16
Este caderno pertence a: Por fin Turonia de 6º! A edición deste ano vai percorrer To- miño de Norte a Sur, comezando en Te- bra e rematando en Goián. Serán 24 Quilómetros nos que coñeceremos moitas cousas de Tomiño, da natureza, da nosa historia... Non teredes tempo de aburrirvos. Este caderno será a vo- sa fonte de información e o libro de tra- ballo durante as dúas xornadas. Cóidao e remata tódalas tarefas que che propoñan os mestres.

Caderno de traballo Turonia 6

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Caderno que levaron os alumnos e alumnas de 6º na saída que realizaron os días 7 e 8 de xuño de 2012

Citation preview

Page 1: Caderno de traballo Turonia 6

Este caderno pertence a:

Por fin Turonia de 6º! A edición deste ano vai percorrer To-miño de Norte a Sur, comezando en Te-bra e rematando en Goián. Serán 24 Quilómetros nos que coñeceremos moitas cousas de Tomiño, da natureza, da nosa historia... Non teredes tempo de aburrirvos. Este caderno será a vo-sa fonte de información e o libro de tra-ballo durante as dúas xornadas. Cóidao e remata tódalas tarefas que che propoñan os mestres.

Page 2: Caderno de traballo Turonia 6

2

Mediante esta escala tentaremos definir a intensidade do vento en determinados puntos do camiño. Para iso teremos que observar a natureza segundo estes crite-rios:

GRAO EFECTO PROVOCADO POLO VENTO

0 Non se precibe ningún movemento. O fume ascende verticalmente.

1 O fume inclínase na dirección do vento. O cataventos non se move

2 O vento nótase na cara, óese o rumor das follas, os cataventos indican a dirección do vento

3 Move as follas. As bandeiras ondean

4 Levanta polvo e papeis soltos, move as pólas pequenas das árbores

5 Inclina as árbores pequenas, forma ondas na auga.

6 Move pólas máis gordas, sería difícil usar un paraugas

7 Move árbores enteiras. É difícil mesmo andar.

8 Rompe as pólas das árbores. Non se pode andar.

ESCALA DOS VENTOS DE BEAUFORT

9 Danos nas casas.

DIRECCIÓN DO VENTO Cando falamos da direcciónón do vento, estamos a falar do punto cardinal de onde procede. Precisamos percibir a procedencia do vento mediante a observación dos elementos citados na escala anterior. Pero se a intensida-de é 1, podemos utilizar o noso dedo índice como antena, humedecéndoo primeiro: co dedo mollado notaremos máis fácilmente por que lado nos está dando o vento Punto de control

Lugar Hora Temperatura Intensidade do vento

Dirección do vento

1

2

3

4

Page 3: Caderno de traballo Turonia 6

3

Nos nosos montes temos moitas mostras de gra-vados rupestres, dos que destaca o conxunto do monte Tetón, en Tebra. Nas imaxes podes ver mostras de gravados do Tetón. No espazo en blanco poderásreproducir outros que poidas ob-servar.Todos estes gravados teñen arredor de 4.000 anos de antigüidade, e a súa interpretación segue a ser un desafío para os investigadores.

Page 4: Caderno de traballo Turonia 6

4

A Idade Media, que comezou coa caída do imperio romano e a expansión dos pobos xermánicos e visigodos por toda Europa, significou tamén a expansión do cristianismo e da súa estructura eclesiástica. Os territorios estaban dominados por señores feudais, que eran os poderosos sometidos soamente á autoridade do rei. A paisaxe de Tebra pódenos transportar a esta época, cun castelo dende o que o señor feudal gobernaba con plena autoridade, con algún mosteiro como o que estaba establecido no lugar da igrexa de Santa María, e rodeado todo de terras fértiles, traballadas por campesiños ao servicio do Señor Feudal ou ao servicio dos monxes do mosteiro. Neste contexto, e arredor do ano 1480 o señor feudal en Tebra era Pedro Alva-rez de Sotomayor—Pedro Madruga-, coñecido por ter aplacado con axuda dos reis de España e Portugal, a revolta dos irmandiños na zona, unha revolta que non era outra cousa que o intento das xentes máis pobres, os campesiños, para cambiar a situación e liberarse do dominio e opresión da alta nobreza.

Na idade media os nobres e señores feudais apreciaban moito a caza coa axuda de aves rapaces. Esta arte chámase cetrería, e Pedro Madrugar era un exemplo de afeccionado cazador. Esta arte ten unha orixe moi remota - sábese que os chinos a practicaban xa antes de Cristo. As culturas grega e romana non utilizaban esta técnica, e en España entrou coa cultura xermánica. Esta forma de caza foi desaparecendo coa intro-dución das armas de fogo e a súa aplicación na caza. Utilizábanse distintas aves rapaces, entre as que se contaba co miñato (buteo-buteo) ave moi frecuente nos nosos ceos.

