan-

do relatos breves

e persoais sobre

situacións cotiás

nas que as mulleres e nenas vemos

ofendida a nosa dignidade. Ademais

de todo isto, mantemos unha publi-

cación de artigos periódica que vos

convidamos a ler e compartir:

Loitando xuntas, Tuppersex Femi-

nista: Obradoiro de sexualidade;

Fiadeiras rompendo a fenda dixital

de xénero ou Feministas nas Ondas

Libres: Meigas Radioactivas

Cuac.fm.

Non estamos ante unha ferramenta

pechada e finita, senón ante unha

experiencia dixital que se constrúe

na vida cotiá de acordo aos tempos

dispoñibles para escribir algo novo

que estimule o noso traballo. Por

iso, fiadeirasceesg.blogaliza.org

segue o seu proceso creativo, re-

pensándose no día a día e buscando

máis colaboracións para tecer unha

virtualidade onde o pensamento

feminista e a educación social

tamén estean presentes. As Fiadei-

ras intentamos romper tódalas fen-

das que sitúan ás mulleres nunha

posición secundaria, e iso inclúe o

mundo dixital 2.0. Anímaste? ����

PIC O proxecto de Dinamización dos Puntos de Información Colexial (PIC)

Durante estes últimos meses tivo

lugar a fase experimental do

Proxecto de Dinamización dos

Puntos de Informacion Colexial

(PIC), que se desenvolve nas 3

universidades galegas onde se im-

parte educación social, e que pre-

tende fortalecer a relación entre o

Ceesg e o estudantado de educa-

ción social, creando canles de co-

municación fluídos, ao tempo de

que vertebra a participación do

estudantado no Ceesg, a través

dun grupo de dinamización con-

formado por estudantado intere-

sado no proxecto.

Na práctica, o proxecto ten dúas

liñas prioritarias:

a) a xestión dun Punto de Infor-

mación Colexial (PIC) que con-

centre a información de interese

da educación social e o Ceesg nas

universidades.

b) A coordinación de iniciativas

que dean resposta real ás necesi-

dades e intereses do alumnado co

apoio do Ceesg e as Universida-

des.

Despois dunha xuntanza de pre-

sentación en cada universidade,

un total de 25 estudantes amosa-

ron interese en participar dos

equipos de dinamización do

proxecto, valorando moi positi-

vamente o espírito da proposta,

polo esforzo de que o Ceesg se

achegase ás universidades a im-

pulsar a iniciativa. A pesares de

que o achegamento se fixo no

último tramo do curso, e o tempo

era escaso, a intención desta fase

experimental era pór en práctica

o modelo e poder analizar a súa

viabilidade para poder realizar o

proxecto ao longo do vindeiro

curso.

Por iso, o 12, 13 e 15 de xuño rea-

lizáronse xuntanzas de avaliación

desta fase, e se ben cada grupo de

dinamización tivo os seus propios

ritmos e peculiaridades no desen-

volvemento desta fase, si que se

poden extraer algunhas conclu-

sións de interese de cara ao futuro

inmediato:

• O Proxecto de Dinamización

dos PIC é de enorme interese

para o alumnado, xa que lle

outorga protagonismo real na

detección dos seus propios in-

tereses e necesidades, e pode

facilitar que o Ceesg incida na-

quelas cuestións que son real-

mente importante (en relación

ao estudantado de educación

social).

• O proxecto axudou a movili-

zar a estudantado especialmen-

te activo e con notables inque-

danzas por facer máis e mellor

educación social dende as uni-

versidades.

• Naquelas universidades onde

xa se realizou unha detección

de necesidades percibiuse un

enorme interese por que o

Ceesg facilite unha aproxima-

ción aos profesionais da educa-

ción social en Galicia, e as súas

experiencias e proxectos dende

diversos formatos (visitas guia-

das, mesas redondas, xornadas,

cursos de formación...)

• Unhas das dificultades que terá

que superar o proxecto é a de

como facilitar a comunicación

entre o equipo de dinamiza-

ción conformado por estudan-

tado de diferentes cursos.

