33
Castela o O artista plural

Castelao

  • Upload
    vinaya

  • View
    56

  • Download
    2

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Castelao. O artista plural. Biografía. Rianxo, 1886 – Bos Aires, 1950 Nace no seo dunha familia de mariñeiros Emigra á Arxentina , onde seu pai ten unha “ pulpería ” (lugar que o autor recrea na súa obra) Volve a Galicia no 1900 Estuda Medicina en Santiago - PowerPoint PPT Presentation

Citation preview

Page 1: Castelao

CastelaoO artista plural

Page 2: Castelao

BiografíaBiografíaRianxo, 1886 – Bos Aires, 1950Nace no seo dunha familia de mariñeirosEmigra á Arxentina, onde seu pai ten unha

“pulpería” (lugar que o autor recrea na súa obra)

Volve a Galicia no 1900Estuda Medicina en SantiagoExerce brevemente como médico en

RianxoIngresa despois no corpo técnico de

Estatística

Page 3: Castelao

Casa con Virxinia PereiraÉ destinado a Pontevedra, dando

clases de debuxo no Instituto XeralMorre o seu único fillo aos 13 anosÉ desterrado a Badaxoz en 1934Ingresa nas Irmandades da Fala, é

director artístico da revista Nós.É un dos fundadores do Partido

Galeguista (foi deputado por Pontevedra)

A guerra civil sorpréndeo en Madrid e o final en EEUU, de onde marchou a Bos Aires

Page 4: Castelao

Castelao pintor e Castelao pintor e debuxantedebuxante

Dáse a coñecer como pintor e debuxante

Os seus debuxos representan as características físicas máis acentuadas dos galegos

Reflicte problemas políticos e sociais da época, cunha forte carga solidaria

Page 5: Castelao

1ª etapa

◦Desde o álbum Nós (1916) a Cincuenta homes por dez reás (1931) e as ilustracións de Cousas da vida.

◦Protagonistas: os personaxes populares, nenos, cegos, mulleres homes do mar, labregos empobrecidos en contraste coa burguesía

Page 6: Castelao
Page 7: Castelao
Page 8: Castelao
Page 9: Castelao

2ª etapa

A partir da Guerra Civil, con debuxos inspirados polos terror fascista e os combates

Galicia mártir, Atila en Galicia e Milicianos

Usa o claroscuro

Acompáñaos de textos moi breves (a penas tres palabras)

Page 10: Castelao

Arriba os pobres do mundoArriba os pobres do mundo

Page 11: Castelao
Page 12: Castelao

A derradeira lección do mestreA derradeira lección do mestre

Page 13: Castelao

Claves da obra de Claves da obra de Castelao Castelao

(que o diferencian do resto da (que o diferencian do resto da xeración)xeración)

1. Non proxecta a súa ideoloxía na obra narrativa (as súas ideas aparecen en ensaios e conferencias)

2. Non ten unha visión elitista da arte

3. Amosa a realidade do seu tempo: distintas facetas das clases populares (protagonistas das súas obras)

Page 14: Castelao

Perto de min repousa un zapateiro. Contoume as súas coitas nun tono menor:-Eu tiña unha voz de trono, unha voz que metía medo de fonda que era i en calidá de fenómeno entrei coma baixo no orfeón.; mais dalí a pouco de entrare o direutor díxome que desafinaba e tiveron o callo de botarme fóra. Deus regalárame cunha gorxa e non me dera orella… Tan magoado fiquei que perdín a coor e os folgos pro traballo, desenganeime, enflaquecín e púxenme a morrer. Todas as noites escoitaba os ensaios do orfeón acochadiño nas tebras da rúa, sospirando arreo coa ialma doída. A tristura foi estruchándome a caixa do peito e no derradeiro ensaio do orfeón fuxeu a vida de min nun suspiro velaíño.O pobre zapateiro marreu de saudade.

Page 15: Castelao

4. A súa obra gózase de inmediato: non se precisan códigos ideolóxicos para entendela

5. Prosa substantiva, depurada, sinxela e próxima á poesía

6. Amosa os defectos da sociedade a través do humor

7. Lirismo: a través de recursos expresivos, selección do léxico...

Page 16: Castelao

A tola do monte

AÍNDA EU ERA MÉDICO rural e rubía por un camiño da serra. Os casales estaban lonxe, os alboredos tamén e por alí non había máis que toxos e pedras.

No curuto avistei a figura dunha muller que me chamaba coa man, e o petrucio que camiñaba de par do meu cabalo contoume:-¡Malpocadiña! Chámanlle a tola do monte. Era unha rapaza ben asisada e bonita coma un sol e din que foi unha meiga quen a enfeitizou e dispois de perde-lo xuicio tívolle un fillo e contan que foi do demo…Por riba da tola do monte voaba un miñato.

Page 17: Castelao

O PROFUNDADORERA UN BARBEIRO DE SÁBADO que amaba

os libros que non entendía e gustaba de lelos todos enteiros.

Unha vez atopeino coa testa pousada nas mans, ó xeito dun pensador, e díxome:

-Estou profundando.E dende entón, pra min hai homes que

profundan.O tal barbeiro de sábado pasou pola vida cos

sentidos revirados cara a súa iñorancia, traballando a carón dun compañeiro que tiña os sentidos abertos ao mundo.

Ensumíase arreo dentro de si mesmo pra profundar nos mistéreos da outra vida e sempre remataba laiándose:

Page 18: Castelao

-Non podo profundar máis porque non sei latín.

