Upload
vilalba-aberta
View
221
Download
0
Embed Size (px)
Citation preview
8/18/2019 Borrador de Ordenanza de Protección e Convivencia Animal No Concello de Vilalba
http://slidepdf.com/reader/full/borrador-de-ordenanza-de-proteccion-e-convivencia-animal-no-concello-de-vilalba 1/16
BORRADOR DE ORDENANZA DE PROTECCIÓN
E CONVIVENCIA ANIMAL NO CONCELLO DE
VILALBA [Escribir el subtítulo del documento]
Vilalbaberta
Proposta aberta ao Pleno Municipal
25/03/2016 Asemblea de Vilalba Aberta
8/18/2019 Borrador de Ordenanza de Protección e Convivencia Animal No Concello de Vilalba
http://slidepdf.com/reader/full/borrador-de-ordenanza-de-proteccion-e-convivencia-animal-no-concello-de-vilalba 2/16
Pleno Ordinario de Marzo
8/18/2019 Borrador de Ordenanza de Protección e Convivencia Animal No Concello de Vilalba
http://slidepdf.com/reader/full/borrador-de-ordenanza-de-proteccion-e-convivencia-animal-no-concello-de-vilalba 3/16
CAPÍTULO PRIMEIRO. OBXECTO
Artigo 1
A presente Ordenanza ten por obxecto a protección, a defensa e a fiscalización dos
dereitos dos animais, así como a regulación dos dereitos e deberes dos seus
propietarios e a da convivencia entre os animais que viven na contorna urbana e rural
e os seus habitantes.
Artigo 2
Para a aplicación efectiva, enténdese por:
a) Animais domésticos: os que pertencen a especies que habitualmente se crían,
se reproducen e conviven con persoas e que non pertencen á fauna salvaxe.
Teñen tamén esta consideración os animais que se crían para a produción
dalgún produto útil para o ser humano, os animais de carga e os que traballan
na agricultura ou en calquera outra actividade, ben sexa produtiva ou de lecer.
b) Animais de compañía: os animais domésticos que as persoas manteñen co fin
de darse compañía mutua.
c) Animais salvaxes: os autóctonos e non autóctonos que viven habitualmente en
estado natural.d) Animais salvaxes en catividade: os animais autóctonos e non autóctonos
salvaxes que, de forma excepcional, viven en catividade.
e) Animais exóticos: os animais de compañía, domésticos e salvaxes pertencentes
a especies orixinarias de territorios alleos ao noso ámbito xeográfico.
f) Animais potencialmente perigosos: os definidos como tal no Real Decreto
287/2002, do 22 de marzo, polo que se desenvolve a Lei 50/1999, do 23 de
decembro, sobre o réxime xurídico de tenencia de animais potencialmente
perigosos.
g)
Especie invasora: especie que se introduce ou establece nun ecosistema ouhábitat natural e que se converte en axente de cambio e ameaza para a
diversidade biolóxica nativa.
Artigo 3
Corresponde á Alcaldía nomear un/a concelleiro/a responsable do eido da Protección
Animal.
8/18/2019 Borrador de Ordenanza de Protección e Convivencia Animal No Concello de Vilalba
http://slidepdf.com/reader/full/borrador-de-ordenanza-de-proteccion-e-convivencia-animal-no-concello-de-vilalba 4/16
8/18/2019 Borrador de Ordenanza de Protección e Convivencia Animal No Concello de Vilalba
http://slidepdf.com/reader/full/borrador-de-ordenanza-de-proteccion-e-convivencia-animal-no-concello-de-vilalba 5/16
8/18/2019 Borrador de Ordenanza de Protección e Convivencia Animal No Concello de Vilalba
http://slidepdf.com/reader/full/borrador-de-ordenanza-de-proteccion-e-convivencia-animal-no-concello-de-vilalba 6/16
1. Os animais de compañía ou domésticos que deban permanecer en espazos
anexos á vivenda, ou en calquera terreo exterior, deben dispor dun habitáculo
impermeable no que gorecerse das inclemencias do tempo e un espazo de
recreo e exercicio. Prohíbese a súa estancia nos balcóns e terrazas, sen teren
acceso ao interior da propia vivenda.2. Os animais de compañía non poden quedar atados de forma permanente. Se
por algún motivo xustificado un can debe permanecer atado, débense cumprir
as disposicións do apartado 1 de leste mesmo artigo. A lonxitude da atadura
non pode ser, en ningún caso, inferior a tres metros e debe ser, como mínimo,
a medida resultante de multiplicar por catro a lonxitude do animal.
