16
Material fotocopiable Documentación Comprensión Velocidade Recreación Novas tecnoloxías Para o profesorado Actividades de recreación lectora Actividades que permitirán ao alumnado recrear a lectura mediante: - A expresión escrita - A expresión oral - A expresión artística (teatro, música e plástica). Información que relaciona o libro con outros libros, filmes, pezas musicais, páxinas web, etc. Do libro a... - Relación de competencias básicas postas en práctica ao longo dos distintos exercicios do CDL. - Relación dos temas do libro con outras áreas. Competencias básicas e inter- disciplinariedade Actividades de comprensión Actividades que axudarán o alumnado a comprender o fondo e mais a forma da lectura realizada. Newsletters con actividades complementarias Actividades que involucran o uso de Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC) Velocidade lectora Apartado que proporciona ao alumnado os elementos precisos para entender mellor a lectura. Apartado informativo Recursos para Robinson contado polas alimarias o profesor Marilar Aleixandre / Federico Delicado 4 CADERNO DE DESENVOLVEMENTO LECTOR Actividades de: Para o alumnado Actividades para mellorar a fluidez na lectura e resolver as carencias de entoación e pronunciación. Actividades de documentación Busca información sobre o autor de A expedición dos libros,Vicente Muñoz Puelles e sobre o ilustrador, Fernando Vicente: Os libros, verdadeiros protagonistas da obra, están organizados nunha biblioteca familiar. Averigua que é a CDU e realiza un esquema cos principais campos na que se divide: As viaxes de Gulliveré un dos libros protagonistas da historia. Nun dos episodios termina caendo nas mans dun neno chinés que vive na cidade de Xangai, na China. Procura información sobre esta cidade e redacta un resumo non superior ás dez liñas sobre a mesma. Na páxina 76 do libro fálase da couza ou trilla que son uns insectos que se alimentan do papel dos libros. Investiga sobre os insectos que «papan» a roupa e prendas de vestir, e cales se alimentan da madeira. 1.2 1.3 1.4 1.1 1 Actividades de comprensión De prestares atención ao vocabulario que forma parte desta obra, haberías comprobar que unha manchea de palabras teñen o seu «aquel». Fíxate nestes verbos: Zarrapicar e Gargarexar.Que tal che soan cando os pronuncias? Ben? Pois non che é casualidade, meu rei! As palabras que imitan sons producidos pola propia natureza ou por unha persoa ou animal, chámanse onomatopeicas. Escribe unha oración con senllas palabras (no caso de non coñeceres o significado, escribe unha oración co que ti imaxinas e despois procura no dicionario o verdadeiro). Zarrapicar: Gargarexar: Agora fai o mesmo con estes substantivos: Tobeira: Balor: Sixilo: Narguilé: Couza: Sobrado: Este enderezo hache axudar na procura de información: » http://www.digalego.com/ Nos diferentes capítulos que compoñen a obra que estás a traballar, aparecen expresións, unhas veces rechamantes e outras, simplemente, curiosas ou graciosas. A ver se es quen a dar co significado das mesmas. Ímoscho poñer doado dándoche unhas pistas. 1. Agora xa non vou poder durmir! Co que custa, á miña idade, botar unha boa soneca.(Páxina 14) a) botar unha partida ás cartas b) botar unha sesta c) botar unha saba na cama 2. Ollándose de esguello,agardaron. (Páxina 23) a) mirar un para o outro b) mirándose no espello c) mirar cara a alguén con disimulo 2.1 2.2 2 A expedición dos libros Velocidade lectora A ver se es quen a ler, coa velocidade adecuada e ben, este texto que –como podes comprobar–, un golpe de vento deixou orfas algunhas das palabras. As t_pas dura_s resi_stir_n ba_tante ben. O h_me p_diulle un sec_dor do p_lo á súa m_ll_r, q_e o b_ixou do s_br_do, onde v_ví_n. S_cou o l_bro, ao pr_ncip_o por f_ra e de_pois f_lla a fol_a. Mal_a a gr_vid_de da s_tua_ión, Gulliver t_vo que se e_for_ar para non rir, por m_r das cóx_gas. De_pois, o h_me co_gou_o nun tendal, q_e ins_alar_n nun cuarto p_ra sec_r a mantelaría c_ndo chov_a. Gulliver, que es_aba dem_sia_o abatido p_ra int_ntar nada, p_sou alí t_da a n_ite, pr_nd_do d_nhas gr_nd_s pinz_s. Volv_ra a Liliput, a illa da x_nte dim_nuta? Ao día s_gu_nte, o home p_soulle o fe_ro coid_dosam_nte a c_da parte do l_bro. C_ndo estivo sati_feito do re_ultado, me_euno nun sobre ac_lchado e le_ouno á ofic_na de C_rreos Agora vaste converter en «autodidacta» e comprobarás cal é a túa velocidade lectora. Saca o teu reloxo e cronometra o tempo que tardas en ler –en voz alta–, este texto que che seleccionamos. «O pai chamou ao timbre. Como non quería que se lle notase o interese, pediulle ao home das lentes que lle deixase botar unha ollada. Mirou varios libros e despois, como por casualidade, preguntou polo tomo de Jules Verne. O home das lentes non se deixou enganar, e seguiulle o xogo. Ao examinar o libro, o pai quedou pasmado. O quinto tomo de Jules Verne non só pertencía á mesma colección, senón que era un dos seus. Levaba unhas rabuñaduras de gato, que el lembraba, e tamén, nunha das primeiras páxinas, as letras RMC, que eran as iniciais do seu avó, escritas con lapis azul. Levouno ao peito, coma se o arrolase. —Este libro é meu —díxolle ao home das lentes—. Ten tamén os outros tomos? —Primeiro teríame que demostrar que é seu. 3.1 3.2 3 Actividades de recreación ACTIVIDADES DE EXPRESIÓN ESCRITA De todas as obras que se mencionan enA expedición dos libros, vai ser complicado que as teñas lido todas, non si? O traballo a realizares agora consiste en elixir unha das que non liches, a que máis che sorprenda polo seu título, e escribas embaixo unha sinopse da mesma. Logo, no enderezo que che propoño, procura a sinopse orixinal e compara. Pode haber sorpresa! » http://gl.wikipedia.org/ Obra elixida: Sinopse: No segundo capítulo titulado «Os Visitantes» o autor, como querendo desculpar ao mozo ladrón, descríbenos cal foi a súa reacción ao recoller un dos libros que se atopaba tirado no chan: «O mozo levantou un dos libros caídos, pasou unha man pola vermella cuberta, coma se a acariciase, e comezou a follealo. Era o primeiro tomo das Obras completas de Jules Verne» Lembras algún momento emocionante, que che pasase a ti, con algún dos libros que teñas lido? Descríbeo, por favor. Os libros teñen unha personalidade acorde ao que contan; así, a protagonista do libro Alicia no país das marabillasestá sempre disposta a viaxar (páxina 71). Imaxínate que es un libro e inventa un título conforme á túa personalidade e maneira de ser. Xustifica a túa resposta en cinco liñas: 4 4.2 4.1 4.3 A expedición dos libros Fotocopiables para o alumnado Robinson contado polas alimarias CADERNO DE DESENVOLVEMENTO LECTOR O caderno de desenvolvemento lector pretende ser unha ferramenta de adestramento para que o alumnado mellore a súa competencia lectora. OXFORD | 1

