4
Servizo de Produción Agraria Sustentable e Sanidade Vexetal Pax. 1 Boletín nº 10/08 11/xuño/2008 A última semana caraterizouse por un claro aumento das temperaturas, tempo seco e ventos do norte. As previsións apuntan a unha situación de estabilidade atmosférica ata a fin de semana, acadándose temperaturas de 18-28 ºC, e con un descenso evidente da humedade relativa. Durante a fin de semana a influencia anticiclónica debilitarase, incrementándose a inestabilidade, polo que agárdase un aumento da posibilidade de chuvias. As temperaturas descenderán lixeiramente. METEOROLOXÍA VIÑEDO D. O. Rías Baixas BOLETÍN FITOSANITARIO DE AVISOS E INFORMACIÓNS 11 de xuño de 2008 Nº 10/08 Estado fenolóxico medio H (botóns florais separados), predominante en Treixadura. I 1 (inicio floración), principalmente en Sousón. I 2 (floración), predominante en Caíño branco e tinto e en Brancellao. J (callado), sobretodo en Albariño e Loureiro branco. Respecto á campaña pasada, nestas datas obsérvase un lixeiro retraso no ciclo vexetativo do viñedo de arredor de 5 días. Na foto que se xunta pódese ver o estado da vexetación actual nunha plantación na D.O. Rías Baixas. Incidencias fisiolóxicas destacadas O tempo seco e o aumento das temperaturas dos últimos días aliviaron a situación da falla de callado por mor das insistentes chuvias, ao mesmo tempo que os ventos refachados provocaron a rotura dun pequeno porcentaxe de gomos. Incidencias fitopatolóxicas destacadas Mildeu (Plasmopara viticola). O aumento das temperaturas e a ausencia de chuvías dos días recentes foron ideais para frear os ciclos ininterrumpidos da enfermidade que se viñan sucedendo durante os dous últimos meses. Botrite (Botritis cinerea). Aconteceu o mesmo que no caso do Mildeu. O tempo seco frenou e erradicou os síntomas de Botrite en flor apuntados no anterior Boletín. Oidio (Uncicola necator). Non se observan síntomas. Pragas. Se observa presencia de Aranya roxa (Panonychus ulmi), pero en todo os casos lonxe dos umbrais de tratamento. O mesmo ocurre co Mosquito verde (Empoasca sp), do que se observou algún foco aillado no Condado, e da Avelaíña (Lobesia botrana e Clysia ambigüela) en acios. Recomendacións da semana A vista da previsión climatolóxica hai que aplicar un tratamento oportuno de caracter preventivo pre-infección en torno os días 13-14 de xuño. Seguindo coas recomendacións dadas en anteriores boletíns, os viñedos que no último tratamento utilizaran fitosanitarios de acción curativa(stopante)–erradicante-antiesporulante, nesta ocasión poderán tratar con materias activas exclusivamente de acción preventiva, xa

BOLETÍN FITOSANITARIO DE AVISOS E INFORMACIÓNSmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/agricultura/rede_avisos/... · última semana, é necesario aumentar o gasto de caldo a aplicar

Embed Size (px)

Citation preview

Servizo de Produción Agraria Sustentable e Sanidade Vexetal Pax. 1Boletín nº 10/08 11/xuño/2008

A última semana caraterizouse por un claro aumento das temperaturas, tempo seco e ventos do norte. As previsións apuntan a unha situación de estabilidade atmosférica ata a fin de semana, acadándose temperaturas de 18-28 ºC, e con un descenso evidente da humedade relativa. Durante a fin de semana a influencia anticiclónica debilitarase, incrementándose a inestabilidade, polo que agárdase un aumento da posibilidade de chuvias. As temperaturas descenderán lixeiramente.

METEOROLOXÍA

VIÑEDO

D. O. Rías Baixas

BOLETÍN FITOSANITARIO

DE AVISOS E INFORMACIÓNS

11 de xuño de 2008

Nº 10/08

Estado fenolóxico medioH (botóns florais separados), predominante en Treixadura.I1 (inicio floración), principalmente en Sousón.I2 (floración), predominante en Caíño branco e tinto e en Brancellao.J (callado), sobretodo en Albariño e Loureiro branco.

Respecto á campaña pasada, nestas datas obsérvase un lixeiro retraso no ciclo vexetativo do viñedo de arredor de 5 días.

Na foto que se xunta pódese ver o estado da vexetación actual nunha plantación na D.O. Rías Baixas.

Incidencias fisiolóxicas destacadas

O tempo seco e o aumento das temperaturas dos últimos días aliviaron a situación da falla de callado por mor das insistentes chuvias, ao mesmo tempo que os ventos refachados provocaron a rotura dun pequeno porcentaxe de gomos.

