56
CELSO EMILIO FERREIRO VIVE! (1912-2012) Unidade didáctica para bacharelato Unha iniciativa da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) Co patrocinio do Centro Español de Derechos Reprográficos (CEDRO) Ramón Nicolás

CELSO EMILIO FERREIRO VIVE! (1912-2012) Unidade didáctica para bacharelato Unha iniciativa da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG)

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: CELSO EMILIO FERREIRO VIVE! (1912-2012) Unidade didáctica para bacharelato Unha iniciativa da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG)

CELSO EMILIO FERREIRO VIVE!(1912-2012)

Unidade didáctica para bacharelatoUnha iniciativa da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega

(AELG)

Co patrocinio do Centro Español de Derechos Reprográficos (CEDRO)

Ramón Nicolás

Page 2: CELSO EMILIO FERREIRO VIVE! (1912-2012) Unidade didáctica para bacharelato Unha iniciativa da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG)

Esta unidade didáctica oriéntase especificamente, aínda que non só, cara ao alumnado de bacharelato co obxectivo de facilitar un achegamento vivencial, e mais tamén literario, ao que significou e significa Celso Emilio Ferreiro para a cultura e literatura galegas do século XX cando se cumpre tanto primeiro centenario do seu nacemento como os cincuenta anos do seu libro Longa noite de pedra.

A carón destes achegamentos ofrécense actividades para afondar no coñecemento e interpretación das súas pezas literarias. Os poemas aquí reproducidos e mais as fotografías empregadas pertencen á Fundación Celso Emilio Ferreiro, cedidas expresamente para este fin didáctico.

Page 3: CELSO EMILIO FERREIRO VIVE! (1912-2012) Unidade didáctica para bacharelato Unha iniciativa da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG)

OS PRIMEIROS ANOS: INFANCIA, FORMACIÓN, POLÍTICA…

Page 4: CELSO EMILIO FERREIRO VIVE! (1912-2012) Unidade didáctica para bacharelato Unha iniciativa da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG)

Pasaran só catro anos desde a morte de Curros Enríquez na Habana cando, na mesma Rúa de Arriba, na que precisamente o autor do Rexurdimento veu ao mundo, nace Celso Emilio o día catro de xaneiro de 1912 en Celanova. Fillo serodio, dunha familia de sete irmáns, vivirá unha infancia feliz, na que serán determinantes as tempadas pasadas en Acevedo do Río, daquela concello veciño ao de Celanova, nunha casa que contaba cunha curtidoría tradicional e numerosas terras ao seu redor, casa na que vivira o P. Faustino Miguez, tío-avó do poeta que foi beatificado hai algúns anos. Intensamente unido á figura materna, seu pai, que pertencera ás Irmandades da Fala, morrerá sendo CEF aínda un adolescente.

A presenza de Curros, a quen admirou e biografou nun libro que aínda é hoxe un achegamento ineludible, marcou a súa

vida, tanto na súa estética como na súa maneira de ver o mundo.

Page 5: CELSO EMILIO FERREIRO VIVE! (1912-2012) Unidade didáctica para bacharelato Unha iniciativa da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG)

Realiza os seus primeiros estudos cos Escolapios en Celanova e, sendo moi novo, afeccionarase á práctica da escrita e irá adquirindo un progresivo compromiso ideolóxico e político con Galicia.

Comezará a manter contacto cos galeguistas ourensáns e ao tempo principiará coas súas primeiras actividades políticas en Celanova, fundando, con Xosé Velo Mosquera, as Mocedades Galeguistas do distrito de Celanova. Chegará a ser secretario de Organización da Federación das Mocedades Galeguistas e dirixirá Guieiro. Outavoz patriótico F.M.G. Algúns textos políticos moi comprometidos que asinou nestesoporte farán que sufra un proceso xudicial que quedará sen efecto.(á dereita tarxetón da Federación de Mocedades

Galeguistas.)

Page 6: CELSO EMILIO FERREIRO VIVE! (1912-2012) Unidade didáctica para bacharelato Unha iniciativa da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG)

Alén de manter unha intensa actividade política, defendendo postulados arredistas, publica os seus primeiros poemas no xornal nacionalista ourensán Heraldo de Galicia, escribe acotío en A Nosa Terra e, xunto con Xosé Velo concibe o Cartafol de poesía: poemas que enviaban por correo desde Celanova a diversas persoas. Un proxecto que se viu truncado, como tantos outros, polo estoupido da guerra civil.

Page 7: CELSO EMILIO FERREIRO VIVE! (1912-2012) Unidade didáctica para bacharelato Unha iniciativa da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG)

ACTIVIDADES

1. Investiga sobre os paralelismos entre a biografía e obra de CEF e Curros Enríquez.

2. Procura información sobre a vila de Celanova, o seu pasado e presente.

3. Repasa a historia das Irmandades da Fala: as súas orixes, evolución e realizacións.

4. Infórmate sobre a Federación de Mocedades Galeguistas e os seus obxectivos. Fai o mesmo sobre Xosé Velo e o secuestro do Santa María.

