34
Número 608 IX lexislatura 26 de febreiro de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2. Propostas de normas 1.1.2.1. Proxectos e proposicións de lei 1.1.2.1.1. Proxectos de lei Rexeitamento de emendas á totalidade - 45722 (09/PL-000034) Presidencia da Xunta de Galicia Proxecto de lei da economía social de Galicia 142602 1.3. Procedementos de control e impulso 1.3.5. Mocións 1.3.5.4. Mocións tramitadas Aprobación por unanimidade con modificacións - 47156 (09/MOC-000164) Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego Prado Cores, María Montserrat Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central e as actuacións que debe levar a cabo en relación coa precarización do mercado laboral. (Moción a consecuencia da Interpelación nº 44814, publicada no BOPG nº 569, do 10.12.2015, e debatida na sesión plenaria do 09.02.2016) 142602 Aprobación por unanimidade sen modificacións - 47131 (09/MOC-000163) Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda Fajardo Recouso, Juan Manuel Sobre a actuación que debe levar a cabo o Goberno galego en rela- ción co Anteproxecto de lei de acuicultura de Galicia. (Moción a con- secuencia da Interpelación nº 45351, publicada no BOPG nº 585, do 20.01.2016, e debatida na sesión plenaria do 09.02.2016) 142602 Rexeitamento da iniciativa - 47178 (09/MOC-000165) Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Número 608 IX lexislatura 26 de febreiro de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1

Embed Size (px)

Citation preview

Número 608 IX lexislatura 26 de febreiro de 2016

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

SUMARIO

1. Procedementos parlamentarios1.1. Procedementos de natureza normativa1.1.2. Propostas de normas

1.1.2.1. Proxectos e proposicións de lei

1.1.2.1.1. Proxectos de lei

Rexeitamento de emendas á totalidade

- 45722 (09/PL-000034)

Presidencia da Xunta de Galicia

Proxecto de lei da economía social de Galicia 142602

1.3. Procedementos de control e impulso1.3.5. Mocións

1.3.5.4. Mocións tramitadas

Aprobación por unanimidade con modificacións

- 47156 (09/MOC-000164)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Prado Cores, María MontserratSobre as demandas que debe realizar o Goberno galego aoGoberno central e as actuacións que debe levar a cabo en relacióncoa precarización do mercado laboral. (Moción a consecuencia daInterpelación nº 44814, publicada no BOPG nº 569, do 10.12.2015,e debatida na sesión plenaria do 09.02.2016) 142602

Aprobación por unanimidade sen modificacións

- 47131 (09/MOC-000163)Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de EsquerdaFajardo Recouso, Juan ManuelSobre a actuación que debe levar a cabo o Goberno galego en rela-ción co Anteproxecto de lei de acuicultura de Galicia. (Moción a con-secuencia da Interpelación nº 45351, publicada no BOPG nº 585, do20.01.2016, e debatida na sesión plenaria do 09.02.2016) 142602

Rexeitamento da iniciativa

- 47178 (09/MOC-000165)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

Acuña do Campo, María Carmen

Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en

materia de atención psicoxeriátrica. (Moción a consecuencia da

Interpelación nº 41921, publicada no BOPG nº 527, do 30.09.2015,

e debatida na sesión plenaria do 09.02.2016) 142602

1.3.6. Proposicións non de lei

1.3.6.1. Proposicións non de lei en Pleno

1.3.6.1.4. Proposicións tramitadas

Aprobación sen modificacións

- 46355 (09/PNP-003360)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Moreira Ferro, Jacobo, e Gómez Alonso, Alejandro

Sobre a licitación polo Goberno galego das obras da reforma da

estrada PO-531, no tramo Pontevedra-Curro, e a priorización dos

puntos máis necesarios para a mellora da seguridade viaria 142603

Aprobación por unanimidade con modificacións

- 44931 (09/PNP-003257)

Grupo Parlamentario Mixto

Iglesias Sueiro, Carmen

Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao

Goberno central en relación co IVE que se está a aplicar aos pro-

dutos de hixiene íntima feminina 142603

- 46504 (09/PNP-003369)

Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda

Ron Fernández, José Javier, e cinco deputados/as máis

Sobre a realización polo Goberno galego das xestións necesarias

ante o Goberno central para o desenvolvemento do Plan de acolle-

mento e integración de persoas refuxiadas procedentes de Siria e

doutros países en guerra ou conflito 142603

Aprobación por unanimidade sen modificacións

- 45004 (09/PNP-003263)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Baamonde Díaz, Agustín, e seis deputados/as máis

Sobre a actuación que debe levar a cabo o Goberno galego en rela-

ción cos trámites para a inclusión do Códice Calixtino no rexistro de

Memoria do Mundo da Unesco 142603

Rexeitamento da iniciativa

- 42936 (09/PNP-003131)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Pontón Mondelo, Ana Belén

Sobre as demandas que o Goberno galego debe realizar ao

Goberno central para a posta en marcha e xestión de servizos ferro-

viarios de proximidade en Galicia 142604

- 45938 (09/PNP-003323)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

Burgo López, María Concepción, e tres deputados/as máis

Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en

relación coas recomendacións reflectidas no último informe do

Comité de Expertos da Carta europea das linguas rexionais ou

minoritarias en relación co uso da lingua galega nos diferentes

ámbitos 142604

- 46248 (09/PNP-003347)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Prado Cores, María Montserrat, e dous deputados/as máis

Sobre a posición do Parlamento de Galicia e as actuacións que

debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa decisión de

ampliar por sesenta anos máis a prórroga da concesión de Ence en

Lourizán, na ría de Pontevedra 142604

1.3.6.2. Proposicións non de lei en Comisión

1.3.6.2.4. Proposicións tramitadas

COMISIÓN 6ª, INDUSTRIA, ENERXÍA, COMERCIO E TURISMO

Aprobación por unanimidade con modificacións

- 44000 (09/PNC-003671)

Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda

Fajardo Recouso, Juan Manuel

Sobre a actuación que debe levar a cabo o Goberno galego e a

demanda que debe realizar ao Goberno central en relación co

acceso gratuíto a Internet nos servizos ferroviarios de Galicia, así

como nos medios de transporte público 142604

Rexeitamento das iniciativas

- 43043 (09/PNC-003603)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

Losada Álvarez, Abel Fermín, e dous deputados/as máis

SUMARIO

Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao

Goberno central en relación coas directrices do sector eléctrico en

curso, así como a presentación no Parlamento de Galicia, no actual

período de sesións, dunha estratexia enerxética 142604

- 45651 (09/PNC-003783)

Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda

Sánchez García, Antón, e cinco deputados/as máis

Sobre a actuación que debe levar a cabo o Goberno galego en rela-

ción co Tratado transatlántico de comercio e investimento (ou TTIP),

que están a negociar os Estados Unidos de América e a Unión Euro-

pea 142605

- 46006 (09/PNC-003813)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

Gallego Lomba, José Manuel e 2 máis

Sobre a elaboración e presentación polo Goberno galego no Parla-

mento de Galicia dun plan integral de axudas ao pequeno e mediano

comercio, e as actuacións que debe levar a cabo ao respecto

142605

- 46400 (09/PNC-003845)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Adán Villamarín, María do Carme

Sobre a publicación pola Xunta de Galicia da previsión plurianual

respecto do desenvolvemento do concurso eólico, nomeadamente

das autorizacións e da potencia eólica que se van instalar en Gali-

cia, así como dos proxectos industriais asociados, con especial

detalle para o ano 2016 142605

- 46402 (09/PNC-003846)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Adán Villamarín, María do Carme

