4
non só cos alumnos e alumnas italianos que os acollían senón tamén co alumnado holandés que realizaba un intercambio nesas memas datas. Entre o 3 e o 10 de marzo tivo lugar o intercambio do IES de Curtis co ISIS C.A. dalla Chiesa, de Montefias- cone. Participaron doce alumnos e alumnas de 4º ESO. Viviron unha semana con familias italianas co obxectivo de coñecer a súa cultura, o seu idioma, a gas- tronomía, e realizaron diver- sas visitas culturais a Mon- tefiascone, Tuscania, Tarqui- nia, Orvieto, Viterbo, Bag- naia e Roma. Ademais estas visitas foron compartidas INTERCAMBIO CURTIS - MONTEFIASCONE ENTROIDO 2012 Este curso celebramos a festa do entroido o día 17 de febreiro. Organizouse un entroi- do temático co lema Flower Power que re- sultou ser do agrado da maioría do profe- sorado e do alumnado. A participación foi moi alta en todos os concursos que se or- ganizaron: peperetadas, disfraces e coplas de entroido (apropósitos). A ANPA colabo- rou co centro participando como xurado nos distintos concursos e contribuíu nos premios. No patio cuberto do centro instalouse un Galeoke no que se interpretaron cancións galegas con moi boa acollida e participa- ción. Descubrimos que temos moitos "talentos" para a canción entre os docen- tes e discentes. Esperamos que o deste ano se convirta nun hábito e que nos vindeiros cursos os entroidos sexan aínda mellores e máis di- vertidos. Boletín Trimestral do IES Curtis Curso 20112012 Trimestre Nº 2 CONTIDOS: Intercambio CurtisMontefiascone 1 Entroido 2012 1 Novos espazos Web 1 Salón do libro de Ponte- vedra 2 Actividades do trimestre 2 Biblioteca Sarmiento 3 Encontros con escritores 3 Semana Cultural 4 Resultados da 2ª Avalia- ción 4 Páxina 1 http: // sites.google.com/site/iescurtistechnology/ Damos a benvida a dous novos espazos web do IES de Curtis: a web da nosa sección bilingüe, IES Curtis Techno- logy (http: // sites.google.com/site/iescurtistechnology/), e Son de noso, o blog do Equipo de Normalización e Dina- mización Lingüística do centro (http:// sondenoso.blogspot.com.es/) Con eles pretendemos achegar o noso alumnado ás novas tecnoloxías e contribuír á súa aprendizaxe dun xeito máis lúdico. http://sondenoso.blogspot.com.es/ NOVOS ESPAZOS WEB

Boletín trimestral 2

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Boletín trimestral 2

Citation preview

Page 1: Boletín trimestral 2

non só cos alumnos e

alumnas italianos que os

acollían senón tamén co

alumnado holandés que

realizaba un intercambio

nesas memas datas.

Entre o 3 e o 10 de marzo tivo lugar o intercambio do IES de Curtis co ISIS C.A.

dalla Chiesa, de Montefias-

cone. Participaron doce

alumnos e alumnas de 4º

ESO. Viviron unha semana

con familias italianas co

obxectivo de coñecer a súa

cultura, o seu idioma, a gas-

tronomía, e realizaron diver-

sas visitas culturais a Mon-

tefiascone, Tuscania, Tarqui-

nia, Orvieto, Viterbo, Bag-

naia e Roma. Ademais estas

visitas foron compartidas

INTERCAMBIO CURTIS - MONTEFIASCONE

ENTROIDO 2012

Este curso celebramos a festa do entroido

o día 17 de febreiro. Organizouse un entroi-

do temático co lema Flower Power que re-

sultou ser do agrado da maioría do profe-

sorado e do alumnado. A participación foi

moi alta en todos os concursos que se or-

ganizaron: peperetadas, disfraces e coplas

de entroido (apropósitos). A ANPA colabo-

rou co centro participando como xurado

nos distintos concursos e contribuíu nos

premios.

No patio cuberto do centro instalouse un

Galeoke no que se interpretaron cancións

galegas con moi boa acollida e participa-

ción. Descubrimos que temos moitos

"talentos" para a canción entre os docen-

tes e discentes.

Esperamos que o deste ano se convirta

nun hábito e que nos vindeiros cursos os

entroidos sexan aínda mellores e máis di-

vertidos.