5. Procura, nalgunha obra completa de CEF algúns poemas de Cartafol de poesía. Escribe o que máis che guste e gárdao para comparar con outros que coñecerás.

Page 8: CELSO EMILIO FERREIRO VIVE! (1912-2012) Unidade didáctica para bacharelato Unha iniciativa da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG)

ACTIVIDADES

1. Le o poema que está á dereita.

2. Cal é a perspectiva da voz lírica?

3. Apunta os substantivos e adxectivos que aparecen e comenta o resultado.

4. Tenta facer un poema que se centre no teu lugar natal.

Alma da terra

Lonxana Celanova vinculeira,torre ebúrnea da miña mocedade,cando te lembro sai da súa toqueiracoma un furón de soños, a saudade.Unha chuvia monótona e tristeiracai decote na miña intimidade,e sinto que unha sombra silandeira,coma un solpor o meu esprito invade.Quero voltar a ti, nai garimosa,colo natal, arxila rumorosa,pra acalar esta anguria que me berradende o fondo da noite estrelecida,pedindo amor, pregando fe de vidapra ser eternamente alma da terra.

Page 9: CELSO EMILIO FERREIRO VIVE! (1912-2012) Unidade didáctica para bacharelato Unha iniciativa da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG)

OS PRIMEIROS PASOS NA LONGA NOITE

Page 10: CELSO EMILIO FERREIRO VIVE! (1912-2012) Unidade didáctica para bacharelato Unha iniciativa da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG)

Tras andar fuxido e agochado durante uns días na casa duns familiares en Ramirás, CEF sabe que, para salvar a súa vida, ten que alistarse, xunto con outros mozos da súa quinta, ao exército sublevado. É destinado á fronte de Asturias e posteriormente recala no servizo deTransmisións no edificio da Telefónica de Oviedo onde, dun xeito casual en 1938, coñece a Moraima, con quen casará en Xixón en 1943 e con quen terá catro fillos: Luís , Xosé María, Isabel e Xabier.

Page 11: CELSO EMILIO FERREIRO VIVE! (1912-2012) Unidade didáctica para bacharelato Unha iniciativa da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG)

Ao longo da guerra civil escribirá poesía, maioritariamente en castelán. Composicións aínda non publicadas mais que reflexionan sobre as duras experiencias sufridas na guerra e, tamén, poemas de amor dedicados a Moraima.

Nun permiso en Celanova, e no medio dunha conversa entre amigos nunha tasca, dá uns vivas a Rusia e unha veciña –que el chama “némesis lardeira”- denúnciao ás autoridades

Page 12: CELSO EMILIO FERREIRO VIVE! (1912-2012) Unidade didáctica para bacharelato Unha iniciativa da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG)

de xeito que pasa catro días e tres noites nunha cela do mosteiro de San Rosendo. O Gobernador Militar de Ourense ordena a súa execución, que non se cumpre mercé a influencias dun familiar: aí nacerá o seu poema “Longa noite de pedra”, que lle daría título ao libro homónimo e que se convertería en metáfora da ditadura franquista.

Longa noite de pedraNo meio do caminho tinha uma pedratinha uma pedra no meio do caminho

tinha uma pedrano meio do caminho tinha uma pedra.

Carlos Drummond de Andrade

O teito é de pedra.De pedra son os murosi as tebras.De pedra o chani as reixas.As portas,as cadeas,o aire,as fenestras,as olladas,son de pedra.Os corazós dos homesque ao lonxe espreitan,feitos estántaménde pedra.I eu, morrendonesta longa noite de pedra.

Page 13: CELSO EMILIO FERREIRO VIVE! (1912-2012) Unidade didáctica para bacharelato Unha iniciativa da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG)

ACTIVIDADES1. Procura información sobre a guerra civil. As

causas do seu estoupido e o seu desenvolvemento en Galicia.

2. Investiga sobre o mosteiro celanovés ao longo da historia e, concretamente, no período da guerra civil.

3. Infórmate sobre quen foi Carlos Drummond de Andrade.

4. Escoita esta versión musicada de “Longa noite de pedra” do grupo Asterot e investiga a existencia doutras:

- http://www.youtube.com/watch?v=3eN1kgtMQEo&feature=related

5. Aquí podes atopar dúas versións máis: -

http://sondepoetas.blogspot.com/2008/06/longa-noite-de-pedra.html

6. Realizade, por grupos, versións do poema a diversas linguas.

Page 14: CELSO EMILIO FERREIRO VIVE! (1912-2012) Unidade didáctica para bacharelato Unha iniciativa da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG)

OS ANOS PONTEVEDRESES

Page 15: CELSO EMILIO FERREIRO VIVE! (1912-2012) Unidade didáctica para bacharelato Unha iniciativa da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG)

Tras retornar da guerra e pasar un tempo en Celanova, CEF oposita e gaña o posto de Secretario e logo de Xefe de Xustiza na Fiscalía de Taxas de Pontevedra, onde traballou entre 1941 e 1950. Nesta época, alén de se integrar con intensidade na vida cultural da cidade, frecuentará os faladoiros do Carabela e do Imperial, entre outros.

