28
g ABERTOS AO GALEGO Catálogo de Nadal Encontra os teus agasallos deste Nadal

Catálogo de Nadal Abertos ao Galego 2013

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Esta é a terceira edición do Catálogo de Nadal de Abertos ao Galego. Nel atoparás as propostas de agasallo que nos fan chegar algunhas das empresas deste proxecto da Mesa pola Normalización Lingüística, ademais de información sobre o propio proxecto e as empresas que o compoñen.

Citation preview

Page 1: Catálogo de Nadal Abertos ao Galego 2013

gA b e r t o s A o G A l e G o

Catálogo de NadalEncontra os teus agasallos deste Nadal

Page 2: Catálogo de Nadal Abertos ao Galego 2013

Dez razóns para apoiarmos un consumo responsábel co galegoAlgunha vez pensaches en que lingua están escritos os rótulos do supermercado onde fas a compra todas as semanas? Ou sabías que é posíbel contratar unha asesoría que che faga a declaración de impostos en galego?Todas as decisións que tomamos como consumidores e consumidoras teñen implicacións: non ten as mesmas repercusións económicas, laborais ou ecolóxicas comprar un iogur fabricado en Francia que en Galiza, do mesmo xeito que non é o mesmo ter contratada unha empresa de telefonía que emprega a persoas que poden atender a clientela en galego ou unha que non dá o seu servizo na nosa lingua. As empresas que apostan polo galego fano dun xeito consciente, cunha aposta polo propio, pola calidade e pola proximidade. Nós podemos apoialas no noso día a día consumindo os seus produtos e servizos e animando outras persoas a faceren o mesmo. Propómosvos dez motivos polos que preferirmos empresas que traballan en galego, mais hai moitos máis:

1. Porque temos dereito a escoller, e quen escolle a nosa lingua tamén nos escolle a nós.

2. Porque o galego nos identifica como cidadáns no mundo. Prestixiar o galego é prestixiármonos nós mesmos.

3. Porque recibiremos unha atención máis personalizada e próxima.4. Porque contribuiremos á creación e mantemento de postos de traballo no noso

país. As empresas que poden atendernos en galego teñen no seu cadro de persoal traballadores e traballadoras galegos. Apostar por estas empresas é apostar por crear postos de traballo na nosa terra.

5. Porque estaremos apostando por empresas que asumen a súa responsabilidade social.

6. Porque podemos apoiar empresarios e empresarias que fan un esforzo polo uso do galego.

7. Porque dun xeito amábel e directo podemos facer máis polo noso idioma que moitas campañas de divulgación. Apoiando activamente as empresas que apostan polo galego estamos facendo moito por promovermos o galego no ámbito socioeconómico.

8. Porque contribuiremos a que outras empresas usen o noso idioma de xeito normal. Apoiar a presenza do galego no ámbito socioeconómico dálle prestixio á lingua e ten efectos multiplicadores noutros ámbitos da vida social.

9. Porque as empresas que usan o galego, interna e externamente, entenden que o noso idioma é un elemento positivo para a súa imaxe.

10. Porque os produtos etiquetados en galego teñen tanta ou máis calidade que outros. A lingua galega é unha marca de orixe e a orixe galega dos produtos é un sinal de calidade, e en moitos casos de elaboración natural e artesanal.

Page 3: Catálogo de Nadal Abertos ao Galego 2013

gA b e r t o s A o G A l e G o

Desde A Mesa elaboramos o Catálogo de Nadal de Abertos ao Galego por terceiro ano consecutivo, despois da excelente resposta recibida en 2011 e 2012.O Catálogo de Nadal quere ser unha forma de presentarmos, nestas datas de festexos e presentes, a actividade dos membros de Abertos ao Galego, a rede de empresas que apostan polo idioma que nos une como galegas e como galegos. Así, poderemos coñecer máis e mellor o que nos ofrecen estas empresas e, ademais, teremos na nosa man apoiarmos co noso consumo responsábel a quen apoia o noso idioma, a nosa cultura, a nosa identidade.Teñamos sempre presente, na nosa vida diaria, que existen servizos e produtos que nos ofertan empresas de verdade comprometidas co galego. Está na nosa man. Con pequenos xestos coma estes tamén podemos axudar a conquistar un 2014 máis xusto, máis libre e con máis dereitos. Fagámolo!

Carlos CallónPresidente

A Mesa pola Normalización Lingüística

www.amesanl.org/abertosaogalego

Page 4: Catálogo de Nadal Abertos ao Galego 2013

Xoguetes e libros para nenos e nenas

www.patasdepeixe.com

O incrible neno devorador de librosOliver Jeffers

A vaca que puxo un ovoAndy Cutbill e

Rusell Ayto

O libro dos OpostosSara Powell e Barbi Sido

O camaleón azulEmily Gravett

O GrúfaloJulia Donaldson

12 € 14 €

12 €

10 €

14 €

4

Page 5: Catálogo de Nadal Abertos ao Galego 2013

Xoguetes e libros para nenos e nenaswww.galileonenos.com

Encontra os puntos de venda na web www.galileonenos.com

Escola de escritura con Xabarín

Crebacabezas de Galicia

23,90 €

15,90 €

5

Page 6: Catálogo de Nadal Abertos ao Galego 2013

www.baiaedicions.netAdquisición a través da web de Baía Edicións

Colección FabulandoNestes catro primeiros títulos da colección, Mon Daporta preséntanos a súa particular e divertida visión das coñecidas fábulas de Esopo e La Fontaine a través do galo Ernesto, a chicharra Chicho, o corvo Gundemaro e o sapoconcho Andrés, cos que de seguro pasaredes un bo momento.