3. Se, por motivos xustificados, un can ou un equino debe permanecer atado ou
encerrado, débeselle garantir exercicio físico de forma regular.
4. Non se pode reter aos animais domésticos ou de compañía que pertencen a
especies protexidas ou en risco de extinción, nin a aqueles que non poidanadaptarse á catividade, salvo aqueles casos que sexan expresamente
autorizados polas administracións competentes.
5. Queda prohibida a tenencia de animais exóticos que, liberados no medio,
supoñan un perigo para o noso ecosistema e as especies autóctonas.
6. Se un animal salvaxe ou exótico non é declarado e censado no prazo
establecido ou se comprobe que non se adaptaron as condicións para súa
tenencia, o Concello pódeo comisar e levar a un núcleo zoolóxico adecuado,
onde quedará en custodia ata que a propiedade adapte a súa situación a esta
Ordenanza. Os gastos de custodia e mantemento do animal neste centro
correrán a cargo da propiedade.
7. O Concello habilitará e regulará un recinto propio ou externo, onde se
manterán en custodia os animais domésticos e de compañía atopados sen a
presenza da persoa responsable. Neste recinto os animais permaneceran o
tempo preciso para localizar ao seu responsable.
8. O Concello poderá establecer os mecanismos de cooperación oportunos con
outras administracións e entidades públicas e privadas sen ánimo de lucro
autorizadas debidamente que teñan por obxecto a defensa e protección dos
animais.
CAPÍTULO CUARTO. CIRCULACIÓN
Artigo 10
Na vía e nos espazos públicos os animais de compañía deben cumprir os seguintesrequisitos:
8/18/2019 Borrador de Ordenanza de Protección e Convivencia Animal No Concello de Vilalba
http://slidepdf.com/reader/full/borrador-de-ordenanza-de-proteccion-e-convivencia-animal-no-concello-de-vilalba 7/16
a) Ir atados por medio dun colar ou arnés e unha cadea ou correa que permita o
control do animal.
b) Nos núcleo urbano os gatos poden circular soltos.
c) Queda prohibida a presenza de cans, equinos e outros animais soltos en zonas
destinadas a xogos infantís e zonas axardinadas en horario diúrno. Nos xardínsque non teñan zona acoutada poderán estar desde as nove da noite ata as sete
da mañá, acompañados dos seus donos ou responsables.
d) Queda prohibido lavar na rúa aos animais de compañía.
e) Queda prohibida a circulación, polas vías e espazos públicos ou privados de
concorrencia pública, de animais de especies salvaxes.
f) Os animais só poderán permanecer dentro dos vehículos estacionados por
períodos moi curtos de tempo e adoptando as medidas pertinentes para evitar
accidentes e molestias aos animais.
g)
Queda prohibida a entrada de animais de compañía en locais destinados áfabricación, venda, almacenamento, transporte ou manipulación de alimentos.
h) Os propietarios de establecementos públicos de todo tipo, hoteis, pensións,
bares, restaurantes e similares, segundo o seu criterio, poden prohibir ou
aceptar a entrada e permanencia de animais domésticos nos seus
establecementos, o que deben sinalar visiblemente na entrada, de acordo cos
requisitos establecidos na normativa vixente.
i) Os cans lazarillos quedan exentos das prohibicións anteriores.
Artigo 11
No casco urbanos está prohibido deixar os excrementos dos animais de compañía nas
vías e espazos públicos ou privados de concorrencia pública. Os propietarios dos
animais ou as persoas que os conduzan son responsables da eliminación correcta
destas deposicións. No caso de que se produza a infracción desta norma, serán os
axentes da autoridade os encargados de sancionar ao propietario ou condutor do
animal.