En 1941 publica o seu poemario castelán Al aire de tu vuelo, singular libro de noivado dedicado a Moraima, con poemas amorosos escritos dende 1938.

Page 16: CELSO EMILIO FERREIRO VIVE! (1912-2012) Unidade didáctica para bacharelato Unha iniciativa da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG)

No ano, en Edicións Céltiga, publica Bailadas, cantigas e donaires, poemas neopopularistas prologados por Bouza-Brey.

Colabora en Sonata Gallega (1944-1952), revista dirixida por Ramón Peña; nela consta desde o seu segundo número como coordinador das «Seleccións literarias».

Tamén é redactor xefe en Finisterre (1943-1946), revista dirixida por Emilio Canda. Escribe abondosas prosas no semanario pontevedrés Ciudad e noutros soportes como Mar, Guía Anuario de Pontevedra e Mensajes de Poesía de Vigo.

Page 17: CELSO EMILIO FERREIRO VIVE! (1912-2012) Unidade didáctica para bacharelato Unha iniciativa da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG)

En 1949, CEF, xunto con Sabino Torres Ferrer, Emilio Álvarez Negreira e Cuña Novás levará adiante a colección Benito Soto de poesía, primeira empresa editorial que daría a coñecer poemarios en galego na posguerra, entre eles Musa alemá (1951), escolma de quince poemas de poetas alemáns como Hölderlin, Dehmel, Rilke, Heine, Miegel e Werfel traducidos por Antonio Blanco Freijeiro e versionados polo propio CEF.

Page 18: CELSO EMILIO FERREIRO VIVE! (1912-2012) Unidade didáctica para bacharelato Unha iniciativa da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG)

ACTIVIDADES1. Procura información na rede, nalgunha

enciclopedia ou nun dicionario de autores sobre dous poetas citados nesta sección: Manuel Cuña Novás e Fermín Bouza-Brey.

2. Repara tamén nalgúns dos autores alemáns traducidos en Musa alemá: Hölderlin, Dehmel, Rilke, Heine... Infórmate brevemente sobre a época que viviron e os trazos principais da súa obra.

3. Sabes algo da colección de poesía Benito Soto? Investiga sobre os libros que publicaron: títulos e autores.

4. Que sabes das revistas galegas de posguerra? Cita algunhas máis das que aquí se sinalan.

Page 19: CELSO EMILIO FERREIRO VIVE! (1912-2012) Unidade didáctica para bacharelato Unha iniciativa da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG)

VIGO,

A CIDADE E OS DÍAS

Page 20: CELSO EMILIO FERREIRO VIVE! (1912-2012) Unidade didáctica para bacharelato Unha iniciativa da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG)

En outubro de 1949 obtén o título de Procurador dos Tribunais e en setembro de 1950 marcha a Vigo exercer como tal. Na cidade olívica vai compaxinar seu traballo de procurador co de accionista nunha oficina de seguros sociais primeiro e co de director dun obradoiro de fotogravado despois.

Publica Voz y voto (1955), poemario social publicado nas Gráficas Númen de Vigo, un libro de carácter clandestino, falsamente impreso na inventada colección Papel de Estraza da Editorial Rex de Montevideo. Moitos dos poemas aquí presentados coñecían versións en galego en posteriores libros do autor.

Page 21: CELSO EMILIO FERREIRO VIVE! (1912-2012) Unidade didáctica para bacharelato Unha iniciativa da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG)

Dá ao prelo O soño sulagado (1955), onde recolle trinta e unha composicións de diverso xorne que van dende o intimismo saudoso da infancia pasando pola poesía reivindicativa ata aqueles de orientación irónica ou sarcástica. En boa medida, este libro contén as liñas de sentido da totalidade da súa obra poética e resulta operativo para vinculalo coa Xeración poética do 36, á que CEF pertence.

Page 22: CELSO EMILIO FERREIRO VIVE! (1912-2012) Unidade didáctica para bacharelato Unha iniciativa da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG)

Publica Longa noite de pedra (1962), poemario que significa a súa consagración, acollido na colección Salnés que el mesmo codirixía con Emilio Álvarez Blázquez e Francisco Fernández del Riego. O recoñecemento que obtivo por este libro foi unánime tanto por parte dos lectores coma da crítica. Ademais, a súa proxección fóra de Galicia, veulle en parte a través das edicións bilingües do poemario realizadas por El Bardo, unha editorial catalá dirixida por José Batlló que anos despois publicará tamén Viaxe ao país dos ananos.

