23
1 Carga de poboación estacional dos concellos de Galicia Resumo de resultados 06/07/2018 Índice Introdución .................................................................................................... 1 Carga de poboación ..................................................................................... 1 Carga de poboación que pernoita e carga de poboación diúrna .................. 9 Introdución O Instituto Galego de Estatística (IGE) publica por primeira vez a actividade estatística Carga de poboación estacional dos concellos de Galicia, cuxo obxectivo é cuantificar a poboación que soportan os concellos en cada trimestre do ano. A estimación da carga de poboación concíbese como unha estatística de síntese que aproveita as fontes estatísticas existentes sobre a poboación residente e as persoas que se desprazan por motivos de turismo, estancias en segundas vivendas, estudos, traballo e problemas de saúde. Esta información sobre a carga de poboación pode ser útil para a toma de decisións en cuestións como a dotación de servizos sanitarios, planificación do transporte público, etc. Carga de poboación A carga de poboación representa a media trimestral de persoas equivalentes a tempo completo que soporta un concello; obtense a partir da poboación residente, sumándolle a poboación de entrada (non residentes presentes) e restándolle a poboación de saída (residentes ausentes). O saldo poboacional entre os non residentes que entran e os residentes que saen mide a diferenza entre a poboación presente e a poboación residente. No primeiro, segundo e cuarto trimestre de 2016 os concellos con maiores saldos poboacionais son as sete grandes cidades, xunto cos concellos de Sanxenxo, O Porriño e San Cibrao das Viñas. Agora ben, no terceiro trimestre de 2016 os concellos de Ferrol, Lugo, O Porriño e San Cibrao das Viñas xa non se atopan

Carga de poboación estacional dos concellos de Galicia · Pola contra, no primeiro, segundo e cuarto trimestres de 2016 os concellos con saldos poboacionais máis negativos son concellos

  • Upload
    others

  • View
    0

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Carga de poboación estacional dos concellos de Galicia · Pola contra, no primeiro, segundo e cuarto trimestres de 2016 os concellos con saldos poboacionais máis negativos son concellos

1

Carga de poboación estacional dos concellos de Galicia

Resumo de resultados 06/07/2018

Índice Introdución .................................................................................................... 1

Carga de poboación ..................................................................................... 1

Carga de poboación que pernoita e carga de poboación diúrna .................. 9

Introdución

O Instituto Galego de Estatística (IGE) publica por primeira vez a actividade estatística Carga de poboación estacional dos concellos de Galicia, cuxo obxectivo é cuantificar a poboación que soportan os concellos en cada trimestre do ano.

A estimación da carga de poboación concíbese como unha estatística de síntese que aproveita as fontes estatísticas existentes sobre a poboación residente e as persoas que se desprazan por motivos de turismo, estancias en segundas vivendas, estudos, traballo e problemas de saúde.

Esta información sobre a carga de poboación pode ser útil para a toma de decisións en cuestións como a dotación de servizos sanitarios, planificación do transporte público, etc.

Carga de poboación

A carga de poboación representa a media trimestral de persoas equivalentes a tempo completo que soporta un concello; obtense a partir da poboación residente, sumándolle a poboación de entrada (non residentes presentes) e restándolle a poboación de saída (residentes ausentes).

O saldo poboacional entre os non residentes que entran e os residentes que saen mide a diferenza entre a poboación presente e a poboación residente.

No primeiro, segundo e cuarto trimestre de 2016 os concellos con maiores saldos poboacionais son as sete grandes cidades, xunto cos concellos de Sanxenxo, O Porriño e San Cibrao das Viñas. Agora ben, no terceiro trimestre de 2016 os concellos de Ferrol, Lugo, O Porriño e San Cibrao das Viñas xa non se atopan

Page 2: Carga de poboación estacional dos concellos de Galicia · Pola contra, no primeiro, segundo e cuarto trimestres de 2016 os concellos con saldos poboacionais máis negativos son concellos

2

entre os dez que teñen un maior saldo poboacional, sendo substituídos polos concellos costeiros do Grove, Nigrán, Baiona e Foz.

Pola contra, no primeiro, segundo e cuarto trimestres de 2016 os concellos con saldos poboacionais máis negativos son concellos no contorno das grandes cidades, tales como Ames, Oleiros, Cambre, Narón, Teo, Culleredo, Redondela ou Barbadás. No terceiro trimestre de 2016 a intensidade do saldo poboacional negativo deses concellos redúcese; é máis, o concello costeiro de Oleiros pasa a ter un saldo poboacional positivo.