CAPÍTULO QUINTO. ANIMAIS ABANDONADOS
Artigo 12
Queda prohibido o abandono de animais, tanto no medio natural como no casco
urbano. Os propietarios que non queiran continuar téndoos están obrigados a
buscarlles un fogar ou, en último termo, dalos a unha asociación protectora de animais
legalmente recoñecida, ao servizo municipal encargado da súa acollida ou á entidade
8/18/2019 Borrador de Ordenanza de Protección e Convivencia Animal No Concello de Vilalba
http://slidepdf.com/reader/full/borrador-de-ordenanza-de-proteccion-e-convivencia-animal-no-concello-de-vilalba 8/16
que teña delegado o servizo, pagando as taxas correspondentes. Non se considerarán
abandonados os cans e cabalos convenientemente identificados co microchip.
Artigo 13
Considerarase que un animal é vagabundo cando non leve microchip nin identificaciónda súa orixe ou do seu propietario e non vaia acompañado de ningunha persoa nin
teña propietario coñecido. Neste suposto, é responsabilidade do Concello facerse
cargo do animal.
Artigo 14
Os animais en xeral, e de xeito particular os cans abandonados, serán recolleitos polos
servizos que dependan do Concello ou pola asociación ou entidade legalmente
constituída que o Concello designe e serán levados ao recinto correspondente ata que
este sexa reclamado pola propiedade, cedido ou adoptado.
Os animais depositados no centro de recollida municipal deberán permanecer, como
mínimo, o tempo que establece a Lei autonómica de aplicación.
O Concello pode derivar estes animais a algunha entidade protectora colaboradora ou
a outra autorizada, onde cumprirán o seu período legal de espera.
Unha vez transcorrido este prazo, o animal pode ser dado en adopción a un particular,
unha vez vacinado e identificado con microchip, ou en acollida a algunha asociación
protectora de animais legalmente constituída, á canceira doutro municipio ou, se non
hai máis remedio e cumprindo os requisitos legais, ser sacrificado.
No suposto de tratarse de animais salvaxes ou exóticos, en ningún caso poden ser
ofrecidos en adopción a particulares.
No caso de que o animal leve algún sistema de identificado, os servizos municipais
correspondentes deberán avisar ao propietario ou propietaria, quen dispoñerá dun
prazo de oito días para recuperalo, despois de abonar as taxas correspondentes.
Se o animal non leva ningún sistema identificado e é reclamado polo seu propietario
ou propietaria, este deberá demostrar que o animal é seu, mediante calquera proba ao
seu alcance e deberá identificar o animal co microchip.
En ambos os casos o propietario deberá abonar os gastos orixinados polo seu
mantemento ademais de presentar a cartilla sanitaria coas vacinas ao día. Se non a
tivese ou non estivese actualizada, estará na obrigación de dala de alta ou de axustala
á lexislación vixente.
8/18/2019 Borrador de Ordenanza de Protección e Convivencia Animal No Concello de Vilalba
http://slidepdf.com/reader/full/borrador-de-ordenanza-de-proteccion-e-convivencia-animal-no-concello-de-vilalba 9/16
A partir do achado do animal, o Concello difundirá a fotografía e a descrición do animal
a través de todos e cada un dos medios ao seu dispor.
Artigo 15
Durante a estancia dos animais recollidos polos servizos municipais nas súasdependencias, estes recibirán un trato digno e o Concello encargarase de dar conta
puntualmente aos veciños/as sobre o estado dos animais atopados e custodiados.
Artigo 16
O Concello, ou a entidade colaboradora debidamente autorizada con que teña
convenio asinado, debe decidir o destino dos animais que non fosen recuperados ou
adoptados despois dos 15 días de estancia mínima no recinto municipal, seguindo a
filosofía e as normas desta Ordenanza e avogando, sempre que sexa posible, por unha
política de sacrificio 0.
