58
intermedio avanzado CATÁLOGO 2019 álbum Con ilustracións e aptos para primeiros lectores. Aventuras condensadas en capítulos para ler nos recreos. Emocións fortes e no- vos mundos ó volver do instituto.

CATÁLOGO 2019 - Rinoceronte...O sombreiro do mago Tove Jansson Mumintroll, Sniff e Osmón encontran o sombreiro do mago no cumio dun monte, sen saber dos seus poderes extraordinarios

  • Upload
    others

  • View
    6

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: CATÁLOGO 2019 - Rinoceronte...O sombreiro do mago Tove Jansson Mumintroll, Sniff e Osmón encontran o sombreiro do mago no cumio dun monte, sen saber dos seus poderes extraordinarios

intermedio avanzado

CATÁLOGO 2019

álbumCon ilustracións e aptos para primeiros lectores.

Aventuras condensadas en capítulos para ler nos recreos.

Emocións fortes e no-vos mundos ó volver do instituto.

Page 2: CATÁLOGO 2019 - Rinoceronte...O sombreiro do mago Tove Jansson Mumintroll, Sniff e Osmón encontran o sombreiro do mago no cumio dun monte, sen saber dos seus poderes extraordinarios
Page 3: CATÁLOGO 2019 - Rinoceronte...O sombreiro do mago Tove Jansson Mumintroll, Sniff e Osmón encontran o sombreiro do mago no cumio dun monte, sen saber dos seus poderes extraordinarios

álbum

A lenda de Sally JonesJakob Wegelius

“Esta é unha historia sobre crimes non resoltos en te-rras afastadas, en cidades ocultas tras a brétema. É unha historia sobre maldade arteira en xunglas caloro-sas e sobre unha leal amizade en océanos tormentosos. É unha historia sobre morriña, esperanza e crueis trai-zóns. Esta é a lenda de Sally Jones.”

ISBN: 978-84-15920-95-3Páxinas: 112Formato: 16,5 x 26,5 cm. CartonéPVP: 16 €Dispoñible tamén en castelán

Page 4: CATÁLOGO 2019 - Rinoceronte...O sombreiro do mago Tove Jansson Mumintroll, Sniff e Osmón encontran o sombreiro do mago no cumio dun monte, sen saber dos seus poderes extraordinarios

Monstro Pequeno di NON!Áslaug Jónsdóttir, Rakel Helmsdal e Kalle Güettler

Monstro Grande non se porta ben e non é un bo amigo, pero promete cambiar, e Monstro Pequeno dálle unha nova oportunidade. Un orixinal e divertido libro que fala da amizade, da boa educación e da pequena palabra Non!, que ás veces hai que saber usar con firmeza.

ISBN: 978-84-15920-24-3Páxinas: 32Formato: 21 x 28,8 cm. CartonéPVP: 12 €Dispoñible tamén en castelán, catalán e éuscaro

Page 5: CATÁLOGO 2019 - Rinoceronte...O sombreiro do mago Tove Jansson Mumintroll, Sniff e Osmón encontran o sombreiro do mago no cumio dun monte, sen saber dos seus poderes extraordinarios

Os monstros grandes non choranÁslaug Jónsdóttir, Rakel Helmsdal e Kalle Güettler

A Monstro Pequeno todo lle sae xenial. Pola contra, Monstro Grande é tremendamente zoupón.Monstro Grande ponse cada vez máis triste, pero que pode facer? Todo o mundo sabe que os monstros gran-des non choran…

ISBN: 978-84-15920-28-1Páxinas: 32Formato: 14,4 x 28 cm. CartonéPVP: 12 €Dispoñible tamén en castelán, catalán e éuscaro

Page 6: CATÁLOGO 2019 - Rinoceronte...O sombreiro do mago Tove Jansson Mumintroll, Sniff e Osmón encontran o sombreiro do mago no cumio dun monte, sen saber dos seus poderes extraordinarios

Monstros na escuridadeÁslaug Jónsdóttir, Rakel Helmsdal e Kalle Güettler

–TI nunca lle tes medo a nada, verdade, Monstro Grande? –Non, eu NUNCA teño medo –contesta Monstro Grande. É xenial ter un amigo tan forte e tan valente coma Mons-tro Grande. Pero entón, óese un estrondo fóra… Monstros na escuridade é o terceiro libro de Monstro Pequeno e Monstro Grande.

ISBN: 978-84-16884-03-2Páxinas: 32Formato: 21 x 28,8 cm. CartonéPVP: 12 €Dispoñible tamén en castelán

Page 7: CATÁLOGO 2019 - Rinoceronte...O sombreiro do mago Tove Jansson Mumintroll, Sniff e Osmón encontran o sombreiro do mago no cumio dun monte, sen saber dos seus poderes extraordinarios

Gripe monstruosaÁslaug Jónsdóttir, Rakel Helmsdal e Kalle Güettler

Cando Monstro Grande colle a gripe monstruosa, Mons-tro Pequeno vaino visitar. Pero Monstro Grande é moi difícil de compracer cando está enfermo. Ata cando o aturará Monstro Pequeno? Gripe monstruosa é o cuarto libro de Monstro Pequeno e Monstro Grande.

ISBN: 978-84-16884-04-9Páxinas: 32Formato: 14,4 x 28 cm. CartonéPVP: 12 €Dispoñible tamén en castelán

Page 8: CATÁLOGO 2019 - Rinoceronte...O sombreiro do mago Tove Jansson Mumintroll, Sniff e Osmón encontran o sombreiro do mago no cumio dun monte, sen saber dos seus poderes extraordinarios

VenresSantiago Freire e Dani Padrón

Igual xa oístes falar de min e do meu amigo Ro-binson, pero seguro que da súa boca. Agora vou-vos contar eu a historia de como coñecín o home branco.