CADERNO DE DESENVOLVEMENTO LECTOR - … · • Achegármonos dende outra perspectiva á magnífi ca novela de Robinson Crusoe. • Refl exionar, a través da lectura do libro, sobre

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: CADERNO DE DESENVOLVEMENTO LECTOR - … · • Achegármonos dende outra perspectiva á magnífi ca novela de Robinson Crusoe. • Refl exionar, a través da lectura do libro, sobre

Materialfotocopiable

Documentación Comprensión Velocidade Recreación

Novas tecnoloxías

Para o profesorado

Actividades de recreación

lectora

Actividades que permitirán ao alumnado recrear a lectura mediante:- A expresión escrita- A expresión oral- A expresión artística (teatro, música e plástica).

Información que relaciona o libro con outros libros, filmes, pezas musicais, páxinas web, etc.

Do libro a...

- Relación de competencias básicas postas en práctica ao longo dos distintos exercicios do CDL.- Relación dos temas do libro con outras áreas.

Competenciasbásicas e inter-

disciplinariedade

Actividades de comprensión

Actividades que axudarán o alumnado a comprender o fondo e mais a forma da lectura realizada.

Newsletters con actividades complementarias

Actividades que involucran o uso deTecnoloxías da Información e da

Comunicación (TIC)

Velocidade lectora

Apartado queproporciona ao alumnado os elementos precisos para entender mellor a lectura.

Apartado informativo

Recursos para

Robinson contado polas alimarias

o profesor

Marilar Aleixandre / Federico Delicado

4

CADERNO DE DESENVOLVEMENTO LECTOR

Actividades de:

Para o alumnado

Actividades para mellorar a fluidez na lectura e resolver as carencias de entoación e pronunciación.

Actividades de documentación

Busca información sobre o autor de A expedición dos libros, Vicente Muñoz Puelles e sobre o ilustrador, Fernando Vicente:

Os libros, verdadeiros protagonistas da obra, están organizados nunha biblioteca familiar. Averigua que é a CDU e realiza un esquema cos principais campos na que se divide:

As viaxes de Gulliver é un dos libros protagonistas da historia. Nun dos episodios termina caendo nas mans dun neno chinés que vive na cidade de Xangai, na China. Procura información sobre esta cidade e redacta un resumo non superior ás dez liñas sobre a mesma.

Na páxina 76 do libro fálase da couza ou trilla que son uns insectos que se alimentan do papel dos libros. Investiga sobre os insectos que «papan» a roupa e prendas de vestir, e cales se alimentan da madeira.

1.2

1.3

1.4

1.1

1

OXFORD | 3

Actividades de comprensión

De prestares atención ao vocabulario que forma parte desta obra, haberías comprobar que unha manchea de palabras teñen o seu «aquel». Fíxate nestes verbos: Zarrapicar e Gargarexar. Que tal che soan cando os pronuncias? Ben? Pois non che é casualidade, meu rei! As palabras que imitan sons producidos pola propia natureza ou por unha persoa ou animal, chámanse onomatopeicas.Escribe unha oración con senllas palabras (no caso de non coñeceres o significado, escribe unha oración co que ti imaxinas e despois procura no dicionario o verdadeiro).

• Zarrapicar:

• Gargarexar:

Agora fai o mesmo con estes substantivos:

• Tobeira:

• Balor:

• Sixilo:

• Narguilé:

• Couza:

• Sobrado:

• Este enderezo hache axudar na procura de información: » http://www.digalego.com/

Nos diferentes capítulos que compoñen a obra que estás a traballar, aparecen expresións, unhas veces rechamantes e outras, simplemente, curiosas ou graciosas. A ver se es quen a dar co significado das mesmas. Ímoscho poñer doado dándoche unhas pistas.

1. Agora xa non vou poder durmir! Co que custa, á miña idade, botar unha boa soneca. (Páxina 14)a) botar unha partida ás cartas b) botar unha sesta c) botar unha saba na cama

2. Ollándose de esguello, agardaron. (Páxina 23) a) mirar un para o outro b) mirándose no espello c) mirar cara a alguén con disimulo

2.1

2.2

2

A expedición dos libros

OXFORD4 |

Velocidade lectora

A ver se es quen a ler, coa velocidade adecuada e ben, este texto que –como podes comprobar–, un golpe de vento deixou orfas algunhas das palabras.

As t_pas dura_s resi_stir_n ba_tante ben. O h_me p_diulle un sec_dor do p_lo á súa m_ll_r,

q_e o b_ixou do s_br_do, onde v_ví_n.S_cou o l_bro, ao pr_ncip_o por f_ra e de_pois

f_lla a fol_a. Mal_a a gr_vid_de da s_tua_ión, Gulliver t_vo que se e_for_ar para non rir, por m_r das

cóx_gas.

De_pois, o h_me co_gou_o nun tendal, q_e

ins_alar_n nun cuarto p_ra sec_r a mantelaría

c_ndo chov_a.