As xuntanzas de avaliación permi-

tiron establecer as pautas de tra-

ballo para o inicio do curso, esta-

blecendo xuntanzas de traballo

para o mes de setembro para fi-

xar o proxecto e as iniciativas que

se van desenvolver en cada unha

das universidades.

As 25 persoas participantes nesta

fase experimental xa son amigas

do Ceesg, e serán elas as princi-

pais impulsoras desta campaña a

partires do mes de setembro, en-

tre o alumnado das 3 universida-

des. �

Trae a alguén

Presta a túa ollada para a campaña TRAE A ALGUÉN

Para a persoa

colexiada

Para quen se colexia

Calquera persoa que “traía” a unha/un educadora/educador so-cial non colexiada/o, terá un 50% de descontó na súa cota cole-xial, isto é, da exención do pago dun semestre.

• 70 € para colexiadas/os en activo • 52,50 € para colexiadas/os en activo con ingresos inferiores ao SMI

• 35 € para colexiadas/os en situación de desemprego. A persoa colexiada que teña sufragada polo menos unha cota semestral poderá ‘traer’ a unha soa persoa ate o remate desta campaña.

A educadora ou educador social recén chegada/o ao Ceesg a través desta campaña, non pagará a cota de alta no Ceesg.

• 15 € no 1º ano dende o depósito do título • 35 € no 2º ano dende o depósito do título • 65 € a partir do 2º ano dende o depósito do título.

A promoción farase efectiva no momento en que toda a docu-mentación (Anexo I, Anexo II e documentación de colexiación) sexa presentada no Ceesg.

Trae a alguénTrae a alguénTrae a alguénTrae a alguén

Mándanos unha foto túa para que os teus oll

os

aparezan no collage da campaña trae a alguén!

En setembro converterémola na portada do nos

o facebook.

[email protected]@[email protected]@ceesg.org

Para ler e reflexionar...

Guía de actuación ante a violencia de xénero para As=Os profesionais dos

vizos sociais.

(Xunta de Galicia) Esta guía aporta un marco teórico que permite comprender o problema da violencia de xéne-ro, a súa dimensión, as súas causas, os efectos sobre as vítimas e como achegarse de xeito efecti-vo a elas. Despois de definir en profundidade a violencia de xénero, describe un protocolo de actuación para as/os profesionais dos servizos sociais, que recolle dende os indicadores para a detección destas situacións, ata modelos de recollida de información, de informes, etc.

Algunhas obras que podes atopar na biblioteca do Ceesg

Fuerza y violencia en educación social.

(Observatori d’Ética Apñlicada a la Intervenció Social) Este caderno, publicado en catalán, castelán, francés e inglés, analiza as condicións e os límites no uso da forza física na educación, e o que debe considerarse unha violencia inaceptable. Faise isto a través da análise dun caso real, no que un educador dun centro residencial deu unha labazada a un mozo, o que provocou que se determinase que baixo ningunha circunstancia iso se repetise, e que en caso necesario se realizase unha contención física ou aviso á policía.

Programa PEHIA. Enseñanza de habilidades interpersonales para adolescen-

tes.

(Cándido J. Inglés Saura) O programa PEHIA está deseñado para que poidan aplicalo profesionais que traballen con adolescentes entre 12 e 18 anos, tanto sen problemáticas aparentes, como en situación de risco social, con problemas internalizantes (aillamento, timidez, baixa autoestima...) ou externalizantes (agresividade, hostilidade...) Consta de oito sesións que se detallan minuciosamente, incorporando unha guía para o monitor en cada unha delas, e inclúe un CD co material necesario para cada sesión.

• Los derechos de mi mañana. Manual de los derechos y deberes de las personas mayores. Caixa Catalunya Obra Social.

• MATÍAS-GUIU: Convivir con alzhéimer. 2009. Médica Panamericana.