Sobre o deseño e impulso pola Xunta de Galicia dunha estratexia

que favoreza a participación de capital galego nas empresas dos

principais sectores produtivos 142605

1.3.7. Outras propostas de resolución e acordos

1.3.7.1. Declaracións institucionais

Declaración institucional do Parlamento de Galicia, do 23 de febreiro

de 2016, en defensa dos empregos afectados polo ERE de Tragsa e

Tragsatec na Comunidade Autónoma de Galicia 142605

1.5. Procedementos relativos a outras institucións1.5.4. De ámbito europeo

1.5.4.1. Unión Europea

Resolución da Presidencia, do 25 de febreiro de 2016, pola que se

admite a trámite o escrito das Cortes Xerais polo que se achega

documentación relativa á Consulta sobre a aplicación do principio de

subsidiariedade na Proposta de decisión do Parlamento Europeo e

do Consello relativa ao establecemento dun mecanismo de inter-

cambio de información con respecto aos acordos intergobernamen-

tais e os instrumentos non vinculantes entre os Estados membros e

terceiros países no sector da enerxía e pola que se derroga a Deci-

sión nº 994/2012/UE (texto pertinente para efectos do EEE) [COM

(2016) 53 final] [2016/031 (COD)] {SWD (2016) 27 final} {SWD

(2016) 28 final}

-09/UECS-000243 (47757)

Consulta sobre a aplicación do principio de subsidiariedade na Pro-

posta de decisión do Parlamento Europeo e do Consello relativa ao

establecemento dun mecanismo de intercambio de información con

respecto aos acordos intergobernamentais e os instrumentos non

vinculantes entre os Estados membros e terceiros países no sector

da enerxía e pola que se derroga a Decisión nº 994/2012/UE (texto

pertinente para efectos do EEE) [COM (2016) 53 final] [2016/031

(COD)] {SWD (2016) 27 final} {SWD (2016) 28 final} 14260

SUMARIO

O Pleno do Parlamento, na sesión do 23 de febreiro de 2016,adoptou os seguintes acordos:

1. Procedementos parlamentarios1.1. Procedementos de natureza normativa1.1.2. Propostas de normas

1.1.2.1. Proxectos e proposicións de lei

1.1.2.1.1. Proxectos de lei

Rexeitamento de emendas á totalidade

- 45722 (09/PL-000034)Presidencia da Xunta de GaliciaProxecto de lei da economía social de GaliciaBOPG nº 589, do 26.01.2016

Sométense a votación as emendas á totalidade de devolu-ción, e resultan rexeitadas por 33 votos a favor, 41 votos encontra e ningunha abstención.

1.3. Procedementos de control e impulso1.3.5. Mocións

1.3.5.4. Mocións tramitadas

Aprobación por unanimidade con modificacións

- 47156 (09/MOC-000164)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPrado Cores, María MontserratSobre as demandas que debe realizar o Goberno galego aoGoberno central e as actuacións que debe levar a cabo enrelación coa precarización do mercado laboral. (Moción aconsecuencia da Interpelación nº 44814, publicada noBOPG nº 569, do 10.12.2015, e debatida na sesión plenariado 09.02.2016)BOPG nº 602, do 17.02.2016

Sométese a votación e resulta aprobada, con modificaciónsrespecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 69 deputa-dos e deputadas presentes.

O texto aprobado é o seguinte:

«O Parlamento de Galicia insta o Goberno galego a:

Realizar todas as actuacións precisas para que un obxectivoprioritario da Inspección de Traballo sexa detectar e denun-ciar a explotación laboral.

Proceder á apertura dunha mesa de diálogo, na que esteanpresentes representantes da Xunta, de COPASA, empresaconcesionaria do transporte de residuos urbanos deSOGAMA, e dos/as traballadores/as da antiga empresa con-cesionaria, no obxectivo de que non queden na rúa ningúndos/as 69 traballadores/as e se manteñan como mínimo ascondicións salariais e laborais actuais.»

