12
populares popul populares ares populares populares opulares | Boletín informativo nº2 | Xaneiro 2010 | | www.pppontevedra.com | o grove visite o noso sitio web en www.ppdogrove.blogspot.com A Xustiza exculpa a Miguel Ángel Pérez e a Alexandre Aguín no caso das listas vascas O Goberno local ten sumida no abandono a parroquia de San Vicente (páx. 5) A economía municipal: nin austeridade nin control do gasto (páx. 8) O NOVO DESLINDE DE COSTAS AFECTA GRAVEMENTE A PORTO MELOXO O concello concedeu a práctica totalidade das obras do Plan “E” a empresas foráneas (páx. 4) (páx. 11) (páx. 3)

Boletín PP do Grove

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Boletín do PP do Grove

Citation preview

Page 1: Boletín PP do Grove

populares populpopularespopulares populares

popularespopulares

| Boletín informativo nº2 | Xaneiro 2010 | | www.pppontevedra.com |

o grove

visite o noso sitio web en www.ppdogrove.blogspot.com

A Xustiza exculpaa Miguel Ángel Péreze a Alexandre Aguínno caso das listas vascas

O Goberno local ten sumida no abandono a parroquia de San Vicente (páx. 5)

A economía municipal:nin austeridade nin controldo gasto (páx. 8)

O NOVO DESLINDE DE COSTAS AFECTA GRAVEMENTE A PORTO MELOXO

O concello concedeu a práctica totalidade das obras do Plan “E” a empresas foráneas

(páx. 4)

(páx. 11)

(páx. 3)

Page 2: Boletín PP do Grove

populares popularespopulares popularespopulares populares

popularespopulares

2

popularespopulares

populares

Benqueridos amigos e amigas:

Vimos de rematar un ano duro, un ano de moito traballo, pero tamén de celebración e de éxitos.

Tivemos que traballar arreo para que, por fin, Galicia poida ter novamente un goberno popu-lar, un goberno atento aos problemas da xente e capaz de facer propostas realistas e serias.

Tivemos que traballar moito e fixémolo, pero os resultados están á vista e dannos razóns para estar satisfeitos.

Pero queda aínda moito camiño por andar, queda moito por facer e, sobre todo, son moitas as fa-milias, as empresas, os colectivos, que reclaman apoio e solucións para os seus problemas. A crise segue aí e esixe que sigamos adiante.

Propóñovos a todos sumarvos a un compromiso: ao compromiso de traballar para que as cou-sas cambien en España e tamén no Grove. Temos para iso un plan, unha folla de ruta que se centra nunha premisa básica: a aposta polas persoas.

Non nos esquecemos que grazas a este compromiso coas persoas, a esta aposta por unha polí-tica de solucións e non de problemas, o PP viviu en Galicia un ano de éxitos electorais que se reflexou tamén aquí, no Grove, nun auxe da súa base electoral.

É, sen dúbida, unha razón para estar alegres e para afrontar 2010 con novos folgos e con ilu-sións renovadas.

Desde o Partido Popular temos moi claro que a nosa política debe fundamentarse en piares sólidos como a seriedade, o compromiso, a honestidade e o traballo duro.

Sobre eles traballamos tanto naquelas institucións nas que asumimos a responsabilidade de Goberno, como a Xunta ou a Deputación de Pontevedra, como desde aquelas onde nos tocou a noble labor da oposición, como é o caso deste concello de O Grove, onde contamos cun equipo que aposta forte polo desenvolvemento do concello e que non lle treme o pulso á hora de esixir solucións adaptadas á realidade local.

É un traballo centrado no contacto permanente coa poboación local, na atención ás necesida-des de todos os barrios deste concello e en escoitar a todos aqueles que tedes algo que dicirnos. Pero tamén é unha labor de seguimento e control da acción de goberno, que implica denunciar e tratar de que se corrixan os erros, as omisións ou as irregularidades do Goberno local.

Esta publicación que agora tedes nas vosas mans pretende, precisamente, achegarvos á esa actividade dos “populares” do Grove e facervos partícipes das nosas actividades.

