Upload
franciscofranc
View
193
Download
3
Embed Size (px)
Citation preview
QUE É O FRACASO ESCOLAR?
É unha doenza altamente contaxiosa, con resultados fatais. Cada ano miles de estudantes a padecen no mundo. Os que se contaxian levan un gastos de millóns de euros á sociedade.
CALES SON OS SÍNTOMAS DESTA DOENZA?
Esta enfermidade pode causar uns síntomas cunha gravidade variable que vai de leve a severo. Os síntomas máis comúns son: falta de interese, atención dispersa, e nos casos máis graves, apatía e preguiza.
Polo xeral o mal ten cura pero pode levar meses a súa recuperación, algúns estudantes poden ter recaídas e noutros pode perdurar ata anos.
QUE SE DEBE FACER PARA SE PROTEXER?
A medida máis importante é previr e protexerse contra a transmisión da doenza, e seguir estes consellos:
Preguntarlle ao voso/a titor/a sobre o plan de vacinación contra esta terrible doenza.
Lava a cara e as mans con auga xeada se estiveches en contacto cun portador deste mal.
Evita na medida do posible perder o tempo.
Aliméntate ben.Leva unha vida san.Consulta a persoas de prestixio, como lograron evitar o contaxio.
É moi importante a revacinación, consulta no teu punto educativo máis cercano.
E sobre todo estuda, estuda, estuda, para evitar que o mal se apodere de ti.
Fundamentalmente ter entre 12 e 18 anos.
Os estudantes cun tamaño anormal dos polgares a causa dos mandos da videoconsola.
Os estudantes adictos os SMS, chats, telelixo ata altas horas da madrugada.
Os estudantes con amores non correspondidos.
Os estudantes cunha vida pouco sa, mal alimentados e con malos hábitos hixiénicos.
Poboación de risco sen vacinar.E especialmente os estudantes que non estudan.