Incidencias fitopatolóxicas destacadas

Mildeu (Plasmopara viticola). O aumento das temperaturas e a ausencia de chuvías dos días recentes foron ideais para frear os ciclos ininterrumpidos da enfermidade que se viñan sucedendo durante os dous últimos meses.

Botrite (Botritis cinerea). Aconteceu o mesmo que no caso do Mildeu. O tempo seco frenou e erradicou os síntomas de Botrite en flor apuntados no anterior Boletín.

Oidio (Uncicola necator). Non se observan síntomas.

Pragas. Se observa presencia de Aranya roxa(Panonychus ulmi), pero en todo os casos lonxedos umbrais de tratamento. O mesmo ocurre coMosquito verde (Empoasca sp), do que se observou algún foco aillado no Condado, e da Avelaíña (Lobesia botrana e Clysia ambigüela) en acios.

Recomendacións da semana

A vista da previsión climatolóxica hai que aplicar un tratamento oportuno de caracterpreventivo pre-infección en torno os días 13-14 de xuño. Seguindo coas recomendacións dadas en anteriores boletíns, os viñedos que no último tratamento utilizaran fitosanitarios de acción curativa(stopante)–erradicante-antiesporulante, nesta ocasión poderán tratar con materias activas exclusivamente de acción preventiva, xa

Servizo de Produción Agraria Sustentable e Sanidade Vexetal Pax. 2Boletín nº 10/08 11/xuño/2008

o que se pretende é realizar unha acción pre-infección á vista das condicións meteorolóxicas pregistas para os días 15 a 17 de xuño (risco de precipitacións dispersas). Entre os preparados de carácter preventivo pódense mencionar os de contacto e os cuticulares Famoxadona e Zoxamida.

Por outro lado conviene ter en conta que, debido ao forte crecemento da gomariza durante a última semana, é necesario aumentar o gasto de caldo a aplicar ata os 800-900 lts/Ha en espaldeira e 1000-1100 lts/Ha en emparrado.

Boletín Fitosanitario de Avisos e Informacións

sigue D. O. Rías Baixas

Tamén hai que estar pendende da evolución do tempo, no sentido en que si hai precipitaciónsque coincidan con variedades que todavía non superaron a purga manteríase a recomendación de aplicar un antibotrítico a base demetiltiofanato, ciprodinil+fludioxinil,fenhexamida, folpet, iprodiona, boscalida,nepanipyrim ou pirimetanil. De selo caso, a aplicación deberíase dirixir os acios. Neste senso e tendo en conta as recomendacións anteriores para o mildeu, sería unha boa elección neste momento a aplicación de folpet (preventivo de mildeu e botrite) a toda a vexetación.

Neste momento deberanse colocar trampas de Avelaíña para estudiar o ciclo da 2ª curva de voo do insecto para poder determinar, nas próximas semanas, o momento ideal de tratamento.

DD. OO. Ribeiro, Ribeira Sacra, Valdeorras e Monterrei

Estado fenolóxico medio.Ribeiro e Ribeira Sacra: predomina o I1 (inicio da floración).Valdeorras e Monterrei: variable pero co estado H (botóns florais separados) maioritario.

Incidencias fitopatolóxicas máis destacadasEn xeral, a estabilidade atmosférica da derradeira semana e a eficacia dos tratamentos

fitosanitarios facilitaron o control das enfermidades fúnxicas. Non apareceron manchas novas de Mildeu, aínda que mantense a presenza de manchas de Black-rot de escasa importancia. Tamén se constata, de xeito aillado, a presenza de síntomas de Botrite en folla. Non se citan aínda síntomas de ataques de pragas.

Destacable pero sen importancia son os síntomas de Botrite en follas e en acios na zona de Verín en Monterrei, donde menciónase tamén novas manchas por Black-rot.

Recomendacións da semanaA predición meteorolóxica anuncia un empeoramento do tempo para a fin de semana, con risco

de que se produzan chuvias, polo que se deberá manter a protección do cultivo frente a Mildeu, Oídio e Black-rot. Ademáis, temos que ter en conta que a planta se atopa nun estado fenolóxico moi próximo á plena floración, polo que se fai necesario proporcionarlle a proteccion necesaria para evitar danos posteriores nos acios. Preferentemente aplicaranse materias activas de carácter sistémico que manteñan protexida a planta durante a floración.

HORTA HORTA nasnas RRíías as BaixasBaixas

Estados fenolóxicos medios TOMATE (invernadoiro): recoleción. PEMENTO (invernadoiro): recolección no pemento tipo Padrón e Arnoia. Crecemento nos demais tipos. XUDIA (invernadoiro): recoleción. XUDIA (aire libre): crecemento. COLES (exterior) e LEITUGA (exterior): varios ciclos en función da data de plantación. CEBOLA: inicio da formación do bulbo. PATACA. Ciclo temperán: tuberización. Ciclo medio: tuberización. Ciclo tardío: crecemento.