Tamén resulta interesante que, mentres no primeiro, segundo e cuarto trimestres de 2016 a maioría de concellos teñen un saldo poboacional negativo, no terceiro trimestre esta situación invértese, pasando a ter un saldo poboacional positivo.

Este comportamento diferenciado no terceiro trimestre respecto ao resto do ano pódese observar en todo o período 2011-2016, consecuencia da tempada estival.

Saldo poboacional. Ano 2016

Unidade: persoas equivalentes a tempo completo

Primeiro trimestre Segundo trimestre

Page 3: Carga de poboación estacional dos concellos de Galicia · Pola contra, no primeiro, segundo e cuarto trimestres de 2016 os concellos con saldos poboacionais máis negativos son concellos

3

Terceiro trimestre Cuarto trimestre

Fonte: IGE. Carga de poboación estacional dos concellos de Galicia (descarga da táboa)

A descomposición do saldo poboacional nas súas compoñentes permite analizar as razóns polas que un concello soporta máis ou menos poboación da que indica a súa poboación residente, xa que representan os saldos poboacionais entre os non residentes presentes e os residentes ausentes por motivos de turismo, estancias en segundas vivendas, estudos, traballo e problemas de saúde.

Agás no terceiro trimestre, en 2016 as compoñentes cunha maior contribución ao saldo poboacional dos sete grandes concellos son as correspondentes aos desprazamentos por motivos de estudos e traballo, destacando a compoñente dos estudos en Santiago de Compostela e a compoñente do traballo na Coruña e Vigo. No terceiro trimestre de 2016 destaca a redución da compoñente dos estudos nos sete grandes concellos e o aumento das compoñentes do turismo e segundas vivendas en Santiago de Compostela.

Page 4: Carga de poboación estacional dos concellos de Galicia · Pola contra, no primeiro, segundo e cuarto trimestres de 2016 os concellos con saldos poboacionais máis negativos son concellos

4

Carga de poboación e as súas compoñentes. Grandes concellos. Ano 2016

Unidade: persoas equivalentes a templo completo

Primeiro trimestre

Espazo Residentes Turismo Segundas vivendas

Estudos Traballo Saúde Saldo

poboacional Carga de

poboación

Coruña, A 241.096 -5 -2.465 4.473 7.374 810 10.187 251.283

Ferrol 67.551 -307 -505 833 1.559 333 1.913 69.464

Santiago de Compostela

96.275 1.215 -62 9.818 5.135 904 17.010 113.285

Lugo 97.101 -224 -657 982 1.147 426 1.674 98.775

Ourense 103.380 -341 -789 1.318 1.167 537 1.892 105.272

Pontevedra 80.775 -351 -146 1.221 1.301 495 2.520 83.295

Vigo 287.798 -1.091 -3.197 2.501 5.096 890 4.199 291.997

Page 5: Carga de poboación estacional dos concellos de Galicia · Pola contra, no primeiro, segundo e cuarto trimestres de 2016 os concellos con saldos poboacionais máis negativos son concellos