• Guía de buenas prácticas: mentorías. Atención psicológica para niñas y niños víctimas de violencia familiar y de género. 2010. Fundación Instituto de Reinserción Social.

• OCDE: Transformando la discapacidad en capacidad. Políticas para fomentar la seguridad laboral y salarial de las personas con discapacidad. 2003. Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales.

• Revista Galega de Educación. Nº 53. Xuño 2012. Monográfico “As escolas dos americanos”. Nova Escola Galega.

• Educar(NOS). Nº 57-58. II época, 1-2. 2012. Movimiento de Renovación Pedagógica de Educadores Milanianos.

• Recomendacións para a alimentación das persoas maiores. Alimentos que lles axudan a estar sans e a vivir mellor. 2012. Xunta de Galicia.

• Simposio sobre personas dependientes, red natural y atención comunitaria. 1997. Diputación Foral de Álava

Novas publicacións da biblioteca

• Cobro da cota colexial. Cobro da cota colexial. Cobro da cota colexial. Cobro da cota colexial. O prazo de envío da documentación pa-ra o cobro de cotas bonificadas é ata o 24 de xullo 24 de xullo 24 de xullo 24 de xullo (incluído).

• Peche por vacacións. Peche por vacacións. Peche por vacacións. Peche por vacacións. As oficinas permanecerán pechadas en-tre os días 9 e 17 de agosto.9 e 17 de agosto.9 e 17 de agosto.9 e 17 de agosto.

avisosavisosavisosavisos

formación Formación xurídica básica para educadoras e educadores sociais

Pronto comezará a funcionar o novo servizo xurídico do Ceesg. Entre outras novidades, ofrecerase ao longo

dos vindeiros meses unha formación básica en materia xurídica para persoas colexiadas, de xeito gratuito,

a través do Ciclo de formación xurídica para educadoras e educadores sociais.

A primeira sesión será o vindeiro 13 de xullo. Xa podes inscribirte a través da web do Ceesg!

Ciclo de Formación xurídica

para educadoras e educadores sociais • Lugar: Sede do Ceesg (Santiago de Compostela) • Datas, horarios e contidos:

• Docentes: Avogadas/os do despacho Asensu contrario. • Dirixido a: Educadoras e educadores sociais colexiadas/os. • Inscrición: Gratuíta. A través da web do Ceesg. Adxudicación por orde de inscrición (20 prazas) A inscrición farase individualmente a cada unha das sesións (podes inscribirte só nas que che interesen) Para a primeira sesión, praza de inscrición ata o 11 de xullo.

• Certificación: As persoas que acudan ás 4 sesións recibirán un certificado de asistencia.

Data Contido

13 de xullo 17:00 - 19:00 h.

FOTO DE PAISAXE: • Dereito Constitucional e Autonómico • Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo

Común (Lei 30/1992) • Andrómedas ao redor de como licitar na/coa Administración

MAPA DE FRONTEIRAS, CURSO DE ORIENTACIÓN SEN BRÚXULA: • Poder Xudicial • Xurisdición • O mito da porta de acceso á xustiza

FOTO CARNÉ: • A/o colexiada/o como educador/a-traballador/a, como autónomo/a-empresari/a;

Ou como gañar ao xogo do pañuelo.

FOTO DE FAMILIA: • Colexios Profesionais; Historia, antecedentes, exemplos máis próximos, réxime le-

gal, competencias, potestades, impotencias; Ou como sobrevivir á animación nas bodas, bautizos e comunións.

