11
CABULLERÍA: CORDAS E NÓS Dende sempre se teñen utilizado as cordas para diversos usos: amarrar, empaquetar, tirar, trenzar… Nas casas podemos atopar cordas de distintas medidas para cometidos diferentes. Ademáis as cordas pódennos servir para realizar gran variedade de nós moi útiles e vistosos. A todas estas posibilidades se refire a CABULLERÍA. A cabuyería é o arte de facer e desfacer correctamente nós, lazos, amarres… mediante o emprego de cordas. Ven da palabra de orixe caribeño “cabuya”, que é un tipo de pita (planta coa que se fan cordas) daquelas latitudes. A cabullería é hoxe unha actividade de apoio a outras de carácter deportivo ou recreativo como a escalada, a pesca, o camping ou a náutica. Un é a unión dunha corda consigo mesma ou con outras despois de ter realizado un percorrido determinado. Canto máis tiramos dos extremos ou chicotes, máis apreta. O importante é seleccionar o nó axeitado para cada uso. Algúns termos empregados en cabullería son: CABO: extremo dunha corda que utilizamos para a realización dun nó. SEO: curvatura que se forma nunha corda sen tensión. CHICOTE: punta dun cabo. CARACTERÍSTICAS DUN NÓ: é axeitado para un uso determinado cando: 1. É fácil de facer e recoñecer. 2. Non se pode desfacer só e sóltase facilmente despois de sometelo a tensión. 3. Ten unha carga de rotura elevada.

CABULLERÍA: CORDAS E NÓS - edu.xunta.gal · A cabullería é hoxe unha actividade de apoio a outras de carácter deportivo ou recreativo como a escalada, a pesca, ... Listados de

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: CABULLERÍA: CORDAS E NÓS - edu.xunta.gal · A cabullería é hoxe unha actividade de apoio a outras de carácter deportivo ou recreativo como a escalada, a pesca, ... Listados de

CABULLERÍA: CORDAS E NÓS

Dende sempre se teñen utilizado as cordas para diversos usos: amarrar, empaquetar, tirar, trenzar… Nas casas podemos atopar cordas de distintas medidas para cometidos diferentes.

Ademáis as cordas pódennos servir para realizar gran variedade de nós moi útiles e vistosos. A todas estas posibilidades se refire a CABULLERÍA. A cabuyería é o arte de facer e desfacer correctamente nós, lazos, amarres… mediante o emprego de cordas. Ven da palabra de orixe caribeño “cabuya”, que é un tipo de pita (planta coa que se fan cordas) daquelas latitudes.

A cabullería é hoxe unha actividade de apoio a outras de carácter deportivo ou recreativo como a escalada, a pesca, o camping ou a náutica.

Un nó é a unión dunha corda consigo mesma ou con outras despois de ter realizado un percorrido determinado. Canto máis tiramos dos extremos ou chicotes, máis apreta.

O importante é seleccionar o nó axeitado para cada uso.

Algúns termos empregados en cabullería son:

-­‐ CABO: extremo dunha corda que utilizamos para a realización dun nó. -­‐ SEO: curvatura que se forma nunha corda sen tensión. -­‐ CHICOTE: punta dun cabo.

CARACTERÍSTICAS DUN NÓ: é axeitado para un uso determinado cando:

1. É fácil de facer e recoñecer. 2. Non se pode desfacer só e sóltase facilmente despois de sometelo a

tensión. 3. Ten unha carga de rotura elevada.

Page 2: CABULLERÍA: CORDAS E NÓS - edu.xunta.gal · A cabullería é hoxe unha actividade de apoio a outras de carácter deportivo ou recreativo como a escalada, a pesca, ... Listados de

CLASIFICACIÓN DOS NÓS

NÓS DE TOPE OU REMATE: Fanse no extremo dunha corda.    

   

Nó simple Oito    

EMPALMES DE CABOS: Serven para unir dúas cordas ou facer un anel unindo os dous extremos dunha soa corda.

 

 

   

 

 

Rizo Pescador

GAZAS: É un anel ou bucle pechado. (non se pode abrir nin pechar)

   

As de guía Oito dobre  

   

Page 3: CABULLERÍA: CORDAS E NÓS - edu.xunta.gal · A cabullería é hoxe unha actividade de apoio a outras de carácter deportivo ou recreativo como a escalada, a pesca, ... Listados de

OITO

-­‐ Serve como nó de tope ou remate, para evitar que un cabo se deslice ata o

final. -­‐ Moi utilizado en náutica e mariñeiría. -­‐ Ten de vantaxe que se afrouxará con facilidade aínda despois de ser sometido a

tensión.