Gulliver, que es_aba dem_sia_o abatido p_ra

int_ntar nada, p_sou alí t_da a n_ite, pr_nd_do

d_nhas gr_nd_s pinz_s. Volv_ra a Liliput, a illa da

x_nte dim_nuta?

Ao día s_gu_nte, o home p_soulle o fe_rocoid_dosam_nte a c_da parte do l_bro. C_ndo

estivo sati_feito do re_ultado, me_euno nun sobreac_lchado e le_ouno á ofic_na de C_rreos

Agora vaste converter en «autodidacta» e comprobarás cal é a túa velocidade lectora. Saca o teu reloxo e cronometra o tempo que tardas en ler –en voz alta–, este texto que che seleccionamos.

«O pai chamou ao timbre. Como non queríaque se lle notase o interese, pediulle ao home daslentes que lle deixase botar unha ollada. Mirouvarios libros e despois, como por casualidade,

preguntou polo tomo de Jules Verne.O home das lentes non se deixou enganar,

e seguiulle o xogo.

Ao examinar o libro, o pai quedou pasmado.O quinto tomo de Jules Verne non só pertencíaá mesma colección, senón que era un dos seus.

Levaba unhas rabuñaduras de gato, que el lembraba,e tamén, nunha das primeiras páxinas,

as letras RMC, que eran as iniciais do seu avó,escritas con lapis azul.

Levouno ao peito, coma se o arrolase.—Este libro é meu —díxolle ao home das

lentes—. Ten tamén os outros tomos?—Primeiro teríame que demostrar que é seu.

3.1

3.2

3

OXFORD | 5

Actividades de recreación

ACTIVIDADES DE EXPRESIÓN ESCRITA

De todas as obras que se mencionan en A expedición dos libros, vai ser complicado que as teñas lido todas, non si? O traballo a realizares agora consiste en elixir unha das que non liches, a que máis che sorprenda polo seu título, e escribas embaixo unha sinopse da mesma. Logo, no enderezo que che propoño, procura a sinopse orixinal e compara. Pode haber sorpresa!

» http://gl.wikipedia.org/

Obra elixida:

Sinopse:

No segundo capítulo titulado «Os Visitantes» o autor, como querendo desculpar ao mozo ladrón, descríbenos cal foi a súa reacción ao recoller un dos libros que se atopaba tirado no chan:

«O mozo levantou un dos libros caídos, pasou unha man pola vermella cuberta, coma se a acariciase, e comezou a follealo. Era o primeiro tomo das Obras completas de Jules Verne»

Lembras algún momento emocionante, que che pasase a ti, con algún dos libros que teñas lido? Descríbeo, por favor.

Os libros teñen unha personalidade acorde ao que contan; así, a protagonista do libro Alicia no país das marabillas está sempre disposta a viaxar (páxina 71). Imaxínate que es un libro e inventa un título conforme á túa personalidade e maneira de ser. Xustifica a túa resposta en cinco liñas:

4

4.2

4.1

4.3

A expedición dos libros

6 | OXFORD

Fotocopiables para o alumnado

Robinson contado polas alimarias

CADERNO DEDESENVOLVEMENTO LECTOR

O caderno de desenvolvemento lector pretende ser unha ferramenta de adestramento para que o alumnado

mellore a súa competencia lectora.

OXFORD | 1

Page 2: CADERNO DE DESENVOLVEMENTO LECTOR - … · • Achegármonos dende outra perspectiva á magnífi ca novela de Robinson Crusoe. • Refl exionar, a través da lectura do libro, sobre

Robinson contado polas alimarias

PresentaciónO CDL é un material orientado ao docente que acompaña a cada libro do

Proxecto Lector A Árbore da Lectura. O seu obxectivo principal é o de contribuír ao desenvolvemento de lectores competentes, capaces de afrontar a lectura de calquera tipo de texto utilizando a estratexia máis adecuada en función da fi nalidade da lectura, das características do texto e do contexto no que se produce.

As actividades que se presentan pretenden que o alumnado «aprenda gozando», espertando o seu interese pola lectura de textos literarios e mellorando os seus hábitos lectores, asemade achegan ao docente unha ferramenta útil e atractiva para estimular a lectura na aula.

A realización das actividades do CDL será fl exible. Aínda que o ideal é completalo de maneira íntegra, o profesorado tamén terá a posibilidade de escolmar aqueles exercicios que considere máis axeitados para satisfacer as necesidades específi cas de cada alumno e de cada clase.

SinopseEsta é a historia de como Tinga, a quen todos coñecemos por Robinson Crusoe,

chegou á illa de Itajubá. En realidade, neste relato son as alimarias ou os bichos que habitan na illa os que adquiren protagonismo e contan a súa propia versión dos feitos.

Unha mañá, Tinga aparece tombado sobre a area da praia tras caer do barco. Perdera o coñecemento tras ser golpeado contra as rochas pola ondada, momento no que o atopou Yaguatirica, o gato-tigre e rei do lugar, que decide salvarlle a vida espertándoo. O tigre sente o deber de coidar del e acollelo, pero non todos os animais de Itajubá estarán de acordo en que fi que na illa.

Razóns para ler este libro• Coñecer o reino animal.

• Valorar a importancia de dar sempre unha nova oportunidade ás persoas.

• Achegármonos dende outra perspectiva á magnífi ca novela de Robinson Crusoe.

• Refl exionar, a través da lectura do libro, sobre os valores da responsabilidade, solidariedade e respecto cara aos outros.

• Gozar coa lectura dun libro ameno e repleto de aventuras.

• Valorar e practicar a tolerancia como vínculo de respecto cara os demais.

2 | OXFORD

Page 3: CADERNO DE DESENVOLVEMENTO LECTOR - … · • Achegármonos dende outra perspectiva á magnífi ca novela de Robinson Crusoe. • Refl exionar, a través da lectura do libro, sobre

Actividades de documentación1.1

1Entra na páxina web de Marilar Aleixandre, a autora do libro, e realiza un breve resumo da súa vida.

Liches a novela Robinson Crusoe? Sabes de que trata? Realiza un breve resumo sobre o argumento desta novela. Non esquezas dicir quen foi o autor da obra e en que ano se escribiu.

No libro coméntase que a illa onde transcorre a acción, atópase na selva da Mata atlántica (pax. 24). Busca información e explica onde se atopa esta selva e como é.