Pedrito CoelhoDa man de Beatrix Potter chega Peter Rabbit ou Pedrito Coelho. Libros para @s mais pequen@s para tocar, contar, descubrir e escoitar.

ApalpadorBoneco do Apalpador feito a man

(50 cm de longo)

Boneco do Apalpador de tea(30 cm de longo)

7 €cada título

9,95 €

45 €

15 €

6

Xoguetes e libros para nenos e nenas

suevia.blogaliza.orgRúa Vila de Negreira, 32 baixo

15011 - A CoruñaTel: 981907638

Page 7: Catálogo de Nadal Abertos ao Galego 2013

Axenda Dietario 2014Características: Encadernación en Cartoné/Acolchado azul mariñoFormato: 17 x 24 cm.Mapa actualizado de estradas de Galicia40 páxinas de información xeralTeléfonos de interese e servizos: Medios de Transporte, Oficinas de Turismo, Teléfonos de Urxencias, Concellos, Diputacións, Xunta, Universidades, Organizacións Sociais, Organizacións Sindicais, Medios de Comunicación, etc.Dietario (día por páxina) con información complementaria de Efemérides Galegas, Cultura Popular, Feiras e Festas locais, Celebracións Internacionais, Calendario Fiscal, Onomástica, Fases da Lúa.Publicidade específica: Páxina ou caderno de información específica a determinar polo cliente e posibilidade de estampación de logotipo na cuberta.Prezo: 16 euros > Desconto de 4 euros para socias e socios da Mesa = 12 eurosO desconto é aplicábel para todos os exemplares que se soliciten.Se non es socia ou socio da Mesa, podes comprala por 16 euros.

Gastos de envío:Recollida no local nacional da Mesa (Av. de Lugo, 2A - Santiago): 0 eurosEnvíos a domicilio: 5€ máis un 3% sobre o importe total do pedido.

Para solicitárela envía un correo-e a [email protected]

Calendario Xerais 2014Ruth Matilda Anderson

12,95 €

Prezo Socios

16 €

12 €

7

Libros, música e papelaríawww.xerais.es

Produtos á venda en librarías

Page 8: Catálogo de Nadal Abertos ao Galego 2013

A memoria da choiva de Pedro FeijooCando Xosé Carneiro, coñecido psicanalista e polémico colaborador televisivo, aparece co peito aberto no seu piso da compostelá rúa República do Salvador, son dúas as cousas que chaman a atención do xornalista Aquiles Vega e da profesora Sofía Deneb. A primeira é a brutalidade, a violencia extrema con que o crime foi levado a cabo. A segunda, ese detalle que non encaixa na escena: unha estraña peza de ferro chantada no corazón. En realidade, a de Carneiro non é máis que a primeira dunha cadea de mortes en serie, unha carreira contra o reloxo na que Aquiles terá non só que comprender que é o que está pasando, senón cal é o papel que en toda esta historia xoga un dos nomes máis importantes da nosa literatura, aquel sempre rodeado de misterio e escuridade. E, sobre todo, terá que saber quen é Adriano... Logo do éxito recibido pola súa primeira novela, Os fillos do mar, regresa Pedro Feijoo cunha nova aventura, desta volta chea de versos, de sangue, de amor e de odio, pero mantendo intacta a súa máxima por bandeira: ante todo, o entretemento e o pracer de lectores e lectoras.

O raposo e a mestra de Manuel RivasO raposo Pindo é un raposo solitario, que sabe as falas de todos os animais e as persoas; segundo se di é fillo do lobo Petiso e a raposa Meiga. Pindo ten un poder: é quen de hipnotizar a calquera cos seus ollos de lanterna. Ese poder conseguiuno, vendo como o Sol pousaba a súa luz, ao afundirse no mar, despedindo o día.

Vento e chuvia. Mitoloxía da Antiga Gallaecia de Manuel GagoNun territorio extenso, misterioso e brutal no que aínda hoxe vivimos, os deuses conviviron cos homes, beberon da súa cervexa, participaron das súas batallas, exiliáronse nos seus montes. Nas vellas aldeas, na noite dos castros, hai máis de dous mil anos, alí onde hoxe vemos mudas ruínas circulares e murallas derrubadas, contáronse historias fermosas transmitidas de xeración en xeración. Historias de deuses que viven, que nacen, choran, aman, sangran, viaxan de monte en bosque, e das illas ás costas; historias nas que non existen fronteiras entre o real e o fantástico, porque, coma no tempo de hoxe, o mundo dos homes é sobre todo imaxinación. Deuses e homes corren baixo a chuvia, e as súas palabras son levadas polo vento e as augas, que son a cerna de Galicia. Manuel Gago imaxina os soños, as lendas e os mitos da Idade do Ferro, como un reporteiro de viaxes que leva a súa gravadora ao interior destas cabanas castrexas. Un minucioso traballo de documentación histórica foi o paso previo para deixar voar a imaxinación e entrar nun universo cultural mítico, onde o vento e a chuvia nos traen versos, memorias e a recuperación de centos de nomes de persoas, cidades e seres míticos da Galicia previa á invasión romana, ata agora descoñecidos polo gran público. As ilustracións de Manel Cráneo recrean este mundo con formas e cores poderosas que nos fan viaxar no tempo.

22 €

10 €

24 €

8

Libros, música e papelaría

www.xerais.es

Produtos á venda en librarías

Page 9: Catálogo de Nadal Abertos ao Galego 2013

Axenda Feminista 2014:Teatreiras GalegasNon nacín para ser domesticada... do Observatorio da Mariña pola Igualdade

Mia CoutoPremio Camões 2013.