5

Segundo trimestre

Espazo Residentes Turismo Segundas vivendas

Estudos Traballo Saúde Saldo

poboacional Carga de

poboación

Coruña, A 241.062 -765 -1.735 3.380 7.500 828 9.208 250.270

Ferrol 67.365 -549 -362 734 1.610 331 1.764 69.129

Santiago de Compostela

96.401 3.277 -90 7.035 5.414 928 16.564 112.965

Lugo 97.061 -479 -474 761 1.200 440 1.448 98.509

Ourense 103.323 -810 -573 1.125 1.190 543 1.475 104.798

Pontevedra 80.803 -588 -129 1.038 1.355 498 2.174 82.977

Vigo 287.835 -1.816 -2.207 1.952 5.227 894 4.050 291.885

Terceiro trimestre

Espazo Residentes Turismo Segundas vivendas

Estudos Traballo Saúde Saldo

poboacional Carga de

poboación

Coruña, A 241.030 -636 1.110 1.387 6.863 699 9.423 250.453

Ferrol 67.178 -660 679 227 1.393 264 1.903 69.081

Santiago de Compostela

96.528 4.834 3.359 3.247 4.868 734 17.042 113.570

Lugo 97.020 -919 1.142 296 1.243 369 2.131 99.151

Ourense 103.266 -1.325 1.663 402 1.126 464 2.330 105.596

Pontevedra 80.830 -823 1.998 385 1.136 428 3.124 83.954

Vigo 287.871 -1.801 -1.672 773 4.758 738 2.796 290.667

Page 6: Carga de poboación estacional dos concellos de Galicia · Pola contra, no primeiro, segundo e cuarto trimestres de 2016 os concellos con saldos poboacionais máis negativos son concellos

6

Cuarto trimestre

Espazo Residentes Turismo Segundas vivendas

Estudos Traballo Saúde Saldo

poboacional Carga de

poboación

Coruña, A 240.996 888 -1.701 4.138 7.237 687 11.249 252.245

Ferrol 66.992 -157 -331 790 1.521 284 2.107 69.099

Santiago de Compostela

96.654 2.802 89 9.171 5.188 820 18.070 114.724

Lugo 96.980 101 -420 905 1.230 394 2.210 99.190

Ourense 103.209 -106 -493 1.341 1.143 487 2.372 105.581

Pontevedra 80.858 -140 -24 1.271 1.320 447 2.874 83.732

Vigo 287.908 -43 -2.330 2.377 4.830 776 5.610 293.518

Fonte: IGE. Carga de poboación estacional dos concellos de Galicia (descarga da táboa para o primeiro trimestre, o segundo trimestre, o terceiro trimestre e o cuarto trimestre)

Page 7: Carga de poboación estacional dos concellos de Galicia · Pola contra, no primeiro, segundo e cuarto trimestres de 2016 os concellos con saldos poboacionais máis negativos son concellos

7

Na táboa tamén se pode apreciar que Santiago de Compostela pasa de ser o quinto concello con máis poboación residente ao terceiro concello cunha maior carga de poboación en 2016, xa que presenta un saldo poboacional superior ao do resto de grandes concellos. De feito, en todo o período 2011-2016, Santiago de Compostela está sometido a unha maior carga de poboación que Ourense e Lugo, a pesar de ter menos poboación residente.

A taxa de carga poboacional dun concello defínese como a porcentaxe que representa a carga de poboación respecto á poboación residente. Así pois, será superior ou inferior ao 100% segundo o concello soporte máis ou menos poboación da que indica a súa poboación residente; a súa desviación respecto ao 100% mide a porcentaxe de poboación que soporta de máis ou de menos un concello respecto a súa poboación residente.

Excepto no terceiro trimestre, os concellos con maiores taxas de carga poboacional en 2016 son Carballeda de Valdeorras e San Cibrao das Viñas, debido á entrada de traballadores, xunto con Mondariz-Balneario, debido á entrada de turistas. Non obstante, no terceiro trimestre de 2016 os concellos con maiores taxas de carga poboacional son Sanxenxo, Mondariz-Balneario, O Grove, Barreiros e San Xoán de Río, que reciben fundamentalmente a entrada de non residentes por motivos de turismo ou estancias en segunda vivendas. Cabe destacar a taxa de carga poboacional do concello de Sanxenxo no terceiro trimestre de 2016, que cun 187,90% denota que durante o verán está sometido a un 87,90% máis de poboación da que indica a súa poboación residente.

Pola contra, en todos os trimestres de 2016 o concello cunha menor taxa de carga poboacional é Barbadás, arredor do 91%, debido especialmente á saída de traballadores residentes con destino aos concellos limítrofes de Ourense ou San Cibrao das Viñas.

Page 8: Carga de poboación estacional dos concellos de Galicia · Pola contra, no primeiro, segundo e cuarto trimestres de 2016 os concellos con saldos poboacionais máis negativos son concellos

8

Concellos coas maiores taxas de carga poboacional. Ano 2016

Unidade: persoas equivalentes a tempo completo, porcentaxes (%)