Page 5: Caderno de traballo Turonia 6

5

A Torre de Tebra é o edificio máis destacado do val de Tebra. O seu primitivo emprazamento é discutido, pero coñecemos a súa existencia arredor dos anos 1211 e 1217. No ano 1478 foi mandada reconstruir por Pedro Madruga, unha persoaxe moi peculiar desta época medieval de revoltas irmandiñas. Pero pronto foi derruída de novo (1482). No ano 1532 mandouse levantar de novo por Don Álvaro Suárez de Deza, e desa épo-ca consérvase a torre máis grande, do lado Leste. A historia desta construción está íntimamente vinculada á épo-ca medieval, cando os señores feudais eran os protagonis-tas da vida nas nosas terras, época de constantes con-flictos sociais. Tebra era, da-quela, un lugar moi importante nes-tas terras do Baixo Mi-ño.

Page 6: Caderno de traballo Turonia 6

6

Esta é unha flor moi característica nos nosos camiños, que a poderemos ver así durante a nosa actividade. O croque ou troque, ou es-tralo, que recibe moitos nomes, é unha flor arracimada en forma de dedal (digitalis en latín). Esta planta aporta unha substancia, a dixitali-na, que é empregada na mediciña como regu-lador do ritmo cardíaco. A dixitalina é unha toxina que evita que os depredadores coman esta planta, poñendo en

risco a vida dos mesmos. Non debedes manipulala, se non queredes arriscarvos a un envelenamento… ou a unha picadura de abella!

A estruga ou ortiga (Urtica urens) é unha herba que coa mala fama que ten, poderíate sorprender a cantidade de virtudes que atesoura. Planta que medra en zonas húmidas, e que tan ben coñecemos polas súas mo-lestas picaduras, é tamén chamada herba dos cegos, xa que ata cego a podes recoñecer cando a rozas. Ten propiedades tan interesantes como a de servir para cortar hemorraxias na-sais (unha gasa empapada en hortiga esprimida é un remedio moi eficaz). A súa riqueza en clorofila e ferro a convirte nun reconstituínte para situacións de anemia, e utílíza-se tamén en afeccións reumáti-cas, hepáticas e renais. Pero ademáis, unha maceración de estruga serve para rociar as plantas e liberalas de pulgóns. E a maiores, pódese comer, xa que unha vez fervida perde a súa capacidade urticante. Toda unha xoia!

Page 7: Caderno de traballo Turonia 6

7

O Carballo (Quercus robur) é a árbore raíña dos nosos bosques, non por abun-dancia, sinon por importancia ecolóxica, económica e histórica. Noutros tempos os bosques Galegos es-taban ateigados de carballos, que foron moi empregados na construcción naval, xa que a súa madeira é moi dura e resis-tente á auga. O carballo ten a honra de ser a árbore co máis rico ecosistema animal e vexetal dependente del: onde hai un carballo hai máis vida que en calquera outra árbore. O antigo calendario celta dividía o ano en 13 meses, que asociaban a 13 árbores. O Carballo era unha delas, e correspondía ao mes Duir, que marcaba a en-trada do verán (10 de xuño a 7 de xullo).

O salgueiro (Salix caprea) é tamén unha especie de suma importancia para os nosos ecosistemas, xa que, como o carballo, alberga moitas es-pecies animais e vexetais ao seu redor. O salgueiro medra nas zonas con auga, sendo unha especie característi-

ca, xunto co amieiro, das ribeiras dos nosos ríos. Da súa codia se extrae unha substan-cia, a salicina, da que deriva o ácido aceltilsalicílico, é dicir, a ASPIRINA. Era outra árbore do calendario celta, asociada ao mes de Saille (15 de abril a 12 de maio), por ser esta a época da súa floración. A súa Madeira non se emprega moito na tradición, por ser moi nodosa e crebadiza. Os zahoríes a utilizaban para buscar auga antes de facer o pozo.

Page 8: Caderno de traballo Turonia 6

8

Esta é a águia máis común que pode-mos ver nos nosos ceos. Un ave rapaz de mediano tamaño, coas ás relativamente longas e largas, e unha cola curta e redondeada. Aliméntase principalmente de ratos, por iso en castelán chámanlle “águila ratonera”. É un importante aliado dos agriculto-

res, xa que a súa dieta, principalmente de ratos de campo, fai controlar a proliferación dos roedores, que tantos da-nos causan nas colleitas. Mesmo na Ucraína, os campesinos puñan postes no medio das súas plantacións para que as águias tiveran un lugar no que pousarse agardando a aparición dalgún rato. Actualmente están a cambiar de hábitos alimenticios, e podemos velas nos postes de tendidos eléctricos que están paralelos ás estradas, agardando a oportunidade dalgún animal atropelado para non ter que esforzarse en cazar.