Pendentes de definir

formación Cursos de intervención socioeducativa en problemas de

conduta e abordaxe de crise con menores residentes en centros de proteción e reforma

O 30, 31 de marzo e o 1, 2 de xuño de 2012 o CEESG levou a cabo en Ourense dous cursos de formación, impartidos por Andreu Barnés, educador social dun centro de pro-protección de menores en Mallorca, que traballa con adolescentes cun perfil de problemática condutual e emocional. Ambos os cursos estaban dirixidos principalmente a educadoras e educadores sociais que traballan en centros de menores tanto de pro-protección como de reforma. A finalidade do primeiro curso era dotar de estratexias educativas e técnicas aos participantes para mo-modificar problemas de conduta nos menores; mentres que no se-segundo pretendíase abordar as crises educativamente e previlas mediante a elaboración de proto-protocolos para responder a situa-situacións non cotiás aínda que complexas e que alteran grave-

gravemente a convivencia. Os cursos fundamentábanse en que no ámbito do acollemento residen-residencial de menores un dos cam-cambios máis importantes que houbo nos últimos anos e que des-destaca sobre outros, é o aumento considerable de problemas de con-conduta que dificultan gravemente a convivencia nos centros. Por ou-outra banda, atopámonos con ou-outro tipo de situación cuxo abor-abordaxe é máis complexo e preo-preocupante para os educadores e as educadoras sociais como son os episodios de crises, nos cales os me-menores compórtanse de xeito es-especialmente agresivo e emocio-emocionalmente descontrolada, xa

que o comportamento deixa de ser gobernado desde un nivel racional para ser controlado por un nivel puramente emocional. Mentres que no modelo condutual buscamos a modificación das condutas, no mo-modelo de intervención en crise buscamos principalmente unha modificación das causas das condu-

condutas dos menores cuxo com-comportamento desexar cambiar. No primeiro curso déronse técnicas e estratexias educativas para abor-abordar problemas de conduta non graves pero habituais por exemplo molestar aos compañeiros/as, non querer ducharse, non querer comer o que se lle serviu, non seguir as indicacións dos educadores/as, en-enfadarse e pegar unha portada, pintar as mesas, coller cousas dos demais, entrar en espazos non per-permitidos... así como outros pro-problemas graves de conduta co-como: • Condutas de agresividade verbal

por exemplo berros, ridiculiza-ridiculizacións, ameazas, insultos, manipulacións, comentarios con intención de facer dano, obrigar a facer cousas que non se han de facer ou incumpren a normati-normativa...

• Condutas de agresividade non verbal por exemplo posturas, xestos ou miradas de ameaza, de desprezo ou irrespetuosos, retirar o saúdo ou o falar con intención de facer dano, furgar nas cousas dos outros, roubos...

• Condutas de agresividade física en forma de puñadas, golpes, patadas, beliscos, estiróns de pe-pelo, desfeitas de pertenzas, ma-

materiais ou instalacións do Cen-Centro...

No segundo curso traballouse un modelo de intervención en crise baseado nos seguintes contidos: • As crises como oportunidade de

aprendizaxe. • A preparación dun adecuado

contexto para a intervención en crise e á vez como medida pre-preventiva para que estas situa-situacións sexan pouco frecuen-frecuentes.

• Como actuar durante o episodio de crise para a desactivación de situacións explosivas co menor ou menores afectados e co resto do grupo.

• Como intervir educativamente despois do episodio de crise co menor ou menores afectados e co grupo se se considera necesa-necesario.

• Procedementos de actuación en casos de agresións moi graves de forma verbal, agresións físicas de gravidade, agresións sexuais, agresións non verbais que causan dano emocional, autolesións, abusos de sustancias tóxicas.

En ambos os cursos utilizouse unha metodoloxía activa, participativa, fundamentalmente práctica e adaptada aos intereses e necesida-des dos participantes. Traballouse a partir da realidade dos centros de menores onde traballaban os edu-cadores e as educadoras sociais coa finalidade de facilitar unha apren-dizaxe real, práctica e compartida e como estratexia de enriquece-mento mutuo. As valoracións dos participantes foron moi positivas, destacando a utilidade dos contidos abordados para o seu desempeño profesional. �

ACTUACIÓNS

Reunións da Área de Comunicación. Reunións da Área de Comunicación. Reunións da Área de Comunicación. Reunións da Área de Comunicación. O 7 de xuño revi-samos e planificamos os avances nos plans de traballo deste ano, estruturamos as acción propias da área, e traballamos a imaxe das campañas “Amigos/as do Ceesg” e “Trae a alguén”. O día 27 de xuño tivemos unha reunión monográfica sobre o próximo Galeduso, sobre Educación Ambiental.

