Upload
jose-luis-rodriguez
View
234
Download
4
Embed Size (px)
DESCRIPTION
Revista Brétemas nº 17. Curso 2008/09
Citation preview
B R É T E M A SB R É T E M A S
N º 17 - X UÑ O D E 2 00 9Nº 17 - X U ÑO DE 2 00 9
RR EE VV II SS TTAA EE SS CC OO LL AA RR DD OO CC EE II PP MM EE SS TT RR EE RR OO DD RR ÍÍ GG UU EE ZZ XX II XX II RR EE II .. LL AAVVAA CC OO LL LL AA -- SS AA NN TT II AA GG OO
Violeta 5º
Marta 5º
Fátima 5º
Rubén 4º
CEIP MESTRE RODRÍGUEZ XIXIREI
11
B R É T E M A S B R É T E M A S
XXOOGGOOSS DDOO MMAAGGOOSSTTOO
David Esparís 2º Montse Oubel 2º
César Botana 2ºCristina López 2º
54
B R É T E M A S B R É T E M A S CEIP MESTRE RODRÍGUEZ XIXIREI
R amón Piñeiro naceu na aldea lucense
de Armea no concello de Láncara no
ano 1915.
Aos nove anos marchou a Lugo a estudar o
bacharelato elemental. (O primeiro libro que leu
en galego, foi unha antoloxía de poetas
galegos. Aí descobre a
Rosalía).
Aos quince anos
traballou nun comercio
en Sarria.
Volveu a Lugo para
seguir os estudios de
bacharelato e participar
activamente na política
galega, fundando xunto con
outros rapaces a Mocidade Galeguista de
Lugo, o que o leva a coñecer a personalidades
como Otero Pedrayo, Anxel Fole....
Como representante do Partido galeguista de
Lugo, e cara as eleccións de 1933, mantivo
relacións cos dirixentes do Partido Galeguista
como Castelao e Bóveda.
Ao rematar a guerra civil española, comeza en
Santiago a carreira de Filosofía que máis tarde
continuará en Madrid, para especializarse en
filosofía pura.
Dende 1943 participou na reorganización
clandestina do Partido Galeguista, que o levou
a permanecer tres anos no cárcere.
No ano 1950, sempre preocupado pola
difusión do galego,fundou con outros
escritores galeguistas a Editorial
Galaxia en Vigo, da que foi
director. Esta editorial naceu para
publicar libros en galego é darlle
a literatura galega o pulo que
precisaba para igualala ao resto
das literaturas europeas.
No ano 1953 publicáronse na editorial
Galaxia os ensaios de Piñeiro adicados á
saudade do pobo galego.
No ano 1967 ingresou na Real Academia
Galega, co discurso A Linguaxe e as línguas,
sobre o noso idioma. Foi respostado polo seu
amigo García Sabell, membro tamén da
xeración Galaxia. Defendeu o dereito a usar a
LL EE TT RR AA SS GG AA LL EE GG AA SS 22 00 00 99
B I O G R A F Í A D E R A M Ó N P I Ñ E I R O
CEIP MESTRE RODRÍGUEZ XIXIREI
55
B R É T E M A S B R É T E M A S
lingua galega en tódolos ámbitos: escolas,
rúas, prensa, traballo, documentos oficiais...
A súa obra escrita non foi moi abundante, e
case toda se refire a filosofía da Saudade,
temos entre outras “O SIGNIFICADO
METAFÍSICO DA SAUDADE”, “A SAUDADE
EN ROSALÍA”, “PARA UNHA FILOSOFÍA DA
SAUDADE”, “SAUDADE E SOCIEDADE”.
Foi deputado no primeiro parlamento
autonómico de Galicia da democracia.
No ano 1983 foi elixido Presidente do Consello
da Cultura Galega, e no ano 1985 recibe
Medalla Castelao.
Faleceu en Santiago no ano 1990 a idade de
setenta e cinco anos.
Pola defensa da cultura e da lingua galega,
homenaxéase este ano no día das LETRAS
GALEGAS.
TEXTOS
A terra e a lingua son dúas raíces máis profundas da comunidade social
galega. As que lle dan conciencia da súa identidade e da súa unidade, tanto
para os que vivimos no propio país como para tantos es tantos que tiveron
que abandonalo para vivir en terras alleas e, moitas veces distantes.