ISBN: 978-84-15920-03-8Páxinas: 48Formato: 21 x 28,8 cm. CartonéPVP: 16 €Dispoñible tamén en castelán, catalán e éuscaro

Page 9: CATÁLOGO 2019 - Rinoceronte...O sombreiro do mago Tove Jansson Mumintroll, Sniff e Osmón encontran o sombreiro do mago no cumio dun monte, sen saber dos seus poderes extraordinarios

ISBN: 978-84-15920-00-7Páxinas: 158Formato: 13 x 20 cm. Rústica con lapelasPVP: 12 €Dispoñible tamén en castelán, catalán e éuscaro

Todos os membros da familia de Amabel teñen super-poderes: unha forza descomunal, a velocidade do raio, unha abraiante intelixencia ou mesmo a capacidade de facerse invisible. Pero Amabel aínda non sabe cal é a súa habilidade extraordinaria. Para descubrilo, embarcarase en aventuras ben peculiares.

O poder de AmabelÉrica Esmorís

intermedio

Page 10: CATÁLOGO 2019 - Rinoceronte...O sombreiro do mago Tove Jansson Mumintroll, Sniff e Osmón encontran o sombreiro do mago no cumio dun monte, sen saber dos seus poderes extraordinarios

A vida transcorre allea á fantasía na vila mariñeira de Sesgaña. Ata que un día Catuxa, unha rapaza fedella de nove anos, atopa casualmente o trasno Xildas. Xunto cos seus amigos Ulises e Uxía, e mesmo co seu inimigo Vicente, Catuxa argalla un plan para axudar a Xildas e buscarlle un novo fogar.

XildasAntonio M. Fraga

ISBN: 978-84-15920-01-4Páxinas: 212Formato: 13 x 20 cm. Rústica con lapelasPVP: 12 €Dispoñible tamén en castelán, catalán e éuscaro

Page 11: CATÁLOGO 2019 - Rinoceronte...O sombreiro do mago Tove Jansson Mumintroll, Sniff e Osmón encontran o sombreiro do mago no cumio dun monte, sen saber dos seus poderes extraordinarios

A chegada do cometa Tove Jansson

ISBN: 978-84-15920-50-2Páxinas: 140Formato: 14 x 21 cm. Rústica con lapelasPVP: 14 €

Un día, todas as cores desaparecen do val no que viven os Mumin. Mumintroll emprende unha pe-rigosa misión para pescudar se o val está amea-zado de verdade pola chegada dun cometa; unha viaxe chea de fantasía, humor e tenrura, na que fará bos amigos.Con ilustracións de Tove Jansson.

Page 12: CATÁLOGO 2019 - Rinoceronte...O sombreiro do mago Tove Jansson Mumintroll, Sniff e Osmón encontran o sombreiro do mago no cumio dun monte, sen saber dos seus poderes extraordinarios

O sombreiro do mago Tove Jansson

Mumintroll, Sniff e Osmón encontran o sombreiro do mago no cumio dun monte, sen saber dos seus poderes extraordinarios. Cando descobren as súas propiedades, deciden des-facerse del e viaxar a unha illa deserta. Porén, a distancia non os librará do feitizo.Con ilustracións de Tove Jansson.

ISBN: 978-84-15920-51-9Páxinas: 138Formato: 14 x 21 cm. Rústica con lapelasPVP: 14 €

Page 13: CATÁLOGO 2019 - Rinoceronte...O sombreiro do mago Tove Jansson Mumintroll, Sniff e Osmón encontran o sombreiro do mago no cumio dun monte, sen saber dos seus poderes extraordinarios

Otto é un rinoceronteOle Lund Kirkegaard

ISBN: 978-84-15920-34-2Páxinas: 104Formato: 19 x 22 cm. CartonéPVP: 15 €Dispoñible tamén en castelán, catalán e éuscaro

Co seu lapis máxico, Topper debuxa un rinoceronte que cobra vida e causa un gran rebumbio na veciñanza. Entre todos tratarán de solucionar a peculiar situación provocada por este novo inquilino.Con ilustracións de Ole Lund Kirkegaard.

Page 14: CATÁLOGO 2019 - Rinoceronte...O sombreiro do mago Tove Jansson Mumintroll, Sniff e Osmón encontran o sombreiro do mago no cumio dun monte, sen saber dos seus poderes extraordinarios

Orla Tragarrás Ole Lund Kirkegaard

Disque Orla tragou unha ra de pequeno e dende entón non deixa de meterse cos cativos, pero estes sempre conseguen estragar os seus malvados plans. A chegada do Circo Benito á aldea revolucionará o seu día a día.Con ilustracións de Ole Lund Kirkegaard.

ISBN: 978-84-15920-42-7Páxinas: 112Formato: 19 x 22 cm. CartonéPVP: 15 €Dispoñible tamén en castelán, catalán e éuscaro

Page 15: CATÁLOGO 2019 - Rinoceronte...O sombreiro do mago Tove Jansson Mumintroll, Sniff e Osmón encontran o sombreiro do mago no cumio dun monte, sen saber dos seus poderes extraordinarios

A aventura de Hodia de Piort Ole Lund Kirkegaard

Hodia soña con abandonar a tranquila cidade de Piort, en Bulguislavia, e ver mundo. Un día chega ás súas mans unha alfombra voadora, o maior desexo do sultán.Con ilustracións de Ole Lund Kirkegaard.

ISBN: 978-84-15920-46-5Páxinas: 104Formato: 19 x 22 cm. CartonéPVP: 15 €Dispoñible tamén en castelán, catalán e éuscaro

Page 16: CATÁLOGO 2019 - Rinoceronte...O sombreiro do mago Tove Jansson Mumintroll, Sniff e Osmón encontran o sombreiro do mago no cumio dun monte, sen saber dos seus poderes extraordinarios

Tarzán de gomaOle Lund Kirkegaard

Ivan Olsen é obxecto de todas as burlas no seu colexio, un desastre como estudante e unha decepción para o seu pai, que ten a Tarzán como modelo de home. Porén, un día Ivan bate con alguén que lle axuda a que isto cambie.Con ilustracións de Ole Lund Kirkegaard.