O Concello, ou a entidade colaboradora coa que teña convenio asinado, decidirá a
quen e en que termos dar en adopción os animais. No momento de dar o animal o
novo propietario deberá abonar os gastos de vacinación, desparasitación, cartilla
sanitaria e identificación do animal.
En determinados supostos, hai animais que non son susceptibles de adopción, xa que
debe prevalecer a seguridade e a saúde das persoas, isto é: enfermidades,
agresividade, etc…
CAPÍTULO SEXTO. NORMATIVA SANITARIA
Artigo 17
O Concello colaborará na promoción e a divulgación das vacinacións e tratamentos
que en cada momento sinale ou recomende a administración competente.
Artigo 18
Os posuidores de animais de compañía deberán a cumprir coa normativa sanitaria que
en cada momento sinale a administración competente.
Artigo 19
O propietario/a deberá dispoñer da cartilla sanitaria correspondente, coas
características establecidas legalmente.
8/18/2019 Borrador de Ordenanza de Protección e Convivencia Animal No Concello de Vilalba
http://slidepdf.com/reader/full/borrador-de-ordenanza-de-proteccion-e-convivencia-animal-no-concello-de-vilalba 10/16
CAPÍTULO SÉPTIMO. CENSO MUNICIPAL
Artigo 20
Os propietarios/as de cans deberán inscribir aos animais no censo municipal, a tal fin
facilitado, dentro do prazo máximo de tres meses dende a data de nacemento ou de
adquisición do animal.
Artigo 21
Os posuidores de animais catalogados como potencialmente perigosos segundo a
lexislación vixente deberán dispoñer da licenza municipal de tenencia correspondente
e formalizar a solicitude de inscrición no Rexistro de Animais PotencialmentePerigosos.
Artigo 22
As baixas por morte ou desaparición dos animais censados deberán ser comunicadas
nun prazo máximo de 3 meses desde que se produciu o feito e, ao mesmo tempo,
deberase presentar a documentación do animal.
Artigo 23
As persoas que transfiran a propiedade dun animal ou cambien de dirección están
obrigadas a comunicar este feito e os datos do novo propietario ou propietaria e a
nova dirección no censo municipal nun prazo que non exceda os 15 días.
Artigo 24
Cando a identificación dos animais sexa obrigatoria, esta realizarase mediante a
implantación dun microchip.
A persoa ou entidade responsable do marcado do animal deberá entregar á
propiedade deste animal o documento acreditativo deste feito, onde deberán constar
os seguintes datos, isto é: o sistema de identificación utilizado, os datos da persoa ou
entidade que realiza este marcado, a especie animal, a raza, o sexo e a data de
nacemento do animal.
Artigo 25
O Concello deberá consultar os datos contidos no REGIAC (Rexistro Galego de
Identificación de animais de compañía) para elaborar o seu censo de animais
domésticos.
8/18/2019 Borrador de Ordenanza de Protección e Convivencia Animal No Concello de Vilalba
http://slidepdf.com/reader/full/borrador-de-ordenanza-de-proteccion-e-convivencia-animal-no-concello-de-vilalba 11/16
CAPÍTULO OITAVO. SACRIFICIO
Artigo 26
O sacrificio de animais de compañía só poderá ser efectuado por un veterinario e pola
vía de procedementos eutanásicos que aseguren a previa sedación e anestesia do
animal a fin de evitar o seu sufrimento.
Artigo 27
Queda prohibido o sacrificio dun animal de compañía por decisión do seu propietario
por motivos arbitrarios. O sacrificio dun animal só debe levar a cabo en caso de
enfermidade grave, dolorosa e incurable, ou por supoñer un risco para a saúdepública.
Cando o propietario ou propietaria non queira continuar asumindo a súa tenencia, está
obrigado/a a buscar para el un fogar ou, en último termo, a dalo a unha asociación
protectora de animais legalmente recoñecida, ao servizo municipal encargado da súa
acollida ou á entidade que teña delegado o servizo, pagando as taxas correspondentes.