No capítulo 10 coñecemos a Yacaré, un caimán fi lósofo que se fai preguntas como: «podemos bañarnos dúas veces no mesmo río?», e «é certo que todo está en constante cambio?». Indaga a quen se atribúen estas frases, explica quen é este personaxe e se estas sentenzas son correctas:

1.3

1.4

1.2

OXFORD | 3

Page 4: CADERNO DE DESENVOLVEMENTO LECTOR - … · • Achegármonos dende outra perspectiva á magnífi ca novela de Robinson Crusoe. • Refl exionar, a través da lectura do libro, sobre

Robinson contado polas alimarias

2.1

2.2

2.3

2Marca cun «V» de Verdadeiro ou cun «F» de Falso, as seguintes proposicións:

1. Robinson tamén era coñecido por Tinga, Náufrago e Mr. Crusoe.

2. A illa da Desesperación e mais Ijatubá son a mesma.

3. O nome do barco no que Tinga naufragou a uns metros da praia chamábase Yacaré.

4. Robinson volveu ao barco para aprovisionarse e recoller algúns enseres.

5. As alimarias descobren que Tinga é un tratante de escravos.

6. Cando Tinga se atopa con Taiguara preséntase con estas palabras: You Thursday. Me Mister.

7. Taiguara e Ñasaindí mostran interese por aprender o idioma de Tinga, e Tinga tamén se mostra interesado na lingua dos nativos.

8. Un barco inglés chega á illa de Ijatubá e nel embarcan Robinson, Taiguara e Ñasaindí cara Inglaterra.

Quen é quen? Relaciona os personaxes da novela coa información que se che dá.

Actividades de comprensión

1. Cururú

2. Jabutí

3. Gambasiña

4. Yaguatirica

5. Tinga

6. Taiguara

7. Ñasaindí

a) De ben nacidos é ser agradecidos.

b) Onde hai fume, hai lume.

c) Fuxir da tixola para caer nas brasas, dou o demo tales ventaxas.

d) Cal é o herbado, tal é o gado.

e) Máis val maña que forza.

f) Nin un dedo fai man, nin unha andoriña fai verán.

a. Pequeno marsupial de ollos negros.

b. O gato fero.

c. O inútil de Robinson.

d. A fermosa compañeira de Taiguara.

e. O compañeiro indíxena de Mr. Crusoe, na illa.

f. A tartaruga. O animal máis sabio e pousón da illa.

g. A sapa contacontos.

1. Grazas a unha pista obtemos unha conclusión.

2. Debemos valorar a atención que recibimos e corresponder do mesmo xeito.

3. Somos o que comemos.

4. Precisamos dos demais para conseguir un fi n.

5. A intelixencia está por riba doutras virtudes físicas.

6. Cando algo empeza mal remata, normalmente, acabando mal.

Relaciona estes refráns co signifi cado que lles correspondan:

4 | OXFORD

Page 5: CADERNO DE DESENVOLVEMENTO LECTOR - … · • Achegármonos dende outra perspectiva á magnífi ca novela de Robinson Crusoe. • Refl exionar, a través da lectura do libro, sobre

2.4

2.5

2 Actividades de comprensión

Relaciona as frases seleccionadas co recurso literario que representan:

1. (…) sorriu ela, co seu sorriso que facía cantar a auga e deter o voo dos paxaros.

2. O meu corazón batía como a chuvia nas follas da palmeira ubuçu.

3. (…) vivían tantos animais que non poderiamos contalos aínda que vivísemos mil anos.

4. (…) onde instalou as súas arcas, sacos que tirou duns pipotes, martelos, serras e cravos, a escopeta e a pólvora.

a. Comparación

b. Hipérbole

c. Enumeración

d. Personifi cación

1 2 3 4

Axúdate dos enderezos electrónicos que se che proporcionan e constrúe oracións coas palabras seleccionadas da novela:

» http://www.digalego.com» http://www.edu.xunta.es/diccionarios/index_rag.html

a) Nifrosas:

b) Aleitalos:

c) Casopa:

d) Envorcar:

e) Faragullas:

f) Carricantas:

e) Tobo:

OXFORD | 5

Page 6: CADERNO DE DESENVOLVEMENTO LECTOR - … · • Achegármonos dende outra perspectiva á magnífi ca novela de Robinson Crusoe. • Refl exionar, a través da lectura do libro, sobre

Robinson contado polas alimarias

3Vas ler un texto ao que lle «voaron» algunhas letras. Terás de lelo dúas veces: unha, tal e como se che presenta nesta actividade e outra, vaite á páxina 122 e le o parágrafo completo. Debes cronometrar canto che levou cada texto e tirar unha conclusión:

«D_spois do d_a en q comeu por pr_meira v_z un s_ltón, Mister Crusoe

ab_ndonou os pr_xuízos q t_ña en r_lación cos ins_ctos. Ao c_bo duns d_as vino

com_ndo form_gas torr_das, e d aí a c_mer os b_chos da taiguara ou os b_chos do c_co

non h_bía máis q un p_so. S_bre t_do d_vecía p_los b_chos do c_co, se por el f_se

com_ríaos c_da d_a».

• Este texto levoume segundos.

• O texto completo levoume segundos.

Agora, ademais de medir a túa velocidade lectora, vas comprobar se a túa lectura é efi caz ou non. Completa os baleiros coas palabras seleccionadas e cronometra o tempo que che levou. Logo compara os resultados co resto da clase e tira unha conclusión.

Chegou . A canoa achegouse á praia e ela

chimpou á na que nese intre se refl ectía a

vaidosa , pois era de noite. Confundido, desde

a praia onde me encontraba , eu contemplaba

o na auga, sen saber quen era a lúa, quen

a . Imposible decidir cal escintilaba con

máis xeito. Por iso comprendín que se chamaba Luz de

lúa, .

rapariga lúa auga baile Ñasaindí

adurmiñado danzando

• Esta actividade levoume segundos.