Agardo que resulte do voso agrado.

Rafael Louzán AbalPresidente Provincial do PP de Pontevedra

Page 3: Boletín PP do Grove

popularespopulares

populares populares

popularespopularespopulares

popularespopulares

populares

populares _

3

LISTAS VASCAS

Como xa é por todos coñe-cido, o asunto das listas vascas rematou felizmente para os nosos compañeiros, e de ma-neira desgraciada para o cua-tripartito que, sen ter “pito que tocar” no asunto, utilizou toda a maquinaria municipal e os fon-dos do concello para, sen nin-gún tipo de pudor, tentar acabar con eles.

Primeiro, o xulgado de Cambados e logo a Audiencia Provincial exculparon totalmen-te aos concelleiros do PP Miguel Ángel Pérez García e Alexandre Aguín Castro de calquera res-ponsabilidade neste asunto.

Aínda así, os membros do goberno local, co seu alcalde á cabeza, non tiveron sequera a vergoña de desculparse polo acoso e persecución que fixeron a estes dous compañeiros, a pesares do incosistente das súas acusacións.

Quedou patente e demostrado que todo se trataba dunha persecución política, por canto todos os argumentos do equi-po de goberno se viñeron rapidamente abaixo.

Mentres aos concelleiros do PP os acusaron, os denuncia-ron e os perseguiron ata o mesmo momento no que os xuíces dixeron que non teñen implicación algunha, os membros do Goberno local seguen a protexer á única persoa que segue im-putada e pendente de xuízo neste caso, sendo persoal da súa confianza no concello.

Ata chegaron a retirar a asistencia xurídica que levaba a acu-sación particular contra os acusados no proceso das listas vas-cas, curiosamente logo de que os concelleiros do PP quedasen exculpados, nunha clara manobra para tratar de “non prexudi-car” á imputada deste caso, aínda que poidera ser moi tarde.

¿Por qué fixeron toda esta persecución cos cartos de todos (do concello) e non cos seus ou os dos seus partidos políticos?

¿Que tiña que ver o concello en todo isto, máis que o de poder ser usado (os seus fondos) para satisfacer o equipo de Goberno unha vergoñenta vinganza?

¿Por qué retiran a asistencia xurídica agora, se tanto em-peño tiñan en defender os intereses municipais e a honorabi-lidade do concello?

Agora resulta que temos ao alcalde imputado e nuns días ten que declarar, pero comprobamos que o guión non é o mes-mo para todos. ¿Recordan o que dicía el cando os nosos com-pañeiros se viron nesa situación? Esixeulles a dimisión. ¿Por qué agora non se aplica el o conto?

¿E que me din da actuación do Bloque no mesmo tema? Incluso convocou roldas de prensa para condenar a todo o mundo, cando aínda non o fixeran os xuíces. Tiveron que tragar todo o que dixeron, pero non foron capaces de pronun-ciar unhas desculpas. Isto, amigos, é o que temos por alcalde e goberno.

Non só son uns mediocres no político, senón tamén uns malvados no persoal. Logo de anos de tranquilidade social no noso concello, de paz institucional, de recupe-rar o clima político sosegado, con eles chegou de novo o odio, a vinganza e o recordo de tempos que felizmente estaban olvidados na vida política grovense. Esperamos que por pouco tempo.

Miguel Ángel Pérez voceiro do Grupo Municipal Popular e presidente local do PP

O concelleiro do PP, Alexandre Aguín Castro

A dobre bara de medir empregada polo equipo de Goberno, vese no apoio que agora daná única persoa que continúa imputada neste caso e que é persoal de confianza no concello

O goberno local empregou toda a súa artillería para atacar a Miguel Ángel Pérez e a Alexandre Aguín,declarados inocentes pola xustiza

Page 4: Boletín PP do Grove

populares popularespopulares popularespopulares populares

popularespopulares

4

popularespopulares

populares

O novo deslinde de costas amplía a liña de protección dos 20 metros actuais ata os 100 e afecta gravemente a área de Porto Meloxo

Mapa do actual deslinde e do previsto por Costas

A zona de Porto Meloxo verase gravemente prexudicada polo novo deslinde de Costas

A finais de maio, logo de coñecer que veciños de O Gro-ve se estaban a desprazar á cidade de Pontevedra para saber como lle afectaba o novo deslinde de Costas no noso concello ás súas propiedades, o PP de O Grove solicitou ao Goberno local que dese aviso a toda a poboación para que ese trámite se fixese no propio concello, evitando así os molestos traslados a Pontevedra.