ISBN: 978-84-15920-38-0Páxinas: 96Formato: 19 x 22 cm. CartonéPVP: 15 €Dispoñible tamén en castelán, catalán e éuscaro

Page 17: CATÁLOGO 2019 - Rinoceronte...O sombreiro do mago Tove Jansson Mumintroll, Sniff e Osmón encontran o sombreiro do mago no cumio dun monte, sen saber dos seus poderes extraordinarios

AlbertOle Lund Kirkegaard

A nai de Albert querería un fillo con ollos azuis, ordenado e obediente. Pola contra, o neno saíu-lle un pouco salvaxe e sempre o cachan en situa-cións comprometidas. Pero no fondo é bo rapaz. Cheo de vida e de ideas, Albert sempre está dis-posto á aventura.

ISBN: 978-84-15920-58-8Páxinas: 136Formato: 19 x 22 cm. CartonéPVP: 15 €Dispoñible tamén en castelán, catalán e éuscaro

Page 18: CATÁLOGO 2019 - Rinoceronte...O sombreiro do mago Tove Jansson Mumintroll, Sniff e Osmón encontran o sombreiro do mago no cumio dun monte, sen saber dos seus poderes extraordinarios

Per e o pequeno Mads Ole Lund Kirkegaard

Per e o pequeno Mads pasan a meirande parte do seu tempo gastándolle bromas ó vello Mikkel Paelg. Un día chega unha nena nova á escola e pensan nela como nova vítima das súas falcatruadas. Pero talvez ela non quede atrás.Con ilustracións de Ole Lund Kirkegaard.

ISBN: 978-84-15920-55-7Páxinas: 64Formato: 19 x 22 cm. CartonéPVP: 12 €Dispoñible tamén en castelán, catalán e éuscaro

Page 19: CATÁLOGO 2019 - Rinoceronte...O sombreiro do mago Tove Jansson Mumintroll, Sniff e Osmón encontran o sombreiro do mago no cumio dun monte, sen saber dos seus poderes extraordinarios

O pequeno Virgil Ole Lund Kirkegaard

No galiñeiro dunha casa vive un neno chamado o pequeno Virgil. El e os seus amigos Oskar e Carl Emil pásano moi ben buscando tesouros, captu-rando dragóns e facendo regalos de aniversario moi especiais. Con ilustracións de Ole Lund Kir-kegaard.

ISBN: 978-84-15920-57-1Páxinas: 112Formato: 19 x 22 cm. CartonéPVP: 15 €Dispoñible tamén en castelán, catalán e éuscaro

Page 20: CATÁLOGO 2019 - Rinoceronte...O sombreiro do mago Tove Jansson Mumintroll, Sniff e Osmón encontran o sombreiro do mago no cumio dun monte, sen saber dos seus poderes extraordinarios

Frode e os outros pícaros Ole Lund Kirkegaard

Frode vive na mesma casa có señor Storm (que odia a comida case tanto coma os nenos) e as señoras Irene TV e Ravn. No faiado instalouse un ser misterioso ó que Frode e os outros pícaros intentarán poñer rostro.Con ilustracións de Ole Lund Kirkegaard.

ISBN: 978-84-15920-56-4Páxinas: 92Formato: 19 x 22 cm. CartonéPVP: 15 €Dispoñible tamén en castelán, catalán e éuscaro

Page 21: CATÁLOGO 2019 - Rinoceronte...O sombreiro do mago Tove Jansson Mumintroll, Sniff e Osmón encontran o sombreiro do mago no cumio dun monte, sen saber dos seus poderes extraordinarios

Tippe Tophat Ole Lund Kirkegaard

Tippe Tophat é un libro de relatos variopintos. Polas súas páxinas pasan unha avoa descomunal, un neno que acaba casando, sen comelo nin bebelo, uns rapa-ces que van á escola para lanzar bocadillos de maio-nesa ao encerado, un ferreiro toleirán que conta his-torias incribles e un personaxe que se rebela contra o escritor. Con ilustracións de Ole Lund Kirkegaard.

ISBN: 978-84-15920-59-5Páxinas: 60Formato: 19 x 22 cm. CartonéPVP: 12 €Dispoñible tamén en castelán, catalán e éuscaro

Page 22: CATÁLOGO 2019 - Rinoceronte...O sombreiro do mago Tove Jansson Mumintroll, Sniff e Osmón encontran o sombreiro do mago no cumio dun monte, sen saber dos seus poderes extraordinarios

Os papacalcetínsPavel Šrut

Millóns de calcetíns desaparecen cada día misterio-samente en todas as casas. Os responsables de que existan tantos calcetíns desemparellados son uns pe-culiares personaxes: os papacalcetíns. Con este libro coñeceremos o mundo secreto destas criaturas, nunha historia chea de suspense e humor. Con ilustracións a cor de Galina Miklínová.

ISBN: 978-84-15920-76-2Páxinas: 224Formato: 16 x 23 cm. CartonéPVP: 19,50 €Dispoñible tamén en castelán

Page 23: CATÁLOGO 2019 - Rinoceronte...O sombreiro do mago Tove Jansson Mumintroll, Sniff e Osmón encontran o sombreiro do mago no cumio dun monte, sen saber dos seus poderes extraordinarios

Os nenos de BullerbynAstrid Lindgren

Lisa, Britta, Anna, Lasse, Bosse e Ole viven en Buller-byn, unha aldea tan pequena que non ten sitio para o aburrimento. Alí constrúen cabanas, van pescar, dor-men na palleira e fan carreiras na neve.Contén illustracións de Ingrid Vang Nyman.