Boletín Trimestral do IES Curtis

Curso 2011—2012

Trimestre Nº 2

CONTIDOS:

Intercambio Curtis—

Montefiascone

1

Entroido 2012 1

Novos espazos Web 1

Salón do libro de Ponte-

vedra

2

Actividades do trimestre 2

Biblioteca Sarmiento 3

Encontros con escritores 3

Semana Cultural 4

Resultados da 2ª Avalia-

ción

4

Páxina 1

http: // sites.google.com/site/iescurtistechnology/

Damos a benvida a dous novos espazos web do IES de

Curtis: a web da nosa sección bilingüe, IES Curtis Techno-

logy (http: // sites.google.com/site/iescurtistechnology/),

e Son de noso, o blog do Equipo de Normalización e Dina-

mizac ión L ingü ís t ica do cent ro (h t tp ://

sondenoso.blogspot.com.es/)

Con eles pretendemos achegar o noso alumnado ás novas

tecnoloxías e contribuír á súa aprendizaxe dun xeito máis

lúdico.

http://sondenoso.blogspot.com.es/

NOVOS ESPAZOS WEB

Page 2: Boletín trimestral 2

Páxina 2 Boletín Trimestral do IES Curtis CONCURSO DE COPLAS

teatral da comedia Pelos

na lingua, que arrincou

unhas boas risas, e com-

O 15 de marzo os alum-

nos e alumnas de 1.º e

2.º ESO visitamos o Sa-

lón do Libro de Ponteve-

dra, que homenaxeaba

este ano ao escritor Pa-

co Martín. O tema cen-

tral do Salón eran as

supersticións: a boa e

mala sorte e o traslado á

literatura das historias

dos nosos maiores. Os

monitores foron expli-

cándonos as supersti-

cións que se recollían en

cada unha das salas,

vimos os traballos reali-

zados por distintos cen-

tros de Galicia e unha

exposición de ilustrado-

res galegos. Asistimos

tamén á representación

pletamos a mañá cun

percorrido guiado pola

cidade de Teucro no que

o monitor nos explicou

as orixes da vila e a súa

importancia na época

medieval. Dá conta dela

o nome das súas rúas

nas que aínda se adiviña

o pasado gremial.

Antes de regresar, ache-

gámonos ao miradoiro

do monte Lobeira dende

o que puidemos divisar

unha espectacular pano-

rámica da ría de Arousa,

a illa de Ons, O Grove, A

Toxa, a serra do Barban-

za e o val do Salnés. Re-

almente foi un día com-

pleto!

SALÓN DO LIBRO DE PONTEVEDRA

OUTRAS ACTIVIDADES DO 2º TRIMESTRE

Relatorios: Te puede pasar, sobre lesionados medulares. Impartida por AESS-

LEME para Ciclos e PCPI. Organiza o departamento de Orientación.

Encontro co ilustrador Abraham Carreira para alumnado de 1º da

ESO. Organiza o departamento de Lingua Galega.

Saídas: Visita a BEGANO S.A. Alumnado de 1º e 2º de Bacharelato. Organi-

za o departamento de Tecnoloxía.

Teatro: Pelos na Lingua, da compañía Talía Teatro para o alumna-

do de 4º de ESO e 1º de Bacharelato. Organiza o departamento de

Lingua Galega.

Patinaxe sobre xeo, no Coliseum da Coruña, para o alumnado de

1º Ciclo de ESO. Organiza o departamento de Educación Física.

Concertos en Santiago. No Auditorio de Galicia: Xacobe Martínez

Antelo (Jazz) para os cursos de 2º e 4º ESO e Taller Atlántico Con-

temporáneo para 3º e 4º de ESO. Ambos os dous organizados polo

departamento de Música.

Lugo: Festival de Teatro Grecolatino para o alumnado de latín e

grego de 3º e 4º de ESO e 1º e 2º de Bacharelato. Organiza o de-

partamento de Latín e Grego.

Pontevedra. Salón do Libro, para o alumnado de 1º Ciclo de ESO.

Organiza o Equipo de Normalización Lingüística.

Obradoiros: Prevención da anorexia e bulimia. ABAGAL para o alumnado de 1º

e 2º de ESO. Organiza o departamento de Orientación.

Cinema: Recréate coas curtas. Todos os luns de 15:45h a 16:20h para to-

da a comunidade educativa. Organiza o Equipo de Normalización

Lingüística.

1º PREMIO María Fandiño

Javier Villar das Neves (4º ESO B)

CONCURSO DE DISFRACES

1º PREMIO Desexaron Paz e Amor

(3º ESO B)

2º PREMIO Festival Woodstock

(4º ESO B)

CONCURSO DE PEPERETADAS

1º PREMIO María Fandiño

(4º ESO B)

2º PREMIO Carla Gayoso (1º BACH. B)

Page 3: Boletín trimestral 2

A Biblioteca Sarmiento seguiu medran-

do neste segundo trimestre, no que as

portas se abriron non só para que entra-

se a diario alumnado e profesorado,

senón tamén para facelos partícipes

dunha serie de actividades deseñadas

para traballar a educación transversal e

para dinamizar a fermosa actividade de

ler.