Do mesmo xeito, solicitou que se puxese á disposición dos afectados un técnico municipal que os puidese orientar e, in-cluso, axudarlle a confeccionar as súas alegacións no caso de que as houbese.

Coma sempre que se trata dunha proposta do PP, o Gober-no local non fixo caso algún. Días despois, comprobando a documentación, observamos como a zona de Porto Meloxo es-taba totalmente afectada por un novo deslinde que leva a liña dos vinte metros de sempre ata os cen metros. Quere dicir isto que cambian a situación desta zona, usurpándolle a condición de urbana que tiña ata este momento.

Quedan, por tanto e se iso non se corrixe, as propiedades situadas nun radio de cen metros desde a liña de costa des-posuídas duns dereitos urbanísticos que lle permitían cons-truír, e aquelas que xa teñen edificacións construídas poden quedar fóra de ordenación.

O PP considera que isto é un feito gravísimo “que desexa-mos que se corrixa”, pero cre que resulta aínda “máis grave” que o concello non informase aos veciños para que estes poi-desen presentar alegacións e soubesen cal era a situación na

que Costas pretende deixar as súas propiedades, deixando aos veciños nunha situación de indefensión tremenda que podería ter terribles consecuencias.

O voceiro municipal do PP salienta que “é inconcebible esta maneira de proceder, cando se coñecía a situación e o pro-pio goberno xa fora advertido da necesidade de informar aos veciños por parte do PP”.

A día de hoxe, e logo dunhas reclamacións do concello ante este deslinde, Costas constestou aceptando tán só en par-te as alegacións e deixando pendente durante un ano a resolu-ción para Porto Meloxo. A resolución é de agosto de 2009 e o concello aínda non fixo nada novo para resolver o problema nin informou aos veciños da grave situación na que se atopan. ¿A que espera?

Page 5: Boletín PP do Grove

popularespopulares

populares populares

popularespopularespopulares

popularespopulares

populares

populares _

5

CRÓNICAS DENDE A ALDEA

¿Que fixemos os veciños de San Vicente para que este alcalde nos teña tan esquecidos?

Comezou o seu mandato paralizando unha partida de 400.000 euros que o goberno anterior deixara no orzamento do 2006 (con proxecto incluído) para as melloras do Campo de Lampáns, e ata que a rebaixou en máis de 100.000 euros non quedou contento.

A pesar de prometer que o diñeiro que se restara a esta obra se ía investir en San Vicente, nada se soubo do asunto. Directamente, deixounos sen eses investimentos.

Retirou, en pleno e coa complicidade do famoso cua-tripartito, unha partida de case 50.000 euros que tiñamos nesta parroquia para instalar auga e saneamento, e levouna a unha barriada do Grove.

Retirou tamén unha partida de 24.000 euros do orza-mento de 2006 destinada ao remate do local das Paladas

Á biblioteca que temos na parroquia e máis á aula de informática (casa da cultura Ángel Vázquez Hereder) reti-roulle a persoa que a atendía por horas, de forma que agora non se pode facer uso destas instalacións e, polo tanto, é como se non as tivesemos.

Nas actuacións do “Plan E”, reservou para esta “perdida” pa-rroquia 230.000 € dun total de case 2.000.000 €, (un parque in-fantil e unha fase da Salazón). E dicir, un 11,5% do total.