“Vozes anoitecidas” - 13,90 €

“A Confissao da Leoa” - 15,90 €

“Pensageiro Frequente” - 11,90 €

“Estórias Abensonhadas” - 13,90 €

“Jesusalém” - 15,90 €

MúsicaDeolinda “Mundo pequenino” - 13,90 €

Tempo Catro “Os ollos que falan. Rosalía de Castro” - 15 €

Os Minhotos “Pinga D’auga” - 10 €

Ses “Co xenio destrozado” - 11,95 €

12 €

9

Libros, música e papelaríasuevia.blogaliza.org

Rúa Vila de Negreira, 32 baixo15011 - A CoruñaTel: 981907638

Page 10: Catálogo de Nadal Abertos ao Galego 2013

Gramática Práctica da Lingua GalegaA Gramática práctica da lingua galega. Comunicación e Expresión destínase a todas aquelas persoas que desexen ampliar, consolidar e sistematizar o seu coñecemento explícito do galego e resolver dúbidas de tipo teórico-práctico a nivel oral e escrito. Está concibida como un manual de apoio para as aulas, se ben pode utilizarse comoun instrumento de autoformación.

Trátase dunha guía que ofrece unha visión xeral das disciplinas lingüísticas tradicionais (“Fonética e Fonoloxía”, “Morfoloxía”, “Sintaxe”, “Semántica”), e, alén diso, fornece información de tipo comunicativo (“Comunicación e Linguaxe”, “Lingüística Textual”) que axuda a entender o feito lingüístico no seu conxunto desde unha perspectiva integradora. Así, inclúe aspectos que, en xeral, están ausentes das gramáticas, como a relación entre lingua e sociedade (“Lingua, comunidade lingüística, variación e mudanza”), a vehicularización da oralidade a través da escrita (“Representación gráfica da lingua oral”) ou as tipoloxías textuais.

Miguel Strogoff de Jules VerneMagnífica adaptación ao galego, realizada pola escritora e tradutora Ánxela Gracián e ilustrada por Calros Silvar, dunha das novelas máis coñecidas e adaptadas de Jules Verne, xunto A volta ao mundo en 80 días e 20.000 leguas baixo dos mares. Recuperación dun clásico da literatura universal para que os lectores e lectoras máis novos gocen coa xeografía de Rusia e Siberia e vivan en tensión as aventuras e desventuras do heroe.

Ambientada na época tsarista do imperio ruso da segunda metade do século XIX, a novela narra as aventuras do correo do tsar Miguel Strogoff, que deberá percorrer unha distancia de 5.500 km desde Moscova a Irkutsk, capital da Siberia oriental, superando unha chea de obstáculos naturais case insuperábeis e o brutal exército tártaro dirixido polo traidor ao tsar, o militar ruso Ivan Ogareff, para entregar ao Gran Duque unha mensaxe secreta que o soberano lle confiara.

Suportando todo o tipo de dificuldades e de obstáculos, sometido a humillacións e mesmo tortura durante ese longo percorrido polo enigmático e perigoso interior do continente asiático, Strogoff, convertido nun auténtico heroe, xorde como un modelo de perfección e virtude, forte e coraxudo, a quen nada nin ninguén consegue deter no cumprimento da súa misión.

30 €

19 €

10

Libros, música e papelaría

www.baiaedicions.net

Adquisición a travésda web de Baia Edicións

Page 11: Catálogo de Nadal Abertos ao Galego 2013

Sementes de papelEscrito e ilustrado por Bea e Silvia Gil, Sementes de papel conta a relación entre dúas mozas e o bosque onde viven. Naia ocupouse sempre de coidar das árbores e dos animais. Pero os anhelos máis profundos de Eyla romperán o equilibrio do lugar.

Do enxeño e do amor pola natureza xurdirá unha solución que lles axudará a salvar a preciosa paisaxe.

Sementes de papel é una fábula ecoloxista que intenta espertar a curiosidade das nenas, dos nenos e dos adultos cara a un tema vital na educación e na situación do planeta, o respecto pola natureza.

A historia alértanos de que cómpre tomar conciencia da importancia crucial que teñen os bosques. E ao mesmo tempo é esperanzadora, xa que os verdadeiros protagonistas do conto, as árbores e os animais, non desaparecen malia que a súa supervivencia corre un grave perigo.

Seremos nós quen de salvarmos os habitantes ancestrais da terra, as árbores?

Cogomelos. A cociña do bosqueEste libro ofrécenos un repertorio de 104 pratos elaborados con cogomelos de todo tipo. Un abano de sabores e aromas de bosques outonais e prados de primavera. Atoparemos desde pastas, arroces, ensaladas, cocas, pasteis salgados até ovos, carne e mesmo peixes e mariscos. Como todas as propostas de Mariona que xa coñecemos, receitas fáciles de facermos na casa, con base clásica e toques de actualidade.

O libro foi prologado polo escritor e presidente da Asociación Micolóxica Viriato, Xosé Manuel Fernández Costas, quen aproveita para facer, desde a súa particular vivencia, un percorrido histórico da micoloxía e da situación actual en Galicia, así como unha serie de propostas de aproveitamento gastronómico dos cogomelos dos nosos bosques e prados.

12,50 €

15,95 €

11

Libros, música e papelaríawww.baiaedicions.net

Adquisición a travésda web de Baia Edicións

Page 12: Catálogo de Nadal Abertos ao Galego 2013

Obras Completas de Roberto Vidal BolañoPublicados tres volumes, dos seis previstos, das obras completas do gran literato galego.