Artigo 28
O Concello é o responsable da retirada dos animais mortos nas vías públicasmunicipais. A recollida efectuarase de forma que impida a contaminación do persoal
afecto ao servizo e, en todo caso, en bolsas ou recipientes precintados. Os restos
deberán ser eliminados dacordo coa lexislación vixente e en centros para tal fin
autorizados.
CAPÍTULO NOVENO. INSPECCIÓN MUNICIPAL
Artigo 29
Corresponderalle ao Concello:
a) Divulgar campañas informativas do contido desta normativa para os
escolares e para a poboación en xeral.
8/18/2019 Borrador de Ordenanza de Protección e Convivencia Animal No Concello de Vilalba
http://slidepdf.com/reader/full/borrador-de-ordenanza-de-proteccion-e-convivencia-animal-no-concello-de-vilalba 12/16
b) Establecer un sistema de cooperación con outras institucións públicas ou
entidades autorizadas para gozar dun sistema de información actualizado
que lle permita coñecer o censo canino municipal.
c) Recoller, custodiar, identificar e derivar, preferentemente a través da
adopción de particulares ou de centros, a refuxios ou asociacións deprotección animal sen ánimo de lucro, os animais abandonados ou dados
polos seus propietarios de acordo coa presente Ordenanza.
d) Dar acollida aos animais durante os períodos de tempo mínimos
establecidos nesta Ordenanza.
e) Vixiar e fiscalizar o cumprimento de todos e cada un dos termos desta
Ordenanza.
f) Habilitar un ou varios espazos idóneos sinalizados para o paseo e
esparexemento dos cans en liberdade, en suficiente número e distribución
para satisfacer a demanda, determinando as condicións de uso e instalaciónnestes espazos de uso compartido entre persoas e animais, e establecendo
tanto nestes espazos como na vía pública o equipamento necesario para as
deposicións dos animais de compañía.
Artigo 30
A efectos desta Ordenanza, terán a consideración de asociacións para a protección e
defensa dos animais aquelas que estean legalmente constituídas, sen ánimo de lucro e
teñan como finalidade a protección e defensa dos animais.
As asociacións para a protección e defensa dos animais que reúnan estes requisitos
poderán obter o título de entidades colaboradoras do Concello e asinar, a tal fin, un
convenio de colaboración e xestión para o cumprimento desta Ordenanza e os
dereitos dos animais.
O Concello poderá convir coas entidades colaboradoras a realización de diferentes
funcións, que se detallarán no documento de firma do convenio.
Os axentes da autoridade poderán prestar a súa colaboración ás entidades
colaboradoras para as xestións que teñan relación co cumprimento desta Ordenanza
municipal.
O Concello poderá establecer axudas económicas para as súas entidades
colaboradoras, sempre que estas presenten, previamente, unha memoria co estudo
económico e financeiro correspondente onde se especifiquen as actividades para
financiar e as distintas fontes de recursos.
CAPÍTULO DÉCIMO. SANCIÓNS
8/18/2019 Borrador de Ordenanza de Protección e Convivencia Animal No Concello de Vilalba
http://slidepdf.com/reader/full/borrador-de-ordenanza-de-proteccion-e-convivencia-animal-no-concello-de-vilalba 13/16
Artigo 31
As accións e omisións que infrinxan esta Ordenanza e a súa normativa complementaria
e a expresada nas leis autonómicas de aplicación xerarán responsabilidade de naturezaadministrativa, sen prexuízo da esixible pola vía penal, civil ou doutra orde en que
poidan incorrer.
Se se denuncia unha infracción cara a un animal e este desaparece, a contía da sanción
poderase incrementar ata o dobre do importe correspondente á infracción cometida.
Artigo 32
As infraccións a que se refire este título clasifícanse en leves, graves e moi graves.