Paso 1 Paso 2

Paso 3 Paso 4

Page 4: CABULLERÍA: CORDAS E NÓS - edu.xunta.gal · A cabullería é hoxe unha actividade de apoio a outras de carácter deportivo ou recreativo como a escalada, a pesca, ... Listados de

OITO

1. Cruzar o chicote por detrás do firme.

2. Agora pasalo por riba do firme.

3. Introducir pola primeira gaza que formou, obtendo a forma dun oito.

4. Azocar o nó deixando un chicote o suficientemente longo.

Page 5: CABULLERÍA: CORDAS E NÓS - edu.xunta.gal · A cabullería é hoxe unha actividade de apoio a outras de carácter deportivo ou recreativo como a escalada, a pesca, ... Listados de

 

RIZO

-­‐ Serve como nó de empalme para unir dúas cordas idénticas. -­‐ Non é unha unión demasiado segura. -­‐ Utilízase normalmente para unir os dous cabos dunha mesma corda que non están

sometidos a tensión. -­‐ Se os cabos van estar sometidos a calquera esforzó, deben realizarse nós de

tope nos extremos curtos.

 

Page 6: CABULLERÍA: CORDAS E NÓS - edu.xunta.gal · A cabullería é hoxe unha actividade de apoio a outras de carácter deportivo ou recreativo como a escalada, a pesca, ... Listados de

RIZO 1. Facer un medio nó simple.

2. Facer outro medio nó simple.

3. Os dous chicotes sairán paralelos ao firme.

4. Azocar ben tirando dos chicotes.

Page 7: CABULLERÍA: CORDAS E NÓS - edu.xunta.gal · A cabullería é hoxe unha actividade de apoio a outras de carácter deportivo ou recreativo como a escalada, a pesca, ... Listados de

PESCADOR

-­‐ Serve de nó de empalme para unir dúas cordas. -­‐ Recibe o seu nome pola frecuente utilización para unir ou alargar as liñas e

aparellos de pesca. -­‐ En escalada utilizase para unir dúas cordas nas manobras de rápel. -­‐ É conveniente que os cabos curtos teñan polo menos 10 cm de corda libre para

evitar que ó apretar se desfaga. -­‐ Despois de tensión ou coas cordas molladas custa traballo desfacelo.

Page 8: CABULLERÍA: CORDAS E NÓS - edu.xunta.gal · A cabullería é hoxe unha actividade de apoio a outras de carácter deportivo ou recreativo como a escalada, a pesca, ... Listados de

AS DE GUÍA

-­‐ Un dos nós máis coñecidos e usados. -­‐ Forma unha gaza fixa ó extremo dun cabo para suxeitar calquera obxecto. -­‐ Non se desliza, nin se afrouxa, nin morde o cabo e é fácil de realizar. -­‐ Pódese desfacer con facilidade, incluso co cabo sometido a esforzo. -­‐ A maior desvantaxe é a súa tendencia a afrouxarse cando se efectúa en cabos

moi ríxidos.    

Paso 1 Paso 2

Paso 3 Paso 4

Page 9: CABULLERÍA: CORDAS E NÓS - edu.xunta.gal · A cabullería é hoxe unha actividade de apoio a outras de carácter deportivo ou recreativo como a escalada, a pesca, ... Listados de

AS DE GUÍA Hay unha regla nemotécnica para lembrar este nó en forma de conto (un lago e unha serpe)

1. Facer unha primeira gaza que será un lago.

2. O chicote pasará por debaixo do lago.

3. O chicote dará a volta á árbore (que é ol firme do cabo).

4. Volver a entrar de novo no lago.

Page 10: CABULLERÍA: CORDAS E NÓS - edu.xunta.gal · A cabullería é hoxe unha actividade de apoio a outras de carácter deportivo ou recreativo como a escalada, a pesca, ... Listados de

 

OITO DOBRE

  -­‐ Ás veces tamén se lle chama simplemente nó de oito. -­‐ É o máis empregado en escalada. -­‐ É o punto de unión entre a corda e o escalador. -­‐ A vantaxe deste nó é que se pode desfacer fácilmente despois de estar

sometido a tensión. -­‐ En cabos sintéticos, onde o as de guía pode esvarar, é unha boa alternativa.

   

 

Page 11: CABULLERÍA: CORDAS E NÓS - edu.xunta.gal · A cabullería é hoxe unha actividade de apoio a outras de carácter deportivo ou recreativo como a escalada, a pesca, ... Listados de

OITO TRENZADO 1. Facer un nó de oito simple

2. Formar un lazo

3. O cabo que ven do lazo segue ó nó do oito facendo o mesmo percorrido.

4. Axustar o nó.