Xuntanza Xuntanza Xuntanza Xuntanza ordinaria do Foro de Inmigración.ordinaria do Foro de Inmigración.ordinaria do Foro de Inmigración.ordinaria do Foro de Inmigración. As entidades da zona de Santiago integradas no Foro Galego de Inmigración reunímonos o día 6 para seguir avanzando. Nesta ocasión fixemos unha primeira avaliación da asemblea 2012 e revisión dos compromisos e actuacións concretas a desenvolver, para organizarnos para o seu desenvolvemento. Informouse sobre as actuacións realizadas en relación con actuacións discriminatorias cara ao colectivo inmigrante, coa intención dunha colaboración estable coa Plataforma SOS sanidade pública. Continuamos na organización dos conversatorios da campaña ninguén sobra nunha crise. Tamén se debateu a proposta de Guía-Actividade intercultural proposta polo Ceesg.

Acto de entrega da Cruz de Ouro da Solidariedade Social. Acto de entrega da Cruz de Ouro da Solidariedade Social. Acto de entrega da Cruz de Ouro da Solidariedade Social. Acto de entrega da Cruz de Ouro da Solidariedade Social. O Consejo General de Cole-gios de Educadoras y Educadores Sociales (CGCEES) foi condecorado polo Ministerio de Sanidade, Política Social e Igualdade coa Cruz de Ouro da Solidariedade Social. A Orde Civil da Solidariedade Social é unha condecoración que se concede en recoñece-mento a promoción e desenvolvemento de actividades e servizos relacionados coa soli-dariedade e a acción social, que supoñan un beneficio ao benestar social. O acto de en-trega tivo lugar no Pazo da Zarzuela o pasado 4 de xuño.

Entrevista a Eva MoldesEntrevista a Eva MoldesEntrevista a Eva MoldesEntrevista a Eva Moldes. O Xornal Faro de Vigo publicou o día 8 de xuño declaracións da entrev is ta rea l izada á vicepresidenta do Ceesg, en relación á educación na casa c o m o a l t e r n a t i v a á escolarización.

Reunións avaliativas dos PIC. Reunións avaliativas dos PIC. Reunións avaliativas dos PIC. Reunións avaliativas dos PIC. Os días 12, 13 e 15 de xuño reunímonos cos estudantes das tres universidades galegas, para avaliar a posta en marcha do proxecto de dinamización dos Puntos de Información Colexial nas Universidades.

Presentación da plataforma Mira por elas. Presentación da plataforma Mira por elas. Presentación da plataforma Mira por elas. Presentación da plataforma Mira por elas. Apoiamos a Plataforma Mira por Elas, en defensa da Radio Televi-sión Pública Galega, e estamos presentes na súa pre-sentación en Vigo o día 7 de xuño.

Seminario sobre a proba pericial. Seminario sobre a proba pericial. Seminario sobre a proba pericial. Seminario sobre a proba pericial. O día 7 de xuño, Unión Profesional de Galicia reuniu nesta xornada a expertos procedentes de diferentes disciplinas profesionais, que falaron sobre diversos aspectos das probas periciais.

Reunión do Grupo de Traballo da Xunta: Estratexia Reunión do Grupo de Traballo da Xunta: Estratexia Reunión do Grupo de Traballo da Xunta: Estratexia Reunión do Grupo de Traballo da Xunta: Estratexia para a prevención e detección precoz de dependencia. para a prevención e detección precoz de dependencia. para a prevención e detección precoz de dependencia. para a prevención e detección precoz de dependencia. A Xunta de Galicia comezou a planificación para a elaboración dun Plan/Estratexia para a prevención e detección precoz de dependencia. Neste grupo, foi designada unha representante do Ceesg, que asistiu ao primeiro encontro presencial o día 14 de xuño, tras o envío das primeiras propostas, realizado xa o día 7.