No novo “Plan E” do 2010 (sobre 1.240.000 €) e no Plan anticrise da Deputación (895.000 €), que é o concello quen decide as obras a execu-tar, cremos que reservan (pois a nós ninguén nos di nada) algo menos que no anterior, a pesar de dispór de máis cartos. Se se confirma o que sospeitamos, baixaremos do 10%.

A actuación que prevén financiar con estes fondos decídea unilateralmente o alcalde e as solicitudes que os veciños fixemos (por escrito e a través da Comunidade de Montes), non se tiveron en conta.

Para rematar, xa vedes o que vai pasar con Bizocas, tampouco se comprometen con iso.

Os camiños e pistas desta parroquia fai máis de dous anos que non ven unha desbrozadora, nin mantemento de ningún tipo, ao igual que a estrada, na que hai treitos nos

que as silvas invaden xa as beiravías. Ben-ditos veciños que se ocupan diso.

As promesas de todo tipo que nos fixe-ron levounas o vento, e aínda que queda ano e medio de mandato, o que non fixeron xa non esperamos que o fagan. Moitas gracias, sr. alcalde.

Sufridos veciños de San Vicente

A actitude do Goberno local deixou aos veciños de San Vicente sen acceso aos recursos da Biblioteca

Imaxe do pavillón do IES Bizocas

A amarga historia do abandono no que o Goberno local ten sumida a parroquia de San Vicente

Page 6: Boletín PP do Grove

populares popularespopulares popularespopulares populares

popularespopulares

6

popularespopulares

populares

ADIVIÑA, ADIVIÑANZA

Galaspor

encargo ¿Sabían vostedes que un concelleiro (liberado él) encarga a or-

ganización de todos os eventos da súa concellalía a unha empresa, pese a tratarse dun traballo moi sinxelo que ata o de agora sempre se fixo polo propio concelleiro responsable (e iso que non estaban libe-rados) axudado por algún funcionario e sen maiores problemas?

Os cartos que hai que pagar a estas empresass son cantidades importantes que van en detrimento dos eventos deportivos, posto que se detraen da partida de actividades deportivas. ¿E que tanto tra-ballo tén o concelleiro que non pode organizar unha gala sen recorrir a unha empresa que por algo tan sinxelo cobra ata 4.000 euros?

Gala do Deporte

¿Cando poderá ter novos libros a Biblioteca de O Griove?

Sen libros paraas bibliotecas

Cando por moito, cando por pouco. Así traballa o equipo de Goberno local. Resulta que no ano 2008 exis-tía no orzamento municipal unha partida de 6.000 euros para mobiliario na Casa da Cultura da que non se gastou un só euro.

Se isto é grave, moito peor é que, existindo 7.000 euros para a compra de libros no ano 2008, tan só se gastasen 775 para pagar os boletíns oficiais. ¿Acaso non interesa que os veciños e veciñas de O Grove se infor-men, estuden ou, simplemente, disfruten da lectura?. No 2009 a cantidade asignada á adquisición de libros baixou a 2.000 euros, pero tampouco os gastaron. Non se mer-cou un só libro para as bibliotecas de O Grove dende que o cuatripartito accedeu ao poder.

Malia todo, o concelleiro responsable do ramo segue a queixarse da falla de recursos cada vez que desde o PP lle pedimos que abra as bibliotecas de San Vicente (que levan dous anos e medio pechadas, ¡menudo casti-go!) e resulta que dos 60.000 euros dos que dispuxo en 2008 para actos e actividades culturais deixou sen gastar 21.300 euros.

¿Cantas actividades deixou de levar a cabo con eses cartos? ¿Cantas veces lle dixo que non a propostas de Asociacións culturais afirmando que non tiña cartos? ¿Non era este concelleiro o que ía revolucionar o mundo da cultura no Grove? ¿Quen será, quen será...........?

Noutra das súas responsabilidades, Recuperación do Patrimonio, a pesar das moreas de promesas que fixo, tampouco gastou un só dos 10.800 euros dos que dispoñía. ¡E non será por falla de actuacións en que empregalos!