ISBN: 978-84-15920-22-9Páxinas: 264Formato: 14 x 21 cm. FlexibookPVP: 18 €Dispoñible tamén en castelán

Page 24: CATÁLOGO 2019 - Rinoceronte...O sombreiro do mago Tove Jansson Mumintroll, Sniff e Osmón encontran o sombreiro do mago no cumio dun monte, sen saber dos seus poderes extraordinarios

O caderno de EduaHelena Villar Janeiro

Eduarda Coedo Alba, á que lle chaman Edua porque lle gusta máis, vive na aldea do Cebreiro, que está no curuto dun monte moi alto, cerca de Pedrafita, na terra de Ancares. Polo seu aniversario, o seu avó regálalle un caderno que cambiará a súa forma de ver as cousas. Con ilustracións a cor de Carmen Queralt.

ISBN: 978-84-15920-80-9Páxinas: 72Formato: 13 x 19 cm. RústicaPVP: 12 €Dispoñible tamén en castelán, catalán e éuscaro

Page 25: CATÁLOGO 2019 - Rinoceronte...O sombreiro do mago Tove Jansson Mumintroll, Sniff e Osmón encontran o sombreiro do mago no cumio dun monte, sen saber dos seus poderes extraordinarios

Habaixo o colexio!Geoffrey Willans

Nigel Molesworth non será o mellor estudante de St Custard’s, pero é quen de expresar os seus sentimentos cara ó seu amado colexio e de crear unha guía para recoñecer dunha ollada o inimigo (os profesores), para evitar as clases ou para torturar os pais. Contén illustracións de Robert Searle.

ISBN: 978-84-16884-00-1 Páxinas: 110Formato: 14 x 21 cm. Rústica con lapelasPVP: 16 €

Page 26: CATÁLOGO 2019 - Rinoceronte...O sombreiro do mago Tove Jansson Mumintroll, Sniff e Osmón encontran o sombreiro do mago no cumio dun monte, sen saber dos seus poderes extraordinarios

Jim Botón e Lucas o maquinistaMichael Ende

A illa de Lummerland quédalles pequena ós seus habi-tantes, de modo que Jim Botón, Lucas o maquinista e a súa locomotora Emma deciden marchar para viviren múltiples aventuras. Un gran clásico sobre a amizade, o valor, o respecto e a igualdade, cheo de fantasía e humor. Ilustracións de Franz Joseph Tripp.

ISBN: 978-84-16884-02-5Páxinas: 244Formato: 14 x 21 cm. Rústica con lapelasPVP: 17 €

Page 27: CATÁLOGO 2019 - Rinoceronte...O sombreiro do mago Tove Jansson Mumintroll, Sniff e Osmón encontran o sombreiro do mago no cumio dun monte, sen saber dos seus poderes extraordinarios

O paquete falanteGerald Durrell

Simon e Peter van de vacacións a Grecia, á casa da súa cur-má Penélope. Un día fan unha excursión á praia cun bote inflable. Alí aparece un paquete do que saen unhas voces, e descobren no seu interior unha gaiola, completamente amo-blada, coma se fose unha casa. Nela discuten un papagaio e unha araña, procedentes de Mitoloxía, un país rexido por tres libros falantes e por Papagaio, o gardián das palabras. Os tres rapaces axudarán a salvar Mitoloxía do poder dos basiliscos.

ISBN: 978-84-16884-07-0 Páxinas: 214Formato: 14 x 21 cm. Rústica con lapelasPVP: 16 €Dispoñible tamén en castelán

Page 28: CATÁLOGO 2019 - Rinoceronte...O sombreiro do mago Tove Jansson Mumintroll, Sniff e Osmón encontran o sombreiro do mago no cumio dun monte, sen saber dos seus poderes extraordinarios

A avoa gánsterDavid Walliams

Para Ben, os venres son o peor día da semana. Mentres os seus pais ven Bailando coas estrelas, el ten que pa-sar a noite coa súa vellísima avoa. Non pode faltar a sopa de repolo e a partida de Scrabble. Pero un día Ben descobre que a súa avoa agocha un auténtico tesouro… Será a ladroa de xoias máis buscada do mundo? Con ilustracións de Tony Ross.

ISBN: 978-84-16884-10-0Páxinas: 202Formato: 14 x 21 cm. Rústica con lapelasPVP: 16 €

Page 29: CATÁLOGO 2019 - Rinoceronte...O sombreiro do mago Tove Jansson Mumintroll, Sniff e Osmón encontran o sombreiro do mago no cumio dun monte, sen saber dos seus poderes extraordinarios

O rapaz do vestidoDavid Walliams

Dennis vive nunha casa aburrida, nunha rúa aburrida, nunha cidade aburrida, e non ten grandes aspiracións. Pero o que si ten son soños, e cando comeza a seguilos, as cousas non volverán ser iguais.

Con ilustracións de Quentin Blake.

ISBN: 978-84-16884-09-4 Páxinas: 160Formato: 14 x 21 cm. Rústica con lapelasPVP: 15 €

Page 30: CATÁLOGO 2019 - Rinoceronte...O sombreiro do mago Tove Jansson Mumintroll, Sniff e Osmón encontran o sombreiro do mago no cumio dun monte, sen saber dos seus poderes extraordinarios

O vento nos salgueirosKenneth Grahame

Un día Toupa, canso da rutina da súa vida, decide aban-donar o seu tobo e nesta saída coñece a Rato. Grazas á bonita amizade que forma con el e ás numerosas aven-turas que vivirán xunto ós demais habitantes da Ribeira do Río, Toupa descubrirá de novo o pracer de vivir. Escrito con toques de poesía e sentido do humor, enxal-za valores como a amizade, a lealdade, as satisfaccións de levar unha vida laboriosa e sinxela.