Aprobación por unanimidade sen modificacións

- 47131 (09/MOC-000163)Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de EsquerdaFajardo Recouso, Juan ManuelSobre a actuación que debe levar a cabo o Goberno galegoen relación co Anteproxecto de lei de acuicultura de Galicia.(Moción a consecuencia da Interpelación nº 45351, publi-cada no BOPG nº 585, do 20.01.2016, e debatida na sesiónplenaria do 09.02.2016)BOPG nº 602, do 17.02.2016

Sométese a votación e resulta aprobada, sen modificaciónsrespecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 69 deputa-dos e deputadas presentes.

O texto aprobado é o seguinte:

«O Parlamento galego insta a Xunta a retirar de forma inme-diata o Anteproxecto de lei de acuicultura de Galicia.»

Rexeitamento da iniciativa

- 47178 (09/MOC-000165)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaAcuña do Campo, María CarmenSobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galegoen materia de atención psicoxeriátrica. (Moción a conse-cuencia da Interpelación nº 41921, publicada no BOPG nº527, do 30.09.2015, e debatida na sesión plenaria do09.02.2016)BOPG nº 602, do 17.02.2016

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

142602

Número 60826 de febreiro de 2016

Sométese a votación e resulta rexeitada por 30 votos a favor,39 votos en contra e ningunha abstención.

1.3.6. Proposicións non de lei

1.3.6.1. Proposicións non de lei en Pleno

1.3.6.1.4. Proposicións tramitadas

Aprobación sen modificacións

- 46355 (09/PNP-003360)Grupo Parlamentario Popular de GaliciaMoreira Ferro, Jacobo, e Gómez Alonso, AlejandroSobre a licitación polo Goberno galego das obras da reforma daestrada PO-531, no tramo Pontevedra-Curro, e a priorizacióndos puntos máis necesarios para a mellora da seguridade viariaBOPG nº 598, do 10.02.2016

Sométese a votación e resulta aprobada sen modifica-cións por 40 votos a favor, 32 votos en contra e ningunhaabstención.

O texto aprobado é o seguinte:

«O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a licitar aexecución da reforma da PO-531 no tramo Pontevedra-Curro, priorizando os puntos máis necesarios para a mellorada seguridade viaria.»

Aprobación por unanimidade con modificacións

- 44931 (09/PNP-003257)Grupo Parlamentario MixtoIglesias Sueiro, CarmenSobre as demandas que debe realizar o Goberno galego aoGoberno central en relación co IVE que se está a aplicar aosprodutos de hixiene íntima femininaBOPG nº 578, do 29.12.2015

Sométese a votación e resulta aprobada, con modificaciónsrespecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 72 deputa-dos e deputadas presentes.

O texto aprobado é o seguinte:

«O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a nego-ciar co Goberno do Estado a rebaixa do IVE ao 4 % para os

produtos de hixiene feminina como compresas, tampóns oucopas menstruais.»

- 46504 (09/PNP-003369)Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de EsquerdaRon Fernández, José Javier, e cinco deputados/as máisSobre a realización polo Goberno galego das xestións nece-sarias ante o Goberno central para o desenvolvemento doPlan de acollemento e integración de persoas refuxiadas pro-cedentes de Siria e doutros países en guerra ou conflitoBOPG nº 598, do 10.02.2016

Sométese a votación e resulta aprobada, con modificaciónsrespecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 72 deputa-dos e deputadas presentes.

O texto aprobado é o seguinte:

«O Parlamento galego insta a Xunta a que desenvolva as actua-cións oportunas diante do Goberno central conducentes a facerrealidade o Plan de acollida e integración de persoas refuxiadasprocedentes de Siria e outros países en guerra ou conflito.

O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a demandar doGoberno de España a aplicación urxente dos acordos acada-dos e aprobados por unanimidade do Congreso dos Deputa-dos, na súa sesión plenaria do 29 de setembro de 2015, sobrea crise humanitaria de refuxiados, e dar cumprimento a todasas súas conclusións, especialmente as actuacións previstasna devandita resolución parlamentaria en materia de acollidae integración de refuxiados.»