Velocidade lectora3.1

3.2

6 | OXFORD

Page 7: CADERNO DE DESENVOLVEMENTO LECTOR - … · • Achegármonos dende outra perspectiva á magnífi ca novela de Robinson Crusoe. • Refl exionar, a través da lectura do libro, sobre

4.1

4.2

4ACTIVIDADES DE EXPRESIÓN ESCRITA

A autora da novela remátaa mais non o fai cun fi nal cerrado. A través das tres lendas engadidas, dálle ao lector a posibilidade de imaxinar fi nais diferentes. Bótalle ti un pouco de imaxinación e conta un novo fi nal para Robinson e as alimarias.

Agora, completa este diálogo entre Tinga e Taiguara. Como ves o diálogo está mutilado; só aparecen as intervencións de Taiguara e ti terás de escribir a parte dialogada de Tinga.

— Tinga:

— Taiguara: A miña lingua é tan válida como a túa.

— Tinga:

— Taiguara: E por que razón a túa lingua debería ser a lingua de todos?

— Tinga:

— Taiguara: Sodes a nación máis poderosa? A que lle chamas poder? A trafi car con persoas? A acabar cos animais? A non respectar a contorna que che dá de comer?

— Tinga:

— Taiguara: E de onde eu son non temos un só deus. Os deuses nosos son as augas, as árbores, o vento, a choiva…eles son os que nos guían.

— Tinga:

— Taiguara: Eu non quero que me cristianicen. Eu quero seguir vivindo como até agora. Quero ser tal e como son. Chámasme besta porque ando espido e ti vistes peles de animais que matas ao chou. Para chuchares o mel das abellas es capaz de talar toda a fraga. Tanto tempo que botamos xuntos e mentres eu aprendín o teu idioma ti aprendiches unha palabra do meu, unha soa palabra!: «Neí»… Quen é o salvaxe, Tinga? Quen?

Actividades de recreación

OXFORD | 7

Page 8: CADERNO DE DESENVOLVEMENTO LECTOR - … · • Achegármonos dende outra perspectiva á magnífi ca novela de Robinson Crusoe. • Refl exionar, a través da lectura do libro, sobre

Robinson contado polas alimarias

4ACTIVIDADES DE EXPRESIÓN ORAL

Taiguara e Tinga falan linguas diferentes, pero mentres Taiguara aprende a lingua de Tinga, este non mostra nin o máis mínimo interese por aprender a do indíxena. A ti que che parece a actitude de Tinga? Cres que hai linguas mellores e peores? Cóntalle á clase a túa opinión ao respecto.

Taiguara dálle unha lección a Mr. Crusoe sobre o que é alimentación equilibrada cando lle lembra que nunca come froita nin verdura. Que sabedes da alimentación de culturas distintas ás vosas? Formade grupos de cinco e procurade información sobre a dieta en países –para vós–, estraños ou afastados. Ao remate, deberedes expoñer en murais o resultado da vosa investigación. Podedes comezar por este enderezo:

» http://www.slideshare.net/JotaEduardo/cultura-y-alimentacin-i

ACTIVIDADES DE CREACIÓN ARTÍSTICA

No enderezo da parte inferior podes ver unha curtametraxe da novela que estás a traballar. Comprobarás que é unha versión diferente da novela que ves de ler. Crea un Power Point con imaxes espectaculares de paisaxes mundialmente coñecidas ou por outras que ti coñezas, que pola súa beleza, combatan a soidade do ser humano:

» http://www.youtube.com/watch?v=Y7BuN8eEYM0

Mentres Robinson, ofuscado polo medo a morrer, procuraba algo para sobrevivir, a natureza ofrecíalle un paraíso de froitos e zumes que non era quen a ver. Volve ler o texto onde aparece esta escena e debuxa o paraíso de cores e sabores no cadro de embaixo.

Actividades de recreación

4.3

4.4

4.5

4.6

8 | OXFORD

Page 9: CADERNO DE DESENVOLVEMENTO LECTOR - … · • Achegármonos dende outra perspectiva á magnífi ca novela de Robinson Crusoe. • Refl exionar, a través da lectura do libro, sobre

Solucións e outras actividadespara o docente

1.1

OXFORD | 9

1. ACTIVIDADES DE DOCUMENTACIÓN

O alumnado debe entrar na páxina web da autora e realizar un breve resumo da biografía de Marilar Aleixandre. Para iso, poden consultar a web ofi cial da autora en:

» http://www.marilar.org/

Solución:

Biografía da autora

Marilar Aleixandre naceu en Madrid en 1947. Viviu en moitos lugares, pero unha vez que chegou a Galicia, decidiu fi car alí. Agora vive en Santiago de Compostela e traballa como narradora, poeta, tradutora e escritora. Aleixandre estudou Bioloxía e foi profesora de Ciencias Naturais nun Instituto durante doce anos, e hoxe segue exercendo a súa carreira profesional como profesora de Didáctica de Ciencias e Educación Ambiental na Facultade de Educación da Universidade de Santiago de Compostela.

Recibiu numerosos premios, entre eles: o Premio da Crítica á creación literaria en galego 1995 e o Premio Merlín de literatura infantil 1994 pola Expedición do Pacífi co. O Premio Manuel Murguía de Narración breve 1997 por Desaforados Muños; o Premio Rañolas ao mellor libro infantil/xuvenil en galego 1996 polo Trasno de Alqueidón; o Premio Álvaro Cunqueiro de Narrativa 1998 pola Compañía clandestina de contrapublicidade e o Premio Esquío de poesía en galego 1998 por Catálogo de Velenos. Ademais, a súa obra A Banda sen futuro obtivo o Premio Lazarillo de Literatura Xuvenil en 1999 e o Premio Lecturas no ano 2001.

Bibliografía da autora

• A banda sen futuroA música é o elemento imprescindible neste relato, no que cada nota non pode realmente escoitarse pero si sentirse dalgún modo a través da protagonista desta historia. Para ela, a música é o salvoconduto que a axuda a superar as difi cultades da vida diaria.

• O chápiro verdePode haber algo no mundo máis triste que vivir sen soñar. O perverso Devorador de soños non poderá seguir facendo das súas grazas á axuda do chápiro verde.