¿Sabe vostede quen é o concelleiro que ten unha obsesión enfermi-za co PP? Acusounos de todo e déuselle por dicir que cando nós goberna-bamos, faciamos moitos actos na Illa da Toxa. Sempre nun tono moi

despectivo e tratando de ridiculizarnos como se iso fose un delicto. ¿E que na Illa da Toxa non traballan centos de persoas do noso con-cello? ¿Non pagan as empresas da Toxa os seus impostos no Grove? ¿Interésalle a este concelleiro que se afunda a Illa da Toxa?

É certo que celebrabamos actos e eventos nos establecementos da Illa, ao igual que en moitos outros lugares do concello, porque son empresas de aquí, que dan traballo aquí, a veciños nosos.

Pola contra, este concelleiro encarga para determinados actos da súa concellería cáterings a unha empresa de Portas. ¿Non existen no Grove empresas que poidan servir un cátering? ¿Actúa mellor este concelleiro, que cos impostos dos veciños de O Grove contrata empresas de Portas, que crean postos de traballo fóra do Grove? ¿Non será porque a empresa é dun amiguiño que ademais é un des-tacado militante da súa organización política?

¿Saben vostedes que empresa é, e de que concelleiro se trata? Pregunten, pregunten, fai o mesmo con empresas de serigrafía, imprenta, editoriais,etc.

Hai algún malalingua que di que a pesar do carodo cátering, tiveron que ir no medio das habaneras a

comprar latas de mexillón ao Froiz

Imaxe do Festival de Habaneras de 2008

¿Mellor no Grove ou fóra?

Page 7: Boletín PP do Grove

popularespopulares

populares populares

popularespopularespopulares

popularespopulares

populares

populares _

7

Edificio administrativo ¿Quen redactou o proxecto e dirixe a obra deste edi-

ficio?¿Sabe que se lle deu licencia sen contar con moitos dos

documentos necesarios? Algún papel si existía, un informe dos servizos xurídicos do concello advertindo do irregular da contratación, pero pasouse por alto.

¿Permitiríanlle a vostede, se solicita facer unha obra, ac-tuar deste xeito?

¿Quen permite todas estas prácticas de favoritismo?¿Quen redactou moitos dos proxectos do Plan E e levou

a dirección de obra?

Premios en familia ¿Sabe vostede cal foi o concelleiro que galardo-

nou ao seu irmá cun premio gastronómico?Non nos cabe dúbida da súa grande profesio-

nalidade pero, ¿non se debería aplicar aquí aquelo de que, a raíña, ademais de selo ten que parecelo? ¡Que rara habilidade teñen os membros deste go-berno para, aquilo que lle critican a todo o mundo, convertelo en normal cando o fan eles!

Está ben coidar da familia pero, ¿non lles pa-rece grotesco que, ademais de formar o goberno con liberados e asesores máis grande da historia do Grove, estean empeñados tamén en colarnos aos seus irmáns?

Medindo con dobre raseiro ¿Recorda vostede que este goberno, co seu alcalde á cabeza,

pediu reiteradamente a dimisión de dous compañeiros por estaren imputados? Recordo que o caso foi o “das listas vascas” e a acti-tude deste alcalde foi a de empregarse a fondo na persecución e ensañamento contra estes compañeiros sobre os que, finalmente, a xustiza ditaminou que non tiñan nada que ver co asunto.

Daquela insistiu e esixiu reiteradamente a dimisión des-tes membros da corporación. ¿Saben vostedes que membro da corporación se atopa nestes intres imputado? ¿Aplicarase o que esixeu para os demais? Se non o fai, ¿sería un incoherente ou é que neste caso tan só é un desliz?

Non nos resistimos a deixar que o adiviñen, o imputado é O ALCALDE e, seguindo a súa doutrina e a do seu goberno, pensamos que debería aplicarse o que esixiu para os demáis polos mesmos feitos, A DIMISIÓN.