Aprobación por unanimidade sen modificacións

- 45004 (09/PNP-003263)Grupo Parlamentario Popular de GaliciaBaamonde Díaz, Agustín, e seis deputados/as máisSobre a actuación que debe levar a cabo o Goberno galegoen relación cos trámites para a inclusión do Códice Calixtinono rexistro de Memoria do Mundo da UnescoBOPG nº 578, do 29.12.2015

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificaciónspola unanimidade dos 72 deputados e deputadas presentes.

O texto aprobado é o seguinte:

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIANúmero 60826 de febreiro de 2016

142603

«O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a propi-ciar contactos con institucións e organizacións políticas,sociais e culturais que apoien e reforcen os trámites quecumpra realizar para acadar a inclusión do Códice Calixtinono rexistro de Memoria do Mundo da Unesco.»

Rexeitamento da iniciativa

- 42936 (09/PNP-003131)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPontón Mondelo, Ana BelénSobre as demandas que o Goberno galego debe realizar aoGoberno central para a posta en marcha e xestión de servi-zos ferroviarios de proximidade en GaliciaBOPG nº 542, do 28.10.2015

Sométese a votación e resulta rexeitada por 32 votos a favor,40 votos en contra e ningunha abstención.

- 45938 (09/PNP-003323)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaBurgo López, María Concepción, e tres deputados/as máisSobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galegoen relación coas recomendacións reflectidas no últimoinforme do Comité de Expertos da Carta europea das linguasrexionais ou minoritarias en relación co uso da lingua galeganos diferentes ámbitosBOPG nº 594, do 03.02.2016

Sométese a votación e resulta rexeitada por 32 votos a favor,40 votos en contra e ningunha abstención.

- 46248 (09/PNP-003347)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPrado Cores, María Montserrat, e dous deputados/as máisSobre a posición do Parlamento de Galicia e as actuaciónsque debe levar a cabo o Goberno galego en relación coadecisión de ampliar por sesenta anos máis a prórroga da con-cesión de Ence en Lourizán, na ría de PontevedraBOPG nº 594, do 03.02.2016

Sométese a votación e resulta rexeitada por 32 votos a favor,40 votos en contra e ningunha abstención.

Santiago de Compostela, 25 de febreiro de 2016Miguel Ángel Santalices Vieira

Presidente

1.3.6.2. Proposicións non de lei en Comisión

1.3.6.2.4. Proposicións tramitadas

COMISIÓN 6ª, INDUSTRIA, ENERXÍA, COMERCIO E TURISMO

A Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, nasúa sesión do 25 de febreiro de 2016, adoptou os seguintesacordos:

Aprobación por unanimidade con modificacións

- 44000 (09/PNC-003671)Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de EsquerdaFajardo Recouso, Juan ManuelSobre a actuación que debe levar a cabo o Goberno galego ea demanda que debe realizar ao Goberno central en relaciónco acceso gratuíto a Internet nos servizos ferroviarios deGalicia, así como nos medios de transporte públicoBOPG nº 560, do 26.11.2015

Sométese a votación por puntos :Punto 1º: aprobado pola unanimidade dos 14 deputados edeputadas presentes

Punto 2º: rexeitado por 5 votos a favor, 8 en contra e 0abstencións

O texto aprobado é o seguinte:

«O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a:

1. Demandar do Goberno Central a inmediata instalación demedios de acceso gratuíto a Internet, vinculadas ao uso domedio, nos servizos ferroviarios de Galicia.»

Rexeitamento das iniciativas

- 43043 (09/PNC-003603)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaLosada Álvarez, Abel Fermín, e dous deputados/as máisSobre as demandas que debe realizar o Goberno galego aoGoberno central en relación coas directrices do sector eléc-trico en curso, así como a presentación no Parlamento deGalicia, no actual período de sesións, dunha estratexia ener-xéticaBOPG nº 542, do 28.10.2015

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

142604

Número 60826 de febreiro de 2016

Sométese a votación e resulta rexeitada por 5 votos a favor,8 votos en contra e 0 abstencións.

