Click here to load reader
Upload
sofisanjurjo5l5
View
167
Download
5
Embed Size (px)
Citation preview
O CALIGRAMA
Sofía Sanjurjo, 232º ESO A
IES DAVID BUJÁN2012-2013
O caligrama é unha composición poética cuxa disposición tipográfica úsase co fin de producir unha impresión visual evocadora do obxecto ou o tema aludido no poema.
TIPOS DE CALIGRAMAS
VANGARDISTA A súa orixe
vangardista débese a unha serie de movementos artísticos de principios do séc. XX que pretendían atopar innovación na produción artística.
CUBISTA É unha
tendencia esencial que deu pé ó resto das vangardas no séc. XX co fin de romper coa poesía tradicional.
HISTORIA O caligrama comezou no
séc. IV, no inicio do período helenístico (Grecia). Desenvolveuse durante as diversas etapas históricas e colleu unha importante relevancia grazas ao vangardismo, que se estendeu polo mundo occidental.
GRECIA E ROMA Os primeiros
caligramas coñecidos débense a poetas gregos do período helenístico (séc. IV ata o ano 30) . Empregábanse para ofrendas relixiosas, pois o escrito debía ter a forma do obxecto da devandita ofrenda.
Simmias de Rodas creou a obra “O ovo”, caracterizada pola súa peculiar lectura que consiste en ler o primeiro verso e logo o último, despois o segundo seguido polo antepenúltimo, e seguindo ata ler o verso central, polo que era conveniente xirar a man. A técnica foi imitada por poetas latíns.Os romanos chamaron ós caligramas technopaegnia ou carmina figurata.
IDADE MEDIA
A maioría dos caligramas desta época non seguían as pautas convencionais do caligrama, xa que contiñan elementos pictóricos.Os caligramas estaban escritos en prosa.
a Biblioteca Nacional de París garda un manuscrito grego de los Hechos de los Apóstoles (s.X) que contén case mil caligramas en prosa.
O RENACEMENTO Os caligramas
revitalizáronse grazas ao interese dos humanistas neles. Algunhas persoas fixeron referencia aos caligramas da época clásica, como Xulio César Scaligero fixo coas obras de Simmias.Outro autor interesado polos caligramas foi François Rabelais.
O BARROCO Consérvanse exemplares
dos Países Baixos nos que predominan as formas de copa e corazón. Os caligramas máis famosos foron os dos poetas da escola de Nürnberg, pois eran fieis ao principio horaciano ut pictura poesis (coma a pintura así é a poesía).
POETA DA ESCOLA DE NÜRNBERG , HANS SACHS
É coñecido o caligrama que Lewis Carrol incluíu no terceiro capítulo do seu famoso libro Alicia No País Das Marabillas, ano 1865.
Séculos XIX E XX
Furia dixo a un rato ao que na súa casa sorprendeu “Penso facerte procesar: ven comigo ao tribunal! É inútil discutir, o proceso vaise abrir porque hoxe, ó parecer non teño nada que facer.” Dixo o rato a harpía: “Tal preito, pola miña vida, sen xurado e sen xuíz, é unha estupidez”Serei o xurado e o xuíz” Dixo Furia vil. “Decidida a túa sorte, a pena de morte”.
O caligrama da actualidade está moi presente na publicidade, no cómic, nas portadas de libros…
O CALIGRAMA MODERNO
O inventor deste tipo de poema foi Apollinaire, cuxos poemas tiñan forma de gravata , instrumentos musicais, etc. Na literatura hispana escribiron caligramas Vicente Huidobro, Xerardo Diego e Guillerme de Torre, entre outros.
GUILLAUME APOLLINAIRE
Guillaume Apollinaire foi un poeta, novelista e escritor de ensaios francés. Naceu en Roma e medrou en Mónaco, onde estudou no Lycée Sant-Charles. Desempeñou diversos empleos, e aos vinte nove anos publicou o seu primeiro libro: O encantador en putrefacción.O seu maior éxito foi Calligrammes.
CalligrammesApollinaire escribiu Calligrammes ,un libro de poemas publicado en 1918. Nas composicións que dan título ao libro, o autor combina a imaxe co texto para crear un poema visual, no que intenta representar graficamente os obxectos evocados polo texto a través dunha determinada disposición tipográfica. Outra obra moi coñecida foi Poémes de la Paix et de la Guerre.
“Recoñécete, esta fermosa persoa es ti, baixo o sombreiro. O teu pescozo exquisito. E esta é en fin, a imperfecta imaxe , imaxe do teu busto adorado visto a través dunha nube. Un pouco máis abaixo está o teu corazón que late.”
Vicente Huidobro foi un poeta chileno, iniciador do movemento estético denominado creacionismo. Cursou estudios de literatura na Universidade de Chile e publicou o seu primeiro caligrama no 1912, Triángulo Armónico.
VICENTE HUIDOBRO
CALIGRAMAS MODERNISTAS
Dentro do modernismo publicou Xaponerías de estío do libro de poesía Cancións na noite(1913). Estes son Triángulo armónico, Fresco nipón e Nipona, ademais doutro caligrama dunha liña diferente ós anteriores: “A capela da aldea”.
TRIÁNGULO
ARMÓNICO
LA CAPILLA ALDEAN
A
CALIGRAMAS VANGARDISTAS
Na súa obra Horizon carré (Horizonte Cadrado),1917, están os caligramas Paysage (Paisaxe) e Moulin (Muíño).
MOULIN
PAYSAGE
Xerardo Diego estudou Filosofía e Letras na Universidade de Deusto, doutorouse en Madrid e en 1920 foi catedrático de Lingua e Literatura. A súa inclinación polo novo arte de vangarda levoulle a decantarse polo creacionismo.
XERARDO DIEGO
Guillerme de Torre foi escritor de ensaios, de poemas e tamén traballou como crítico literario e de arte español. Foi un dos impulsores do ultraísmo e destacou como comentador do vangardismo.
GUILLERME DE TORRE
O POETA DO COUREL: UXÍO NOVONEYRA
A Serra do Courel foi moi importante para a composición dos seus versos, considerados os mellores no relacionado coas paisaxes. Matriculouse na Facultade de Letras na Universidade Central de Madrid. Comezou a publicar poemas caligráficos no 1979 nunha edición ilustrada por Reimundo Patiño.
BIBLIOGRAFÍA•http://es.wikipedia.org
•http://Slideshare.net •Gran Enciclopedia Planeta•http://Alkaidediciones.com •Http://Camino-latino.com •Http://Caligramassinlimites.com •Http://Elarlequindehielo.obolog.com •http://Fernandoperezpoza.lacoctelera.com •http://Elpequedragon.com •http://Darabuc.wordpress.com •http://caligramasinlimites.blogspot.com.es •http://www.materialesdelengua.org