Como xa é costume, desde este espazo

organizáronse pequenos murais desti-

nados a educar para a Paz, para a Igual-

dade e para o respecto e aprezo das

tradicións (Entroido). Para concienciar

sobre a importancia da Muller nos dife-

rentes espazos da realidade, celebrouse

a IV Edición do Concurso Quen é esa

Muller?, no que houbo unha alta partici-

pación de alumnado de ESO. Cómpre

salientar a presenza, neste trimestre, de

Fernando Marías e Nuria Pradas, dous

escritores de narrativa xuvenil que leva-

ron da man ao noso alumnado ao fer-

moso e máxico mundo da literatura.

Non sería xusto deixar sen mencionar a

importancia da filmoteca: o movemento

de películas foi, como sempre, máis que

destacado neste trimestre; a biblioteca,

en colaboración cos departamentos de

Linguas, proxecta durante a Semana

cultural unha serie de filmes relaciona-

dos coa literatura.

Xa para rematar, os andeis deste espa-

zo veñen de acoller novos títulos que

agardan, con inquietude, ser lidos.

O día 29 de febreiro visitou o centro Fernando Mar-

ías, recoñecido guionista cinematográfico, editor e

novelista. Mantivo un encontro co alumnado de 1º e

4º de ESO ao que lle falou sobre a tarefa do escri-

tor, centrándose sobre todo en Biografía del segun-

do crocodilo e Cielo abajo, relatos que os nosos

alumnos leron. Fixo partícipe ao alumnado do seu

gusto polo compoñente histórico nas novelas e polo

futuro dos diferentes soportes de transmisión da

literatura.

Así mesmo, o 12 de marzo, luns, o alumnado de 2º

de ESO asistiu a unha charla coa novelista catalá

Nuria Pradas, autora do El misterio de la calle de las

Glicinas. Explicou como decidiu achegarse ó mundo

da literatura, afastándose momentaneamente do

seu labor docente, e que ingredientes deben utili-

zarse nunha novela de misterio.

Ambos encontros resultaron moi gratificantes para o

alumnado, que escoitou o testemuño daqueles que

nos fan gozar coa literatura.

ENCONTROS CON ESCRITORES

Los libros son puertas que te llevan a la

calle… Con ellos aprendes, te educas,

viajas, sueñas, imaginas, vives otras vidas y

multiplicas la tuya por mil…

El vuelo de la reina

Tomás Eloy Martínez

Páxina 3 Boletín Trimestral do IES Curtis

BIBLIOTECA SARMIENTO

Alicia Seoane Freire, Elvira Sánchez Barreiro e Pablo

Vázquez Ponte, de 1.º ESO, co rigor e a profesionali-

dade de auténticos xornalistas, entrevistaron a Mari-

ca Campo, autora dun dos libros de lectura da pri-

meira avaliación. Marica, entre outras moitas cou-

sas, falounos da importancia da lectura que nos per-

mite vivir outras vidas e nos fai libres.

Departamento de Lingua Castelá e

Literatura

Departamento de Lingua Galega e

Literatura

Nuria Pradas

Marica Campo Fernando Marías

3º PREMIO Iago Ascariz (1º ESO A)

ACCÉSITS Rubén Caramés (3º B)

Uxía Prado (4º A)

Page 4: Boletín trimestral 2

1º Ciclo ESO 2º Ciclo ESO Bacharelato Cicl.Format. PCPIE

0

10

20

30

40

50

60

70

80

90

100

Total alumnado

Aproban todo (%)

Suspenden 1 (%)

Suspenden 2 (%)

Suspenden >2 (%)

IES de Curtis

Rúa Xermán de Castro s/n

15379 Curtis (A Coruña)

Tfn/Fax: 981786100—981786298

E-mail: [email protected]

DIRECTOR:

Juan Carlos Fandiño da Torre

VICEDIRECTORA:

Paula Ugarte Fernández

XEFA DE ESTUDOS:

María Yolanda Suárez Martínez

SECRETARIO:

José Antonio Paz López

ORIENTADORA:

Josefina López Santos

XIX Semana Cultural

Do 26 ao 30 de marzo celebramos a XIX Semana Cultural

do IES de Curtis, con máis de 25 actividades e arredor de

50 horas de coloquios, relatorios, concertos e obradoiros

destinados a complementar a formación académica do no-

so alumnado. Todos eles foron impartidos por especialistas

que, habitualmente, non traballan no ensino e que, polo

tanto, achegan unha visión diferente e novidosa aos temas

abordados nas aulas.

Quico Cadaval, Luís Iglesia, Julio César Antolín, Mini, Sés,

Fran Costoya, Antolín Sánchez Presedo ou o noso científico

máis internacional: Ángel Carracedo, foron algúns dos pro-

fesionais que compartiron experiencias e saber cos rapa-

ces e rapazas de Curtis. Para eles, o noso agradecemento,

así como para o Concello de Curtis, ANPA e Losán que,

unha vez máis, colaboraron connosco na tarefa educativa.

http://www.edu.xunta.es/centros/iescurtis/

Páxina 4

Resultados da 2ª Avaliación