As troitas son peixes da subfamilia Sal-moninae. Atópanse normalmente en au-gas frías e limpas de ríos e lagos. Aliméntanse de invertebrados brandos como as miñocas, ou de insectos e crustáceos, anque as especies máis grandes comen outros peixes. A troita necestita augas moi limpas para vivir, polo que a súa presenza nos nosos ríos é un indicativo da calidade das súas augas. As poblacións de troitas foron de-saparecendo co paso do termpo polas agresións humanas e a pérdida do seu hábitat. É un peixe moi cotizado para a pesca e para a cociña.

Page 9: Caderno de traballo Turonia 6

9

O teixugo é un animal carnívo-ro de tamaño medio, que po-de chegar a pe-sar uns 15 kg. A súa cabeza é triangular e alar-gada. O seu corpo mide

aproximadamente 90 cm dos cales 15 cm correspon-den á cola. De patas moi curtas e for-tes, e fuciño grande, móbil e musculo-so, para poder escavar e fozar as súas toubas. A súa pelaxe é forte e longa e de cor blanco e negro. A súa pelaxe sufre unha caída anual. Ten o olfato e o oído moi desenvolvido, mentres que a vista está máis limitada. É un animal de hábitos nocturnos, comezando a saír no serán. É moi raro observalo a plena luz do día. Pode gabear, aínda que non está moi adaptado para iso, pero nada ben. Pode correr con certa rapidez e se

se ve en situación de perigo, emite ouveos. É moi xoguetón cos seus iguais, tanto de crías como de adultos e participa no aseo corporal dos seus compa-ñeiros.

Page 10: Caderno de traballo Turonia 6

10

Os muíños do Porto son un fermoso grupo de muí-ños hidráulicos que podemos atopar na parroquia de Vilameán. Moer o gran foi unha tarefa que se fixo necesaria dende o Neolítico, e os primeiros muíños coñecidos traballámanse a man, machacando o gran pedra sobre pedra. A pedra base tiña unha forma carac-terística en arco, nun primeiro momento (muíños naviculares), e logo foi evolucionando á forma circular, como a dos muí-ños que coñecemos. Coa romanización apren-deuse a utilizar a enerxía dos regatos para mover estas rodas, e así duran-te a Idade Media fóronse construíndo diferentes muíños, principalmente arredor dos mosteiros. No século XVIII, e coa estensión dos cultivos do millo en Galicia, estendé-ronse estas instalacións, as fábricas de fariña, que eran compartidas xeralmente polos veciños con de-reitos, traballando nalgunhas épocas do ano duran-te 24 horas diarias.

Page 11: Caderno de traballo Turonia 6

11

1. Pau da moega 18. Canle

2. Garabato 19. Cargadeiro

3. Espicela 20. Veo

4. Moega 21. Árbol (Árbore)

5. Adella 22. Argolas

6. Tarabelo 23. Pau da porca

7. Moa 24. Aro das penas

8. Ollal 25. Rodicio

9. Pousadoiro 26. Cabazo

10. Sentadoiro 27. Vara

11. Trabe do aliviadoiro 28. Pena

12. Aliviadoiro 29. Pexadoiro

13. Pau do aliviadoiro 30. Aguillón

14. Farneiro 31. Porca

15. Pé 32. Culler das penas

16. Cubo 33. Canela

17. Espera

Page 12: Caderno de traballo Turonia 6

12

A igrexa parroquial de Barrantes é un edificio de singular interese artístico, pois conserva unha parte das súa estructura dende o ano 950, épo-ca do románico. Pertenceu en orixe a un con-vento da orde dos Bieitos e mesmo sufriu as consecuencias dos ataques que Almanzor, mili-tar do Califato de Córdoba que realizou incur-sións de castigo polas nosas terras. Na súa fachada Sur podemos apreciar moitas marcas de canteiro, que eran algo así como as sinaturas dos diferentes canteiros que levanta-ron o edificio.

Page 13: Caderno de traballo Turonia 6

13

As constelacións do ceo son agrupa-mentos de estrelas que podemos con-siderar que forma algunha figura imaxi-naria. En realidade non teñen nin-gunha significación científica ou ma-temática, xa que ainda que as vemos no mesmo plano espacial, poden ter distancias moi grandes entre si. Pero nos serven para ubicar os distin-tos elementos do espacio. Unha constelación fácilmente identifi-cable é a Osa Maior ou Carro, coa que seguindo a traxectoria das dúas estre-las da cabeceira cinco distancias entre si, podemos localizar fácilmente a es-trela polar, a cola da Osa Menor.