Volume I - 29 €

Volume II - 34 €

Volume III - 25 €

Libros, música e papelaría

www.edicionspositivas.com

Á venda en librarías e na webde Edicións Positivas

Page 13: Catálogo de Nadal Abertos ao Galego 2013

As socias e os socios da Mesa teñen teñen un 10% de DESCONTO nas súas compras en tenda.

Produtos reciclados de Comercio XustoBandexa de lata, bolsos, moedeiros, neceseres, fundas para móbil, estoxos, bolsas da compra, delantais, manteis individuais... elaborados con plásticos reciclados. Producidos pola organización MAI HANDICRAFTS de Vietnam, que actualmente ocupa a máis de 500 persoas produtoras, e destina TODOS os beneficios que consegue da súa venda ao reinvestimento en actividades sociais que fomenten o emprego, a formación e a autosostebilidade das familias marxinadas e minorías étnicas desa zona de Vietnam.

Camisolas Galegas de Comercio Xusto (“Rosinha Recicleira”)Camisolas de algodón 100% sen clorar de Comercio Xusto (India), deseñadas e elaboradas coa técnica semi-artesanal do vinilo por Rocío Alén (Galiza), exclusivamente para AMARANTE Setem. Para muller, home, nenas/os e unisex, en diferentes talles e cores.

Roupa e téxtiles artesanais da cultura maiaCooperativa de mulleres de Chiapas - Jolom Mayaetik (“Tecedoras maias”). Blusas, camisas, coxíns, estuches-fundas de gafas, bolsos... Produtos exclusivos elaborados artesanalmente polas mulleres da Cooperativa Jolom Mayaetik (Chiapas-México), cargados do simbolismo e a profundidade cultural da cultura maia. Son produtos feitos a man, bordados e tecidos en tear de cintura e de pedais, con fíos de algodón e la. A súa liña de produtos abarca desde deseños tradicionais até innovacións nas tendencias da moda, e está dirixida a todos os públicos, co obxectivo de dar a coñecer a tradición dos seus antepasados maias e a súa propia visión do mundo téxtil.

Jolom Mayaetik é unha cooperativa independente, integrada por 250 mulleres artesás indíxenas de diferentes comunidades dos Altos de Chiapas. Coa súa loita polo empoderamento da muller, están creando espazos colectivos de mulleres para atopar un mercado xusto aos seus produtos.

desde3,10 €

ata16,30 €

desde

11 €ata

32 €

12 €

Roupa e Complementoswww.amarantesetem.org

Nas tendas de:• Compostela - R/ Quiroga Palacios 8• Pontevedra - R/San Román, 9. Tlf: 986 848 159

13

Page 14: Catálogo de Nadal Abertos ao Galego 2013

DESCuBRE NiCETRiPMáiS DE 200 MODELOS

DESEñO 100% GALEGO12 ANOS TRABALLANDO EN GALEGO

19,50 €Hai talles e cores

19,50 €Hai talles e cores

19,50 €Hai talles e cores

19,50 €Hai talles e cores

19,50 €Hai talles e cores

Dispoñíbel tamén en Bebé, Autocolante, Taza, Libreta, Crecha ...

Roupa e Complementos

www.nicetripgalicia.com

Curros Enríquez, 29 baixoMonte Alto – A Coruña

14

Page 15: Catálogo de Nadal Abertos ao Galego 2013

Xabróns artesanaisDe leite de burra, de cabra, de vaca, figos, laranxa, mazá...

Zocos por encargo de Elena FerroPor encargo, podes escoller as cores. Zocos de Artesanía de Galicia, feito a man

Broche As MaríasBroche feito a man de resina polimérica e pintado a man

Colar peliqueirosColar feito a man de resina polimérica

5,50 €

95 €

28 € 30 €

Roupa e Complementoswww.eladiz.com

Rúa Nova 24 – Compostelae na tenda en liña www.eladiz.com

15

Page 16: Catálogo de Nadal Abertos ao Galego 2013

• Nunca Máis: bolsa, lámina, paraugas• Camisola Matraquinho• Camisola Humor• Camisola O zoco• Camisola Buxaina

Podes facer o teu pedido a través de facebook en www.facebook.com/desenho.galego ou por correo electrónico [email protected] Servimos en todo o territorio do Estado español agás illas.

Tamén podes mercar en calquera das tendas colaboradoras con OZOCOgz distribuídas ao longo do País. Pode haber unha tenda zoqueira moi preto de onde vives. Consulta cales son na nosa web www.ozocogz.com

Roupa e Complementos

www.ozocogz.com

Merca en tendas colaboradoras e a través do Facebook

16

Page 17: Catálogo de Nadal Abertos ao Galego 2013

Cestas de produtos de alimentación de Comercio XustoCestas de alimentos de Comercio Xusto de cali-dade, procedentes de Galiza e de todo o mundo: cafés, chocolates, panela, pastas, arroces, quinoa, marmeladas, zumes, infusións... Elaborados con respecto aos dereitos laborais e sociais das persoas produtoras e ao medio ambiente. Produtos natu-rais, éticos e sostíbeis, co valor engadido da defensa da dignidade das persoas.

PVP (depende dos produtos escollidos):

• Cesta pequena - 12 € aproximadamente

• Cesta mediana - 19 € aproximadamente

• Cesta grande - 28 € aproximadamente

Kit de herbas aromáticasKit de reciclaxe de botellas, terra, mecha, arxila e sementes ecolóxicas para decorares e teres as túas herbas preferidas na casa. Decoración, reciclaxe e alimentación.