Primeiro trimestre

Espazo Residentes Saldo

poboacional Carga de

poboación Taxa de carga poboacional

Carballeda de Valdeorras

1.647 532 2.179 132,30

Mondariz-Balneario

695 197 892 128,35

San Cibrao das Viñas

5.138 1.130 6.268 121,99

Santiago de Compostela

96.275 17.010 113.285 117,67

Rábade 1.562 259 1.821 116,58

Segundo trimestre

Espazo Residentes Saldo

poboacional Carga de

poboación Taxa de carga poboacional

Carballeda de Valdeorras

1.639 566 2.205 134,53

Mondariz-Balneario

696 199 895 128,59

San Cibrao das Viñas

5.158 1.177 6.335 122,82

Portomarín 1.591 318 1.909 119,99

Sanxenxo 17.063 3.036 20.099 117,79

Page 9: Carga de poboación estacional dos concellos de Galicia · Pola contra, no primeiro, segundo e cuarto trimestres de 2016 os concellos con saldos poboacionais máis negativos son concellos

9

Terceiro trimestre

Espazo Residentes Saldo

poboacional Carga de

poboación Taxa de carga poboacional

Sanxenxo 17.045 14.983 32.028 187,90

Mondariz-Balneario

697 414 1.111 159,40

Grove, O 11.032 4.975 16.007 145,10

Barreiros 2.983 1.071 4.054 135,90

San Xoán de Río

618 212 830 134,30

Cuarto trimestre

Espazo Residentes Saldo

poboacional Carga de

poboación Taxa de carga poboacional

Mondariz-Balneario

698 281 979 140,26

Carballeda de Valdeorras

1.623 502 2.125 130,93

San Cibrao das Viñas

5.197 1.120 6.317 121,55

Santiago de Compostela

96.654 18.070 114.724 118,70

Rábade 1.565 275 1.840 117,57

Fonte: IGE. Carga de poboación estacional dos concellos de Galicia (descarga da táboa para o primeiro trimestre, o segundo trimestre, o terceiro trimestre e o cuarto trimestre)

Carga de poboación que pernoita e carga de poboación diúrna

Tamén resulta interesante coñecer a media trimestral de persoas equivalentes a tempo completo que soporta un concello durante a noite (carga de poboación que pernoita) e durante o día (carga de poboación diúrna), xa que poden existir diferenzas importantes entre noite e día.

Neste sentido, destaca o diferente comportamento entre noite e día que amosa o concello de Vigo, xa que en 2016, excepto no cuarto trimestre, presenta un saldo

Page 10: Carga de poboación estacional dos concellos de Galicia · Pola contra, no primeiro, segundo e cuarto trimestres de 2016 os concellos con saldos poboacionais máis negativos son concellos

10

poboacional negativo pola noite (poboación de entrada menor que a poboación de saída) e positivo polo día (poboación de entrada maior que a poboación de saída).

Saldo poboacional e os seus fluxos de entrada e saída. Concello de Vigo. Ano 2016

Unidade: persoas equivalentes a tempo completo

Noite

Page 11: Carga de poboación estacional dos concellos de Galicia · Pola contra, no primeiro, segundo e cuarto trimestres de 2016 os concellos con saldos poboacionais máis negativos son concellos

11

Día

Fonte: IGE. Carga de poboación estacional dos concellos de Galicia (descarga da táboa para a noite e o día)

Carga de poboación que pernoita

No primeiro, segundo e cuarto trimestres de 2016, o concello que amosa un maior saldo poboacional que pernoita é Santiago de Compostela, seguido moi de lonxe polo concello da Coruña ou Sanxenxo, sendo o motivo fundamental deste elevado saldo poboacional que pernoita a entrada de estudantes universitarios que durante o curso académico pernoitan en Santiago de Compostela. Agora ben, no terceiro trimestre de 2016 o concello que máis poboación gaña pola noite é Sanxenxo e o concello do Grove presenta unha maior ganancia que A Coruña, sobre todo como consecuencia das pernoitas en establecementos turísticos.

En canto aos concellos que máis poboación perden pola noite, en 2016 a lista está encabezada por Vigo (excepto no cuarto trimestre) ou Ames (no cuarto trimestre).