Page 8: Boletín PP do Grove

populares popularespopulares popularespopulares populares

popularespopulares

8

popularespopulares

populares

O PP de O Grove presentou nos últimos dous anos nume-rosas propostas de cara a conquerir unhas contas acordes coa grave situación que se está a vivir na actualidade e á que O Grove non é allea.

Para contribuír a mellorar esta situación de crise, e polo ben de todos os veciños desta localidade, o PP grovense incluso se ofreceu a negociar e aprobar uns orzamentos, co obxectivo de que beneficiasen a economía local. Pero, segundo salien-ta o voceiro local, Miguel Ángel Pérez, “os demócratas, todo aquilo que veña do PP e a pesar das leccións de democracia participativa que nos quixeron dar durante tantos anos, rexei-tan absolutamente todo o que proveña dos demáis e pechan as portas a toda participación”.

Ante esta situación, o PP local quere facer públicos peque-nos datos-exemplo de como trata o cuatripartito os temas de economía-doméstica.

Un regalo de 30.000 euros Antes do verán, e como consecuencia dunha metedura de pata do alcalde –que no ano 2008

decidiu subir o soldo de dous funcionarios sen o coñecemento do comité de empresa e sen cri-terio algún–, os funcionarios do concello repartíronse 30.000 euros que sindicatos e comité de empresa esixiron que comprometese como pago daquel “erro”.

“Coa situación de crise galopante que padecemos, con todos os indicadores económicos dicindo que non levantamos cabeza, con peches de empresa e ERES a porrillo, co Banco de España chamándolle todos os días a atención ao goberno e as colas do INEM crecendo todos os días, mentres o Ministro de Traballo xa non sabe que facer para maquillar as listas do paro, vai o noso alcalde e regálalle 30.000 euros aos únicos que teñen garantido o emprego. “Menuda ironía e menudo desprezo para aqueles que se están quedando sen traballo, que non son poucos”, conclúe o presidente local do PP.

A ECONOMÍA MUNICIPAL: Nin austeridade nin control do gasto

CustO dO CuAtRiPARtitOO custo do cuatripartito ascende a 111.572,86 euros, des-

pois de aplicar o 3,7% de suba correspondente a 2009 e des-glósase do seguinte xeito

Cómpre sinalar que a antedita suba salarial do 3,7 % co-rrespondente ao ano 2009 foi aplicada logo de que o equipo de Goberno anunciase nun pleno que neste ano non se subirían o soldo.

Ademais, á cifra total indicada, hai que engadir 36.819,04 que custa a Seguridade Social.

Por se isto fora pouco, o alcalde xa nos anunciou que no 2010 nos alegrará a vida “cun liberado máis”, para atender as concellalías de Xan Lamelas. Vaian sumando do orde de 23.000 euros máis que costará o administrativo que temos que contratar para facer o traballo dun concelleiro que, cando se presentou as eleccións, non avisou de que non podía estar. !!Vaia cara!! Que dimita.

Alcalde (14 pagas) 47.330,78

Sr. Bea “ 32.121,04

Sr. Besada “ 32.121,04

total 111.572,86

Page 9: Boletín PP do Grove

popularespopulares

populares populares

popularespopularespopulares

popularespopulares

populares

populares _

9

Rúa aberta polo concello de forma irregular e non incluída nas Normas Subsidiarias

Non se pode enganar a todo o mundo todo o tempo

Dentro da nova estratexia do alcalde grovense –centrada en poñerse “á defensiva” ao decatarse de que se lle está caendo o castelo de naipes que construíra durante dous anos sen base sólida algunha– está, en palabras do PP local, “mentir, enganar e presumir dunha serie de nulas xestións que el deu como boas e non obtiveron resultado positivo algún”.

Todo o que agora pretende por no tellado da actual Xunta e que os seus compañeiros (bipartito PSOE-BNG) non lle so-lucionaron, di que xa estaba comprometido, acordado, asinado e con proxecto.

Malia todo, nos departamentos da Administración Auto-nómica que deberían executar estes supostos proxectos non existe constancia algunha desas peticións das que tanto fala o alcalde: nin se puxeron en marcha nin moito menos avanza-ron, como din, na etapa do goberno bipartito.