22 €

www.amarantesetem.orgNas tendas de:

• Compostela - R/ Quiroga Palacios 8• Pontevedra - R/San Román, 9.

Tlf: 986 848 159

Alimentacióne Decoraciónwww.eladiz.com

Rúa Nova 24 – Compostelae na tenda en liña www.eladiz.com

17

As socias e os socios da Mesa teñenun 10% de DESCONTO nas súas compras en tenda.

Page 18: Catálogo de Nadal Abertos ao Galego 2013

Leite pasteurizado Granxa O CanceloNa Cooperativa Agraria Provincial da Coruña, entenden que a práctica é un estupendo xeito de aprender. Foi por iso que en 2009 asumiron a xestión directa dunha granxa no concello de Miño (A Coruña). Así naceu Granxa O Cancelo, un proxecto para traballar a prol do sector lácteo. Producen leite aproveitando os recursos da nosa terra e ofertan un produto local e diferenciado. Na procura de novas vías de comercialización aproveitan a distribución do comercio de proximidade. No ano 2011 comezaron tamén a elaborar xeados artesáns para obter maior valor engadido do leite.

Granxa O Cancelo é un proxecto integrador que pretende conectar directamente a produtoras e produtores con consumidoras e consumidores, sen intermediarios. Non se trata dunha granxa produtora de leite máis. Utilizan unha produción que permiten obter os mellores rendementos garantindo un uso responsábel e sostíbel dos recursos, o benestar das vacas e as boas condicións de traballo para as persoas.

Mais tamén fan unha tarefa de formación de persoal técnico, colaboran con outras empresas, con centros de investigación e universidades e desenvolven un labor divulgativo para daren a coñecer ás consumidoras e consumidores como se produce o leite que consomen e a importancia deste sector para o noso País.

Prezo (venda na Granxa O Cancelo):

• Botella plástico 1,5 litros - 1,40 €• Botella cristal 1 litro - 1,10 €

Xeados artesánsGranxa O CanceloXeados (amorodos, chocolate, nata, vainilla, iogur, doce de leite, limón, nata con chocolate, turrón, plátano..)

• formato 1/2 litro: 7 euros• formato 1 litro: 12 eurosXeados especiais: licor de gomariz, pasas borrachas, castañas, mazá, mel con noces

• formato 1/2 litro: 8 euros• formato 1 litro: 13 eurosPrezos de venda na Granxa O Cancelo

Ademais de na granxa, consultar web para outros puntos de venda www.granxaocancelo.com

18

Alimentacióne Decoración

www.granxaocancelo.com

Lugar O Cancelo - Bemantes 15630 - Miño (A Coruña)

Tel: 981647560

Page 19: Catálogo de Nadal Abertos ao Galego 2013

19

Alimentacióne Decoraciónwww.videvide.net

Rúa da Fonte de Santo Antonio, 10 5702 - Santiagotel. 981 582 911 - 606 558 640

Page 20: Catálogo de Nadal Abertos ao Galego 2013

Pacote de Nadal Abertos ao GalegoCuarto con vistas ao mar da segunda feira (luns) 9 de decembro até o domingo 5 de xaneiro de 2014 (agás 24, 25 e 31 de decembro) na CASA DA BALEA, Corcubión, primeiro aloxamento temático da Península Ibérica dedicado ao mundo das baleas e aos baleeiros.

• Estadía en cuarto dobre especial con vistas ao mar dúas noites (tamén fins de semana).

• Copa de cava/ou café e infusións e doces de benvida.• Almorzos completos da casa incluídos.• Prezo s/tarifa: 151 euros• Prezo especial socios e socias: 125 euros

A mesma oferta en cuarto estándar de cama de matrimonio ou dúas camas

• Prezo s/tarifa: 125 euros• Prezo especial socios e socias: 100 euros

Bono agasallo no Centro de Terapias Manuais AcougaBono-regalo de 2 sesións no Centro de Terapias Manuais Acouga, terapias de quiromasaxe, osteopatía estrutural e craneosacral, reflexoloxía podal.

50 €

20

Bonos de Agasallo

Rúa Nosa Señora do Rosario, 10 baixo 15001 - A Coruña

Tel: 646377888

www.casadabalea.comRúa Rafael Juan, 4415130 - Corcubión (A Coruña)Tel: 981746645

Page 21: Catálogo de Nadal Abertos ao Galego 2013

Augaforte de Xosé MonxardínMedidas 76 x 57 cm

Os exemplares son numerados e están asinados polo autor. Prezo 90 €

Libro ‘Camiño Peregrino’de Christina OiticicaA Fundación Via Galego edita o libro Caminho Peregrino, de Christina Oiticica, como resultado do traballo da artista brasileira sobre a interacción entre a súa arte e a terra do Camiño de Santiago. 140 páxs.

Caderno ‘Fundación Via Galego’Caderno de notas, con bolígrafo incluído, da Fundación Via Galego, con mapa dos territorios do mundo onde o portugués é lingua oficial.

ChapasCon diferentes lemas. Tamaño: 25 mm diámetro.

AutocolanteGoza coa túa lingua

90 €

2 €

1 €

22 €

0,50 €

21

tenda.amesanl.orgAvenida de Lugo, 2ASantiago de Compostela

A Tenda da Mesa

Page 22: Catálogo de Nadal Abertos ao Galego 2013

Gastos de envío:• Recollida no local nacional da Mesa: 0 euros• Envíos a domicilio: 5€ máis un 3% sobre o importe total do pedido.

O local nacional da Mesa está na Avenida de Lugo, 2A de Santiago de Compostela.