Page 12: Carga de poboación estacional dos concellos de Galicia · Pola contra, no primeiro, segundo e cuarto trimestres de 2016 os concellos con saldos poboacionais máis negativos son concellos

12

Concellos con maiores saldos poboacionais (noite). Ano 2016

Unidade: persoas equivalentes a tempo completo

Primeiro trimestre

Espazo Residentes Saldo poboacional Carga de poboación

Santiago de Compostela 96.275 9.838 106.113

Coruña, A 241.096 2.392 243.488

Sanxenxo 17.082 2.090 19.172

Grove, O 11.036 741 11.777

Nigrán 17.414 700 18.114

Segundo trimestre

Espazo Residentes Saldo poboacional Carga de poboación

Santiago de Compostela 96.401 9.498 105.899

Sanxenxo 17.063 3.077 20.140

Coruña, A 241.062 1.558 242.620

Grove, O 11.034 1.042 12.076

Ribadeo 9.780 564 10.344

Terceiro trimestre

Espazo Residentes Saldo poboacional Carga de poboación

Sanxenxo 17.045 15.014 32.059

Santiago de Compostela 96.528 12.283 108.811

Grove, O 11.032 4.907 15.939

Coruña, A 241.030 3.651 244.681

Nigrán 17.436 3.279 20.715

Page 13: Carga de poboación estacional dos concellos de Galicia · Pola contra, no primeiro, segundo e cuarto trimestres de 2016 os concellos con saldos poboacionais máis negativos son concellos

13

Cuarto trimestre

Espazo Residentes Saldo poboacional Carga de poboación

Santiago de Compostela 96.654 11.061 107.715

Coruña, A 240.996 3.646 244.642

Sanxenxo 17.026 2.437 19.463

Grove, O 11.030 908 11.938

Lugo 96.980 869 97.849

Fonte: IGE. Carga de poboación estacional dos concellos de Galicia (descarga da táboa para o primeiro trimestre, o segundo trimestre, o terceiro trimestre e o cuarto trimestre)

Na táboa tamén cabe destacar que en 2016 a ganancia de poboación que experimenta pola noite o concello de Santiago de Compostela acada o seu máximo no terceiro trimestre. A razón deste máximo no terceiro trimestre de 2016 é que a entrada de persoas que pernoitan en Santiago de Compostela por motivos de turismo e segundas vivendas compensa o feito de que os estudantes universitarios volvan aos seus concellos de residencia durante o período vacacional.

A maioría de concellos presentan a súa maior ou menor taxa de carga poboacional que pernoita no terceiro trimestre de cada ano, xa que as pernoitas en establecementos turísticos e segundas vivendas teñen lugar especialmente durante o verán. Para coñecer o impacto en termos relativos destas pernoitas, resulta interesante avaliar a contribución das compoñentes do turismo e segundas vivendas á taxa de carga poboacional que pernoita no terceiro trimestre.

Page 14: Carga de poboación estacional dos concellos de Galicia · Pola contra, no primeiro, segundo e cuarto trimestres de 2016 os concellos con saldos poboacionais máis negativos son concellos

14

Saldo poboacional e as súas compoñentes (noite). Concello de Santiago de Compostela. Ano 2016

Unidade: persoas equivalentes a tempo completo

Fonte: IGE. Carga de poboación estacional dos concellos de Galicia (descarga da táboa)

En termos relativos, no terceiro trimestre de 2016 os concellos onde máis aumenta a poboación que pernoita debido ás pernoitas en establecementos turísticos son Sanxenxo, Mondariz-Balneario, Portomarín e O Grove, con incrementos poboacionais superiores ao 20%. Aínda que en menor medida, o impacto do turismo tamén é importante en determinados concellos do Camiño de Santiago Francés (Pedrafita do Cebreiro, Triacastela, Palas de Rei e O Pino) e no concello de Oia, con porcentaxes superiores ao 10%.

Pola contra, no terceiro trimestre de 2016, ningún concello sofre como resultado da compoñente do turismo unha diminución porcentual superior ao 2% na súa poboación que pernoita.

Page 15: Carga de poboación estacional dos concellos de Galicia · Pola contra, no primeiro, segundo e cuarto trimestres de 2016 os concellos con saldos poboacionais máis negativos son concellos

15

Variación poboacional debida á compoñente do turismo (noite). Terceiro trimestre de 2016

Unidade: porcentaxes (%)

Fonte: IGE. Carga de poboación estacional dos concellos de Galicia (descarga da táboa)

En canto á compoñente das segundas vivendas, no terceiro trimestre de 2016 os concellos onde máis aumenta en termos relativos a poboación que pernoita debido ás pernoitas en segundas vivendas son Sanxenxo, San Xoán de Río, Barreiros, O Bolo, A Teixeira, A Veiga e Quintela de Leirado, con incrementos poboacionais superiores ao 25%. Tamén cabe resaltar que a maioría de concellos cun incremento porcentual superior ao 15% pertencen á provincia de Ourense.