ISBN: 978-84-16884-14-8Páxinas: 222Formato: 14 x 21 cm. Rústica con lapelasPVP: 16 €

Page 31: CATÁLOGO 2019 - Rinoceronte...O sombreiro do mago Tove Jansson Mumintroll, Sniff e Osmón encontran o sombreiro do mago no cumio dun monte, sen saber dos seus poderes extraordinarios

O doutor Proctor e os pos botapeidosJo Nesbø

O doutor Proctor é un profesor tolo, ou case. En reali-dade é un inventor de avanzada idade que espera to-par o seu gran descubrimento. Cando se xunta coa súa veciña Lise e o seu peculiar amigo Bulle para crear os pos botapeidos máis poderosos do mundo, parece que o seu soño se vai facer realidade. Pero os xemelgos Truls e Trym tentarán facerlles a vida imposible.Con ilustracións de Per Dybvig.

ISBN: 978-84-16884-16-2Páxinas: 184Formato: 14 x 21 cm. Rústica con lapelasPVP: 16 €

Page 32: CATÁLOGO 2019 - Rinoceronte...O sombreiro do mago Tove Jansson Mumintroll, Sniff e Osmón encontran o sombreiro do mago no cumio dun monte, sen saber dos seus poderes extraordinarios

Os BandidenSiri Kolu

Vilja marcha de vacacións á casa da súa avoa cos pais e coa irmá. De súpeto, unha furgoneta interrompe o seu paso e a protagonista é secuestrada. Os seus raptores son os Bandi-den, unha familia de estrafalarios ladróns de lambetadas, botín que eles prefiren antes cós cartos, xa que non saberían que facer con eles. A rapaza pasará o verán máis emocionan-te da súa vida con eles, durmindo ó aire libre e gozando de grandes enchentes de doces. Así descubrirá outro tipo de fa-milia e outra forma de vivir, máis anárquica ca convencional.

ISBN: 978-84-16884-18-6Páxinas: 216Formato: 14 x 21 cm. Rústica con lapelasPVP: 16 €

Page 33: CATÁLOGO 2019 - Rinoceronte...O sombreiro do mago Tove Jansson Mumintroll, Sniff e Osmón encontran o sombreiro do mago no cumio dun monte, sen saber dos seus poderes extraordinarios

Unha cidade chamada PerfectaHelena Duggan

Quen quere vivir nunha cidade onde todo o mundo ten que levar lentes para evitar quedar cego? E quen quere ser limpo e ordenado e portarse ben todo o tempo? Vio-let descobre rapidamente que algo estraño pasa nesta vila: oe voces, a súa nai fai cousas raras e o seu pai desaparece. Coa axuda de Neno e un pouco de imaxi-nación, Violet proponse desvelar o arrepiante segredo que agocha a cidade.

ISBN: 978-84-16884-21-6Páxinas: 298Formato: 14 x 21 cm. Rústica con lapelasPVP: 17 €

Page 34: CATÁLOGO 2019 - Rinoceronte...O sombreiro do mago Tove Jansson Mumintroll, Sniff e Osmón encontran o sombreiro do mago no cumio dun monte, sen saber dos seus poderes extraordinarios
Page 35: CATÁLOGO 2019 - Rinoceronte...O sombreiro do mago Tove Jansson Mumintroll, Sniff e Osmón encontran o sombreiro do mago no cumio dun monte, sen saber dos seus poderes extraordinarios

ISBN: 978-84-15920-12-0Páxinas: 284Formato: 13,5 x 21 cm. Rústica con lapelasPVP: 18 €

Christopher Boone ten quince anos, é un experto en cien-cias e matemáticas, sabe as capitais de todos os países do mundo e os números primos ata o 7.507, pero ten dificultades para relacionarse con outras persoas. Unha noite atopa a Wellington, o can da veciña, atravesado por unha forca de xardín, e decide comezar unha inves-tigación para descubrir o asasino.

O curioso incidente do can á media noiteMark Haddon

avanzado

Page 36: CATÁLOGO 2019 - Rinoceronte...O sombreiro do mago Tove Jansson Mumintroll, Sniff e Osmón encontran o sombreiro do mago no cumio dun monte, sen saber dos seus poderes extraordinarios

Caídos do mapaMaría Inés Falconi

Graciela, Paula, Fabián e Fede foxen da clase de Xeo-grafía e agóchanse no soto da escola. Así comeza a serie Caídos do mapa, que narrará as aventuras destes catro amigos no seu paso do colexio ao instituto.

ISBN: 978-84-15920-09-0 Páxinas: 208

ISBN: 978-84-15920-07-6Páxinas: 105

ISBN: 978-84-15920-10-6Páxinas: 202

ISBN: 978-84-15920-08-3Páxinas: 188

3. A viaxe de fin de curso

1. O comezo

4. Adeus, sétimo

2. Cun pé no autobús

Formato: 13,5 x 21 cm PVP: 15 €

Page 37: CATÁLOGO 2019 - Rinoceronte...O sombreiro do mago Tove Jansson Mumintroll, Sniff e Osmón encontran o sombreiro do mago no cumio dun monte, sen saber dos seus poderes extraordinarios

Ruído nunha noite de veránMaría Inés Falconi

Un Puck distraído en perseguir coellos, unha Tita-nia despeitada, un Oberón con pouca capacidade de mando, un pai anoxado, catro namorados confundidos e perdidos no bosque e un grupo de artesáns zoupóns protagonizan esta versión de Soño dunha noite de verán de William Shakespeare, que reforza os delirios do tex-to orixinal cunha linguaxe accesible para os máis novos.

ISBN: 978-84-15920-21-2 Páxinas: 128Formato: 13,5 x 21 cm. Rústica con lapelasPVP: 15 €

Page 38: CATÁLOGO 2019 - Rinoceronte...O sombreiro do mago Tove Jansson Mumintroll, Sniff e Osmón encontran o sombreiro do mago no cumio dun monte, sen saber dos seus poderes extraordinarios

O libro da selvaRudyard Kipling

Unha manda de lobos protexe a Mowgli cando este apenas sabe camiñar. O pequeno aprenderá as leis que rexen a vida na selva da man de Baloo, un vello oso pardo que tamén lle ensina o valor da amizade.Este libro recolle unha serie de historias ambientadas na selva india, protagonizadas por animais e das que se desprenden ensinanzas para a vida.