• El-Rei Artur e a Abominable DamaEl-Rei Artur vai de caza cos seus cabaleiros e mata unha osa. Persegue logo a un cervo branco, que se transforma no Cabaleiro do Cervo e repróchalle que queira matar un animal branco, pois son sacros, polo que será el quen mate ao rei se dentro dun ano e un día non sabe contestar que é o que máis desexan as mulleres. Como non atopa resposta satisfactoria en sabios, soldados nin cabaleiros de Camelot, Artur decide saír na súa procura.

Page 10: CADERNO DE DESENVOLVEMENTO LECTOR - … · • Achegármonos dende outra perspectiva á magnífi ca novela de Robinson Crusoe. • Refl exionar, a través da lectura do libro, sobre

Robinson contado polas alimarias

Solucións e outras actividadespara o docente

1.2

10 | OXFORD

Para comprender a esencia deste relato, o alumnado debe realizar un breve resumo da novela Robinson Crusoe. Ademais, o alumnado terá que especifi car en que ano foi escrita esta novela e quen foi o seu autor.

Solución: Robinson Crusoe é a obra máis famosa de Daniel Defoe e está considerada como a primeira novela inglesa, publicada en 1719. Narra a historia dun mozo inglés que, apaixonado polo mundo mariño, decide realizar unha viaxe. Unha viaxe que acabará converténdoo en náufrago dunha illa deserta na que parece ser o único habitante; tendo nun principio como compañía tan só a uns animais que viaxaban con el no barco.

Pero pronto descubrirá que non está só, senón que a illa está habitada por uns caníbales que pretenden matar a un dos seus prisioneiros. Crusoe salva o prisioneiro de ser executado e decide chamarlle «venres» polo día en que o coñeceu. Xuntos vivirán aventuras na illa até seren rescatados.

O alumnado debe indagar onde se atopa a selva da Mata atlántica e describir como é.

Solución: a Mata atlántica é unha formación vexetal brasileira, paraguaia e arxentina. No Brasil, acompañaba a zona litoral do país desde Río Grande do Norte a Río Grande do Sur, chegando polo interior até a Provincia de Misións no nordeste da Arxentina, e o leste do Paraguai.

É un dos tipos de selva tropical máis ameazados do globo, pois a súa superfi cie quedou extremadamente reducida a poucos fragmentos, na súa maioría descontinuos, por mor da súa deforestación, principalmente a partir do século XX.

Aínda abriga unha das maiores biodiversidades do planeta. Cubría importantes treitos de serras e escarpas da Meseta Brasileira, e era a continuación da selva Amazónica. Foi a segunda maior selva tropical en extensión en Suramérica.

O alumnado debe descubrir a quen pertencen as frases que di o caimán Yacaré no capítulo 10, explicar quen era, e se as mesmas son correctas.

Solución: estas frases corresponden ao pensamento de Heráclito. Heráclito de Éfeso foi un fi lósofo grego. Naceu cara ao ano 535 AC. e faleceu cara ao 484 AC. Era natural de Éfeso, cidade da Xonia, na costa occidental de Asia Menor (actual Turquía). Como os demais fi lósofos anteriores a Platón, non quedan máis que fragmentos das súas obras, e en gran parte coñécense as súas achegas grazas a testemuños posteriores.

Unha das máis famosas sentenzas de Heráclito é a que di: «Nos mesmos ríos entramos e non entramos, pois somos e non somos os mesmos». Pero a frase pasou coñecerse como «Ningún home pode bañarse dúas veces no mesmo río», citado erroneamente na versión que dá Platón na súa obra Crátilo. Esta sentenza exemplifi ca a doutrina heraclítea do cambio.

1.3

1.4

Page 11: CADERNO DE DESENVOLVEMENTO LECTOR - … · • Achegármonos dende outra perspectiva á magnífi ca novela de Robinson Crusoe. • Refl exionar, a través da lectura do libro, sobre

Solucións e outras actividadespara o docente

OXFORD | 11

2. ACTIVIDADES DE COMPRENSIÓN

O alumnado, nun exercicio de memoria e de comprensión, deberá completar as celas; segundo sexan verdadeiras ou falsas, as sentenzas proporcionadas.

Solución: 1 - V; 2 - V; 3 - F; 4 - V; 5 - V; 6 - F; 7 - F; 8 - F.

O alumnado deberá relacionar cada personaxe coa súa descrición.

Solución: 1 - g; 2 - f; 3 - a; 4 - b; 5 - c; 6 - e; 7 - d.

O alumnado deberá relacionar os refráns co seu signifi cado.

Solución: a - 2; b -1; c - 6: d - 3; e - 5; f - 4.

Ademais… A illa das «alimarias» é un bo lugar para atopar fauna típica galega (cans, raposos…) e, tamén, os ditos que hai sobre estes animais. Na bibliografía de referencia, o alumnado atopará unha boa fonte de recursos para seleccionar aqueles ditos máis graciosos sobre esa fauna autóctona.• Dicionario de Fraseoloxía Galega. Editorial Xerais. Carme López Taboada e M.ª Rosario

Soto Arias.• Dicionario Fraseolóxico Galego. Edicións A Nosa Terra. Colectivo Manuel Leiras Pulpeiro.

Solución: resposta libre.

O alumnado deberá relacionar os recursos literarios co seu nome.

Solución: 1 - d; 2 - a; 3 - b; 4 - c.

O alumnado deberá escribir oracións coas palabras seleccionadas que forman parte da novela.

Solución: unha posible resposta é a que se ofrece:

a) As alimarias non che eran nada nifrosas, tanto che comían as frangullas do chan coma proían detrás da orella de Tinga.

b) Os mamíferos non poden esquecer as súas crías, deben aleitalas até pasado un tempo. c) Para construír a súa casopa, Tinga utilizou restos do velame do barco encallado.d) Centra a carga do carro se non o queres envorcar, ho!e) As formigas facían coas faragullas, que caían da man de Robinson, festa rachada.f) As carricantas tamén forman parte da dieta de Taiguara e Ñasaindí.g) Gambasiña acochábase no seu tobo cando barruntaba perigo.

2.1

2.2

2.3

2.4

2.5

Page 12: CADERNO DE DESENVOLVEMENTO LECTOR - … · • Achegármonos dende outra perspectiva á magnífi ca novela de Robinson Crusoe. • Refl exionar, a través da lectura do libro, sobre

Robinson contado polas alimarias

12 | OXFORD

Solucións e outras actividadespara o docente

3. VELOCIDADE LECTORA

O alumnado comprobará a súa velocidade lectora utilizando, primeiro o texto mutilado e despois o texto que fi gura na novela, na páxina que se indica.