Page 23: CELSO EMILIO FERREIRO VIVE! (1912-2012) Unidade didáctica para bacharelato Unha iniciativa da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG)

Curros Enríquez. Biografía (1954), publicado pola Editorial Moret, fará de CEF un especialista en Curros, achegando numerosos datos ou informacións até daquela descoñecidas. Por outro lado, colabora adoito coa revista viguesa Alba, da que chegou a formar parte do consello de redacción dende 1952, e mais en Aturuxo de Ferrol, na mexicana Vieiros e na revista mallorquina dirixida polo seu amigo Camilo José Cela: Papeles de Son Armadans.

Page 24: CELSO EMILIO FERREIRO VIVE! (1912-2012) Unidade didáctica para bacharelato Unha iniciativa da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG)

Xa desde 1949 publica con certa asiduidade no xornal Faro de Vigo, onde mantivo diversas columnas ata o ano 1964. A máis coñecida foi a titulada «La jaula de los pájaros raros» que, ademais, ía converterse nun libro independente, prologado por Camilo José Cela; proxecto que finalmente non fructificou.

Parte das súas prosas xornalísticas dispersas compiláronse en 2005 no libro Semblanzas, crónicas e artigos (Xerais).

Page 25: CELSO EMILIO FERREIRO VIVE! (1912-2012) Unidade didáctica para bacharelato Unha iniciativa da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG)

Colabora en diversas cabeceiras xornalísticas nesta época e participa no Congreso Internacional de Poesía en xullo de 1954, nas Conversacións Poéticas de Formentor (1959) ou no Congreso Internacional de Etnografía en Portugal (1963). Gaña algúns premios literarios como os II Xogos Florais da Asociación Cultural Santa Cecilia de Marín (1962) ou os Xogos Florais de Ourense (1963).

Acode a unha xuntanza clandestina en París para botar a andar o que sería o Partido Comunista de Galicia mais, finalmente, será un dos fundadores, o 25 de xullo de 1964, da Unión do Pobo Galego, responsabilizándose, entre outros labores, da confección e distribución dos primeiros número do clandestino Terra e tempo.

Page 26: CELSO EMILIO FERREIRO VIVE! (1912-2012) Unidade didáctica para bacharelato Unha iniciativa da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG)

En 1962 recóllense na colectánea Canti della nuova resistenza spagnola (1939-1962) catro cantigas e dous sonetos antifranquistas da súa autoría (á dereita reprodúcese un deles).

A actividade política antifranquista foi acentuando a presión policial e social sobre el, o que unido aos fracasos dos seus proxectos empresariais determinaron que, en 1966, decidise aceptar unha proposta de ditar unhas conferencias na Hermandad Gallega de Caracas.

Santo Cristo de Fisterre

Santo Cristo de Fisterresanto da barba douradaaxudádeme a pasara negra noite de España.

Dende que Franco e Falanxeaferrollaron Españasomos un pobo de ilotasque nos quedamos sin patria.

Miña nai, miña naiciña,eiquí non podo vivir:tanto cura e tanto frade,non teño sitio para min.

¿Cándo chegará o díade ver libre a nosa patria,que o vento libre repousena porta de cada casa?

Page 27: CELSO EMILIO FERREIRO VIVE! (1912-2012) Unidade didáctica para bacharelato Unha iniciativa da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG)

Así se testemuña a través deste documento epistolar, dirixido a un fillo de Isaac Díaz Pardo (Camilo Díaz), reproducido fragmentariamente:

Eses dous anos que conxecturaba converteríanse nalgúns máis, ata 1973.

Page 28: CELSO EMILIO FERREIRO VIVE! (1912-2012) Unidade didáctica para bacharelato Unha iniciativa da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG)

Caracas, así pois, será o novo lugar no que se establecerá xunto coa totalidade da súa familia. Máis antes da súa marcha, en maio de 1966, celébrase un banquete de homenaxe e despedida, organizado pola UPG e o PC, que se converte no primeiro acto público político de contestación ao réxime franquista en Galicia pois, ao tempo, e co visto e prace de CEF, orientouse como un acto de protesta contra o asolagamento do val de Castrelo de Miño para a construción dun encoro a prol dos intereses de Fenosa.

Page 29: CELSO EMILIO FERREIRO VIVE! (1912-2012) Unidade didáctica para bacharelato Unha iniciativa da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG)

ACTIVIDADES1. Procura o significado da palabra clandestino. E

aplicado a un libro?