ISBN: 978-84-15920-32-8Páxinas: 180Formato: 14 x 21 cm. FlexibookPVP: 16 €

Page 39: CATÁLOGO 2019 - Rinoceronte...O sombreiro do mago Tove Jansson Mumintroll, Sniff e Osmón encontran o sombreiro do mago no cumio dun monte, sen saber dos seus poderes extraordinarios

A casa de Mango StreetSandra Cisneros

A través dunha serie de contiños conectados entre si, A casa de Mango Street narra o espertar á adolescen-cia dunha nena que vive nun humilde barrio hispano de Chicago. Esperanza sente que non pertence ó mundo que a arrodea, e soña con poder ser a dona da súa vida e do seu futuro. Considerada xa un clásico da novela de aprendizaxe, expón temas coma a inmigración, a po-breza, o machismo, ou a desigualdade entre os sexos.

ISBN: 978-84-15920-33-5Páxinas: 104Formato: 13,5 x 21 cm. Rústica con lapelasPVP: 14 €

Page 40: CATÁLOGO 2019 - Rinoceronte...O sombreiro do mago Tove Jansson Mumintroll, Sniff e Osmón encontran o sombreiro do mago no cumio dun monte, sen saber dos seus poderes extraordinarios

Boy (Relatos de infancia)Roald Dahl

Nos días mozos na escola, e nada máis saír dela, a Roald Dahl sucedéronlle unhas cantas cousas que xamais es-quecería. Ningunha delas é importante, pero todas causaron unha grande impresión no autor e quedaron gravadas na súa memoria. Algunhas son divertidas. Ou-tras son dolorosas. Outras, desagradables. Todas son verdade. Con ilustracións de Quentin Blake.

ISBN: 978-84-15920-53-3Páxinas: 174Formato: 14 x 21 cm. Rústica con lapelasPVP: 14 €

Page 41: CATÁLOGO 2019 - Rinoceronte...O sombreiro do mago Tove Jansson Mumintroll, Sniff e Osmón encontran o sombreiro do mago no cumio dun monte, sen saber dos seus poderes extraordinarios

Voando sóRoald Dahl

A primeira parte deste libro retoma a autobiografía de Roald Dahl iniciada en Boy (Relatos de infancia). Come-za coa viaxe á África oriental para desempeñar o seu primeiro traballo na petroleira Shell.A segunda parte do libro trata do tempo que estivo voando coa RAF, as forzas aéreas do exército británico, durante a Segunda Guerra Mundial, e no que cada acon-tecemento resultou totalmente fascinante.

ISBN: 978-84-15920-54-0Páxinas: 216Formato: 14 x 21 cm. Rústica con lapelasPVP: 14 €

Page 42: CATÁLOGO 2019 - Rinoceronte...O sombreiro do mago Tove Jansson Mumintroll, Sniff e Osmón encontran o sombreiro do mago no cumio dun monte, sen saber dos seus poderes extraordinarios

Ulises e as cronoamigas. Surfistas en California Érica Esmorís & Jacobo Fernández Serrano

Por culpa de Caraempanada, que me suspendeu Histo-ria, vou ter que pasar o verán no campamento da Illa do Tempo. Alí convivimos rapazas de diferentes déca-das do século XX. Dáme que este verán imos viaxar no espazo… e no tempo. Acompáñasnos?Con ilustracións a cor de Jacobo Fernández Serrano.

ISBN: 978-84-15920-77-9Páxinas: 200Formato: 14 x 21 cm. Rústica con lapelasPVP: 15,50 €

Page 43: CATÁLOGO 2019 - Rinoceronte...O sombreiro do mago Tove Jansson Mumintroll, Sniff e Osmón encontran o sombreiro do mago no cumio dun monte, sen saber dos seus poderes extraordinarios

Os contos de terror do tío MontagueChris Priestley

O tío de Edgar vive nunha casa alén do bosque. Edgar está seguro de que os nenos da aldea o vixían dende de-trás das árbores cando pasa, pero está decidido a ago-char o seu medo. Un día, o tío de Edgar fascínao cunha serie de contos arrepiantes, e hai probas de que todos eles aconteceron en verdade. Como chegou o tío Monta-gue a coñecer tantas historias de obxectos malditos? Con ilustracións de David Roberts.

ISBN: 978-84-15920-84-7Páxinas: 180Formato: 14 x 21 cm. Rústica con lapelasPVP: 14 €

Page 44: CATÁLOGO 2019 - Rinoceronte...O sombreiro do mago Tove Jansson Mumintroll, Sniff e Osmón encontran o sombreiro do mago no cumio dun monte, sen saber dos seus poderes extraordinarios

BotchanNatsume Soseki

Botchan é un mestre criado en Toquio que vai traballar a un afastado colexio de provincias. Alí converterase en vítima das falcatruadas dos seus alumnos e das manobras dos seus colegas. A obra presenta unha galería de perso-naxes singulares, e mestura o grotesco co sarcástico cun estilo persoal e sorprendente. Botchan é tan famoso na li-teratura xaponesa como Tom Sawyer na norteamericana.

ISBN: 978-84-15920-86-1Páxinas: 178Formato: 13 x 21 cm. Rústica con lapelasPVP: 16 €

Page 45: CATÁLOGO 2019 - Rinoceronte...O sombreiro do mago Tove Jansson Mumintroll, Sniff e Osmón encontran o sombreiro do mago no cumio dun monte, sen saber dos seus poderes extraordinarios

O marabilloso país dos snergsE. A. Wyke-Smith

Joe e Sylvia foxen en busca de aventura e dos snergs, un-has pequenas criaturas que viven no bosque. Así atoparán non só a Gorbo o snerg, senón tamén reis, cabaleiros, ogros e unha bruxa malvada que intenta capturalos. Con ilustracións de George Morrow.