Xornadas interxeracionais rurais de Cabreiros. Xornadas interxeracionais rurais de Cabreiros. Xornadas interxeracionais rurais de Cabreiros. Xornadas interxeracionais rurais de Cabreiros. Os días 2 e 9 de xuño continuaron as xornadas organizadas por Nova Escola Galega, a Universidade de Santiago e a Asociación de Veniños de Cabreiros, cheas de activida-des dirixidas a maiores e cun carácter interxeracional.

II Foro sobre Pobreza, Exclusión Social e Voluntariado. II Foro sobre Pobreza, Exclusión Social e Voluntariado. II Foro sobre Pobreza, Exclusión Social e Voluntariado. II Foro sobre Pobreza, Exclusión Social e Voluntariado. Asistimos a este foro organizado pola Rede Galega contra a Pobreza (EAPN-Galicia) os días 28 e 29 de xuño en Santiago, que levou por título “Déficit público vs. Déficit Fiscal”. O foro pretende contribuír a situar a realidade da pobreza e a exclusión social no primeiro plano da axenda política e mediática. Expertos, técnicos da Administración Pública e de diferentes entidades sociais danse cita para analizar esta problemática.

Xornada “Envellecer activamente”. Xornada “Envellecer activamente”. Xornada “Envellecer activamente”. Xornada “Envellecer activamente”. A Xunta de Galicia organizou o día 15 en Santiago de Compostela a Xornada Envellecer activamente, á que asistimos, e na que profesionais de diversas disciplinas deron claves para un envellecemento activo e saudable.

Xunta de Goberno. Xunta de Goberno. Xunta de Goberno. Xunta de Goberno. O día 21 de maio realizouse unha Xunta de Goberno na que se revisaron temas penden-tes, e se informou de actuacións realizadas e dos no-vos servizos contratados. Tamén, foi a reunión de des-pedida de Mª José Fernández Barreiro, vogal que deixa a Xunta de Goberno despois de 10 anos de dedicación, 4 deles como presidenta. Reiteramos dende aquí o no-so agradecemento por todos estes anos de traballo.

Manifestación do orgullo LGTB. Manifestación do orgullo LGTB. Manifestación do orgullo LGTB. Manifestación do orgullo LGTB. A Asociación Nós Mesmas organizou durante o mes de xuño diversos actos para o orgullo LGTB. Este ano foi baixo o lema 'Matrimonio igualitario, Igualdade sen recortes' destacando que, despois de 7 anos, o matrimonio entre persoas do mesmo sexo segue estando ameazado baixo un recurso de anticonstitucionalidade, pero poñendo o acento ademais na terrible situación que estamos vivindo cos recortes do goberno e que afectan ao colectivo LGTB en aspectos como, por exemplo, os recortes sufridos no Plan Nacional do VIH-SIDA. O día 23 de xuño estivemos presentes na manifestación en Vigo.

O comic do ceesg

formación

Novas dos boletíns

emprego

Ciclo de Formación xurídica para educadoras/es sociais

sesión 1: foto paisaxe Organizan: Ceesg e Asensu contrario. Lugar e datas: Sede do Ceesg (Rúa Lisboa, 20—baixo, Santiago de Compostela). 13 de xullo. Prezo: Gratuíto, previa inscrición. Persoas destinatarias: Profesionais colexiadas/os no Ceesg. Prazo de inscrición: Ata o 11 de xullo (incluído) ou esgotar prazas. Inscrición a través da web do Ceesg.

