2
O CESTO DOS TESOUROS equipo educativo da escola infantil de allariz ¿Como podedes organizalo na casa? O cesto dos tesouros é unha actividade interesante para todos os nenos asistan ou non á escola infantil. Aínda que é un xogo moi común das escolas infantís, podedes organizalo na casa seguindo algunhas normas: * Podedes organizalo solo co voso fillo u filla pero o ideal é reunir a dous ou tres nenos e nenas (veci- ños, amigos ou primos). A interac- ción e os intercambios comunicati- vos (risas, berros, balbuceos) son os puntos fortes deste xogo. * Antes de poñer o cesto diante dos bebés debedes asegurarvos de retirar da zona todo aquelo que poda distraer a súa atención: xoguetes, teléfono, biberón, etc. * Hai que seleccionar minuciosamente os materiais para evitar que o neno se manque. Tamén é imprescindible estar pendentes de cómo os manipula e cómo xoga, sen perdelo de vista pero sen intervir nin dirixir o seu xogo. Cando perda interese e concentración será o momento de recoller e poñer fin á actividade. * Debemos lavar a miúdo os obxectos do cesto dos tesouros. A hixiene é fundamental xa que chupan e tocan todo. hora de recoller convén verbalizar conceptos que axuden ao bebé a desenvolver a súa capacidade de clasificación e orientación espacial:“Imos recoller os tapóns de corcho; agora os aros e as pinzas que están fóra do cesto,...” * O neno necesita xogar a moitas cousas e o cestos dos tesouros é un xogo mais. documento para as familias

CESTO DOS TESOUROS · 2016-11-29 · O cesto dos tesouros é un cesto ou caixón con obxectos de diferentes mate riais, pesos e texturas para que nenos e nenas experimenten. Neste

  • Upload
    others

  • View
    5

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: CESTO DOS TESOUROS · 2016-11-29 · O cesto dos tesouros é un cesto ou caixón con obxectos de diferentes mate riais, pesos e texturas para que nenos e nenas experimenten. Neste

O CESTO

DOS

TESOUROS

equipo educativo da

escola infantil de allariz

¿Como podedes organizalo na casa?O cesto dos tesouros é unha actividade interesante para todos os nenos

asistan ou non á escola infantil. Aínda que é un xogo moi común das escolas

infantís, podedes organizalo na casa seguindo algunhas normas:

* Podedes organizalo solo co voso

fillo u filla pero o ideal é reunir a

dous ou tres nenos e nenas (veci-

ños, amigos ou primos). A interac-

ción e os intercambios comunicati-

vos (risas, berros, balbuceos) son

os puntos fortes deste xogo.

* Antes de poñer o cesto diante

dos bebés debedes asegurarvos

de retirar da zona todo aquelo que

poda distraer a súa atención: xoguetes, teléfono, biberón, etc.

* Hai que seleccionar minuciosamente os materiais para evitar que o neno

se manque. Tamén é imprescindible estar pendentes de cómo os manipula

e cómo xoga, sen perdelo de vista pero sen intervir nin dirixir o seu xogo.

Cando perda interese e concentración será o momento de recoller e poñer

fin á actividade.

* Debemos lavar a miúdo os obxectos do cesto dos tesouros. A hixiene é

fundamental xa que chupan e tocan todo.

*Á hora de recoller convén verbalizar conceptos que axuden ao bebé a

desenvolver a súa capacidade de clasificación e orientación espacial:“Imos

recoller os tapóns de corcho; agora os aros e as pinzas que están fóra do

cesto,...”

* O neno necesita xogar a moitas cousas e o cestos dos tesouros é un xogo

mais.

documento para as familias

Page 2: CESTO DOS TESOUROS · 2016-11-29 · O cesto dos tesouros é un cesto ou caixón con obxectos de diferentes mate riais, pesos e texturas para que nenos e nenas experimenten. Neste

O cesto dos tesouros é un cesto ou caixón con obxectos de diferentes mate

riais, pesos e texturas para que nenos e nenas experimenten.

Neste xogo, as crianzas manipulan

elementos da natureza ou do seu

entorno cotiá. Estes obxectos, pola

súa variedade de formas, texturas,

cores e olores estimulan os sentidos

e as capacidades (motrices, cogniti-

vas, comunicativas) dos bebés, faci-

litando o seu desarrollo.

Esta actividade está indicada a partir dos seis meses (cando son capaces de

permanecer sentados) e deica o ano.

En que consiste o xogo?

* Os bebés xogan nun lugar tranquilo. O elemento central é o cesto ou caixa

duns 8 cms de altura, sólida e estable, que non volque cando os pequenos se

apoien nela para sacar o que hai dentro. Convén que non teña asas e que os

remates estén redondeados para evitar danos.

* Dentro deste cesto métense uns 30 ou 40 obxectos que non sexan xoguetes

comerciais senon cousas que se poden atopar na natureza ou na casa: pedras,

castañas, corchos, esponxas, cunchas, peines, caixas, botóns grandes, cepillos,

pinceis, pinzas da roupa, bobinas de fía, etc.

* A sesión de xogo dura unha media hora e débese estar moi pendente dos

bebés para evitar que metan na boca obxectos pequenos.

*Este xogo da aos nenos e nenas a oportunidade de aprender por si sós.

Que habilidades desenvolven os bebés xogando con

obxectos cotiás?

* Exercitan a súa autonomía e a capacidade de elixir e decidir, xa que

ninguén lles di o que teñen que facer.

* Os sentidos: vista, oído, tacto, olfacto, incluso o gusto vanse desa-

rrollando mentras manipulan libremente esos obxectos. Ademais, este

xogo permítelles ir interiorizando conceptos como volume, capacidade,

equilibrio, cantidade, etc.

* Estimulan a coordinación corporal e as habilidades manipulativas,

agarrar e soltar obxectos, a pinza dixital (coller cousas pequenas co

pulgar e o índice), a atención e a concentración.

* Favorecen a socialización, a interacción e a comunicación con outros

bebés, así como a creatividade. Cada neno pode facer cos “xoguetes”

do cesto dos tesouros o que queira e ao seu propio ritmo.

* É unha actividade física moi interesante, pero sobre todo é unha

actividade mental que estimula a aprendizaxe a base de experimentar,

explorar e investigar.