ISBN: 978-84-15920-88-5Páxinas: 258Formato: 14 x 21 cm. Rústica con lapelasPVP: 16 €

Page 46: CATÁLOGO 2019 - Rinoceronte...O sombreiro do mago Tove Jansson Mumintroll, Sniff e Osmón encontran o sombreiro do mago no cumio dun monte, sen saber dos seus poderes extraordinarios

A miña familia e outros animaisGerald Durrell

“Este é o relato dos cinco anos que a miña familia e mais eu pasamos na illa grega de Corfú. Nun principio estaba pre-visto que fose unha descrición lixeiramente nostálxica da historia natural da illa, pero cometín o grave erro de presen-tar a miña familia nas primeiras páxinas do libro. Unha vez plasmados sobre o papel, procederon a poñerse cómodos e mesmo invitaron uns amigos a compartir os capítulos”

ISBN: 978-84-15920-91-5Páxinas: 334Formato: 14 x 21 cm. Rústica con lapelasPVP: 18 €

Page 47: CATÁLOGO 2019 - Rinoceronte...O sombreiro do mago Tove Jansson Mumintroll, Sniff e Osmón encontran o sombreiro do mago no cumio dun monte, sen saber dos seus poderes extraordinarios

Bechos e demais parentesGerald Durrell

Bechos e demais parentes continúa as aventuras da familia Durrell na illa grega de Corfú, iniciadas n’A miña familia e outros animais. Gerry observa con igual desconcerto a fauna da illa e os membros da súa familia, composta pola súa nai viúva e os seus tres irmáns, e describe coa mesma fascina-ción o comportamento animal e as anécdotas que se suce-den entre uns seres supostamente racionais.

ISBN: 978-84-15920-92-2Páxinas: 266Formato: 14 x 21 cm. Rústica con lapelasPVP: 17 €

Page 48: CATÁLOGO 2019 - Rinoceronte...O sombreiro do mago Tove Jansson Mumintroll, Sniff e Osmón encontran o sombreiro do mago no cumio dun monte, sen saber dos seus poderes extraordinarios

O xardín dos deusesGerald Durrell

“Este é o terceiro libro que escribo sobre unha estancia de toda a miña familia na illa de Corfú, antes da última gue-rra mundial. (…) Permítaseme sinalar que naqueles tempos eramos relativamente podentes, ricos sen ningunha dúbida para o nivel de Grecia; ningún de nós traballaba no sentido habitual da palabra, e polo tanto dedicabamos a maior parte do tempo a pasalo ben. En cinco anos de semellante réxime, calquera pode acumular moitas experiencias. (…)”

ISBN: 978-84-15920-93-9Páxinas: 218Formato: 14 x 21 cm. Rústica con lapelasPVP: 16 €

Page 49: CATÁLOGO 2019 - Rinoceronte...O sombreiro do mago Tove Jansson Mumintroll, Sniff e Osmón encontran o sombreiro do mago no cumio dun monte, sen saber dos seus poderes extraordinarios

O mono do asasinoJakob Wegelius

É de noite no porto de Lisboa. Baixo o brillo dos farois un home corre para salvar a súa vida. Chámase Afonso Morro e garda un segredo que persoas poderosas queren protexer a calquera prezo. Esa noite, axiña corre a noticia de que se cometeu un asasinato. Pero tamén se difunde outro rumor máis espantoso; en algures entre as ruelas e os recunchos do barrio portuario agóchase un simio tolo e sanguinario. É o mono do asasino. Premio do Consello Nórdico.

ISBN: 978-84-15920-97-7Páxinas: 624Formato: 14,2 x 19,3 cm. CartonéPVP: 24 €

Page 50: CATÁLOGO 2019 - Rinoceronte...O sombreiro do mago Tove Jansson Mumintroll, Sniff e Osmón encontran o sombreiro do mago no cumio dun monte, sen saber dos seus poderes extraordinarios

Todos teriamos que ser feministasChimamanda Ngozi Adichie

“O problema cos roles de xénero é que prescribe como te-riamos que ser, no canto de recoñecer como somos. Imaxi-nade canto máis felices seriamos, canto máis libres de ser quen somos en realidade, se non soportásemos a carga das expectativas de xénero.” Chimamanda Ngozi Adichie demostra neste elocuente e perspicaz texto que ser feminista non é cousa só de mulle-res.

ISBN: 978-84-15920-99-1 Páxinas: 56Formato: 11 x 16 cm. Rústica con lapelasPVP: 6 €

Page 51: CATÁLOGO 2019 - Rinoceronte...O sombreiro do mago Tove Jansson Mumintroll, Sniff e Osmón encontran o sombreiro do mago no cumio dun monte, sen saber dos seus poderes extraordinarios

O hobbitJ. R. R. Tolkien

Ó hobbit Bilbo Bulseiro gústalle a vida cómoda e tranquila do seu burato–hobbit, onde almorza, merenda e cea varias veces ó día. Pero a inesperada visita do mago Gandalf fai espertar no seu in-terior o espírito aventureiro dos seus devanceiros. Deste xeito ve trascadeada a súa vida cotiá e, sen saber moi ben como, empren-de unha longa viaxe con trece ananos barbudos en dirección ás Montañas para recuperar un tesouro roubado polo dragón Smaug, esquecido hai moito tempo. Edición limitada con ilustracións.

ISBN: 978-84-16884-11-7Páxinas: 290Formato: 14,5 x 22,5 cm. Cartoné, símil pel, estampación ouroPVP: 28 €

Page 52: CATÁLOGO 2019 - Rinoceronte...O sombreiro do mago Tove Jansson Mumintroll, Sniff e Osmón encontran o sombreiro do mago no cumio dun monte, sen saber dos seus poderes extraordinarios

O libro do veránTove Jansson

O libro do verán amosa a amizade entre unha nena, chama-da Sophia, e a súa avoa octoxenaria, unha relación estreita e intensa que se desenvolve durante varios veráns nunha illa salvaxe do golfo de Finlandia. Con elas reflexionaremos sobre o mar, a luz e os animais, exploraremos a illa e escoi-taremos as historias que inventan para explicar os misterios da natureza. Con ilustracións da propia autora.