AXUDAS E SUBVENCIÓNS Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universi-

taria: Axudas para adquisición de libros de texto, materiais curri-culares e material didáctico e complementario para alumnado de educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educa-ción especial en centros sostidos con fondos públicos. DOG 1/06/12 Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universi-

taria: Subvencións para o desenvolvemento de programas e acti-vidades de interese xeral e sectorial e para mantemento de equi-pamentos. DOG 5/06/12 Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e

Xustiza: Subvencións para incentivo do turismo activo, activida-des de lecer e tempo libre. DOG 06/06/12 Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade: Sub-vencións para programas de cooperación e voluntariado so-ciais. BOE 6/06/12 Consellería de Traballo e Benestar: Subvencións para a posta en práctica en Galicia de programas integrados para o emprego. DOG 8/06/12 Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e

Xustiza: Axudas á conciliación da vida familiar e laboral como medida de fomento da corresponsabilidade para traballadores que se acollan á redución da súa xornada de traballo. DOG 12/06/12 Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade: Sub-vencións de apoio ao movemento asociativo xuvenil e a súa parti-cipación social. BOE 13/06/12

Instituto Galego de Promoción Económica: Axudas a proxec-tos de creación de pequenas e medianas empresas ou de realiza-ción de investimentos en pequenas e medianas empresas novas promovidas por novos emprendedores. DOG 18/06/12 Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade: Axu-das para a elaboración e implantación de plans de igualdade. BOE 18/06/12 Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade: Sub-vencións para turismo e termalismo para persoas con discapacida-de. BOE 18/06/12 Ministerio de Educación, Cultura e Deporte: Axudas de ac-ción e promoción cultural. BOE 18/06/12 Ministerio de Educación, Cultura e Deporte: Axudas para mellora das instalacións e equipamiento. BOE 21/06/12 Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universi-

taria: Subvencións para equipamento e mellora de locais. DOG 22/06/12 Consellería de Traballo e Benestar: Subvencións a entidades de acción voluntaria e entidades municipais enmarcadas no pro-grama Servizo de Voluntariado Xuvenil. DOG 26/06/12 Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e

Xustiza: Axudas para accións de formación laboral que contribú-an a incrementar a participación das persoas inmigrantes e retor-nadas no mundo laboral. DOG 28/06/12

NORMATIVA Consellería de Sanidade: Decreto 126/2012, do 24 de maio, polo que se establece e se regula o sistema de información sobre o consumo de bebidas alcohólicas en menores. DOG 7/06/12

• 12 monitoras/es de tempo libre. Desenvolver actividades en campamentos, ludotecas, talleres, etc. Imprescindible carné de conducir. Valorase residencia na provincia da Coruña e cursos relacionados coa animación sociocultural, servizos sociais e peda-goxía. A Coruña.

• Secretaría Técnica a tempo parcial. Elaboración de formu-larios dos proxectos de cooperación, e levar conta das memorias de seguimento e xustificación técnica e económica, impartir charlas de sensibilización, promover campañas de captación de socios, etc. Imprescindible máster ou posgrao en cooperación e desenvolvemento, nivel medio-alto de inglés e formación no eido do xénero. Vigo

• Educador/a social para centro de día de menores. As fun-cións serán: planificar e executar as actividades do proxecto, coordinar a acción do voluntariado, realizar a intervención con familias e menores e elaborar informes. Verín.

• 18 monitores/as de tempo libre. Para campamento urbanos na cidade da Coruña durante o mes de Xullo. A Coruña.

• Docentes. Para impartir curso de dinamización cultural. Im-prescindible residir na provincia de Pontevedra, experiencia do-cente, formación complementaria relacionada coa dinamiza-ción cultural e formación metodolóxica. Pontevedra.

• Educador/a Social - Técnico de monoparentais. Para pla-nificar, executar e coordinar un proxecto de axuda a familias monoparentais. Ourense

• Educador/a Social. Para docencia dun curso de Dinamización comunitaria de 440 h. Vigo

• Formadores/as de formación ocupacional non regrada.

Para impartir un curso de Atención sociosanitaria a persoas no domicilio. Verín.

• Traballo no sector socioeducativo. Varios postos en diversas localidades do Reino Unido.

Estas son algunhas das ofertas de emprego que se publicaron este mes na nosa web. Para ver a información completa e actualizada, revisa a web do Ceesg: http://ceesg.org/servizos/emprego/bolsa-emprego-do-ceesg