Servizo de Produción Agraria Sustentable e Sanidade Vexetal Pax. 3Boletín nº 10/08 11/xuño/2008

Boletín Fitosanitario de Avisos e Informacións

segue Horta

Producción O aumento da temperatura nos últimos días provocou un forte aumento dasproduccións de tomate e pemento en invernadoiro. Tamén a producción de xudía en invernadoiro e a xerminación e crecemento ao aire libre melloraron.

Incidencias fitopatolóxicas máis destacadasMildeu (Phytophtora infestans). Esta semana freouse a agresividade infecciosa da enfermidade, principalmente nos cultivos de pataca, cebola e últimamente tamén tomate.Oidiopse en pemento (Leveillula taurina). Seguen observándose síntomas de Oidiopse en pemento baixo abrigo con clorosis e necrosado na cara da folla e fieltro branco no revés.

Botrite (Botritis cinerea)No cultivo de tomate baixo abrigo seguen observándose síntomas, aínda que se prevee unha mellora da sanidade das plantas ao baixar a humidade ambiental. Na foto que se xunta, ataque de Botrite en tomate.

Por outro lado, obsérvase un repunte nos problemas de fungos no sistema radicular e no colo dalgúns cultivos hortícolas. Así, cítanse, entre outras, nestas datas, Sclerotinia (Sclerotinia sclerotiorum) en xudía e Raíz corchosa(Pirynochaeta licopersici) en tomate.

Plagas. No cultivo de pemento seguen observándose poboacións de Trips (Frankliniella occidentalis) e novos focos de Pulgón e Orugas. En xudía aumentaron as poboacións de Minador e en tomate hai presenza de Minador e Mosca branca.

Recomendacións da semana

Manter o control de Mildeu en especies sensibles, sobre todo en pataca, cebola e tomate. Tratar os invernadoiros de pemento con funxicidas autorizados para o control de Oiodiopse, seleccionando os de baixo prazo de seguridade posto que os ecotipos de pemento Padrón e Aarnoia xa están en período de recolección.

No cultivo de pemento para controlar o Trips (tamén vector da virose TSWV) manter as poboacións con control biolóxico con soltas da fauna auxiliar Orius e Amblyseius swirskii, posto que están dando moi bos resultados e evítanse resíduos nas productos agrícolas. Coviene consultar co servicio técnico do proveedor para adaptar as doses e nº de soltas a cada situación particular.

As demáis pragas trataranse en situacións nas que se superen os umbrais de tratamento e preferiblemente sobre os primeiros focos detectados (particularmente importante en Pulgón). Prestar atención os prazos de seguridade nos cultivos en recolección.

No cultivo de pataca tamén se recomenda colocar trampas (foto que se xunta) de seguimento da Polilla (Phoritimaea apercuella) para determinar o momento preciso para o control da praga durante as próximas semanas.

Tuta absoluta, “praga de cuarentena”.

É unha das polillas que afectan ao cultivo do tomate. A Consellería do Medio Rural, a través dos Servizos Técnicos Agraios Provinciais, está a colocar trampas-delta de monitoreo da praga de cuarentena Tuta absoluta nlgunhas explotacións de tomate. Esta polilla está presente no mediterráneo e non citouse aínda nos nosos cultivos.

Servizo de Produción Agraria Sustentable e Sanidade Vexetal Pax. 4Boletín nº 10/08 11/xuño/2008

Boletín Fitosanitario de Avisos e Informacións

debemos saber identificar sua sintomatoloxía para, de selo caso, ante sua detección ou apariencia poñelo en coñecemento do técnico da explotación e da Consellería do Medio Rural.

Xúntase unhas unhas imaxes ilustrativas recollidas en explotacións mediterráneas.

PATACA en A PATACA en A LimiaLimia

Dase por rematada a sementeira na práctica totalidade da comarca de A Limia. O retraso no ciclo do cultivo respecto a anteriores anos é moi importante.

A evolución do ciclo do cultivo é variable, pasando dende a fase de nascencia ata a fase de inicio de tuberización, podendo establecerse como estado fenolóxico maioritario o de desenrolo de follas.

De xeito xeral, non se detectaron síntomas de pragas e enfermidades. Non se recomendan tratamentos salvo nas parcelas que se atopen no inicio da tuberización, nas que se recomenda facer un tratamento preventivo contra o Mildeu a base de materias activas de carácter sistémico.Noutras zonas da provincia de Ourense o ciclo co cultivo vai moito máis adiantado que na Limia.

segue Horta