Solución: resposta libre. O texto completo fi gura na páxina 122.

O alumnado deberá encher os baleiros coas palabras seleccionadas, e cada unha no seu oco correspondente.

Solución: resposta libre. Con esta actividade, ademais de medir a velocidade lectora, compróbase a comprensión lectora (lectura efi caz) do alumnado. O texto é o seguinte:

«Chegou danzando. A canoa achegouse á praia e ela chimpou á auga na que nese intre se refl ectía a vaidosa lúa, pois era de noite. Confundido, desde a praia onde me encontraba adurmiñado, eu contemplaba o baile na auga, sen saber quen era a lúa, quen a rapariga. Imposible decidir cal escintilaba con máis xeito. Por iso comprendín que se chamaba Luz de lúa, Ñasaindí.»

4. ACTIVIDADES DE RECREACIÓN

Actividades de expresión escrita

O alumnado creará unha nova lenda cun fi nal distinto aos engadidos pola autora.

Solución: resposta libre. Deberá valorarse a orixinalidade e mais a orde e o estilo na narración.

O alumnado completará un diálogo mutilado tendo en conta as respostas dadas por Taiguara. Deberá existir unha relación de coherencia entre Tinga e Taiguara.

Solución: resposta libre. Unha posible solución é a que se ofrece:

– Tinga: Amigo Taiguara a túa lingua de pouco val.– Tinga: Eu falo unha lingua admirada por toda a xente civilizada e como tal debedes

aprendela.– Tinga: Abofé que si. A lingua e mais a economía fan do meu país unha nación poderosa…A

máis poderosa do mundo civilizado e do mundo salvaxe, tamén.– Tinga: Escoita Taiguara: de onde eu son, temos un só Deus que nos guía e nos fai superiores

a vós.– Tinga: Andrómenas! Ti o que precisas é coñecer o Deus cristián. O único Deus. Todos os

outros deuses son farfalladas de xente salvaxe coma ti, de bestas que nin tan sequera falades o inglés.

3.1

3.2

4.1

4.2

Page 13: CADERNO DE DESENVOLVEMENTO LECTOR - … · • Achegármonos dende outra perspectiva á magnífi ca novela de Robinson Crusoe. • Refl exionar, a través da lectura do libro, sobre

OXFORD | 13

Actividades de expresión oral

O alumnado dará unha resposta razoada, crítica e o máis obxectiva posible, sobre o que se propón na actividade.

Solución: resposta libre. O alumnado deberá intervir por orde rigorosa respectando as quendas de opinión.

O alumnado elaborará, en grupos, unha resposta na que se recollan as características máis salientables das distintas dietas que forman parte de culturas diferentes.

Solución: resposta libre. Ao remate das exposicións débense extraer as conclusións que fagan «científi co» o traballo.

Actividades de creación artística

Despois de ver a curtametraxe de Buñuel, o alumnado tratará de plasmar na aplicación que coñeza: Power Point, Open Impress, Slide…, esas imaxes que nos deixan abraiados pola súa beleza.

Solución: resposta libre. Son elementos a valorar: a beleza das imaxes, o impacto que poden crear no ser humano, a capacidade para afastarnos da soidade e mais o resultado fi nal do produto.

O alumnado deberá debuxar, de xeito individual, o paraíso de froitos e zumes que polo que corre Robinson.

Solución: resposta libre. Hase valorar a capacidade do alumnado para converter as palabras en cor. Para aquel alumnado que presenta difi cultades na súa creación artística pode servir como referencia este enderezo:

» http://www.artistas.artenaif.com/

Ademais… No libro de Álvaro Cunqueiro «Escola de Menciñeiros» faise referencia a unha fauna fantástica: «O gatipedro» «O Bolimarte» «O Tordavisco»… Trátase de debuxar e colorear o animal que lle resulte máis rechamante, a cada alumno e alumna, despois de ter lido a descrición que o autor fai, do animal fantástico, no seu libro.

Bibliografía: Escola de Menciñeiros. Álvaro Cunqueiro. Edit.Galaxia.

Solución: resposta libre. Hase valorar a creatividade e a gama de cores que acompañe ao debuxo.

Solucións e outras actividadespara o docente

4.3

4.5

4.4

4.6

Page 14: CADERNO DE DESENVOLVEMENTO LECTOR - … · • Achegármonos dende outra perspectiva á magnífi ca novela de Robinson Crusoe. • Refl exionar, a través da lectura do libro, sobre

Robinson contado polas alimarias

Do libro a…

14 | OXFORD

1. OUTROS LIBROS

A illa do tesouroSTEVENSON, Robert Louis. Vigo: Edicións Xerais de Galicia, 2003.O mozo Jim descobre o mapa dun tesouro. Non tarda en atopar a alguén que frete un barco para buscalo, pero entre a tripulación atópanse a bordo piratas como John Silver, que tamén quererá facerse co tesouro.

A expedición do Pacífi coALEIXANDRE, Marilar. Vigo: Edicións Xerais, 1994.Esta novela de aventuras conta as peripecias dunha nena de doce anos, Emilia, que se embarca como polisón nunha expedición científi ca que parte a explorar o océano Pacífi co.

As viaxes do príncipe azul CABANA, Darío Xohán Vigo: Galaxia, 2001.O libro narra as peripecias dun príncipe chamado Cerúleo que, despois de fracasar nos seus estudos, é obrigado polos seus pais a viaxar polo mundo na procura de aventuras que o fagan merecente do seu reino e dunha princesa coa que poida casar e formar unha familia.

2. FILMES

NáufragoRobert Zemeckis (dir.). 20th Century Fox / Dreamworks Pictures / ImageMovers / Playtone. Estados Unidos, 2000 (143 min).Un náufrago, a amizade por unha pelota e o amor por unha muller á que estraña, serán os protagonistas desta historia que se desenvolve nunha illa deserta.