RAMÓN PIÑEIRO escribiu na morte de Castelao:
...espectáculo conmovedor, un pobo enteiro a chorar diante dun cadavre!
Conmovedor e abraiante...
...e tamén excepcional, pois a dor colectiva pola morte dun home
maniféstase poucas veces na historia de cada pobo. Nin a ciencia do sabio,
nin a gloria do artista, nin a sona do político abondan para producila cando
chega a hora da morte. Só diante da “bondade”, xurde a plenitude da
adhesión humana...”Morreu Castelao e toda Galicia chora.”
CEIP MESTRE RODRÍGUEZ XIXIREI
57
B R É T E M A S B R É T E M A S
LL EE TT RR AA SS GG AA LL EE GG AA SS 22 00 00 99
68
B R É T E M A S B R É T E M A S CEIP MESTRE RODRÍGUEZ XIXIREI
CE
IP M
ES
TR
E R
OD
RÍG
UE
Z X
IXIR
EI
6º P
RIM
AR
IA
200
3 -
200
9
Julia
Gonzá
lez
Icía
r V
idal
Gonza
lo G
arc
ía
Rubén G
ara
bal
Iván P
icón
Alic
ia C
alv
iño
Nata
lia V
illare
s
70
B R É T E M A S B R É T E M A S CEIP MESTRE RODRÍGUEZ XIXIREI
ASOCIACIÓN DE PAIS DE ALUMNOS
“LANDRAS”Mestre Rodriguez Xixirei.Lavacolla
MEMORIA ANUAL 2008 - 2009
Un ano máis a Xunta Directiva. da AMPA quere deixar constancia do traballorealizado durante o curso que está a piques de rematar. Así, continuáronse desen-
volvendo as actividades programadas no ano anterior.
As actividades extraescolares que se levaron a cabo neste curso académico foron as seguin-tes:
Xogos populares. (1º a 6º). Subvencionada polo Concello.
Pintura e Maualidades
Patinaxe
Baile moderno
A resposta dos alumnos nas actividades ofertadas segue a ter moi boa aceptación, este cursotivemos un gran numero de alumnos en todas as actividades programadas.
Para subvencionar parte das actividades extraescolares así coma as festas organizadas polaAMPA durante o curso, contamos con dúas subvencións, unha do Concello de 1000 eurosoutra da Deputación de 799,20 euros.
Tamén seguimos ca iniciativa que empezamos o curso pasado co servizo de comedor, quesegue a funcionar moi ben, aínda que o número de comensais sexa moi reducido.
Para o servizo de comedor, tamén contamos con subvención do concello, pero como esa sub-vención foi mínima, tentamos conseguir algúns euros máis por outros medios como a ventade rifas, abalorios, plantas etc. co que conseguimos baixar un pouco máis o prezo do menú.
Por último e como peche, tense previsto celebrar unha pequena festa cos nenos e cos paiscomo remate das actividades extraescolares que esperamos sexa do agrado de todos. Nelaos alumnos/as de baile moderno e de patinaxe farannos unha exhibición. Tamén haberáinchables, e logo remataremos a festa cunha merenda para todos.
A AMPA tamén colabora activamente en diversas celebracións que se programaron no cen-tro escolar:
CEIP MESTRE RODRÍGUEZ XIXIREI
71
B R É T E M A S B R É T E M A S
Festa do Nadal: a APA organizou unha exposición de postais con temas relacionados conestas festas, na que participaron tódolos nenos do colexio. Tamén repartimos ós alumnosunha bolsa con produtos típicos destas datas, e outras chucharías.
Festa do Entroido: realizouse unha degustación de produtos típicos desas datas como as ore-llas, filloas etc. na que participaron moitos pais.
Aproveitamos esta ocasión para dar as gracias os pais que animaron os seus fillos a partici-par nas distintas actividades que se programaron durante o curso, en xeral a tódolos sociosque co seu apoio lograron que os proxectos se puideran levar adiante, e tamén os profeso-res que sempre amosaron unha actitude positiva e colaboradora.
Finalmente tamén queremos ter en conta e dar as gracias os distintos establecementos quenos axudaron materialmente coas súas aportacións para a celebración das distintas festasmencionadas anteriormente e organizadas pola AMPA, foron os seguintes:
CasalHotel Garcas Restaurante Ruta JacobeaIglesias Caneda (distribucións Schweppes)Café bar A Concha.Panadería Lavacolla
A Xunta Directiva