Nas noites estreladas e limpas podemos ver no ceo unha man-cha blanca, como de leite, que atravesa de Leste a Oeste. É como vemos dende a terra a galaxia da que formamos parte, a Via Láctea. Chamábase así porque na tradición, os peregri-nos que facían o camiño francés, seguían esta “senda de leite” a Compostela. Ten forma espiral, con dous brazos principais e outros se-cundarios. Mide un diámetro de 90.000 anos luz e ten 200 mil millóns de es-trelas. O sol orbita na Via láctea nun dos seus brazos, na parte exterior, e tarda 225 millóns de anos en dar unha volta ao núcleo da galaxia.

Page 14: Caderno de traballo Turonia 6

14

As piraguas, ou en xeral as pe-quenas embarcacións de remos sen cuberta, teñen testemuñas da súa existencia dende hai moito tempo, e en diversas civilizacións. A primeira manifestación recolli-da, datada hai 6000 anos, é unha canoa con remo de prata na tumba dun rei sumerio en Ur, navegando polo río Eufrates. Os exipcios utilizaban unhas ca-noas de xuncos atados con cor-das, para navegar polo Nilo. Cando Cristóbal Colón chegou ás costas continentais de América, foi recibido polos indíxenas en pequenas canoas de maderia feitas dunha soa peza. Pero de todas elas, a máis famosa é a que utilizaban os indios das rexións orientais

de Canadá, coa súa for-ma característica. Estas xentes conseguiron ela-borar unha embarcación moi fiable para navegar polos seus ríos, cunha estructura de Madeira ou de osos, recuberta por codia de bidueiro ou por peles de animais. Aínda hoxe a un tipo de embar-cación se lle chama “canoa canadiense”.

Hoxe, a actual tecnoloxía nos permite elaborar unhas embarcacíóns moi ríxidas, lixeiras e duradeiras. Imos navegar pois, sabendo que detrás das embarcacións que disfrutamos hai toda unha historia de evolución e progreso, pero que en esencia segue a ser o mesmo bote de remos que utilizaban aqueles indíxenas americanos.

Page 15: Caderno de traballo Turonia 6

15

Mandouno construir a Raíña Dona Mariana de Austria no ano 1668, pero comezouse a construir en 1671, rematándose dous anos despois.

Na súa entrada podemos ler: FABRICOSE ESTE FUERTE REINANDO CAR-LOS SEGUNDO REY DE LAS ESPAÑAS Y LA REINA GOBERNADORA SU MADRE DOÑA MARIANA DE AUSTRIA SIENDO GOBERNA-DOR Y CAPITAN GENERAL DESTE REINO EL EXMº SEÑOR ARZOBISPO DE SANTIAGO DON ANDRES GIRON ASISTIENDO ESTA FABRICA EL ILMº SEÑOR JUAN DE CASTILLO Mº DE Cº GENERAL DEL CONCEJO DE Gª DE SU MGD AÑO 1673

A distribución interna dos espazos era a seguinte: A. Baluarte de S. Juan B. Baluarte de S. Diego C. Baluarte de Santiago D. Baluarte de S. Lo-

renzo E. Capela F. Polvorín G. Almacéns H. Cuarteis I. J. Casa do Gobernador K. Pozo L. Taberna

Page 16: Caderno de traballo Turonia 6

16

1 É unha planta caduca V F

2 Dela obtense a dixitalina, moi importante no tratamento da insuficiencia cardíaca

V F

3 É unha planta comestible V F

4 Procede de América V F

5 O seu nome fai referencia á súa forma e ta-maño.

V F

6 O organo empregado polas virtudes medici-nais son as follas.

V F

7 A súa ingestión produce taquicardias. V F

Marca verdadeiro ou falso en cada unha destas informacións sobre a DIGITALIS PURPÚREA (ESTÁ DESCRITA NESTE CADERNO)

1 Mide sobre 3 m. De altura. V F

2 As flores son azuis e pequenas dis-postas en umbelas.

V F

3 Florece a finais da primaveira e no verán.

V F

4 A planta pero sobre todo a raíz e rica nunha toxina ( enantetoxina).

V F

5 É unha planta venenosa. V F

6 Ten un olor moi intenso. V F

NABO DO DIAÑO- Oenanthe crocata

Agora fai o mesmo sobre esta outra planta. Pero terás que docu-mentarte por fóra!