Camisola ‘Eu quero o galego’Camisola de cor branca co lema ‘Eu quero o galego’Talles para unisex: S,M,L,XL,XXLTalles para muller: S,M,L

Camisolas ‘Queremos galego’Camisola unisex de cor negra.Talles S,M,L,XL,XXL,XXXLCamisola ‘Eu falarei’

Camisola unisex de cor azul co lema ‘Eu falarei’. Talles S,M,L, XL

Bolígrafo de cor azul‘A Mesa pola Normalización Lingüística’

Bolsa ‘En galego, da cabeza aos pés’

10 €

10 €

5 €

3 €

1,50 €

22

tenda.amesanl.orgA Tenda da Mesa

Avenida de Lugo, 2ASantiago de Compostela

Page 23: Catálogo de Nadal Abertos ao Galego 2013

Disignia EdeniaBedoia Nº 5 - 1º D | 32004 - Ourensetel. 988 255 010 | www.edenia.org

Emedous Produción e DistribuciónAntonio Gomez Vilaso - Local 3 | 15702 - Santiagotel. 981 534 132 | www.emedous.com

DaveigaPoligono Industrial “Os Acivros” | 27500 - Chantadatel. 982 440 222 | www.daveiga.es

Compostela de XestiónAlfredo Brañas, 25 - 3º B | 15701 - Santiagotel. 981 593 338

Comarca 54Hórreo, 98 | 15703 - Santiago de Compostelatel. 981 104 556 | www.facebook.com/comarca54

Deseño e CoresDona Urraca, 84 | 27004 - Lugotel. 982 240 400 | www.deseno.net

Consorcio Editorial Galego

Asesoría NevesMorales Hidalgo, 16 | 36869 - Ponteareastel. 986 644 059

Baía EdiciónsPolíg. de Pocomaco, 2ª Av - A2 Nave 2 | 15190 - A Coruñatel. 981 174 296 | www.baiaedicions.net

Biblos Clube de LectoresQuintá, 8 Mandaio | 15391 - Cesurastel. 981 790 039 | www.biblosclube.com

Cafecongotas - Comunicación VisualCarrero Blanco, 12 - 1º | 15145 - Caión (A Laracha)tel. 616 607 691 | www.cafecongotas.net

Axencia de Seguros Exclusiva Ribeira do Berbés SLRibeira do Berbés, 49-A | 36202 - Vigotel. 986 222 093 | www.axa.es

Berrogüetto ProduciónsSindical Pereiras, 57 | 36419 - Mostel. 981 104 022 | www.berroguetto.com

Adega DuránPardo Bazan, 1 | 36630 - Cambadostel. 986 542 354 | www.ventomareiro.com

AmaranteRúa de San Pedro, 67 | 15703 - Santiagotel. 981 584 713 | www.amarantesetem.org

Alimentación e bebida

Asesorías / Finanzas / Seguros

Editorial

Audiovisuais

Artes gráficas

Gran Colmado Rúa das Tendas | 32005 - Ourensetel. 649 507 707

Granxa O CanceloLugar do Cancelo - Bemantes | 15630 - Miñotel. 981 647 560 | www.facebook.com/granxaocancelo

Larpeiradas AnxoPol. Indust. Sabon Parcela 8B - Nave E | 15142 - Arteixotel. 981 641 944 | www.facebook.com/larpeiradasanxo.efroitossecos

Vide, vide! Espazo enoculturalRúa da Fonte de Santo Antonio, 10 | 15702 - Santiagotel. 981 582 911 - 606 558 640 | www.videvide.net

Tórculo Artes GráficasVía Edison, 33-35 | 15890 - Santiago de Compostelatel. 902 905 024 | www.torculo.com

Ipr XestiónAv. da Coruña, 13-15 | 15185 - Cercedatel. 981 685 155 | www.iprxestion.com

Mr Misto FilmsVíctor Pita, 12 3º Esq | 36611 - Vilaxóan de Arousatel. 986 189 496 | www.mrmisto.com

Dual S.T.Rúa Alcalde Espiñeira, 25 | 15310 - Curtistel. 619 343 329 | www.dualst.blogspot.com.es

Directorio de asociados

23

Page 24: Catálogo de Nadal Abertos ao Galego 2013

14!San Vicente de Paul, 11-15 | 15002 - A Coruñahttp://www.facebook.com/pages/14/57198661160

Dimensiona Consultoría TecnolóxicaRúa Londres, 1 | 15707 - Santiago de Compostelatel. 981 564 579 | www.dimensiona.com

Edicións XeraisDoutor Marañon, 12 | 36211 - Vigotel. 986 214 888 | www.xerais.es

Edicións PositivasCarretas, 18 | 15701 - Santiago de Compostelatel. 981 553 051 | www.edicionspositivas.com

CerosunsAzorin, 5 | 36680 - Ponteareastel. 986 667 996 | www.ceroseuns.com

Difusora de Letras, Artes e IdeasBedoia, 5 - 2º D | 32004 - Ourensetel. 988 222 244 | www.difusora.org

Alvarella EcoturismoBreanca - Doroña s/n | 15637 - Vilarmaiortel. 981 784 563 | www.alvarella.com

Ardora Formación e servizosCouto de San Honorato, 92 - Entrechan Of. 1 | 36204 - Vigotel. 986 020 899 | www.ardoraformacion.com

Formación / Ensinointervención social

investigación

Lecer

infraestruturas / Equipamentos

informática

Rinoceronte EditoraAv. de Vigo, 103 | 36940 - Cangas do Morrazotel. 986 168 028 | www.rinoceronte.es