Con respecto á zona polideportiva, os populares salientan que o único que fixo o Goberno local foi “ensinarnos uns debuxos e afirmar (sen despeinarse) que eran proxectos asi-nados e orzamentados”. MENtiRA, non existen nin proxec-tos, nin orzamentos previstos, e así o demostra o feito de que agora llos estean esixindo ao novo goberno.

O Centro de Saúde segue a ter a mesma problemática co terreo. Estanse apurando agora, logo de dous anos sen facer nada. Se a saída ao asunto era facer un Plan Especial, ¿por qué esperaron dous anos para inicialo? Talvez porque se non é posible, xa teremos a quen botarlle as culpas. A Santiago.

Apuran agora, construíndo incluso unha rúa que non figura nas Normas Subsidiarias e que, polo tanto, é unha ilegalidade.

A Chistera de Cacabelos

O porto deportivo aparece no Plan Director de Portos, pero non pasou de aí. Os corenta anuncios de diferentes estudos, as batimetrías, os impactos ambientais, os anteproxectos, os proxectos... NON EXistEN. E iso pese a que o alcalde che-gou a dicir que no 2010 empezaban as obras. Os empresarios de O Grove poideron comprobar as mentiras do alcalde.

O desdobramento da vía rápida entre Sanxenxo e O Gro-ve para convertela en autovía contaba unicamente co encargo dun estudo de trazado cun prazo de execución de 18 meses (o estudo). Logo decidirían se se facía ou non.

Felizmente o conselleiro de Obras Públicas, Agustín Her-nández, xa anunciou que a obra se executará, incluíndoa de inmediato no novo Plan de Infraestruturas.

Por último, a construción dun novo colexio en lugar do Ro-salía de Castro, non é máis que unha declaración de intencións para a que a anterior Xunta non fixo ningunha previsión.

Citamos estas actuacións porque foi “o decálogo” que marcou o alcalde como prioritario e inexcusable e que vai ser a súa esixencia á Xunta actual. Malia todo, xa todos pensabamos que todo iso estaba solucionado, porque así o dixo o alcalde nas súas múltiples declaracións.

Pasou de dicir fai poucos meses e sen poñerse colorado nin nada que “a débeda histórica da Xunta co Grove está saldada” a dicir na actualidade que “vámoslle esixir á Xunta todo o que nos corresponde”.

Page 10: Boletín PP do Grove

populares popularespopulares popularespopulares populares

popularespopulares

10

popularespopulares

populares

FOTO-DENUNCIA

Estado habitual dos paneis informati-vos das praias

A praia de Peralto está sucia a maior parte do ano As zonas rurais non se limpan desde fai meses

O mobiliario urbano presenta un lamentable estado de abandono

As vallas ciscadas polas rúas xa for-man parte da paisaxe

Así están moitos dos “paneis” da ruta “As xentes e o mar”

Page 11: Boletín PP do Grove

popularespopulares

populares populares

popularespopularespopulares

popularespopulares

populares

populares _

11

O famoso “Plan E” de Zapatero tiña por obxecto paliar o descenso do emprego e da crise económica. No caso dos fon-dos de investimento para os concellos, enténdese que son para crear emprego en cada municipio.

Pois ben, esta é a forma en que o cuatripartito de O Grove utiliza eses fondos para crear emprego no noso concello:

Das 16 actuacións apro-• badas ao abeiro deste plan, tan só se adxudica-ron a unha única empresa do Grove, catro delas. O resto foi para empresas de fóra. Desde o PP local “coñe-• cemos unicamente dúas persoas do Grove contra-tadas por espazo de dúas semanas, mentres se riron de todos contratando a portugueses”.En canto ao investimento, o resultado é, que de case • 2.000.000 de euros que supuxeron os fondos, só queda-

O Plan “E” no concello de O Grove,nin xera emprego nin dinamiza a economía local

SE O ALCALDE NON CONFIA NO EMPRESARIADO DO

GROVE, O GROVE NON PODE CONFIAR NO ALCALDE

ron no Grove pouco máis de 500.000. É decir, un raquítico 27% do total, mentres que o 73% restante foi para empre-sas de fóra do Grove.Ante esta situación, o PP de O Grove considera que “esta

non é a forma de apoiar ao empresariado e á economía gro-vense”, polo que cualifican esta actuación do Goberno local

de “gravísima”. Aseguran que o alcalde debería expli-car “que intereses hai detrás destas adxudicacións, por-que o único claro é, que non hai interese algún por este concello”.