2. Neste período publica dous poemarios en lingua galega. Cales eran os seus títulos e en que ano se publicaron? Ao tempo lembra a promoción poética á que CEF pertence e sinala algúns trazos básicos da mesma.

3. Infórmate arredor das revistas Alba e Vieiros (lugar de publicación, dirección, redactores, orientación ideolóxica...).

4. Revisa a ligazón que se ofrece nos números de Terra e Tempo e describe os contidos da revista.

5. Analiza tematicamente o poema “Santo Cristo de Fisterre”.

Page 30: CELSO EMILIO FERREIRO VIVE! (1912-2012) Unidade didáctica para bacharelato Unha iniciativa da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG)

6. Le este poema e responde:

-Cales son as aliteracións e o seu significado.

-Cal é a caracterización dos personaxes.

-Onde repousan as claves para a descrición da cidade.

Amencer en VigoUnha fiestra alcendidana noite da cidáé coma un ollo insomne.Balbordo a bordo dos bous.Os tranvías van, fe,fe, fe, ferrové,ferrové, ferrovellopolas rúas en costa coas leiteiras.“Canta, cantore, meu compañeiro”,dice o borrachona rúa baixo a lúa derradeira.“Anda compadre,xa son as seis e meia.”Un odioso reloxio espertadorcrebóu o petenexoda fámula María.I entón o señorito,dempóis de agallopar coma un centauropolos leitos noxentos dos prostíbulos,pedíu o desaúno a grandes voces.

Page 31: CELSO EMILIO FERREIRO VIVE! (1912-2012) Unidade didáctica para bacharelato Unha iniciativa da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG)

CARACAS: OS DÍAS ACEDOS DO DESTERRO

Page 32: CELSO EMILIO FERREIRO VIVE! (1912-2012) Unidade didáctica para bacharelato Unha iniciativa da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG)

Acollido inicialmente na casa dos Noya, na Hermandad Gallega venezolana ocúpase da dirección, redacción e confección do periódico quincenal Irmandade, da dirección do Cine Clube da sociedade, da dirección e redacción da emisión radiofónica «Sempre en Galicia» e mais da dirección e orientación da «Escola Castelao» de primeiro ensino. Funda e preside dende 1967 a Agrupación Nós.

Page 33: CELSO EMILIO FERREIRO VIVE! (1912-2012) Unidade didáctica para bacharelato Unha iniciativa da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG)

Pouco despois unha facción da Hermandad, en sintonía cos desexos do embaixador de España en Venezuela, acaba co labor dinamizador do poeta a través dunha vitoria conseguida nunhas eleccións fraudulentas.

En xullo de 1968 recibe comunicación oficial da Hermandad da súa expulsión nunha carta coasinada polo presidente e o secretario xeral.

Así as cousas sufrirá un errático percorrido á busca de traballo: profesor de gramática castelá nunha academia, corrector de probas na imprenta dun galego emigrado..., oficios que perderá rapidamente pola persecución á que se ve sometido por parte dos directivos da Hermandad,

Page 34: CELSO EMILIO FERREIRO VIVE! (1912-2012) Unidade didáctica para bacharelato Unha iniciativa da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG)

que fan todo o posible mesmo por expulsalo do país, acusándoo de comunista. Tempos duros, así pois, nos que a maior preocupación é a de manter a familia, malia que algúns dos seus fillos xa están no mercado laboral.

CEF, con todo, refúxiase na escrita, sobre todo cultivando o aguillón crítico e sarcástico, no que sempre foi un mestre.

Nesta liña resulta significativo como algún membro da directiva da Hermandad chegou a filtrar a La Región a nova da súa morte nun accidente automobilístico, o que xerou un poema moi coñecido (pódese escoitalo aquí en versión de Luís Emilio Batallán).

Page 35: CELSO EMILIO FERREIRO VIVE! (1912-2012) Unidade didáctica para bacharelato Unha iniciativa da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG)

Como reacción á expulsión da Hermandad publica como Viaxe ao país dos ananos (1968), que na súa primeira parte constitúe un ataque a eses emigrantes enriquecidos e envilecidos.

Este poemario suscitou unha enorme polémica, aquén e alén mar en moitas frontes –con Luís Seoane, Xosé Fernández Ferreiro, etc.-, mais o certo é que contén algúns dos poemas de maior cualidade estética e de máis sona de CEF.

f

Page 36: CELSO EMILIO FERREIRO VIVE! (1912-2012) Unidade didáctica para bacharelato Unha iniciativa da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG)

Obtén a cidadanía venezolana en de 1969, co que evita a expulsión do país que perseguían os seus inimigos e por mediación duns amigos venezolanos logra en 1970 acceder ao posto de corrector deestilo no Gabinete de Prensa da Oficina Central de Información do entón presidente Rafael Caldera.