Un día pousou os ollos no mar –endexamais reparaba en cousas miúdas- e dispois de ter profundado un bo retrinco de tempo deitou na orella do seu compañeiro ista frase:

-O mar ¿sabes? O mar… ¡é un fenómeno!O pobre barbeiro de sábado asombraba a

todos coa súa sabencia… Unha vez púxose serio, coma un frade de pau, e aseguroulle ó compañeiro:

-Eu teño que morrer e teño que ser xuzgado, pese que me pese, ¿sabes?

E decíao soletreando o pese que me pese.As máis veces o barbeiro de sábado dubidaba

dispois de profundar en cousas do outro mundo.

Page 19: Castelao

O pobre barbeiro de sábado morreu e puxérono nunha caixa de pino e o seu compañeiro foi a velo e botou unha bágoa.E unha muller, das que facían o pranto, decía:-¡Agora xa non profundas! ¡Agora non profundas porque xa o sabes todo!

Page 20: Castelao

7. Narrador: presenta os feitos como vivencias directas, noticias recibidas de protagonistas ou testemuñas

8. Utiliza recursos realistas: manuscrito encontrado (que o editor só edita); isto dá verosimilitude.

9. Técnica narrativa: denótase o fundamental, o demais queda suxerido.

10.Textos breves e sincréticos.

Page 21: Castelao

(…) Despedinme dil e cando xa iña pola estrada, camiño da cibdade, oín que me chamaba dende a porta do cimeterio.-¡Oia, veña acó!E dispois quediño e moi solermiñamente deitoume na orella ista pregunta:-Vostede, que é médico, ¿non sabería onde mercan ollos de vidro?E por catro cartos fíxenme dono do ollo de vidro e das memorias.As memorias do esquelete é o que ides ler. Escoitade, pois, a un home do outro mundo pregándovos por adiantado que non me fagades solidario das súas ideas.

Page 22: Castelao

Obra narrativaObra narrativa

Page 23: Castelao

Un ollo de vidro Un ollo de vidro (1922)(1922)

Protagonista: un defunto cun ollo de vidro que o converte no único do cemiterio que pode ver

Xustaposición de breves estampas tinguidas de humor negro

Amosa a sociedade galega desde unha perspectiva crítica

Subtitulado: Memorias dun esquelete.

Page 24: Castelao

O ENTERRADOR, MEU AMIGO

Leutor:

Certo día fitoume unha vaca. ¿Qué coidará de min?, pensei eu; e naquel intre a vaca baixou a testa e sigueu comendo na herba. Agora xa sei que a vaca somentes dixo:

-Bo, total un home con anteollos. E ó mellor eu non son máis que o que coidou a vaca. Velaí a ledicia de pensar que cando a miña calivera estea ó descuberto xa non poderá xuzgarme ningunha vaca.

Page 25: Castelao

Cousas Cousas (1926, 1929)(1926, 1929)As “cousas” con pequenas prosas

literarias de temática variada.

Ambiente mariñeiro e labrego, sobre todo.

Cada “cousa” vai acompañada dunha ilustración que sintetiza o momento culminante da historia.

Son a creación máis orixinal de Castelao: sintetiza o narrativo e o plástico.

Page 26: Castelao

OS CRUCEIROS

ONDE HAI UN CRUCEIRO houbo sempre un pecado, e cada cruceiro é unha oración de pedra que fixo baixar un perdón do Ceo, polo arrepentimento de quen o pagou e polo gran sentimento de quen o fixo.¿Tedes reparado nos nosos cruceiros aldeáns? Pois reparade.A Virxe das Angustias, enclavada no reverso de moitas cruces de pedra, non é a Piedá dos escultores, é a piedade creada polos canteiros.Os nosos canteiros, deixándose levar polo sentimento, non podían maxinar un home no colo da nai.Para os artistas canteiros, Xesucristo sempre é pequeno, sempre é o Neno, porque é o Fillo, e os fillos sempre somos pequenos no colo das nosas nais.Reparade nos cruceiros e descubriredes moitos tesouros.

Page 27: Castelao

Retrincos Retrincos (1934)(1934)Son 5 relatos ordenados

cronoloxicamente (infancia, adolescencia, mocidade e madurez do narrador–autor)

Cada conto é unha unidade autónoma.

O único punto de relación entre os contos é narrador (conta historias do seu pasado)

Reflexiónase sobre a condición humana, o paso do tempo, a vida, a decadencia e a morte.

Page 28: Castelao

Os dous de sempre Os dous de sempre (1934)(1934)

Única novela que escribiu.

Utiliza unha técnica semellante ás Cousas.

Presenta unha concepción determinista do individuo: as condicións sociais e familiares determinan a psicoloxía e o devir dos protagonistas.

Segue a vida de dous protagonistas desde a infancia á madurez.

Os dous teñen personalidades contrapostas

Page 29: Castelao
Page 30: Castelao

Obra teatralObra teatral

Page 31: Castelao

Os vellos non deben de Os vellos non deben de namorarsenamorarse

Estreada en 1941 no exilio arxentino.

Conta a historia de tres vellos que se namoran de mozas.

Composta en clave de comedia.

Personaxes esquemáticos.

Page 32: Castelao

Obra ensaísticaObra ensaística

Page 33: Castelao

As cruces de pedra na Bretaña (1930) e As cruces de pedra na Galiza (1950). Sobre arte popular.

Sempre en Galiza (1944)

◦Sintetiza o seu pensamento político

◦Ofrece unhas memorias de actividade política durante os anos da república.

◦Fai unha crítica contra o modelo centralista do Estado (alternativa: federalismo ibrérico).