ISBN: 978-84-16884-12-4Páxinas: 156Formato: 14 x 21 cm. Rústica con lapelasPVP: 15 €

Page 53: CATÁLOGO 2019 - Rinoceronte...O sombreiro do mago Tove Jansson Mumintroll, Sniff e Osmón encontran o sombreiro do mago no cumio dun monte, sen saber dos seus poderes extraordinarios

Un puñado de estrelasRafik Schami

Ó longo de tres anos, un mozo de Damasco escribe o seu diario persoal, no que recolle non só as súas vivencias no paso da in-fancia ó mundo adulto, senón tamén a vida da súa cidade, na que conviven diferentes culturas e na que se dan situacións moi inxustas. O protagonista ten que abandonar a escola para traba-llar na panadería do seu pai, e decide fundar cos seus amigos un xornal clandestino no que denunciar as desigualdades que afoga-ban o pobo sirio nos anos oitenta.

ISBN: 978-84-16884-13-1Páxinas: 224Formato: 14 x 21 cm. Rústica con lapelasPVP: 16 €

Page 54: CATÁLOGO 2019 - Rinoceronte...O sombreiro do mago Tove Jansson Mumintroll, Sniff e Osmón encontran o sombreiro do mago no cumio dun monte, sen saber dos seus poderes extraordinarios

Contos para nenos peculiaresRansom Riggs

O libro que tes nas mans está destinado únicamente a ollos peculiares. Se por casualidade non te contas entre as filas dos seres extraordinarios (noutras palabras, se non espertas no medio da noite flotando sobre a cama porque esqueciches atarte ó colchón, se non che brotan chamas das palmas das mans en momentos inoportunos nin mas-tigas a comida coa túa boca posterior), por favor, devolve este libro de inmediato ó lugar onde o atopaches. Ilustra-cións en branco e negro.

ISBN: 978-84-16884-15-5Páxinas: 230Formato: 14 x 21 cm. Rústica con lapelasPVP: 17 €

Page 55: CATÁLOGO 2019 - Rinoceronte...O sombreiro do mago Tove Jansson Mumintroll, Sniff e Osmón encontran o sombreiro do mago no cumio dun monte, sen saber dos seus poderes extraordinarios

O Señor dos AneisJ. R. R. Tolkien

O hobbit Frodo viaxa para destruír o Anel Único e o inimigo pro-vocará unha guerra para recuperalo, xa que é a principal fonte de poder do seu creador, o señor escuro Sauron. Ambientada na Terra Media, habitada por elfos, hobbits, ananos e humanos, O Señor dos Aneis é a historia do heroe do pobo que, aínda sabendo que o seu destino pode ser fatal, loita por cumplilo, pois del de-pende a continuidade do seu mundo. Escrita como unha secuela d’O Hobbit, esta obra bebe dos contos de fadas e da mitoloxía, especialmente nórdica, e hoxe forma parte da cultura popular.

ISBN: 978-84-16884-17-9Páxinas: 890Formato: 17 x 24 cm. Cartoné, símil pel, estampación ouroPVP: 53 €

Page 56: CATÁLOGO 2019 - Rinoceronte...O sombreiro do mago Tove Jansson Mumintroll, Sniff e Osmón encontran o sombreiro do mago no cumio dun monte, sen saber dos seus poderes extraordinarios

A rapaza de tinta e estrelasKiran Millwood Hargrave

Isabel ten prohibido saír da illa de Joya, pero soña con terras afastadas que o seu pai, un célebre cartógrafo, debuxara en mapas. Cando a súa mellor amiga desaparece, participa na súa busca. Guiada por un mapa antigo e polo seu coñece-mento das estrelas, Isabel navega polos perigosos Territorios Esquecidos da illa. Pero baixo os ríos secos e os bosques mor-tos, un demo de lume esperta do seu soño. Unha historia so-bre amizade, descubertas, mitos e maxia, ambientada nun universo imaxinado que enganchará os máis novos á lectura.

ISBN: 978-84-16884-19-3Páxinas: 210Formato: 14 x 21 cm. Rústica con lapelasPVP: 16 €

Page 57: CATÁLOGO 2019 - Rinoceronte...O sombreiro do mago Tove Jansson Mumintroll, Sniff e Osmón encontran o sombreiro do mago no cumio dun monte, sen saber dos seus poderes extraordinarios

Os rapaces non calcetanT. S. Easton

Ós seus 17 anos, Ben Fletcher vese obrigado a ofrecer servizos para a comunidade logo dun desafortunado incidente polo que case ingresa nun centro de menores. Deste xeito, Ben descubrirá unha afección que o levará polo bo camiño. A profesora que lle gusta dirixe un club de calceta, así que Ben se inscribe de mala gana nesta actividade. Para a súa sorpresa, o mozo descobre a súa paixón por tecer e intenta mantela en se-gredo ante os ollos dos seus compañeiros, mentres a rapaza dos seus soños revela os seus sentimentos cara a el

ISBN: 978-84-16884-20-9Páxinas: 278Formato: 14 x 21 cm. Rústica con lapelasPVP: 17 €

Page 58: CATÁLOGO 2019 - Rinoceronte...O sombreiro do mago Tove Jansson Mumintroll, Sniff e Osmón encontran o sombreiro do mago no cumio dun monte, sen saber dos seus poderes extraordinarios

Sushi Books é un selo de Rinoceronte Editora S.L.U.Podes atopar os Sushi Books en librarías de toda Galicia grazas a Alonso Libros. Tamén os podes mercar na nosa web, e mandámoschos á casa.

Avenida de Lugo, 15CP 36940 Cangas do MorrazoTeléfono: 986 16 80 28Enderezo electrónico: [email protected]

www.sushibooks.es

Síguenos nas nosas redes sociais:Facebook: /sushibooks.es

Twitter: @SushiBooks