No terceiro trimestre de 2016 ningún concello presenta unha diminución porcentual superior ao 3% na súa poboación que pernoita que se poida atribuír ao impacto das pernoitas en segundas vivendas.

Page 16: Carga de poboación estacional dos concellos de Galicia · Pola contra, no primeiro, segundo e cuarto trimestres de 2016 os concellos con saldos poboacionais máis negativos son concellos

16

Variación poboacional debida á compoñente das segundas vivendas (noite). Terceiro trimestre de 2016

Unidade: porcentaxes (%)

Fonte: IGE. Carga de poboación estacional dos concellos de Galicia (descarga da táboa)

Carga de poboación diúrna

Nos catro trimestres de 2016 as sete grandes cidades están entre os concellos cun maior saldo poboacional diúrno, sendo o concello de Santiago de Compostela o que sempre encabeza esta lista ao estar sometido durante o día a 20.596, 20.096, 19.420 e 21.574 persoas máis respectivamente das que indica a súa poboación residente. Agás no terceiro trimestre, as compoñentes cunha maior contribución ao saldo poboacional diúrno das sete grandes cidades son as correspondentes aos estudos e traballo. Agora ben, como consecuencia das vacacións de verán, no terceiro trimestre redúcese a contribución da compoñente dos estudos.

Pola contra, excepto no terceiro trimestre de 2016, os cinco concellos que máis poboación perden polo día son Ames, Oleiros, Cambre, Narón e Teo. No terceiro

Page 17: Carga de poboación estacional dos concellos de Galicia · Pola contra, no primeiro, segundo e cuarto trimestres de 2016 os concellos con saldos poboacionais máis negativos son concellos

17

trimestre de 2016 os concellos de Redondela e Culleredo substitúen aos concellos de Oleiros e Teo. As razóns fundamentais polas que estes concellos perden poboación polo día son os desprazamentos por motivos de estudos e traballo, excepto no terceiro trimestre, cando se mitiga a perda de poboación diúrna atribuíble á compoñente dos estudos.

Así mesmo, cabe destacar que en 2016 o concello de Ames non só experimenta unha perda importante de poboación diúrna en termos absolutos, senón tamén en termos relativos, xa que a súa taxa de carga poboacional diúrna rolda o 90%, é dicir, polo día soporta aproximadamente un 10% menos de poboación do que indica a súa poboación residente.

Page 18: Carga de poboación estacional dos concellos de Galicia · Pola contra, no primeiro, segundo e cuarto trimestres de 2016 os concellos con saldos poboacionais máis negativos son concellos

18

Concellos con menores saldos poboacionais (día). Ano 2016

Unidade: persoas equivalentes a tempo completo, porcentaxes (%)

Primeiro trimestre

Espazo Residentes Turismo Segundas vivendas

Estudos Traballo Saúde Saldo

poboacional Carga de

poboación Taxa de carga poboacional

Ames 30.339 -129 -498 -904 -1.636 -72 -3.239 27.100 89,32

Oleiros 34.863 40 -112 -642 -1.274 -79 -2.067 32.796 94,07

Cambre 24.208 -109 -136 -529 -1.100 -53 -1.927 22.281 92,04

Narón 38.547 13 -276 -840 -616 -103 -1.822 36.725 95,27

Teo 18.564 125 -208 -519 -949 -49 -1.600 16.964 91,38

Segundo trimestre

Espazo Residentes Turismo Segundas vivendas

Estudos Traballo Saúde Saldo

poboacional Carga de

poboación Taxa de carga poboacional

Ames 30.416 -114 -341 -785 -1.676 -74 -2.990 27.426 90,17

Cambre 24.262 -104 -97 -452 -1.146 -54 -1.853 22.409 92,36

Oleiros 34.928 149 -87 -514 -1.243 -84 -1.779 33.149 94,91

Narón 38.519 19 -193 -754 -629 -108 -1.665 36.854 95,68

Teo 18.558 116 -143 -439 -984 -47 -1.497 17.061 91,93

Page 19: Carga de poboación estacional dos concellos de Galicia · Pola contra, no primeiro, segundo e cuarto trimestres de 2016 os concellos con saldos poboacionais máis negativos son concellos