Robinson CrusoeRod Hardy y George Miller (dir.). Miramax Films / RHI Entertainment, Estados Unidos, 1997 (91 min).Robinson Crusoe, mariñeiro inglés, enfróntase aos perigos que lle axexan nunha illa deserta tras ser o único sobrevivente dun naufraxio. Alí deberá enfrontarse á natureza, á soidade e mais a unha tribo de caníbales que habita no lugar.

3. PÁXINAS WEB

» http://www.fundaciongsr.es/catalogos/frames3.html Artigo denominado: «Nuevas robinsonadas: islas y procesos de maduración en la LIJ».

» http://adigital.pntic.mec.es/~aramo/lectura/lectu57b.htm Comprensión lectora sobre un texto de Robinson

» http://www.youtube.com/watch?v=Y7BuN8eEYM0 Video comezo de Robinson Crusoe na versión de Luis Buñuel de 1954.

Page 15: CADERNO DE DESENVOLVEMENTO LECTOR - … · • Achegármonos dende outra perspectiva á magnífi ca novela de Robinson Crusoe. • Refl exionar, a través da lectura do libro, sobre

Competencias básicas e interdisciplinariedade

OXFORD | 15

Contribución ao desenvolvemento das competencias básicas

Competencia Actividades para traballala

Competencia en comunicación lingüística 1.1, 1.2, 2.1, 2.2, 2.3, 2.4, 2.5, 3.1, 3.2, 4.1, 4.2, 4.3 e 4.4

Tratamento da información e competencia dixital 1.1, 1.3, 1.4, 2.5, 4.4 e 4.5

Competencia social e cidadá 1.3, 4.3 e 4.4

Competencia para aprender a aprender 1.1, 1.2, 1.3, 1.4, 2.2, 2.3, 3.1 e 3.2

Autonomía e iniciativa persoal 1.1, 1.2, 1.3, 1.4, 2.5, 4.1, 4.2, 4.3 e 4.4

Competencia cultural e artística 4.5 e 4.6

Competencia no coñecemento e a interacción co mundo físico 1.3, 4.4, 4.5 e 4.6

Interdisciplinariedade

Área Actividade coa que se pode relacionar

Lingua galega e literatura 1.1, 1.2, 2.2, 2.3, 2.4, 2.5, 3.1, 3.2, 4.1, 4.2, 4.3 e 4.4

Ciencias sociais 1.3, 1.4, 4.4, 4.5 e 4.6

Educación plástica e visual 4.5 e 4.6

Sobre os autores do CDL

Fuco Paz Souto, especialista en Lingua e Literatura Galega imparte a súa docencia nun centro escolar na Coruña. Leva varios anos participando en proxectos de Animación á Lectura, creando e deseñando actividades para fomentar o hábito lector entre o público infantil e xuvenil.

José Javier Pintor Elizalde é profesor de lingua e literatura española de secundaria. Na actualidade traballa como asesor de formación de profesores no ámbito lingüístico e imparte docencia no curso de Especialización didáctica en lingua e literatura da Universidade da Coruña. Tamén é autor de materiais didácticos na área de lingua e literatura e colabora en revistas didácticas especializadas.

Page 16: CADERNO DE DESENVOLVEMENTO LECTOR - … · • Achegármonos dende outra perspectiva á magnífi ca novela de Robinson Crusoe. • Refl exionar, a través da lectura do libro, sobre

texto Fuco Paz SoutoJosé Javier Pintor Elizalde

CooRDINACIÓN Do PRoxeCto eDItoRIALMari Cruz Delgado Almansa

CooRDINACIÓN eDItoRIAL e eDICIÓNBrubim Ediciones

CooRDINACIÓN GRáfICAPurificación Fernández López

Deseño Ana María Sánchez Santiago Mosquera

mAquetACIÓNPila Iglesias

ILustRACIÓNMiguel Ordóñez

DoCumeNtACIÓN GRáfICABelén Santiago Fondón Ángel Somolinos Estévez

1Parque Empresarial San Fernando, Edificio Atenas

28830 San Fernando de Henares (Madrid)

Oxford University Press é un departamento da Universidade de Oxford. Como parte integrante desta institución, apoia e promove en todo o mundo os seus obxectivos de excelencia

e rigor nos eidos da investigación, erudición e educación, mediante a súa actividade editorial en:

Oxford Nova York Auckland Cidade do Cabo Dar es Salam Hong Kong

Karachi Kuala Lumpur Madrid Melbourne México D. F. Nairobi Nova Delhi Xangai Taipei Toronto

Con oficinas en Arxentina Austria Brasil Chile Corea do Sur Francia Grecia

Guatemala Hungría Italia Xapón Polonia Portugal República Checa Singapur Suiza Tailandia Turquía Ucraína Vietnam

Oxford e Oxford English son marcas rexistradas de Oxford University Press. oxford eDuCACIÓN é unha marca rexistrada en España por Oxford University Press España, S.A.

Material para o profesorado para o traballo na aula dos libros da colección «A árbore da lectura» elaborado segundo o proxecto editorial de Oxford Educación,

que foi debidamente supervisado e autorizado.

Publicado en España por Oxford University Press España, S. A.

© Desta edición: Oxford University Press España, S. A., 2011

Todos os dereitos reservados. Non está permitida a reprodución total ou parcial deste libro, nin o seu tratamento informático, nin a retransmisión de ningunha forma por calquera medio, xa sexa electrónico, mecánico,

por fotocopia, por rexistro e outros métodos, sen o permiso previo e por escrito dos titulares do copyright.

Oxford University Press España, S.A. concede permiso ao profesorado que empregue os materiais de oxford eDuCACIÓN para reproducir as páxinas que aparezan na indicación mAteRIAL fotoCoPIAbLe © Oxford University Press España, S. A.

Oxford University Press España, S. A. non fai de seu os contidos das páxinas web pertencentes ou xestionadas por terceiros, ás que se acceda a través de calquera enderezo web citado nesta publicación. Polo tanto, exclúese calquera

responsabilidade polos danos e prexuízos de toda clase que se puider derivar do acceso ás devanditas páxinas ou contidos.

As cuestións e solicitudes referentes á reprodución de calquera elemento deste libro, fóra dos límites anteriormente expostos, deben dirixirse ao Departamento Editorial de Oxford University Press España, S.A

ISBN: 978-84-673-6072-1