PatasdepeixeRúa E. Blein, 1 - 2ºA | 36202 - Vigotel. 679 777 111 | www.patasdepeixe.com

Tagen AtaEstrada da Gándara, 33-35 | 15570 - Naróntel. 881 939 142 | www.tagenata.com

IngaeccCamiño do Campo, 1 - Bexo | 15982 - Dodrowww.ingaecc.com

MeigasoftVia Pasteur, 5 - 1º B (Pol. do Tambre) | 15890 - Santiagotel. 981 571 381 | www.meigasoft.es

Tuenti TechnologiesPraza de las Cortes, 2 4ª Planta | 28014 - Madridtel. 914 294 039 | www.tuenti.com

Laborgal Suministros ProfesionaisRua do Romaño, 19 | 15898 - Santiago de Compostelatel. 981 890 981 | www.laborgal.info

ViplaroVía Edison, 37 A | 15707 - Santiago de Compostelatel. 981 561 464

Inicia Consultoría e XestiónO Cobo, 6 A | 15173 - Oleirostel. 981 631 171 | www.iniciaxestion.es

Xeneme Intervención SocialAv. Rodriguez de Viguri, 12 - 2º A | 15703 - Santiagotel. 981 574 707 | www.xeneme.com

Ventos Estudos AmbientaisAv. Peirao Besada, 103 (Lourido) | 36994 - Poiotel. 986 873 931 | www.ventos.es

Galileo NenosRúa Angelo Colocci, 20-22 1º B | 27003 - Lugotel. 982 101 766 | www.galileonenos.com

NanubeRamón Cabanillas, 6 - 3º B | 15701 - Santiagotel. 881 977 134 | www.nanube.com

Seguridade A-1Republica Arxentina, 29 | 15701 - Santiagotel. 981 592 121 | www.seguridade-a1.com

Demo EditorialRonda de Nelle, 81-83 Esq, Local C | 15007 - A Coruñawww.demoeditorial.Blogspot.com.es

24

Page 25: Catálogo de Nadal Abertos ao Galego 2013

Livraría SuéviaRúa Vila de Negreira, 32 | 15011 - A Coruñatel. 981 907 638 | www.facebook.com/galaecialibraria

Livraria TorgaRúa da Paz, 12 | 32005 - Ourensetel. 988 250 737

Praza Públicawww.praza.com

Pegadas Sociedade Cooperativa GalegaRúa de Paraguai, 9 (Meicende) | 15008 - A Coruñatel. 981 907190 | www.pegadas.es

TemposRúa dos Porróns, 8 - 2º | 15705 - Santiagotel. 981 557 119 | www.temposdixital.com

RadiofusiónPraza do Concello, s/n | 15500 - Fenetel. 981 492 773 | www.radiofusion.eu

Sermos Galizawww.sermosgaliza.com

Libraría PedreiraRúa do Home Santo, 55 | 15703 - Santiagotel. 981 585 403 | www.librariapedreira.com

Galicia ConfidencialRúa das Hedras, 4 2N | 15895 - Milladoiro (Ames)tel. 981 580 679 | www.galiciaconfidencial.com

De Luns a VenresFernando de Casas Novoa, 35 A 1B | 15707 - Santiagotel. 981 568 743 | www.galiciae.com

Publicidade

Medios de comunicación

PizzburSuasbarras, Edificio Dos Castelos, 42 | 27850 - Viveirotel. 982 550 705 | www.pizzbur.gl

O DezaseisRúa de San Pedro, 16 | 15703 - Santiago de Compostelatel. 981 564 880 | www.dezaseis.com

Budiño da Serra SecaA Serra Seca, 103 (Viladesuso) | 36309 - Oiatel. 986 361 856 | www.budinho.com

Café Cultural AurienseCorrexedor, 11 | 32005 - Ourensewww.cafeauriense.eu

A TafonaVirxe Da Cerca, 7 | 15003 - Santiago de Compostelawww.atafonadoperegrino.com

Airas NunesRúa Do Vilar, 17 | 15705 - Santiago de Compostelatel. 981 582 516 | www.airasnunes.com

Casa da BaleaRúa Rafael Juan, 44 | 15130 - Corcubióntel. 981 746 645 | www.casadabalea.com

Camping Poblado A GaivotaPraia de Barreiros | 27790 - Barreiros (Lugo)tel. 982 124 451 | www.campingpobladogaivota.com

Restauración, hostalaría e aloxamento

Libraría CartabónUrzaiz, 125 | 36205 - Vigotel. 986 372 883 | www.librariacartabon.com

Libraría A NovaXerónimo Feixoo, 11 | 32005 - Ourensetel. 988 238 841

Aira das LetrasEmilia Pardo Bazan, 5 | 32660 - Allariztel. 988 442 324 | www.airadasletras.com

Libraría / Papelaría

Lúcete LecerRúa Sáenz Díez, 17 3º Esq | 32003 - Ourensetel. 661 120 390 - 661 12 03 70 | www.lucete.info

PatachimBeiramar, 16 | 15001 - A Coruñatel. 981 929 264 | www.facebook.com/pages/Patachim

Vila PingüínRúa do Triunfo, 1 | 32005 - Ourensetel. 988 232 206 | www.vilapinguin.com

25

Page 26: Catálogo de Nadal Abertos ao Galego 2013

Viveiros MoreiraAmeneiro, 1 | 15509 - Sillobre (Fene)tel. 649 434 689 | www.viveirosmoreiraweb.es