Durante estes anos segue a traballar intensamente en actividades políticas clandestinas da UPG. O contacto con Galicia e coa cultura galega realízase a través de cartas cos seus amigos: X.L. Méndez Ferrín, Luís Soto, Manuel María, Basilio Losada, Xesús Alonso Montero e, sobre todo, Xosé María Álvarez Blázquez.

Con X.Mª Álvarez Blázquez

Con Manuel María e X.L.Mendez Ferrín

Page 37: CELSO EMILIO FERREIRO VIVE! (1912-2012) Unidade didáctica para bacharelato Unha iniciativa da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG)

En 1968 dá a coñecer as Cantigas de escarnio e maldicir, asinado polo seu heterónimo satírico Arístides Silveira. Obra que gozará de continuidade n´Os autentes (1973), folleto da autoría de Alexis Vainacova —outro dos seus pseudónimos— publicado ao chegar a España por Ediciones Pirata. En 1969 publicara Terra de ningures na editorial Xistral que dirixía Manuel María.

En castelán, malia o título, ve a luz Fóronse á puñeta (1973), asinado co nome de Neskezas Cokhan Mordhe, editado polo selo Alén de Venezuela como despedidasarcástica dos entón directivos saíntes da Hermandad. Tamén sae do prelo o romance de cego Paco Pixiñas (1970), publicado en Ediciós do Castro.

Page 38: CELSO EMILIO FERREIRO VIVE! (1912-2012) Unidade didáctica para bacharelato Unha iniciativa da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG)

Pertence a este ciclo o libro de epitafios burlescos Cemiterio privado (1973), publicado por un grupo de mozos nacionalistas que levaban adiante Ediciós Roi Xordo en Xenebra, nomeadamente baixo o traballo de Carlos Díaz, extraordinario editor e grande amigo do poeta.

Pertence a este ciclo o libro de epitafios burlescos Cemiterio privado (1973), publicado por un grupo de mozos nacionalistas que levaban adiante Ediciós Roi Xordo en Xenebra, nomeadamente baixo o traballo de Carlos Díaz, extraordinario editor e grande amigo do poeta.

Page 39: CELSO EMILIO FERREIRO VIVE! (1912-2012) Unidade didáctica para bacharelato Unha iniciativa da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG)

A pluralidade temática e estilística da súa poesía, tamén o seu afán contestario, converteuno no poeta de preferencia entre os cantautores que comezaban a agromar en Galicia, tendo un papel destacado na chamada “Nova Canción Galega” e na creación do grupo “Voces Ceibes”, feito que contribuíu a difundir aínda máis a súa poesía.

Page 40: CELSO EMILIO FERREIRO VIVE! (1912-2012) Unidade didáctica para bacharelato Unha iniciativa da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG)

En 1970 edita os 13 poemas iracundos y una canción inesperada, separata da revista caraqueña Expediente.

Gaña o IV Premio Internacional de Poesía Álamo de Salamanca con Antipoemas, pero sen dez composicións mutiladas, que publicará autoeditando en Caracas ese mesmo ano a carpeta Poemas prohibidos. Diez poemas no incluidos en el libro «Antipoemas» por causas no imputables a la voluntad del autor.

Na foto, cun amigo, á esquerda, e Joaquín Marta Sosa, no centro, un dos seus grandes amigos en Venezuela.

Page 41: CELSO EMILIO FERREIRO VIVE! (1912-2012) Unidade didáctica para bacharelato Unha iniciativa da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG)

No selo editorial de Xosé Mª. Álvarez Blázquez, Edicións Castrelos, dá o salto á narrativa en lingua galega e publica o libro de relatos A fronteira infinda (1972): un magnífico libro con contos de asunto americano, salferido con moitos elementos de filiación autobiográfica que tamén tivo moitos problemas coa censura.

No ano 1973, finalmente, pódeo a saudade e decide retornar coa súa familia.

Page 42: CELSO EMILIO FERREIRO VIVE! (1912-2012) Unidade didáctica para bacharelato Unha iniciativa da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG)

ACTIVIDADES1. Infórmate sobre a Hermandad Gallega de Caracas:

orixe e importancia nas sociedades de emigrantes americanas.

2. Procura algún poema sobre a emigración galega en Longa noite de pedra e logo en Viaxe ao país dos ananos. Compáraos tematicamente e apunta as túas conclusións.

3. Neste bloque cítase a escritores como Méndez Ferrín, X.Mª Álvarez Bláquez ou Manuel María. Nun dicionario de autores ou na rede apunta as súas principais obras e unhas liñas do seu perfil biográfico.