- 45651 (09/PNC-003783)Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de EsquerdaSánchez García, Antón, e cinco deputados/as máisSobre a actuación que debe levar a cabo o Goberno galegoen relación co Tratado transatlántico de comercio e investi-mento (ou TTIP), que están a negociar os Estados Unidos deAmérica e a Unión EuropeaBOPG nº 590, do 27.01.2016

Sométese a votación e resulta rexeitada por 2 votos a favor,11 votos en contra e 0 abstencións.

- 46006 (09/PNC-003813)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaGallego Lomba, José Manuel e 2 máisSobre a elaboración e presentación polo Goberno galego noParlamento de Galicia dun plan integral de axudas aopequeno e mediano comercio, e as actuacións que debe levara cabo ao respectoBOPG n.º 594, do 03.02.2016

Sométese a votación e resulta rexeitada por 5 votos a favor,8 votos en contra e 0 abstencións.

- 46400 (09/PNC-003845)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoAdán Villamarín, María do CarmeSobre a publicación pola Xunta de Galicia da previsión plu-rianual respecto do desenvolvemento do concurso eólico,nomeadamente das autorizacións e da potencia eólica que sevan instalar en Galicia, así como dos proxectos industriaisasociados, con especial detalle para o ano 2016BOPG nº 598, do 10.02.2016

Sométese a votación e resulta rexeitada por 5 votos a favor,8 votos en contra e 0 abstencións.

- 46402 (09/PNC-003846)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoAdán Villamarín, María do CarmeSobre o deseño e impulso pola Xunta de Galicia dunha estra-texia que favoreza a participación de capital galego nasempresas dos principais sectores produtivos

BOPG nº 598, do 10.02.2016

Sométese a votación e resulta rexeitada por 5 votos a favor,8 votos en contra e 0 abstencións.

Santiago de Compostela, 25 de febreiro de 2016María Soledad Soneira TajesVicepresidenta 2ª

1.3.7. Outras propostas de resolución e acordos

1.3.7.1. Declaracións institucionais

Declaración institucional do Parlamento de Galicia, do 23 de

febreiro de 2016, en defensa dos empregos afectados polo ERE

de Tragsa e Tragsatec na Comunidade Autónoma de Galicia

O Pleno da Cámara, na súa sesión do día 23 de febreiro de2016, adoptou, por asentimento, o seguinte acordo:

Declaración institucional en defensa dos empregos afecta-dos polo ERE de Tragsa e Tragsatec na Comunidade Autó-noma de Galicia.

O texto aprobado é o seguinte:

«O pasado 21 de xaneiro, a empresa pública Tragsa e a súafilial Tragsatec daban por finalizada a aplicación do EREque viñan aplicando, de forma que este expediente afectouen toda España a 555 persoas, dos 1.336 despedimentos pre-vistos inicialmente.

En Galicia, os despedimentos afectaron a 77 traballadores etraballadoras, o que representa un 32 % sobre o cadro de per-soal fixo, establecido en 238 empregados, unha cifra alar-mantemente alta. Entendendo que o ERE non pode afectardesta forma a nosa comunidade, e entendendo que as causasque o xustificaron xa non están vixentes, o Parlamento deGalicia insta á reincorporación dos traballadores da empresana nosa comunidade afectados polo devandito ERE.

Neste sentido, o Parlamento Galego amosa o seu respaldoaos traballadores de Tragsa e Tragstec en Galicia, e insta aXunta de Galicia a dirixirse ao Goberno de España e á direc-ción das empresas para solicitar a readmisión dos 77 traba-lladores e traballadoras despedidos en Galicia, e a que instea empresa a iniciar coa maior brevidade posible as negocia-

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIANúmero 60826 de febreiro de 2016

142605

cións necesarias cos representantes legais do cadro de per-soal para dar fin ao conflito laboral creado, toda vez que ascausas económicas, produtivas e organizativas que no seudía xustificaron o procedemento.»

Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 2016Miguel Ángel Santalices Vieira

Presidente

1.5. Procedementos relativos a outras institucións1.5.4. De ámbito europeo

1.5.4.1. Unión Europea

Resolución da Presidencia, do 25 de febreiro de 2016, pola que

se admite a trámite o escrito das Cortes Xerais polo que se

achega documentación relativa á Consulta sobre a aplicación

do principio de subsidiariedade na Proposta de decisión do

Parlamento Europeo e do Consello relativa ao establecemento

dun mecanismo de intercambio de información con respecto

aos acordos intergobernamentais e os instrumentos non vincu-

lantes entre os Estados membros e terceiros países no sector

da enerxía e pola que se derroga a Decisión nº 994/2012/UE

(texto pertinente para efectos do EEE) [COM (2016) 53 final]

[2016/031 (COD)] {SWD (2016) 27 final} {SWD (2016) 28 final}

-09/UECS-000243 (47757)Consulta sobre a aplicación do principio de subsidiariedadena Proposta de decisión do Parlamento Europeo e do Conse-llo relativa ao establecemento dun mecanismo de intercam-bio de información con respecto aos acordos intergoberna-mentais e os instrumentos non vinculantes entre os Estadosmembros e terceiros países no sector da enerxía e pola quese derroga a Decisión nº 994/2012/UE (texto pertinente paraefectos do EEE) [COM (2016) 53 final] [2016/031 (COD)]{SWD (2016) 27 final} {SWD (2016) 28 final}

No Rexistro Xeral do Parlamento de Galicia tivo entrada, conúmero 47757, o escrito das Cortes Xerais polo que seachega documentación relativa á solicitude da ComisiónMixta para a Unión Europea en relación coa Consulta sobrea aplicación do principio de subsidiariedade na Proposta de

decisión do Parlamento Europeo e do Consello relativa aoestablecemento dun mecanismo de intercambio de informa-ción con respecto aos acordos intergobernamentais e os ins-trumentos non vinculantes entre os Estados membros e ter-ceiros países no sector da enerxía e pola que se derroga aDecisión nº 994/2012/UE (texto pertinente para efectos doEEE) [COM (2016) 53 final] [2016/031 (COD)] {SWD(2016) 27 final} {SWD (2016) 28 final}.

Conforme o establecido na norma segunda das Normasreguladoras do procedemento para o control do principio desubsidiariedade nos proxectos lexislativos da Unión Euro-pea (nos BOPG núms. 276, do 16 de xullo de 2010, e 446,do 7 de abril de 2011), resolvo:

1º. Trasladar o referido escrito á Comisión de Asuntos Euro-peos e aos portavoces dos grupos parlamentarios e ordenar asúa publicación no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia.

2º. Conforme o disposto na norma terceira das citadas nor-mas, no prazo dos dez días naturais seguintes á remisión doproxecto de acto lexislativo, os grupos parlamentarios pode-rán presentar propostas de ditame motivado nas que deberánexpoñer as razóns polas que consideran que o proxecto deacto lexislativo da Unión Europea resulta contrario, en todoou en parte, ao principio de subsidiariedade.

As propostas de ditame motivado presentaranse ante a Mesada Comisión Permanente non Lexislativa para AsuntosEuropeos, que as cualificará e admitirá a trámite se reúnenos requisitos establecidos neste acordo.

A ausencia de propostas de ditame determinará a finaliza-ción do procedemento.

3º. Dar conta desta resolución na próxima reunión da Mesaque teña lugar.

Santiago de Compostela, 25 de febreiro de 2016Miguel Ángel Santalices Vieira

Presidente

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

142606

Número 60826 de febreiro de 2016

142608

142609

142610

142611

142612

142613

142614

142615

142616

142617

142618

142619

142620

142621

142622

142623

142624

142625

142626

142627

142628

142629

142630

142631

142632

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIAEdición e subscricións: Servizo de Publicacións do Parlamento de Galicia.

Hórreo, 63. 15702. Santiago de Compostela. Telf. 981 55 13 00. Fax. 981 55 14 25

Dep. Leg. C-155-1982. ISSN 1133-2727