A xuízo dos populares, “isto é unha mostra máis de cómo se goberna de costas aos veciños e empresarios… É inconcebible que se utili-

cen uns fondos que o goberno concede co obxeto de paliar os efectos da crise no noso concello, para darllos a empresas doutros municipios”, conclúe desde o PP local.

Estado do mobiliario urbano A basura inunda as praias urbanas. Porto de Meloxo

Total do Plan “E” Adxudicado

empresasde O Grove

% Adxudicado

empresas fora de O Grove

%

1.986.898

4 actuacións540.683,24 27 12 actuacións

1.446.186,76 73

Page 12: Boletín PP do Grove

populares populpopularespopulares

populares

popularespopularespopulares

populares

o grove

Unha oposición responsablee presta a colaborar

En varias ocasións o Partido Popular de O Grove, no exercicio da súa responsabilidade, ofertou ao goberno cuatripartito colaboración e apoio para asuntos de trascendencia para o noso concello.

Coñecido é (e así figura por escrito e rexistrado no concello) o noso incondicional ofre-cemento na tarefa de sacar adiante un documento urbanístico que poña fin a tantos proble-mas que ten o municipio do Grove.

Do mesmo xeito, na elaboración e aprobación dos orzamentos mostrámonos dispos-tos a colaborar, solicitamos ser escoitados, participar e poder aprobalos conxuntamente, co obxeto de que o equipo de Goberno puidese traballar coa tranquilidade que dá dispor dun documento avalado por todos, nun momento tan crítico coma o actual.

Nunca se contou con nós para nada diso, nin para ningunha outra cousa. A participación da que sempre presumían, non se vé por ningures.

A pesar diso, desde o PP de O Grove e nos temas de calado para o noso concello, esta-remos sempre prestos a colaborar.

DE LERIA POLO CORGO

Menuda tomadura de pelo nos deron “os do cuatripartito” co PXOM. ¿Xa non poderei facer ago-ra as tres casas que me prometeron que podía facer para os tres fillos na terra da Carballeira? ¿Non será que teñen que botarse atrás de moitas das barbaridades que dixeron?

Juanita B.H.

Vaia castigo coa enfermiza ob-sesión do “sheriff” de multar a todo o que se move. Vainos pasar como ao compañeiro de partido, que non abrira a boca e xa o expe-dientaran, para cando falara. Eso é dilixencia.

Victoriano C.B.

Vaia “bicoca” teñen os da opo-sición co concelleiro de cultura; paso que dá, cristo que arma.

Carlos B.S.

Non terán vergoña os “esquer-distas” de poñer podre a todo o mundo e eles sen dar pancada. !!!!! isto é un desastre, unha des-feiteira !!!!! (dice Neno, e con ra-zón) pero tranquilos, que por nós todo vai seguir igual.

Xan C.L.

Por certo, o rapaz do BNG que cobra, ¿aínda traballa no concello? Coa de cousiñas que nos dixo sobre o PXOM, e agora ¿a que se adica?

Antón G.M.

Mira que son pesados os da oposición con que discutan con eles os asuntos.

Non son capaces de facelo en-tre eles, canto máis coa oposición. !! A quen se lle ocorre!!!.

José Antonio R.C.

O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijoo, visitou O Grove, onde recolleu as demandas e inquedanzas das súas xentes

A Conselleira do Mar, Rosa Quintana, interesouse en O Grove polos problemas do sector

O Grupo Municipal Popular, centrado na defensa dos intereses deO Grove.