19

Terceiro trimestre

Espazo Residentes Turismo Segundas vivendas

Estudos Traballo Saúde Saldo

poboacional Carga de

poboación Taxa de carga poboacional

Ames 30.493 -313 -469 -257 -1.456 -59 -2.554 27.939 91,62

Cambre 24.314 -260 123 -159 -956 -47 -1.299 23.015 94,66

Redondela 28.898 -213 141 -92 -784 -80 -1.028 27.870 96,44

Culleredo 29.550 -155 -200 -87 -518 -63 -1.023 28.527 96,54

Narón 38.491 -122 -7 -226 -554 -94 -1.003 37.488 97,39

Cuarto trimestre

Espazo Residentes Turismo Segundas vivendas

Estudos Traballo Saúde Saldo

poboacional Carga de

poboación Taxa de carga poboacional

Ames 30.570 -130 -371 -881 -1.594 -67 -3.043 27.527 90,05

Oleiros 35.058 81 -54 -624 -1.332 -69 -1.998 33.060 94,30

Cambre 24.368 -108 -92 -536 -1.052 -50 -1.838 22.530 92,46

Narón 38.463 -16 -196 -807 -656 -102 -1.777 36.686 95,38

Teo 18.548 114 -155 -490 -899 -49 -1.479 17.069 92,03

Fonte: IGE. Carga de poboación estacional dos concellos de Galicia (descarga da táboa para o primeiro trimestre, o segundo trimestre, o terceiro trimestre e o cuarto trimestre)

Page 20: Carga de poboación estacional dos concellos de Galicia · Pola contra, no primeiro, segundo e cuarto trimestres de 2016 os concellos con saldos poboacionais máis negativos son concellos

20

En 2016 a compoñente dos estudos afecta sobre todo ao saldo poboacional diúrno dos sete grandes concellos, especialmente a Santiago de Compostela.

Variación poboacional debida á compoñente dos estudos (día). Grandes concellos. Ano 2016

Unidade: persoas equivalentes a tempo completo

Fonte: IGE. Carga de poboación estacional dos concellos de Galicia (descarga da táboa)

Os concellos onde máis aumenta a poboación diúrna en 2016 como consecuencia dos desprazamentos por motivos de traballo son as sete grandes cidades, sobre todo na Coruña, Santiago de Compostela e Vigo, xunto cos concellos do Porriño, San Cibrao das Viñas, Bergondo, Arteixo, Carballeda de Valdeorras, Mos e Padrón, onde existen importantes polígonos industriais.

Page 21: Carga de poboación estacional dos concellos de Galicia · Pola contra, no primeiro, segundo e cuarto trimestres de 2016 os concellos con saldos poboacionais máis negativos son concellos

21

Pola contra, en 2016 os concellos que máis poboación perden polo día debido á compoñente do traballo son Ames, Oleiros, Cambre, Teo, Cangas, Redondela, Ponteareas, Barbadás e Moaña. Nótese que se trata de concellos na contorna daqueles onde máis aumenta a poboación diúrna debido á compoñente do traballo.

Tamén cabe resaltar que a compoñente do traballo non acusa a marcada estacionalidade que si teñen as compoñentes do turismo, segundas vivendas e estudos.

Variación poboacional debida á compoñente do traballo (día). Ano 2016

Unidade: persoas equivalentes a tempo completo

Primeiro trimestre Segundo trimestre

Page 23: Carga de poboación estacional dos concellos de Galicia · Pola contra, no primeiro, segundo e cuarto trimestres de 2016 os concellos con saldos poboacionais máis negativos son concellos

23

Pode consultarse a metodoloxía desta estatística na seguinte ligazón: http://www.ige.eu/estatico/pdfs/s3/metodoloxias/Metodoloxia_Carga_poboacion_ga.pdf

Para máis información:

Instituto Galego de Estatística

Complexo Administrativo San Lázaro s/n

15703 Santiago de Compostela (A Coruña)

Contacto: http://www.ige.eu/web/peticioninfo.jsp?paxina=005006001&idioma=gl

Teléfono de información: 981 54 15 89 (de 9 a 15:00 h.)

Fax: 981 54 13 23

Sitio web: http://www.ige.eu