Artigo 33
Teñen a consideración de leves as seguintes infraccións:
a) A circulación pola vía pública e propiedades privadas alleas ao propietario,
sen a autorización correspondente, de cans que non vaian acompañados e
conducidos por unha persoa e baixo a súa responsabilidade.
b) Ensuciar cos excrementos dos animais as beirarrúas, vías urbanas, espazos
públicos e calquera o lugar destinado ao tránsito de peóns.
c)
O incumprimento do establecido nesta Ordenanza con respecto ácirculación dos animais de compañía.
d) A posesión dun can sen microchip de identificación.
e) O incumprimento do establecido nesta Ordenanza con respecto á posesión
e aloxamento dos animais de compañía, exceptuando o disposto no
Capítulo Terceiro, artigo 8, punto 2.
f) O incumprimento de calquera norma desta Ordenanza que non teña a
consideración de grave ou moi grave.
Artigo 34
Teñen a consideración de graves as seguintes infraccións:
a) A circulación pola vía pública e propiedades privadas alleas ao propietario sen a
autorización correspondente, de cans potencialmente perigosos que non vaian
acompañados e conducidos por unha cadea ou correa resistente así coma con
un bozal de teren antecedentes de comportamentos agresivos.
b) O transporte de animais con vulneración dos requisitos establecidos na
lexislación vixente.
c)
O abandono non reiterado dun animal.
8/18/2019 Borrador de Ordenanza de Protección e Convivencia Animal No Concello de Vilalba
http://slidepdf.com/reader/full/borrador-de-ordenanza-de-proteccion-e-convivencia-animal-no-concello-de-vilalba 14/16
d) A exposición e venda de animais con enfermidade non contaxiosa, salvo que
este extremo fose descoñecido polo vendedor no momento da transacción.
e) A venda ambulante de animais fóra dos mercados e as feiras.
f) A posesión dun can potencialmente perigoso sen rexistrar no Rexistro de
Animais Potencialmente Perigosos.g) O incumprimento por parte do propietario dun animal do establecido nesta
Ordenanza no Capítulo Terceiro, artigo 8, punto 2.
Artigo 35
Teñen a consideración de moi graves as seguintes infraccións:
a) A esterilización, a práctica de mutilacións innecesarias, as agresións físicas que
producen lesións ao animal e o sacrificio de animais sen control veterinario ou
en contra do establecido nesta Ordenanza.b) O abandono reiterado dun animal.
c) A exposición e venda de animais con enfermidade contaxiosa, salvo que fose
imposible de detectar no momento da transacción.
d) A celebración de espectáculos de pelexas entre animais.
e) A liberación no medio de especies non autóctonas que supoñan un perigo para
o ecosistema e a fauna e flora autóctonas.
Artigo 36
As infraccións cometidas contra os preceptos desta Ordenanza e das leis autonómicas
de aplicación serán sancionadas da seguinte maneira, segundo o que se estipula na
seguinte táboa. No que ten que ver coas leis autonómicas, a sanción responderá ao
expresado na mesma.
1. As infraccións leves sancionaranse con multa de 100 a 300 euros.
2. As infraccións graves sancionaranse con multa de 300 a 1.500 euros.
3. As infraccións moi graves sancionaranse con multa de 1.500 a 15.000 euros.
Artigo 37
A imposición de sancións corresponde á Alcaldía no caso das que teñan a
consideración de leves e ao Pleno no caso das que a teñan de graves e moi graves.
Artigo 38
A imposición de calquera sanción prevista nesta Ordenanza non exclúe a
responsabilidade civil e penal e a eventual indemnización de danos e prexuízos que lle
poidan corresponder á persoa infractora.
8/18/2019 Borrador de Ordenanza de Protección e Convivencia Animal No Concello de Vilalba
http://slidepdf.com/reader/full/borrador-de-ordenanza-de-proteccion-e-convivencia-animal-no-concello-de-vilalba 15/16
Disposición final
Todo canto non se prevé nesta Ordenanza, axustarase ao disposto en toda a lexislación
e a normativa de rango superior existentes así como ás que se poidan lexislar
posteriormente.
8/18/2019 Borrador de Ordenanza de Protección e Convivencia Animal No Concello de Vilalba
http://slidepdf.com/reader/full/borrador-de-ordenanza-de-proteccion-e-convivencia-animal-no-concello-de-vilalba 16/16
Vilalbaberta