4. Que son os heterónimos? Cantos coñeces que usou CEF?

5. Sintetiza nunhas liñas que supuxo “Voces ceibes” para a música galega e apunta o nome dalgúns dos seus integrantes.

Page 43: CELSO EMILIO FERREIRO VIVE! (1912-2012) Unidade didáctica para bacharelato Unha iniciativa da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG)

ACTIVIDADES6.Le o poema de abaixo. Nun diálogo con Moraima

fala das experiencias que el tivo coa morte. Revísaas e fainas cadrar coas súas distintas épocas vitais que coñeces até agora.Agosto 1972

A min non me importaque o pazo da morte estea ahí enfrente.A.S.

Sabes, Moraima,a morte é unha soia criatura,pro ten moitas caretas diferentese gadañas ubicuas.Un día olléina,con figura de peixe,nadando pola febre dun neno enfermo.Dempóis trocóuse nun escuro trebónagallopando a chaira.Vestida de mapoulavina outra vez poñendoletras macabrasnos muros brancos.Viva eu, escribía,viva eu, escramaba a morte mesma.

E nun vello mosteiromiréina retratada de vampironos ollos centinelas que gardabana seiscentos prisoeiros.Co nome de Xosefavina outra vezpedindo o sanguedos inocentespra apagar o seu odiode Némesis ouscena.E voltéi a topalanas Asturias de Oviedovestida de soldado,disfrazada de lóstrego,envolta en poo e chumbo,asubiando unha estrana melodía.

E tornéi a miralanas rúas de Caracas,cando a terra tremeucon espasmos xeolóxicose a cidade bradabacoma besta ferida.A derradeira vez que me atopéi con elafoi dentro dun Volkswagen–¿lémbraste?–pro esa é outra

historia.

Page 44: CELSO EMILIO FERREIRO VIVE! (1912-2012) Unidade didáctica para bacharelato Unha iniciativa da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG)

O RETORNO: MADRID

Page 45: CELSO EMILIO FERREIRO VIVE! (1912-2012) Unidade didáctica para bacharelato Unha iniciativa da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG)

A primeiros de 1973 retorna a España con destino a Madrid logo de que Álvaro Gil o contrata para traballar na revista Tribuna médica, da que era presidente do consello de administración. De novo son moitas as portas se lle pechan en Galicia.

Dedícase tamén ao Ateneo Científico, Literario y Artístico de Madrid, no que desempeñará o cargo de Director da Aula de Cultura na sección de Literatura Galega dende o primeiro de xullo de 1974, desenvolvendo unha intensa actividade cultural, non exenta de certas polémicas posteriores ao seu nomeamento.

Ateneo de Madrid

Page 46: CELSO EMILIO FERREIRO VIVE! (1912-2012) Unidade didáctica para bacharelato Unha iniciativa da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG)

Unha delas, causada por manterse no seu posto, non remunerado, tras unhas declaracións de Carmen Llorca, marca a súa ruptura coa UPG, á que pertencía desde a súa fundación. No plano político ingresará no Partido Socialista Galego, desde o que se presentará nunha candidatura unitaria no ano 1977 a senador, non saíndo elixido por poucos votos.

No Día da Patria Galega de 1977 en Compostela.

Page 47: CELSO EMILIO FERREIRO VIVE! (1912-2012) Unidade didáctica para bacharelato Unha iniciativa da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG)

Contra o final da súa vida, no seo dun colectivo do PSG, ingresará como militante no PSOE coa intención de galeguizar o partido.

Publica en edición bilingüe, impreso por Editora Nacional, Onde o mundo se chama Celanova (1975), o poemario máis intimista do autor, marcado pola temática amorosa e evocadora da infancia en Celanova entendida como paraíso perdido, poemario que lle valeu Premio da Crítica de Poesía Galega en 1976.

Page 48: CELSO EMILIO FERREIRO VIVE! (1912-2012) Unidade didáctica para bacharelato Unha iniciativa da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG)

Publica Al César enano (1975) baixo o pseudónimo de Stow Kiwotto Lumen con versos antifranquistas do poeta escritos entre 1961 e o momento da súa publicación.

Dá a coñecer en Ediciós Castrelos A taberna do Galo (1978), que non son unhas «memorias nun senso estricto, senón que se trata dunhas memorias maxinadas baseadas en feitos reais». En realidade, este libriño recolleu o que era o primeiro capítulo dunhas inacabadas Memorias de nunca.

Page 49: CELSO EMILIO FERREIRO VIVE! (1912-2012) Unidade didáctica para bacharelato Unha iniciativa da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG)

Publica unha versión corrixida da biografía sobre Curros (en Júcar, 19973) e Curros Enríquez: Obra poética completa (1977), mais Cementerio privado (1974) para as Ediciones Expediente de Caracas. Edita a súa propia Antología (1977) bilingüe para Plaza y Janés de Barcelona (única escolma esta xunto coa portuguesa Autoescolha poética (1954-1971), de 1972); e supervisa os primeiros volumes das súas Obras completas (1975, vols. I e II, en 1981 aparecería o vol. III) para Akal.