QuercusSantiago Álvarez, 1 | 15179 - Oleirostel. 981 627 316

Rei ZentoloCharino, 5 | 36002 - Pontevedratel. 986 856 844 | www.reizentolo.es

Julio Peinó Álvarez - Arquitectura e UrbanismoEmilia Pardo Bazán, 1A 7º Esq | 15005 - A Coruñatel. 659 078 867

Mundo CánaboCabo Santiago Gómez, 19 | 15004 - A Coruñatel. 981 207 627

NicetripCurros Enriquez, 29 (Montealto) | 15001 - A Coruñawww.nicetripgalicia.com

O ZapateiroJesús García Naveira, 27-29 (Gadis) | 15300 - Betanzostel. 981 773 927

OzocogzRúa Conde Vallellano, 53 - 5º Esq | 32500 - O Carballiñotel. 600 876 196 | www.facebook.com/desenho.galego

A Cova Da TerraNóreas, 12 | 27001 - Lugotel. 982 230 211 | www.covadaterra.org

A Picota - ArtesaníaColon, 27 | 32005 - Ourensewww.apicota.com

Acouga QuiromasaxeNosa Señora Do Rosario, 10 | 15001 - A Coruñatel. 646 377 888 | www.facebook.com/pages/Acouga-Centro-de-terapias-manuais/222518771099497

Caxer MadeiraXeneral Sanjurjo, 62 B | 15006 - A Coruñatel. 981 924 480 | www.caxercarpinteria.com

Varios / Comercio

Vivenda

A ReixaMazarelos, 9 | 15703 - Santiagotel. 981 575 138 | www.areixa.tv

Eureco GaliciaRúa Panasqueira, 1 Portal 4 | 15895 - Milladoiro (Ames)tel. 619 003 152 | www.eurecogalicia.com

Ela DizPraza Fuenterrabía | 15702 - Santiago de Compostelawww.eladizcompostela.wordpress.com

EnglishpanishCamiño do Vilar, 22 - Lugar da Faísca | 15570 - Naróntel. 651 707 049 | www.englishpanish.com

Caramuxo Camisolas da GalizaAv. Da Mariña, 60 | 36600 - Vilagarcia de Arousawww.caramuxo.com

Téxtil / Complementos

Servizos lingüísticos

San LuísMenéndez Pelayo, 8 2º | 15005 - A Coruñatel. 981 923 496 | http://www.sanluis.es

26

Page 27: Catálogo de Nadal Abertos ao Galego 2013

Que é Abertos ao Galego?• Un certificado de calidade asociado ao uso do galego• Abertos ao Galego ten catro niveis, que dependen do tipo de uso que faga cada empresa do galego. Son empresas

moi diferentes entre si e con realidades moi diversas. Algunhas están comezando a daren os seus primeiros pasos no uso do galego (nivel 1), outras fan a información exterior en galego e destacan esta lingua entre outras que poidan utilizar (nivel 2), outras, ademais de ter a información exterior en galego, utilízano como lingua interna de traballo para a súa documentación (nivel 3) e outras, ademais de faceren un uso sistemático interno e externo do galego, dinamizan de xeito especial o uso e a extensión da lingua galega (nivel 4).

• Unha rede de colaboración entre empresas• As empresas que forman parte de Abertos ao Galego teñen ao seu dispor á Mesa pola Normalización Lingüística

para colaborar con elas, mais tamén para axudalas a colaboraren entre elas, procurando xeitos de sumar esforzos.• Un lugar onde saber que empresas ofertan os seus servizos e produtos en galego• Calquera persoa que precise contratar un servizo ou adquirir un produto e queira que

sexa en galego, pode atopar información en Abertos ao Galego. Colaboran con nós xestorías, arquitectos, distribuidores de lambetadas, unha empresa de carpintaría, deseñadores… E agardamos que cada vez haxa máis empresas e produtos diferentes.

• Un lugar onde os socios e socias da Mesa pola Normalización Lingüística poden obter descontos por consumiren nas empresas colaboradoras

• Moitas das empresas de Abertos ao Galego fan descontos especiais para socios e socias da Mesa pola Normalización. Podedes consultalos aquí: http://www.amesanl.org/gl/abertosaogalego/Descontos_Abertos_ao_Galego

• Un xeito de promover o uso do galego no ámbito da empresa e do comercio• A mellor forma de promover o galego é usándoo en todos os ámbitos da vida,

polo que coñecer e apoiar as empresas que forman parte de Abertos ao Galego é un xeito moi positivo de promover activamente o noso idioma.

Súmate!Queres que a túa empresa forme parte de Abertos ao Galego? Só precisamos uns poucos datos da empresa:

E un pouquiño máis de información para saber en que nivel do certificado cadra mellor a túa empresa:

1. Utilizades a toponimia oficial?2. Ofrecedes a vosa información exterior en galego? Referímonos a publicidade, sinalización externa, publicacións,

tarxetas, merchandising… Calquera cousa que os vosos clientes vexan de vós3. Se usades galego xunto con outras linguas de forma maioritaria, o galego aparece destacado de algunha maneira?4. A vosa documentación interna está en galego (nóminas, estatutos, contabilidade) de xeito maioritario?5. Solicitades dos vosos provedores e da administración que vos remitan a información en galego?6. Facedes algunha actividade específica de dinamización da lingua galega?

[email protected] | tel. 981 563 885

Nome

Enderezo

CP

Telefone

Correo electrónico

Persoa de contacto

Páxina web

Localidade Concello

Page 28: Catálogo de Nadal Abertos ao Galego 2013

gA b e r t o s A o G A l e G o

Esta Nadal agasalla en galego

Encontra os teus presentes de Nadal entre as ofertas das

empresas asociadas

www.amesanl.org/abertosaogalego