Page 50: CELSO EMILIO FERREIRO VIVE! (1912-2012) Unidade didáctica para bacharelato Unha iniciativa da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG)

Participa, xunto con Carlos Velo e Méndez Ferrín, na homenaxe mexicana a León Felipe en 1973 e representa as letras galegas en congresos literarios de Venecia (1976), Almería (1979) ou Canarias (1979); tamén acode a Salamanca a unha homenaxe que se lle tributa a A. Machado. Acolle durante uns días na súa casa, ao poeta Ernesto Cardenal.

Colabora no xornal ABC coa sección «Mirador Literario: Escrito en Gallego», na que ía dando conta das novidades literarias galegas.

Con Ernesto Cardenal

Con Basilio Losada

Page 51: CELSO EMILIO FERREIRO VIVE! (1912-2012) Unidade didáctica para bacharelato Unha iniciativa da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG)

O 30 de agosto, mentres gozaba dun período vacacional en Vigo, falece na súa casa e o 1 de setembro é soterrado en Celanova.

Postumamente aparece O libro dos homenaxes (1979), do que entregara o seu orixinal ao seu amigo Xesús Alonso Montero oito días antes de falecer. A obra é unha compilación de textos que na súa maioría foran publicados en revistas e libros anteriores.

Page 52: CELSO EMILIO FERREIRO VIVE! (1912-2012) Unidade didáctica para bacharelato Unha iniciativa da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG)

Júcar edita os relatos de El alcalde y otros cuentos (1981), autotradución ao castelán dos contos que compuñan A fronteira infinda con algunha adición. Este libro aparecería reeditado no 2007 baixo o título de La frontera infinita (Faktoría K de Libros).

Page 53: CELSO EMILIO FERREIRO VIVE! (1912-2012) Unidade didáctica para bacharelato Unha iniciativa da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG)

A primeira homenaxe ten lugar en Vigo aos poucos días do seu pasamento. Logo sucederanse outras entre as que destacan a que tivo lugar no Polideportivo do Sar en Santiago de Compostela o 28 de outubro e a do 3 de novembro no Palacio dos Deportes de Madrid.

En 1981 o Concello de Vigo instituíu o Premio de Poesía Celso Emilio Ferreiro, e por ese mesmo tempo creábase en Santiago a Fundación do mesmo nome.

Page 54: CELSO EMILIO FERREIRO VIVE! (1912-2012) Unidade didáctica para bacharelato Unha iniciativa da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG)

No ano 1989 celébrase o Día das Letras Galegas dedicado a promocionar a súa obra literaria e a espallar a súa obra.

No ano 1989 celébrase o Día das Letras Galegas dedicado a promocionar a súa obra literaria e a espallar a súa obra.

No ano 1989 celébrase o Día das Letras Galegas dedicado a promocionar a súa obra literaria e a espallar a súa obra. A intensidade dos actos celebrados significou que desde aquela data a celebración se orientase dun xeito máis popular e aberto a diversos sectores da sociedade.

Page 55: CELSO EMILIO FERREIRO VIVE! (1912-2012) Unidade didáctica para bacharelato Unha iniciativa da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG)

ACTIVIDADES

1. Infórmate sobre a obra de Antonio Machado, León Felipe ou Ernesto Cardenal e repara nas similitudes estéticas, se as hai, coa obra de CEF.

2. Fai o mesmo coa poesía de Blas de Otero, Salvador Espriu, Gabriel Aresti e compara algúns poemas destes coa estética defendida por CEF.

3. Apunta nun folio aqueles aspectos biográficos e literarios que máis te chamaron a atención de CEF citados neste traballo.

4. Le o poema da seguinte diapositiva e analiza o seu título –a que alude?- e o seu contido. Procura nalgunha obra completa do autor o poema “Eiquí será” e compárao con este.

Page 56: CELSO EMILIO FERREIRO VIVE! (1912-2012) Unidade didáctica para bacharelato Unha iniciativa da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG)

VisprasNa memoria de Blas de Otero

Chegou á derradeira encosta da montañacoas misteriosas luces sobre os médanos,co seu baúl ó lombo.Dende aquí vexo o mar acolá diante,dixo, axiña saberéi quén son.O intre de zarpar vaise achegando,é hora de ceibar as pombas.Adeus, paisaxe irrepetivel da vida,coas misteriosas luces sobre os médanos,os insones abrentesnos muiños albares da esperanza.Adeus horas de dor e de ledicia,lonxe ficou o páxaro dos soñose o rito ardente da segreda ira.Non voltarán as rosasnen o esplendor dos máxicos fulgores.O tempo pasa, devala o lusco-fusco,escrito está nos siños das estrelas.Se perdes a mañán, perdes o día,quen perde a mocedá, perdeu a vida.